Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-09-01_Ordinaria. Acta de sesión 2010/09/01_Ordinaria
Acta de sesión 2010/09/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-09-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/09/01_Ordinaria
Data(s) 2010-09-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día un de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. José Fernández López. Non asiste o señor deputado D. Perfecto Rodríguez Muíños. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18494.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de agosto de 2010. 2.18495.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE” Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2010, acordou: Adxudicar provisionalmente á empresa Formagal, Formación y Servicios S.L. (CIF: B-36.477.677), o contrato para a organización e impartición dos cursos incluídos no programa social “Actívate” polo prezo de mil cincuenta euros por curso (1.050,00€/curso), en función dun prezo por hora de 35,00 €. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra, e que a empresa Formagal, Formación y Servicios S.L. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva por importe de 3.832,50 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000069756. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites e transcorrido o prazo esixido no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e considerando o que se dispón nos artigos 34.1, f) da lei 7/85 do 2 de abril, 185 do Trlrfl., do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86 do 18 de novembro e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa Formagal, Formación y Servicios S.L. (CIF: B36477677), o contrato para a organización e impartición dos cursos incluídos no programa social “Actívate” polo prezo de mil cincuenta euros por curso (1.050,00€/curso), en función dun prezo por hora de 35,00 €. O número de cursos incluídos no programa é de 73 cursos, ascendendo o custo total do programa á cantidade de 76.650,00 €. O financiamento do programa efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do vixente orzamento provincial. 3.18496.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE SANXENXO, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2010 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación solicitado polo Concello de Sanxenxo, da Actividade nº 365 “Programa de animación: Obradoiros e cine na rúa”, cunha subvención de tres mil euros tres mil euros (3.000,00 €), para a actividade seguinte: - 3.000 € para o nº 364 “Festas patronais Sanxenxo e Santa Rosalía”, cuxo orzamento ascende a 57.000,00 € e que xa está subvencionada con 9.000,00 €. A subvención definitiva é 12.000,00 €, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2010, Sección Actividades, partida 10/942.942.462.00, e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiar o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro do 2011, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. 4.18497.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2010 Vistos os informes emitidos polos servizos de Medio Natural, Secretaría Xeral e da Intervención no que se certifica a existencia de consignación orzamentaria por importe de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), con cargo á aplicación 10/410.415.779.02 do vixente orzamento provincial, segundo retención de crédito nº 201000066095, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases reguladoras da concesión por concorrencia competitiva das axudas á adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia, 2010. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. ANO 2010 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2010. 1.- Obxecto.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de cento oitenta mil euros (180.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 10/410.415.779.02, para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. Materia Programa Partida Orzamento PESCA Axudas á adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros na provincia de Pontevedra (Axudas a acuicultura) 10/410-415-779.02 180.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda.- As axudas destinaranse á adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada, valorándose en base ós orzamentos e os proxectos presentados. Estas axudas serán compatibles con outras cos mesmos obxectivos. 3.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos: 1. Estar acollidas a un plan de explotación marisqueiro avalado pola Consellería do Mar. 2. Carecer de fins de lucro. 3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións. 4.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Medio Natural ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría, ou presidente da asociación, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: Copia do plan de explotación marisqueira ou proxecto técnico de rexeneración proposto cara ó ano 2010, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, asinada polo patrón maior da confraría, cos obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenvolver, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de persoas e/ou embarcacións beneficiadas polo proxecto. Orzamento da empresa que subministra a semente. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da administración, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. Certificado de estar ó corrente de pago das obrigas coa Deputación Provincial. Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo de Medio Natural da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptara as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- Valoración e concesión das axudas.- Os proxectos serán valorados polo Servizo de Medio Natural, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Nº de persoas beneficiadas pola actuación, ata 30 puntos. - Adecuación da solicitude ó plan de rexeneración de zonas improdutivas da Consellería do Mar, ata 30 puntos. - Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 20 puntos. - Características e interese da actuación, ata 20 puntos. A concesión destas axudas será competencia da Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito destinado a estas axudas para a súa concesión directa, tal e como se establece na Base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación o una súa sede de Vigo e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo de Medio Natural informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a) No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b) No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada pola entidade beneficiaria. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas 3. facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación. 4. Certificación do técnico da confraría ou asociación, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. 5. Autorización de inmersión expedida pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. 6. Se os traballos de rexeneración precisasen autorización de outras administracións competentes, deberán achegarse os informes favorables para levar as actuacións previstas. 7. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. 8. Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei Xeral de Subvencións. 9. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. Así mesmo esixirase non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, tal e como prevé a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de concesión da axuda polo Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. Tendo en conta que a sementeira de ameixa se realiza, maiormente, nos meses de febreiro, marzo e abril, poderanse presentar facturas, a efectos de xustificación, con data anterior á da notificación da concesión da axuda, sempre que sexa do ano 2010. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda. 8.- Control e seguimento das actuacións subvencionadas.- Os técnicos do Servizo de Medio Natural da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 10.- Dereito supletorio.- Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2010, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.” 5.18498.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Comunicación da Dirección Xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de data 9/08/10 (rexistro núm. 029242 de data 19/08/10), en relación co “Desdobramento do Corredor CG-4.1 do Morrazo”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.18499.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002766, DENOMINADA “BEIRARRÚAS SAN BIEITO- EMIGRANTE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002766, denominado “Beirarrúas San Bieito-Emigrante” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar con CIF núm. P3602100D, a cantidade de cento nove mil seiscentos euros (109.600,00 €), para a realización do investimento núm. 2009002766, denominado “Beirarrúas San Bieito-Emigrante”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 109.600,00 euros Polo que, a pesares da súa tramitación anticipada prevista no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Asemade, esta subvención financiase por un importe 55.001,03 € con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa e os restantes 54.598,97 € concédense con cargo á cantidade que lle corresponde a ese concello por concorrencia competitiva no PID/09-11. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18500.- MINORACIÓN DE DEZ MIL EUROS NA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CERDEDO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002338, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE LOCAIS SOCIAIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do día 19 de febreiro de 2010, punto 43.17941, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda económica ó Concello de Cerdedo, para a realización do investimento 2009002338 denominado “Construción de locais sociais”, incluído no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 132.767,26 €. Resultando que o Concello, mediante escrito razoado e alegando razóns de interese veciñal e maior eficiencia no gasto, reconsidera a súa petición inicial solicitando unha minoración de 10.000,00 € no investimento proposto que se redistribuirán cara a outra inversión. Considerando o disposto no artigo 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, pola que se aproba o regulamento da Lei de Subvencións, que establece as condicións para a modificación da resolución de concesión, sempre e cando non se prexudiquen os dereitos de terceiros, o disposto no artigo 17.3.l) da Lei 38/2007, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o establecido na base 25ª.5.b) das Bases de execución dos orzamentos provinciais para o ano 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a minoración de dez mil euros (10.000,00 €) no investimento 2009002338, Construción de Locais Sociais, e conceder ó Concello de Cerdedo con CIF núm. P3601100E, a cantidade de cento vinte e dous mil setecentos sesenta e sete euros con vinte e seis céntimos (122.767,26 €), para a realización do investimento enriba citado, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 122.767,26 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.00, na que existe crédito para facer fronte a ese gasto. O resto do acordo da Xunta de Goberno referido anteriormente permanecerá invariable. 8.18501.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE CAMBADOS E A SOCIEDADE CULTURAL E DEPORTIVA DE CAMBADOS PARA A REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL Dada conta do anteproxecto de convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Cambados e a Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados para a execución do proxecto de reforma e acondicionamento da sede da Sociedade Cultural, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas institucións, paliar as deficiencias constructivas dun inmoble emblemático sito no Concello de Cambados co claro propósito de rehabilitar e adecuar á normativa vixente as instalacións onde se prestan servizos culturais e sociais e cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de setecentos un mil novecentos setenta e dous euros con vinte e tres céntimos (701.972,23 €). Vistos os informes achegados polo Secretario e a Intervención desta Diputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cambados e a Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados para a reforma e aconcidicionamento da sede da sociedade cultural. O texto do convenio é o transcrito deseguido: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE CAMBADOS E A SOCIEDADE CULTURAL E DEPORTIVA DE CAMBADOS PARA A REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL En Pontevedra, a xx de xx de 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Luis Aragunde Aragunde, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Cambados, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. D. Luis Somoza Galiñanes, maior de idade, con DNI nº 35.414.035-S, en calidade de Presidente da Asociación Cultural e Deportiva de Cambados. As partes recoñécense capacidade e lexitimación suficientes para subscribir o presente Convenio, e a tal efecto, EXPOÑEN I.- Que a Asociación Cultural e Deportiva de Cambados é unha entidade sen ánimo de lucro destinada a potenciar a participación da veciñanza na vida cultural e social do municipio creando os instrumentos necesarios para potenciar este protagonismo. II.- Que a Asociación Cultural e Deportiva de Cambados é propietaria dun inmoble sito na Rúa Nova nº 2 de Cambados cunha superficie aproximada de 1.238m2 inscrito no rexistro da propiedade e con referencia catastral 5269901NH1056N0002YS /5269901NH1056N0001TA, edificio que pola súa orixe e traxectoria constitúe un referente para Cambados e para a comarca na que dito concello se integra. III.- Que na súa sede social, a Asociación Cultural e Deportiva de Cambados ven desenvolvendo un amplo programa de actividades formativas, educativas e culturais dirixidas a todos os sectores da poboación e actos puntuais de índole festivo, comunitario e conmemorativo. Así mesmo, dende hai anos o referido inmoble ven sendo cedido de xeito altruísta por parte da Asociación para que o Concello de Cambados, ou no seu caso outras administracións públicas a petición deste, poidan levar a cabo nas mesmas actividades sociais, culturais, lúdicas ou deportivas. IV.- Que, dada a antigüidade do edificio, e a pesar dos traballos de mantemento levados a cabo, o referido inmoble presenta na actualidade graves problemas na súa cuberta o que fai necesaria e urxente a súa reforma e o seu acondicionamento á normativa vixente en materia de accesibilidade. V.- Que a Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados lle solicita á Deputación unha axuda económica con destino á reforma e o acondicionamento da sede da sociedade cultural e deportiva de Cambados. VI.- Que a Deputación de Pontevedra é consciente de que a rehabilitación do inmoble da Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados e a cesión do uso das instalacións ó propio concello e a outras administracións, permitirá a consolidación dunha rede de infraestruturas de ámbito supramunicipal có claro obxectivo de potenciar e fomentar a cultura en todos os seus aspectos, dado que posibilitará a realización de actividades que doutro xeito non sería posible materializar por non dispoñer dos locais adecuados. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración dos comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Cambados e a Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados e a Reforma e Acondicionamento da sede da sociedade cultural de Cambados, cun custo de setecentos un mil novecentos setenta e dous euros con vinte e tres céntimos (701.972,23€). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo da asociación e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización da mencionada obra serán financiados pola Deputación de Pontevedra mediante a achega da cantidade de setecentos un mil novecentos setenta e dous euros con vinte e tres céntimos (701.972,23€). No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, se aplicará ou financiará na mesma porcentaxe da achega inicial. Cuarta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo á aplicación 10/942.337.658.02 do vixente orzamento provincial. Quinta.- O Concello de Cambados obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.-A Asociación Cultural e Deportiva de Cambados cede ó Concello de Cambados, con carácter gratuíto, o uso das instalacións sitas na Rúa Nova nº 2, para que poidan levarse a cabo nas mesmas actividades de carácter cultural, social, lúdico e deportivo promovidas directamente polo Concello, en colaboración ou por outras administracións. Dito uso deberá ser compatible coas actividades organizadas directamente pola propia asociación, e a tal fin se comunicará as datas ocupadas coa suficiente antelación. Sétima.- Unha vez recibida a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma á Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados. A Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados comprométese o mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de entrega. Oitava.- A Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Novena.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscita a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Décima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. Décimo primeira.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo segunda.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido a Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento da comisión citada na cláusula novena, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Décimo Terceira.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, así como as que se aproben para o exercicio 2011. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Cambados Rafael Louzán Abal Luís Aragunde Aragunde Pola Asociación Cultural e Deportiva de Cambados Luís Somoza Galiñanes” 9.18502.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, SA OBRA DE “CONSTRUCIÓN DE LOCAL SOCIAL DE FILGUEIRA (LALÍN)” Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unha bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000,00 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra considerándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o disposto no artigo 185 do Trlrfl., do 5 de marzo 2004, concordante do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 306.698,28 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2010 2010.942.942.652.45 154.112,07 2011 2011.942.942.652.45 152.586,21 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Construción local social de Filgueira” (Lalín) por importe de douscentos cincuenta e nove mil novecentos trece euros con oitenta céntimos (259.913,80 €), sen IVE, máis a cantidade de corenta e seis mil setecentos oitenta e catro euros con corenta e oito céntimos (46.784,48 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCCION LOCAL SOCIAL DE FILGUEIRA (LALIN)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra “Construción local social de Filgueira (Lalin)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. c) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante formulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” O documentos que se anexan son os que seguen: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. ANEXO II PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE LOCAL SOCIAL DE FILGUEIRA (LALÍN)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- Tipo de licitación: 259.913,80 €, sen IVE IVE: 46.784,48 € Total: 306.698,28 € C) FINANCIAMENTO.- Anualidade Aplicación Importe 2010 2010.942.942.652.45 154.112,07 2011 2011.942.942.652.45 152.586,21 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN.- Non se esixe. (Data e sinatura do propoñente)” 10.18503.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INSTRUMENTOS E VESTIARIO (PROGRAMA B/10) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de febreiro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2010, entre as que se atopa o programa B/10 “Instrumentos e vestiario” que vai dirixido para o financiamento dos grupos e asociacións musicais da nosa provincia a adquisición de instrumentos ou vestiario propio destes, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 91.955,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.789.00 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para adquisición de instrumentos e vestiario (programa B/10) e que son as que se relacionan: 11.18504.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INFRAESTRUCTURA (PROGRAMA C/10) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de febreiro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2010, entre as que se atopa o programa C/10 “Infraestrutura” que vai dirixido para o financiamento dos grupos e asociacións musicais da nosa provincia a adquisición de instrumentos ou vestiario propio destes, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 249.985,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.789.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para adquisición de instrumentos e vestiario (programa C/10) e que son as que se relacionan a continuación: 12.18505.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PARTICIPACIÓN CIDADÁ (PROGRAMA D/10) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de febreiro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2010, entre as que se atopa o programa D/10 “Participación cidadá” que vai dirixido ó financiamento de: congresos, feiras, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 63.978,00 €, con cargo á aplicación 10/330.924.489.10 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para participación cidadá (programa D/10) e que son as que se relacionan a continuación: 13.18506.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 31 de agosto de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000000975 e que contén once facturas, sendo a primeira de Cepsa Comercial Galicia, S.A., por importe de 18.746,71 € e a derradeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L., por importe 6.095,92 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 81.306,52 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos de Honorarios técnicos externos 600,00 € Total líquido 80.706,52 € 14.18507.- CORRECIÓN DE ERROS NO ACORDO Nº11.18314 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 16/06/10 EN RELACIÓN COA “CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002873, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE LOCAL SOCIAL DE FILGUEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011” Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 16 de xuño de 2010, punto 11.18314, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda ó Concello de Lalín, CIF núm. P3602400H, para a realización do investimento núm. 2009002873, denominada “Construción de local social de Filgueira”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 301.500,00 €. Resultando que se detectou un erro no texto do acordo, de xeito que se imputa erroneamente o gasto correspondente á anualidade 2010 á aplicación 10/942.942.652.45.2009, cando a correcta debe ser a 10/942.942.652.45, segundo se desprende da documentación que obra no expediente. Considerando que as Administracións públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, segundo o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o acordo da súa sesión ordinaria do 16 de xuño de 2010, punto 11.18314, de maneira que: Onde di: “Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.65245.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento.” Debe dicir: “Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. Así mesmo, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, , quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento.” O resto do acordo da Xunta de Goberno referido anteriormente permanecerá invariable. 15.18508.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota