ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Provolgapor"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.16

  • Título Proxecto "Provolgapor"

  • Data(s) 2000-2006 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Proxecto PROVOLGAPOR, encadrado dentro do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III A España – Portugal, ten como finalidade a promoción do voluntariado nos territorios fronteirizos de Galicia e Norte de Portugal. Trátase dunha acción conxunta da que forman parte 22 socios, 17 de Galicia e 5 de Portugal, na que se pretende fomentar a solidariedade dos cidadáns a través da acción voluntaria organizada e as actividades de axuda mutua e o asociacionismo. Entre os obxectivos cómpre sinalar: Realizar unha programación participativa utilizando como ferramenta o traballo en rede, sistema que permite potenciar os intercambios de experiencias entre os participantes no programa, as entidades de voluntariado e os propios beneficiarios das actuacións. Crear cultura de solidariedade e aumentar a sensibilidade dos individuos respecto aos problemas que afectan ao seu entorno, e así constituír grupos activos en cada concello ou territorio participante que realice accións voluntarias en distintos ámbitos de interese xeral: social, ambiental, cultural, lecer e tempo libre, etc. Contribuír á especialización e formación de técnicos en voluntariado, capaces de informar das posibilidades que ofrece este sector e de elaborar un material básico que poida servir de guía na elaboración de proxectos de voluntariado transnacional. Sensibilizar ás autoridades, medios de comunicación e poboación en xeral, sobre os dereitos e deberes cívicos e da importancia do voluntariado na nosa sociedade. Construír un entramado de oficinas de voluntariado que constitúan un instrumento de apoio ás entidades e aos voluntarios mediante unha rede permanente de comunicación e interacción. Construír un entramado de oficinas de voluntariado que constitúan un instrumento de apoio ás entidades e aos voluntarios mediante unha rede permanente de comunicación e interacción. Polo tanto, tratase de achegar o mundo do voluntariado a esta zona fronteiriza do Sur de Galicia e o Norte de Portugal, sector para nós imprescindible, pero que sen embargo nestas zonas estaba pouco desenvolvido debido as características comúns que teñen, con carácter xeral. Estas podemos resumilas en: illamento respecto ás cidades principais, dispersión dos núcleos de poboación, emigración da xente nova ás cidades, economía de subsistencia baseada no sector primario, poboación envellecida, etc. SOCIOS: Dirección Xeral do Voluntariado da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia, como Xefe de Fila do proxecto: Coordinación de actividades e coordinación en xeral, así como a xestión administrativa e contable do proxecto e a promoción e difusión do mesmo.  Escola Galega de Administración Pública (EGAP): Responsable da formación dos técnicos de voluntariado contratados, así como das reunións de seguimento e intercambio de experiencias do proxecto.  Delegación de Braga da Cruz Vermella Portuguesa: Coordinación do proxecto en Portugal, servindo de apoio nesta tarefa ao xefe de fila.  Deputación Provincial de Ourense e Deputación Provincial de Pontevedra: Promoción e difusión do proxecto na respectiva provincia. Concellos, Mancomunidades e Cámaras Municipais: son os responsables directos da contratación dun técnico de voluntariado que asumirá a xestión do proxecto. Así, creáronse 17 oficinas de voluntariado, na que os técnicos contratados a través de diferentes actividades, tratan de acadar o obxectivo último do proxecto, que é o de promocionar o voluntariado nos territorios fronteirizos de Galicia e Norte de Portugal.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición