ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/03/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-03-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/03/08_Ordinaria

  • Data(s) 2011-03-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día oito de marzo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19035.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de marzo de 2011. 2.19036.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA “SEMANAS BRANCAS 2011”, PARA O SEU REINTEGRO Á MESMA APLICACIÓN ORZAMENTARIA Posto en marcha o Programa Semanas Brancas 2011 cunha dotación económica de 60.000,00 €, co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade, á par que acadar un maior enriquecemento cultural para os mozos e mozas da nosa provincia, e visto que as prazas adxudicadas suman un total de 550, o que supón un gasto de 27.500,00 €, produciuse un sobrante económico de 32.500,00 € respecto da dotación inicial; polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade liberalizar o sobrante económico de 32.500,00€ (RC: 201100001938) do “Programa Semanas Brancas 2011”, para o seu reintegro na mesma aplicación orzamentaria (11/230.230-227.07), co fin de atender gastos diversos deste Servizo de Acción Social. 3.19037.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 402/2010, PROMOVIDOS POR D. ÁNGEL CARBALLO MENDUÍÑA CONTRA INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA VELLA A AREA DE BON, PARROQUIA DE BELUSO (BUEU) Dada conta que con data 22 de febreiro de 2011 dítase sentenza polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 402/2010, promovidos por D. Ángel Carballo Menduíña contra inadmisión de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada vella a Area de Bon, da parroquia de Beluso, termo municipal de Bueu, valorados en 1.001,36 €, na que se desestima o recurso, declarando axustado a dereito o acordo da Xunta de Goberno que inadmitiu a mesma por non pertencer a vía na que tivo lugar o accidente á rede provincial de estradas, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 4.19038.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PEZA SEPARADA DE SUSPENSIÓN NÚM. 6/2011, DIMANANTE DO PROCEDEMENTO ORDINARIO 42/2011, PROMOVIDO POR D. JAIME ABAL MAQUIEIRA E DONA MARÍA SEIJO FERNÁNDEZ CONTRA APROBACIÓN DO PROXECTO “REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ENSANCHE DA E.P. PORTELA-VALIÑAS-PORTAS” Dada conta que con data 22 de febreiro de 2011 o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra dita Auto na Peza Separada de Suspensión núm. 6/2011, dimanante do procedemento ordinario núm. 42/2011, promovido por D. Jaime Abal Maquieira e Dona María Seijo Fernández, contra aprobación do proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche na EP Portela-Valiñas-Portas”, solicitando a medida cautelar de suspensión, contra a que se presentaron alegacións por parte da Asesoría Xurídica, acordando o Xulgado non acceder á medida cautelar de suspensión. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 5.19039.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19040.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO AXUDA CONCEDIDA Ó CLUB CERDEDO, F.S., DO CONCELLO DE CERDEDO PARA “DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE)”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 29/09/2010 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 29/09/2010 ó Club Cerdedo, F.S. de Cerdedo para “Axuda ó deporte de competición federado (Categoría Base)”, por un importe de 1.500,00 €, con cargo á partida 11/340.341.489.20.2010, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante procedemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 1.500,00 €, con cargo á partida 11/340.341.489.20.2010 do vixente orzamento provincial. 7.19041.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA CON DESTINO Ó SERVIZO DE MEDIO NATURAL 1.- Mediante escrito de data 21 de febreiro de 2011, a Xefa de Servizo de Medio Natural expón que dende o seu departamento considérase necesario reforzar o asesoramento en viticultura e horta dos propietarios de plantacións de viñedo e cultivos da provincia de Pontevedra, polo que cre indispensable a convocatoria de dúas bolsas dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas. 2.- A selección dos/as bolseiros/as levará a cabo mediante o sistema de valoración de méritos e entrevista persoal, na que se formularán cantas preguntas se consideren oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño da bolsa, a fin de determinar a idoneidade dos aspirantes e na que estes poderán facer a súa exposición curricular. 3.- Estas Bolsas están dotadas cunha consignación mensual de 1.200,00 €, que se imputarán á aplicación orzamentaria 410.410.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/04/2011) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período até un máximo dun ano. A cantidade total estimada ascende a 14.400,00 €. Normativa aplicable: - A convocatoria das bolsas, a selección dos/as beneficiarios/as e a realización dos traballos que dan dereito ás mesmas, axustaranse ó previsto nas bases, ó disposto no capítulo II da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e á lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, en diante Lrx-Pac, así como a Lei 4/1999, de modificación da Lrx-Pac. - Artigo 23 e seguintes do decreto de 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. - Acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, polo que se delega na Comisión de Goberno o desenvolvemento das bases que han de rexer a concesión das distintas bolsas, con arranxo ós principios establecidos polo Pleno, a adxudicación das mesmas e a súa prórroga. Vista a proposta presentada pola Xefa de Servizo de Medio Natural, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas bolsas destinadas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas para reforzar o asesoramento en viticultura e horta dos propietarios de plantacións de viñedo e cultivos da provincia de Pontevedra. Estas Bolsas están dotadas cunha consignación mensual de 1.200,00 €, que se imputarán á aplicación orzamentaria 410.410.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/04/2011) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período até un máximo dun ano. A cantidade total estimada ascende a 14.400,00 €. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 1 de marzo de 2011 na aplicación proposta para imputar o gasto existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento R.c., número de operación 201100015489. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA CON DESTINO Ó SERVIZO DE MEDIO NATURAL PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento para a concesión, de dúas bolsas, que teñen por obxecto a realización de Tarefas de investigación e colaboración, co fin de mellorar e prestar asistencia técnica reforzar o asesoramento en materia de viticultura e horta, das plantacións de viñedos e cultivos da provincia de Pontevedra, con destino no Servizo de Medio Natural. Titulación: As bolsas están dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión da titulación esixida, ou estar condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e) Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €, que se imputará á aplicación orzamentaria 410.410.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que se inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- 4.1.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. 4.2.- En canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula, os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23 puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: - O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: - Un Deputado provincial. - O Xefe do Servizo de Medio Natural. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación de Pontevedra. Secretario: - O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección do/a bolseiro/a efectuarase mediante o sistema de entrevista persoal. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase o listado de admitidos no Taboleiro de Anuncios do Pazo Provincial e na páxina web, convocándose ós/as aspirantes para a celebración da entrevista. A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño das bolsas, a fin de determinar a súa idoneidade a na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web o resultado. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os/as adxudicatarios/as comezarán o seu desempeño no Servizo de Medio Natural e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Medio Natural có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario/a da bolsa deberán subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado. f) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículos. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- RÉXIME XURÍDICO.- A convocatoria das bolsas e a selección dos bolseiros/as así como a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxeitarase ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003, de 17 de novembro) e na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).” 8.19042.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de fomentar a integración laboral e o desenvolvemento persoal dos mozos da provincia, pretende levar a cabo a organización e impartición dos cursos incluídos no Programa Social “Actívate”, cuxo custo se estima na cantidade máxima de oitenta e sete mil seiscentos euros, 87.600,00 €, IVE incluído. Así mesmo, informa que a Deputación non dispón do persoal necesario para levar a cabo o citado programa, polo que solicita que se inicie a contratación da organización e impartición dos cursos incluídos no Programa Social “Actívate”. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terá que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de organización e impartición dos cursos incluídos no programa social “Actívate”. O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos sen IVE (1.016,95 €), máis a cantidade correspondente ó IVE por importe de 183,05 €, o que fai un importe de 1.200,00 €. O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade de oitenta e sete mil seiscentos euros (87.600,00 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 87.600,00 € para financiar o citado programa, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07 do vixente Orzamento Provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para a dicir contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTIVATE” 1.-OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a mozas de entre 16 e 35 anos de idade, nos concellos da provincia, dentro do Programa social “Actívate”. Este Programa de carácter social ten como finalidade fomentar a integración laboral e o desenvolvemento persoal dos mozos da provincia. O contrato comprende a impartición de cursos de diversas materias, de entre un catálogo de cursos que aparece detallado como anexo no prego de prescricións técnicas. A duración de cada curso será de 30 horas. O número de cursos a realizar virá determinado pola poboación dos distintos municipios de acordo co seguinte detalle: CONCELLOS CURSOS TOTAL CURSOS Ata 15.000 habitantes 47 1 47 Máis de 15.000 habitantes (agás Pontevedra e Vigo) 13 2 26 TOTAL 73 2.-FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pago do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levarán a cabo durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011 nos concellos da provincia adheridos ó programa. 5.-TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos sen IVE (1.016,95 €), máis a cantidade correspondente ó IVE por importe de 183,05 € , o que fai un importe de 1.200,00 €. 6.- ORZAMENTO:- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade máxima de oitenta e sete mil seiscentos euros (87.600,00 €). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (Lcsp). 8.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato derívense até a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles seguintes contados dende o seguinte ó requirimento á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Bop. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización dos cursos incluídos no programa “Actívate”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1- A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 6.- A dirección de correo electrónico na que efectuar as comunicacións e notificacións. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e desenvolvemento dos cursos incluídos no programa “Actívate”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: - Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. - Profesorado, e titulación. - Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. - Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. - Proposta de seguros. - Proposta de cronograma de execución. - Posibles melloras. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición dos cursos incluídos no programa “Actívate”. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1. Contido e metodoloxía dos cursos de formación a impartir, ata un máximo de 15 puntos. 2. Cualificación e adaptación do profesorado en relación cos cursos, ata un máximo de 10 puntos. 3. Recursos destinados á impartición das actividades e relación do material didáctico a entregar ós alumnos, ata un máximo de 10 puntos. 4. Cronograma de execución, ata un máximo de 5 puntos. 5. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: -Diversidade horaria para a impartición dos cursos. -Entrega de material adicional. -Entrega de obsequios ós alumnos. -Creación dunha memoria gráfica do desenvolvemento do curso. -Outras melloras. 13.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. Valorarase de conformidade coa fórmula establecida no Anexo I. 14.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2). • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 15.-REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e requirirá á empresa que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles , a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 16.-ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo en dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 18.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola Lcsp ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de Documentos dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 21.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da Lcsp. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 24.-MODELO DE PROPOSICIÓN ECONOMICA.- Don......., maior de idade, veciño de......., con domicilio en .......titular do DNI......., expedido en data......., actuando en nome propio ou en representación de ......con domicilio en ......, teléfono......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio , para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á xestión e organización dos cursos incluídos no programa “Activate” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo seguinte prezo por curso: -Prezo sen IVE …………………….€ -IVE …………………….€ -Prezo total ……………………€ (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 9.19043.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POR D. RAMÓN LOIS SIMÁNS CONTRA O ACORDO DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO CORRESPONDENTE Á SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CON DESBROZADORA EN BRAZO ARTICULADO PARA O CONCELLO DE BARRO D. Ramón Lois Simáns a través de escrito de data 22 de febreiro de 2011, que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra o día 23 de febreiro de 2011, co número 8.053, interpón recurso de reposición contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2011, polo que se adxudica á empresa, Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F.- B-36020196), o contrato correspondente á subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro, en base a que o tractor marca John Deere modelo 6830, ofertado pola empresa adxudicataria, supostamente incumpre o prego de prescricións técnicas ó non dispor dunha potencia neta de máis de 145 CV DIM. Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 15 de setembro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor con rozadoira en brazo articulado para o Concello de Barro, por un importe global de 90.086,89 €, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor con rozadoira en brazo articulado para o Concello de Barro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 186 de data 27 de setembro de 2010, e que para optar á adxudicación do mesmo presentáronse as empresas e empresarios, Hermanos Villar, S.L.; Maxideza, S.L.; Comercial Vazpe, S.L.; Ramón Lois Simáns; Comercial Veiras, S.A. e Guerra Golada, S.L. Resultando que o Xefe do Parque de Maquinaria en informe emitido o día 10 de novembro de 2010, manifesta que os tractores ofertados por Comercial Vazpe, S.L., Ramón Lois Simáns, Guerra Golada, S.L. e Maxideza, S.L., cumpren cos estándares de calidade e cos obxectivos propostos nesta contratación tendo en conta que dispoñen dos elementos e potencia suficiente para executar satisfactoriamente as tarefas que se lle demanden. Resultando que a Xunta de Goberno, a través de acordo adoptado na sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2011, adxudicou á empresa Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F.: B-36020196), o contrato correspondente á subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro, por un importe de oitenta e seis mil cento corenta euros (86.140,00 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: A) Prezo do contrato 73.000,00 € B) IVE (18%) 13.140,00 € C) Importe Total 86.140,00 € Resultando que a empresa adxudicataria do procedemento aberto para contratar a subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro, oferta un tractor marca John Deere modelo 6830, dotado dunha rozadoira lateral hidráulica Becchio & Mandrile BM 055. Resultando que entre a documentación presentada no Sobre “B” pola empresa adxudicataria consta expresamente que o tractor ofertado fabrícase en Mannheim (Alemania) e é de última xeración, coas seguintes características no motor: • John Deere Diesel de 6 cilindros turboalimentados, Tier 3, refrixerado por auga-aceite, cilindrada de 6.780 cc. Conmonrail, de alta presión. • Potencia neta 152 CV a 1.900 RPM, con regulación totalmente electrónica. • Par máximo 680 NM a 1.300 RPM, reserva de par 33%. • Dobre sistema de refrixeración, filtro de aire en seco co elemento de seguridade, ventilador de transmisión variable. Resultando así mesmo que na citada documentación do Sobre “B” figura un folleto actualizado da casa John Deere en que constan os seguintes datos con respecto á potencia do motor do tractor correspondente ó modelo 6830. --Potencia (97/68/CE) ó réxime nominal (sen ventilador) Kw (CV) 107(145) --Potencia máxima (97/68/CE) Kw (CV) 112 (152) Visto o informe emitido polo Xefe do Parque de Maquinaria, de data 7 de marzo de 2011, sobre a potencia do motor instalado no tractor, marca John Deere modelo 6830, ofertado pola empresa adxudicataria, Comercial Vazpe, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Ramón Lois Simáns, contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2011, polo que se adxudica á empresa, Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F.- B-36020196), o contrato correspondente á subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro, por considerar que a potencia do motor do tractor ofertado cumpre co estipulado no prego de prescricións técnicas. 10.19044.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1- FINAL DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE SENDA PEONIL NA E.P. 8004 CALDAS- VILANOVIÑA, TRAMO CALDAS- PORTAS” Vista a certificación núm. 1 Final relativa á obra “construción de senda peonil na E.P. 8004 Caldas Vilanoviña, tramo Caldas Portas” fondos propios 327/2010, adxudicada no seu día a empresa Construcciones Obras y Viales, e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 1/03/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES (CIF. A – 36008886) 11/456.453.612.02.2010 233.000,00€ SUBTOTAL ………. 233.000,00€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.637,23€ Control de calidade (1%) Id. 1.659,31€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.194,70€ Total descontos 9.491,24€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ………. 223.508,76€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 11.19045.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1- FINAL DA OBRA ACONDICIONAMENTO E REFORMA DOS ESPAZOS DESTINADOS A DELINEACIÓN, TOPOGRAFÍA, ACCIÓN SOCIAL, ASEOS E ZONAS COMÚNS NO PRIMEIRO ANDAR DO EDIFICIO NA ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA Vista a certificación núm. 1 Final relativa á obra “Acondicionamento e reforma dos espazos destinados a delineación, topografía, acción social, aseos e zonas comúns no primeiro andar do edificio na antiga Sede de Educación de Pontevedra D10/08”, adxudicada no seu día a empresa, Construcciones Abal S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 25/02/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES ABAL SA (CIF. A–36.115.459) 11/457-450-622.03.2010 234.820,00€ SUBTOTAL………. 234.820,00€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.689,08€ Control de calidade (1%) Id. 1.672,27€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 836,13€ Total descontos 9.197,48€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……….. 225.622,52€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 12.19046.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Gráficas de Vigo, S.L.U. Á empresa Gráficas de Vigo, S.L.U. (CIF B- 36.829.695), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil trescentos cincuenta euros (1.350,00), para responder do contrato relativo ó Servizo de edición de 3.000 exemplares do libro “Círculo Mercantil de Vigo”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/10/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900088956. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Galicia, multigestión deportiva, S.L. Á empresa Galicia, multigestión deportiva, S.L. (CIF B- 15.726.227), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de catro mil novecentos quince euros (4.915,00), para responder do contrato relativo á Asistencia técnico-educativa dos campamentos no Centro de Vacacións de A Lanzada para o verán do 2010, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000049014 sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.A. A empresa Pavimentos de Meaño, S.A. (CIF B- 36.239.945), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de vinte e nove mil novecentos cincuenta euros con corenta e tres céntimos (29.950,43 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 0307 Peso- Caroi (A Lama), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700017191, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de cinco mil corenta euros (5.040,00 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20070003517, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de tres mil douscentos trinta euros (3.230,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado da E.P. 0102 Acuña- Pedra das Navallas (Vilaboa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/11/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600100750, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dezanove mil novecentos noventa e dous euros (19.992,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado da E.P. 9402 Mosteiro- Barrantes, San Martín de Meis (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/11/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600100751, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos euros (200,00 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 0503 Mane- Rebón (Barro- Moraña), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600107892, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dezasete mil catrocentos cincuenta e nove euros con oitenta e sete céntimos (17.459,87 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de beirarrúas, servizos e iluminación na E.P. 8503 Cordeiro- Senín (Valga), que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700085452, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de ACC, por importe de cinco mil setecentos setenta e seis euros con dez céntimos (5.776,10 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación Praza da Independencia (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/11/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20060099610, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincuenta e un mil oito euros con seis céntimos (51.008,06 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona- Loureza (Baiona), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/06/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800049090, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de trinta e oito mil cento vinte e un euros con vinte e tres céntimos (38.121,23 €), para responder do contrato relativo á obra: Acceso de Uma á E.P. 4304 Meirol- Enlace Autovía (Salvaterra de Miño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700086302, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil catrocentos corenta e seis euros con vinte céntimos (3.446,20€), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 3303 Eiras- Tabagón- Goián (Tomiño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600105354, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A- 36.001.063), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de nove mil novecentos noventa e un euros con trinta e catro céntimos (9.991,34 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora da capa de rodamento na E.P. 2102 Nigrán- Vincios (Nigrán), que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800077558, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil cento trinta e seis euros con noventa e dous céntimos (5.136,92 €), para responder do contrato relativo á obra: Terminación, ensanche e mellora na E.P. 8502 Valga- Baño e E.P. 8506 Baño- C/550 (Valga), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700031517, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Elsamex, S.A. A empresa Elsamex, S.A. (CIF A- 28.504.728), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de vinte e un mil setecentos trinta e dous euros (21.732,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de pavimento e dotación de servizos na E.P. Redondela- Catapeixe (Redondela), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500001425, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Seguros Vitalicio, por importe de oito mil seiscentos nove euros (8.609,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/05/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900042605, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Movex Vial, S.L. Á empresa Movex Vial, S.L. (CIF B- 36.684.157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catorce mil trescentos dous euros (14.302,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Proxecto modificado seguridade viaria E.P. 2502 Cerquido- Ribadelouro (Tramo Magdalena- Ribadelouro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700035331, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á UTE Embarcadoiro de Oia Á UTE Embarcadoiro de Oia (CIF G- 36.541.522), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dez mil corenta euros con oitenta e nove céntimos (10.040,89 €), para responder do contrato relativo á obra: Adaptación do proxecto básico de E.P. 3201 acceso embarcadoiro de Oia á nova normativa de patrimonio (Oia), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/11/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600100742, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.19047.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición