Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-06-17_Ordinaria. Acta de sesión 2009/06/17_Ordinaria
Acta de sesión 2009/06/17_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-06-17_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/06/17_Ordinaria
Data(s) 2009-06-17 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezasete de xuño do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16986.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de xuño de 2009. 2.16987.- DAR CONTA DA RENUNCIA Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/06/08, A FAVOR DE DNA. MARÍA VIDAL GARRIDO, VECIÑA DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES Aprobada pola Xunta de Goberno do 23 de xuño de 2008, unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 4.015,38 €, a favor de Dna. María Vidal Garrido, veciña do concello de Fornelos de Montes, e comunicada o 01/06/2009 polo devandito concello a renuncia á subvención outorgada a favor da referida beneficiaria, por mor de non poder levar a cabo as obras obxecto da mesma, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia á subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 4.015,38 € que aprobara a Xunta de Goberno do 23 de xuño de 2008, a favor de Dna. María Vidal Garrido, veciña do Concello de Fornelo de Montes. 3.16988.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, DE DNA. Mª ADELINA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE TUI, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Aprobada pola Xunta de Goberno do 25 de xuño de 2008, unha subvención para arranxo de vivenda a favor de Dna. Mª Adelina Rodríguez Martínez, veciña do concello de Tui, polo importe de 3.315,05 €, presentada a xustificación da mesma e á vista do informe de fiscalización emitido o 9 de xuño de 2009 polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar polo procedemento extraxudicial de crédito, con cargo á partida 09/313.313.780.01-2008 da xustificación da subvención para arranxo de vivenda, que polo importe de 3.315,05 € aprobara no seu día a Xunta de Goberno do 25/06/2008, a favor de Dna. Mª Adelina Rodríguez Martínez, veciña do Concello de Tui. 4.16989.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 2º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: P-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 160.347,44 € para gastos de funcionamento do segundo trimestre do ano 2009, e visto o informe da intervención de data 9 de xuño de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 160.347,44 € como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés, para o segundo trimestre do ano 2009. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 160.347,44 € con aplicación á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante o RC nº 200900049436. 5.16990.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.16991.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA A Deputación de Pontevedra convoca as axudas a Conservatorios de Música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral, así como, visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 152.200,00 €, con cargo á partida 09/451.422.462.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA O art. 64.2º da Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro (BOE de 24 de decembro), de calidade da educación clasifica como centros docentes públicos aqueles que teñen como titular un poder público. Así pois, os conservatorios de música dependentes de concellos teñen a consideración de centros públicos. Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. En consonancia coa política desta Deputación, en vista da crecente demanda das ensinanzas de música e coa finalidade de prestarlles apoio ás iniciativas doutros entes públicos para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a conservatorios de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, dos conservatorios non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2009. O importe total das axudas será de cento cincuenta e dous mil douscentos euros (152.200,00 €) que se financiarán con cargo á partida 09/451.422.462.04 do orzamento provincial para o ano 2009. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares dos conservatorios de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (sedes Pontevedra e Vigo), ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2009. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Orzamento que dedica o concello para o Conservatorio asinado polo Interventor/a. b. Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado. c. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado. d. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. e. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. f. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. g. Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Orzamento do conservatorio, ata 35 puntos. 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª - 2.f) de execución do orzamento 2009, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2010. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda dos conservatorios de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2009 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 7.16992.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS A Deputación de Pontevedra convoca as axudas a Escolas de Música Públicas, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral, así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 150.000,00 €, con cargo á partida 09/451.422.462.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia desenvolven un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudos de música poderanse cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para achegarlles á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados. Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas: 1. Obxecto.- Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2009. O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 09/451.422.462.06 do orzamento provincial para o ano 2009. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2009. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Orzamento que dedica o Concello para a Escola de Música asinado polo interventor/a. b. Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado. c. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado. d. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. e. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. f. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. g. Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos. 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2009, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2010. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2009 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 8.16993.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Deputación de Pontevedra convoca as axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral, así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 30.000,00 €, con cargo á partida 09/451.422.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música poderanse cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2009. O importe total das axudas será de trinta mil euros (30.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 09/451.422.489.09 do orzamento provincial para o ano 2009. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2009. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Fotocopia cotexada do CIF da entidade titular do centro. b. Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade. c. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. d. Orzamento de gastos da escola, asinado polo representante. e. Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinada. f. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, debidamente asinado. g. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. h. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. i. Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2008/09, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos. 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2009, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2010. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2009 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o Presidente. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 9.16994.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO ASINADO COA FEGAMP PARA DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA PARA FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL 2009 Dada conta da remisión do Convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinados polos Presidentes dos citados organismos, para a realización dos cursos que comprende o Plan de Formación Continua de funcionarios de Administración Local para o ano 2009, por un importe total de 40.000,00€, cantidade da cal a Deputación Provincial de Pontevedra achegará 9.600,00€ e os outros 30.400,00€ a FEGAMP; gasto para o que existe consignación nas partidas 09/551.551.151.00, 09/551.551.150.00, 09/551.551.227.06 e 09/551.551.226.06, segundo RCs da Intervención nº200900050302, nº200900050303, nº200900050304 e nº200900050305, e visto así mesmo o informe da Secretaría Xeral de data 11/06/09, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar dito Convenio e, polo tanto, aprobalo, así como ratificar as resolucións de iniciación das accións formativas RPs nº 5001 de 27.04.2009, nº 5057 de 28.04.2009 e nº 5058 de 28.04.2009 de nomeamento de profesores e coordinadores dos cursos. “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2009 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. En Pontevedra, a 2 de xuño de 2009 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. Carlos Fernández Castro, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. E X P O Ñ E N: Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2009, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudo de necesidades e de programación de actividades con accións dos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita asegurar o cumprimento dos programas de acción municipal a satisfacción dos intereses cidadáns. Ambas as dúas partes, consideran atender as necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes os procesos de cambio e a crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entre estes posibles instrumentos cabe sinalar os Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree convinte delegar na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativas da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ambas a dúas partes: C O N V E Ñ E N: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo o presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc, facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída a FEGAMP. 6º.- A FEGAMP e a Deputación de Pontevedra financiarán a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de 40.000,00 €, dos que 9.600,00 € achegaraos a Deputación de Pontevedra, e que se recollen nas partidas de gastos 09/551.551.151.00, 09/551.551.150.00, 09/551.551.227.06 e 09/551.551.226.06. A FEGAMP fará o aboamento dos 30.400,00 € á Deputación de Pontevedra da seguinte maneira, o 50% á sinatura do Convenio e o 50% restante ó remate das accións formativas. O ingreso deberá facerse no seguinte concepto 09/551.483.05. O gasto será imputable ás partidas 09/551.551.151.00, 09/551.551.150.00, 09/551.551.227.06 e 09/551.551.226.06, nas que existe crédito dispoñible polo importe mencionado. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra comprométese a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar todas as accións formativas antes do 31 de decembro de 2009, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar ante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2010 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendendo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal o servizo da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha Certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ambas as dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garantir o cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en cuadriplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O PRESIDENTE DA FEGAMP, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: Carlos Fernández Castro Asdo.: Rafael Louzán Abal” 10.16995.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á COMUNIDADE DE USUARIOS DE AUGAS DE VILAR PERDONES (OIA) NO PAC/2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 84 DENOMINADA “REPARACIÓN DO SUBMINISTRO DE AUGA DOMÉSTICA” Dada conta da solicitude de aboo da certificación única presentada pola Comunidade de usuarios de augas de Vilar-Perdones (Oia), correspondente o investimento nº 84 denominado “Reparación do subministro de auga doméstica”, á vista do informe de Intervención de data 11 de xuño de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de dous mil douscentos trinta e dous euros con seis céntimos (2.232,06€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor da citada Agrupación. - Declarar o aboo a cantidade de dous mil douscentos trinta e dous euros con seis céntimos (2.232,06€), con cargo a partida 09/911.514-789.07.2007, como pago da subvención concedida á Comunidade de usuarios de augas de Vilar-Perdones (Oia) para a realización da obra núm. 84, denominada “Reparación do subministro de Auga Doméstica”, incluída no Plan de acción comunitaria- anualidade 2007 (PAC/07). 11.16996.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA EMPRESA PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L., PARA A OBRA Nº551 DENOMINADA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1001 CANGAS-COIRO (CANGAS)” INCLUÍDA NO POL-2005 Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un remitida pola empresa “Pavimentos de Meaño, S.L.” correspondente ó investimento nº 551, denominado “Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro(Cangas)”, incluído no Plan Operativo Local-2005 (POL/05), á vista do informe de Intervención de data 10 de xuño de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de cento trinta e cinco mil trescentos vinte e catro euros con trinta e oito céntimos (135.324,38€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor da empresa, “Pavimentos de Meaño S.L..”, e a teor da aplicación e detalle que deseguido se sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (UE) 81.640,20 Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911.511.611.03.2005(Deputación) 53.684,18 Subtotal 135.324,38 Taxa dirección de obra Id. 3.921,31 Retención control de calidade Id. 490,16 Retención Seguridade e saúde Id 490,16 Total descontos 4.901,63 Líquido a percibir 130.422,75 - Declarar de aboo o importe bruto da certificación, cento trinta e cinco mil trescentos vinte e catro euros con trinta e oito céntimos (135.324,38€), con cargo á partida 09/911.511.611.03.2005, como pago da subvención concedida para o investimento nº 551 denominado “Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas)”, incluído no Plan Operativo Local 2005 (POL/05). Os honorarios correspondentes ós Técnicos funcionarios desta Deputación, ingresaranse nas contas non orzamentarias correspondentes. 12.16997.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CERTIFICACIÓN Nº2-FINAL DA EMPRESA PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L., PARA A OBRA Nº551 DENOMINADA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1001 CANGAS-COIRO (CANGAS)” INCLUÍDA NO POL-2005 Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous/final remitida pola empresa “Pavimentos de Meaño, S.L.” correspondente ó investimento nº 551, denominado “Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas)”, incluíde no Plan Operativo Local-2005 (POL/05), á vista do informe de Intervención de data 10 de xuño de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de noventa e tres mil cento setenta e seis euros con oitenta e dous céntimos (93.176,82 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor da empresa, “Pavimentos de Meaño S.L..”, e a teor da aplicación e detalle que deseguido se sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (UE) 56.212,89 Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911.511.611.03.2005(Deputación) 36.963,93 Subtotal 93.176,82 Taxa dirección de obra Id. 2.699,99 Retención control de calidade Id. 337,50 Retención Seguridade e saúde Id 337,50 Total descontos 3.374,99 Líquido a percibir 89.801,83 - Declarar de aboo o importe bruto da certificación, noventa e tres mil cento setenta e seis euros con oitenta e dous céntimos (93.176,82 €), con cargo á partida 09/911-511-611.03.2005, como pago da subvención concedida para o investimento nº 551 denominado “Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas)”, incluído no Plan Operativo Local 2005 (POL/05). Os honorarios correspondentes ós Técnicos funcionarios desta Deputación, ingresaranse nas contas non orzamentarias correspondentes. 13.16998.- AXUDA ECONÓMICA Á FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistos os informes favorables emitidos polo Servizo de Intervención e a Xefa da Sección de Pesca do Servizo de Medio Natural en relación á solicitude de axuda formulada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores por importe de trinta e seis mil euros (36.000,00 €), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar dita axuda polo importe de trinta e seis mil euros (36.000,00 €) con cargo á partida 09/711.711.479.01 segundo RC 000962. 14.16999.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POLO LDO. SR. MOLINA FRAGIO EN NOME DE D. VICTORINO RODRÍGUEZ MARIÑO POR DANOS EN VIVENDA NA EP-4306 PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (MONDARIZ) Dada conta que con data de rexistro 12/12/08 (núm. 40901) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Luís Molina Fragio en nome e representación de D. Victorino Rodríguez Mariño con enderezo de notificacións en rúa Doctor Cadaval nº 8 -1º oficina 3 de Vigo, por danos en vivenda (fendas) a consecuencia das obras que se estaban a levar a cabo na EP-4306 Ponte do Val-Barciademera no Concello de Mondariz, no mes de maio de 2008 e que individualiza economicamente en 3.156,50 €. Resultando.- Que con data 17/12/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 11/03/2009 co seguinte contido: “…Primero.-La E.P. 4306 Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo) está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo.- Efectivamente, a principios del año 2008, comenzaron las obras de mejora de trazado y pavimentación en el mencionado vial, siendo la empresa adjudicataria de las mismas NAROM, S.L. en virtud del acuerdo adoptado por la Xunta de Goberno Local en fecha 28 de noviembre de 2007. Tercero.- Hasta el momento de recibir esta petición de informe no se había tenido conocimiento directo de los daños a los que alude el reclamante, ni tampoco de comentario alguno al respecto. Cuarto.- En este punto se hace necesario traer a colación el informe pericial de parte cuando en el mismo se indica, entre otras cuestiones, que “La causa origen de los daños fue a mi criterio los trabajos de mejora de trazado y pavimentación de la carretera donde se sienta la vivienda mencionada…” afirmación que merece las siguientes consideraciones: a) No deja de sorprender que si en mayo de 2008, según el propio testimonio de D. Victorino, comienzan a parecer diversas grietas en la edificación, no sea hasta el 8 de agosto cuando el perito de parte se persona en su vivienda, planteándose la reclamación el 12 de diciembre de 2008 sin que en ningún momento se pusiesen de manifiesto a la Dirección de Obra los hechos ahora denunciados. b) Para conseguir el ensanche de la plataforma se ha construido, tras la necesaria excavación para ganar anchura, un muro de 4,50 metros de altura en el frente de la vivienda del reclamante (véase fotografía nº 1 margen izquierdo) ubicada en el punto “A” de la planta que se adjunta, y a una distancia de 12,86 metros de dicha edificación (ver perfil A-B) En este sentido es preciso resaltar que el terreno excavado tenía una consistencia perfectamente gestionable con pala excavadora, sin necesidad de emplear martillo rompedor o explosivos. En consecuencia resulta imposible que la excavación, efectuada en el frente de la edificación para la construcción de un muro situado a unos 13 metros de ella, transmitiese vibraciones que pudieran causar grietas en la vivienda de D. Victorino Rodríguez Mariño. c) En cuanto a una posible repercusión del compactador del firme en la vivienda llegamos a la conclusión de que, si eso fuese cierto, supondría un serio riesgo pavimentar cualquier vial con el apisonado del paquete de firme (grava, zahorra, etc.) y la rodadura (mezclas en frío o en caliente), sin pensar que las edificaciones colindantes se agrietasen o desplomasen en cualquier momento, situación causa-efecto que no es, ni mucho menos, habitual. Pero es aún más difícil comprender que existan quejas de una edificación situada a unos 14 metros del firme (12,86 más cuneta) y 4,50 metros más alta que la rasante del mismo (sin roca en los metros iniciales de su frente –como decíamos al hablar del muro- posible transmisora de las vibraciones del compactador), cuando a 10 metros del eje (perfil G-DI fotografía 1 margen derecho) o a 7,45 metros del mismo (perfil E-F, fotografía 2 primera a la derecha) y en el nivel de la rasante, existen edificaciones que no han sufrido deficiencia alguna durante las obras. Quinto.- A la vista de lo expuesto, y como conclusión, estimamos que si existiesen grietas en la edificación propiedad de D. Victorino Rodríguez Mariño éstas no son consecuencia de las obras ensanche de la carretera.” Resultando.- Que con data 12/12/2008 e novamente con data 14/05/2009 déuselle traslado da reclamación á mercantil adxudicataria das obras “Narom, S.L.” a fin de que realizara as alegacións que tivera por convenientes, evacuadas estas en 26/05/2009 co seguinte contido literal: “Dando contestación al requerimiento recibido, sobre el asunto antes referenciado, ponemos en conocimiento de la Administración, que en su momento, hemos sido informados de la reclamación y procedimos a facilitar al Director de las obras, D. Baltasar Pujales Estévez, un plano en el cual señalamos la distancia existente entre la vivienda del reclamante y las obras que hemos ejecutado.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo a teor dos seguintes razoamentos: 1º.- A reclamación presentase polo letrado exercente a quen se lle supón coñecemento do ordenamento xurídico administrativo e, máis en concreto, do disposto na Lei 29/98, é dicir, intimación á Administración para cesación das obras, transcurso de dez días e interposición do recurso contencioso administrativo. Pois ben, desprezando tal posibilidade procedimental que lle permitiría a tutela do seu dereito en tan breve prazo preferiu agardar ata o 12/12/08 dende maio dese ano para interpoñer reclamación na vía administrativa. 2º.- O terreo escavado foino con pala escavadora, non con martelo rompedor ou explosivos, polo que devén imposible que unha escavación a 13 metros de un muro cause fendas nunha vivenda. 3º.- Tampouco a repercusión do compactador de firme na vivenda e argumento tecnicamente convincente, porque de ser así, calquera obra de apisoado (frecuentísimas por outra banda) suporía esas mesmas fendas ou incluso derrubamentos. 4º.- E coma derradeiro e definitivo argumento, dicir que non e crible dende o punto de vista técnico construtivo que nunha vivenda separada do firme 14 metros e elevada sobre a rasante deste 4,50, sufra danos cando vivendas con menos distancia e elevación permanecen incólumes. Considerando.- Que os xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en asuntos con identidade de razón ó que é obxecto este acordo, “Variante de Pontearnelas. Nova ponte sobre o río Umia no concello de Cambados; Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das mareas no concello de O Grove; Melloras de Pavimento e dotación de servizos da estrada provincial Calvario-A Garrida (Mosteiro Mourelle) no concello de Vigo,” non apreciaron responsabilidade algunha desta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 15.17000.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSE TARSICIO LORENZO FERNANDEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 2604 (MOS) Dada conta que con data de rexistro 27/11/2008 (núm. 039383) tivo entrada nesta Deputación instancia de D. Alberto Viejo Puga en nome e representación de Don José Tarsicio Lorenzo Fernández con enderezo de notificacións en rúa Manuel Núñez, nº 2-2º oficina 1 de Vigo, por danos en accidente de circulación padecidos o día 07/06/2008, na E.P. 2604 (Cuvi a Puxeiros) no Concello de Mos e que individualiza economicamente en 255,10 €. Resultando.- Que o presente acordo adóptase fora dos seis meses establecidos pola normativa debido, entre outros atrancos, a necesidade de que o interesado subsanara defectos existentes na súa solicitude, así coma a necesidade de oficiar ó Concello de Mos para a súa posible comparecencia coma interesados, contestación que se recibiu 2 meses e 6 días despois de solicitada. Resultando.- Que con data 23/12/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 14/01/2009 co seguinte contido: 1.- La E.P. 2604 Puxeiros-CUVI está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. 2.- Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia del accidente de referencia ya que, según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta, a las 23:18 horas del día 7 de junio de 2008 –sábado- el vigilante de la Diputación recibe una llamada del 112-SOS Galicia advirtiendo de la existencia de “una alcantarilla rota” en la citada carretera. 3.- Comunicada dicha situación al capataz de la zona, la brigada de guardia se desplaza al lugar del siniestro- llegando al mismo sobre las 23:50 horas-comprobando que la tapa de la alcantarilla se encontraba fuera de su sitio al estar el aro que rodea la misma deteriorado, procediendo a colocar provisionalmente dicha tapa y a señalizar la zona con elementos de balizamiento reflectante- TB 6/cono-, señales de advertencia de peligro indefinido, estrechamiento de calzada y limitación de velocidad. 4.- Como quiera que el registro/sumidero cuya tapa estaba descolocada tiene como función la recogida de aguas residuales- de competencia municipal tal y como se pone de manifiesto en el atestado levantado por la guardia civil- se comunica dicha situación al Ayuntamiento de Mos para que esta Administración procediese a subsanar las deficiencias observadas; según informa el capataz de la zona la alcantarilla es reparada al día siguiente desde el Ayuntamiento, procediendo operarios de la brigada provincial a retirar las señales provisionales colocadas en su día. 5. En este punto es preciso hacer referencia a la desestimación, por parte del Ayuntamiento de Mos, de la reclamación planteada por el interesado al señalar la Administración municipal que “…o accidente produciuse na E.P. 2604 polo que o tratarse dunha estrada provincial deberá dirixir a súa reclamación á Deputación Provincial”. No obstante lo anterior, como quiera que los daños denuniados fueron provocados por un registro en mal estado de conservación y dado que el servicio de saneamiento es de competencia municipal, según lo previsto en la letra l, del párrafo 2º, del artículo 25 de la Ley 7/85 de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, el Ayuntamiento sería el responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio sin también de los posibles daños que el mismo ocasione, salvo en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público en cuyo caso la responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria (artículo 256.c de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público). Prueba de lo afirmado es que la reparación de la alcantarilla se lleva a cabo desde el Ayuntamiento de Mos, limitándose la brigada de la Diputación Provincial de Pontevedra a señalizar el peligro que su mal estado de conservación representada para la seguridad vial. 6. Por último es preciso resaltar que la brigada de la zona tiene constancia de que la tapa de alcantarilla en cuestión ha sufrido desperfectos en varias ocasiones, procediendo en todos los casos a repararse la misma desde el Ayuntamiento de Mos. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non pode a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados ó vehículo do reclamante aínda que sexa a titular do vial, toda vez que o obxecto da reclamación é a existencia dun sumidoiro coa tapa fora de sitio por estar o aro que rodea á mesma deteriorado, e segundo establece o artigo 25.2 letra “l” parágrafo segundo da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, o servizo de rede de sumidoiros é competencia municipal e que este, a súa vez, pode ser exercido a través dunha concesión por unha empresa, artigo 253-a) en relación co 256-c) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Publico. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación. 16.17001.- PETICIÓNS DE AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA O INGRESO DAS CANTIDADES CORRESPONDENTES A CONCESIÓN DE VEHÍCULOS OUTORGADOS POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CLUB CICLISTA MARÍN E A FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTES DE MINUSVÁLIDOS FÍSICOS A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 24 do pasado mes de febreiro, acordou conceder ó Club Ciclista Marín unha axuda para a adquisición do vehículo Citröen Jumpy 120 Combi 8/9 p, por importe de 26.693,00 euros, e á Federación Galega de Deportes de Minusválidos Físicos para a adquisición dun vehículo Jumper Cf 33 L2H2, por importe de 33.318,00 euros dentro da convocatoria efectuada de acordo ó Convenio subscrito con Caixanova e Citröen España, S.A. Os convenios con estas entidades subscribíronse con datas 4 de abril o primeiro deles e 3 de abril o segundo. De conformidade coa cláusula terceira o prazo máximo para facer o ingreso e de dous meses contados a partir da formalización do convenio. As entidades manifestan nos seus escritos dificultades económicas para ingresar a súa achega, por circunstancias diversas derivadas fundamentalmente da falta de ingresos de patrocinadores. A vista destas circunstancias, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo concedido na cláusula terceira do convenio por un período de dous meses. 17.17002.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO (O PORRIÑO) E A DIÓCESE DE TUI-VIGO PARA A REAHABILITACIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA REITORAL DE CHENLO (O PORRIÑO) COMO CENTRO SOCIOCULTURAL CONXUNTAMENTE CO TORREIRO DA FESTA Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño) e a Diócese de Tui-Vigo, para a rehabilitación do edificio da antiga Reitoral de Chenlo (O Porriño) como centro sociocultural conxuntamente co Torreiro da Festa, cun custo total estimado na cantidade de cincocentos noventa e dous mil euros (592.000,00 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a entidade local menor de Chenlo (O Porriño) e a Diócese de Tui – Vigo para a rehabilitación do edificio da antiga reitoral de Chenlo (O Porriño) como centro sociocultural conxuntamente co Torreiro da festa. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO (O PORRIÑO) E A DIÓCESE DE TUI – VIGO PARA A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA REITORAL DE CHENLO (O PORRIÑO) COMO CENTRO SOCIOCULTURAL CONXUNTAMENTE CO TORREIRO DA FESTA En Chenlo (Porriño), a ……..… de xuño de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, con DNI 76.907.670-V, Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño), actuando en virtude de nomeamento efectuado pola Xunta Veciñal da entidade na súa sesión constitutiva e de acordo coas atribucións que lle sinalan os artigos 45 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 159.1 da lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. E o Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diócese Tui – Vigo, D. Xosé Diéguez Reboredo, no nome e representación da mesma, con CIF Q-3600056-J, e enderezo en Dr. Corbal, 90, do Concello de Vigo (36207). As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir os acordos, e MANIFESTAN I.- Que de conformidade co disposto nos artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de desenrolo económico e social, e o fomento dos intereses peculiares da provincia. Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra é establecer o fomento e a difusión da cultura en todas as súas manifestacións, posto que unha sociedade culta é sinónimo dun pobo vivo e dinámico, sendo necesario para a súa expresión e promoción a existencia dunhas instalacións adecuadas nas parroquias dos concellos. II.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. III.- O Bispado de Tui é titular do recinto onde se atopan, ademais dos equipamentos propios -igrexa, cemiterio, etc…-, dúas fincas, unha delas colindante co entorno do cemiterio, cunha superfie de 3.782,55 m2 e outra na que se sitúa a antiga casa reitoral, que se atopa nun estado de conservación moi deficiente, presentando un aspecto de abandono total e que require levar a cabo importantes obras de rehabilitación para a súa recuperación. Pola súa banda a Entidade Local Menor de Chenlo non dispón de ningún local como centro sociocultural para os veciños, e que ó mesmo tempo sirva como sede da Entidade. Así mesmo, ten necesidade de dispoñer dun espazo mínimo para a celebración das súas festas tradicionais. Pois ben, coa finalidade de por en uso o conxunto de todas estas instalacións, de tal xeito que poidan satisfacer o cumprimento das finalidades relixiosas, e ó mesmo tempo prestar un servizo á comunidade, é de todo necesario proceder a potenciación de todo este recinto. Todas as actuacións tendentes a revitalizar e por en uso todo o conxunto, require un esforzo económico moi importante que ningunha das Entidades implicadas podería abordar por si soa, é polo que para unir esforzos subscriben este convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes, CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración para realizar as inversións necesarias para levar a cabo, dun lado a rehabilitación do edificio da antiga reitoral de Chenlo (O Porriño) para destinalo a centro sociocultural e sede da Entidade Local Menor, e doutro realizar melloras no Campo do Torreiro da Festa, para a utilización e disfrute dos veciños. A inversión total de todas estas actuacións ascende a contía de cincocentos noventa e dous mil euros (592.000,00 €). Segunda.- Obrigas do Bispado de Tui-Vigo. O Bispado de Tui–Vigo como propietario titular de todo o recinto comprométese a: 1.- Ceder a propiedade da parcela designada coa letra “A” nos planos anexos a este convenio, cunha superficie de 3.782,55 m² lindante co entorno do cemiterio, a favor da Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño), coa finalidade de destinala a equipamento publico, para uso e disfrute dos veciños. 2.- Ceder a propiedade da parcela designada coa letra “C” onde está situada a antiga Casa Reitoral de Chenlo, cunha superficie de 2.195,38 m², e a propia Casa Reitoral á Deputación Provincial de Pontevedra, na que levará a cabo as obras de rehabilitación necesarias para convertela nun centro sociocultural e relixioso. Terceira.- Obrigas da Entidade Local Menor de Chenlo. 1.- A Entidade Local Menor de Chenlo compensará a cesión desta parcela, prevista nas normas urbanísticas do Concello de O Porriño como de equipamento público, na contía de 72.000,00 euros, que serán aboados ó Bispado de Tui-Vigo da seguinte forma: 36.000,00 euros no ano 2009 e os outros 36.000,00 euros no ano 2010, existindo consignación orzamentaria para o citado gasto con cargo á partida 4.60 do orzamento do ano 2009. 2.- Unha vez rehabilitada pola Deputación a antiga Casa Reitoral, a Entidade Local entregará á parroquia a denominada “Casa da Fábrica” debidamente arranxada e en bo uso. Cuarta.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- Proceder á redacción do proxecto de execución da rehabilitación do edificio da antiga reitoral, composto de planta baixa e alta, coa finalidade de dedicalo a centro sociocultural, sede da Entidade Local Menor de Chenlo e, así mesmo, como sede parroquial. A inversión estimada será de 520.000,00 euros. O financiamento realizarase nas seguintes anualidades: 2009 2010 2011 TOTAL 226.086,95 € 158.260,87 € 135.652,18 € 520.000,00 € 2.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiada, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 09/432.432.622.03 do vixente orzamento provincial. A anualidades de 2010 e 2011 financiaranse con cargo ás partidas correspondentes dos exercicios futuros. 3.- Una vez levadas a cabo as obras de restauración cederá o uso do inmoble á Entidade Local Menor de Chenlo, para os fins citados excepto a parte destinada a Sede Parroquial, que comunica coa Igrexa, que estará dotado dun despacho, un cuarto de aseo e un salón. Todo este conxunto duns 50 m2 pasará a ser propiedade do Bispado para actividades pastorais propias da Parroquia. 4.- Obter as correspondentes licenzas municipais e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas en relación con esta obra. 5.- Se a Casa Reitoral deixa de estar dedicada ó uso da Entidade Local Menor de Chenlo, o edificio pasará a ser usado pola Parroquia Eclesiástica de San Juan de Chenlo Diocese de Tui-Vigo. Quinta.- A Entidade Local Menor de Chenlo, unha vez que se lle entregue o edificio restaurado comprométese ó mantemento do mesmo, sendo da súa conta os gastos correspondentes, e asumindo a responsabilidade dende o día seguinte o da realización da acta de recepción e cesión. Sexta.- O contido das distintas cláusulas deste convenio, poderán elevarse a escritura pública a petición de calquera das partes implicadas. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que formen parte un representante de cada unha das partes asinantes do mesmo. Esta comisión reunirase no prazo de tres días a contar da petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose o seu estrito cumprimento, recoñecendo así mesmo á xurisdición contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. Novena.- O convenio entrará en vigor na data da sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas do mesmo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan este convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Pola Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño), Polo Bispado de Tui-Vigo, Rafael Louzán Abal Manuel Alejandro Lorenzo Alonso Xosé Diéguez Reboredo” 18.17003.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA “HUMANIZACIÓN DA RÚA ROSALIA DE CASTRO” Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior para a realización da obra “Humanización da Rúa Rosalía de Castro”. O obxecto do Convenio é levar a cabo a humanización da E.P. 2908 Arcade-Amoedo, no tramo que discorre polo casco urbano de Arcade, denominado rúa Rosalía de Castro. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr Secretario e o Sr Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Soutomaior para a realización da obra “Humanización da rúa Rosalía de Castro”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA “HUMANIZACIÓN DA RÚA ROSALIA DE CASTRO” No Pazo provincial, a de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Agustín Reguera Ocampo, Alcalde-Presidente do Concello de Soutomaior, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Soutomaior é a realización das obras de humanización da Rúa Rosalía de Castro. SEGUNDA.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de catrocentos noventa e nove mil novecentos noventa euros con seis céntimos (499.990,06 €) e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do Convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. TERCEIRA.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2009 2010 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 150.000,00 € 199.990,06 € 349.990,06 € Concello de Soutomaior 100.000,00 € 50.000,00 € 150.000,00 € TOTAL 499.990,06 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, deben ser ingresadas en canto a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade da anualidade 2010 deben ser ingresada durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. A baixa de adxudicación e calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción que o contrato inicial. CUARTA.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiada, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 511.511.612.02 do orzamento provincial. Financiarase con cargo á partida correspondente do exercicio futuro a anualidade do ano 2010. QUINTA.- O Concello de Soutomaior obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A Entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. SEXTA.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas, alumeado e servizos que afectan ó proxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. OITAVA.- O Convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas, debendo adxudicarse as obras de acordo coa Lei de contratos do sector público e normas de desenvolvemento. En todo o non previsto nas normas anteriores acudirase ás normas de dereito privado. NOVENA.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. DÉCIMA.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste Convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Soutomaior Agustín Reguera Ocampo” 19.17004.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA ENGLISH SUMMER CAMP Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 22 de abril de 2009, aprobando o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto da xestión, organización e desenvolvemento do Programa “English Summer Camp”, ata unha cantidade máxima de 60.000,00 euros, IVE incluído. Vistas as ofertas presentadas e admitidas formuladas polas empresas: Cerdedo Natura, S.L., Naglex Juncal, S.C, Corporate Language Training, S.L. e Xestión Cultural Aurea, S.L. Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, que tivo lugar o día 25 de maio de 2009, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente as ofertas presentadas ós servizos técnicos correspondentes para o seu informe. Visto o informe da Xefe do Servizo de Acción Social e a proposta da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar provisionalmente a contratación da xestión, organización e desenvolvemento do programa “English Summer Camp”, á empresa Xestión Cultural Aurea S.L. (CIF B-36.394.203), polo prezo ofertado de cincuenta e oito mil oitocentos euros, IVE incluído (58.800,00 €), dos que 54.953,27 € corresponden ó prezo do contrato e 3.846,73 € ó IVE. Por ser a empresa que obtén a maior valoración, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego de condicións, ademais de reunir os requisitos esixidos. A empresa Xestión Cultural Aurea S.L. deberá constituír unha garantía definitiva do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE, por importe de 2.747,66 euros, que ingresará na Tesourería desta Deputación na forma establecida no artigo 84 da LCSP, no prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte á publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial da Provincia ou no perfil de contratante do órgano de contratación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social , así como efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria, deberá ingresar na Caixa desta Deputación por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia a cantidade de 129,60 euros. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación polo mesmo órgano. 20.17005.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO LOTE NÚMERO 66 DO PROCEDEMENTO ABERTO CORRESPONDENTE Á CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS DO ANO 2009 Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 11 de febreiro de 2009 adxudicáronse definitivamente os lotes do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e a subministración de materiais do ano 2009, entre os que figuraba o seguinte: LOTE ADXUDICATARIO TM Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 66 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784). Por subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 7500 Tm 25,00 4,00 29,00 217.500,00 Resultando que a empresa Cotrarga, S.L., adxudicataria deste contrato, mediante escrito de data 18 de maio de 2009, informa sobre unha avaría xurdida na planta que subministra a mestura bituminosa, cuxa reparación se pode demorar no tempo, motivo polo cal solicita que lle sexa admitida a renuncia ó mencionado contrato. Resultando que o Parque de Maquinaria emite informe no que figura que a cantidade subministrada pola empresa Construcciones-Transportes y Aglomerados de Galicia (Cotrarga, S.L.), na actualidade, ascende a 1.141,24 Tm, quedando pendente de subministrar a cantidade de 6.358,76 Tm. Resultando que para optar á adxudicación do lote número 66 da subministración de materiais do ano 2009 presentaran proposicións económicas as empresas, Cotrarga, S.L.; Pavimentos de Meaño, S.L.; Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. e Construcións, Obras e Viais, S.A. Resultando que as empresas, Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. e Pavimentos de Meaño, S.L., manifestan en ambos escritos de data 25 e 26 de maio de 2009, que non están interesadas na adxudicación do lote nº 66 polos prezos ofertados no seu día e que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A, (COVSA, S.A.) presta a súa conformidade para efectuar a subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D), ó prezo ofertado de 26,72 euros/Tm, sen IVE. Resultando que ó prezo ofertado pola empresa Construcións, Obras e Viais, S.A, (COVSA, S.A.), se poida efectuar a subministración de 5.948 Tm., sen que supoña un custo superior ó adxudicado inicialmente pola Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 11 de febreiro de 2009. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de maio de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Construcións, Obras e Viais, S.A. (COVSA). (A-36008886), a parte restante do lote nº 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009 , por importe total de cento oitenta e catro mil trescentos oitenta e oito euros (184.388,00 €), IVE incluído, a razón de 31,00 euros/tonelada. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 29 de maio de 2009 e que a empresa, Construcións, Obras e Viais, S.A. (COVSA) presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 7.946,53 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 04/06/2009 e número de operación 200900047695, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (COVSA). (A-36008886), a parte restante do lote nº 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009, e que se concreta na cantidade máxima de 5.948 Tm. de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico AC 16 SURF 5070 D, por importe total de cento oitenta e catro mil trescentos oitenta e oito euros (184.388,00€), IVE incluído, a razón de 31,00 euros/tonelada e de acordo co seguinte detalle: LOTE ADXUDICATARIO TM Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 66 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886), Por subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 5.948 Tm 26,72 4,28 31,00 184.388,00 2. O pagamento da subministración de materiais obxecto desta contratación efectuarase con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02, do vixente orzamento provincial. 21.17006.- RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO CONTRA O DESAFIUZAMENTO DAS VIVENDAS PISOS, BAIXO E SEGUNDO DO BLOQUE B DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión celebrada o 30 de abril de 2009, adoptou o acordo de requirir a D. José Manuel Lombardía Guiance para que procedera o desaloxo das vivendas pisos, baixo e segundo do Bloque B, que lle foron concedidas, non como inquilino, senón no seu cargo de funcionario da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, ocupada a primeira delas pola vía de feito sen que conste título ningún de concesión. O requirimento efectuóuselle ó terse extinguido a relación de emprego por xubilación ó cumprir a idade regulamentaria con efectos de marzo de 2006. Contra este acordo interpón recurso de reposición en forma e prazo. Nas alegacións do recurso pon de manifesto que “optó y ganó el concurso para adjudicar un puesto de trabajo de Jefe de Servicios con destino en el Hogar Provincial, estableciéndose en sus bases que el designado habitaría en régimen de internado, corriendo a cargo de ese centro el atender a las necesidades de su habitación y manutención. Puesto que no se disponía de alojamiento adecuado se le permitió pernoctar fuera. Posteriormente se le adjudicó una vivienda en la Ciudad Infantil Príncipe Felipe”. Alega, así mesmo, que non dispón de vivenda propia e que, en consecuencia, solicita se deixe sen efecto o acordo da Xunta de Goberno recorrido. As alegacións formuladas non desvirtúan os fundamentos do acordo recorrido que non son outros que, de conformidade coa normativa vixente, artigo 93.b) do Regulamento de Bens das Corporacións Locais aprobado por Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, as Entidades Locais que tiveran cedidas vivendas ó seu persoal por razón dos servizos que presten, darán por terminada a ocupación cando se houbera extinguido a relación de emprego. Estas circunstancias concorren no presente caso, como xa queda demostrado no expediente, ó xubilarse o Sr Lombardía Guiance con data 9 de marzo de 2006. Á vista destes antecedentes e de conformidade co Informe de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Desestimar o recurso de reposición formulado por D. José Manuel Lombardía Guiance contra o acordo da Xunta de Goberno de 30 de abril de 2009, ó non desvirtuar as alegacións formuladas as causas que motivaron o requirimento para que proceda o desaloxo e entrega das chaves das vivendas, piso baixo e segundo do bloque b da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. 2.- Outorgarlle un prazo de cinco días hábiles para a entrega voluntaria das chaves das vivendas na sede da Dirección de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe, da que se levantará acta ó efecto. 3.- De non proceder á entrega voluntaria das chaves no prazo indicado, procederase o lanzamento dos inmobles, sinalándose para elo como data o día 30 de xullo de 2009, ás 11:00 da mañá. De conformidade co previsto no artigo 131 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, os gastos a que de lugar o lanzamento e depósito dos bens serán por conta do desafiuzado. 22.17007.- INFORME EMITIDO POLA COMISIÓN DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS O 15 de xuño de 2009, ás 9:00 horas, reúnese a Comisión de Resolución de Conflitos, en adiante CRC, para redactar o informe proposta relativo ó conflito existente no Servizo de Tecnoloxías da Información da Deputación Provincial de Pontevedra. De acordo co previsto no seu Regulamento de Funcionamento Interno, expídese o seguinte extracto: “Por Resolución Presidencial número 2356, de data 3 de marzo de 2009, a Presidencia aprobou o Protocolo de actuación en materia de Acoso Laboral, co fin de previr e solucionar situacións de acoso psicolóxico no ámbito da Deputación Provincial de Pontevedra e Organismos Autónomos dependentes. Partindo do principio básico de que toda persoa ten dereito a recibir un trato respectuoso e digno en calquera ámbito da súa vida, profesional ou persoal, a Deputación recoñece a necesidade de adoptar medidas tendentes a garantir un espazo laboral san e exento de procesos de acoso psicolóxico. O procedemento aprobado concrétase nas seguintes accións: - Informar e formar ó persoal que integra a Deputación sobre as consecuencias e implicacións dos riscos e factores de carácter psicosocial. - Identificar os procesos de acoso psicolóxico que se produzan co fin de corrixilos e establecer as recomendacións oportunas para previr que ocorran outros novos. Para a resolución dos conflitos derivados de casos de acoso psicolóxico, constituíuse a CRC, como órgano encargado de investigar as situacións de conflitos derivadas de posibles situacións de acoso psicolóxico no traballo e emitir propostas de resolución finalizadas as investigacións dos conflitos. A CRC está integrada polos seguintes membros: - Presidenta: Dª. Teresa Pedrosa Silva, Vicepresidenta. - Secretaria: Dª. Begoña Estévez Bernárdez, Adxunta á Xefe de Servizo de RR.HH. e Formación. - Vocal: Dª. Mª do Carmen Crespo Blanco, Xefe de Servizo de Prevención de Riscos. - Vocal: D. Enrique Pazos Abad, Delegado de Prevención. - Vocal: D. Fernando Benasach Torres, Psicólogo. Neste ámbito, enténdese por “acoso psicolóxico”: as deliberadas e repetitivas manifestacións de abuso, especialmente palabras, actos, xestos ou actitudes que atenten contra a dignidade, personalidade e integridade física ou psíquica dun individuo, buscando a súa desestabilización e/ou deterioración emocional con vistas a degradar a súa posición na organización e/ou eliminar a súa posibilidade de continuar no lugar de traballo. Así mesmo, enténdese por “conflito”: aquela situación na que dous ou máis partes están en desacordo entre si, é dicir, cando o individuo ou grupo percibe que os obxectivos, opinións ou xuros ou valores doutro individuo ou grupo dificultan ou impiden acadar os obxectivos laborais propios. Neste contexto, calquera funcionario ou traballador da Deputación, poderá poñer en coñecemento do seu Xefe de Servizo, Servizo de Recursos Humanos ou do Servizo de Prevención de Riscos unha situación de conflito no traballo, e previa a súa conformidade, darase traslado da mesma á CRC. Constituída a CRC o pasado 2 de abril, e previa aprobación do seu regulamento de funcionamento interno, aborda en primeiro termo o estudo do expediente remitido polo Servizo de Recursos Humanos e Formación, no que resultan “partes” implicadas D. Amancio Varela García e Dna. Alicia Sarmiento Peña, funcionarios do Servizo de Tecnoloxías da Información. De acordo co previsto no artigo 6.3 do Protocolo, no prazo máximo de tres meses, contados a partir da recepción da comunicación, a CRC comunicará ó Presidente os resultados da investigación e a proposta de medidas a adoptar. Finalizada a fase de investigación e análise de documentación, reunidos os membros que integran a CRC, emítese informe, propoñendo as seguintes medidas: 1º Consultada a relación de postos de traballo publicada conxuntamente co Orzamento provincial para o ano 2009, co fin de comprobar a existencia de prazas de cadro de persoal de Administración Especial, vacantes, recoméndase a adscrición da funcionaria Dna. Alicia Sarmiento Peña, ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, ó posto de traballo “Xefe de Sección de Informática”, que figura na relación de postos de traballo do devandito Servizo para o ano 2009, publicada no BOP nº 102, de 1 de xuño de 2009. 2º A incorporación a dito posto produciríase unha vez finalizado o proceso de baixa por incapacidade temporal da devandita funcionaria, e en todo caso, ata que se dote de espazo físico e medios materiais e técnicos necesarios de dito posto. 3º Unha vez tida en conta a opinión do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, todas as ordes e instrucións sobre o traballo a desempeñar, serán canalizadas por el, como responsable desa unidade. 4º Calquera anomalía ou deficiencia técnica no desenvolvemento do traballo diario, será comunicada ó Xefe de Servizo de Patrimonio Documental, que trasladará as mesmas ó Servizo de Recursos Humanos, que dará conta a esta Comisión. Así mesmo, o Informe proposta será notificado ás partes implicadas no conflito, que disporán dun prazo de 10 días hábiles a partir da súa notificación para facer as alegacións que estimen precisas, que formarán parte do expediente, ó Sr. Presidente e á Xefe de Servizo de RR.HH. e Formación.” A Xunta de Goberno queda enterada da devandita proposta, ós efectos que procedan. 23.17008.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario
Ãrea de notas
Nota