Fondos
DISCIPLINA E CONTROL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.1.2.4.2
Título DISCIPLINA E CONTROL
Data(s) 1929-1998 (Creación) 1929 - 1998-00-00 (Produción)
Volume e soporte 9 unidades de instalación con 21 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, DISCIPLINA E CONTROL, está composta polas seguintes series documentais: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais Coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais xorden os servizos ou estudos de empresas para formar e informar aos traballadores sobre a prevención de riscos laborais e sobre os riscos específicos e medidas preventivas de seus postos de traballo. 2.4.2.2.- Control de horarios Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas… 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións Solicitudes e expedientes tramitados en relación coas diversas modalidades de licenzas e permisos cos que conta o persoal municipal e coa súa oportuna xustificación, así como co control cadro de vacacións e o disfrute das mesmas polos traballadores. 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.
Organizació
Esta 2ª división de sección, DISCIPLINA E CONTROL, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais 2.4.2.2.- Control de horarios 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)