ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/06/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-06-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/06/30_Ordinaria

  • Data(s) 2010-06-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día trinta de xuño do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asiste o señor deputado D. Perfecto Rodríguez Muíños. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18343.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de xuño de 2010. 2.18344.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2010 Á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de seiscentos corenta mil euros (640.000,00 €), dentro do 80% da contía do Programa destinada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo á partida 10/942.942.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2011, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. Ditas subvencións son as que seguen a continuación: PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES / 2010 Referencia: PAM_A/10 Aplicación orzamentaria: 10/942.942.462.00 Importe convocatoria: 800.000,00 € Importe relación: 640.000,00 € Expedientes relación: 166 Beneficiario Concepto Orzamento Concedido Inicial Reformulado Concello de Agolada XIV Mostra de Artesania e romaria Medieval 21.400,00 12.000,00 Concello de Arbo Arborok 2010 7.200,00 3.000,00 Concello de Arbo L Edición Festa da Lamprea 17.900,00 12.000,00 Concello de Baiona Festa da Arribada 2010 100.000,00 20.000,00 Concello de Barro XXXI Festa do viño de Barro 30.000,00 10.000,00 Concello de Bueu XI Festa do Polbo 15.300,00 6.000,00 Concello de Caldas de Reis Concerto Cultura Quente e Actividade camiño de Santiago 147.780,00 5.000,00 Concello de Cambados Festa do Viño Albariño 2010 180.000,00 24.000,00 Concello de Cambados Nadal 16.000,00 3.000,00 Concello de Campo Lameiro XIV Festa da Augardente Campo Lameiro 15.200,00 10.000,00 Concello de Cangas do Morrazo Argalica 2010 7.300,00 1.000,00 Concello de Cangas do Morrazo Aula Aberta 2.500,00 1.000,00 Concello de Cangas do Morrazo Feira do Libro 2.500,00 1.000,00 Concello de Cangas do Morrazo Salon do Comic 2010 11.700,00 1.000,00 Concello de Cangas do Morrazo 1617 Desembarco Turco, Maria Soliño 6.000,00 1.000,00 Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas VI Trofeo Concello de Cangas de Piraguismo 5.000,00 1.000,00 Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas VII Ludoteca Deportiva de Veran 2010 5.000,00 1.000,00 Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas XII Aberto de tenis Concello de Cangas 2010 3.000,00 1.000,00 Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas XXIII Bandeira Concello de Cangas de Traiña 6.000,00 1.000,00 Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas XXXVII trofeo Concello de Cangas de Pedestrismo 4.000,00 1.000,00 Concello de A Cañiza Mes cultural agosto 2010 9.502,55 4.000,00 Concello de A Cañiza 44 Edicion Festa-Feira do Xamon 10.070,00 10.000,00 Concello de Catoira 50 Romeria Vikinga 98.210,00 35.205,00 7.000,00 Concello de Cerdedo V Edición Festa Gastronomica Xabarin 14.500,00 12.000,00 Concello de Cotobade Actividades de Veran Cultural 2010 12.180,00 8.455,00 2.000,00 Concello de Cotobade XVII Xuntanza da Terceira Idade 7.784,74 1.000,00 Concello de O Covelo Festas Patronais e do Churrasco 35.000,00 30.000,00 10.000,00 Concello de O Covelo LXV Campionato de España de patinaxe artistito-alevin 8.320,00 6.000,00 Concello de Crecente A Guera da Independencia en Crecente 1.500,00 1.500,00 Concello de Crecente Circuitos culturais varios 4.000,00 4.000,00 Concello de Crecente Festa do Pito en Lobardiñas-Crecente 3.000,00 1.000,00 1.000,00 Concello de Crecente Semana cultural de Crecente 2.500,00 2.500,00 Concello de Crecente Torneo futbol sala Vila de Crecente 2.000,00 1.000,50 1.000,00 Concello de Crecente Trofeo Concello de Crecente de BTT-Maraton, Circuito Transg 2.000,00 2.000,00 Concello de Cuntis Musica e arte na Carballeira 6.000,00 4.000,00 1.000,00 Concello de Cuntis VI Festival de Corais 5.000,00 3.000,00 1.000,00 Concello de Cuntis XVI Romeria do Cabalo 6.000,00 1.000,00 Concello de Dozon XVI Festa da Carne o Caldeiro 7.700,00 3.000,00 Concello de A Estrada Campus de Veran Concello da Estrada 3.500,00 4.010,00 1.000,00 Concello de A Estrada Escolas Deportivas Municipais 3.000,00 3.700,00 1.000,00 Concello de A Estrada Festa da Bicicleta 3.500,00 1.755,00 1.000,00 Concello de A Estrada Rock and Clown 68.000,00 18.000,00 1.000,00 Concello de A Estrada Torneo de Tenis "concello da Estrada" 2.000,00 1.555,00 1.000,00 Concello de Forcarei XXXI Festa do Gaiteiro de Soutelo 24.300,00 9.000,00 9.000,00 Concello Fornelos de Montes Festa da Espuma 3.000,00 1.500,00 1.000,00 Concello Fornelos de Montes Futbol Sala 3.000,00 1.500,00 1.000,00 Concello de Gondomar Cine na Rua 38.015,00 9.032,98 8.500,00 Concello de Gondomar Curso Curtametraxe 1.550,50 1.000,00 Concello de Gondomar Escola de Teatro 3.700,00 2.500,00 Entidad Local Menor de Morgadans (Gondomar) Escola tempo libre 9.000,00 4.000,00 1.000,00 Entidad Local Menor de Morgadans (Gondomar) Terceiro Premio anual de Poesia Vitoriano Taibo 14.300,00 5.500,00 2.000,00 Concello do Grove Actividades Culturais da Festa do Marisco 74.500,00 47.790,00 6.000,00 Concello de A Guarda Deporte na Guarda 2010 3.000,00 1.000,00 Concello de A Guarda Exposicion monografica Alicia Alonso 5.250,00 2.000,00 Concello Illa de Arousa Actividades Culturais 2010 23.200,00 4.435,00 1.000,00 Concello Illa de Arousa Actividades deportivas 2010 42.000,00 21.450,00 4.000,00 Concello de Lalín Ciclo de Musica na rua 10.000,00 10.000,00 Concello de Lalín Curso de Monitores de tiempo libre 7.200,00 2.500,00 Concello de Lalín Escola Municipal de danza 11.568,00 2.000,00 Concello de Lalín Feira do cocido 80.000,00 10.500,00 Concello de Lalín Feito en Lalin 5.300,00 1.000,00 Concello de Lalín Titerentroido 3.000,00 1.000,00 Concello de A Lama Festa do Codillo 2010 14.600,00 4.000,00 Concello de A Lama Semana Cultural 2010 29.500,00 12.000,00 Concello de Marin Maxia Marin 2010 17.000,00 4.000,00 Concello de Meaño Festividade da Patrona 15.000,00 9.000,00 Concello de Meaño VIII Festa dos Muiños 14.000,00 6.000,00 Concello de Meis Concerto Dolorock 2010 10.000,00 2.000,00 Concello de Meis Xuntanza dos nosos maiores 10.671,61 5.000,00 Concello de Meis XX Festa dos Callos 39.110,00 8.000,00 Concello de Moaña XXVI Festival Interceltico do Morrazo 119.953,28 8.000,00 Concello de Mondariz Antroido 2010 1.860,00 1.000,00 Concello de Mondariz Campaveran 2010 11.624,00 10.834,56 1.000,00 Concello de Mondariz Festa gastronomica da Para de Porco con Freixons 9.000,00 4.000,00 Concello de Mondariz Festival da Millaxe 2010 1.600,00 1.000,00 Concello de Mondariz Futbol Sala 2010 1.200,00 1.000,00 Concello de Mondariz XXII Edicion da festa dos Cesteiros 3.700,00 2.000,00 Concello de Mondariz Balneario Actuacion Banda de Musica Semana Santa 1.000,00 1.000,00 Concello de Mondariz Balneario Campionato Futbol Sala e Baloncesto 1.000,00 1.000,00 Concello de Mondariz Balneario Peregrinacion o Santuario da Franqueira 1.000,00 1.000,00 Concello de Mondariz Balneario Torneo de Golf 1.000,00 1.000,00 Concello de Moraña Festa do Carneiro o espeto 40.000,00 8.000,00 Concello de Mos Actividades Deportivas nas Parroquias de Mos 2010 27.160,00 4.000,00 Concello de Mos Campus Deportivos de Veran 2010 14.550,00 2.000,00 Concello de Mos Festa da Rosa 79.800,00 50.251,85 8.000,00 Concello de Mos Viaxes Culturales dos Colexios Mosenses 2010 4.038,00 3.620,36 2.000,00 Concello de Mos Vive o camiño de Mos 158.142,00 64.437,16 8.000,00 Concello de As Neves Actiividades Deportivas Campeonato de Badminton 3.000,00 1.000,00 1.000,00 Concello de As Neves Actividades deportivas Campeonato de Futbol As Neves 3.000,00 1.000,00 1.000,00 Concello de As Neves Actividades Deportivas Campeonato Futbol Interparroquial 2.500,00 1.000,00 1.000,00 Concello de As Neves Actos culturais V Feira do Tinto de Rubios 12.000,00 3.132,00 3.000,00 Concello de As Neves Actos Culturais XIX Feira do Requeson e do Mel 18.000,00 4.408,00 3.000,00 Concello de As Neves Torneo Futbol Sala Comarcal Estacion As Neves 1.500,00 1.000,00 1.000,00 Concello de Nigran Entroido 2010 4.920,10 4.000,00 Concello de Nigran Magosto Popular 5.000,00 1.000,00 Concello de Oia Festa da Terceira Idade 2010 8.000,00 8.000,00 Concello de Oia Memorial Manuel Cuevas 1.000,00 1.000,00 Concello de Oia V Subida Automobilistica a Santa Maria de Oia 5.000,00 2.000,00 2.000,00 Concello de Pazos de Borbén Encontro Ludico Xuvenil 2010 3.146,00 3.000,00 Concello de Pazos de Borbén Entroido 2010 11.436,35 2.000,00 Concello de Pazos de Borbén Festa de Nadal 2010 3.500,00 3.000,00 Concello de Pazos de Borbén IX Festa da Cacheira 25.649,46 4.000,00 Concello de Poio XXIII Festa da Ameixa 13.682,00 4.000,00 Concello de Ponte Caldelas III Plan Cultural Municipal do Concello de Ponte Caldelas 16.000,00 10.000,00 6.000,00 Concello de Ponte Caldelas Programa ponte en movemento de ximnasia para maiores 3.000,00 1.000,00 Concello de Ponte Caldelas Semana Cultural de Agosto 2010 13.200,00 5.200,00 3.000,00 Concello de Ponte Caldelas XLIV Edicion da Festa da Troita de Ponte Caldelas 4.800,00 3.000,00 Concello de Ponteareas Festas patronais de setembro 58.332,75 7.000,00 Concello de Pontecesures VI Feira Automobil Antigo e de ocasion 2010 31.060,00 7.000,00 Concello de Pontecesures XV Festa da Lamprea 2010 26.000,00 3.000,00 Concello de O Porriño I Ciclo de animacion de Rua 12.899,20 6.000,00 Concello de O Porriño Torneo cuadrangular e actividades complmentarias de baloncesto Porriño 2010 40.850,00 6.000,00 Concello de Portas Festa da terceira idade 20.600,00 3.000,00 Concello de Portas VII Xuntanza da Emigracion no Camiño Portugues a Santiago 25.900,00 20.000,00 9.000,00 Concello de Redondela Noites Máxicas dos Viadutos e outras Actividades Culturais 46.400,00 6.000,00 Concello de Ribadumia Festa do pan 7.000,00 2.000,00 Concello de Ribadumia Torneo de Tenis 1.300,00 1.000,00 Concello de Ribadumia Torneo de Xadez 1.000,00 1.000,00 Concello de Ribadumia Xornadas Deportivas na Piscina Municipal 1.500,00 1.000,00 Concello de Ribadumia Xuntanza dos nosos Maiores 4.000,00 2.000,00 Concello de Ribadumia XXXVIII Festa do Tinto do Salnes 9.000,00 6.000,00 Concello de Rodeiro Campamento Urbano 15.000,00 1.000,00 Concello de Rodeiro Festa da Caza 17.000,00 1.000,00 Concello de O Rosal Dia das Letras Galegas 1.200,00 1.000,00 Concello de O Rosal Feira do Viño do Rosal 30.000,00 12.000,00 Concello de O Rosal Festa do Cabaqueiro 5.220,00 3.599,96 1.000,00 Concello de Salceda de Caselas Festa dos Callos 49.000,00 5.000,00 Concello de Salceda de Caselas Veran Cultural 23.100,00 1.000,00 Concello de Salvaterra de Miño Organizacion do Festival DJ o Son da Muralla 2010 25.000,00 15.080,00 10.000,00 Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo Escolas Deportivas Municipais 30.000,00 10.000,00 Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo Festas Patronais San Xenxo e Santa Rosalia 2010 57.000,00 9.000,00 Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo Programa de animacion:Obradoiros e Cine na Rua 7.500,00 3.000,00 Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo XI Milla Vila de Sanxenxo 5.850,00 3.000,00 Concello de Silleda Actividades do Entroido 7.696,00 2.000,00 1.000,00 Concello de Silleda Cabalgata de Reis 1.500,00 1.000,00 Concello de Silleda Concurso Baile tradicional "Azaloira" 1.500,00 1.500,00 Concello de Silleda Festas gastronomicas (Tortilla de Laro e Empanada de Bandeira) 7.200,00 6.000,00 Concello de Silleda Mostra infantil de baile tradicional Xirandola 3.900,00 1.900,00 1.500,00 Concello de Silleda Romeria do Rapaz 14.820,00 6.000,00 3.000,00 Concello de Soutomaior Actividades de veran 2010 21.060,00 8.000,00 Concello de Soutomaior Encontro dos nosos Maiores 14.580,00 3.000,00 Concello de Tomiño III Campus de Futbo 18.000,00 1.000,00 Concello de Tomiño III Festa do Kiwi 11.300,00 1.000,00 Concello de Tomiño Marzo, Mes do Teatro 8.000,00 1.000,00 Concello de Tui Campamento Urbano 2010 5.000,00 4.000,00 Concello de Tui Campeonato España de Remoergometro y de larga distancia 28.065,46 14.323,84 5.000,00 Concello de Tui Desfile de Nadal 2010 21.000,00 10.792,83 10.000,00 Concello de Tui Desfile-Concurso de Comparsas no Entroido 2010 21.000,00 6.919,47 4.000,00 Concello de Valga XXII Festa da anguia e XX Mostra da caña do pais 49.000,00 13.000,00 Entidad Local Menor de Bembrive (Vigo) Festa do entroido de Bembrive 2010 10.150,00 1.000,00 Entidad Local Menor de Bembrive (Vigo) Ludoteca artistica de Bembrive 2010 8.304,00 2.000,00 Entidad Local Menor de Bembrive (Vigo) XII Certamen de Rondallas de Bembrive 2010 1.500,00 1.000,00 Entidad Local Menor de Bembrive (Vigo) XII Festa da sidra de Bembrive 2010 15.080,00 1.000,00 Entidad Local Menor de Bembrive (Vigo) XV Festa Floral de Bembrive 2010 2.320,00 1.000,00 Concello de Vila de Cruces Campionato Galego de Motos Acuaticas 3.000,00 2.000,00 2.000,00 Concello de Vila de Cruces Coñecendo-aprendo 2.500,00 2.000,00 2.000,00 Concello de Vila de Cruces Festa Gastronomica do Galo de Curral 30.300,00 13.340,00 5.000,00 Concello de Vila de Cruces IV Feira de Cans de Caza 3.000,00 2.000,00 Concello de Vilaboa Celebracion do tradicional Entroido de Cobres 5.100,00 3.000,00 Concello de Vilagarcia de Arousa Festival "Vilagarcia Blues" 45.000,00 6.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Arousa Party 8.880,00 3.000,00 3.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Expo Nadal 10.000,00 1.000,00 1.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Festa do Momo 10.400,00 6.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Fomento da Cultura Tradicional 6.000,00 3.000,00 3.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Fomento do Deporte 15.000,00 1.000,00 1.000,00 Concello de Vilanova de Arousa Sonatas de Veran 7.000,00 3.000,00 3.000,00 640.000,00 3.18345.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA STELLA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ EN REPRESENTACIÓN DE D. DANISLAO FERNÁNDEZ DOPAZO E A ENTIDADE MAPFRE FAMILIAR CÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., POLOS DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP-9301 DENA-COUTO DE ABAIXO (MEAÑO) Dada conta que con data de rexistro 10/11/09 (nº038911) tivo entrada nesta Deputación, reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Stella Rodríguez Fernández en representación D. Danislao Fernández Dopazo e a entidade MAPFRE FAMILIAR CÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS S.A., con enderezo a efecto de notificacións na Praza de Ribadavia, 2-1ºD do Concello de Redondela, por danos materiais e persoais, padecidos en caída que sufriu na súa motocicleta, marca Kawasaki, matrícula 9088 FVX, coma consecuencia da existencia dun socavo na estrada, na data 28/04/09, que cuantifica economicamente en 5.794,64 €. Resultando.- Que con data 11/11/09 e co fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd. 2568/86, solicitouse informe ó Sr. Director de Infraestruturas Acctal., que o emitiu en data 23/11/09 co seguinte contido: “…Primero. La carretera E.P. 9301 Dena-Couto de Abaixo es de titularidad provincial. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia, sin que tampoco se haya realizado intervención alguna en la zona tendente a reparar un posible bache en la zona de circulación. Tercero. Desplazado al lugar del accidente, el vigilante de la zona ha comprobado que en ese tramo del vial no se aprecia ningún socavón y sí un pequeño mordiente en el borde exterior de la capa de rodadura que, por sus características y dimensiones de escasa relevancia, parece difícil que pueda provocar por si sólo una salida de vía. Cuarto. En este punto es preciso traer a colación el informe de la policía local de Meaño cuando en el mismo se manifiesta que <…es parecer de los informantes que a causa eficiente del accidente haya podido ser el mal estado de la vía, sin perjuicio de otros factores coadyuvantes>; es decir, que la propia policía pone de manifiesto que en el accidente concurrieron otras causas que ha podido tener alguna influencia en el siniestro y que enumeramos a continuación: 1) La configuración del terreno, al producirse en accidente en una curva muy cerrada, con el firme húmedo y en un tramo de carretera con una zona de circulación de cuatro metros de ancho. 2) La conducta del reclamante. Tanto en el propio escrito de reclamación como en el atestado se señala que , de tal forma que es posible que, en un tramo de carretera con apenas cuatro metros de ancho y ante la presencia de un vehículo de grandes dimensiones (mercedes todoterreno), el Sr. Danislao se hubiese escorado mucho a la derecha hasta salirse de la vía al objeto de evitar una colisión con dicho vehículo. En este sentido dispone el artículo 46 del Reglamento General que 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular canto ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do planeamento. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, a que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo de que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executada, redactando unha relación valorada, en que tomará como refire os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, cumprirá que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase de seguido á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados co final acompañado dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe a que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fora favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioracións producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de constrinximento. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fora favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fora favorable e os defectos observados debésense a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito que a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do que se dispón na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICION.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación da empresa................................. (C.I.F.- nº.......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra).comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas súas as partes. • % do control de calidade ofertada: (Data e sinatura do propoñente)” ANEXO I ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “DOTACIÓN E SERVIZOS URBANOS EN RÚA SANTA LUCÍA, E.P. MEAÑO-DENA (MEAÑO)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO EXECUCIÓN CONTRATO.- Tipo de licitación: 363.575,24 euros IVE: 58.172,04 euros Total: 421.747,28 euros C) FINANCIACIAMENTO.- ANUALIDADE APLICACION IMPORTE 2010 10/456.453-612.02. 183.368,39 2011 11/456.453-612.02 128.357,87 2012 12/456.453-612.02 110.021,02 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en doce meses, e a data contará dende o día seguinte á sinatura do acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: no se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación.- Grupo E, subgrupo 1, categoría c – Grupo G, subgrupo 6, categoría c.” 13.18355.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 8601 RÚA DEPUTACIÓN (PONTECESURES)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 5/5/2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Pontecesures que ten por obxecto levar a cabo a execución da obra “acondicionamento E.P. 8601 rúa Deputación (Pontecesures)”, con orzamento de 795.911,23 €. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 19/5/2010, prestou aprobación ó proxecto de “Acondicionamento E.P. 8601 rúa Deputación (Pontecesures)” por importe de 795.911,23 €, IVE incluído. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para as fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “acondicionamento E.P. 8601 rúa Deputación (Pontecesures)” con orzamento de 686.130,37 € máis 109.780, 86 € correspondentes ó IVE). A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 341.146,14 238.802,29 579.948,43 Concello 68.408,15 10.061,88 137.492,77 215.962,80 Total 68.408,15 351.208,02 376.295,06 795.911,23 Na aplicación 10/456.453-612.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto da anualidade 2010 correspondente á achega da Deputación. O gasto correspondente á anualidade 2011 contabilizarase na aplicación correspondente que será, se é o caso, a 11/456.453-612.02, quedando condicionada á aprobación do seu orzamento. No referente ás achegas do Concello de Pontecesures, financiaranse coas cantidades concedidas a través do Plan de Investimentos 2009-2011, con cargo ás aplicacións 10/942.942-652.45.2009 e 10/942.942-652.45 canto ás anualidades de 2009 e 2010. A anualidade de 2011 con cargo á aplicación correspondente que será, se é o caso, a 11/942.942-652.45, quedando condicionada á aprobación do seu orzamento. A adxudicación da obra queda condicionada á tramitación dunha transferencia de crédito das subvencións concedidas ó concello dentro de PID ás aplicacións orzamentarias correspondentes, e xa que se trata de distintas áreas de gasto debe ser aprobada polo Pleno previo ditame da Comisión Informativa correspondente. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios.” Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO EP. 8601 RÚA DEPUTACION (PONTECESURES)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- A execución da obra de “Acondicionamento EP. 8601 Rúa Deputación (Pontecesures)”, mediante convenio co Concello de Pontecesures. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do Rxlcap, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compón os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: -A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. -Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 do orzamento de execución material. -Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referido inclúense, ademais, toda clase de impostos e licencias, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do planeamento, non sendo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva terá que acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do Rd. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de presentar a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Dito modelo conterá a oferta económica realizada e a porcentaxe de control de calidade ofertada. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará para tal fin deberá ser expresado con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar.el control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade 9.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral. -O Interventor. -O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. -Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. -Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. -Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios se ponderarán da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía que hai que empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometa adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e a súa execución por anualidades, se é o caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carrexará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terá en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e en que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar axeitadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, de acordo coa documentación achegada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando a consideren imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai a realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos que hai que considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. Rd. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnen os coñecementos, cualificación e experiencia necesaria, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a análise dos mesmos en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acontecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado conseguirase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se terá que presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas canda o protocolo de seguimento das devanditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que terán que contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos na mesma. Terase que reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo xeito, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como definirase a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que sexan desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valorásense de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que hai que utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas a que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que hai que utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas a que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á devandita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número dos restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular canto ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do planeamento. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, a que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo de que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executada, redactando unha relación valorada, en que tomará como refire os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, cumprirá que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase de seguido á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados co final acompañado dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe a que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fora favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioracións producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de constrinximento. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fora favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fora favorable e os defectos observados debésense a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito que a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do que se dispón na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICION.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación da empresa................................. (C.I.F.- nº.......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra).comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas súas as partes. • % do control de calidade ofertada: (Data e sinatura do propoñente)” ANEXO I ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 8601 RÚA DEPUTACIÓN (PONTECESURES)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO EXECUCIÓN CONTRATO.- Tipo de licitación: 686.130,37 euros IVE: 109.780,86 euros Total: 795.911,23 euros C) FINANCIACIAMENTO.- ANUALIDADE APLICACION IMPORTE 2009 10/456.453-612.02.2009 68.408,15 2010 10/456.453-612.02 351.208,02 2011 11/456.453-612.02 376.295,06 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en doce meses, e a data contará dende o día seguinte á sinatura do acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: no se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación.- Grupo E, subgrupo 1, categoría c – Grupo G, subgrupo 6, categoría c.” 14.18356.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIARIA DIVERSA CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 17 de marzo de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, ata a cantidade máxima de 72.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 63 de data 6 de abril de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 23 de abril de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, DIEZ Y COMPAÑÍA, S.A.; POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A.; BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L.; COMERCIAL CUSTODIO, S.L.; ESTAMPACIONES CASADAS, S.A.; LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A.; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA); SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L.; API MOVILIDAD, S.A.; SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A.; SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A. ; TEVASEÑAL, S.A.; IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L. e PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 27 de abril de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 14 de xuño de 2010, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2010, tras dar a coñecer a eliminación das empresas, COMERCIAL CUSTODIO, S.L.; ESTAMPACIONES CASADO, S.A.; LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A.; SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A.; IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L. e PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA)., por ofertar o prazo de entrega no Sobre “B” e tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, DIEZ Y COMPAÑÍA, S.A.; POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A.; BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L.; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA); SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L.; API MOBILIDAD, S.A.; SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A. y TEVASEÑAL, S.A., procedeu á apertura do Sobre “C”, presentadas polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE “B” SOBRE “C” TOTAL Oferta económica Prazo DÍAZ Y COMPAÑÍA, S.A. 1,538 Puntos 34,930 Puntos 8,083 Puntos 44.551 Puntos POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A. 10,000 Puntos 27,299 Puntos 2,694 Puntos 39,993 Puntos BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. 3,076 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación Oferta prazo superior ó que figura no prego. ELIMINADO COMERCIAL CUSTODIO, S.L. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. ESTAMPACIONES CASADO, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. SEBAGASA 20,918 Puntos 44,973 Puntos 7,668 Puntos 73,559 Puntos SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L. 9,000 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación 1,617 Puntos ELIMINADO API MOVILIDAD, S.A. 16,228 Puntos 50,000 Puntos 6,607 Puntos 72.835 Puntos SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A. 10,538 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación 8,913 Puntos ELIMINADO SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. TEVASEÑAL, S.A. 6,000 Puntos 49.289 Puntos 10,000 Puntos 65,289 Puntos IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA) ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Sinalizacións e Balizamientos de Galicia, S.A. (SEBAGASA), a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación das subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A., (C.I.F. A-36.617.942), o contrato para efectuar a subministración de material de sinalización e seguridade viaria con destino ás vías provinciais para o ano 2010, ata a cantidade máxima de setenta e dous mil euros (72.000,00 euros), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: SINAIS DE PERIGO TIPO P Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. Lado (Ud.) 37,51 € 6,00 € 43,51 € SINAL TRIANGULAR DE 135 CM. Lado (Ud.) 74,94 € 12,00 € 86,93 € SINAL TRIANGULAR DE 70 CM. lado (tipo TP)(Ud.) 24,09 € 3,85 € 27,94 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón con batería (Ud.) 853,44 € 136,55 € 990,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón con placa solar (Ud.) 1.034,48 € 165,52 € 1.200,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón a rede eléctrica (Ud.) 853,45 € 136,55 € 990,00 € OCTOGONOS Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL STOP DE 60 CM. (Ud.) 40,80 € 6,53 € 47,33 € SINAL STOP DE 90 CM. (Ud.) 78,15 € 12,50 € 90,66 € SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (Ud.) 34,97 € 5,60 € 40,57 € SINAL CIRCULAR DE 90 CM. (Ud.) 70,41 € 11,27 € 81,68 € SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (tipo TR) (Ud.) 31,28 € 5,00 € 36,28 € SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CUADRDO DE 60 X 60 (Ud.) 41,65 € 6,66 € 48,31 € SINAL CUADRDO DE 90 X 90 (Ud.) 80,09 € 12,81 € 92,91 € SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 (Ud.) 60,77 € 9,72 € 70,49 € SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 (Ud.) 121,63 € 19,46 € 141,09 € FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN Prezo Unitario IVE TOTAL Cartel Fotoluminiscente (M2) 194,03 € 31,04 € 225,07 € FRECHA (M2) 163,79 € 26,21 € 190,00 € CARTEL (M2) 89,09 € 14,25 € 103,34 € PRACAS COMPLEMENTARIAS Prezo Unitario IVE TOTAL 60 X 20 (Ud.) 25,29 € 4,05 € 29,34 € 60 X 30 (Ud.) 31,61 € 5,06 € 36,67 € 50 X 16 (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € 40 X 20 (Ud.) 23,19 € 3,71 € 26,90 € PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL Prezo Unitario IVE TOTAL 195 X 95 (Ud.) 147,53 € 23,60 € 171,14 € 195 X 45 (Ud.) 137,93 € 22,07 € 160,00 € 160 X 40 (Ud.) 63,82 € 10,21 € 74,03 € 80 X 40 (Ud.) 34,60 € 5,54 € 40,14 € VARIOS Prezo Unitario IVE TOTAL POSTE DE 80x40x2 (ML) 6,23 € 1,00 € 7,23 € POSTE DE 100x50x3 (ML) 10,98 € 1,76 € 12,74 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  60 E TRIANGULOS DE 90 (Ud.) 16,21 € 2,59 € 18,80 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  90 E TRIANGULOS DE 1,35 (Ud.) 19,95 € 3,19 € 23,14 € TRÍPODE PREGABLE PARA TRIANGULOS DE 70 (Ud.) 16,21 € 2,59 € 18,80 € PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € VALLA CON PES (un panel) 165x20 (Ud.) 107,76 € 17,24 € 125,00 € VALLA MOVIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 300x950 (azul-branco/vermella-branco) (Ud.) 45,02 € 7,20 € 52,22 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 400x400 (azul-branco/vermella branco) (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € DISPOSITIVO DE GUIA (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € CINTA BALIZAMENTO (ML) 0,17 € 0,03 € 0,20 € CONO PLASTICO DE 50 CM. (Ud.) 17,24 € 2,76 € 20,00 € BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA (4mts) (Ud.) 64,11 € 10,26 € 74,37 € POSTE CPN-120 (ML) 15,00 € 2,40 € 17,40 € TERMINAL COLA DE PEIXE (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € TOPE FINAL BARREIRA DOBRE ( Ud.) 22,00 € 3,52 € 25,52 € TOPE FINAL BARREIRA SIMPLE (Ud.) 21,98 € 3,52 € 25,50 € FINAL BARREIRA COLA DE PEIXE APLASTADA (Ud.) 17,11 € 2,74 € 19,85 € SEPARADOR ESTÁNDAR (Ud.) 4,36 € 0,70 € 5,06 € SEPARADOR CURTO (Ud.) 8,67 € 1,39 € 10,06 € PEZA ANGULAR (Ud.) 18,75 € 3,00 € 21,75 € CAPTADORES DUAS CARAS (Ud.) 0,78 € 0,12 € 0,90 € PROTETOR BARREIRA P/MOTOCICLISTAS (SPM) (ML) 25,00 € 4,00 € 29,00 € PLETINA UNIÓN (SUXEICIÓN) (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € ESPELLO COMPLETO DE 60 CM. (Antivandálico) (Ud.) 77,58 € 12,41 € 90,00 € ESPELLO COMPLETO DE 80 CM. (Antivandálico) (Ud.) 103,45 € 16,55 € 120,00 € POSTE PARA ESPELLO (ML) 12,93 € 2,07 € 15,00 € TUBO PARA BARANDILLA PROTECCIÓN PONTES (50 ó 60 mm/) (ML) 3,62 € 0,58 € 4,20 € POSTE TIPO XAMON (ML) 90,00 € 14,40 € 104,40 € POSTE TIPO XAMON RECTO (ML) 73,75 € 11,80 € 85,55 € REMATE BARANDILLA DOUS/TRES TUBOS (Ud.) 50,00 € 8,00 € 58,00 € BARANDILLA TUBO RECTANGULAR: (ML) 56,25 € 9,00 € 65,25 € Pasamáns superior de perfil 80 X 40 Pasamáns inferior de perfil 60 X 30 Barrotes separación perfil 20 X 20 Perfil inferior 60 X 30 PINTURA BRANCA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 37,11 € 5,94 € 43,05 € PINTURA AMARELA ALCIDICA(Envase de 30 Kgs) (Ud.) 38,79 € 6,21 € 45,00 € ESFERA DE VIDRIO (Kg) 0,72 € 0,11 € 0,83 € LINTERNA TIPO GARDA CIVIL E CAPUCHA (Con cargador 12/24 V.) (Ud.) 137,93 € 22,07 € 160,00 € BALIZA INTERMITENTE (Con pilas) (Ud.) 18,97 € 3,00 € 22,00 € PILAS PARA BALIZAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € CONXUNTO 3 FOCO XENON de 100 ó 200 m/m. con alimentación 220 V ó 12/24 Va. (Ud.) 517,24 € 82,76 € 600,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 350X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 600X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 32,76 € 5,24 € 38,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 800X500X40 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 1.000X500X40 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 54,31 € 8,69 € 63,00 € 2. Conceder á empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (SEBAGASA), un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 3.103,45 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo á vinculación xurídica das aplicacións orzamentarias 10/456.453.210.00; 10/456.453.210.01 e 10/456.454.210.02, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A., (SEBAGASA) como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 322,40 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 15.18357.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO EQUIPAMENTO DA CASA DE CULTURA DE RAXÓ (CONCELLO DE POIO) A Xunta de Goberno, en sesión do 7 de abril de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración do equipamento da Casa de Cultura de Raxo (Concello de Poio). O orzamento de licitación estableceuse en oitenta e cinco mil douscentos setenta e sete euros sen IVE. O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 74, de data 21 de abril de 2010. O día 10 de maio de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do sobre A, cualificándose a documentación xeral, coa admisión das seguintes empresas: ALEJANDRO BLANCO IGLESIAS; DITECNO ESPACIOS DE TRABAJO, SLU; AXIAL III EQUIPAMENTOS E SERVIZOS A OFICINA, S.L.; SUTEGA MOBILIARIO, S.L; PLAN B EQUIPAMIENTO INTEGRAL, S.L; CENINTESER, S.L; TECAM OFICINAS; ESQUITINO; OMODIS; MONTES COMERCIAL TÉCNICA DE OFICINAS, S.L.; EKIPO SCG; PLUS MER, S.L; PROYECTA ESPACIOS ÚNICOS, S.L. Con data 12 de maio de 2010 procedeuse á apertura dos Sobres B, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse os servizos técnicos para a súa avaliación, quen emiten o preceptivo informe. A mesa de contratación reúnese novamente o día 25 de xuño de 2010, en acto público, comunicando a exclusión da empresa Montes Comercial Técnica de Oficina, S.L. por incumprimento das normas establecidas nos pregos, e dando a coñecer a puntuación obtida polas empresas. Posteriormente, procédese á apertura dos Sobres C, referentes á proposta económica, daquelas empresas que acaden a puntuación mínima de 30 puntos na documentación técnica. E unha vez avaliadas as propostas, e de acordo cos criterios de adxudicación establecida no prego económico administrativo, resulta a seguinte puntuación: LICITADORES PUNTUACIÓN SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” TOTAL EKIPO 39,38 39,559 78,939 DITECNO 40 47,852 87,852 Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do Trlrfl., do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación do equipamento da Casa de Cultura de Raxo (Concello de Poio) á Empresa Ditecno Espacios de Traballo, S.L.U. (C.I.F.- B-27.721.240) polo prezo de sesenta e seis mil catrocentos vinte e un euros con dezaseis céntimos (66.421, 16 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de dez mil seiscentos vinte e un euros con trinta e nove céntimos (10.621,39 €). De acordo coa Lei 26/2009, do 23 de decembro, de orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, a partir do 1 de xullo de 2010, modifícase o tipo impositivo do IVE ó 18%. Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na Caixa da Deputación, por importe de tres mil trescentos vinte e un euros con cinco céntimos (3.321, 05 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de cento seis euros con oito céntimos (106,08 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 16.18358.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN DUNHA REDE DE BANDA ANCHA DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA” (FEDER) A Xunta de Goberno, en sesión do 12 de maio de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do Proxecto “Wimax Rural de Pontevedra”, financiados mediante axudas Feder, eixe 5, Desenvolvemento Rural e Urbano, período 2007/2013, P.O. Rexional de Galicia, convocatoria 2007. O orzamento de licitación estableceuse en cinco millóns de euros sen IVE. O órgano de contratación, en sesión celebrada o día 31 de marzo de 2010, acordou adxudicar provisionalmente a subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax rural de Pontevedra” (Feder) á empresa Iberbanda, S.A. (C.I.F.- A-61.912.069) polo prezo de catro millóns novecentos oitenta mil euros (4.980.000 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de oitocentos noventa e seis mil catrocentos euros (896.400 €). Así mesmo, concedeuse ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria constituíu, con data 29 de xuño de 2010, a garantía definitiva pola cantidade de 249.000 euros, e con número de operación 201000053573, na Caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do Trlrfl., do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para a contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do Proxecto “Wimax Rural de Pontevedra” (Feder) á empresa Iberbanda, S.A. (C.I.F.- A-61.912.069) polo prezo de catro millóns novecentos oitenta mil euros (4.980.000 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de oitocentos noventa e seis mil catrocentos euros (896.400 €). 17.18359.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición