ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Libro rexistro de ingresos na Inclusa

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.15..2.4

  • Título Libro rexistro de ingresos na Inclusa

  • Data(s) 1872-1958 (Creación) 1872-00-00 - 1958-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 34 libros rexistro e 3 índices.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libros de rexistros correlativos nos que se anotan as entradas de nenos na Inclusa, numerados correlativamente e cos datos coñecidos relacionados coas súa orixe, filiación e outros… O tomo 1 ten unha configuración distinta con datos da data de ingreso (día, mes, ano), o nome, a procedencia e anotacións posteriores (falecemento, adopción ou entrega..etc). Noutra folla recolle a información sobre os trámites de bautismo e inscrición no xulgado en texto corrido. A partir do tomo 2 e até o 34 presentan unha estrutura similar en base a un modelo a dupla páxina e en columnas recolle por orde numérica a información dos nenos ingresados na Inclusa, con data de ingreso, nome, procedencia, datos do seu nacemento, bautismo, inscrición no rexistros, roupas que vestía ou xoias e enxoval que acompañaban ao expósito, data de terminación da crianza, data de falecemento e datas de recollida polas nutrices externas ou familiares.

  • Valoración, selección e eliminación Documentos de extraordinario interese para a localización de familiares biolóxicos ou para a procura de antepasados.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo coa lexislación vixente.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición