Fondos
ES.GA.36038.ADPO.19.. FAMILIA NORES
-
934/1. Pontevedra and La Coruña: gallegan provinces of Spain by Ruth Matilda
-
934/2. Libro de contabilidade de gastos da casa e particulares
-
934/9. Documentos relacionados con herdanzas e reparto de bens
-
934/10. Expediente de nomeamento da Xunta Local de Primeira Ensinanza
FAMILIA NORES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.19.
Título FAMILIA NORES
Data(s) 1610-1980 (Creación)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 19 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Nores(S.XVII-S.XIX) Colección documental variada de la Familia Nores, especialmente de D. Narciso Nores Salgado e o seu fillo D. Agustín Nores Patiño, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade empresarial no sector conserveiro, no entorno da vila de Marín.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística Este fondo foi depositado polo anticuario, D. Severo Pardo, no mes de maio de 2005. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
Forma do ingreso Depósito do anticuario vigués Severo Pardo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Breve relación de documentos: > Libros copiadores de cartas (1916- 1935.)(Documentación de interese para un posible estudo das relacións comerciais da empresa co país de Arxentina e outros. Tamén sobre políticos deportados e eleccións) > Libro de contabilización de gastos da casa. (1930-1934). > Documentos varios(1881 – 1958): contratos de alugueiro, testamento, recibos, copias de escrituras notariais de venda, partillas, cartas comerciais, declaracións da renda, exemplar do xornal Galicia social de data 16 de xuño de 1958 e un documento militar. > Correspondencia particular(1899-1980). > Nomeamentos e convocatorias a varios organismos (Xunta Local de 1ª Ensinanza, Consello de Administración do Tranvía Eléctrico de Pontevedra..) > Documentación relacionada co foro de Avilleiras e Campolongo na parroquia de San Martín de Salcedo (1610-1870) > Publicación editada en 1939 :“Pontevedra anda La Coruña: gallegan provinces of. Spain” de Ruth Matild Anderson, membro da Hispanic Society of. American, con 492 páxinas, 21 centímetros e abundantes fotografías en branco e negro.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo.
Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 19 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 2.817 imaxes.
Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Nores (Tema) (Creador)