ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Escrituras de venda outorgadas por Simón Fariña e Juan da Fonte a Fernán Perez, e éste a Sebastián Magariños

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.779/17

  • Título Escrituras de venda outorgadas por Simón Fariña e Juan da Fonte a Fernán Perez, e éste a Sebastián Magariños

  • Data(s)

  • Volume e soporte 8 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escrituras de venda no lugar de Escobar, freguesía de San Xián de Romai. > Escritura de venda, cesión e traspaso de Simón Fariña, viuvo de María Magariños, e Juan da Fonte, cumplidor de María, veciños de Portas, do casal de Escobar ao reverendo e reitor de San Xián de Romai, Fernando Pérez. Ante: Gregorio Buceta. Data: 1558,10,7. Caldas de Reis. -Escritura de venda, cesión e traspaso de Fernando Pérez a Sebastián Magariños e súa muller Antonia Magariños, veciños de Portas, de 6 celemíns de pan mediado do lugar de Escobar en Romai. Ante: Pedro Díaz Data: 1574, agosto, 7. Caldas de Reis [ Freguesía de San Xián de Romai. Concello de Portas. Provincia de Pontevedra] Conservación: boa

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición