Fondos
41.476/2. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 65 (1975)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 65 (1975)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.476/2
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 65 (1975)
Data(s) 1975 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de Prensa. Deputación Provincial
Prensa. Tomo 65 (novembro-decembro)
Contén:
- Inauguración oficial do Curso Académico no Colexio Menor da Xuventude “Atlántico. A lección maxistral estivo a cargo de D. Daniel Pato Movilla. Gráficas
- A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Celebrou o seu gran sorteo de premios, cunha dotación de 3.370.000 pesetas co gallo do “51 Día Universal do Aforro”. O cuarto de millón foise para a simpática vila de Lalín
- Recorte de prensa sobre o sorteo da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra co gallo do “51 Día Universal do Aforro”. Gráficas
- Recorte de prensa sobre accións comúns das catro Deputacións galegas
- O xoves no Hospital. Lección maxistral a cargo doutor Barbolla Abión
- Visita do príncipe ás guarnicións no Sahara. “España cumprirá os seus compromisos” dixo no Aaiun”. “Farase o necesario para conservar prestixio e honra”
- “Quero ser o primeiro soldado de España”. O noso pais cumprirá os seus compromisos e tratará de manter á paz”. A min tírame moito o exército”, dixo o Príncipe ós militares no Sahara
- O Domingo pola tarde, xuntouse a Xunta de Defensa Nacional
- Franco, en estado crítico. Sufriu unha importante hemorraxia gastrointestinal
- Os Príncipes e Arias permaneceron máis dunha hora no Pardo O Presidente abandonou o Pazo visiblemente emocionado. Forte movemento de coches e ambulancias durante toda a tarde
- O Xeneralísimo superou perfectamente a fase de anestesia operatoria. A xornada de onte, no pardo. O presidente e os ministro do Goberno Visitaron ó Xeneralísimo
- Recorte de prensa A ENFERMIDADE hora a hora
- Marrocos apraza a súa “marcha verde” sobre o Sahara español. Pero os 350.000 participantes están concentrados xa en Tarfalla
- Preparativos militares de Marrocos para a invasión “pacífica” do Sahara. Ambiente de distensión en Argel e incluso de optimismo moderado. A Lexión Española ten ordes de abrir lume contra os invasores.
- Normal evolución postoperatoria do Caudillo. Aparecen algúns síntomas tromboflebítecos. Incrementouse moderadamente a ascites
- Seis prazas de auxiliares na Deputación Provincial
- No Hospital Provincial. Esta tarde, conferencia do doutor Barbolla Abión
- Vida Cultural. Esta tarde, sesión científica no Hospital
- Persiste a gravidade de Franco. Practicóuselle unha diálise peritoneal, ben tolerada
- A xornada no Pardo. O Centro Galego de Madrid visitou no pazo ó Caudillo. O Conde de Barcelona, en París. O Conde de Motrico preconiza unha transición democrática legal. A ENFERMIDADE hora a hora
- A “MARCHA VERDE” NON PASARÁ NIN UN METRO DA FRONTEIRA MILITAR. Declaracións do Xeneral Gómez de Salazar. O Noso exército está preparado para todas as eventualidades
- A invasión do Sahara por Marrocos comezará hoxe. Anunciouno pola noite Hassan II nun discurso radiotelevisado ó pais. “Se atopamos un español, sexa civil ou militar, saudarémolo e abrazarémolo”. Proxecto de Waldheim para “desactivar” a perigosa crese que se creou
- Máis de 50 procuradores piden a destitución de El Jatri. O Exército abandona as rúas do Aaiun. Facenda prepara mil millóns para a descolonización. Multas por negarse á evacuación. “A Marcha Verde non pasará nin un metro da fronteira militar, declaracións do Xeneral Gómez de Salazar”
- Sesión no Hospital. Onte, pronunciou unha lección maxistral o Doutor Juan José Barbolla Abión
- Evolución clínica da enfermidade de Franco
- A xornada no Pardo. Incesante desfile de visitantes. A enfermidade hora a hora
- Marrocos invade o Sahara e desafía á O.N.U. Os integrantes da “marcha verde” cruzaron onte a fronteira ás 11,30
- Dúas liñas de campos minados terá que superar a “marcha verde”. Tras cada unha delas hai fortes continxentes de tropas españolas. A O.N.U. apunta a un Goberno misto no territorio. A “marcha” paso a paso
- O AAIUN. A “marcha verde”, ameazada de novo polo Siroco
- Seis vacantes de auxiliares na Deputación Provincial
- Franco operado na cidade sanitaria “A Paz”. Procedeuse a unha resección gástrica subtotal. Tarde de tensión en “A Paz”. A operación comezou pouco despois das 4,30. Minutos antes, unha ambulancia do exército trasladara a Franco dende o Pardo. Martínez Bordiu, Hidalgo e Pozuelo, encontrábanse no Pardo cando se decidiu a súa hospitalización. A ENFERMIDADE hora a hora
- SAHARA: a retirada dos invasores, condición indispensable para calquera solución pacífica. Tanto España como Arxelia así llo fixeron saber ante o Consello de Seguridade ó abordarse o tema
- A “MARCHA VERDE”, ESTACIONADA ANTE AS LIÑAS DE ALAMBRADAS.
- “O límite que fixamos e alto secreto militar”, dixo Gómez de Salazar. Se a “marcha” segue entrará de cheo no campo da nosa artillería. Novos emisarios marroquís a Madrid
- SAHARA: 250 soldados marroquís mortos na loita co Fronte Polisario
- Aplicacións Científicas (Informática)
- O Embaixador de Marrocos en Madrid celebrou unha entrevista con Arias Navarro. Giscard e Burguiba ofrécense coma mediadores
- Transferencia de 22 millóns á Deputación
- Parte médico sobre o estado de saúde do Xeneralísimo Franco. Novos trastornos no ritmo cardíaco
- O pos-operatorio do Caudillo segue o seu curso con normalidade
- Domingo e luns en “A Paz”
- Centos de persoas ante “A Paz”
- ORDE DE HASSAN: RETIRADA DO SAHARA. A “marcha verde”, suspendida polo rei, unha vez “cubertos os seus obxectivos”. Chegou ó Aaiun o Tenente Xeneral Cuadra Medina
- SAHARA: A MARCHA VERDE” RETROCEDE. “ cumpríronse sempre as ordes do Goberno” (Xeneral Cuadra Medina). Xuntouse na Zarzuela a Xunta de Defensa Nacional
- Folleto do Museo de Pontevedra. LXXXII. C A S T E L A O “Os Homes” e “As Mulleres” no L aniversario da publicación XXV da morte do artista
- Folleto do Museo de Pontevedra. LXXXVII EXPOSICIÓN. CASTELAO, PINTOR no XXV Aniversario da Morte do Artista
- Onte pola mañá. O presidente do Goberno dialogou durante tres cartos de hora cos médicos que atenden ó Caudillo. Rumores de que Franco regresa ó Pardo. A enfermidade hora a hora
- Franco permaneceu onte máis dunha hora sentado nun poltrona
- Crónica do Aaiun. O toque de queda segue vixente. Non hai data para a evacuación militar. Aplicaranse medidas sanitarias na zona ocupada pola “marcha”. Parte do Estado Maior do Sahara, Segue a retirada. Puns e Polisario van tomando posicións
- Franco permaneceu durante unha hora sentado nunha poltrona. Recibiu así fisioterapia respiratoria
- Sesión científica no Hospital Provincial. Terá lugar unha mesa redonda sobre “Prevención do risco trombo-embólico”
- 1.400 persoas visitaron o Museo Provincial durante o mes de outubro. Novas instalacións nas Salas de Arqueoloxía
- Parte médico sobre a saúde do Xefe do Estado. Franco permaneceu sentado nunha poltrona, recibindo fisioterapia respiratoria. O prognóstico non variou
- O “Premier” de Marrocos outra vez en Madrid. Foi recibido por Arias Carro e Cortina Mauri
- A conferencia tripartita sobre o Sahara traballou intensamente. Rápida evacuación militar ou reparto de zonas de influencia. Ditaminado o Proxecto de Lei de descolonización do Sahara
- Parte médico oficial sobre a saúde do Xefe do Estado. Non volveron a aparecer sinales de hemorraxias
- Agudízase a gravidade do Caudillo. O Presidente da Casa de Galiza de Bos Aires ofrece sangue a Franco
- Longo día de inquedanzas na Paz. Pola mañá foron restrinxidas as visitas. O parte da mediodía, comunicado primeiro o xefe do Goberno
- Intensas negociacións entre España, Marrocos e Mauritania
- Mañá, mesa redonda sobre “Prevención do rego Trombo – Embólico”
- A partir de hoxe, no Fogar Provincial. Curso monográfico sobre medios de comunicación
- NOVO DÍA DE TENSION EN “A PAZ”. “Arias regresou a Residencia unha hora despois da súa primeira visita. O Príncipe permaneceu na clínica gran parte da mañá. Foron entregados un testo de flores, e dúas estampas milagreiras para o caudillo
- FRANCO: O prognóstico moi grave
- O día máis longo en “A Paz”. Dona Carmen Polo chegou a residencia unha vez rematada a operación. Aumentou enormemente a afluencia de personalidades tras a lectura do parte das seis. Hidalgo Huerta regresou ás tres, media hora despois de abandonar a clínica
- Recorte de prensa sobra a enfermidade de Franco. Unha longa angustia
- Gráfica de Don Juan Carlos de Borbón e Arias Navarro conversando antes do Consello de Ministros na Zarzuela
- Operado por terceira vez. O Caudillo gravísimo.
- A ENFIRMEDADE hora a hora. Non se altera o prognóstico de suma gravidade
- Mantense o prognóstico gravísimo. A enfermidade do Xefe do Estado, sen variacións substanciais. Gráfica de Carmen Polo
- Calma en “A Paz” durante a noite do venres. O Presidente Arias permaneceu na residencia un cinco minutos, preto das dez da mañá. A vida de franco só depende duna cables, dunhas máquinas, dunhas enerxías artificiais”. Manifestación dun dos médicos que asinan o parte “Este home tiña que ter morto xa, pero en Menciña non existe o dous máis dous igual a catro”
- Envían numerosos ramos de caraveleiras brancas a dona Carmen Polo
- Un relixioso acudiu “A Paz” cunha reliquia do corpo incorrupto de San Diego de Alcalá
- FRANCO HA MUERTO. O CORREO GALLEGO. Quedou constituído o Consello de Rexencia. Don Juan Carlos será proclamado Rei de España o sábado, ante as Cortes Españolas. Os restos mortais do Caudillo recibirán sepultura o domingo no Val dos Caídos
- FRANCISCO FRANCO: Unha vida entregada ó servizo de ESPAÑA. O xeneral máis novo de Europa. De lugartenente a xefe da Lexión. Gráficas
- Recorte de prensa FRANCISCO FRANCO: Unha vida entregada ó servizo de ESPAÑA. Gráficas
- Francisco Franco: Unha vida entregada ó servizo de España. Dende 1936 a 1949, Franco realizou cinco viaxes o estranxeiro. Gráficas
- Trámites para a declaración das Illas Cíes coma ”paraxe natural”
- Solta de alevíns de troita no río Lérez
- Troco de aplicación de subvención para Moaña. Aproveitamento de arborado
- Profundo dó pola morte do Caudillo. Unha gran multitude asistiu ós solemnes funerais celebrados na Basílica
- Actos no Museo Provincial en memoria de Francisco J. Sánchez Cantón
- Hoxe, solemnes actos conmemorativos da proclamación de Juan Carlos I
- Actos, que se celebrarán hoxe e mañá no Museo, ofrecidos a Sánchez Cantón
- Recorte de prensa sobre os actos do Padroado do Museo ofrecidos a Sánchez Cantón
- “Paraxe Natural de Interese Nacional das Illas Cíes”
- Para conmemorar a súa proclamación. Tedeum e recepción oficial na honra do Rei
- Actos do Museo. Misa por Sánchez Cantón e conferencia do Profesor Filgueira Valverde, . Hoxe, falará Teijeiro Rois sobre música
- Ordenanzas para todos os Concellos e Deputacións. Campañas de prevención a todos os niveis
- Extraordinaria lección do doutor Teijeiro Rois no Museo Provincial
- Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo Forestal. Poxa de Madeira
- O Pleno da Deputación Provincial, resalta a lección de patriotismo do pobo español. Aprobación do proxecto de camiños veciñais, por un total de 31 millóns de pesetas
- Fernández Miranda, presidente das Cortes e do Consello do Reino. O Rei asinou onte a última hora o nomeamento
- Fernández Miranda, Presidente das Cortes. O Rei recibiu a Arias Navarro
- O pintor Peón Otero, bolseiro da Deputación
- Material de xinecoloxía para o Hospital cun orzamento de 5.000.000 de pesetas
- Visita dos alumnos da Escola de Formación Profesional do Fogar Provincial, a DIARIO
- Ante o Rei Juan Carlos I, prestou xuramento Fernández Miranda
- Carta de gratitude de Dona Carmen Polo ós españois. “Francisco Franco morreu como quixo vivir: coma católico e co nome de España nos beizos”
- Recorte de prensa sobre a carta de Dona Carmen Polo, viúva do Xeneralísimo Franco, ós españois
- A Virxe da Peregrina nun selo de correos. Sairá a venda o 2 de xaneiro
- A Padroa de Pontevedra nun selo de correos. Imaxe
- Comezou a campaña de aforro escolar. A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- Obras no edificio “Monteagudo” do Museo Provincial
- Biografías dos Ministros do novo Goberno
- Constituído o primeiro Goberno do Rei. Hai tres vicepresidencias: para a Defensa, para Asuntos de Interior e para Asuntos Económicos
- No Fogar Provinc9ial. Intervención de Adrio Poza no curso sobre medios de comunicación social
- “Vin a Santiago como presidente cesante de “SODIGA”. O novo Ministro de Comercio, don Leopoldo Calvo Sotelo, despediuse dos conselleiros da Sociedade para o Desenrolo Industrial de Galiza
- O Ministro de Comercio en Santiago. Celebrou unha xuntanza co Consello de Administración de “SODIGA”
- Nova aportación á colección de acibaches do Museo
- Sodiga promocionou 15 proxectos industriais a ten 12 máis na carteira. ASGACERA estudará os problemas económicos de Galiza nos seus propios terreos
- Don Ramón Encinas Diéguez substitúe a don Gaspar Gil Muños no cargop de director xeral da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- Eleccións de alcaldes e presidentes da Deputación: estudo especial e urxente
- Constituída a Mancomunidade do Val Miñor. As Corporacións de Nigrán, Gondomar e Baiona, reuníronse no parador de Monterreal
- Animación e ledicia no Nadal pontevedrés
- 89 millóns de Ptas., imposto de tráfico de empresa no trimestre
- Hoxe festa de fin de ano no Fogar Provincial
- Alumnos da Universidade a Distancia, dirixen un escrito o reitor de dito Centro. Denuncian algúns inconvenientes e defectos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)