Fondos
5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.1.2.4.5
Título REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
Data(s) 1925-2000 (Creación) 1925-2000 (Produción)
Volume e soporte 3 unidades de instalación con 4 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, está composta por unha única serie documental: 2.4.5.1.- Representación do persoal Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...). Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.
Organizació
Esta 2ª división de sección, REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, está organizada por unha única serie documental: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL: 2.4.5.1.- Representación do persoal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)