ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/05/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-05-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/05/26_Ordinaria

  • Data(s) 2010-05-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 26 de maio de 2010 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e seis de maio do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dna. Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18240.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 19 de maio de 2010. 2.18241.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010”, CAMPAÑA DE PRIMAVERA” Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00€, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcon Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 1º. Grupo de solicitudes á Intervención o 20 de maio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 1º. Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Primavera, polo importe de 23.868,00 €, para un total de 459 persoas, con cargo á partida 10/230.232.227.07 do orzamento provincial, e segundo os cadros que se xuntan: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO AGOLADA SI 5 260,00 € CAMBADOS SI 25 1.300,00 € CATOIRA SI 75 3.900,00 € COVELO SI 37 1.924,00 € FORNELOS SI 50 2.600,00 € AS NEVES SI 10 520,00 € MARIN SI 75 3.900,00 € MEAÑO SI 50 2.600,00 € SOUTOMAIOR SI 20 1.040,00 € TOMIÑO SI 31 1.612,00 € TOTAIS 378 19.656,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO CANGAS NO 10 520,00 € LALIN NO 5 260,00 € MARIN NO 4 208,00 € MONDARIZ NO 1 52,00 € NIGRÁN NO 1 52,00 € OIA NO 48 2.496,00 € PONTEAREAS NO 1 52,00 € VILAGARCÍA NO 11 572,00 € TOTAIS 81 4.212,00 € 3.18242.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DE SOSTENIBILIDADE E PAISAXE DA XUNTA DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA BASE TERRITORIAL DE GALICIA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Base Territorial de Galicia na Provincia de Pontevedra, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar a creación dunha base de información xeográfica e cartográfica para o coñecemento das infraestruturas, recursos, servizos e medio ambiente, tanto de xeito cualitativo como cuantitativo, coa finalidade de obter un sistema de información que sirva de apoio para a planificación dos investimentos e a elaboración de estratexias a nivel local e provincial , ascendendo o custe das actuacións previstas, segundo o proxecto presentado, a setecentos dez mil euros (710.000,00 €). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral de Sostenibilidade e paisaxe da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Base Territorial de Galicia na Provincia de Pontevedra. O financiamento do obxecto do convenio, distribúese segundo o seguinte esquema: 2010 2011 2012 2013 TOTAL Deputación (50%) 200.000,00 55.000,00 50.000,00 50.000,00 355.000,00 Xunta de Galicia (50%) 55.000,00 100.000,00 100.000,00 100.000,00 355.000,00 TOTAL 255.000,00 155.000,00 150.000,00 150.000,00 710.000,00 Respecto das achegas da Deputación, na aplicación orzamentaria 10/942.942.642.50 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto do exercicio 2010, efectuándose a correspondente retención de crédito. As anualidades 2011, 2012 e 2013 contabilizaranse con cargo ás partidas correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. Respecto da achega da Xunta de Galicia, supón un ingreso de dereito público, o cal, segundo se recolle expresamente no texto do Convenio, xerarase na aplicación correspondente, debendo ingresarse a achega de 2010 á sinatura do convenio e as achegas das anualidades futuras dentro do primeiro trimestre de cada exercicio orzamentario no prazo sinalado na correspondente liquidación. Coas particularidades sinaladas respecto o financiamento do investimento e os aspectos orzamentarios, o texto do convenio é o transcrito a continuación: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DE SOSTIBILIDADE E PAISAXE DA XUNTA DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA BASE TERRITORIAL DE GALICIA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, a xx de maio de 2010 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Agustín Hernández Fernández de Rojas en calidade de Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, no exercicio das facultades conferidas na Lei 1/1983, de 12 de febreiro, reguladoras da Xunta e do seu Presidente. Ambas partes teñen e recoñécense con capacidade legal suficiente para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas MANIFIESTAN PRIMEIRO.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. SEGUNDO.- Que ambas Administracións están preocupadas e interesadas no desenvolvemento de información cartográfica e territorial seguindo as recomendacións dos organismos internacionais, en particular na Directiva INSPIRE na incorporación da información xeográfica e cartográfica na xestión das administracións e, en particular, na posta en marcha de accións que permitan mellorar a información xeográfica e cartográfica dispoñible, a xeoreferenciación dos recursos naturais do territorio, das infraestruturas, dos recursos e das actividades económicas. TERCEIRO.- Que a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, a través do Servizo de Coordinación e Información Territorial da Xunta de Galicia ten como obxectivo a coordinación e difusión da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos territoriais das diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma, así como, a xestión dos sistemas de información corporativos vinculados ó territorio a partir das bases de datos cartográficos e espaciais existentes na consellería e o resto de organismos da Xunta de Galicia. CUARTO.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra está a por en marcha distintos proxectos relacionados cos Sistemas de Información Xeográfica, en adiante SIX, vinculados ó coñecemento das infraestruturas, recursos, actividade económica e medio ambiente e o desenvolvemento sostible na Provincia de Pontevedra tratando de acadar os obxectivos previstos no Plan Estratéxico Pontevedra 2010 en canto a emprego de tecnoloxías SIX se refire. QUINTO.- Que entre estes proxectos destaca o desenvolvemento e actualización da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais EIEL. A EIEL naceu en 1985 por iniciativa do Ministerio de Administración Territorial, actual Ministerio de Política Territorial, co obxectivo de recompilar información sobre os servizos de infraestruturas e equipamentos que eran competencia das Corporacións Locais, calquera que fose a entidade titular ou xestora. Ás Deputacións Provinciais e Cabildos Insulares asignábaselles o papel de conseguir os datos necesarios e envialos ó Ministerio no formato pedido. A Orde Ministerial de 7 de maio de 1998 para a aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regulamentaba a Cooperación Económica do Estado ós Investimentos das Entidades Locais, estableceu a actualización obrigatoria da Enquisa cada cinco anos, na actualidade este prazo é de un ano. No artigo terceiro do R. D. 1328/1997, recóllense os obxectivos e finalidade da Enquisa. A Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais, elaborada segundo a metodoloxía común para as Deputacións Provinciais, coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial, constitúe o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación Económica Local do Estado. A súa finalidade é coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censal, con información precisa e sistematizada dos núcleos de poboación dos municipios con poboación inferior a 50.000 habitantes. Corresponde ó Ministerio de Política Territorial, no marco da cooperación económica local, o seguimento da actualización e mantemento da EIEL polas Entidades elaboradoras da mesma, así como a colaboración económica nas citadas tarefas e o fomento da súa ampliación a outras entidades Locais. Os Planes Provinciais e Insulares de Cooperación basearanse nos datos contidos na EIEL, o que se xustificará axeitada e suficientemente por parte das Deputacións Provinciais na memoria correspondente. A Enquisa é concebida como un instrumento de análise, cuantitativo e cualitativo, dos servizos de competencia municipal, calquera que sexa a entidade titular dos mesmos, co fin de obter unha base de datos a nivel nacional, que sirva de apoio para planificar os investimentos nos municipios menores de 50.000 habitantes. A metodoloxía de elaboración da EIEL adáptase nestes momentos á súa definición actual de “Inventario de ámbito nacional, de carácter censal, con información precisa e sistematizada”, que aparece no R.D. 1263/2005, de 21 de outubro, que reforma ó R. D. 835/2003, de 27 de xuño, que regula a cooperación económica do Estado ós investimentos das Entidades Locais. Por outra banda, o Plan Estratéxico Pontevedra 2010 da Deputación sinala o emprego dos sistemas de información xeográfica como ferramenta básica cara a elaboración de estratexias e políticas no eido provincial. SEXTO.- Na actualidade a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia está a levar a cabo distintos proxectos e liñas de investigación relacionados co emprego de tecnoloxías SIX e desenvolvemento de cartografía. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- FINALIDADE DO CONVENIO DE COLABORACIÓN.- A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Base Territorial de Galicia na Provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- DESCRICIÓN DOS TRABALLOS A REALIZAR E DURACIÓN DO TRABALLO.- As actividades a desenvolver póla Deputación de Pontevedra no marco do presente convenio son as seguintes: 1. Actualizar e entregar periodicamente ó Ministerio de Política Territorial a información da Enquisa de Infraestruturas e Equipamento Local (EIEL) na Provincia de Pontevedra. 2. Deseñar e implementar unha metodoloxía axeitada e eficaz para a toma de datos da EIEL, así como a actualización e mantemento dos mesmos. 3. Desenvolver a Base de Datos Territorial (BDT) da Provincia de Pontevedra, que será parte da Base Territorial de Galicia, tomando como base a EIEL. Todos os datos contidos na BDT estarán debidamente xeoreferenciados, estarán dotados da xeometría adecuada, serán compatibles con calquera outra cartografía provinte da IDE de Galicia e disporán de metadatos. Dita BDT deberá conter como mínimo as seguintes categorías: a. Información Xeral de Carácter Municipal. b. Patrimonio. c. Medio Ambiente. d. Rede Viaria. e. Transporte. f. Abastecemento de Auga. g. Saneamento e Depuración. h. Servizos. i. Equipamentos. 4. Garantir que a cartografía provinte da EIEL de Pontevedra será compatible coa Base Topográfica Armonizada de Galicia. 5. Crear un portal web corporativo que sirva de soporte á IDE de Pontevedra, que poida aloxar un xeoportal con toda a información da BDT provincial, así como servidores de mapas e acceso a descarga de datos. 6. Consolidar o proxecto opengisEIEL desenvolvendo novas funcionalidades e mantendo a súa vinculación a gvSIG. Se integrarán os servizos co actual servidor de LocalGIS existente na Deputación de Pontevedra. 7. Explotar a información provinte da enquisa mediante estudos, fichas municipais ou anuarios que amosen os principais parámetros dos concellos de Pontevedra en canto a estado das infraestruturas e dos equipamentos, vinculado a información socioeconómica. 8. Ofertar formación e asistencia nas tecnoloxías empregadas no proxecto as entidades locais da provincia. As actividades realizaranse durante os anos 2010, 2011, 2012 e 2013 e o financiamento do Convenio establecerase durante estes anos. A Deputación de Pontevedra comprométese a destinar os fondos, tanto propios como os recibidos da Xunta de Galicia, ó financiamento das actuacións indicadas. Como xustificación das actividades desenvolvidas en cada exercicio e cofinanciadas entra ámbalas dúas administracións, a Deputación achegará, o remate de cada un dos exercicios, unha memoria ou informe detallado que recolla, como mínimo, os traballos realizados, o custe dos mesmos, os resultados obtidos, a metodoloxía empregada, as dificultades técnicas atopadas e o cronograma das actuacións pendentes. TERCEIRA.- IMPORTE E CONDICIÓNS DE PAGAMENTO.- O importe ó que se refire o presente convenio ascende á cantidade de setecentos dez mil euros (710.000,00 €), a financiar entre as dúas Administracións segundo o seguinte detalle por exercicio. Exercicio Deputación de Pontevedra Xunta de Galicia 2010 200.000,00 € 55.000,00 € 2011 55.000,00 € 100.000,00 € 2012 50.000,00 € 100.000,00 € 2013 50.000,00 € 100.000,00 € A Deputación de Pontevedra achegará, globalmente, 355.000,00 euros. O exercicio 2010 se aboará con cargo á aplicación 2010.942.942.642.50, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Os exercicios futuros contabilizaranse con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionado, en todo caso, á aprobación do respectivo orzamento. A cantidade a achegar pola Xunta de Galicia, ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente, debendo ingresar a cantidade do exercicio 2010 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As anualidades futuras se ingresarán dentro do 1º trimestre de cada exercicio no prazo que se sinale na liquidación que se notifique. CUARTA.- CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN E DOS RESULTADOS.- As dúas Administracións resérvanse o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio. Calquera que sexa o medio de difusión, ámbalas dúas partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio. Naqueles casos de convenios nos que o seu desenvolvemento dea lugar a dereitos de propiedade intelectual, procedementos, metodoloxías,... a elaboración e definición final dos aspectos relacionados coa Cláusula de propiedade de resultados será negociada e/ou redactada en cada caso, dependendo do tipo de actividade e dos coñecementos e/ou propiedade da información. QUINTA.- SEGUEMENTO DO TRABALLO.- Nos quince días seguintes á sinatura do presente convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra nomeará un interlocutor responsable da coordinación e seguimento dos traballos contemplados no presente convenio, e que será o encargado da recepción e elaboración dos informes de traballo. SEXTA.- COMISIÓN DE SEGUEMENTO. Para o control do cumprimento do presente convenio e o seguimento das actuacións realizadas, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte as seguintes persoas: Presidente- O Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, ou persoa en quen delegue. Vicepresidente- O Deputado Provincial da área de Cooperación Municipal ou persoa en quen delegue. Secretaria- A Xefa do Servizo de Cooperación Municipal ou persoa en quen delegue. Vogais- O representante da Deputación na Comisión Galega de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica e o representante do SITGA. Os membros da Comisión de seguimento poderán ser asistidos polos asesores externos que consideren axeitados e se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. SÉTIMA.-MODIFICACIÓN, DENUNCIA E RESOLUCIÓN DO CONVENIO.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente dándose trasladado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación e/ ou á Consellería, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. As partes poderán denunciar o presente convenio en calquera momento por acordo mutuo. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio por unha das partes facultará á outra para resolver o mesmo, quedando de xeito inmediato anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto da investigación, pero non así as obrigas contraídas no mesmo OITAVA.- DURACIÓN.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata ó 31 de decembro de 2013. NOVENA.- XURISDICCIÓN.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e quedando sometido a Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución das posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento o a súa interpretación. DECIMA: LEXISLACIÓN APLICABLE.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, así como as que se aproben para os exercicios 2011, 2012 e 2013. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por duplicado o presente documento no lugar e data arriba indicados. Pola Deputación de Pontevedra Pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Agustín Hernández Fernández de Rojas” 4.18243.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A) Devolución de garantías definitivas á empresa Feyju Galicia, S.L. A empresa Feyju Galicia, S.L. (CIF B- 36.620.383), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de sesenta e catro mil corenta e tres euros con noventa e seis céntimos (64.043,96 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial” que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/03/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500022995, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. B) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Eiriña, S.L. A empresa Construcciones Eiriña, S.L. (CIF B- 36.005.411), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de nove mil setecentos trinta euros con sesenta e un céntimos (9.730,61 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento de entrada a fincas e adecuación de servizos E.P. 2501, tramo Salceda- Picoña (Salceda de Caselas)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900011066, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de nove mil cincocentos vinte euros con corenta e oito céntimos (9.520,48€), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento de límite de estrada e adecuación de servizos E.P. 2009, tramo Arcade- Viso (Redondela- Soutomaior)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/04/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900029352, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. C) Devolución de garantías definitivas á empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. A empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. (CIF A- 36.011.047), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trece mil douscentos euros (13.200,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación antiga reitoral de Alcabre- Fase 2 (Vigo)” que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/07/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700055448, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de sesenta e oito mil douscentos nove euros con cincuenta e catro céntimos (68.209,54 €), para responder do contrato relativo á obra “Infraestructuras- Fase 1 no recinto dos Pendellos de Agolada” que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/11/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900098646, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Reparación da cuberta do Castelo de Soutomaior” que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/02/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007995, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.18244.- NOVACIÓN DO CONTRATO RELATIVO ÓS LOTES NÚMEROS 48 E 49 DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS DO ANO 2010, ADXUDICADOS Á EMPRESA PROBISA TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.L. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 7 de abril de 2010 acordou adxudicar definitivamente 47 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e 23 lotes de subministración de materiais, correspondentes ó ano 2010, a diversas empresas entre as que se encontraba Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L., con C.I.F., 28105120 B-28105120, que resultou adxudicataria dos lotes números 48 e 49, para subministrar emulsión ECM-1, co seguinte detalle: LOTE MATERIAIS TM/ outras Prezo Unitario IVE (16%) Total Prezo Unitario TOTAL 48 Subministración de emulsión ECM-1. 200 Tm 319,62 51,14 370,76 74.152,00 49 Subministración de emulsión ECM-1. 200 Tm 319,62 51,14 370,76 74.152,00 Resultando que a empresa Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L., mediante escrito de data 10 de maio de 2010 participa que con efectos do día 12 de abril de 2010 adoptou o acordo de segregación da súa actividade industrial a favor da sociedade Probisa Produtos Bituminosos, S.L.U., filial 100% de Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L. e que como consecuencia da devandita segregación acontece en bloque na totalidade dos dereitos e obrigas de que esta é titular en relación á devandita actividade empresarial. Resultando que anexa copias autenticadas da escritura de escisión, na súa modalidade de segregación da mercantil Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L., en beneficio de Probisa Vías e Obras, S.L.U. e de Probisa Produtos Bituminosos, S.L., así como da escritura de constitución de “Probisa Produtos Bituminosos, S.L.U., a tarxeta de identificación fiscal (C.I.F.-85826832 B-85826832), e certificacións de estar ó corrente nas obrigas tributarias e coa seguridade social. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no artigo 202 relativo á modificación dos contratos, recolle no seu apartado 4 que nos supostos de escisión, achega ou transmisión de empresas ou ramas de actividade das mesmas, continuará o contrato coa entidade resultante ou beneficiaria, que quedará subrogada nos dereitos e obrigas dimanantes do mesmo, sempre que teña a solvencia esixida ó acordarse a adxudicación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a novación do contrato correspondente aos lotes números 48 e 49 da subministración de materiais do ano 2009 adxudicados inicialmente á empresa Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L., en favor da empresa segregada, Probisa Produtos Bituminosos, S.L.U. (C.I.F.-85826832 B-85826832), co seguinte detalle: LOTE MATERIAIS TM/ outras Prezo Unitario IVE (16%) Total Prezo Unitario TOTAL 48 Subministración de emulsión ECM-1. 200 Tm 319,62 51,14 370,76 74.152,00 49 Subministración de emulsión ECM-1. 200 Tm 319,62 51,14 370,76 74.152,00 2. A empresa Probisa Produtos Bituminosos, S.L.U. (C.I.F.-85826832 B-85826832), como beneficiaria da excisión de Probisa Tecnoloxía e Construción, S.L., queda subrogada nos dereitos e obrigas dimanantes destes contratos. 6.18245.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE. DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BEIRARRÚAS RÚA FRANQUEIRA (ILLA DE AROUSA)”. (PID 2009-2011) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 €, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da Provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 591.762,44 € que se financiará dela forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 10/942.942.652.45.2009 266.001,28 2010 10/942.942.652.45 173.358,31 2011 11/942.942.652.45 152.402,85 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Dotación de infraestruturas e beirarrúas na rúa Franqueira na Illa de Arousa.” (Illa de Arousa) por importe de cincocentos dez mil cento corenta euros con tres céntimos (510.140,03 €), sen IVE, máis a cantidade de oitenta e un mil seiscentos vinte e dous euros con corenta e uns céntimos (81.622,41 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACION DE INFRAESTRUCTURAS E BEIRARRÚAS NA RUA FRANQUEIRA (ILLA DE AROUSA)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra Dotación de infraestruturas e beirarrúas na rúa Franqueira (Illa de Arousa). A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria construtiva e programa de traballo. 3. Melloras ofertadas. 4. Memoria de seguridade e saúde. 5. Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar.o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O secretario xeral. -O interventor. -O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladáraselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra…ect. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fora favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que tiveran interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................., maior de idade, veciño de.........., con domicilio en ........................titular do DNI...................................., expedido en data............................., actuando en nome propio ou en representación da empresa .................... (CIF- núm. ................................) e con domicilio en ............................., teléfono..................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _________ (en letra e número) euros, máis _______ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente).” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta: 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación sao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por eso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando Para ANEXO II N/REF: PID/09/005765/2009002756 PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “DOTACION DE INFRAESTRUTURAS E BERIRARRÚAS NA RUA FRANQUEIRA (ILLA DE AROUSA)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- Tipo de licitación: 510.140,03 euros, sen IVE. IVE: 81.622,41. Total: 591.762,44. C) FINANCIAMENTO.- Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 266.001,28 2010 2010.942.942.652.45 173.358,31 2011 2011.942.942.652.45 152.402,85 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en catorce meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN.- Grupo E Subgrupo 1 Categoría c – Grupo G Subgrupo 4 Categoría b. 7.18246.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN VARIOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos Concellos seguintes: RIBADUMIA 22/05/2010 FESTA DA BICICLETA A GUARDA 05/06/2010 FESTA DA BICICLETA BARRO 05/06/2010 FESTA DA BICICLETA O GROVE 12/06/2010 MARCHA POPULAR SALVATERRA DO MIÑO 12/06/2010 FESTA DA BICICLETA A ESTRADA 13/06/2010 FESTA DA BICICLETA TUI 19/06/2010 FESTA DA BICICLETA LALÍN 19/06/2010 FESTA DA BICICLETA CAMPO LAMEIRO 20/06/2010 FESTA DA BICICLETA VILABOA 26/06/2010 FESTA DA BICICLETA MOS 27/06/2010 FESTA DA BICICLETA 8.18247.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.18248.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS 2010. CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2º GRUPO Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00€, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 2º Grupo de solicitudes á Intervención o 24 de maio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 2º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Primavera, polo importe de 59.228,00 €, para un total de 1.139 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo os cadro que se xuntan: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO ESTRADA, A SI 200 10.400,00 € BARRO SI 37 1.924,00 € CERDEDO SI 50 2.600,00 € CUNTIS SI 13 676,00 € FORCAREI SI 125 6.500,00 € GUARDA, A SI 25 1.300,00 € MORAÑA SI 37 1.924,00 € MOS SI 100 5.200,00 € PAZOS DE BORBEN SI 4 208,00 € PONTE CALDELAS SI 45 2.340,00 € PONTECESURES SI 29 1.508,00 € REDONDELA SI 125 6.500,00 € RIBADUMIA SI 24 1.248,00 € SALVATERRA SI 88 4.576,00 € VILANOVA SI 50 2.600,00 € TOTALES 952 49.504,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO NIGRÁN NO 6 312,00 € MARÍN NO 2 104,00 € VIGO NO 90 4.680,00 € PONTEVEDRA NO 69 3.588,00 € LALÍN NO 16 832,00 € VILLAGARCÍA NO 2 104,00 € GONDOMAR NO 2 104,00 € TOTALES 187 9.724,00 € 10.18249.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS EN ESPECIE PARA A INSTALACIÓN EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE SISTEMAS DE DEPURACION DE AUGAS RESIDUAIS CON SISTEMAS DE ENERXIAS RENOVABLES NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO “ECOREDESANEASOL” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2010, aprobou as bases de concesión de subvencións en especie dirixidas a concellos da provincia de Pontevedra situados nas concas hidrográficas dos ríos Miño, Ulla, Umia, Lérez e Verdugo para a instalación de infraestruturas de depuración de augas residuais con subministración eléctrica a través de enerxías renovables dentro do proxecto europeo ECOREDESANEASOL, cofinanciado polo FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Rematado o prazo para a presentación de solicitudes polos concellos da provincia, as candidaturas recibidas foron avaliadas pola Comisión de Valoración, órgano colexiado constituído de acordo ó procedemento instrutor establecido na base 7 reguladora de ditas subvencións, que emitiu proposta de resolución provisional. O Servizo de Intervención emite informe de fiscalización favorable de data 24 de maio de 2010 sobre existencia de consignación de crédito por importe de 1.160.000,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 10/241.161.652.02.2009 e 10/241.161.652.02 do vixente orzamento provincial, establecendo como órgano responsable para a autorización do gasto á Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. En base ó anterior, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as subvencións en especie para a instalación en concellos da provincia de Pontevedra de sistemas de depuración de augas residuais con sistemas de enerxías renovables dentro do marco do proxecto europeo ECOREDESANEASOL ós concellos e polas contías seguintes: CONCELLO Importe económico subvención en especie Mondariz 380.000,00 € O Covelo 170.000,00 € A Lama 195.000,00 € Mos 195.000,00 € Ponte Caldelas 220.000,00 € TOTAL 1.160.000,00 € 11.18250.- DEIXAR SEN EFECTO PRÉSTAMO SEN INTERESE A FUNCIONARIO De acordo co exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade deixar sen efecto a concesión de préstamo sen interese a D. Emilio Conde Cal, funcionario de carreira adscrito o servizo de intervención, e remitir a documentación que obra no expediente á Dirección do ORAL, onde prestará os seus servizos con efectos do 1 de xullo de 210, co obxecto de que se proceda a súa tramitación en dito centro. 12.18251.- APROBACION DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE “POUSADA EN RIBADUMIA” Resultando que o Proxecto Pousadas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo a posta en valor dos recursos da bisbarra do Salnés na súa comprensión máis integrada, recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais, naturais, culturais, patrimoniais, produtivos, etc., entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido, estando prevista a posta en marcha dun programa que pretende crear e pór en funcionamento catro infraestruturas turísticas. Resultando que como consecuencia do convenio subscrito entre a Deputación Provincial, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadumia disponse dun terreo para a construción dunha das pousadas. Resultando que por Resolución nº 5991/10 adxudicouse definitivamente ó Arquitecto D. Mauro Lomba Martínez o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución de “Pousada en Ribadumia”. Resultando que redactado o referido proxecto, cuxo importe ascende á suma de 2.997.440,00 €, IVE incluído, é supervisado polo Servizo de Arquitectura. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ó financiamento da obra no que se pon de manifesto a existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente na aplicación 10/942.430.622.01.2009 para facer fronte ó gasto. Visto o informe emitido por Intervención o 26 dos correntes, onde se establecen unha serie de observacións e recomendacións, que deberían solventarse antes da aprobación do proxecto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar o proxecto básico e de execución de “Pousada en Ribadumia”, cuxo importe ascende á suma de 2.584.000,00 €, máis 465.120,00 € correspondentes ó IVE (tendo en conta que con efectos do 1 de xullo próximo, e de acordo coa Lei de Orzamentos Xerais para 2010, modifícase o tipo impositivo ó 18%), así como o inicio do expediente de contratación da obra. A obra financiarase con cargo á partida 10/942.430-622.01.2009 do vixente orzamento provincial. 13.18252.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “DOTACIÓN E SERVIZOS URBANOS EN RÚA SANTA LUCÍA, E.P. MEAÑO-DENA (MEAÑO) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21/04/2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Meaño co obxecto de levar a cabo a execución da obra de “Dotación de servizos e servizos urbanos en rúa Santa Lucía, E.P. Meaño Dena-Meaño (Meaño)” con orzamento de 421.747,28 €. Resultando que polo Concello de Meaño remítese o proxecto correspondente á referida obra. Resultando que por Intervención emítese informe relativo ó referido proxecto, así como ó seu financiamento. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto “Dotación de servizos e servizos urbanos en rúa Santa Lucía, E.P. Meaño Dena-Meaño (Meaño)” con orzamento de 421.747, 28 €, IVE incluído, así como iniciar o expediente de contratación da obra. A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2010 2011 2012 Total Deputación 137.526,29 96.268,40 85.515,77 316.310,46 Concello 45.842,10 32.089,47 27.505,25 105.436,82 Total 183.368,39 128.357,87 110.021,02 421.747,28 No referente ás achegas da Deputación Provincial, na partida 2010/456.453-612.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte á anualidade de 2010. As correspondentes a 2011 e 2012 contabilizaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos quedando condicionadas á súa aprobación. A achega municipal xerará crédito na aplicación correspondente, unha vez prodúzase o acto formal do compromiso firme ou de recoñecemento do dereito. 14.18253.- APROBACIÓN DO PROXECTO: “BEIRARRÚAS E MELLORA DA RÚA A CERCA (VILANOVA DE AROUSA) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24/03/2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vilanova de Arousa co obxecto de levar a cabo a execución da obra de “Beirarrúas e mellora cale A Cerca (Vilanova de Arousa)” con orzamento de 700.000,00 €. Resultando que polo Concello de Vilanova de Arousa remítese o proxecto correspondente á referida obra. Resultando que por Intervención emítese informe relativo ó referido proxecto, así como ó seu financiamento. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Prestar aprobación ó proxecto de “Beirarrúas e mellora rúa A Cerca (Vilanova de Arousa)” con orzamento de 700.000,00 €, IVE incluído. 2.- Modificar a cláusula terceira do convenio, aprobado en sesión de 24/03/2010, no referente ás achegas ó convenio que quedan establecidas como segue: Anualidades 2010 2011 2012 Total Deputación 350.000,00 350.000,00 Concello 152.173,91 106.521,74 91.304,35 350.000,00 Total 502.173,91 106.521,74 91.304,35 700.000,00 No referente á achega da Deputación Provincial, na aplicación 10/942.942.652.09.2009 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto. O gasto correspondente ás anualidades financiadas polo Concello xerará crédito nas aplicacións correspondentes. Así mesmo, e de acordo co informe de Intervención, emitido para ese fin, o Concello ten que ingresar a súa achega correspondente a 2010 antes de proceder que hai que aprobar o expediente de contratación da obra, debendo, en caso contrario, e de continuar a tramitación do expediente, darse conta ó Pleno do acordo adoptado contra a conclusión do devandito informe. 15.18254.- APROBACIÓN PROXECTO MODIFICADO DA OBRA: “NAVE DE SERVIZOS PARA INSTALACIÓN DE KARTING EN FORCAREI” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 01/07/2009 se adxudicou definitivamente a CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. a obra “Nave de servizos para instalación de karting en Forcarei”, na suma de 129.620,69 € máis 20.739,31 € correspondentes ó IVE, o que facía un total dce150.360,00 €. Resultando que polo Director da obra redáctase o referido proxecto modificado como consecuencia de que durante a execución da obra comprobouse a necesidade introducir unha serie de variacións respecto do proxecto primitivo, e que afectan ós capítulos de explanación, saneamento, cimentación, albanelería, solados e alicatados, instalación eléctrica, etc., ascendendo o seu importe, aplicado a porcentaxe de baixa da adxudicación inicial da obra, á suma de 180.331,08 € supondo un incremento sobre o contrato primitivo de 29.971,08 €. Resultando que por Intervención se emite informe en que se pon de manifesto a existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente na partida 10/922.342.652.00 para facer fronte ó gasto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de “Nave de servizos para instalación de karting en Forcarei”, por importe de 180.331,08 €, IVE incluído, que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 29.971,08 €. 16.18255.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO OS PROXECTOS DE: MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P. 9305, TRAMO FREIXO-LEIRO-RIBADUMIA E CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA NA INTERSECCIÓN DAS ESTRADAS PO-300, E.P. 9508 E E.P. 9504- RIBADUMIA Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo os proxectos “Mellora da seguridade vial na estrada E.P. 9305 Tramo: Freixo- Leiro- Ribadumia” e “Construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, E.P. 9508 e E.P. 9504- Ribadumia” que teñen por obxecto a execución de beirarrúas, aparcamentos e instalacións de servizos urbanos no primeiro proxecto e a construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, E.P. 9508 e E.P. 9504- Ribadumia e a execución de beirarrúas, instalación de redes de saneamento, abastecemento, alumeado ou distribución de enerxía eléctrica, no segundo proxecto. O custe total do convenio ascende a un millón oitocentos oitenta e nove mil douscentos noventa e oito euros con corenta e seis céntimos (1.889.298,46 €), cantidade que será financiada no que se refire ó proxecto “Mellora da seguridade vial na estrada E.P. 9305 Tramo: Freixo- Leiro- Ribadumia” pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra ó 50% na contía de trescentos vinte e catro mil trescentos corenta e cinco euros con oito céntimos (324.345,08 €) por cada Administración, e cun millón douscentos corenta mil seiscentos oito euros con trinta céntimos (1.240.608,30 €) respecto ó proxecto“ Construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, E.P. 9508 e E.P. 9504- Ribadumia”, que serán asumidos na súa totalidade pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O financiamento de ditos proxectos será distribuída nos anos 2010 e 2011. Polo Sr. Secretario emítese informe cunha serie de recomendacións que son incluídas no convenio. Polo Servizo de Intervención emítese informe favorable no que se indica que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto da anualidade 2010, efectuándose a correspondente retención de crédito. A anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente do seu orzamento, quedando condicionada á aprobación do mesmo. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións dos informes de Secretaria e Intervención, de data 25 de maio de 2010, e sendo a Xunta de Goberno ó órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo os proxectos “Mellora da seguridade vial na estrada E.P. 9305 Tramo: Freixo- Leiro- Ribadumia” e “Construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, E.P. 9508 e E.P. 9504- Ribadumia”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO OS PROXECTOS DE: MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA EP-9305 TRAMO:FREIXO-LEIRO-RIBADUMIA E CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA NA INTERSECCIÓN DAS ESTRADAS PO-300, E.P 9508 E EP-9504- RIBADUMIA Santiago de Compostela, de 2010 REUNIDOS Dunha parte, don Agustín Hernández-Fernández de Rojas Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia. Doutra parte, don Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34 1b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ambas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal suficiente e necesaria para o outorgamento do presente convenio de colaboración e a tal efecto. EXPOÑEN Na provincia de Pontevedra e en concreto no Concello de Ribadumia, o treito da estrada EP-9305 que discorre entre as localidades de Freixo e Leiro, está carente de beirarrúas, presentando unha elevada utilización peonil polo que se crea un problema de seguridade viaria importante. A Deputación de Pontevedra presentou un proxecto denominado “Proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada EP-9305, treito: Freixo-Leiro-Ribadumia” que consiste en executar beirarrúas e aparcamentos pola marxe dereita, así como levar a cabo simultaneamente as instalacións de servizos urbanos, instalación dunha adecuada sinalización e drenaxes suficientes para garantir o bo uso da mesma. Por outra banda, a intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504, constitúe un punto de conflito dada a escasa visibilidade da mesma. Neste punto a Deputación de Pontevedra tamén presentou un proxecto denominado “Proxecto de glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504 –Ribadumia” para levar a cabo a construción dunha glorieta na intersección da estrada autonómica PO-300 coas estradas provinciais EP-9508 e EP-9504, a construción de beirarrúas nas estradas provinciais así como a instalación das diferentes redes de saneamento, abastecemento, iluminación pública, distribución de enerxía eléctrica e rede de telecomunicacións. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre os seus obxectivos a mellora da rede viaria de Galicia, de xeito que se proporcione aos usuarios da rede unhas condicións de condución cómodas e seguras, mellorando os déficits na seguridade viaria e facilitando o acceso ós distintos equipamentos na procura e no fomento dun desenvolvemento harmónico. Neste contexto, a Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida ós seus cidadáns. Unha vez constatada a necesidade de levar a cabo as obras citadas con anterioridade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra deciden formalizar un convenio para o financiamento das mesmas. En consecuencia, considerando a confluencia dos intereses das partes comparecentes, é preciso artellar as bases para a óptima coordinación e así regular a colaboración nas súas actuacións entre ambas as dúas administracións. Para o fin mencionado, formalízase o presente convenio con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. OBXECTO.- O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración técnica e económica entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra que permitan realizar as seguintes obras: - “Proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada EP-9305, treito: Freixo-Leiro-Ribadumia”. O orzamento de execución desta obra estímase en seiscentos corenta e oito mil seiscentos noventa euros con dezaseis céntimos (648.690,16 €). - “Proxecto de glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504 –Ribadumia”. O orzamento de execución desta obra estímase nun millón douscentos corenta mil seis centos oito euros con trinta céntimos (1.240.608,30 €). Estes importes inclúen a execución e liquidación das obras. SEGUNDA. COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación Provincial de Pontevedra obrígase a: 1.- En relación ó proxecto denominado “Proxecto de mellora da seguridade vial na estrada EP-9305, treito: Freixo-Leiro-Ribadumia”. a) Achegar o proxecto que contemple as obras previstas neste convenio, o cal deberá ser aprobado pola dirección xeral de infraestruturas. b) Participar no financiamento do 50% do custo do proxecto, é dicir, trescentos vinte e catro mil trescentos corenta e cinco euros con oito céntimos de euro (324.345,08€), distribuídos nas seguintes anualidades: Anualidade 2010 190.791,23 € Anualidade 2011 133.553,85 € A anualidade de 2010 contabilizarase con cargo á aplicación 10/456.453.612.02 efectuándose a correspondente retención de crédito. A anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente do seu respectivo orzamento, quedando condicionada á aprobación do mesmo. Estes importes serán transferidos pola Deputación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como administración contratante das obras, unha vez xustificada a realización do gasto mediante a contabilización por parte desta dos pagos no Sistema Contable XUMCO e copia das facturas. Os libramentos efectuaranse proporcionalmente á achega de cada asinante en cada anualidade. Estes libramentos realizaranse pola Deputación de forma trimestral, durante os 15 días seguintes á recepción da documentación xustificativa do gasto realizado durante o citado período. c) Poñer a disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas os terreos necesarios, libres de cargas e gravames e co réxime urbanístico adecuado para a execución das obras a que se refiren as actuacións descritas na cláusula primeira, así como a reposición de servizos e servidumes afectados non incluídos no proxecto. Así mesmo, asumirá a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan, para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custos que se xeren, entre os que non haberá liquidación algunha de tributo a que puidera dar lugar a execución das obras, ó ser a deputación a titular das mesmas. d) Antes da sinatura do presente convenio, a Deputación deberá achegar á consellería, o compromiso do acordo adoptado polo órgano que legalmente teña atribuída a competencia conforme á lexislación propia do Réxime Local, a que fai referencia o apartado c) anterior. Así mesmo, respecto ó compromiso de asunción de obrigas económicas, a Deputación Provincial de Pontevedra deberá, con anterioridade á sinatura do convenio, achegar certificado de existencia de crédito orzamentario suficiente e retido para o fin deste convenio, nos seus orzamentos, así como o compromiso de formalizar os libramentos económicos a medida que os solicite a consellería, de acordo co previsto no apartado 1b) da cláusula segunda. e) A Deputación Provincial de Pontevedra, como trámite previo á adxudicación das obras, achegará a certificación xustificativa da dispoñibilidade dos terreos, nos termos do apartado c) precedente. f) Asumir, unha vez realizadas as obras e logo da comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a explotación, mantemento e conservación das obras realizadas, asumindo as responsabilidades correspondentes como ente titular das mesmas. 2.- En relación ó proxecto denominado “Proxecto de glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504 –Ribadumia”, a Deputación Provincial de Pontevedra obrígase a: a) Achegar o proxecto que contemple as obras previstas neste convenio, o cal deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas. b) Poñer a disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas os terreos necesarios, libres de cargas e gravames e co réxime urbanístico adecuado para a execución das obras a que se refiren as actuacións descritas na cláusula primeira, así como a reposición de servizos e servidumes afectados non incluídos no proxecto. Así mesmo, asumirá a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan, para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custos que se xeren, entre os que non haberá liquidación algunha de tributo a que puidera lugar a execución das obras, ó ser a deputación a titular das mesmas. c) Antes da sinatura do presente convenio, a Deputación deberá achegar á Consellería, o compromiso do acordo adoptado polo órgano que legalmente teña atribuída a competencia conforme á lexislación propia do Réxime Local, a que fan referencia o apartado b) anterior. d) A Deputación Provincial de Pontevedra, como trámite previo á adxudicación das obras, achegará a certificación xustificativa da dispoñibilidade dos terreos, nos termos do apartado b) precedente. e) Asumir, unha vez realizadas as obras e logo da comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a explotación, mantemento e conservación das obras realizadas, asumindo as responsabilidades correspondentes como ente titular das mesmas. TERCEIRA. COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, asume os seguintes compromisos: 1.-Aprobar, se procede, os proxectos de construción que contemplen as obras e actuacións previstas neste convenio. 2.- Financiar as obras, obxecto deste convenio, do seguinte xeito:  En relación ó proxecto denominado “Proxecto de mellora da seguridade vial na estrada EP-9305, treito: Freixo-Leiro-Ribadumia”:  Aprobar, se procede, pola Dirección Xeral de Infraestruturas, o proxecto presentado pola Deputación Provincial de Pontevedra.  Financiar as obras nun 50% ata un máximo de trescentos vinte e catro mil trescentos corenta e cinco euros con oito céntimos (324.345,08€) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Os pagos efectuaranse proporcionalmente á achega de cada asinante en cada anualidade, de acordo co establecido no apartado 1b) da cláusula segunda. Este importe efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010 07 04 512B 600.1, número de proxecto 1994-06057 distribuídos da seguinte forma:  Anualidade 2010 ............................162.172,54 €  Anualidade 2011 ............................162.172,54 €  Levar a cabo as actuacións de contratación e execución das obras descritas no proxecto e formalizar os actos de recepción das mesmas. En canto a dirección das obras estas levaranse a cabo por parte de técnicos da Administración Provincial.  Unha vez producido o acto formal de recepción das obras pola consellería, esta poñerao en coñecemento da Deputación Provincial de Pontevedra, entendéndose que tal comunicación determina o nacemento da obriga asumida pola Deputación na cláusula segunda apartado 1 f), sen prexuízo das responsabilidades que correspondan ó contratista derivadas do contrato de obras.  En relación ó proxecto denominado “Proxecto de glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504 –Ribadumia”.  Aprobar, se procede, pola Dirección Xeral de Infraestruturas, o proxecto presentado pola Deputación Provincial de Pontevedra.  Financiar a execución das obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo dun millón douscentos corenta mil seiscentos oito euros con trinta céntimos (1.240.608,30 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, con cargo á aplicación orzamentaria 2010 07. 04 512B 600.1 número de proxecto 2001 06008, distribuídos da seguinte maneira: Anualidade 2010 440.608,30 € Anualidade 2011 800.000,00 €  Levar a cabo as actuacións de contratación e execución das obras descritas no proxecto e formalizar os actos de recepción das mesmas. En canto á dirección das obras estas levaranse a cabo por parte de técnicos da Administración Provincial.  Unha vez producido o acto formal de recepción das obras pola consellería, esta poñerao en coñecemento da Deputación Provincial de Pontevedra, entendéndose que tal comunicación determina o nacemento da obriga asumida pola Deputación na cláusula segunda apartado 2 e), sen prexuízo das responsabilidades que correspondan ó contratista derivadas do contrato de obras. CUARTA. COMISIÓN DE SEGUIMENTO.- Constituirase unha comisión de seguimento formada por un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e outro da Deputación Provincial de Pontevedra. As funcións da Comisión de Seguimento serán, entre outras, as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio naqueles aspectos técnicos obxecto deste, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do presente convenio. - Propoñer ás partes a resolución das posibles controversias que puideran xurdir na aplicación do convenio. Esta comisión reunirase as veces que se estimen oportunas para o cumprimento do presente convenio. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas nas cláusulas segunda e terceira. QUINTA. NATUREZA DO CONVENIO.- Este convenio ten natureza administrativa, e será de aplicación o Decreto 246/92, do 30 de xullo, polo que se regulan as condicións de execución das obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais, e outros entes de dereito público, rexendo na súa interpretación e desenvolvemento o ordenamento xurídico administrativo, con expresa submisión das partes á xurisdición contencioso-administrativa. O desenvolvemento dos compromisos, obrigas e demais actuacións contidas no presente convenio rexeranse polo establecido nas cláusulas do mesmo. SEXTA. INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS.- 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias serán resoltas, visto o informe da Comisión de Seguimento, polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- Serán causas de extinción deste convenio: • O non cumprimento do seu obxecto. • A inviabilidade da realización das actuacións descritas neste convenio, por causas non imputables as partes. • O incumprimento de carácter total ou parcial de calquera das cláusulas do presente convenio. Entenderase por incumprimento parcial aquel que implica en maior ou menor grao a non consecución dos fins propios do convenio ou impidan de xeito directo ou indirecto as actuacións previstas no presente convenio. • Denuncia por causas de interese público, a instancia de calquera das partes. Cada unha das situacións descritas por si soa é causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, limitará en todo caso a súa achega económica ó pactado no presente convenio, polo que non asumirá os aumentos que se produzan por reformados ou por calquera outra causa, o que non implicará subrogación desta en ningún dereito nin obriga que se deriven da titularidade das obras, que corresponderá á Deputación de Pontevedra. SÉTIMA. VIXENCIA DO CONVENIO.- Este convenio terá efecto a partir da data da súa sinatura. A vixencia manterase ata a entrega das obras no prazo sinalado no documento técnico ou no que, por motivos debidamente xustificados, poidan acordar esta Consellería e a Deputación Provincial de Pontevedra. Esta ampliación dos prazos realizarase previa a correspondente solicitude a través da Comisión de Seguimento citada na cláusula cuarta. En todo caso, a eficacia do presente convenio será ata o 31 de decembro de 2011, non obstante seguirá xurdindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado someténdose ambas as dúas partes ó acordado en todas as estipulacións. Así o outorga no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por triplicado exemplar. O Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Asdo. Agustín Hernández-Fernández de Rojas O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal”. 17.18256.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010 Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 30 de abril de 2010, acordou a adxudicación provisional á empresa Halcon Viajes, S.A.(CIF a-10005510) do contrato para a xestión e organización do programa diurno de Balnearios 2010, nos hoteis que se indican e polos seguintes prezos: HOTEL Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa (IVE incluído) Thalaso Moaña 102,80 € 110,00 € Thalaso Sanxenxo 106,50 € 114,00 € Thalaso Atlántico Baiona 104,60 € 112,00 € Balneario Mondariz 108,40 € 116,00 € Balneario A Toxa 111,20 € 118,00 € Balneario Cuntis 112,10 € 120,00 € Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 30 de abril de 2010, e que a empresa Halcon Viajes S.A. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva por importe 8.823,67 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000038766. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites e transcorrido o prazo esixido no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa Halcon Viajes, S.A.(CIF a-10005510) o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización e do programa diúrno de Balnearios 2010 nos hoteis que se indican e polos seguintes prezos: HOTEL Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa (IVE incluído) Thalaso Moaña 102,80 € 110,00 € Thalaso Sanxenxo 106,50 € 114,00 € Thalaso Atlántico Baiona 104,60 € 112,00 € Balneario Mondariz 108,40 € 116,00 € Balneario A Toxa 110,20 € 118,00 € Balneario Cuntis 112,10 € 120,00 € O prezo do programa financiásese pola Deputación de Pontevedra con 52 euros/participante, polos concellos 32,00 €/participante, e a parte restante polos beneficiarios. A Deputación non se compromete a que leve a cabo o programa un mínimo de usuarios, se non que irá en función das solicitudes recibidas e coa única limitación do crédito dispoñible. 18.18257.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 73 DO PROXECTO MODIFICADO “AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN EDIFICIO SARMIENTO” Vista a certificación núm. 73 relativa as obras do “Ampliación Museo de Pontevedra e rehabilitación edificio Sarmiento”, adxudicada no seu día a Empresa Dragados, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 18 do mes de maio e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 10/457.333.622.01.2006 (Deputación) 300.673,66 € SUBTOTAL 300.673.66 € Taxa Técnicos Directores (4%) 8.712,65 € Control de calidade (3%) 9.203,51 € Seguridade e Saúde 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 282.757,50 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 19.18258.- RECTIFICACIÓN DA APTDO. 4.3.2. DO PREGO DE CONDICIÓNS DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN DUNHA REDE DE BANDA ANCHA DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 12 de maio de 2010, prestou aprobación ó expediente relativo á contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, mantemento e explotación, convocado pola Deputación de Pontevedra, dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, financiados mediante axudas Feder - Eixe 5, desenvolvemento local e urbano - período 2007/2013, p.o. rexional de Galicia, convocatoria 2007, aprobando, na mesma sesión, os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que regulan o devandito procedemento. Considerando que as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio, os erros producidos nos seus actos, de acordo co estipulado no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e que no apartado 4.3.2 cometeuse o erro de omitir certos elementos nas fórmulas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar do apartado 4.3.2. do prego de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, no seguinte sentido: Na páxina 17, apartado 4.3.2, “Criterios cuantificables de forma automática”. Onde di: • Compromiso de permanencia.- a valoración da mellora no compromiso de permanencia do servizo ofertado realizarase outorgando o máximo ás ofertas que presenten 0 meses, o mínimo (0 puntos) a que presenten 18 meses, e o resto de ofertas segundo as seguintes fórmulas: Acceso Básico: Acceso Avanzado: • Servizo de telefonía: valorarase con 1 punto aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía, e con 0 puntos os que non o ofrezan. • Cota do Servizo de telefonía: valorarase con 0 puntos aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía cunha cota mensual de 10,00 €, e ata un máximo de sete puntos segundo a fórmula: Cota de servizo de Telefonía: Debe dicir: • Compromiso de permanencia.- a valoración da mellora no compromiso de permanencia do servizo ofertado realizarase outorgando o máximo ás ofertas que presenten 0 meses, o mínimo (0 puntos) a que presenten 18 meses, e o resto de ofertas segundo as seguintes fórmulas: Acceso Básico: Acceso Avanzado: • Servizo de telefonía: valorarase con 1 punto aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía, e con 0 puntos os que non o ofrezan. • Cota do Servizo de telefonía: valorarase con 0 puntos aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía cunha cota mensual de 10,00 €, e ata un máximo de sete puntos segundo a fórmula: Cota de servizo de Telefonía: 20.18259.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición