ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/06/24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-06-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/06/24_Ordinaria

  • Data(s) 2009-06-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día vinte e catro de xuño do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar e D. José Carlos Silva Mariño. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17009.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de xuño de 2009. 2.17010.- REALIZACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE XUÑO FORCAREI 27/06/09 FESTA DA BICILETA XULLO OIA 04/07/09 FESTA DA BICILETA SANXENXO 12/07/09 FESTA DA BICILETA MEIS 11/07/09 FESTA DA BICILETA MONDARIZ BALNEARIO 16/07/09 FESTA DA BICILETA SOUTOMAIOR 18/07/09 FESTA DA BICILETA CERDEDO 18/07/09 FESTA DA BICILETA DOZÓN 18/07/09 FESTA DA BICILETA POIO 19/07/09 FESTA DA BICILETA MORAÑA 25/07/09 FESTA DA BICILETA MEAÑO 26/07/09 FESTA DA BICILETA A LAMA 30/07/09 FESTA DA BICILETA 3.17011.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª JESÚS ARDAO FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA PATRICIA MARTÍNEZ MILLÁN POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA Dada conta que con data de rexistro 3/12/2008 (Rex.nº 039955) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mª Jesús Ardao Fernández en nome de Dona Patricia Martinez Millan con enderezo de notificacións en rúa Castelao nº 9-entlo. Pontevedra, por danos en accidente de circulación padecidos o día 3/12/2007, na EP-9214 de Barrantes a Busto a consecuencia da irrupción dun xabaril na calzada e que individualiza economicamente en 686,79 €. Resultando.- Que con data 15/01/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 2/02/2009 co seguinte contido: “…1. La E.P. 9405 Barrantes-Armenteira-Busto está incluida dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “irrupción de un jabalí en la zona de circulación”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Girada visita de inspección a la carretera Barrantes-Armenteira-Busto se ha podido comprobar que dicho vial se encuentra en un perfecto estado de conservación y que, tal y como refleja el atestado levantado por la guardia civil de tráfico, la señalización vertical es buena, existiendo en el tramo de carretera en el que se produjo el siniestro una señal S-7 Velocidad máxima aconsejable 50 Km/hora –recomienda una velocidad aproximada de circulación en kilómetros por hora, que se aconseja no sobrepasar aunque las condiciones meteorológicas y ambientales de la vía y de la circulación sean favorables-, una señal de advertencia de peligro P-14 a) Curvas peligrosas hacia la derecha y una señal P-1b) Intersección con prioridad sobre vía a la izquierda. También existen, a lo largo del vial sentido ascendente, varias señales R-407 b) Vía reservada a ciclomotores que establecen la obligación para los conductores de ciclomotores de circular por la vía a cuya entrada esté situada y prohibición a los demás usuarios de la vía de utilizarla. 4. Según se desprende de la reclamación formulada por Dona Patricia Martínez Millán en las proximidades del lugar del accidente se encuentra el Tecor Corazón Salnés, aunque a lo largo de la carretera no existe ningún tipo de señal que advierta de la presencia de terrenos cinegéticamente ordenados en la zona –obligación del Tecor según dispone el artículo 17 del Reglamento de Caza de Galicia- sin que tampoco se aprecie que los titulares del Tecor hayan adoptado medida o protección alguna para delimitar el terreno acotado. Resultando.-Que con data 15/01/2009, déuselle traslado da reclamación como interesados, segundo o artigo 31.1 apartados “b” e “c” da lei 30/92 de 26 de novembro, a Don Rafael Otero Ferreiro (repte. de Tecor Corazón Salnés), á Cia. Aseguradora do Tecor Mutuasport e á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sen que ningún deles se persoara no procedemento nin fixera alegación algunha o respecto. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que do expediente tíranse datos dabondo para proceder a unha inadmisión da solicitude (cando non unha desestimación) e iso polos seguintes argumentos: 1º O artigo 13.2-a do Decreto 284/01, de 11 de outubro, ditado en desenvolvemento da Lei de Caza define e clasifica coma zona de seguridade, na que deben adoptarse medidas precautorias especiais co fin de garantir a protección de persoas e bens as marxes e zonas de servidume que se atopan valadas das vías e camiños de uso público e das vías férreas, o que claramente remite unha idea preventiva respecto da adopción de medidas obstativas da irrupción de fauna salvaxe nas estradas, máxime cando se sabe que a Deputación non posúe nin autovías nin autoestradas, nas que si é necesario a instalación de cercas ou alambradas. 2º A Disposición Adicional Novena do T.A.L.T.C.V.M.S.V., a máis de establecer unha responsabilidade en cascada e subsidiaria facendo primeiros responsables á administración autonómica e titulares de “tecores” de xeito imperativo (será responsable) e só despois de ambos os dous anteriores, ó titular da vía (“poderá ser responsable”) engade un parágrafo segundo que se amosa revelador pois di “… los daños personales y patrimoniales en estos siniestros, solo serán exigibles a los titulares de aprovechamientos cinegéticos o, en su defecto a los propietarios de los terrenos, cuando el accidente sea consecuencia de una falta de diligencia en la conservación del terreno acotado”, o cal posto en relación co artigo 22 da Lei de Caza de Galicia, 4/97 (obligaciones de los titulares) parece suxerir unha responsabilidade “in vixiando” por parte do titular demanial ou aqueles os que aproveitan o “tecor” o que incluiría unha obriga de valado. 3º Recentemente a sentenza 228/08 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 204/08 eximiu a Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animales en libertad) por non terse acreditado a frecuencia e habitualidade no paso, deixando dito a que… “…No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso HABITUAL, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas, es decir, por el acceso inopinado de un jabalí a la carretera.” 4º A detentación (como xa ten dito o T.S. ata a saciedade) dunha infraestrutura material (estrada) non converte, no presente suposto, á Deputación nunha sorte de aseguradora universal de tódolos riscos, pois é sabido que existe un estándar medio de perigo en calquera actividade humana a que non é allea a condución de vehículos a motor. 5º Coma resumen da obriga da Administración Autonómica ou dos utilizantes do “tecor” tendente a impedir a irrupción de fauna na estrada, incluso instalando elementos de protección prerimetral obstativos, cumpre transcribir o ditame do 10 de abril de 2003 (298/03) do Consello de Estado: “La presencia incontrolada de animales en las carreteras no genera la obligación de indemnizar, habida cuenta que no puede reputarse como una anomalía en la prestación del servicio público viario, sino como un factor ajeno a las exigencias de seguridad viaria, que enerva la relación de causalidad exigible a los efectos del reconocimiento de la eventual responsabilidad administrativa, si se tiene presente que su acceso a las vías públicas puede resultar inevitable.” Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación. 4.17012.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA DONA ELISA LEMA MÍGUEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON ANTONIO FERNÁNDEZ LEMA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 2901 EN O VISO (REDONDELA) Dada conta que con data de rexistro 10/10/08 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Elisa Lema Míguez en nome e representación de Don Antonio Fernández Lema con enderezo de notificacións en rúa Avda. José Solla, nº 24 -2º, Arcade (Soutomaior), por danos en accidente de circulación padecidos o día 6/10/08, na E.P-2901 e que individualiza economicamente en 360,00 €. Resultando.- Que con data 12/11/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 17/11/08 co seguinte contido: 1.- La vía en la que se produjo el siniestro es la E.P. 2901 Cesantes-Vixo-Alxán que está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras sí se tuvo constancia del accidente de referencia ya que, según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta, a las 19,30 horas del día 6 de octubre de 2008 el vigilante de la Diputación recibe una llamada del 112-SOS Galicia advirtiendo de la existencia de “una arqueta con la tapa rota” en la citada carretera. 3.- Comunicada dicha situación al capataz de la zona, Sr. D. Fernando Vilar García, la brigada nº 4 de la zona sur se desplaza al lugar del siniestro observando que la tapa de alcantarilla se encontraba fuera de su sitio- al estar el aro que rodea la misma deteriorado- procediendo a colocar correctamente dicha tapa y a señalizarla con elementos de balizamiento reflectante- TB 6/cono- y señales de advertencia de peligro indefinido y estrechamiento de calzada. 4.- Como quiera que el registro/sumidero cuya tapa estaba descolocada tiene como función la recogida de aguas residuales- de competencia municipal tal y como se pone de manifiesto en el atestado levantado por la guardia civil- al día siguiente el capataz de la zona comunica dicha situación a AQUALIA, empresa concesionaria del servicio, al objeto de que la misma subsanase las deficiencias observadas, reparación que se lleva a cabo días después y tras varios requerimientos verbales realizados por el capataz de la zona. Una vez reparadas las deficiencias por la empresa AQUALIA, operarios de la brigada nº 4 procedieron a retirar las señales de advertencia de peligro colocadas en su día. 5.- Es por ello que como quiera que los daños denunciados fueron provocados por un registro en mal estado de conservación y dado que el servicio de alcantarillado es de competencia municipal, según lo previsto en la letra l, del párrafo 2º, del artículo 25 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, el Ayuntamiento sería el responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio sino también de los posibles daños que el mismo ocasione, salvo en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público- como parece existir en este supuesto- en cuyo caso la responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria (artículo 256 de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público cuando señala, dentro de las obligaciones generales del concesionario del contrato de gestión de servicios públicos, que “ El contratista estará sujeto al cumplimiento de las siguientes obligaciones, con carácter general…. C) Indemnizar los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera el desarrollo del servicio, excepto cuando el daño sea producido por causas imputables a la Administración…”; en el mismo sentido y con carácter general el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público en relación con lo dispuesto en el párrafo 2º del artículo 121 de la Ley de Expropiación Forzosa). Resultando.- Que con data 24/11/2008 notificóuselles ó Concello de Redondela e a Concesionaria da recollida de augas residuais para dito concello, AQUALIA, a tramitación da presente reclamación de responsabilidade patrimonial, co obxecto da posible comparecencia como interesados no mesmo (art. 31.1, apartados “b” y “c” da Lei 30/92). Resultando.- Que en 15/12/2008 recibiuse comunicación de “Aqualia” manifestando que no Concello de Redondela se sigue reclamación polos mesmos feitos e a instancia de D. Antonio Fernández Lema. Resultando.- Que en datas de 15/04/2009 e 25/05/2009 remitíuselle ó Concello de Redondela sendas comunicacións, co fin de que fixeran alegacións relativas o accidente aquí denunciado, sen obterse ningún resultado. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non pode a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados ó vehículo do reclamante aínda que sexa a titular do viario , toda vez que o obxecto da reclamación é a existencia dun sumidoiro en mal estado de conservación, e segundo establece o artigo 25 letra “l” parágrafo segundo da Lei 7/1985 de 2 de Abril reguladora de Bases de Réxime Local, o servizo da rede de sumidoiro é competencia municipal e que este, a súa vez, pode ser prestado, a través dunha concesión , por unha empresa,( artigos 256.a en relación co 253.a. da Lei 30/2007 de 30 de outubro de Contratos del Sector Público) Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación, servindo este Acordo ós efectos de cumprimentar en tempo e forma o trámite aberto pola proposta de resolución no expediente de responsabilidade patrimonial 20/2008 do Concello de Redondela. 5.17013.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 4 de xuño de 2009, número de rexistro de entrada 22633, D. Marcos Areán González, administrativo, adscrito ó Servizo Agrario, presentou escrito no que expón que “O próximo día 17 de xuño de 2009 iníciase a primeira edición do Curso de formación continua en Medio Ambiente organizado polo Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela”, dito curso desenvolverase ata o 2 de xullo de 2009 en Santiago de Compostela, solicita axuda económica correspondente en concepto de inscrición. A solicitude é informada favorablemente polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que ó interesado se lle concedera Licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante o presente ano. Visto o programa do Congreso achegado polo solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. De acordo co exposto, e ó amparo do establecido no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó funcionario D. Marcos Areán González, Administrativo unha axuda económica por importe total de 240,00 euros, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: CONCEPTO IMPORTE PARTIDA INSCRICIÓN 240 € 122.314.162.01 Finalmente, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o Curso, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos de inscrición, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. 6.17014.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.17015.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGAMENTO DA CERTIFICACIÓN NºUN/FINAL DA OBRA Nº 645 DENOMINADA “E.P. 7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA (CERDEDO)” INCLUÍDA NO PLAN OPERATIVO LOCAL – 2006 Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un/final remitida pola empresa “Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.” correspondente ó investimento nº 645, denominado “E.P.7103 Cerdedo-Castro-Quireza (Cerdedo)”, incluído no Plan Operativo Local-2006 (POL/06), á vista do informe de Intervención de data 22 de xuño de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Recoñecer a obriga de douscentos corenta e nove mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta céntimos (249.644,60 €), a favor da empresa, “Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.”, e a teor da aplicación e detalle que deseguido se sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 09/911-511-611.03.2006 (UE) 09/511-511-612.02.2008 (UE) 144.783,08 € Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 09/911-511-611.03.2006 (MAP) 09/511-511-612.02.2008 (MAP) 33.141.96 € Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 09/911-511-611.03.2006 (DEPUTACIÓN) 09/511-511-612.02.2008 (DEPUTACIÓN) 62.060,17 € Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. Id. (DEPUTACIÓN-G.N.E) 9.659,39 € Subtotal 249.644,60 € Taxa dirección de obra Id. 7.233,98 € Retención control de calidade Id. 4.901,02 € Retención Seguridade e saúde Id 1.302,12 € Total descontos 13.437,12 € Líquido a percibir 236.207,48 € - Declarar de aboo o importe neto da certificación, unha vez realizados os descontos sobre o bruto da mesma, por importe de douscentos trinta e seis mil douscentos sete euros con corenta e oito céntimos (236.207,48 €), a favor da empresa Sercoysa Proyectos y Obras, SA. con cargo ás partidas 09/911-511-611.03.2006 e 09/511-511-612.02.2008, como pago da subvención concedida no POL/06 para o investimento núm. 645 denominado “E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza (Cerdedo)”. 8.17016.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO A FAVOR DA EMPRESA PONTEVEDRA LIBROS S.L.-CLIP LIBRERÍA Dada conta da factura núm. 2009/482, de 25/05/09, emitida por Pontevedra Libros S. L.–Clip Librería , con CIF B-36.458.248, referida á adquisición de material de oficina diverso, por importe total de 395,73 € (IVE incluído), con cargo á partida 09/123.121.220.00 e visto o informe de Intervención no que, entre outros, manifestase que é necesario a aprobación da tramitación de dita factura polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por non existir procedemento de contratación de subministración coa empresa Pontevedra Libros, S.L., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a factura citada polo importe de 395,73 €, con cargo a partida 09/123.121.220.00 do vixente orzamento provincial. 9.17017.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO A FAVOR DA EMPRESA EDITORIAL LA CAPITAL S.A. Dada conta da factura número PV09-533, de data 1 de abril de 2009, emitida por Editorial La Capital S.A., referida á prestación de Servizos de Publicidade no xornal Diario de Arousa, por un importe de 69.999,62 € (IVE incluído) con cargo á partida 08/111.111.226.20, e visto o informe de intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de dita factura polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por iniciarse a execución do contrato sen previa formalización, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a factura ditada polo importe de 69.999,62 €, con cargo á partida 111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 10.17018.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO A FAVOR DA EMPRESA EDITORIAL COMPOSTELA S.A. Dada conta da factura número P 90082, de data 16 de febreiro de 2009, emitida por Editorial Compostela S.A., referida á prestación de Servizos de Publicidade no xornal El Correo Gallego, por un importe de 24.330,00 € (IVE incluído) con cargo á partida 08/111.111.226.20, e visto o informe de intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de dita factura polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por iniciarse a execución do contrato sen previa formalización, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a factura ditada polo importe de 24.330,00 €, con cargo á partida 111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 11.17019.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON FRANCISCO JAVIER PIÑEIRO CANCELAS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP-8101 PORTAS-ROMAY Dada conta que con data de rexistro 25/09/2008 (Rex. 033062) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Francisco Javier Piñeiro Cancelas con enderezo de notificacións en Lugar Porta do Conde, 23 de Portas, por danos en accidente de circulación padecidos o día 10/08/2008, na EP-8101 de Portas a Romai a consecuencia da existencia dunha covanca na calzada e que individualiza economicamente en 200,60 €. Resultando.- Que con data 26/09/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 13/10/2008 co seguinte contido: “1. La que denominan en el escrito de reclamación E.P. 0507 Porta do Conde se corresponde en realidad con la E.P. 8101 Portas-Romai de titularidad provincial. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia -ocurrido un domingo- pero si del estado de la calzada ya que el 11 de agosto de 2008, al día siguiente del accidente, la brigada de la zona se desplazó a la carretera Portas-Romai al objeto de reparar un corte en la calzada de circulación provocado por las obras que se están llevando a cabo en dicho vial. En este punto es preciso resaltar que en la fecha del accidente la carretera provincial Portas-Romai estaba siendo objeto de obras de mejora y ensanche, siendo la empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” la adjudicataria del proyecto de referencia. 3. En consecuencia y de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las misma, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine. Los usuarios de la vía están obligados a seguir las indicaciones del personal destinado a la regulación del tráfico en dichas obras” (en el mismo sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de Octubre, de Contratos del Sector Público” Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”, por lo que en este supuesto la responsabilidad por la presencia de un socavón en la calzada, presuntamente sin señalizar, recaería sobre la empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. Resultando.- Que con data de 17/10/2008 se lle deu traslado da reclamación á empresa “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” que estaba levando a cabo as obras na zona do accidente, co fin de que alegara o que tivera por conveniente. En 03/11/2008 recibiuse escrito de D. Manuel Taboada Gómez en nome e representación de “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” facendo as alegación cuxo contido literal é como segue: “… PRIMERO.- Que ante la notificación recibida en fecha 22 de octubre de 2008 de la reclamación de responsabilidad patrimonial presentada por D. Francisco J. Piñeiro Cancelas por daños sufridos en vehículo matrícula PO-5273-BH, en la EP 8101 Portas-Romay el día 10 de agosto de 2008, por medio del presente escrito me persono en el procedimiento de su referencia nº rex. 031977. SEGUNDO.- Que las obras se encontraban en la fecha del accidente, 10 agosto de 2008, debidamente señalizadas de conformidad con el Proyecto y el Plan de Seguridad y Salud de la obra. Durante toda la ejecución de la obra se han seguido las instrucciones de la Dirección Facultativa. La obra constaba en la fecha del accidente y durante toda la ejecución de la obra de la siguiente señalización: -Señalización vertical de Obras y de Límite de velocidad:40 Km/hora. -Líneas horizontales amarillas. TERCERO.- Esta entidad estima que el accidente se produjo por culpa del conductor del vehículo al no adecuar éste la velocidad a las condiciones existentes en un tramo en obras, máxime circulando en horario nocturno puesto que la visibilidad se reduce, ya que las obras se hallaban debidamente señalizadas. CUARTO.- Esta entidad no tiene constancia del accidente hasta la recepción de la presente reclamación al no existir ningún parte de accidentes por parte de autoridad, Guardia Civil o Policía Local. Respecto a la referencia, que se hace en el informe de Servicio de Vías y Obras, a la reparación efectuada por la brigada de la zona señalar que, en obras de esta entidad cuya ejecución es superior a un año de duración, se producen situaciones, en las que el adjudicatario y el Servicio de Vías y Obras, tienen que hacer pequeñas obras de conservación y reparación. En definitiva, si el conductor circula a la velocidad adecuada a las condiciones existentes en tramos que están en obras, tal accidente no se había producido.” Resultando.- Que con data 15/04/2009 solicitouse ó Servizo de Vías e Obras informe complementario do emitido anteriormente o cal foi evacuado con data 16/04/2009 co seguinte contido literal: “…Primero.- La brigada de la zona se encargó de reparar provisionalmente el corte existente ya que cuando se recibe el aviso del Ayuntamiento de Portas- un día después del accidente- la empresa adjudicataria no se encontraba trabajando en la carretera; es por ello que, de acuero con lo dispuesto en el artículo 49.2 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia y al objeto de restablecer el servicio normal del vial, el técnico que suscribe dio orden a la brigada para reparar el corte existente empleando zahorra –material más adecuado para el estado en el que se encontraba la carretera (en obras)- y advirtiendo a la empresa Taboada y Ramos S.L. para que subsanase cuando antes las deficiencias observadas. Segundo.- Aún desconociendo el contenido del informe emitido por la empresa Taboada y Ramos, S.L. el técnico que suscribe no tiene constancia de cuáles son las “situaciones en las que el adjudicatario y el Servicio de Vías y Obras tienen que hacer pequeñas obras de conservación”, a las que se hace referencia en el citado informe; en cualquier caso, y como suele ser habitual en este tipo de proyectos, la responsabilidad de la señalización correcta de las obras y de los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las mismas recaería en la empresa adjudicataria- en este caso Taboada y Ramos.- Tercero.- Por último señalar que las obras se iniciaron el 3 de febrero de 2007 y finalizaron el 20 de noviembre de 2008. Resultando.- Que con data 16/04/2009 solicitóuselle informe ó Servizo de Contratación no senso de que informara sobre o prazo de execución da obra de “Mellora e ensanche da EP-8101 Portas-Romay, adxudicada á empresa Taboada y Ramos, S.L., poñéndose de manifesto polo devandito Servizo que o prazo foi de 3 meses. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o consignado nos informes resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade da empresa construtora ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que no presente suposto cumpre facer unha apreciación da relación de causalidade entre o dano producido e a execución da obra, con subseguinte pronunciamento de atribución da responsabilidade á empresa adxudicataria das obras, pois dos antecedentes expedimentais tírase que esta ofertou un prazo de execución de tres meses, tal e como se acredita no informe do Servizo de Contratación do 11 de maio do 2009, namentres que do evacuado polo Enxeñeiro Xefe da Zona Centro di que “…las obras se iniciaron el 3 de febrero de 2007 y se finalizaron el 20 de noviembre de 2008”, e dicir, moi por enriba do prazo ofertado de execución, o que, unido a realidade indubitada do corte na calzada e ó razoado en precedentes con identidade de razón polos Xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra é dabondo para que o particular non deba soportar as consecuencias lesivas sobre o seu patrimonio, e de feito e coma exemplo, o Xulgado nº 3 deixou dito que “…resulta oportuno llamar la atención sobre el hecho de que su plazo de ejecución concertado era de seis meses, de modo que debían haber finalizado ya dentro de la primera semana de agosto de 2003, plazo sobrepasado con creces si se tiene en cuenta que ya casi vencido el año siguiente todavía no se había ejecutado la mitad, hecho que revela un comportamiento muy poco diligente en orden a velar para que el viario público estuviera reparado con rapidez al objeto de poder ser usado en condiciones normales”. O razoado cumprimenta unha liña xurisprudencial da que, a título de exemplo cabe invocar as sentenzas de 8 de xullo de 2.000 e de 07 de abril de 2001, as dúas da Sección 6ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, a primeira delas no seu fundamento xurídico terceiro, penúltimo parágrafo “in fine” e a segunda no fundamento de dereito cuarto, parágrafo segundo, se ben esta última cos matices derivados da desaparición do procedemento previsto no artigo 123 da LEF. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade estimar a reclamación facendo pronunciamento expreso da responsabilidade á empresa “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” 12.17020.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN MONTEAGUDO ARZÚA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP-8101 PORTAS-ROMAY Dada conta que con data de rexistro 02/10/2008 (Rex. 033975) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Carmen Monteagudo Arzúa con enderezo de notificacións en Briallos, Outeiriño nº 12 (Portas), por danos en accidente de circulación padecidos o día 05/09/2008, na EP-8101 de Portas a Romai a consecuencia da existencia dunha covanca na calzada e que individualiza economicamente en 271,44 €. Resultando.- Que con data 06/10/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 13/10/2008 co seguinte contido: “…1. La carretera que une Romai con Porta do Conde es en realidad la E.P. 8101 Portas-Romai de titularidad provincial. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ocurrido el 5 de septiembre de 2008; no obstante lo anterior es preciso señalar que, el 11 de agosto de 2008, la brigada de la zona se desplazó a la carretera Portas-Romai al objeto de reparar un corte en la zona de circulación provocado por las obras que se están llevando a cabo en dicho vial. Dicha reparación se efectuó con zahorra al ser éste el material más adecuado para el estado en el que se encontraba la carretera- en obras- advirtiendo a la empresa adjudicataria de las mismas, Construcciones Taboada y Ramos, S.L. para que subsanase las deficiencias observadas. 3.- En consecuencia y de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine. Los usuarios de la vía están obligados a seguir las indicaciones del personal destinado a la regulación del tráfico en dichas obras” (en el mismo sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de Octubre, de Contratos del Sector Público) “Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”, por lo que en este supuesto la responsabilidad por la presencia e un “roto” en la calzada, presuntamente sin señalizar, recaería sobre la empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” Resultando.- Que con data de 17/10/2008 se lle deu traslado da reclamación á empresa “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” que estaba levando a cabo as obras na zona do accidente, co fin de que alegara o que tivera por conveniente. En 3/11/2008 recibiuse escrito de D. Manuel Taboada Gómez en nome e representación de “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” facendo as alegacións cuxo contido literal é como segue: “… PRIMERO.- Que ante la notificación recibida en fecha 22 de octubre de 2008 de la reclamación de responsabilidad patrimonial presentada por Dona María del Carmen Monteagudo Arzúa por daños sufridos en vehículo matrícula 5799 BBT, en la EP 8101 Portas-Romay el día 5 de septiembre de 2008, por medio del presente escrito me persono en el procedimiento de su referencia nº rex. 033975. SEGUNDO.- Las obras se encontraban en la fecha del accidente, 5 de septiembre de 2008, debidamente señalizadas, de conformidad con el Proyecto y el Plan de Seguridad y Salud de la obra. Durante toda la ejecución de la obra se han seguido las instrucciones de la Dirección Facultativa. La obra constaba en la fecha del accidente y durante toda la ejecución de la obra de la siguiente señalización: -Señalización vertical de Obras y de Límite de velocidad:40 Km/hora. -Líneas horizontales amarillas. TERCERO.- Esta entidad estima que el accidente se produjo por culpa del conductor del vehículo al no adecuar éste la velocidad a las condiciones existentes en un tramo en obras, ya que las obras se hallaban debidamente señalizadas. CUARTO.- Esta entidad no tiene constancia del accidente hasta la recepción de la presente reclamación al no existir ningún parte de accidentes por parte de autoridad, Guardia Civil o Policía Local. Respecto a la referencia, que se hace en el informe de Servicio de Vías y Obras, a la reparación efectuada por parte de una brigada de la zona señalar que, en obras de esta entidad cuya ejecución es superior a un año de duración, se producen situaciones, en las que el adjudicatario y el Servicio de Vías y Obras, tienen que hacer pequeñas obras de conservación y reparación. En definitiva, si el conductor circulara a la velocidad adecuada a las condiciones existentes en tramos que están en obras, tal accidente no se habría producido.” Resultando.- Que segundo informe emitido polo Servizo de Vías e Obras de data 16/04/2009 relativo ás obras levadas a cabo na EP-8101 Portas-Romai na data do accidente, que foi solicitado para a instrución dunha reclamación de responsabilidade patrimonial na mesma zona e pola mesma causa (socavón na calzada) e en datas coincidentes á da presente reclamación e que consta adverado no expediente, di o seguinte: “…Primero.- La brigada de la zona se encargó de reparar provisionalmente el corte existente ya que cuando se recibe el aviso del Ayuntamiento de Portas- un día después del accidente- la empresa adjudicataria no se encontraba trabajando en la carretera; es por ello que, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 49.2 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia y al objeto de restablecer el servicio normal del vial, el técnico que suscribe dio orden a la brigada para reparar el corte existente empleando zahorra –material más adecuado para el estado en el que se encontraba la carretera (en obras)- y advirtiendo a la empresa Taboada y Ramos S.L. para que subsanase cuando antes las deficiencias observadas. Segundo.- Aún desconociendo el contenido del informe emitido por la empresa Taboada y Ramos, S.L. el técnico que suscribe no tiene constancia de cuáles son las “situaciones en las que el adjudicatario y el Servicio de Vías y Obras tienen que hacer pequeñas obras de conservación”, a las que se hace referencia en el citado informe; en cualquier caso, y como suele ser habitual en este tipo de proyectos, la responsabilidad de la señalización correcta de las obras y de los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las mismas recaería en la empresa adjudicataria- en este caso Taboada y Ramos.- Tercero.- Por último señalar que las obras se iniciaron el 3 de febrero de 2007 y finalizaron el 20 de noviembre de 2008. Resultando.- Que con data 16/04/2009 solicitóuselle informe ó Servizo de Contratación na reclamación citada no anterior resultando, no senso de que informara sobre o prazo de execución da obra de “Mellora e ensanche da EP-8101 Portas-Romay, adxudicada á empresa Taboada y Ramos, S.L.”, poñéndose de manifesto polo devandito Servizo que o prazo foi de 3 meses. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o consignado nos informes resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade da empresa construtora ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que no presente suposto cumpre facer unha apreciación da relación de causalidade entre o dano producido e a execución da obra, con subseguinte pronunciamento de atribución da responsabilidade á empresa adxudicataria, pois dos antecedentes expedimentais tírase que esta ofertou un prazo de execución de tres meses, tal e como se acredita no informe do Servizo de Contratación do 11 de maio do 2009, namentres que do evacuado polo Enxeñeiro Xefe da Zona Centro di que “…las obras se iniciaron el 3 de febrero de 2007 y se finalizaron el 20 de noviembre de 2008”, e dicir, moi por enriba do prazo ofertado de execución, o que, unido a realidade indubitada do corte na calzada e ó razoado en precedentes con identidade de razón polos Xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra, é dabondo para que o particular non deba soportar as consecuencias lesivas sobre o seu patrimonio, e de feito e coma exemplo, o Xulgado nº 3 deixou dito que “…resulta oportuno llamar la tención sobre el hecho de que su plazo de ejecución concertado era de seis meses, de modo que debían haber finalizado ya dentro de la primera semana de agosto de 2003, plazo sobrepasado con creces si se tiene en cuenta que ya casi vencido el año siguiente todavía no se había ejecutado la mitad, hecho que revela un comportamiento muy poco diligente en orden a velar para que el viario público estuviera reparado con rapidez al objeto de poder ser usado en condiciones normales”. O razoado cumprimenta unha liña xurisprudencial da que, a título de exemplo cabe invocar as sentenzas de 8 de xullo de 2000 e de 07 de abril de 2001, as dúas da Sección 6ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, a primeira delas no seu fundamento xurídico terceiro, penúltimo parágrafo “in fine” e a segunda no fundamento de dereito cuarto, parágrafo segundo, se ben esta última cos matices derivados da desaparición do procedemento previsto no artigo 123 da LEF. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade estimar a reclamación facendo pronunciamento expreso da responsabilidade á empresa “Construcciones Taboada y Ramos, S.L.” 13.17021.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA RAMONA CASAS BASOCO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP-9205 SANXENXO-MEAÑO (SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro 04/11/2008 (Rex.037117) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ramona Casas Basoco con enderezo de notificacións en rúa Cristino Alvarez nº 1-3ª planta de A Coruña, por danos en accidente de circulación padecidos o día 20/06/2008, nun ramal da E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño pola existencia dunha focha na calzada e que individualiza economicamente en 460,40 €. Resultando.- Que con data 07/11/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 3/12/2008 co seguinte contido: “...La que denominan carretera de Nantes, a la altura de la iglesia de Casal, es la E.P. 9205 Sanxenxo-meaño que está incluida dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros siniestros provocados por la misma causa –presencia de un bache en la calzada- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 3. En este punto es preciso destacar que la carretera Sanxenxo-meaño ha sido objeto, recientemente, de una serie de obras de conservación y mantenimiento, actuación llevada a cabo por la empresa COVSA como adjudicataria del proyecto “Terminación capa de rodadura E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño” (fecha de adjudicación 12 de diciembre de 2007). Solicitado el oportuno informe a responsables de la empresa, el jefe de obra manifiesta que entre el 28 y el 31 de xaneiro de 2008 se procedió a extender una capa de mezcla bituminosa en caliente en el tramo del vial en el que se produce el accidente- a la altura de la Iglesia de Casal-, por lo que no parece probable que sólo unos meses después- el accidente se produce en junio de 2008- existiese un bache en la calzada susceptible de provocar los daños ahora denunciados. 4. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior y en el supuesto de que se acreditase que el accidente se produjo por la presencia en la calzada de un bache sin señalizar, la responsabilidad recaería sobre la empresa adjudicataria de las obras tal y como preceptúa el artículo 198 de la ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público- “Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros a consecuencia de la ejecución de las obras”-. En relación con lo dispuesto en el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo y el artículo 139.3 del Real Decreto 1428/2003, de 21 de Noviembre, por el que se aprueba el Reglamento General de Circulación para aplicación y desarrollo del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación Vehículos a Motor y Seguridad Vial)- “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine”. Resultando.- Que con data de 04/12/2008 solicitóuselle informe á empresa adxudicataria das obras “Covsa” co fin de que fixeran as alegacións que consideraran oportunas, as cales foron evacuadas o 16/12/2008 co seguinte contido literal: “…1. COVSA es adxudicataria das obras TERMINACIÓN CAPA DE RODADURA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (SANXENXO-MEAÑO) con data 14/12/2007 e rematada no 14/12/2008 la primera fase, que corrsponde a la zona donde supuestamente ocurrió el accidente. 2. Non temos constancia de outros accidentes, nin hay ninguna focha na calzada donde esta empresa realizo las obras.” Resultando.- Que á vista dos anteriores informes solicitóuselle atestado á Policía Local de Sanxenxo o cal foi recibido nesta Asesoría Xurídica o 07/04/09 e non podendo constatar as características da focha, pedíuselle información a devandita Policía Local de Sanxenxo nese senso o 28/04/2009, a cal foi emitida o 11/05/2009 co seguinte contido literal: “… Que el bache que nos ocupa, está situado en el vial que discurre por el Lugar de Casal con sentido al Lugar de Buezas. Tiene un tamaño aproximado de 1.20 metros de largo por 0.50 metros de ancho y se trata de una zona reparada, cuya nueva compactación del asfalto ha ido cediendo hasta hundirse levemente. Que su profundidad máxima es de unos cinco centímetros sin vértices cortantes, ni aristas pronunciadas en ningún extremo.” Resultando.- Que segundo coa instrución do procedemento solicitóuselle un novo informe ó Servizo de Infraestruturas desta Deputación, o cal foi emitido con data 29/05/2009 xuntando fotografía do lugar que o vixiante de zona inspeccionou, percatándose entonces de que non era a mesma que a que constaba no atestado da Policía Local de Sanxenxo, polo que novamente solicitóuselle aclaración ó Servizo de Infraestruturas da Deputación a cal foi recibida o 11/06/2009 co seguinte contido: “… Primero. A la vista de las fotografías presentadas por la policía local de Sanxenxo el vigilante de la zona ha girado visita de inspección al lugar de referencia, comprobando que el vial en el que se produjo el siniestro objeto del presente informe es de titularidad municipal. Segundo.- El error de localización en los primeros informes emitidos por el Servicio de Infraestructuras viene motivado porque Dª Ramona Casas Basoco hablaba, en su escrito de reclamación, de la carretera de Nantes, a la altura de la Iglesia de Casal, que se corresponde con la E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño. No obstante lo anterior, a la vista del atestado de la Policía local de Sanxenxo y tal y como se justifica en el plano y fotografía que se adjuntan al presente informe, el accidente se produce en un ramal de la citada carretera provincial, que va desde Nantes hacia Bueza, cuya titularidad corresponde al Ayuntamiento de Sanxenxo.” Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 14.17022.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA JOSEFA FERNÁNDEZ PINTOS POR DANOS PERSOAIS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NA BEIRARRÚA DE PEITIEIROS (GONDOMAR) Dada conta que con data de rexistro 20/10/2008 (Rex. 035678) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Josefa Fernández Pintos con enderezo de notificacións en Gándara nº 20-B de Peitieiros (Gondomar), por danos persoais a consecuencia dunha caída na beirarrúa que vai de Peitieiros a Gondomar pola existencia dunhas baldosas levantadas, o día 10/06/2009, que individualiza economicamente en 9.404,47 €. Resultando.- Que con data 17/11/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 04/12/2008 co seguinte contido: “…1. El vial que va de Peitieiros a Gondomar está incluido en la red provincial de carreteras- E.P. 2301. 2. por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de baldosas sueltas en la acera”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. En este punto es preciso traer a colación el informe emitido el 14 de julio de 2008 por el arquitecto técnico del Ayuntamiento de Gondomar, en relación a la reclamación presentada en esa Entidad Local por Dª Josefa Fernández Pintos, cuando afirma que “En relación coa solicitude de reclamación patrimonial formulada se fai constar que a referida vía e as súas beirarrúas son dependentes da Deputación Provincial.” 4. No obstante lo anterior el convenio de colaboración suscrito en su día entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y el Excmo. Ayuntamiento de Gondomar, que tenía por objeto la renovación de la capa de rodadura y la dotación de servicios en el E.P. 2301 Gondomar-Peitieiros, p.k. 1+380-3+458, establecía en su cláusula sexta que “O Concello de Gondomar comprométese á xestión, mantemento e conservación da estrada unha vez rematadas as obras, sendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras.” Revisada la documentación que obra en el expediente administrativo se puede comprobar como las obras de referencia finalizaron el 31 marzo de 2008, fecha en la que se afirma el acta de recepción, por lo que a partir de ese momento la responsabilidad de los posibles daños que se deriven del mantenimiento de la carretera-recordemos que el accidente objeto de informe se produce el 10 de junio de 2008- recaería sobre Ayuntamiento de Gondomar.- 5. Por último señalar que, según se desprende de la documentación remitida desde el Ayuntamiento, no existe atestado levantado por la policía local de Gondomar respecto al accidente sufrido por Dª Josefa Fernández Pintos. Resultando.- Que con datas 03/03/2009, 16/04/2009, 25/05/2009 remitíuselle o Concello de Gondomar comunicacións, para persoamento no procedemento e así mesmo trámite de alegacións coas prevencións correspondentes, sen que ata o día da data se recibira comunicación algunha ó respecto. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois da lectura do Convenio tírase que “…o Concello de Gondomar comprométese á conservación unha vez rematadas as obras”, pois ben; a acta asinada polo Enxeñeiro Xefe da Zona Sur acredita que as obras remataron o 31/03/08, polo que acaecido o sinistro o 10/06/08 (dentro do período de mantemento do Concello) a reclamación debe ser inadmitida, devolvéndolla á administración municipal. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación devolvendo a mesma e os seus antecedentes ó Concello. 15.17023.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO PROVINCIAL “RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DOS MUNICIPIOS DO INTERIOR DO SALNÉS: OS ROTEIROS DA AUGA II” Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés para a execución do proxecto provincial “Recuperación do patrimonio etnográfcio dos municipios do interior do Salnés: Os roteiros da auga II”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas institucións, a continuidade dunha serie de actuacións desenvolvidas na fase anterior, tendentes a mellorar as condicións de seguridade, estanquidade e garantir o correcto funcionamento dos elementos patrimoniais recuperados, cun custo de seiscentos mil euros euros (600.000,00€) e, vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés para a execución do proxecto provincial “Recuperación do patrimonio etnográfico dos municipios do interior do Salnés: Os roteiros da auga II”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO PROVINCIAL “RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DOS MUNICIPIOS DO INTERIOR DO SALNÉS: OS ROTEIROS DA AUGA II” Pontevedra, XX de xuño de 2009 REUNIDOS: O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación desta no exercicio das facultades que ten atribuídas. D. Jorge Domínguez Rosal, na súa condición de Presidente da Mancomunidade do Salnés, en virtude do nomeamento efectuado pola Xunta da Mancomunidade, de data 4 de agosto de 2007, en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas. Os comparecentes interveñen en razón dos seus cargos representando as súas respectivas entidades locais, de conformidade coas competencias asignadas polos artigos 21.1, b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 61.1.a) , 105.1.a) e 145 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, art. 37 do RD 1690/86, de 11 de xullo e os Estatutos da Mancomunidade. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas. EXPOÑEN I. Que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestión de intereses comúns, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, o 57 da Lei7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II. Que a Lei, 8/1995 de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, no seu Capítulo 1º, artigo 8, punto F, define unha nova clase de ben de interese cultural que non se recollía especificamente na Lei 16/85 de Patrimonio Histórico Español: O lugar de interese etnográfico: como aquel paraxe natural, conxunto de construcións ou instalacións vinculadas a forma de vida, cultura e actividades tradicionais do pobo galego. III. Que a lexislación vixente en materia de réxime local lles encomenda ás Deputacións que dirixan a súa actividade a aseguraren a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal co fin de posibilitar a súa consecución real e efectiva, razón esta pola que instrumenta dito convenio para cumprir as obrigacións impostas pola normativa vixente. IV. Que a Deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés, conscientes do auxe e a relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios lles atribúe a lexislación vixente como competencias locais, amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida en que os seus orzamentos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Mancomunidade do Salnés. V. Que a Mancomunidade do Salnés lle solicita á Deputación unha axuda económica para a realización do “Proxecto Provincial de Recuperación do Patrimonio Etnográfico dos Municipios do Interior do Salnés: Os roteiros da auga II”. A realización do mencionado proxecto ten por obxecto continuar cunha serie de actuacións desenvolvidas na fase anterior e tendentes a mellorar as condicións de seguridade, estanquidade e garantir o correcto funcionamento dos elementos patrimoniais. Con fundamento en canto se expuxo, quedando patente a vontade de colaboración, as partes que interveñen formalizan o presente convenio, segundo as seguintes: CLÁUSULAS: Primeira.- O obxecto deste convenio, no marco da cooperación económica da Deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés, é a realización do “Proxecto Provincial de Recuperación do Patrimonio Etnográfico dos Municipios do interior do Salnés: Os roteiros da auga II”. Segunda.- O orzamento do mencionado proxecto ascende á cantidade de seiscentos mil euros (600.000,00€), sendo subvencionado na súa totalidade pola Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo á partida 09/451.453.763.50, e comprenderá todos os gastos que se derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo da Mancomunidade e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- No proxecto descríbense detalladamente as actuacións que se levarán a cabo para a rehabilitación, restauración e posta en funcionamento de fontes, atrancos, lavadoiros, canles e muíños, defínese, así mesmo, o orzamento e a súa desagregación nas partidas de gastos; correspondéndolle á Mancomunidade do Salnés a súa realización, debendo seguir a lexislación de contratos das administracións públicas e a lexislación vixente en materia de contratación de persoal. O libramento da cantidade realizarase previa xustificación dos gastos mediante facturas e demais documentos probatorios no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que deberán ser aprobados polo órgano competente da Mancomunidade. Unha vez rematadas as obras poderase proceder a súa comprobación e inspección polos técnicos provinciais, sendo obrigatorio para a Mancomunidade achegar unha acta de finalización asinada por un técnico da mesma que, ademais, deberá ser informada polo técnico de Acción Municipal da Deputación Provincial. Non obstante, a Mancomunidade poderá solicitar o aboo anticipado do 50% da subvención concedida, para facer fronte os custos de execución do citado proxecto, mediante escrito motivando a súa necesidade, se ben deberá presentar, con posterioridade, facturas e documentos xustificativos do gasto efectuado. Cuarta.- A Mancomunidade do Salnés, como titular das actuacións previstas no Proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- A Mancomunidade do Salnés deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Sexta-. Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscita a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Oitava.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. De xeito que, no caso de incumprimento, as partes asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do mesmo e a indemnización de danos e perdas que causaren. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia deica o 31 de decembro de 2010. Décima.- Este convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Décimo primeira.- Seralle de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa reguladora: a. Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009. b. Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. c. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. d. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. e. Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. f. Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. g. Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público. h. Demais normativa reguladora de aplicación a este convenio. E, en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data indicada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal Pola Mancomunidade do Salnés Jorge Domínguez Rosal” 16.17024.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “REFORMA DA CASA DO PESCADOR (VILANOVA DE AROUSA)” Despois de aprobarse pola Xunta de Goberno, en sesión de 03/06/2009, un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o concello de Vilanova de Arousa e a Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, co obxecto de levar a cabo a reforma da “Casa do Pescador” cun orzamento de 241.303,55 €. E á vista do proxecto redactado para o efecto e do informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Reforma da Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)”, por importe de 241.303,55 €, IVE incluído. A obra financiarase conforme á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 Total Deputación 124.296,21 € 87.007,34 € 211.303,55 € Confraría Pescadores 20.000,00 € 10.000,00 € 30.000,00 € Total 144.296,21 € 97.007,34 € 241.303,55 € La achega da Deputación correspondente a 2009 realizarase con cargo á partida 09/711.711.668.07, estando prevista no orzamento provincial para 2009. A anualidade correspondente a 2010 financiarase con cargo á partida correspondente quedando condicionada á aprobación do seu orzamento. A Confraría de Pescadores deberá ingresar na Tesourería da Deputación a cantidade correspondente á anualidade de 2009 con anterioridade á aprobación do expediente de contratación da obra. 17.17025.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “REFORMA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE SAN XULIÁN, 1ª FASE (ILLA DE AROUSA)” Despois de aprobarse pola Xunta de Goberno, en sesión de 03/06/2009, un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, co obxecto de levar a cabo a reforma do local social da Confraría de Pescadores, cun orzamento de 244.000,00 €. E á vista do proxecto redactado para o efecto e do informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Reforma da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa”, por importe de 244.000,00 €, IVE incluído. A obra financiarase conforme á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 71.304,35 49.913,05 42.782,60 164.000,00 Confraría Pescadores 40.000,00 40.000,00 80.000,00 Total 111.304,35 89.913,05 42.782,60 244.000,00 A achega da Deputación correspondente a 2009 realizarase con cargo á partida 09/711.711.668.07, estando prevista no orzamento provincial para 2009. As anualidades correspondentes a 2010 e 2011 financiaranse con cargo ás correspondentes partidas quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. A Confraría de Pescadores deberá ingresar na Tesourería da Deputación a cantidade correspondente á anualidade de 2009 con anterioridade á aprobación do expediente de contratación da obra. 18.17026.- APROBACIÓN DOS PROXECTOS DE OBRA “MELLORA CAPA DE RODAXE EE.PP. ZONA CENTRO” E “REHABILITACIÓN FIRMES ZONA NORTE” Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas os proxectos que máis adiante se relacionan, e á vista dos informes emitidos por Intervención relativos á existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos, así como iniciar o correspondente expediente para a súa contratación: 1.- “Mellora capa de rodadura en EE.PP. da Zona Centro”, por importe de 877.068,48 € máis 140.330,96 € correspondentes ó IVE. 2.- “Rehabilitación de firmes na Zona Norte”, por importe 704.909,46 €, máis 112.785,51 € correspondentes ó IVE. 19.17027.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “HUMANIZACIÓN RÚA REPÚBLICA ARGENTINA ENTRE URZAIZ E GARCÍA BARBÓN” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 04/08/2006, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vigo para a realización de diversas obras entre as que se atopaba a de “Humanización da rúa República Argentina entre Urzáiz e García Barbón” cun orzamento de 489.113,00 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión 03/11/2006, adxudicou a Movex Vial, S.L. a referida obra na suma de 430.419,00 €, IVE incluído. Resultando que polo Director de Obra se redacta un proxecto modificado da devandita obra como consecuencia de que o Concello de Vigo pretende modificar a sección da rúa no tramo comprendido entre Urzáiz e Uruguai deixando un carril único e ampliando o ancho das beirarrúas, e co fin de uniformar a actuación coas obras das rúas adxacentes, dando preferencia ó tráfico peonil e co fin de evitar aparcadoiros en zonas de circulación conflitiva, levando consigo un aumento significativo no pavimento pétreo das beirarrúas, instalación de canalización de gas, substitución dun tramo de abastecemento de fibrocemento e adecuación de gabias, ascendendo o devandito proxecto modificado á suma de 573.549,29 € supoñendo un incremento sobre o orzamento inicial da obra de 84.436,28 €, ó que aplicando o coeficiente de adxudicación da obra (0,8799991004) resulta un aumento sobre o contrato primitivo de 74.303,85 €. E á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente na partida 09/911-911-662.00.2007 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado da obra de “Humanización rúa República Argentina entre Urzáiz e García Barbón”, por importe de 573.549,29 € supoñendo un incremento sobre o orzamento inicial da obra de 84.436,28 €, ó que aplicando o coeficiente de adxudicación da obra (0,8799991004) resulta un aumento sobre o contrato primitivo de 74.303,85 €. 20.17028.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS DA LANZADA PARA O VERÁN DO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 22 de abril de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións da Lanzada para o verán do ano 2009, por importe de 125.000,00 €, correspondendo 116.822,43 € ó prezo do contrato e 8.177,57 ó IVE. Resultando que a través do citado acordo a Xunta de Goberno decidiu así mesmo iniciar o procedemento de adxudicación concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 19 de maio de 2009 e sobre a base do informe emitido pola Directora de Xestión do Príncipe Felipe, propón adxudicar este contrato á empresa, Transgalaica S.L., motivado todo iso por cumprir a devandita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento aberto e por achegar a proposición máis vantaxosa. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 3 de xuño de 2009 adxudicóuselle provisionalmente á empresa Transgalaica, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán 2009. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 3 de xuño de 2009 e que a empresa Transgalaica, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 5.745,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 16/06/2009 e número de operación 200900050684, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: Adxudicar, definitivamente, á empresa Transgalaica, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), o procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos do Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do 2009, polo exercicio reflectido na proposición económica presentada pola devandita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: - Prezo de contrato, 114.900,00 euros - IVE (7%) 8.043,00 euros - Prezo total 122.943,00 euros A razón do seguinte prezo unitario por cada quenda de campamento: - Prezo11.490,00 euros - IVE (7%) 804,30 euros - Prezo total 12.294,30 euros 21.17029.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DUN SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 1 de abril de 2009 declarou deserto o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para os funcionarios de carreira da Deputación Provincial, ó non cumprir, a única proposición presentada que é a correspondente á empresa Compañía de seguros Adeslas, S.A., (CIF A- 40.001.430), co estipulado nos pregos de cláusulas económico - administrativas e técnicas que rexen neste. A través do citado acordo a Xunta de Goberno decidiuse conceder un prazo para a presentación de proposicións de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais da Comunidade Europea e cuxa data de finalización se especifica no anuncio que se publicara no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2009 e sobre a base do informe emitido pola Inspectora Médica, propón adxudicar este contrato á empresa ADESLAS, por considerase que se adapta ó prego de condicións técnicas do contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 3 de xuño de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Compañía de Seguros Adeslas, S.A. (C.I.F.- A-4001430), a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra polo prezo de corenta e catro euros con cincuenta céntimos (44,50 €) por cada beneficiario ó mes, impostos incluídos. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 3 de xuño de 2009 e que a empresa Adeslas S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 32.040,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 19 de xuño e número de operación 200900051992 polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar, definitivamente, á empresa Compañía de Seguros Adeslas, S.A. (C.I.F.- A-40001430), o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra polo exercicio reflectido na proposición económica presentada pola devandita empresa, a cal figura no expediente. 22.17030.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A EXECUCIÓN DA OBRA REHABILITACIÓN DO AUDITORIO DE PONTEAREAS Resultando que o Pleno, en sesión celebrada o día 26/09/2008, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para levar a cabo a obra de rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo, con orzamento de 1.187.144,00 €. Resultando que o Pleno, en sesión de 29/05/2009, prestou aprobación á modificación do referido convenio toda vez que se variou o seu orzamento ascendendo o seu importe a 1.592.796,71 €. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 10/06/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Rehabilitación de Auditorio en Ponteareas”, por importe de 1.559.256,32 €. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Rehabilitación de Auditorio en Ponteareas”, cun orzamento de 1.344.186,48 € máis 215.069,84 € correspondentes ó IVE). Así mesmo, rectifícase o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 10/06/2009, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Rehabilitación de Auditorio de Ponteareas” en canto ó financiamento da obra que queda establecida como segue: 2008 2009 2010 2011 TOTAL Deputación 66.459,61 500.000,00 349.715,20 330.368,57 1.246.543,38 Concello 60.000,00 100.000,00 77.428,80 75.284,14 312.712,94 Total 126.459,61 600.000,00 427.144,00 405.652,71 1.559.256,32 Nas partidas 09/911.911-662.09.2008 e 09/911.911-662.09 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto das anualidades de 2008 e 2009. A anualidade de 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente do seu respectivo orzamento, quedando condicionada á súa aprobación. O gasto correspondente á anualidade de 2011 deberá ser financiado con cargo ó plan de investimentos a realizar cos concellos. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA DE “REHABILITACION DO AUDITORIO EN PONTEAREAS”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- A execución da obra que se detalla na base 2 deste prego, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión do 10 de xuño de 2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto do expediente, a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas, ten como finalidade a rehabilitación do Auditorio Municipal, sendo os seus obxectivos principais a adaptación do Auditorio á nova normativa contra incendios, resolución de problemas de accesibilidade, a creación de lucernarios no vestíbulo principal, a actualización das instalacións en xeral, en particular a eléctrica e aire acondicionado, e conta cun orzamento de 1.344.186,48 €, máis 215.069,84 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: -A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. -Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. -Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase conforme á seguinte distribución por anualidades: 2008 2009 2010 2011 TOTAL Deputación 66.459,61 500.000,00 349.715,20 330.368,57 1.246.543,38 Concello 60.000,00 100.000,00 77.428,80 75.284,14 312.712,94 Total 126.459,61 600.000,00 427.144,00 405.652,71 1.559.256,32 Nas partidas 09/911.911-662.09.2008 e 09/911.911-662.09 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto das anualidades de 2008 e 2009. A anualidade de 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente do seu respectivo orzamento, quedando condicionada á súa aprobación. O gasto correspondente á anualidade de 2011 deberá ser financiado con cargo ó plan de investimentos a realizar cos concellos. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de vinte e dous meses. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que considere o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.-PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais a contar dende o día seguinte a publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Nome do Licitador -CIF -Dirección e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso) Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra” “(especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que exercer a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3. -Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que será: Grupo C, Subgrupo 6, categoría d. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vai a efectuar esta. 5.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a)Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b)Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar nome da obra) . Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións ambientais (no seu caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra” “(especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1. -Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Dito modelo conterá a oferta económica realizada, o prazo de execución da obra e a porcentaxe de control de calidade ofertado. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Arquitecto Provincial. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre b correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A devandita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá atender ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.2.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. -Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. -Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos -Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.2.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debendo explicarse a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometese adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.2.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunde nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar estas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. 11.2.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2.Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra dos devanditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinestralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinestralidade, así como a análise destes en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se haberá de presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento das devanditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que haberán de contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI ´ s. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nesta. Haberase de reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como definirase como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización destes por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.2.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que fose desenvolvida polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoña unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. A devandita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.2.5) Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental proposto. As medidas ambientais valorásense de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión ambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se considera algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.3. -Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C): Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre c daquelas empresas que tivesen obtido unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Aquelas ofertas con valores anormais ou desproporcionados que non fosen xustificadas polo licitador tras dárselle audiencia, e que a xuízo dos técnicos sexa inviable a súa execución, non se terán en conta á hora de establecer a anotación determinada no parágrafo anterior. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.3.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.3.2) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula:P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.3.2.) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo da devandita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, se dará audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime poida ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia abondo para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteon. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art.º 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndoo un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, premio aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpoñan reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.-XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.-MODELO DE PROPOSICION.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa................................. (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á a obra (especificar denominación da obra), comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. . Prazo de execución: . % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura dos propoñentes)” 23.17031.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, PARA ADXUDICACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL DIARIO DE PONTEVEDRA O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través do escrito de data, 26 de maio de 2009, no que figura o conforme do Sr. Vicepresidente Económico, solicita que se contrate coa empresa “Lérez Ediciones, S.L.” a prestación de servizos de publicidade para realizar no xornal “Diario de Pontevedra”, as seguintes actuacións: - 57 suplementos para realizar unha campaña de carácter universitario, con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó Campus de Pontevedra e da provincia en xeral. Estes suplementos supoñen un total de 164.126 exemplares, distribuídos proporcionalmente entre as 57 tiradas menos a última, que se lle engadirán os exemplares restantes. - 10 faldróns publicitarios no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base. - 15 páxinas relativas á campaña “Pontevedra concello a concello” na que se analizarán os aspectos máis relevantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama e Meis nos planos turístico, empresarial, económico e social para impulsar os devanditos sectores. - 14 anuncios de 25 módulos e 5 publi-reportaxes a dobre plana, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor das devanditas actividades. Patrocinio dunha guía do comercio e turismo local para ser distribuída cos exemplares do xornal. Resultando que o custe destes servizos se cífrase en 161.103,00 euros e que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 05/06/09, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, polo citado importe, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 10 de xuño de 2009. Resultando que con data 12 de xuño de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Resultando que con data 16 de xuño polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación sobre a base do estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Lérez Ediciones, S.L.” a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta o Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído, (do importe total, 138.881,90 euros corresponden ó prezo do contrato e 22.221,10 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo IVE Total -164.126 exemplares suplemento distribuídos no campus universitario de Pontevedra 70.743,97 € 11.319,03 € 82.063,00 € -14 anuncios de 5 módulos…....................... 11.889,61 € 1.902,34 € 13.791,95 € -5 publireportaxes de dobre plana………… 10.397,07 € 1.663,53 € 12.060,60 € -10 faldróns suplemento HQR…………… 3.232,76 € 517,24 € 3.750,00 € -15 páxinas campaña “Concello a Concello” 27.101,25 € 4.336,20 € 31.437,45 € -Patrocinio guía comercio e turismo……….. 15.517,24 € 2.482,76 € 18.000,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 161.103,00 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Lérez Ediciones, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE TERÁN QUE REXER A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA”. 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade por parte da empresa “Lérez Ediciones, S.L.”, para realizar no xornal Diario de Pontevedra as seguintes actuacións: -57 suplementos para realizar unha campaña de carácter universitario, con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó Campus de Pontevedra e da provincia en xeral. Estes suplementos supoñen un total de 164.126 exemplares, distribuídos proporcionalmente entre as 57 tiradas menos a última, que se lle engadirán os exemplares restantes. -10 faldróns publicitarios no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base. -15 páxinas relativas á campaña “Pontevedra concello a concello” na que se analizarán os aspectos máis relevantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama e Meis nos planos turístico, empresarial, económico e social para impulsar os devanditos sectores. -14 anuncios de 25 módulos e 5 publi-reportaxes a dobre plana, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor das devanditas actividades. -Patrocinio dunha guía do comercio e turismo local para ser distribuída cos exemplares do xornal. 2.- FINANCIAMENTO.- Con cargo á partida 09/111.111.226.20, do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co establecido no artigo 154 d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2009. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de cento trinta e oito mil oitocentos oitenta e un euros con noventa céntimos (138.881,90 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE vinte e dous mil douscentos vinte e un euros con dez céntimos (22.221,10 €), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo IVE Total -164.126 exemplares suplemento distribuídos no campus universitario de Pontevedra 70.743,97 € 11.319,03 € 82.063,00 € -14 anuncios de 5 módulos…....................... 11.889,61 € 1.902,34 € 13.791,95 € -5 publireportaxes de dobre plana………… 10.397,07 € 1.663,53 € 12.060,60 € -10 faldróns suplemento HQR…………… 3.232,76 € 517,24 € 3.750,00 € -15 páxinas campaña “Concello a Concello” 27.101,25 € 4.336,20 € 31.437,45 € -Patrocinio guía comercio e turismo……….. 15.517,24 € 2.482,76 € 18.000,00 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º Formalidades- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: Proposición económica para participar no procedemento negociado sen publicidade para a contratación dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: Documentos xerais para optar á contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro Oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que exercer a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3. -Certificado de clasificación: Grupo T, subgrupo 1, categoría B. Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: -PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. -VOGAIS: - O Secretario Xeral da Deputación. - O Interventor da Deputación. - O Xefe do Gabinete de Prensa. -SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, a calidade da publicidade elaborada para a súa difusión, así como a páxina onde se vai a insertar. 12.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación unha vez solicitados os oportunos informes e negociados os aspectos técnicos e económicos, examinará a proposta da Mesa de Contratación e adxudicará provisionalmente este contrato, se cumpre co estipulado nos pregos, ó único licitador que pode executar o mesmo. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificarase ó único empresario que pode realizar o contrato e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. - A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituído a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 15.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- OBRIGAS DO CONTRATISTA. - O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista se axusta ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar esta quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 18. -DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización deste, de incumprir o devandito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............, maior de idade, veciño de..........., con domicilio en...............titular do DNI............, expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa...........con C.I.F.- número............ e domicilio en............, teléfono.............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Despois de ser invitado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Prezo IVE Total -164.126 exemplares suplemento distribuídos no campus universitario de Pontevedra 70.743,97 € 11.319,03 € 82.063,00 € -14 anuncios de 5 módulos…....................... 11.889,61 € 1.902,34 € 13.791,95 € -5 publireportaxes de dobre plana………… 10.397,07 € 1.663,53 € 12.060,60 € -10 faldróns suplemento HQR…………… 3.232,76 € 517,24 € 3.750,00 € -15 páxinas campaña “Concello a Concello” 27.101,25 € 4.336,20 € 31.437,45 € -Patrocinio guía comercio e turismo……….. 15.517,24 € 2.482,76 € 18.000,00 € (Data e sinatura do propoñente)” 24.17032.- MODIFICACIÓN DO CATÁLOGO DE PRODUTOS DO CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA PARA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra, dentro do proceso de modernización da administración pública, e co fin de realizar un uso racional dos recursos públicos centralizando para iso todas as compras de material de oficina utilizado habitualmente para o traballo diario, decidiu convocar un concurso público para adxudicar a subministración do material de oficina. Tras a convocatoria do pertinente concurso, a Xunta de Goberno, en sesión 18 de xullo de 2009, acordou adxudicar o concurso para a subministración do material de oficina para a Deputación provincial de Pontevedra á empresa Planitec, S.L. (CIF. B-36.621.050), polos prezos unitarios ofertados e que obran no expediente. A execución do contrato iniciouse o 1 de outubro de 2008, e tras uns meses de funcionamento, os diferentes servizos xestores e organismos da Deputación reclaman a inclusión no catalogo de diversos produtos que resultan necesarios para o funcionamento diario da administración e así prestar un servizo eficiente ós cidadáns. Considerando que este contrato se regula polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicos, ó terse iniciado con anterioridade á entrada en vigor da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Publico. Considerando que esta lei recollía a posibilidade, unha vez perfeccionado o contrato, de introducir modificacións no contrato, por razón de interese público, sempre que sexan debido a necesidades novas ou causas imprevistas. Visto o informe do Secretario, e o de fiscalización do expediente, e de conformidade co previsto na base 16, apartado segundo de execución do orzamento para o ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o catalogo de produtos do contrato de subministración de material de oficina para a Deputación Provincial de Pontevedra. Incluiranse neste os seguintes produtos en relación cos prezos que se sinalan a continuación: 3M2664 ADHESIVO SPRAY MOUNT REPOSICIONABLE 400 ML. 3M2664 13,6642 K262 AFIALAPIS METAL ARTES DOBRE USO REF. A2006 0,3340 8605 AZ ALMOFADIÑA RECAMBIO PARA SERIE 53 TYPE 4 AZUL 9F60064002 6,2524 FR4929/6 ALMOFADIÑA RECAMBIO TRODAT 4729/ 4929P3 3,5112 64928 ALMOFADIÑA REPOSTO TRODAT 4928 AZUL 3,8175 64750 AZ ALMOFADIÑA REPOSTO TRODAT 6/4750 AZUL 2,5635 64911 RO ALMOFADIÑA REPOSTO TRODAT 6/4911 ROJO 2,1178 64924 AZ ALMOFADIÑA REPOSTO TRODAT 6/4924 AZUL 4924 3,7157 1736008 ARQUIVO DEFINITIVO FOLIO BL/ VERDE 1736 PICKING PACK 1,4586 5900 MA ARQUIVO DEFINITIVO FOLIO FORMATOS MARRÓN 1,8579 93T BANDEXA APILABLE CRISTAL TRANSPARENTE FA93T23 1,7096 683-4 BANDEIRIÑA POST-IT 1/2INDEX DISPENSADOR 140U." 4,1802 60580 BLOCK ESPIRAL 16º CUADRICULA 80 H 16438 0,2858 182162 BLOCK NOTAS 8º 80 H. TAPA VERMELLA LISO 0,4448 13640000 BOLSA 10 FUNDAS 1/8 PARA CD S 2 TALADROS 1,8204 UN96720 CAIXA AMERICANA MULTIUSO 410X360X280 C/ASA 3,0279 7329125 CAIXA ARQUIVO CASETTE 12,9121 8001255 CAIXA ARQUIVO CD 15,3273 78013136 CAIXA ARQUIVO LP 26,4744 7807759 CAIXA ARQUIVO SINGLE 20,9009 98310 CAIXA ESTÁNDAR PARA CD PACK DE 10 UND. 2,3818 6040 CAIXA TRANSFERENCIA CLASIFICADORA CON FUELLE FOLIO DOBRE 15,5390 DO7338 CARPETA CARTON BRILLO FOLIO C/GOMAS Y 3 SOLAPAS NEGRA 1,7462 41700 CARPETA COLGANTE CAIXÓN A4 MÁSTER 19648 0,6056 GP06320010 CARPETA CON PINZA NEGRA FOLIO 3,7899 91792 CARPETA FOLIO CARTÓN COIRO 4 ANELAS MIXTA 40 MM 2,5823 GP04801221 CARPETA GOMAS CON SOLAPAS VERDE POLIPROPILENO COLORGRAF 1,4023 13250 VE CARPETA PROXECTO GELTEX C/ BROCHE L-5CM VERDE 4,6821 GI80405 CARPETA PROXECTOS LOMBO EXTENSIBLE VERDE 6,0658 UM101748 CHINCHETAS SINALIZADORAS PUSH-PINS CAIXA 15 SURTIDAS 7X22MM 0,4645 3M136D CINTA ADHESIVA 3M SCOTCH DOBLE CARA 6MX12 C/PORTARROLO 1,9597 3M8101233 CINTA ADHESIVA 3M SCOTCH MAGIC 33X12 1,7739 45010 CINTA DYMO 1000 NEGRO/TRANSPARENTE 13,6178 69321 CINTA DYMO 9000/PC-10 32X10M.BLANCO 21,1885 2654 CLIPS PAXARITA Nº1 CAIXA 12 UNIDADES GRANDE 0,9843 0722 CLIPS PAXARITA Nº2 CAIXA DE 50 UNIDADES PEQUENO 890051 1,0959 2028B CUBO NOTAS POST-IT 76X76 450 HOJAS PASTEL AZUL 5,4994 3M2014LP CUBO POST-IT 325 HOJAS 76X76 NEON 5 COLORES 3,6782 46025 DOSSIER UÑERO 31P A4 TRANSPARENTE ESSELTE 0,0949 46021 DOSSIER UÑERO LATERAL 30P FOLIO AZUL 0,1313 130 ESCALIMETRO PARDO 10 ESCALAS 5,5039 ESPM014 NE ESPIRAL ARAME 14 MM NEGRO ESP915114 0,0959 ESPM016 NE ESPIRAL ARAME 16 MM NEGRO ESP915116 0,1324 ESP905146 ESPIRAL METALICA 46 MM COLOR NEGRO 0,5743 01704 ETIQUETA ADHESIVA BRANCA 53X100 ROLLO 5,2395 03053 ETIQUETA ADHESIVA BRANCA A4 48,5X16,9 REMOVIB 18,8572 AP11783 ETIQUETA APLI ADHESIVO EXTRA-FORTE 105X37 C/ RECTOS 19,7862 AP10066 ETIQUETA APLI POLIESTER PLATA INKJET / LASER 45,7 X 21,2 16,5349 2899 ETIQUETA OPACA BLISTER 25H. CD/DVD APLI 6,8365 01225 ETIQUETA TRANSPARENTE POLIESTER LASER Y FOTOCOPIADORA A4 APLI 14,3430 479ACDS FUNDA ADHESIVA CD/DVD C/SOLAPA 130X130 0,3130 2585 FUNDA ADHESIVA PARA CD ROM 126X126 (BOLSA 6 UNI.) 2,8500 967-102 FUNDA ANTIESTATICA LP (50U) 52,0680 GP13500000 FUNDA CD 4 TALADROS DIN A4 PARA 4 CD BOLSA 5 UNIDADES 7,5680 30Q FUNDA PLÁSTICA PORTACARNET 63X90 0,0625 326 RO FUNDA PLÁSTICA SARO UÑERO LATERAL F ROJO 1,0406 327 FUNDA PLÁSTICA SARO UÑERO LATERAL Fº TRANSPARENTE 0,9477 00575 FUNDA TRANSPARENTE A4 CORTE DIAGONAL 4 TALADROS 0,2108 308-2100 FUNDAS 78 RPM (25U) 73,2549 308-2112 FUNDAS LP (25U) 90,8116 308-7070 FUNDAS SINGLE (25U) 119,6272 INK30 GOMA BORRAR FACTIS P/TINTA 0,1599 ES44792 GRAMPADORA CLÁSICA METAL PETRUS 226P NEGRO 19,1359 ES44709 GRAMPADORA CROMADA PETRUS MOD. 226C ESSELTE 24,3004 23 GRAMPAS COBRIZAS Nº 23 0,5020 9200009 GRAMPAS GALVANIZADAS CASCO Nº23 0,5261 1246 GRAMPAS GALVANIZADAS ESSELTE 22/6 24/6 1000 UNDS 0,3546 2310 GRAMPAS GALVANIZADAS ETONA 23/10 CASCO 1000 U. 1,1844 27 GRAMPAS GALVANIZADAS Nº 27 CASCO 1000 U. (27) 1,0745 RP11763000 GRAMPAS RAPID 44/8 P/MODELO 100 5000 U. 11763000 6,4096 RP11740800 GRAMPAS RAPID 66/6 GALVANIZADA CAIXA 5000 4,8394 0406066 FOLLAS PAPEL VEXETAL 110/115 DE 29,7X42 A-3 0,2644 14810 LAPIS COLOR STAEDTLER CARPINTERO REF: 16815AW 0,8565 PMS0302445 LAPIS CORRECTOR NP10 MULTI FLUID PMS030244 1,9231 00 4022 LIBRO CONTABLE FOLIO CTAS-CTES 100H 13,5900 5043 LIBRO CONTABLE MOD.43 SALIDA CORRESPONDENCIA 04050055 11,7885 AP11703 MASILLA ADHESIVA AZUL APLI TACK 1,0683 83361 PACK DE 5 CAIXAS DVD DOBRE NEGRO 4,3472 FE83357 PACK DE 5 CAIXAS DVD NEGRO 3,3254 TO68030 PAPEL 4CC 100GR A3 PAQUETE 500 FOLLAS 16,4349 068021 PAPEL 4CC 250GR A4 PQTE 200 FOLLAS 10,8685 MTT20001 PAPEL FOTOCOPIADORA MATTIO A4 80 GRS PQTE. 500 HJ 2,6349 888109 PAPEL FOTOCOPIADORA MULTIOFFICE A3 80 GRS. PQTE. 500 H. 5,8710 PIONEERA3 PAPEL FOTOCOPIADORA PIONEER A3 80 GRS. CLASE A PAQUETE 500 H. 6,1631 PIONEERA4 PAPEL FOTOCOPIADORA PIONEER A4 80 GRS. CLASE A PAQUETE 500 FOLLAS 4,4660 9987001 PAPEL KRAFT BOBINA 110CM (KG) 2,2571 DRS0560230 PILA DURACELL 9V PLUS (MN1604-6LR61) BLISTER DE 1 S0560230 4,6259 DRS0560220 PILA DURACELL D PLUS LR20 B/2 S0560220 4,6259 DRS0560080 PILAS LR44 BLISTER 2 UNDS DURACELL S0560080 2,7680 HR6 PILAS RECARGABLES AA ENERGIZER BLISTER 2 10,2924 HR03 PILAS RECARGABLES AAA HR03 ENERGIZE BLISTER 2 UNDS 11,0918 IBESP421161 PORTADA BRANCO A4 IBICLEAR OPACO 0,20 180 MICRAS ESP421161 0,1358 0400688 PORTADA COVERPLAK DIN A3 NEGRA 0,8 0,6029 IBESP425504 PORTADA IBILUX POLYCOVERS OPACO A4 NEGRO 0,50 MM ESP425504 0,1659 IBESP421163 PORTADA NEGRO A4 IBICLEAR OPACO 0,20 180 MICRAS ESP421163 0,1358 743T2 PORTADA PLÁSTICA GLASPACK CRISTAL A3 200 MC 0,6503 IBESP425506 PORTADA POLIPROPILENO A4 VERDE 0,50 0,2332 5667 PORTARROLOS SOBREMESA 33 MTS.TESA REF.57430 4,6071 4912P3 PRINTY ENTINTAXE AUTOMÁTICO 47X18 7,3573 4913P3 PRINTY ENTINTAXE AUTOMÁTICO 58X22 9,3357 4911FC PRINTY FÓRMULA COMERCIAL FRAMUN 5,9916 9980102 PROLONGADOR PARAFUSO ENCADERNADOR 2 CM 0,2045 7910459 ROLO OPACO PLOTTER 914X45 MT 90 GRS. 11,2954 9802304 ROLO SUMADORA ELECTRA 57X65X12 ( 3502057065 ) 0,2724 RZ-3F SACAGRAMPAS DE GROSOS MAX 18,3838 PR30 SELO COLOP PRINTER 30 DE 18X47 ENTINTAXE AUTOMÁTICO 5,7594 4926P3 SELO PRINTY ENTINTAJE AUTOMÁTICO 75X38 14,3796 SUBC SUBCARPETA FOLIO KRAFT SB2090 0,0732 274550 TACO NOTAS 3M POST-IT 657 76X102 1,3559 10200 TACO SOBREMESA CALENDARIO 0,7324 ES51800084 TALADRO PERFORADOR LEITZ GRANDE 2 PUNZONES P/65 HOJAS 40,9657 RP21835402 TALADRO RAPID FMC20 PLATA 20H. 4,6071 FAT16 TESOIRA OFICINA INOX 16CM T16 0,5949 EU004000001 TINTA SELAR 30 ML AZUL 0,5297 CG3460 TRANSPARENCIAS 3M P/DESK-JET CG-3460 C/50 H. 45,8515 2001 VISOR CRISTAL 0,0839 25.17033.- AMPLIACIÓN DOS CURSOS A IMPARTIR NO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” Visto o acordo da Xunta de Goberno, en sesión 8 de abril de 2009, acordando adxudicar definitivamente o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti” ás empresas Formagal S.L. (CIF. B-36.477.677) e Gestifor Galicia S.L (CIF. B-36.497.949), pola cantidade de mil cento vinte e oito euros (1.128,00 €) por curso, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e sete euros con sesenta céntimos (37,60 €), e ata unha cantidade máxima de 204.000,00 euros. Resultando que a técnico responsable do devandito programa participa que debido ó éxito da convocatoria se decidiu atender a novas solicitudes de asociacións aumentando en cento dezaoito as inicialmente previstas. Considerando, o artigo 202 LCSP, que sinala que unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións neste por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas. Vistos os documentos RCs e informe emitido polo Sr. Interventor, e de conformidade coa base 16 da execución do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o contrato para a organización e a impartición do programa social “Pensa en ti”, para dar resposta á solicitude a maiores de 118 asociacións de mulleres Así mesmo, acórdase autorizar o gasto complementario de 120.864,00 euros co que se pagará a organización dos cursos ás empresas Formagal e Gestifor, en función do curso e da zona correspondente. Este gasto financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 26.17034.- AMPLIACIÓN DOS CURSOS A IMPARTIR NO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” Visto o acordo da Xunta de Goberno, en sesión 8 de abril de 2009, acordando adxudicar definitivamente o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades do programa social “Ti tamén contas” á empresa Xestión Cultural Aurea S.L. (CIF B-36.394.203) pola cantidade de mil cento catro euros por curso (1.104,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e seis euros con oitenta céntimos (36,80€), e ata unha cantidade máxima de 102.000,00 euros. Resultando que a técnico responsable do devandito programa participa que debido ó éxito da convocatoria se decidiu atender a novas solicitudes aumentando en dezanove cursos os inicialmente previstos. Considerando, o artigo 202 LCSP, que sinala que unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións neste por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas. Vistos os documentos RCs e informe emitido polo Sr. Interventor, e de conformidade coa base 16 da execución do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o contrato para a organización e a impartición do programa social “Ti tamén contas”, para dar resposta á solicitude de 1 asociación a maiores. Así mesmo, acórdase autorizar o gasto complementario de 672 euros co que se pagará a organización dos cursos á empresa Xestión Cultural Aurea S.L. Este gasto financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 27.17035.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A DIRECCIÓN DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de diversas obras, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con carga ás contas non orzamentarias 419.08 (099.125), 419.09 (099.129) e, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Facturas n.º 50/08 por un importe de 1.653,86 € e factura n.º 53/08 por un importe de 2.897,06 €, do Arquitecto D. Gumersindo Ferro Pichel (NIF.- 35.287.933 - E) que xustifica os traballos de dirección da obra “Urbanización nos Castros, Fondós e Bugarín (Cerdedo)” correspondentes ás certificacións números 6 e 7. - Facturas n.º 2009/ A 1815 por un importe de 2.241,70 € da empresa ENMACOSA, S.A. (NIF.- A -36.039.956) que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do edificio Sarmiento”. - Factura n.º 587/2008 por un importe de 8.433,21 €, da empresa ALVAC, S.A. (NIF A-40.015.851) que xustifica os traballos de dirección da obra “Modificado nº1 nova ponte sobre o Río Umia, variante Pontearnelas” correspondente á certificación final. 28.17036.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO NÚM. 12.16997 DA XUNTA DE GOBERNO ADOPTADO NA SESIÓN DE DATA 17 DE XUÑO DE 2009 En relación co acordo da Xunta de Goberno, núm. 12.16997, relativo á aprobación da certificación núm. dous/final do investimento núm. 551 denominado “Ensanche e mellora E.P.1001 Cangas-Coiro (Cangas)”, incluído no POL/05, e cuxa realización foi adxudicada á empresa Pavimentos de Meaño, S.L., á vista do informe da Intervención de data 11 de xuño de 2009 e de conformidade co establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Corrixir o importe líquido a percibir pola empresa adxudicataria debido á retención nesta certificación do importe das melloras non aplicadas, de xeito que onde di: CONCEPTO PARTIDA ERUOS Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (UE) 56.212,89 € Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (DEPUTACIÓN) 36.963,93 € Subtotal 93.176,82 € Taxa dirección de obra Id. 2.699,99 € Retención control de calidade Id. 337,50 € Retención Seguridade e saúde Id 337,50 € Total descontos 3.374,99 € Líquido a percibir 89.801,83 € - Debe dicir: CONCEPTO PARTIDA EUROS Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (UE) 56.212,89 € Pavimentos de Meaño, S.L. 09/911-511-611.03.2005 (DEPUTACIÓN) 36.963,93€ Subtotal 93.176,82€ Taxa dirección de obra Id. 2.699,99 € Retención control de calidade Id. 337,50 € Retención Seguridade e saúde Id. 337,50 € Total descontos 3.374,99 € Retención das melloras non aplicadas Id. 24.847,95 € Líquido a percibir 64.953,88 € 2.- Declarar de aboo o importe líquido da certificación por importe de sesenta e catro mil novecentos cincuenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (64.953,88 €), a favor da empresa Pavimentos de Meaño S.L. con cargo á partida 09/911.511.611.03-2005 como pago da subvención concedida no POL/05 para o investimento denominado “Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas)”. 29.17037.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO NÚM. 15.16710 DA XUNTA DE GOBERNO ADOPTADO NA SESIÓN DE DATA 10 DE DECEMBRO DE 2008 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de decembro de 2008 relativo ó reparto das axudas económicas para os cultivos baixo abrigo e ó aire libre na provincia de Pontevedra-08. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administración públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritmético existentes nos seus actos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do dia 10 de decembro de 2.008 relativo ó reparto das axudas económicas para os cultivos baixo abrigo e ó aire libre na provincia de Pontevedra-08, no seguinte senso: Onde di: “Socorro Martínez Rodríguez, Ana Mª Serén Padín, Carlos Lede Paz” Debe dicir: “ Socorro Martínez Rodiño, Ana Mª Padín Serén, Carlos Lede Pérez” 30.17038.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición