Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-06-16_Ordinaria. Acta de sesión 2010/06/16_Ordinaria
Acta de sesión 2010/06/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-06-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/06/16_Ordinaria
Data(s) 2010-06-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaseis de xuño do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18304.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de xuño de 2010. 2.18305.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA PARA ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA LICENCIADO/A EN XEOGRAFÍA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, ó abeiro do que se establece no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar a convocatoria e bases dunha Bolsa de Licenciado Universitario en Xeografía, para a realización de traballos de colaboración na Carcoteca Domingo Fontán da Deputación de Pontevedra e na Casa do Mapa. O custo desta Bolsa (previsión de inicio 16/06/2010) ascende a un total de 7.200,00 €, que se imputarán á aplicación orzamentaria 332.330.481.01. Así mesmo, de acordo co informe de intervención de data 1 de xullo de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto, existe crédito dispoñible para o importe mencionado, existindo non obstante, a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documento RCC, núm. de operación 201000045837. As bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO/A EN XEOGRAFÍA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que lle confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa de Licenciado Universitario en Xeografía, consonte as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión, dunha bolsa, que ten por obxecto a realización de tarefas de colaboración na Carcoteca Domingo Fontán e a casa do Mapa, dependentes do Servizo de Patrimonio Documental y Bibliográfico. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Xeografía ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Esta bolsa figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, que se imputará á aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó/á beneficiario/a realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: -Un Deputado provincial. -O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. -Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos, e na que os aspirantes farán a súa exposición curricular. Os aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS.- A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 3.18306.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA PARA ADXUDICACIÓN DE TRES BOLSAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA LICENCIADOS EN HISTORIA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, ó abeiro do que se establece no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de tres Bolsas de Licenciados/as Universitario/as en Historia, para a realización de traballos de colaboración de inventariado e catalogación de arquivos. O custo destas Bolsas (previsión de inicio 16/06/2010) ascende a un total de 21.600,00 €, que se imputarán á aplicación orzamentaria 332.330.481.01. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 1 de xuño de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto, existe crédito dispoñible para o importe mencionado, existindo non obstante a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documento RCC, número de operación 201000045834. Ditas Bases son do seguinte teor: “BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO/A EN GEOGRAFÍA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa de Licenciado Universitario en Xeografía, consonte as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión, de tres bolsas,que teñen por obxecto a realización de tarefas de colaboración de inventariado e catalogación dos distintos arquivos da provincia. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Xeografía ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Esta bolsa figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, que se imputará á aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó/á beneficiario/a realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: - Un Deputado provincial. - O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DOS BOLSEIROS/AS.- A selección dos bolseiros/as efectuarase mediante a celebración dunha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos, e na que se valorarán os coñecementos relacionados co obxecto da bolsa, os cursos realizados e a experiencia profesional acreditada. Os aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS.- A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 4.18307.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2006, PARA EXECUCIÓN DA OBRA NÚM. 113/604 DENOMINADA “SANEAMENTO RÚA ATRANCO” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. Un/final, correspondente ó investimento núm. 113/604 denominado “Saneamento da rúa Atranco” do Concello de Cangas, á vista dos informes do servizo de infraestruturas e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de trinta mil euros (30.000,00 €) a favor do citado Concello seguindo o procedemento extraxudicial de crédito. - Declarar de aboo a cantidade de trinta mil euros (30.000,00 €), como pago da subvención concedida ó Concello de Cangas para a obra nº 113/604 denominada “Saneamento da Rúa Atranco”, incluída no Programa de Saneamento e Abastecemento de augas en pequenos núcleos rurais 2006-2008, anualidade 2006, libre disposición, con aplicación ó estado de gastos do vixente orzamento provincial e con cargo á aplicación 10/942.161.762.45.2006. 5.18308.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Elsamex, S.A. A empresa Elsamex, S.A. (CIF A- 28.504.728), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituÍdas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de quince mil douscentos euros (15.200,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Protección viaria e servizos na E.P. Portela- Souto de Vea (A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/08/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500079551, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil novecentos sesenta euros (1.960,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Abastecemento, pavimentación e reparación de beirarrúas (2º Tramo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700002919, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Simeon, por importe de dezaseis mil seiscentos euros (16.600,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/05/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400033901, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A- 36.001.063), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituÍdas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil seiscentos vinte e tres euros con noventa e catro céntimos (2.623,94 €), para responder do contrato relativo á obra “Obra complementaria nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro (Pontevedra)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/08/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800066616, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de vinte e un mil catrocentos sesenta e tres euros con noventa e dous céntimos (21.463,92 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento da travesía E.P. 005 e 003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro (Pontevedra)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/10/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400074920, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.). A empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de ACC, por importe de vinte e nove mil oitocentos oitenta e sete euros (29.887,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/06/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700051905, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de vinte e nove mil oitocentos noventa e dous euros con vinte e catro céntimos (29.892,24 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/05/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800046207, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento corenta e nove mil catrocentos sesenta e seis euros (149.466,00€), para responder do contrato relativo á obra “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/07/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500070275, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de trinta e nove mil seiscentos trinta e cinco euros con corenta e tres céntimos (39.635,43 €), para responder do contrato relativo á obra “E.P. 9303 Meaño- Dena (Meaño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400034048, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de catro mil vinte e dous euros con trinta e dous céntimos (4.022,32 €), para responder do contrato relativo á obra “Complementario de dotación de pluviais, iluminación e beirarrúas en E.P. 9802 das Aceñas (Illa de Arousa)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/07/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800059145, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Muros de contención E.P. 1304 Cela- Outeiro (Bueu)” que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/06/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800053402, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF A- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dezanove mil cincocentos noventa e sete euros con doce céntimos (19.597,12 €), para responder do contrato relativo á obra “Capa de rodamento E.P. 6010 As Lamas- Moimenta- Ventosa. Pk. 4,00 a 1,00 (Lalín- Agolada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800110002, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hidromiño, S.L. A empresa Hidromiño, S.L. (CIF B- 36.440.196), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil setecentos trinta e tres euros con noventa e dous céntimos (4.733,92 €), para responder do contrato relativo á obra “Reparacións no edificio da sede da Deputación Provincial en Vigo”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/04/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800031788, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones y prefabricados Milladoiro, S.L. A empresa Construcciones y prefabricados Milladoiro, S.L. (CIF B- 15.792.732), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil cento sesenta e nove euros con cinco céntimos (3.169,05 €), para responder do contrato relativo á obra “Actuación no entorno do río Úmia o do Muiño da Ponte (Ribadumia)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/04/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500032633, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Secundino Fontán, S.L. A empresa Construcciones Secundino Fontán, S.L. (CIF B- 36.167.757), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverse a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil douscentos un euros con oitenta e un céntimos (2.201,81€), para responder do contrato relativo á obra “Reposicións de faldróns de cuberta e de fiestras na planta de áticos da Deputación Provincial”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/11/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700095399, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.18309.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Comunicación da Directora Xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente Territoria e Infraestruturas da Xunta de Galicia de data 20/05/10 (rexistro núm. 021426 de data 31/05/10), en relación con “Estudo comparativo de alternativas de VAC Tui-A Guarda, treito II: Enlace PO-350-enlace Goian”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.18310.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002758, DENOMINADA “SANEAMENTO EN SAN MARTIÑO-BORREIROS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002758, denominado “Saneamento en San Martiño-Borreiros”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de 135.270,31 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002758, denominado “Saneamento en San Martiño-Borreiros”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 135.270,31 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co disposto no artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.18311.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002764, DENOMINADA “SANEAMENTO EN TERCIAS, VILAZA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002764, denominado “Saneamento en Tercias, Vilaza”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de 121.387,34 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002764, denominado “Saneamento en Tercias, Vilaza”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 6.539,95 euros Exercicio 2010: 114.847,39 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45, nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co disposto no artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.18312.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O GROVE PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002777, DENOMINADA “XIMNASIO CAMPO DE FÚTBOL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002777, denominado “Ximnasio campo de fútbol”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello do Grove a cantidade de 66.425,24 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002777, denominado “Ximnasio campo de fútbol”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 66.425,24 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co disposto no artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.18313.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O GROVE PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002779, DENOMINADA “BEIRARRÚAS DENDE IGREXA PARROQUIAL Ó NÚCLEO DE SAN VICENTE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002779, denominado “Beirarrúas dende Igrexa parroquial ó núcleo rural de San Vicente”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello do Grove a cantidade de 120.919,38 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002779, denominado “Beirarrúas dende Igrexa parroquial ó núcleo rural de San Vicente”, cuxo orzamento ascende a 121.343,22 euros e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 36.828,35 euros Exercicio 2011: 84.091,03 euros A presente subvención contabilizarase, no exercicio 2010, con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo a aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. O Concello de O Grove achegará, no exercicio 2011, 423,84 euros para a realización deste investimento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co disposto no artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.18314.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002873, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE LOCAL SOCIAL DE FILGUEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002873, denominado “Construción de local social de Filgueira” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Lalín con CIF núm. P3602400H, a cantidade de trescentos un mil cincocentos euros (301.500,00 €), para a realización do investimento núm. 2009002873, denominado “Construción de local social de Filgueira”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 151.500,00 euros Exercicio 2011: 150.000,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.65245.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.18315.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2010 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta da remisión do Convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado polos Presidentes dos citados organismos, para a realización dos cursos que comprende o Plan de Formación Continua de funcionarios de Administración Local para o ano 2010, por un importe total de 40.400,00 €, cantidade da que a Deputación Provincial de Pontevedra achegará 10.000,00 € e os outros 30.400,00 € a FEGAMP, gasto para o que existe consignación nas aplicación 10/923.923.151.00, 10/923.923.150.00, 10/923.923.227.06 e 10/923.923.226.06, segundo RC da Intervención nº2010000027542, nº2010000027543, nº2010000027544 e nº 2010000027545, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar dito Convenio e, polo tanto, aprobalo, así como ratificar as resolucións presidenciais de iniciación das accións formativas nº 4529 de 07/04/2010, nº 5345 de 19/04/2010 e nº 5346 de 19/04/2010 de nomeamento de profesores e coordinadores dos cursos. Dito convenio de colaboración e como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2010 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a 14 de xuño de 2010 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. Carlos Fernández Castro, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. E X P O Ñ E N: Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2010, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudio de necesidades e de programación de actividades con accións dos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita aseguralo cumprimento dos programas de acción municipal a satisfacción dos intereses cidadáns. Ámbas as dúas partes, consideran atender as necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes os procesos de cambio e a crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entre estes posibles instrumentos cabe sinalar os Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree conveniente delegar na Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativas da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ambas as dúas partes: C O N V E Ñ E N: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo o presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc, facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída a FEGAMP. 6º.- A FEGAMP e a Deputación de Pontevedra financiarán a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de 40.400,00 €, dos que 10.000,00 € os achegará a Deputación de Pontevedra e que se recolle nas aplicacións de gastos 10/923.923.151.00, 10/923.923.150.00, 10/923.923.227.06 e 10/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2010. A FEGAMP fará o aboo dos 30.400,00 € á Deputación de Pontevedra da seguinte maneira, o 50% á sinatura do Convenio e o 50% restante ó remate das accións formativas. O ingreso deberá facerse no seguinte concepto 10/923.483.05. O gasto será imputable ás aplicación 10/923.923.151.00, 10/923.923.150.00, 10/923.923.227.06 e 10/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2010, nas que existe crédito dispoñible polo importe mencionado. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra comprométese a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar todas as accións formativas antes do 31 de decembro de 2010, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar ante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2011 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendendo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal o servizo da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha Certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ámbalas dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garantir o cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en cuadriplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O Presidente da Fegamp, O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo.: Carlos Fernández Castro Asdo.: Rafael Louzán Abal” 13.18316.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE AGOLADA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE AGOLADA A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos Concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da Provincia. Considerando os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Baltar en Portonovo. Vistos, así mesmo, os informes emitidos polos Sres. Secretario e Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Agolada para a instalación de herba artificial no campo de fútbol municipal de Agolada. Facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE AGOLADA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL En Agolada, a de 2010 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Ramiro Varela Peón, Alcalde-Presidente do Concello de Agolada, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo municipal de fútbol de Agolada. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. Segunda.- O importe do proxecto ascende a contía de 498.678,48 euros que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á 10/922.342.652.09.2009 do vixente orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Agolada comprométese ás seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras comprendidas neste proxecto a cantidade de 124.000,00 euros, financiándose dita cantidade en dúas anualidades. O Concello obrígase a ingresar na Deputación, unha vez formalizado o correspondente convenio e antes do comezo das obras a anualidade de 2010, por un importe de 40.000,00 euros, e a restante cantidade por importe de 84.000,00 euros, dentro do primeiro trimestre do ano 2011, nos prazos de pago que se sinalan na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcase, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente protocolo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, Rd. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Agolada, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Ramiro Varela Peón” 14.18317.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “SANEAMENTO IGLESIA- QUEIXEIROS (ALXÉN)” (SALVATERRA DE MIÑO) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000,00 €, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da Provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 285.858,82 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 0,00 2010 2010.942.942.652.45 69.234,20 2011 2010.942.942.652.45 216.624,62 A anualidade do exercicio 2011 quedará condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Saneamento Iglesia-Queixeiros (Alxén) (Salvaterra do Miño)”, por importe de douscentos corenta e seis mil catrocentos trinta euros con dous céntimos (246.430,02 €), sen IVE, máis a cantidade de trinta e nove mil catrocentos vinte e oito euros con oitenta céntimos (39.428,80 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “SANEAMENTO IGLESIA-QUEIXEIROS (ALXÉN) (SALVATERRA DO MIÑO)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra saneamento Iglesia-Queixeiros (Alxén) (Salvaterra do Miño)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap., incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, ó empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.-Memoria construtiva e programa de traballo. 3.-Melloras ofertadas. 4.-Memoria de seguridade e saúde. 5.-Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral. - O interventor. - O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto levará á exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. Rd. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m Definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poda cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................................................, maior de idade, veciño de......................................., con domicilio en .................................................. titular do DNI ........................................., expedido en data .........................................................., actuando en nome propio ou en representación da empresa .................................... (CIF- núm. ..................................) e con domicilio en ........................., teléfono .................................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ___________ (en letra e número) euros, máis _________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura de propoñente)” ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta: 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ANEXO II N/REF: PID/09/00727/2009002248 “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “Saneamento Iglesia-Queixeiros (Alxén) Salvaterra de Miño” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 246.430,02 €, sen IVE. IVE: 39.428,80 €. Total: 285.858,82 €. C) FINANCIAMENTO: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 0,00 2010 2010.942.942.652.45 69.234,20 2011 2010.942.942.652.45 216.624,62 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en tres meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Non se esixe. (Data e sinatura do propoñente)” 15.18318.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 14 de abril de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, ata a cantidade máxima de 223.500,00 euros, IVE e impostos incluídos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 78 de data 27 de abril de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 14 de maio de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada pola empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 19 de maio de 2010, fai público que a única empresa presentada, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., foi admitida ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, procedendo á apertura do Sobre “B” presentado pola mesma correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 14 de xuño de 2010, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas da oferta presentada pola empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2010, tras dar a coñecer a puntuación obtida pola única empresa presentada e admitida, procedeu á apertura do Sobre “C”, presentado por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., 20,00 Puntos 50,00 Puntos 0,00 Puntos 70,00 Puntos Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar, provisionalmente, á empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc…) de 0,03895 euros/litro, que será aplicable á formula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, ata a cantidade máxima de douscentos vinte e tres mil cincocentos euros (223.500,00 €), sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) de acordo coa media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: Valor en cada momento. 2. Conceder á empresa, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 9.633,62 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo á aplicación orzamentaria 10/456.453.221.03, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 170,50 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 16.18319.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CON ROZADOIRA PARA O CONCELLO DE MONDARIZ A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 30 de abril de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor con rozadoira para o Concello de Mondariz, por un importe global de 72.863, 08 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor con rozadoira para o Concello de Mondariz, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 83 de data 4 de maio de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 21 de maio de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas e empresarios, Ramón Lois Simáns; Comercial Vazpe, S.L.; Abal Maquinaria, S.L.; Agrícola Orensana, S.L. e Comercial Veiras, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 25 de maio de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun tractor con rozadoira para o Concello de Mondariz, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 11 de xuño de 2010, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun tractor con rozadoira para o Concello de Mondariz. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2010, tras dar a coñecer a eliminación das empresas e empresarios, Ramón Lois Simáns; Abal Maquinaria, S.L.; Agrícola Orensana, S.L. e Comercial Veiras, S.A., procedeu á apertura do Sobre “C”, presentada por Comercial Vazpe, S.L., correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo RAMÓN LOIS SIMÁNS 15,97 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. COMERCIAL VAZPE, S.L. 48,23 Puntos 8,957 Puntos 10,00 Puntos 67,187 Puntos ABAL MAQUINARIA, S.L. ELIMINADO Por non cumprir co especificado no prego de prescricións técnicas no referente á toma de forza. AGRÍCOLA ORENSANA, S.L. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. COMERCIAL VEIRAS, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Comercial Vazpe, S.L., a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, COMERCIAL VAZPE, S.L., (C.I.F.B-36.020.196), o contrato para efectuar a subministración dun tractor con rozadoira para o Concello de Mondariz, polo prezo global de sesenta e nove mil seiscentos euros (69.600,00€), IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregación: A) Prezo do contrato 60.000,00 euros. B) IVE (16%) 9.600,00 euros. C) Total (A +B) 69.600,00 euros. 2. Conceder á empresa, Comercial Vazpe, S.L., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 3.000,00 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez recepcionado o tractor con rozadoira, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Comercial Vazpe, S.A., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 137,95 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 17.18320.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DE DIAGNÓSTICOS COMERCIAIS E A IMPARTICIÓN DE ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO ÓS COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (PLAN A TÚA MEDIDA) A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 21 de abril de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa provincia 2010”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 47 de data 10 de marzo de 2010. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 25 de maio de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto”, procedendo á apertura os Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”), obténdose os seguintes resultados: LICITADOR PUNTUACIÓN PROPOSTA TECNICA Marketing-Jazz S.L.U. 50 puntos JGM Consultores S.L. 35 puntos Proxectos Consultoría e Formación S.L. 30 puntos Estratexia Plus s.L. 30 puntos Dtearea5 Consultores S.L. 25 puntos D’Aleph Iniciativas y Organización S.A 25 puntos Consult M-Economia S.L. 20 puntos Seminiario de Estudios Socieconomicos de Pontevedra Carlos Velasco 20 puntos Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas que obtiveron unha puntuación da proposta técnica superior a 30 puntos, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo os seguintes resultados: Empresas Puntuación Sobre “B” Prezo ofertado Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Marketing-Jazz S.L.U. 50 72.000,00 € 21,711 71,711 JGM Consultores S.L. 35 68.644,07 € 28,517 63,517 Proxectos Consultoría e Formación S.L. 30 66.322,80 € 27,026 57,026 Estratexia Plus S.L. 30 63.620,69 33,923 63,923 Á vista das puntuacións globais acadadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”), á empresa MARKETING JAZZ S.L.U., ó obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa MARKETING JAZZ S.L.(CIF B-83.461.988), o contrato para a prestación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”), polo prezo ofertado de 72.000,00 €, sen IVE de acordo coa seguinte desagregación: Prezo base (sen IVE) 72.000,00 € IVA (18%) 12.960,00 € Total (IVE incluído) 84.960,00 € Dito importe financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente orzamento provincial. 2.- Conceder á empresa, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 3.600,00 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 111,60 € en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 18.18321.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SISTEMA CORPORATIVO DE CONTROL HORARIO E DO PORTAL DO FUNCIONARIO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do 3 de febreiro de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra. O orzamento de licitación estableceuse en cento cincuenta e seis mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos (156.034,48 €) sen IVE. O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 27, de data 10 de febreiro de 2010. O día 2 de marzo de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do Sobre “A”, cualificándose a documentación xeral, co resultado de admisión das seguintes empresas: SPEC, S.A.; TECNOLÓXICA SISTEMAS, S.L.L; ELELOG, S.L; SISTEMAS DE SEGURIDADE A-1, S.L; SMART HUMAN LOGISTICS, S.L; ICNITA, S.L; INTERNATIONAL SOFTMACHINE SYSTEMS, S.L. Con data 3 de marzo de 2010 procedeuse á apertura dos sobres B, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse os servizos técnicos para a súa avaliación, quen emiten o preceptivo informe. De conformidade co informe, de data 8 de xuño de 2010, do Responsable de Novas Tecnoloxías, as empresas SPEC, S.A; SISTEMAS DE SEGURIDADE A-1, S.L.; ELELOG, S.L; e TECNOLÓXICA SISTEMAS, S.L.L. non cumpren coas características mínimas estipuladas no prego de prescricións técnicas. A puntuación obtida da valoración da documentación técnica das empresas que se cumpriron cos requisitos mínimos é a seguinte: Licitador Puntuación Sobre “B” SMART 32,50 ICNITA 17,40 SOFTMACHINE 17 A mesa de contratación reúnese novamente o día 10 de xuño de 2010, en acto público, dando a coñecer a puntuación obtida polas empresas na documentación técnica, e ábrense os sobres C, relativos á documentación valorable mediante a aplicación de fórmulas. Tras ver as ofertas presentadas, exclúese a empresa ICNITA por non cubrir na totalidade o modelo de proposición esixido no prego de condicións, deixando campos sen cubrir, ademais de non presentar o importe do mantemento e soporte unha vez finalizado o período de garantía, o que imposibilita unha posible comparación entre as ofertas. Valoradas na súa totalidade as ofertas das empresas que cumpren con todos os requisitos esixidos, e unha vez aplicados os baremos establecidos nos criterios de adxudicación do prego económico administrativo, resulta a seguinte puntuación: LICITADORES PUNTUACIÓN Sobre “B” PUNTUACIÓN Sobre “C” TOTAL SMART 32,50 17,79 50,29 SOFTMACHINE 17 26,45 43,45 Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do Trlrfl, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra á empresa SMART HUMAN LOGISTICS, S.L. (C.I.F.-B-82.740.549) polo prezo de cento cincuenta e cinco mil oitocentos noventa e cinco euros (155.895 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de vinte e catro mil novecentos corenta e tres euros con vinte céntimos (24.943,20 €). Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de sete mil setecentos noventa e catro euros con setenta e cinco céntimos (7.794, 75 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de cento oito euros con cincuenta céntimos (108,50 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo ás aplicacións orzamentarias que se relacionan e nas cantidades seguintes: APLICACIÓNS ORZAMENTARIAS CONTÍA 10/926.926.626.01.2009 70.000,00 € 10/926.926.641.00.2009 70.000,00 € 10/926.926.625.02.2009 40.838,20 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 19.18322.- ADQUISICIÓN DE TERREOS NA ARMENTEIRA (MEIS) PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA POUSADA, DENTRO DO PROXECTO “POUSADAS” FINANCIADO CON FONDOS FEDER 1.-O Pleno Corporativo, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2008, prestou aprobación ó proxecto denominado “Pousadas”, que ten como obxectivo primordial a creación dun produto turístico e posta en valor dos recursos da comarca do Salnés. Este proxecto está financiado con fondos FEDER da Comunidade Europea sendo aprobado polo Ministerio de Administracións Públicas con data 13 de xuño de 2008. O proxecto global ascende a contía de 8.797.152,93 euros. Un lugar idóneo onde situar unha das Pousadas, establecemento turístico totalmente accesible, é no entorno do Mosteiro da Armenteira pola súa incidencia turística, ó cumprir esta situación cos requisitos necesarios relativos ó entorno natural, medioambiental e de patrimonio histórico e etnográfico, adecuado ás características de implantación do proxecto a nivel global. Nese entorno, o Concello de Meis interesado en participar no proxecto, non dispón de terreos adecuados onde situar este establecemento turístico totalmente accesible, de aí que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 30 de decembro de 2009, solicitou unha modificación orzamentaria para poder proceder á compra de terreos. Esta modificación do orzamento global para poder adquirir terreos, foi aprobado polo Ministerio de Política Territorial mediante resolución de data 8 de febreiro de 2010. Polo Concello de Meis, interesado en participar no proxecto, mantivo negociacións cos propietarios das fincas que se poderían adquirir, conseguindo un compromiso de compravenda. Polo Servizo de Arquitectura desta Deputación efectuouse un informe e un levantamento topográfico das fincas que é necesario adquirir, para conseguir a parcela suficiente onde se poida situar este establecemento turístico. O número de fincas a adquirir é de 28 que afectan a un total de 13 propietarios, e a superficie total é de 7.783 m2, que se estima suficiente para poder levar a cabo a actuación que se pretende. Para proceder á compra destas parcelas leváronse a cabo unha serie de xestións realizadas por funcionarios desta Deputación, así como do Concello de Meis, manténdose diversas reunión cos propietarios afectados e subscribindo un compromiso previo de compravenda con cada un deles, posto que debía adquirirse o compromiso global do conxunto das parcelas. Se un deles non vendía non se podería proceder a agrupación das fincas, e consecuentemente non sería válidas para o fin que se persegue. O prezo estipulado é de 15 euros por m2 segundo a valoración técnica efectuada e que obra no expediente. Adquiridos os compromisos de compra venda procede levar a cabo agora a compra das mesmas, de acordo coa proposta que formula o Servizo de Cooperación. 2.- De conformidade co previsto no art 11 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño, as corporacións locais poderán adquirir bens inmobles a título oneroso requiríndose previamente o informe pericial correspondente no que se xustifique a localización e descrición das fincas e a súa valoración. A Lei de contratos do sector público, de 30 de outubro de 2007, no seu artigo 4.p declara excluídos do seu ámbito, entre outros, os contratos de compravenda, é por conseguinte, hai que remitirse para a súa tramitación ó Regulamento de Bens das Entidades Locais xa mencionado e a Lei de Patrimonio das Administracións Públicas, de 3 de novembro de 2003, que a regula no seu artigo 116. No expediente queda xustificada fehacentemente, a necesidade e conveniencia da adquisición, e a adecuación dos prezos, ó figurar no mesmo a memoria xustificativa do fin que se persegue, e a taxación dos bens. Por conseguinte, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: a) Aprobar o expediente para a adquisición das seguintes parcelas con indicación dos seus titulares e a súa valoración: Titular Parcelas Superficie Importe Dª Josefina Millán Martínez (DNI 76.844.241-E) en nome e representación de D. Ramón Millán Martínez. Nº 308 no lugar de Vilar 301,54 m2 5.220,15 € Nº 216 no lugar de Vilar 46.47 m2 Dª. Julia Casal González (DNI 5.411.705-P) Nº 309 no lugar de Vilar 83,96 m2 15.533,70€ Nº 311 no lugar de Vilar 58,29 m2 Nº 313 no lugar de Vilar 53,18 m2 Nº 213 no lugar de Vilar 46,53 m2 Nº 215 no lugar de Vilar 32,31 m2 Nº 322 no lugar de Vilar 761,31 m2 Dª Eulosia Villanueva Graña (DNI 35.417.433-D) Nº 310 no lugar de Vilar 67,11 m2 1.544,40 € Nº 214 no lugar de Vilar 35,85 m2 D. Julio Serén Casal (DNI 35.305.336-Z) Nº 314 no lugar de Vilar 1.455,00 m2 23.565,00 € Nº 316 no lugar de Vilar 116,00 m2 Dª María Luisa Arosa Rodiño (DNI 35.313.360-B) Nº 315 no lugar de Vilar 2/3 de 121,68 m2 1.216,80 € Dª Carmen Rodiño Martínez (DNI 35.411.911-F) Nº 315 no lugar de Vilar 1/3 de 121,68 m2 608,40 € D. Francisco Javier Martínez García (DNI 76.866.815-X) en representación de Dª Dolores García Castro. Nº 317 no lugar de Vilar 758,95 m2 11.384,25 € Dª Otilia Gómez Gónzalez (DNI 35.289.728-T) Nº 318 no lugar de Vilar 319,90 m2 4.798,50 € Dª Celia Martínez Outeda (DNI 35.428.411-Q) Nº 319 no lugar de Vilar 314,00 m2 4.710,00 € Dª Carmen Doval Villanueva (DNI 35.246.356-Y) Nº 320 no lugar de Vilar 366,00 m2 5.490,00 € Dª Peregrina Gómez Martínez (DNI 35.411.910-Y) Nº 321 no lugar de Caroi 359,22 m2 5.388,30 € Dª. Julia Gómez Graña (DNI 35.354.950-V) Nº 325 no lugar de Vilar 245,06 m2 3.675,90 € Dª María del Carmen Gallo Abal (DNI 35.230.352-X) Nº 326 no lugar de Vilar 854,65 m2 17.391,60 € Nº10327 no lugar de Vilar 304,79 m2 Dª María Dolores Torres Millán (DNI 35.311.610-D) Nº 343 no lugar de Vilar 51,17 m2 5.857,35 € Nº 344 no lugar de Vilar 339,32 m2 b) Aprobar o gasto por un importe total de 106.384,35 euros que se imputará con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.430.621.01. c) Declarar de abono a cada un dos titulares o importe que figura na anterior relación, expedindo o correspondente cheque nominal, que lle será entregado polo Presidente no momento da sinatura do contrato de compra-venda que terá lugar o día 22 de xuño as 13 horas. d) Facultar o Sr Presidente para a sinatura de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a cabo a compra venda. 20.18323.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ LUIS TORRES CAMIÑA POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-252 MONDARIZ-MOSCOSO (PAZOS DE BORBÉN) Dada conta que con data de rexistro de entrada 09/06/10 (Rex. nº 022571) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Luis Torres Camiña, con enderezo a efectos de notificacións no domicilio do letrado D. Carlos Fontán Domínguez sito na rúa Urzáiz, 11-2º en Vigo, por danos en vehículo na estrada PO-252 Mondariz-Moscoso no PK. 5,500 (Pazos de Borbén) o día 08/06/09 e que cuantifica economicamente en 1.907,13 €. Resultando.- Que con data 10 de xuño de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 11 de xuño de 2010 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 21.18324.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota