Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-09-23_Ordinaria. Acta de sesión 2009/09/23_Ordinaria
Acta de sesión 2009/09/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-09-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/09/23_Ordinaria
Data(s) 2009-09-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 23 de setembro de 2009 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do día vinte e tres de setembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17256.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de setembro de 2009. 2.17257.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL, DA ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN E DA FINCA AREEIRO A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, cun orzamento total, polos dous anos iniciais, de 596.000,00 €, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 10 de xuño de 2009, aparecendo publicado en dito suplemento o día 12 de xuño de 2009 (Anuncio de licitación 2009/S 111-160271), e que así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 129 de data 8 de xullo de 2009 e no Boletín Oficial do Estado número 152 do 24 de xuño de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 5 de agosto de 2009, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Limpiezas Cíes, S.L., Limpiadores Especialistas Integrados de Servicios y Mantenimiento Integral, S.L.; Valoriza Facilities, S.A.U.; Claro Sol, S.A.; Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa); Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.; Limpiezas San Froilán, S.L e Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. (SAMYL, S.L.), as cales foron admitidas a este procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2009 e en base do informe emitido polo Xefe da Sección de Mantemento do Pazo Provincial, con data 28 de agosto de 2009, formulou proposta para adxudicar este contrato á empresa, Claro Sol, S.A. (C.I.F.- A-36615763), ó cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 2 de setembro de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Claro Sol, S.A. (C.I.F.- A-36615763) o contrato para prestar o servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 4 de setembro de 2009 e que a empresa Claro Sol, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 23.068,67 €, depositada na Tesourería desta Deputación con data 15/09/2009 e número de operación 200900076006, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamentos provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa, Claro Sol, S.A. (C.I.F.- A-36615763), o procedemento aberto convocado para contratar o servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, polo prezo reflectido na proposición económica presentada pola devandita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: PREZO TOTAL DO CONTRATO (2 ANOS) A) Prezo contrato ………………………………… 461.373,44 euros B) IVE (16%) ………………………………… 73.819,75 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 535.193,19 euros PREZO ANUAL CONTRATO A) Prezo anual ………………………………… 230.686,72 euros B) IVE (16%) ………………………………… 36.909,88 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 267.596,60 euros Desagregación (Anual) Importe sen IVE IVE (16%) Total Limpeza Pazo Provincial 108.399,25 € 17.343,88 € 125.743,13 € Limpeza antiga sede Educación 84.641,63 € 13.542,66 € 98.184,29 € Limpeza Finca Areeiro 37.645,84 € 6.023,33 € 43.669,17 € PREZO MENSUAL DO CONTRATO A) Prezo mensual ………………………………… 19.223,89 euros B) IVE (16%) ………………………………… 3.075,82 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 22.299,71 euros Desagregación(Mensual) Importe sen IVE IVE (16%) Total Limpeza Pazo Provincial 9.033,27 € 1.445,32 € 10.478,59 € Limpeza antiga sede Educación 7.053,47 € 1.128,56 € 8.182,03 € Limpeza Finca Areeiro 3.137,15 € 501,94 € 3.639,09 € Este contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor o día 1 de outubro de 2009, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización desta, sen que a duración total do contrato -incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos. 2.- O pagamento do prezo polos servizos obxecto deste contrato efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, por mensualidades vencidas e unha vez prestada a conformidade pola Deputación Provincial de Pontevedra, tendo en conta que, con respecto á limpeza da antiga sede de Educación, facturaranse cando se empecen a prestar os servizos no devandito edificio. O gasto imputarase ás seguintes partidas: - A limpeza das instalacións do Pazo Provincial durante os meses de outubro a decembro do ano 2009, cuxo importe máximo ascende a 31.435,77 €, con cargo á partida 09/121.121.227.00 do vixente orzamento provincial e o resto por importes de 125.743,13 e 94.307,31 €, con cargo ós orzamentos dos anos 2010 e 2011, respectivamente. - A limpeza das instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro durante os meses de outubro a decembro do ano 2009, cuxo importe máximo ascende a 10.917,27 € con cargo á partida 09/714.714.227.00 do vixente orzamento provincial e o resto por importes de 43.669,17 € e 32.751,31 €, con cargo ós orzamentos dos anos 2010 e 2011, respectivamente. - A limpeza da antiga sede de Educación, unha vez transferido o edificio, financiarase en caso de que se empecen a prestar os servizos no ano 2009, cuxo gasto suporía un importe máximo de 24.546,09 €, con cargo á partida 09/121.121.227.00 do vixente orzamento provincial e o resto por importes de 98.184,29 € e 73.638,27 €, con cargo ós orzamentos dos anos 2010 e 2011, respectivamente. - Esta adxudicación queda sometida en canto a exercicios posteriores e á parte da limpeza da antiga sede de Educación do ano 2009, á condición suspensiva da existencia de crédito axeitada e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste contrato. 3.- A empresa adxudicataria Claro Sol, S.A., deberá aboar na Caixa desta Deputación a cantidades de 116,25 € e 755,35 € (Total 871,60 €) en concepto de gastos dos anuncios relativos á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Boletín Oficial do Estado, respectivamente. 3.17258.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A) Devolución de garantías definitivas á empresa Tevemos Comunicación, S.L.: A empresa Tevemos Comunicación, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Asistencia técnica para o estudo, coordinación e divulgación das actividades da Deputación de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento cincuenta e cinco euros con vinte céntimos (1.155,20 €), para responder do contrato “Asistencia técnica para o estudo, coordinación e divulgación das actividades da Deputación de Pontevedra” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700074506. B) Devolución de garantías definitivas á empresa Uniprex (Onda Cero): A empresa Uniprex- Onda Cero, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación de servizos de publicidade na emisora Onda Cero. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do citado contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de mil seiscentos euros (1.600,00 €), para responder do contrato “Prestación de servizos de publicidade na emisora Onda Cero” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/02/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2008000010792, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. C) Devolución da garantía definitiva á empresa Ceinsa (Cerne Ingeniería, S.A.): A empresa Ceinsa (Cerne Ingeniería, S.A.), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Mellora e apertura de accesos ó polígono industrial do Salnés “A Grenla” (Ribadumia- Cambados). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de setecentos nove euros con dezaseis céntimos (709,16 €), para responder da obra “Mellora e apertura de accesos ó polígono industrial do Salnés “A Grenla” (Ribadumia- Cambados)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/12/2001, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200100063433, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D) Devolución de garantía definitiva á empresa Construcciones Crespo, S.A.: A empresa Construcciones Crespo, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Ensanche e mellora de trazado E.P. Arcade- Amoedo, 2ª Fase (Pazos de Borbén). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO SIMEÓN, por importe de trinta e cinco mil seiscentos euros (35.600,00 €), para responder da obra “Ensanche e mellora de trazado E.P. Arcade- Amoedo, 2ª Fase (Pazos de Borbén)” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 16/07/2002, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200200058901, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. E) Devolución de garantía definitiva á empresa Construcciones Narom, .S.L.: A empresa Cosntruciones Narom, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Mellora da seguridade viaria na E.P. 4006 (Ponteareas- As Neves). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de oito mil trescentos corenta euros con corenta e un céntimos (8.340,41 €), para responder da obra “Mellora da seguridade viaria na E.P. 4006 (Ponteareas- As Neves)” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 1/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600105355, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. F) Devolución de garantía definitiva á empresa SMA- Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A.: A empresa SMA- Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Instalación de caseta prefabricada de madeira en Cambados. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa euros (1.190,00 €), para responder da obra “Instalación de caseta prefabricada de madeira en Cambados” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 28/06/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700053788, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. G) Devolución de garantía definitiva á empresa SMA- Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A.: A empresa SMA- Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Instalación de planta depuradora de augas residuais na Illa de Ons (Bueu). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos sesenta euros (2.360,00€), para responder da obra “Instalación de planta depuradora de augas residuais na Illa de Ons (Bueu)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/02/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700006997, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. H) Devolución de garantía definitiva á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.): A empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Proxecto modificado pavimentado da capa de rodamento da Rúa Alfonso XIII de Vigo. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro T. de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de catrocentos setenta e catro euros con oitenta e sete céntimos (474,87 €), para responder da obra “Proxecto modificado pavimentado da capa de rodamento da Rúa Alfonso XIII de Vigo.” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/06/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600059630, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.17259.- SOLICITUDE QUE FORMULA O CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: P-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 160.347,44 €, para gastos de funcionamento do terceiro trimestre do ano 2009, e visto o informe da intervención de data 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 160.347,44 € como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, para o terceiro trimestre do ano 2009. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 160.347,44 € con aplicación á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC.200900076064. 5.17260.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.17261.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PÚBLICAS DESTINADAS Ó APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SEGUNDO OS PRINCIPIOS DE OBXECTIVIDADE, CONCORRENCIA COMPETITIVA, PUBLICIDADE E TRANSPARENCIA PARA O ANO 2009 Dada conta que dende a Deputación de Pontevedra se ven traballando na incentivación do asociacionismo comercial como mecanismo máis axeitado para colaborar cos pequenos comerciantes revitalizando os centros comerciais urbanos das vilas da nosa provincia e afrontar a renovación comercial que entre todos temos que promover e apoiar. Visto que as presentes axudas económicas consolidan as actuacións que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo a través da súa Área de Comercio, ó tempo que, de acordo coas liñas de traballo marcadas no “Plan director de Comercio 2009-2012” para a provincia de Pontevedra, introduce novos xeitos de apoio ás asociacións de comerciantes que lles permitan axudar ós pequenos comerciantes a mellorar nos niveis de servizos e calidade ó cliente. Visto que poderán acceder ás liñas de axudas referidas as asociacións de comerciantes, grupos ou colectivos sen fins de lucro que teñan personalidade xurídica propia, que desenvolvan actividades cuxo fin sexa o apoio da competitividade dos pequenos comercios da provincia de Pontevedra e que desenvolvan a súa actividade na mesma provincia. Visto que o importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00€) do orzamento provincial para o ano 2009, que poderán incrementarse mediante suplementación de créditos. Visto o informe xurídico favorable da Secretaría Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar as bases para a concesión de axudas públicas destinadas ó apoio da competitividade dos pequenos comercios da provincia de Pontevedra segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia para o ano 2009, cuxo teor literal é o seguinte: “CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PÚBLICAS DESTINADAS Ó APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SEGUNDO OS PRINCIPIOS DE OBXECTIVIDADE, CONCORRENCIA COMPETITIVA, PUBLICIDADE E TRANSPARENCIA PARA O ANO 2009. (DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA) 1.- ANTECEDENTES.- En tempos de crise como o actual é cando as actividades administrativas de fomento teñen maior sentido sendo a súa intención apoiar a iniciativa privada e con isto, a capacidade de crear riqueza e postos de traballo. A actividade comercial é un dos motores máis importantes da economía das vilas e cidades de xeito que, só reforzando o papel dinamizador do comercio e o seu espírito emprendedor e innovador, poderemos superar dificultades e aproveitar oportunidades que incentiven o consumo e saneen a economía. Neste senso, a presente liña de axudas económicas consolida as actuacións que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo a través da súa Área de Comercio, ó tempo que, de acordo coas liñas de traballo marcadas no “Plan director de Comercio 2009-2012” para a provincia de Pontevedra, introduce novos xeitos de apoio ás asociacións de comerciantes que lles permitan axudar ós pequenos comerciantes a mellorar nos niveis de servizos e calidade ó cliente. 2.- OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é establecer as bases reguladoras e realizar a convocatoria da concesión de axudas económicas que ten como fin cofinanciar actuacións de innovación, promoción, cooperación e animación comercial promovidas por asociacións de comerciantes, grupos ou colectivos sen fins de lucro que desenvolvan actividades cuxos beneficiarios sexan os pequenos comerciantes da provincia de Pontevedra. As accións apoiables son as establecidas nas presentes bases e estarán suxeitas ó establecido nos seguintes apartados: - Non será subvencionable o IVE satisfeito na adquisición de bens e servizos, salvo que se acredite documentalmente que forma parte do custo da actuación apoiable e que non é susceptible de recuperación ou compensación. - Poderase subcontratar a actividade obxecto da subvención ata o 100 por cento da mesma, en cuxo caso se estará ó disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - As axudas recibidas por unha mesma entidade non poderán exceder de 15.000,00 €. O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) das que se financiarán 50.000,00 € con cargo á partida 09/470.470.789.00.2008 (Liña 1.- Innovación.) e 100.000€ con cargo á partida 09/470.470.489.00 (Liña 2.- Promoción, Liña 3.- Dinamización Comercial e Liña 4.- Cooperación comercial) do orzamento provincial para o ano 2009, que poderán incrementarse mediante suplementación de créditos. 3.- BENEFICIARIOS.- Poderán acceder ás axudas contidas nas presentes bases as asociacións de comerciantes, grupos ou colectivos sen fins de lucro que teñan personalidade xurídica propia, que desenvolvan actividades cuxo fin sexa o apoio da competitividade dos pequenos comercios da provincia de Pontevedra e que desenvolvan a súa actividade na mesma provincia. 4.- CARACTERÍSTICAS DAS AXUDAS.- Liña 1.- Innovación. Axudas para promover a introdución das novas tecnoloxías no traballo diario das asociacións e a implantación de sistemas de xestión electrónica. Liña 2.- Promoción. Axudas para a promoción de exposicións e feiras comerciais. Liña 3.- Dinamización Comercial. Axudas para promover o desenvolvemento de actividades de animación e atracción comercial. Liña 4.- Cooperación comercial. Axudas para fomentar o asociacionismo comercial, fidelización e motivación dos asociados. 5.- CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DA CONCESIÓN DAS AXUDAS.- As memorias e proxectos que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables. O procedemento de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación os seguintes criterios de avaliación que serán tidos en conta individualmente para cada solicitude: 1. Interese provincial do proxecto presentado: Adecuación do proxecto ó interese provincial, correspondencia dos obxectivos ós contidos da memoria, implicación dos comerciantes asociados no proxecto presentado. Ata 3 puntos. 2. Alcance da actuación a desenvolver: Incidencia e repercusión sectorial e territorial da actividade a desenvolver, atendendo tanto á difusión como á representatividade da entidade e, de ser o caso, ó número de membros ós que se dirixe. Ata 2 puntos. 3. Número de comerciantes asociados: Relación entre a inversión subvencionable e o número de comerciantes asociados. Ata 2 puntos. 4. Participación de patrocinadores: Concorrencia doutras administracións ou institucións públicas e privadas no financiamento e desenvolvemento do proxecto. Ata 1.5 puntos. 5. Achega. A maior achega financeira da entidade solicitante en relación co investimento subvencionable. Ata 1.5 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame dunha comisión de valoración presidida polo xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e á aprobación da Xunta de Goberno. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé no punto 25.2ª das bases de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. A resolución publicarase no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial e na páxina web da entidade www.depontevedra.es nos termos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A Área de Comercio da Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente e poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6.- DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA.- As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación: 1. Solicitude asinada polo representante legal da entidade solicitante debidamente cumprimentada. 2. Copia cotexada do DNI do representante legal da entidade solicitante. 3. Copia cotexada dos estatutos e da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante. 4. Memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda que deberá incluír necesariamente: - Xustificación da actividade. - Obxectivos perseguidos. - Descrición das accións concretas que se pretenden desenvolver e localización. - Calendario de realización. - Nº e características dos participantes e beneficiarios. - Medios e metodoloxía a utilizar. - Resultados que se espera acadar. 5. Certificación do número de socios da mesma e declaración de que desenvolve as súas actividades no ámbito da provincia ou que teñen interese para a provincia de Pontevedra (anexo II). 6. Orzamento detallado e asinado dos gastos e ingresos previstos para o desenvolvemento do proxecto ou actividade para o que se solicita a subvención. 7. Factura/s proforma por valor da axuda que se solicita, emitida por quen vaia subministrar ou prestara o servizo. 8. Declaración das axudas solicitadas e/ou obtidas a outras administracións públicas ou entidades privadas para esta finalidade e compromiso de comunicar á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra as que se soliciten e/ou obteñan nun futuro e a súa contía en relación co orzamento total dos investimentos a realizar (anexo II). 9. Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade solicitante. 10. Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de demora. 11. Declaración asinada do presidente ou o representante legal da entidade solicitante conforme non está incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co establecido no art. 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións (anexo II). 12. Compromiso de desenvolver a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda, conforme ó disposto no artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións. 13. Compromiso de difundir o financiamento da Deputación de Pontevedra e facela constar en todo tipo de información que realice no desenvolvemento da actividade subvencionada. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para que solicite as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. A documentación que se presente será orixinal ou, no caso de ser fotocopia, deberá vir compulsada. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base así como o incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase ó interesado para que emende as faltas no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 42 da Lei 30/92. 7.- DURACIÓN.- As actividades e proxectos aprobados por medio da concesión das presentes axudas deberán desenvolverse antes do 31 de marzo de 2010. Así mesmo as asociacións beneficiarias deberán comunicar á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra as datas nas que se desenvolvan as actividades e/ou accións cun mes de antelación. 8.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00, no Rexistro da Sede de Vigo de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Cada asociación poderá presentar unha única solicitude para esta convocatoria. A inscrición implica a completa aceptación das súas bases. 9.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade despois de que a actividade sexa desenvolvida e se presente a documentación xustificativa que a continuación se relaciona: Documentación xustificativa: - Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da axuda concedida, e que reúnan, ademais, os requisitos legais esixidos polo R.D. 1496/03 de 28 de novembro sobre confección de facturas (número de factura, datos referidos o expedidor e o destinatario da factura, concepto e prezo total con IVE, que estará detallado, incluído ou exento, o lugar e a data de emisión da factura, etc.). - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou o gasto total da actividade / investimento subvencionado, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame durante un prazo mínimo de 4 anos. - Memoria descritiva da actividade/investimento xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados acadados. - Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e unha declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. - Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de mora, ou autorización para que a propia Deputación as solicite directamente. - Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación de Pontevedra da actividade ou investimento subvencionado ou, se non é posible, declaración responsable do representante. Si por algunha causa non puideran desenvolverse os proxectos e/ou actividades previstas ou estas non fosen xustificadas suficientemente dentro do prazo establecido, a Deputación de Pontevedra decidirá entre a devolución do importe da súa achega ou propoñer o seu destino para outras actuacións. 10.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.- Nas comunicacións, escritos e propaganda de todas as actividades e proxectos que se desenvolvan como resultado da concesión das presentes axudas, a asociación de comerciantes beneficiaria deberá divulgar a colaboración económica da Deputación de Pontevedra por medio da incursión da súa imaxe corporativa nestes elementos. 11.- ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DAS BASES.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2009 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 12.- XURISDICIÓN APLICABLE.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó que se diten. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Así mesmo, contra as presentes bases tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos, os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. O tribunal competente, en caso de litixio será o xulgado contencioso-administrativo da cidade de Pontevedra. 13.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOGA nº 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable. 14.- ANEXOS.- O modelo de solicitude referida nas bases será facilitada a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depontevedra.es).” Ditos Anexos son os que seguen: Anexo I: SOLICITUDE: Axudas destinadas ao apoio da Competitividade dos pequenos comercios da provincia de Pontevedra para o ano 2009. Anexo II: MODELO DE DECLARACIÓN: Axudas destinadas ao apoio da competitividade dos pequenos comercios da Provincia de Pontevedra para o ano 2009. Anexo III: XUSTIFICACIÓN: Axudas destinadas ao apoio da competitividade dos pequenos comercios da provincia de Pontevedra para o ano 2009. Anexo IV: MODELO DE DECLARACIÓN: Axudas destinadas ao apoio da competitividade dos pequenos comercios da Provincia de Pontevedra para o ano 2009. Anexo V: CONTA XUSTIFICATIVA: Axudas destinadas ao apoio da competitividade dos pequenos comercios da Provincia de Pontevedra para o ano 2009. SOLICITUDE- ANEXO 1 AXUDAS DESTINADAS AO APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2009 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS. COMERCIO. DATO DA ENTIDADE SOLICITANTE NOME: ENDEREZO: CONCELLO: CÓDIGO POSTAL: TELÉFONO/S: / FAX: CORREO ELECTRÓNICO: CIF Nº: DATOS BANCARIOS: I I I E, na súa representación: D/Dna. con DNI en concepto de Comparece en representación da agrupación de comerciantes ENDEREZO (a efectos de notificación): CONCELLO: CÓDIGO POSTAL: CORREO ELECTR.: MÓVIL: TIPO DE AXUDA QUE SOLICITA 0 Liña 1.- Innovación 0 Liña 2.- Promoción 0 Liña 3.- Dinamización Comercial 0 Liña 4.- Cooperación Comercial OBXECTO/ FINALIDADE: ORZAMENTO DE GASTOS (indicar o importe previsto): ORZAMENTO DE INGRESOS (indicar o importe previsto): IMPORTE DA AXUDA QUE SE SOLICITA: DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA 0Solicitude asinada polo representante legal da entidade solicitante debidamente cumprimentada 0 Copia cotexada do DNI do representante legal da entidade solicitante 0 Copia cotexada dos estatutos e da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante. 0 Memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda que deberá incluír necesariamente: - Xustificación da actividade - Obxectivos perseguidos - Descrición das accións concretas que se pretenden desenvolver e localización - Calendario de realización - Nº e características dos participantes e beneficiarios - Medios e metodoloxía a utilizar - Resultados que se espera acadar 0 Certificación do número de socios da mesma e declaración de que desenvolve as súas actividades no ámbito da provincia ou que teñen interese para a provincia de Pontevedra 0 Orzamento detallado e asinado dos gastos e ingresos previstos para o desenvolvemento do proxecto ou actividade para o que se solicita a subvención. 0 Factura/s por valor da axuda que se solicita, emitida por quen vaia subministrar ou prestara o servizo. 0 Declaración das axudas solicitadas e/ou obtidas a outras administracións públicas ou entidades privadas para esta finalidade e compromiso de comunicar á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra as que se soliciten e/ou obteñan nun futuro e a súa contía en relación co orzamento total dos investimentos a realizar. 0 Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade solicitante. 0 Certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de demora. 0 Declaración asinada do presidente ou o representante legal da entidade solicitante conforme non está incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co establecido no art. 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións 0 Compromiso de desenvolver a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda, conforme ao disposto no artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións 0 Compromiso de difundir o financiamento da Deputación de Pontevedra e facela constar en todo tipo de información que realice no desenvolvemento da actividade subvencionada. Sinatura do solicitante e selo da Entidade: , de de 2009 Asdo: ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Centro Príncipe Felipe Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. Área de Comercio Avda. de Montecelo, nº 12 36161 Pontevedra MODELO DE DECLARACIÓN – ANEXO II AXUDAS DESTINADAS AO APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2009 D./Dª. ..................................................................................................................., con DNI núm. ............................................., como representante da entidade ......................................................................................................................., con CIF núm. ............................................................................ e domicilio social en .............................................................................................................................., concello de ............................................., CP núm. ................ MANIFESTO: 1. Que esta entidade (tache completamente a incorrecta) SI / NON solicitou axudas e/ou se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Relación de axudas solicitadas Importe Relación de axudas concedidas Importe 2. O número de socios desta entidade ascende a .................................... 3. As actividades que desenvolve esta entidade son de interese para a provincia de Pontevedra e/ou fanse dentro do seu ámbito territorial. 4. Así mesmo, declaro que a entidade que represento se compromete a dar cumprimento ás condicións da subvención e que se lle dará publicidade ao financiamento pola Deputación de Pontevedra. 5. A entidade que represento non está incursa en causa de prohibición, segundo o artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, para percibir axudas ou subvencións públicas. 6. Ó mesmo tempo, autorizo á Deputación para que obteña as certificacións de Facenda do Estado e da Tesourería Xeral da Seguridade Social de que a entidade que represento está ó corrente nas súas obrigas tributarias. ...................................., ............ de ............................ de 2009 SINATURA Asdo.:………………………………… ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA XUSTIFICACIÓN- ANEXO III AXUDAS DESTINADAS AO APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2009 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS. COMERCIO. DATO DA ENTIDADE SOLICITANTE NOME: ENDEREZO: CONCELLO: CÓDIGO POSTAL: TELÉFONO/S: / FAX: CORREO ELECTRÓNICO: CIF Nº: DATOS BANCARIOS: I I I E, na súa representación: D/Dna. con DNI en concepto de Comparece en representación da agrupación de comerciantes ENDEREZO (a efectos de notificación): CONCELLO: CÓDIGO POSTAL: CORREO ELECTR.: MÓVIL: SOLICÍTOLLE (marcar cunha X a opción correcta): 0 QUE TEÑA POR PRESENTADA A DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA: 0 ANEXO IV 0 ANEXO V 0 Facturas (orixinais ou copias compulsadas). 0 Memoria asinada da actividade ou investimento realizado. 0 Outros (carteis, outras declaracións, artigos de prensa, fotos, etc. Sinatura e cuño do solicitante: , de de 2009 Asdo: ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Centro Príncipe Felipe Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. Área de Comercio Tfno: 986 804135 ext. 41220/ 41221 e Fax: 986 843662 Avda. de Montecelo, nº 12 36161 Pontevedra MODELO DE DECLARACIÓN – ANEXO IV AXUDAS DESTINADAS AO APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2009 D./Dª. ..............................................................................................................................., con DNI núm. ............................................................., como representante da entidade .................................................................................................................................., con CIF núm. ........................................... e domicilio social en…………………………….…. ........................................................................................................................................., concello de ....................................................................................., CP núm. ................ MANIFESTO: 1. Que esta entidade (tache completamente a incorrecta) SI / NON solicitou axudas e/ou se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Relación de axudas solicitadas Importe Relación de axudas concedidas Importe 2. Así mesmo, declaro que o custo total da actividade ascendeu a e que se lle dou publicidade ao financiamento pola Deputación de Pontevedra. 3. A entidade que represento non está incursa en causa de prohibición, segundo o artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, para percibir axudas ou subvencións públicas. 4. Ó mesmo tempo, autorizo á Deputación para que obteña as certificacións de Facenda do Estado e da Tesourería Xeral da Seguridade Social de que a entidade que represento está ó corrente nas súas obrigas tributarias. ...................................., ............ de ............................ de 2009 SINATURA, Asdo.:………………………………… ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Centro Príncipe Felipe Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. Área de Comercio Tfno: 986 804135 ext. 41220/ 41221 e Fax: 986 843662 Avda. de Montecelo, nº 12 36161 Pontevedra CONTA XUSTIFICATIVA – ANEXO V AXUDAS DESTINADAS AO APOIO DA COMPETITIVIDADE DOS PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2009 D/Dna. En calidade de: Entidade: CIF: Enderezo: Concello: CP: Teléfono/s: DECLARO o seguinte: a) Para a actividade “ “ recibín unha axuda económica de euros ( €) e realizándose os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa: Nº Provedor/ Empresa CIF Nº factura Concepto Importe 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 TOTAL: € b) O custo total da actividade ascendeu a € c) A entidade beneficiaria fixo a debida divulgación do financiamento concedido pola Deputación para esta actividade. d) Os gastos que figuran nesta conta xustificativa aplicáronse á finalidade subvencionada. e) O resto de xustificacións da conta encóntranse no domicilio do beneficiario para a súa comprobación. ...................................., ............ de ............................ de 2009 O DECLARANTE, Asdo.:………………………………… ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” 7.17262.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO PREMIO ENTRECULTURAS-09 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador do Premio Entreculturas – 2009 despois da reunión mantida o pasado 22 de setembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO ENTRECULTURAS 2009 Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 10,00 horas do 22 de setembro de 2009, reúnese o xurado cualificador do Premio Entreculturas 2009, presidido por: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura, e os vogais: Mª Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta e presidenta da Comisión de Benestar Social e Muller, Jesús Vázquez Almuíña, Alcalde do Concello de Baiona, Gonzalo Koncke Pizzorno, Cónsul Xeral de Uruguay, Benito Vila Tejo, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura e actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Aberto o acto o presidente manifesta que, convocado o referido Premio Entreculturas 2009, dotado coa cantidade de 12.000,00 € e aprobadas as bases por R.P. nº 6615 de 21/07/09 e publicadas no BOP núm. 108 de 09/06/09, rematou o prazo de presentación de candidatos/as o 20 de setembro do presente ano. De acordo co establecido na base 4ª da convocatoria, o xurado xa constituído propón como candidatos ó premio os seguintes: No apartado primeiro, para premiar a unha entidade ou persoa do mundo hispano e da emigración a D.Celestino Pichel Bouzas, natural de Viascón (Pontevedra), que é toda una institución e unha referencia da cultura tradicional e da música galega no Uruguay, sendo na actualidade o gaiteiro mais lonxevo de América. Foi fundador do Centro Pontevedrés en Montevideo no ano 1958, dirixe na actualidade a Escola e o Grupo de Gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro da Casa de Galicia en Montevideo, impulsa actividades que levan o recordo e o coñecemento da música tradicional de Galicia, e é un referente para todos os gaiteiros e grupos de gaiteiros existentes no Uruguay. No apartado segundo, para premiar a unha persoa ou entidade de ámbito galego, ó Concello de Cambados, por a súa admirable labor social a favor da emigración cambadesa, por as súas iniciativas de axudas no ámbito de acción social para os emigrantes en Bos Aires, e polo fomento de liñas de axudas e becas de estudos a fillos e netos dos emigrantes de Cambados en Bos Aires. Vistos os dossiers das dúas candidaturas e previa deliberación o xurado acorda por unanimidade dos seus membros concederlles o Premio Entreculturas 2009 ás seguintes persoas e institucións: 1. Dotado coa cantidade de 6.000,00 € a D. Celestino Pichel Bouzas pola súa intensa actividade a favor da cultura galega en Uruguay. 2. Dotado coa cantidade de 6.000,00 € ó Concello de Cambados polo seu labor social a favor dos cambadeses emigrantes en Bos Aires. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 11,30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á partida 09/451.451.481.01 do orzamento provincial.” 8.17263.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. FRANCISCO JAVIER CABO CIBEIRA EN REPRESENTACIÓN DE LINEA DIRECTA ASEGURADORA, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P.1301 Dada conta que con data de Rexistro 30/07/09 (nº 028993) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Francisco Javier Cabo Cibeira en representación da mercantil Linea Directa Aseguradora S.A., con enderezo a efecto de notificacións na rúa Marqués de Valladares, 21-3º dereita. de Vigo, por danos producidos no vehículo da súa propiedade, modelo Volkswagen Passat, matrícula 1360-BZC, a consecuencia da existencia dunha focha na estrada E.P.1301 Alto da Portela-Beluso o 27/01/09 e por unha contía de 331,96 €, segundo factura de reparación do vehículo que achega xunto coa reclamación. Resultando.- Que con data 06/08/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Sr. Director de Infraestruturas Accidental, que o emitiu en data 18/08/09 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 1301 Alto da Portela-Beluso está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa-existencia de un bache en la calzada- en fecha próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero. No obstante lo anterior, sí se tiene constancia de la existencia de varios baches en la zona de circulación del vial provincial 1301, a la altura del lugar del siniestro, originados a raíz de un inicial deterioro del firme provocado por el tránsito de vehículos y el agua que discurre por la cuneta, y que han sido reparados en varias ocasiones por la brigada de zona.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70,30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que con data 03/09/09 emitiuse documento RC pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Don Francisco Javier Cabo Cibeira en representación de Linea Directa Aseguradora S.A. con C.I.F-A-80871031, por danos en vehículo do seu asegurado D.José Ángel González González, marca Volkswagen Passat, matrícula 1360-BZC, coma consecuencia da existencia dunha focha sen sinalizar na estrada E.P.1301 Alto da Portela-Beluso, valorados en 331,96 euros, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente, e transferencia feita por Linea Directa Aseguradora S.A a favor do seu asegurado. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a Linea Directa Aseguradora S.A., C.I.F-A-80871031 a citada cantidade de 331,96 euros, con cargo a partida 09/511.511.210.00 do Orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 03/09/09 e número de operación 200900073716, sometido á condición suspensiva da achega polo interesado do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, no prazo de dez días a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. 9.17264.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº10 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE LALÍN Dada conta da comunicación do Sr. Concelleiro delegado de urbanismo do Concello de Lalín, de data 17 de agosto de 2009 (rexistro de entrada núm. 30955, de data 19/08/09), pola que se remite expediente sobre Modificación puntual nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lalín, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Director de Infraestruturas en funcións, de data 17 de setembro de 2009, no que manifesta, entre outros: “La modificación puntual Nº 10 del P.X.O.M de Lalín no tiene afección alguna a las carreteras provinciales.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Lalín. 10.17265.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Con data 15 de setembro de 2009, número de rexistro de entrada 33334, D. José Manuel Pérez Matos, funcionario de carreira adscrito ó Servizo de Arquitectura como Técnico Especialista en Instalacións e Liñas, presentou escrito no que expón que, estando en posesión dos carnés de Instalador de calefacción e ACS e de Mantenedor de calefacción e ACS necesita realizar un curso de reciclaxe, tendo en conta de que se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOGA) a Orde de 1 de decembro de 2008, pola que se modifica a Orde de 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial. Este curso realizarase coa Academia Alfa (entidade autorizada pola Consellería de Industria) no Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra, a partir do 19 de setembro de 2009. Polo que solicita axuda económica correspondente en concepto de inscrición. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Mantemento D. Antonio Quinteiro Blanco e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que ó interesado se lle concedera Licenza para asistir algún curso, congreso ou seminario durante o presente ano. Visto o programa do Congreso achegado pola solicitante, e de acordo co que se establece no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. De acordo co exposto, e ó abeiro do que se establece no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. José Manuel Pérez Matos, funcionario de carreira adscrito ó Servizo de Arquitectura como Técnico Especialista en Instalacións e Liñas unha axuda económica, por importe total de 700,00 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: CONCEPTO IMPORTE PARTIDA INSCRIPCIÓN 700,00 € 122.314.162.00 Finalmente, de conformidade co que se establece no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o Curso, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos de inscrición, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. 11.17266.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE “DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 2009 (SEGUNDA FASE)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, de “Diversa Obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación 2009 (segunda fase)”. O día 20 de agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 24 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 das correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: OBRA: “MELLORA INTERSECCIÓN E.P. 4202 TORTOREOS-RUBIOS-CARRASQUEIRA (AS NEVES)”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 30,95 50,000 80,950 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,45 15,718 46,168 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 33,76 13,134 46,894 OBRA: “MELLORA SEGURIDADE VIAL E.P. 6005 PRADO-BODAÑO (LALIN)”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 30,11 34,369 64,479 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 40,16 35,529 75,689 ELSAMEX, S.A. 30,71 44,918 75,628 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 35,19 34,338 69,528 PROYECTA ACTIVIDADES DE LA CONSTRUCCION, S.L. 30,69 40,757 71,447 DAGO, S.A. 36,00 45,236 81,236 OBRA: “E.P. 7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA (CERDEDO)”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 31,52 47,500 79,020 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 44,02 36,170 80,190 ELSAMEX, S.A. 30,49 37,646 68,136 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 34,26 33,853 68,113 PROYECTA ACTIVIDADES DE LA CONSTRUCCION, S.L. 30,84 37,372 68,212 DAGO, S.A. 30,45 40,879 71,329 AGRUPCONSA, S.L. 30,00 32,866 62,866 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 38,00 23,385 61,385 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obras, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación ás proposicións que lograron a máxima puntuación. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra de “Mellora intersección E.P. 4202 Tortoreos-Rubios-Carrasqueira (As Neves)”, na suma de 68.844,83 € máis 11.015,17 €, correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 3.354,10€ e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Adxudicar provisionalmente a Dago, S.A. a obra de “Mellora seguridade vial E.P. 6006 Prado-Bodaño (Lalín)”, na suma de 140.344,83 € máis 22.455,17 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 18.600,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 3.- Adxudicar provisionalmente a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza (Cerdedo)”, na suma de 183.620,69 € máis 29.379,31 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e vinte e cinco días, melloras valoradas en 18.036,90 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 4.- Conceder a cada adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á notificación deste acordo, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 5.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 34,61 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 12.17267.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “MELLORA SEGURIDADE VIAL E.P. 8004 CALDAS-VILANOVIÑA (TRAMO CALDAS-PORTAS)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 01/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Mellora seguridade vial E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (tramo Caldas-Portas)”. O día 6 de agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación da referida obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 10 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 das correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 32,19 46,546 78,736 HIDROSCIVIL, S.L. 31,60 29,654 61,254 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 32,46 41,715 74,175 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 31,57 37,493 69,063 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 36,32 27,208 63,528 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 33,12 24,600 57,720 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obras, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación á proposición que logrou a máxima puntuación. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra de “Mellora da seguridade vial E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (tramo Caldas-Portas)”, na suma de 202.963,09 € máis 32.474,09 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 13.084,51 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á notificación deste acordo, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 105,40 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 13.17268.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA DE “HUMANIZACION E.P. 2908 ARCADE-AMOEDO, TRAMO ROSALIA CASTRO (SOUTOMAIOR)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/06/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior co obxecto de levar a cabo a execución da obra de “Humanización da E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía Castro”, con orzamento de 499.990,06 €. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da referida obra. O día 20 de agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 24 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que desenvólvese parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 das correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 31,50 25,893 57,393 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 35,50 19,903 55,403 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 31,17 24,334 55,504 MOVEX VIAL, S.L. 31,34 19,201 50,541 HIDROSCIVIL, S.L. 33,63 36,800 70,430 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 34,00 44,321 78,321 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 32,15 32,833 64,983 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obras, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación á proposición que logrou a máxima puntuación. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra de “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, Tramo Rosalía Castro (Soutomaior)”, na suma de 360.768,69 € máis 57.722,99 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 58.000,00 € e o 4,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á notificación deste acordo, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 96,10 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 14.17269.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “TERMINACIÓN ENSANCHE E.P. 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Terminación ensanche E.P. 0018 Xeve-Amil-Espedregueira”. O día 14 de agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación da referida obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 19 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 das correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 42,00 43,785 85,785 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 34,59 16,948 51,538 ELSAMEX, S.A. 30,94 30,587 61,527 CALDEVERGAZO, S.L. 30,22 36,567 66,787 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obras, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación á proposición que logrou a máxima puntuación. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra de “Terminación ensanche E.P. 0018 Xeve-Amil-Espedregueira”, na suma de 190.085,31 € máis 30.413,65 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 17.406,80 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 10 días hábiles, contado dende o seguinte á notificación deste acordo, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de dez días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 94,55 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 15.17270.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE “DIVERSAS OBRAS: MELLORA CAPA RODADURA EE.PP. ZONA CENTRO E REHABILITACION DE FIRMES EN ZONA NORTE” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 01/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, de “Diversa Obras” (“Mellora capa rodaxe EE.PP. Zona Centro” e “Rehabilitación de firmes en Zona Norte”). O día 6 de agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 10 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 das correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: OBRA: “MELLORA CAPA RODADURA EE.PP. ZONA CENTRO”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 44,00 39,876 83,876 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 37,92 40,092 78,012 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 37,77 45,000 82,770 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 44,37 40,506 84,876 EXTRACO, S.A. 34,05 37,153 71,203 MISTURAS OBRAS Y PROYECTOS, S.A. 34,05 44,286 81,336 OBRA: “REHABILITACION DE FIRMES NA ZONA NORTE”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 39,50 35,496 74,996 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 36,64 39,334 75,974 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 40,12 46,527 86,647 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 44,01 37,703 81,713 EXTRACO, S.A. 33,78 44,105 77,885 MISTURAS OBRAS Y PROYECTOS, S.A. 33,78 47,179 80,959 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 41,00 40,931 81,931 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obras, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación ás proposicións que lograron a máxima puntuación. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “Mellora capa rodaxe EE.PP. Zona Centro”, na suma de 713.056,68 € máis 114.089,70 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses e vinte días, melloras valoradas en 93.000,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Adxudicar provisionalmente a Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra de “Rehabilitación de firmes na Zona Norte”, na suma de 535.000,00 € máis 85.600,00 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e vinte e cinco días, melloras valoradas en 94.800,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 3.- Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á notificación deste acordo, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 51,15 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 16.17271.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE ATENCIÓN A PERSOAS INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO II.- 2ª PROMOCIÓN Visto o escrito do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios participando que a Deputación, coa finalidade de facilitar a inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector de servizos de atención a persoas, pretende levar a cabo a impartición diversa cursos de formación que se inclúen no Proxecto Aquelando II.- 2ª promoción. O custo de contratación da organización e impartición dos citados cursos, estímase na cantidade total máxima de cento setenta e sete mil novecentos euros, divididos en tres lotes. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición de diversos cursos de formación de atención a persoas incluídas no proxecto Aquelando II.-2ª promoción. Os cursos a desenvolver, divididos en tres lotes, son os seguintes: Lote Curso Lugar de Imparticion Nº de Edicións Lote 1 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio -Salvaterra de Miño -Cangas -Mos 3 Lote 2 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais -Baiona -Lalín -Ribadumia 3 Lote 3 Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares -Pontevedra 1 O orzamento máximo de licitación establécese na cantidade total de cento setenta e sete mil novecentos euros (177.900,00€), de acordo coa seguinte distribución por lotes: LOTE/CURSO Nº Edicións Prezo de licitación Lote 1.-Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 3 90.000,00 €, a razón de 30.000,00 € /curso Lote 2.-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais 3 69.000,00 €, a razón de 23.000,00 €/curso Lote 3.-Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios y hogares 1 18.900,00 € Todas estas cantidades encóntranse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto por importe de 177.900,00 € con cargo á partida 09/470.327.227.06 correspondente ó Orzamento Provincial do ano 2009. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental no expediente. -Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCION A PERSOAS INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO II.- 2ª PROMOCIÓN 1.- OBXECTO.- A organización e impartición dos cursos de formación de atención a persoas incluídos no Proxecto Aquelando II. O contrato comprende a impartición dos cursos que a continuación se detallan, repartidos en tres lotes: Lote Curso Lugar de Impartición Nº de Edicións Lote 1 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio -Salvaterra de Miño -Cangas -Mos 3 Lote 2 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais -Baiona -Lalín -Ribadumia 3 Lote 3 Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares -Pontevedra 1 Todos os cursos comprenden unha parte teórica e outra práctica relacionada entre si. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/470.327.227.06 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- Os cursos darán comezo unha vez formalizado o contrato, nas datas que se concretarán pola dirección do Proxecto Aquelando e celebraranse nas localidades sinaladas no punto 1. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese, para cada un dos lotes, nos seguintes importes: LOTE/CURSO Nº Edicións Prezo de licitación 1.-Atención sociosanitaria a persoas en el domicilio 3 30.000,00 € /curso 2.-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais 3 23.000,00 €/curso 3.-Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares 1 18.900,00 €/curso TOTAL………………………………………………………..177.900,00 € Todas estas cantidades encóntranse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non seatopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que constitúana e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que apróbase o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador CIF Dirección e teléfono de contacto Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCION A PERSOAS INCLUÍDAS NO PROXECTO AQUELANDO II.- 2ª PROMOCIÓN Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación,se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos,se é o caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estenden ó obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo,se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (documento nacional de identidade, para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor vaise a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia,se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaran variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCION A PERSOAS INCLUÍDAS NO PROXECTO AQUELANDO II.- 2ª PROMOCIÓN Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1º Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2º Contido e metodoloxía, módulos dos que constará o curso e a súa duración. 3º Profesorado adscrito ó contrato, titulación, experiencia e características. 4º Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. 6.- Proposta de cronograma de execución. 7.- Melloras propostas. 8.- Proposta de seguros. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCION A PERSOAS INCLUÍDAS NO PROXECTO AQUELANDO II.- 2ª PROMOCIÓN Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán se seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Contido e metodoloxía dos cursos de formación a impartir, ata un máximo de 15 puntos. - Cualificación e adaptación do profesorado en relación cos cursos, ata un máximo de 10 puntos. - Relación do material didáctico a entregar ós alumnos, ata un máximo de 10 puntos. - Posibles melloras, ata un máximo de 10 puntos. - Cronograma de execución, ata un máximo de 5 puntos. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Menor prezo ofertado, ata un máximo de 30 puntos. - Porcentaxe compromiso contratación, ata un máximo de 20 puntos 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpoñan reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.-RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no que fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.............................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO “AQUELANDO II”.- 2ª PROMOCIÓN.- LOTE N. _______ comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo máximo _______________________________euros por curso. A porcentaxe de alumnos matriculados nos cursos que se compromete a contratar, de conformidade co previsto nos pregos de prescricións técnicas, será de____________%. (Data e sinatura do propoñente)” 17.17272.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS-2009, CAMPAÑA DE OUTONO (3º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.A.; en virtude do acordo de Xunta de Goberno do 18/03/2009; aprobada pola Xunta de Goberno do 26/08/2009 a ampliación do contrato a favor da mencionada empresa na contía de 34.572,00 €, e remitido o 3º Grupo de solicitudes da Campaña de Outono a Intervención para a súa fiscalización á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 18/09/2009 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 3º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña Outono, polo importe de 2.756,00 €, para un total de 53 persoas, con cargo a partida 09/313.313.227.02, e segundo os cadros que se xuntan: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA OUTONO PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto VIGO NO 32 1.664,00 POIO NO 2 104,00 VILAGARCIA NO 5 260,00 PONTEVEDRA NO 14 728,00 TOTAL 53 2.756,00 18.17273.- RECTIFICACIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 29/07/2009, RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN FREIXEIRO DE AXUDA Ó NECESITADO (AFAN) DE VIGO Como queira que a Asociación “AFAN” de Vigo, solicitara o 18/06/09, unha subvención para o proxecto de inserción social “Obtención do permiso de conducir, clase C”, e a Xunta de Goberno do 29/07/09 por erro de transcrición, acordou concederlle 5.900,00 € para a actividade “Obtención do permiso de conducir clase B”, á vista do informe de 15 dos correntes emitido pola Traballadora Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o erro padecido no acordo da Xunta de Goberno do 29/07/09 no seguinte senso: Onde di: “Obtención do permiso de conducir, clase B”. Debe dicir: “Obtención do permiso de conducir, clase C”. 19.17274.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota