ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/01/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-01-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/01/27_Ordinaria

  • Data(s) 2010-01-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17636.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de xaneiro de 2010. 2.17637.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002561, DENOMINADA “REPARACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002561, denominado “Reparación da piscina municipal”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Campo Lameiro a cantidade de 86.978,33 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002561, denominado “Reparación da piscina municipal”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 86.978,33 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.17638.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DAS NEVES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002668, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS GÁNDARAS-OUTEIRO, RUBIOS, IGLESIA DE SAN PEDRO E BARXA-RUBIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002668, denominado “Pavimentación de camiños Gandaras-Outeiro, Rubios, Iglesia de San Pedro e Barxa-Rubios”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello das Neves a cantidade de 120.139,80 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002668, denominado “Pavimentación de camiños Gandaras-Outeiro, Rubios, Iglesia de San Pedro e Barxa-Rubios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 53.573,32 euros Exercicio 2010: 10.000,00 euros Exercicio 2011: 56.566,48 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados ós remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto e a anualidade do 2011 contabilizarase na aplicación orzamentaria correspondente quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.17639.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002618, DENOMINADA “E.D.A.R. E COLECTORES EN POÑE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002618, denominado “E.D.A.R e Colectores en Poñe”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mondariz a cantidade de 181.462,03 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002618, denominado “E.D.A.R e Colectores en Poñe”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 153.465,97 euros Exercicio 2010: 27.996,06 euros Exercicio 2011: 00,00 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados ós remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.17640.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002615, DENOMINADA “NOVA E.D.A.R. NA POEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002615, denominado “Nova E.D.A.R na Poeira”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mondariz a cantidade de 197.170,05 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002615, denominado “Nova E.D.A.R na Poeira”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 180.000,00 euros Exercicio 2010: 17.170,05 euros Exercicio 2011: 00,00 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados ós remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.17641.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002260, DENOMINADA “SANEAMENTO EN AMEIROLONGO N-550”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002260, denominado “Saneamento en Amieirolongo N-550”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mos a cantidade de 96.406,11 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002260, denominado “Saneamento en Amieirolongo N-550”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 00,00 euros Exercicio 2010: 96.406,11 euros Exercicio 2011: 00,00 euros Esta subvención contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.17642.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002267, DENOMINADA “MELLORA DE INTERSECCIÓN NA ESTRADA DA VÍA EN TAMEIGA, MOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002267, denominado “Mellora de intersección na estrada da vía en Tameiga, Mos”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mos a cantidade de 94.787,17 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002267, denominado “Mellora de intersección na estrada da vía en Tameiga, Mos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 00,00 euros Exercicio 2010: 94.787,17 euros Exercicio 2011: 00,00 euros Esta subvención contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.17643.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Devolución dunha garantía definitiva á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L., mediante escrito presentado diante desta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Modificado nº1 E.P. 8001 Portas- Romai (Portas). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultasen responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de doce mil cento vinte e oito euros (12.128,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Modificado nº1 E.P. 8101 Portas- Romai (Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial el 07/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600106549, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.17644.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.17645.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL MEDIANTE PROCEDMENTO ABERTO DA XESTIÓN DO PROGRAMA “CAMIÑA CON NÓS” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de xestión do programa “Camiña con nós”. O orzamento máximo deste programa é de 116.375,00 €, sendo o tipo de licitación por persoa participante de 21,55 € sen IVE, e o importe correspondente ó IVE de 3,45 €. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión do programa “Camiña con nós”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 247 de data 28 de decembro de 2009. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 18 de xaneiro de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto”, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que pola Xefa do Servizo de Acción Social emítese informe sobre as empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: Empresas Puntuación do Sobre “B” Puntuación do Sobre “C” TOTAL VIAJES ECUADOR S.L 42 0 42,00 VIAJES INTER RÍAS FISTERRA S.L. 48 11,60 59,60 Á vista das puntuacións globais acadadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación do servizo de xestión do programa “Camiña con nós”, á empresa Viajes Inter Rías Fisterra S.L. (CIF B-36.050.656), ó obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa Viajes Inter Rías Fisterra S.L. (CIF B-36.050.656), o contrato para a prestación do servizo de xestión, do programa “Camiña con nós”, polo seguinte prezo ofertado: Prezo sen IVE 20,69€/participante IVE 3,31€/participante Prezo total 24,00€/participante O financiamento do programa efectuarase de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 15,00 € por participante, ata un importe máximo de 116.375,00 €. As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante, que será de 9,00 € por participante. A parte correspondente á Deputación, por importe de cento dezaseis mil trescentos setenta e cinco euros (116.375,00 €), será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. 2.- Conceder á empresa, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 5.818,75 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 96,10 € en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 11.17646.- CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A DOTACIÓN DE VEHÍCULOS PARA O TRANSPORTE DE PERSOAS A INSTITUCIÓNS E ENTIDADES SOCIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO (4ª SELECCIÓN) Esta Deputación Provincial, Caixanova e Automóviles Citröen España S.A subscribiron, con data 22 de outubro de 2008, un convenio de colaboración para o dotación de vehículos para o transporte de persoas a Institucións e Entidades sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos. En cumprimento do disposto na cláusula quinta do convenio, a Deputación efectuou unha convocatoria que foi publicada no Boletín oficial da Provincia de data 27 de outubro de 2008. Coa finalidade de poder atender o maior número posible das peticións efectuadas con arranxo a convocatoria, as Entidades Patrocinadoras incrementaron a achega inicial en 300.000,00 € cada unha delas, subscribindo para iso unha addenda o convenio, que foi aprobada pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 18 de febreiro de 2009. A base sexta da convocatoria estableceu a constitución dunha comisión integrada por representantes da Deputación e Caixanova para valorar as peticións con arranxo os criterios establecidos. Esta Comisión efectuou no seu momento a selección de 71 beneficiarios pero non esgotou o crédito dispoñible. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2009, acordou conceder, a proposta da comisión de selección, ó Club Ciclista Bueu un vehículo Citröen modelo Jumper 33 L1H1 120 por un importe total 25.082,00 € dos que a entidade beneficiaria tiña que achegar 5.793,94 €. Así mesmo outorgou ó Club BTT Ponteareas Escola Álvaro Pino un vehículo modelo Jumper HDI 120 Combi Club 33 L2H2 por un importe total de 34.035,00 euros, dos que a entidade beneficiaria tiña que achegar 7.862,09 euros. Ambas entidades subscribiron coa Deputación ambos convenios con datas 4 de abril e 1 de abril, respectivamente. O prazo para ingresar a cantidade era de dous meses contados a partir da formalización do convenio. De conformidade co previsto na cláusula terceira de non facelo nese prazo perdería o dereito a concesión do vehículo. En consecuencia a vista destes antecedentes procede anular a concesión dos vehículos outorgados a estes dous clubs. O anularse estas concesións existe crédito dispoñible para seleccionar un total de catro novos vehículos, dous con cargo ó crédito global existente e outros dous con cargo a estas anulacións. A Comisión de Selección reúnense o día 22 de xaneiro propoñendo que se concedan axudas ós catro solicitantes que obtiveron a maior puntuación nesta cuarta selección. Como Citröen España, S.A. elevou a súa achega o 30,7 %, en base o previsto na cláusula terceira do Convenio, por conseguinte a achega das outras Entidades Patrocinadoras Caixanova , Deputación e o beneficiario será do 23,1 %. Vistos os informes que obran no expediente e aceptando a proposta da Comisión de Valoración a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Anular o acordo da Xunta de Goberno de 24 de febreiro de 2009 no relativo a concesión de ambos vehículos ó Club Ciclista Bueu e o Club BTT Ponteareas Escola Álvaro Pino, ó incumprir ditos clubs o convenio asinado con esta Deputación. 2.- Conceder axudas para a dotación de vehículos para o transporte de persoas ós seguintes peticionarios (4ª selección)e polo importe que se indica: nº NOME DA INSTITUCIÓN OU ENTIDADE MODELO VEHÍCULO IMPORTE (IVE incluído e opcións) ASISTENCIAIS 1 Fundación Amigos de Galicia Jumper Minibus 17 Pl HDI 160 cv 32.936,32 € 2 Arela Iniciativa de apoio a infancia Jumpy HDI 120 Combi 8/9p 28.409,00 € DEPORTIVAS 1 Real Federación Española de Piragüismo Jumper Combi Club HDI 120 30 L1H1 31.785,00 € OUTRAS ASOCIACIÓNS 1 Banda Escola de Música de Beade Jumper Furgón 35 L3 H2 120 Cv 31.090,00 € 3.- Aprobar o financiamento que corresponde a cada entidade segundo o seguinte detalle. nº NOME DA INSTITUCIÓN OU ENTIDADE IMPORTE TOTAL ACHEGA CITRÖEN ACHEGA DEPUTACIÓN ACHEGA CAIXANOVA ACHEGA BENEFICIARIO 1 Fundación Amigos de Galicia 32.936,32 € 10.111,45 € 7.608,29 € 7.608,29 € 7.608,29 € 2 Arela Iniciativa de Apoio A Infancia 28.409,00 € 8.721,56 € 6.562,48 € 6.562,48 € 6.562,48 € 3 Real Federación Española de Piragüismo 31.785,00 € 9.758,00 € 7.342,34 € 7.342,34 € 7.342,34 € 4 Banda Escola de Música de Beade 31.090,00 € 9.544,63 € 7.181,79 € 7.181,79 € 7.181,79 € TOTAL 124.220,32 € 38.135,64 € 28.694,89 € 28.694,89 € 28.694,89 € 4.- De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, subscribirase un convenio con cada un dos beneficiarios. 5.- Antes de proceder á matriculación do vehículo deberán ingresar o 23,1 % do seu importe, no prazo máximo de dous meses a partir da data de formalización do convenio individual. 12.17647.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002546, DENOMINADA “ENSANCHE E MELLORAS EN CAMIÑOS DE SULAGO (MERZA) E FRIEIRA (CAMANZO)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002546, denominado “Ensanche e melloras en camiños de Sulago (Merza) e Frieira (Camanzo)” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vila de Cruces, con CIF núm. P3605900D, a cantidade de sesenta e tres mil novecentos cincuenta e sete euros con oitenta e dous céntimos (63.957,82 €), para a realización do investimento núm. 2009002546, denominado “Ensanche e melloras en camiños de Sulago (Merza) e Frieira (Camanzo)”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 63.957,82 euros Exercicio 2010: 00,00 euros Exercicio 2011: 00,00 euros A anualidade 2009 contabilizarase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2010, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.17648.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002295, DENOMINADA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE CASIÑAS, PONTENLAS, CORRIGATOS, BATÁN E TRAMBOSRIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002295, denominado “Saneamento nos lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosrios” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Moraña, con CIF núm. P3603200A, a cantidade de trescentos setenta e un mil setecentos sesenta e un euros con setenta e nove céntimos (371.761,79 €), para a realización do investimento núm. 2009002295, denominado “Saneamento nos lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosrios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 371.761,79 euros Exercicio 2010: 00,00 euros Exercicio 2011: 00,00 euros A anualidade 2009 contabilizarase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2010, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 14.17649.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002296, DENOMINADA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE COSOIRADO E TEIXUGUEIRAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002296, denominado “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Moraña, con CIF núm. P3603200A, a cantidade de cento oitenta e oito mil novecentos noventa e seis euros con vinte e dous céntimos (188.996,22 €), para a realización do investimento núm. 2009002296, denominado “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 00,00 euros Exercicio 2010: 188.996,22 euros Exercicio 2011: 00,00 euros A presente axuda contabilizarase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45 do orzamento provincial para o ano 2010. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 15.17650.- APROBACIÓN DE BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2010 Á vista dos informes de Secretaría Xeral e Intervención de datas 25 e 26 de xaneiro, respectivamente, e no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, consciente da importancia de promover, fomentar e impulsar actividades para concellos e outras entidades locais, dadas as carencias de recursos das mesmas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Municipal, Sección Actividades para o exercicio 2010, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2010 PRIMEIRA.- OBXECTO. A finalidade desta convocatoria é subvencionar aquelas actividades culturais e deportivas, xestionadas libremente polas entidades locais, coa finalidade de apoiar e contribuír ó desenvolvemento sociocultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia na realización de actividades, durante o ano 2010. O obxectivo das actividades que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal, Sección Actividades, será asegurar a prestación integral e adecuada ós Servizos de competencia municipal, dirixido a todos os concellos e outras entidades locais da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. Poderán ser obxecto da subvención as actividades organizadas polas entidades locais seguintes: 1º) As actividades culturais, que contribúan ó desenvolvemento, cultural, educativo e social das persoas do municipio ou da entidade local beneficiaria ou que teñan relación co/a mesmo/a, e que o seu Plan de Execución teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2010. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido relacionamos: 1. Actividades de difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura, como son as proxeccións de cine, vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun día de duración ou máis e outros eventos semellantes. 2. Actividades artísticas, favorecedoras da creatividade e a iniciativa cultural, como son o fomento dos grupos de teatro, grupos musicais, creacións literarias tales como revistas culturais, científicas, recitais, concursos literarios, etc. 3. Actividades lúdicas, favorecedoras do esparcimento e ocio, como son festexos tradicionais folclóricos, semanas culturais, etc. 4. Actividades formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipio/entidade local como son cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudo, etc. 5. Calquera outra actividade cultural semellante ás anteriores. 2º) As actividades deportivas, que contribúan ó desenvolvemento deportivo e de esparcimento, con repercusión que incida na promoción deportiva dentro da provincia de Pontevedra, con Plan de Execución que teña lugar entre el 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2010, e que se detallan a continuación: 1. Actividades organizativas de eventos deportivos puntuais, tales como a organización de campionatos, ligas, etc. 2. Actividades participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario. 3. Actividades de fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico. 4. Calquera outra actividade deportiva semellante ás anteriores. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de oitocentos mil euros (800.000,00 €), financiarase con cargo ó Orzamento de 2010, aplicación 10/942.942.462.00, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS. As actividades culturais e deportivas de ámbito local serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación das entidades locais na elección das actividades que desexan realizar. b) Voluntariedade na participación e liberdade das entidades locais de organización de ditas actividades. CUARTA.- BENEFICIARIOS. Poderán solicitar estas axudas todos os concellos e demais entidades locais da provincia menores de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a esta convocatoria e que teñan previsto realizar actividades deportivas e culturais no período comprendido dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2010. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte: a) A comunicar á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a Deputación Provincial de Pontevedra, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. b) Difundir convenientemente e facer constar en toda información que a actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra. c) Comunicar ó Servizo de Cooperación calquera eventualidade na actividade ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza. d) Proporcionar toda a información que lle sexa requirida polo Servizo de Cooperación encargado do seguimento e evolución das subvencións. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACION. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a venres, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa da actividade a desenvolver, debidamente asinada polo representante. b) Orzamento da actividade a realizar, detallado e debidamente asinado polo representante. c) Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da Entidade Local no que se determine a actividade e se solicite a subvención para a súa realización. d) Certificación do Secretario (ou Interventor) no que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar, e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro.(Anexo I). e) Certificación Secretario (ou Interventor) de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I). As Entidades Locais deberán presentar as solicitudes especificando as actividades concretas, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar a Deputación de Pontevedra. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION. As solicitudes irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da Sede de Vigo, de luns a venres, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE. As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma actividade, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o 100% do custo real da mesma. A tal efecto, comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, u outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Estas axudas non son compatibles con outras concedidas no exercicio 2010 por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade, nin Organismos Autónomos da mesma, debendo as Entidades Locais comunicar á Deputación ou Organismos Autónomos tal circunstancia de darse o caso. OITAVA.- CRITERIOS DE CONCESIÓN. A asignación de subvencións ás distintas actividades, sexan culturais ou deportivas, farase en función dos seguintes criterios: 1º Porcentaxe de gastos do concello na área cultural-deportiva, con respecto ó orzamento total do concello, correspondente ó último exercicio liquidado. Valorarase ata 10 puntos. 2º Ingresos que xera para o concello a realización de actividades e a prestación de servizos culturais e deportivos, correspondentes ó último exercicio liquidado. Valorarase ata 10 puntos. 3º Importancia da actividade en función de: tipo de actividade, posibles beneficiarios, impacto e alcance territorial, colaboración con outras entidades (de se-lo caso) e calquera outro indicador que permita valorar a súa incidencia de cara ó fomento cultural-deportivo, que a xuízo da Comisión de Avaliación se deban considerar. Valorarase ata 20 puntos. NOVENA.- INSTRUCION E RESOLUCION. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava. O informe-proposta provisional será sometido a estudo e avaliado pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue. Vogais: O presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, a xefa do Servizo de Cooperación. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver, e deberá emitir informe respecto das solicitudes de subvención. Non poderá concederse subvención para unha actividade que teña un orzamento inferior a mil euros (1.000,00 €). O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade a desenvolver polo beneficiario. DÉCIMA.- REFORMULACION DE SUBVENCIONS. Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención proposta sexa inferior ó solicitado. Será no momento da comunicación da proposta provisional de concesión cando os beneficiarios poidan reformular dita solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable e sempre antes de que o órgano competente acorde a concesión da mesma. A nova solicitude, terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respectar o obxecto da primeira solicitude, os requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA.- PUBLICIDADE. As Entidades Locais que sexan beneficiarias da subvención, deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento pola Deputación da actividade obxecto da mesma, mediante as medidas de difusión que consideren adecuadas dado o carácter da actividade, na que se inclúa a imaxe institucional da Deputación Provincial de Pontevedra. DÉCIMO SEGUNDA.- MODIFICACIONS DE SUBVENCIONS. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados desde a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias excepcionais serán as seguintes: - Non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo a actividade. - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe da actividade. - Ter prioridade na realización doutra actividade, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación da actividade subvencionada, se non se solicita antes do día 31 de decembro do 2010, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o presidente ou vicepresidente en quen delegue. DÉCIMO TERCEIRA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS. 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 1 de marzo do 2011. 2.- No caso de non poder presentar a xustificación na data establecida no apartado anterior, as entidades beneficiarias poderán solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación sempre que non exceda da metade do mesmo e, en todo caso, non supere os tres meses, ademais de que non prexudique dereitos de terceiro. 3.- A solicitude de prórroga deberá obrar nesta Deputación antes de que finalice o prazo de xustificación da actividade subvencionada. Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 4.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión). (Anexo II). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. b.- Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, debendo corresponder o gasto á actividade subvencionada, e con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2010 ambos inclusive. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. c.- Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. d.- Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. (Anexo II). e.- Declaración do Concello/Entidade Local de darlle difusión á actividade subvencionada, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación (Anexo II). O Servizo de Inspección da Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá o libramento da mesma. f.- Declaración de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas para a finalidade subvencionada ou, de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada (Anexo II). g.- Declaración responsable de terse realizado a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención (Anexo II). O aboamento da subvención practicarase directamente á Entidade Local beneficiaria da subvención. DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO. As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. DÉCIMO QUINTA.- APROBACIÓN DAS BASES. De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DÉCIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO. Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOGA nº. 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable. DÉCIMO SÉTIMA.- RECLAMACIÓNS. Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, diante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo diante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude destas subvencións, serán facilitados polo servizo de Cooperación ou ben a través da súa páxina web (www.depontevedra.es). Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.” Os documentos que se anexan son os que seguen: 1.- Solicitude de subvención. 2.- Anexo I: Certificación. 3.- Reformulación de solicitude de subvención. 4.- Anexo II: Conta xustificativa. 16.17651.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, (PAC), PARA O EXERCICIO 2010 Á vista dos informes de Secretaría Xeral e Intervención de datas 25 e 26 de xaneiro, respectivamente, e no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións e Asociacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2010, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2010. PRIMEIRA.- OBXECTO. A finalidade desta convocatoria é apoiar ás Agrupacións e Asociacións Veciñais (en adiante Agrupacións Veciñais) na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2010. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: - Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estean relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, agás a compra de terreos. O importe total das subvencións públicas, concedidas para esta finalidade, utilizarase exclusivamente: - Tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e - Tratándose de subministracións, na adquisición dos mesmos. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de un millón douscentos mil euros (1.200.000,00€), financiarase con cargo ó Orzamento de 2010, aplicación 10/942.459.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS. As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección dos investimentos que desexen executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS. Poderán solicitar estas axudas tódalas Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. 2. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence. 3. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo coa Deputación. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a venres, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinada polo representante. b) Orzamento do investimento a realizar, detallando unidades e prezos unitarios, asinado polo representante e co IVE desagregado. c) Declaración responsable na que conste o conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización do investimento (obra ou adquisición), en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación Veciñal e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento do investimento mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada (Anexo III). d) Acta de nomeamento dos representantes da Agrupación Veciñal (Anexo II) ou, de ser unha Asociación, a acta de nomeamento da Xunta Directiva actual, e fotocopia cotexada do CIF., no caso de contar con el, así como do DNI. do representante. e) Declaración responsable na que conste se a Agrupación Veciñal obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro (Anexo I). f) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado, Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social, e de non ter débedas de ningún tipo coa Deputación, e autorización á Deputación para obter as correspondentes certificacións. (Anexo I). g) Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I). h) Certificación, da sucursal correspondente, da conta bancaria na que terá que ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación Veciñal ou, como mínimo, de tres titulares que figuren na Acta de nomeamento dos representantes da mesma. As Agrupacións Veciñais só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes. Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da Sede de Vigo, de luns a venres ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 45 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE. Estas axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo investimento, pero en ningún caso a contía das mesmas poderá superar o custo do investimento a realizar. A tal efecto comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Así mesmo, estas axudas non son compatibles con outras concedidas por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade no exercicio 2010, nin doutros Organismos autónomos, debendo as Agrupacións Veciñais comunicar á Deputación tal circunstancia de darse o caso. OITAVA- CRITERIOS DE CONCESION. A asignación de axudas ou subvencións dos distintos investimentos (obras ou adquisicións), farase en función dos seguintes criterios: 1º Investimentos en inversións básicas para o municipio, incluídas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Valorarase ata 10 puntos. 2º Número de membros que compoñen a Agrupación ou Asociación. Valorarase ata 10 puntos. 3º Número de habitantes da comunidade ou municipio beneficiados, ata 10 puntos. 4º Importancia do investimento en función de: tipo de investimento, posibles beneficiarios, impacto e alcance territorial, colaboración con outras entidades (de ser o caso) e calquera outro indicador que permita valorar a súa incidencia de cara ó fomento do investimento, que a xuízo da Comisión de Avaliación se deba considerar. Valorarase ata 25 puntos. NOVENA.- INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe de Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava. O informe-proposta provisional será sometido a estudio e avaliado pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue. Vogais: O Presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e a Xefa de Servizo de Cooperación. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver e deberá emitir un informe-proposta definitivo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real do investimento a desenvolver polo beneficiario. DÉCIMA.- REFORMULACION DE SUBVENCIONS. Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención proposta sexa inferior ó solicitado. Será no momento da comunicación da proposta provisional de concesión cando os beneficiarios poidan reformular dita solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable e sempre antes de que ó órgano competente acorde a concesión da mesma. A nova solicitude, terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respectar o obxecto da primeira solicitude e demais requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA.- PUBLICIDADE. As Agrupacións Veciñais que sexan beneficiarias da subvención, deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento do investimento obxecto da mesma pola Deputación, poñendo un cartel ou placa anunciador, nun lugar visible, coa inclusión da imaxe institucional da Deputación Provincial de Pontevedra. DECIMO SEGUNDA.- MODIFICACIÓNS DE SUBVENCIÓNS. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados desde a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias serán as seguintes: - Non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo o investimento. - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe do investimento. - Ter prioridade na realización doutro investimento que teña que acometer a Agrupación Veciñal, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación do investimento subvencionado, se non se solicita antes do día 31 de marzo do 2011, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue. DÉCIMO TERCEIRA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS. 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizado o investimento, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 31 de outubro do 2011. Se non puidesen xustificalas no prazo establecido, poderase solicitar, antes de que remate dito prazo, unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo, e, en todo caso non supere os seis meses, sempre que non prexudique dereitos de terceiro. 2.- Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 3.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acreedor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión). (Anexo IV). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. b.- Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. c.- Memoria explicativa do investimento realizado e dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante da Agrupación Veciñal. d.- Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV). e.- Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. (Anexo IV). f.- Declaración da Agrupación Veciñal de darlle difusión ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación (Anexo IV). O Servizo de Inspección dos investimentos comprobará que foi posto o cartel ou placa de publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá ó libramento da mesma. Será necesario tamén o informe dos técnicos provinciais correspondentes, que será solicitado polo Servizo de Cooperación, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento, e de que o executado se axusta ó previsto na memoria e no orzamento. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO. As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO QUINTA.- APROBACIÓN DAS BASES. De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2010, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DECIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO. Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. DECIMO SÉTIMA.- RECLAMACIÓNS. Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, diante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso Contencioso-Administrativo diante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude destas subvencións serán facilitados polo Servizo de Cooperación ou ben a través da súa páxina web (www.depontevedra.es).” Os documentos que se anexan son os que seguen: 1.- Solicitude de subvención. 2.- Anexo I: Declaración. 3.-.Anexo II: Acta de nomeamento dos representantes da agrupación veciñal. 4.- Anexo III: Acordo adoptado polos veciños. 5.- Reformulación de solicitude de subvención. 6.- Anexo IV: Conta xustificativa. 17.17652.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE VARIAS FACTURAS Dada conta das facturas que a continuación se relacionan por un importe total de 17.374,88 € (IVE incluído) con cargo á partida 10/340.341.489.02 e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de ditas facturas polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obrigación mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar as facturas citadas polo importe de 17.374,88 €, con cargo á partida 10/340.341.489.02 do vixente orzamento provincial. PROVEEDOR Nº FACTURA IMPORTE Melytour, S.L. 0009/000002 2.878,30 € Empresa Miño H/8 1.658,50 € DS Disseny Sport, SCP 22/09 2.741,78 € Trezze 2433/09 1.409,63 € Trezze 2365/09 549,84 € Trezze 2372/09 2.998,19 € Trezze 2374/09 2.897,16 € Trezze 2377/09 842,28 € Moto-Bike 37 390,00 € Ice Imaginación 85 336,40 € Ice Imaginación 100 672,80 € 18.17653.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 14.17428 DE DATA 18 DE NOVEMBRO DE 2009 Por acordo da Xunta de Goberno número 14.17428, de data 18 de novembro de 2009, autorizouse a D. Amancio Varela García, responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías a asistir ó curso de formación “El despliegue de infraestructuras de telefonía móvil en el ámbito municipal” e a dous reunións a celebrar en Madrid os días 16, 17 e 18 de novembro de 2009. Advertido o erro no texto de acordo, concretamente no grupo e no importe das dietas correspondentes a ese grupo e, ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. De acordo co exposto, ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar dito erro e modificar o grupo e o importe correspondente ás dietas do acordo da Xunta de Goberno número 14.17428 de data 18 de novembro de 2009 pola que se autoriza a D. Amancio Varela García a asistir ó curso de formación e a dúas reunións a Madrid os días 16, 17 e 18 de novembro de 2009, no sentido que onde di: Dietas: Dietas Día 16 nov. Día 17 nov. Día 18 nov. Total Dietas Partida Grupo III Dieta enteira 77,13 Residencia Eventual (80% da dieta) 61,70 Manutención (100%) 28,21 167,04 132.121.230.01 Debe dicir: Dietas: Dietas Día 16 nov. Día 17 nov. Día 18 nov. Total Dietas Partida Grupo III Dieta enteira 103,37 Residencia Eventual (80% da dieta) 82,70 Manutención (100%) 37,40 223,47 132.121.230.01 19.17654.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición