ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/05/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-05-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/05/04_Ordinaria

  • Data(s) 2011-05-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día catro de maio do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19206.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de abril de 2011. 2.19207.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A. Á empresa Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A. (CIF A- 36.953.479), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil oitocentos quince euros (1.815,00 €), para responder do contrato relativo ó: Servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2010 (Lote 2), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000039962. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil douscentos noventa euros (1.290,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2010 (Lote 3), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000039985. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil setecentos sesenta euros (1.760,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2010 (Lote 4), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000039986. 3.19208.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “E.P. 9701 BAIÓN-ANDRÁS, LUGAR DE SERANTES (VILANOVA DE AROUSA)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/08/2009, adxudicouse definitivamente a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” na suma de 440.718,67 €, máis a cantidade de 70.514,99 € correspondente ó IVE, que ofertara un prazo de execución de dezaoito meses, melloras valoradas en 9.020,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que a adxudicataria solicita prórroga para a finalización da obra como consecuencia da espera na resolución dos condicionantes a que se viu sometida pola execución dunha nova rotonda e a execución da fase II do proxecto. Resultando que polo Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Xefe da Zona Centro, emítese informe favorable á concesión de dita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcións, Obras e Viais, S.A., concedendo unha prórroga para a finalización da obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” ata o 20 de xullo do ano en curso. 4.19209.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.19210.- RENUNCIA QUE FORMULA O LICEO CASINO DE MARÍN Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2010 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA A OBRA NÚM. 785 “AMPLIACIÓN DE MATERIAL EN SALA INFORMÁTICA” Dada conta da renuncia presentada polo Liceo Casino de Marín (CIF: G-36.010.924) (Marín), á subvención de 2.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 2.18827 de 22 de decembro do ano 2010, para o investimento núm. 785, denominado “Ampliación de material en sala informática”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2010, aplicación 942.459.789.07, motivada porque a directiva da citada entidade ante as baixas producidas nos cursos de informática considera que cos ordenadores de que dispón o Liceo Casino de Marín son suficientes, polo que, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada polo Liceo Casino de Marín (CIF: G-36.010.924) (Marín), á subvención de 2.000,00 € concedida no ano 2010 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 785, “Ampliación de material en sala informática”. 6.19211.- DAR CONTA DE INFORMES EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DA DENOMINACIÓN DA MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA PARA A DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO DOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA, MARÍN, POIO, PONTE CALDELAS, VILABOA, COTOBADE, BARRO E CAMPO LAMEIRO Dada conta do acordo de modificación dos Estatutos e da denominación da Mancomunidade Terras de Pontevedra para a dinamización de produto turístico dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa Cotobade, Barro e Campo Lameiro, adoptado polo Pleno da citada Mancomunidade na sesión de 23 de marzo de 2011, o Secretario e Interventor desta Deputación emiten sendos informes de datas 27 de abril e 3 de maio de 2011, respectivamente, cuxos textos literais son os seguintes: Informe do Secretario: “1.- As mancomunidades de municipios son entidades locais distintas dos concellos que a compoñen (art.3,d) Lei 7/85, de 2 de abril), polo que non se podería aplicar o réxime de organización dos concellos de gran poboación establecido no Título X da Lei 7/85, ó non ser de aplicación de conformidade co disposto no art. 121 do anterior texto legal. 2.-Artigo 8.- Se ben establécese que as atribucións do Presidente da Mancomunidade son, dentro do ámbito competencial da mesma, ás asignadas ó Alcalde ó establecer, no artigo3-apartado h, unha cláusula aberta baseándose na analoxía (“Todas aquelas de natureza análoga que non sexan asumidas directamente polo Pleno”) podería xerar problemas de seguridade e certeza xurídica. Polo que entendemos que debería recollerse a cláusula aberta que establece a Lei 7/85, de 2 de abril, en relación coas competencias do Alcalde. 3.- Artigo 9.- En canto a redacción final entendemos debería ser “…do Concello do que sexa Presidente o da Mancomunidade”. Tal é o noso parecer.” Informe da Intervención: “Solicitado informe sobre a “Modificación dos estatutos e da denominación da Mancomunidade Terras de Pontevedra para a dinamización de produto turístico dos Concellos de Pontevedra, Marín Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro, e segundo o establecido no artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, por esta Intervención ponse de manifesto que non se atopa inconveniente algún á citada modificación, informándose favorablemente a mesma.” Considerando o disposto no artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar conformidade ós informes emitidos polo Secretario e a Intervención desta Deputación, de datas 27 de abril e de 3 de maio, respectivamente, relativos á “Modificación dos Estatutos e da denominación da Mancomunidade Terras de Pontevedra para a dinamización de produto turístico dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro” e dar traslado deste acordo á citada Mancomunidade. 7.19212.- APROBACIÓN DAS BASES DO XI CERTAME PROVINCIAL DE BANDA DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” A Deputación de Pontevedra convoca o XI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 83.700,00 €, con cargo á aplicación 11/330.334.481.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado certame e que son do seguinte teor: “BASES XI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” PRIMEIRA.- A Deputación de Pontevedra no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da nosa provincia convoca o XI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música federadas, na Federación Galega de Bandas de Música Populares, da provincia de Pontevedra que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 81 a 115 músicos. * Sección primeira: 6 bandas participantes de 61 a 80 músicos. * Sección segunda: 6 bandas participantes de 46 a 60 músicos. * Sección terceira: 10 bandas participantes ata 45 músicos. Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. Para que unha sección poida constituírse será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou na posterior de ser o caso. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público no Pazo Provincial, sede da Deputación, ante o Presidente da corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán excluídas para poder participar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. QUINTA.- Cada banda de música interpretará, fóra de concurso, un pasodobre cuxa duración máxima será de 5 minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección especial: 20 ± 5 minutos Sección primeira: 20 ± 5 minutos Sección segunda: 15 ± 5 minutos Sección terceira: 10 ± 5minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. SEXTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. Dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité. SÉTIMA.- O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vogais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. OITAVA.- As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á aplicación 11/330.334.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.600,00 € Sección primeira: 3.000,00 € Sección segunda: 2.400,00 € Sección terceira: 1.800,00 € NOVENA.- Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ás bandas que acaden a maior puntuación. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame tendo en conta os seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. DÉCIMA.- A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros de dito xurado, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. DÉCIMO PRIMEIRA.- Novacaixagalicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios: 1º Premio 2º Premio Sección especial: 4.100,00 € 2.000,00 € Sección primeira: 3.400,00 € 1.700,00 € Sección segunda: 2.900,00 € 1.300,00 € Sección terceira: 2.400,00 € 1.100,00 € O importe destes premios imputaranse á aplicación 11/330.334.481.06. Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental á terceira banda clasificada en cada unha das seccións por importe de: 3º Premio Sección especial: 1.500,00 € Sección primeira: 1.200,00 € Sección segunda: 1.050,00 € Sección terceira: 900,00 € DÉCIMO SEGUNDA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección especial: O camiño das ánimas en pena Ferrer Ferrán Sección primeira: Iter per Gallaeciam Juan Lois Diéguez Sección segunda: Os muiños da Barosa Adrián Silva Magdalena Sección terceira: Fantasía sobre cancións galegas Daniel Costa Ferreiro DÉCIMO TERCEIRA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres). A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO CUARTA.- O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mais o currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre a interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. DÉCIMO QUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte: 1.- Constitúese unha comisión de control, que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial e un delegado observador de cada unha das bandas participantes na sección na que actúan. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. 2.- A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 3.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán: DNI ou pasaporte. 4.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEXTA.- O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SÉTIMA.- O comité organizador do XI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira: Presidente: - O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: - Dous representantes da Deputación de Pontevedra. - Un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. - O asesor artístico-musical do certame. - O director técnico do certame. Secretario: - o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue DÉCIMO OITAVA.- Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.” 8.19213.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN Dada conta da acta do Xurado cualificar dos Premios Provinciais á Investigación-2010, na reunión mantida o pasado 28 de abril: 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación–2010 despois da reunión mantida o pasado 28 de abril e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2010 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do 28 de abril de 2011, reúnese o Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación 2010 presidido por D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura e os vogais D. ÁLVARO XOSÉ LÓPEZ MIRA, en representación da Universidade de Vigo, DONA JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, en representación da Universidade de Vigo, D. LUIS ORTIZ TORRES, en representación da Universidade de Vigo, DONA BEATRIZ RODRÍGUEZ LÓPEZ, en representación da UNED- Centro Asociado de Pontevedra, DONA ROSA ANA MALVAR PINTOS, en representación da Misión Biolóxica de Galicia, D. ANTONIO BALLESTER ÁLVAREZ-PARDIÑAS, en representación da Real Academia Galega de Ciencias, D. XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, director do Museo Provincial de Pontevedra, D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, DONA MERCEDES COSTAS FERNÁNDEZ, en representación do Servizo de Cultura actuando como Secretario D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes premios: APELIDOS E NOME DNI TÍTULO CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 € Declarado deserto HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 € Declarado deserto PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 3.000,00 € Declarado deserto PREMIO CARMELA ARIAS DÍAZ DE RÁBAGO.- 3.000,00 € Portela Vázquez, Alberto Manuel 36138095-N Cruz Gallástegui, su aportación a Pontevedra con la Misión Biológica de Galicia y al desarrollo del campo gallego TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 2.000,00 € Premios Ex Equo Solla Agra, Eugenio Luis 76926329-T Recubrimientos de Hidroxiapatita substituída con Silicio mediante Ablación Láser Vázquez Vázquez, Olalla 44086527-N Reconocimiento de secuencias de ADN: Nuevos agentes específicos y sensores fluorescentes TESES DE DOUTORAMENTO:HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.-2.000,00 € Premios Ex Equo Maseda Maseda, Francisco Fidel 33339449-Y Lois Tobío: vida e obra dun humanista galego e dun galegista Universal López Calderón, Marica 44810102-F Lenguaje, estilo y modo en la escultura de Francisco de Moure y José Gambino PROXECTOS FIN DE CARREIRA, FIN DE MÁSTER e DEA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.800,00 € Premios Ex Equo Valle Martínez-Sapiña, Jacobo Manuel 77405379-Y Diseño y evaluación de métodos robustos para el reconocimiento de iris Cendán Teijeiro, César 33347047-Z Fontes de variación no peso da semente de Pinus pinaster e a súa influencia no fenotipo da proxenie TESES DE LICENCIATURA , PROXECTOS FIN DE CARREIRA, FIN DE MÁSTER E DEA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.800,00 € Premios Ex Equo Velasquez Fernández, Wajari Y0052935A La alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, Galicia, España Lamoso González, Ana Paula 77409527-Z O Public Lobbying: O Caso Galego NOVOS INVESTIGADORES: Novas Tecnoloxías.- 2.000,00 € Estévez González, Víctor 76867072-Z Metodología basada en S.I.G. para la ordenación del territorio litoral Chegado o momento de proceder á valoración dos traballos presentados na modalidade de Proxectos Fin de Carreira: Ciencias e Tecnoloxía o membro do Xurado D.Carlos Valle Pérez auséntase da reunión por motivos persoais. Así mesmo, e en atención ó fallo deserto das modalidades: Premios de Investigación: Ciencias e Tecnoloxía, provincia de Pontevedra e Premios a Novos Investigadores: Humanidades e Ciencias Sociais, este Xurado propón a concesión da totalidade dos premios na modalidade de: Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais a cantidade de 2.000,00 € a cada un dos premiados; Proxectos fin de carreira: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais a cantidade de 1.800,00 € a cada un dos premiados. E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 12,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe” 2.- Ditas axudas achegaranse con cargo á aplicación orzamentaria 11/330.334.481.01.2010 do orzamento provincial. 9.19214.- REPARTICIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS ÁS COOPERATIVAS AGRARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA–2010 Unha vez estudadas as “ Bases Reguladoras das Axudas Económicas ás Cooperativas da Provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que prestan ós seus socios para o ano 2010. ”, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 10/12/10 e publicada no BOP do 29/12/10, núm. 248, páxina 18, anuncio 2010013605. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro técnico do Servizo Agrario e do Servizo de Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a repartición das axudas económicas ás cooperativas agrarias da Provincia de Pontevedra, por un importe total de 200.000,00 € e con cargo á partida 11/410.412-789.00.2010, documento RC núm. 201000106206, da forma que figuran na listaxe que se anexa. 10.19215.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 4 de maio de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000480 e que contén catorce facturas, sendo a primeira de Diario ABC, S.L., por importe de 7.080,00 € e a derradeira de Asoc. Galega de Bandas de Música e Percusión Prov. de Pontevedra, por importe 2.950,00€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 118.284,71 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 118.284,71 € 11.19216.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE VARIAS OBRAS DE CONTRATACIÓN Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas orzamentarias: 11/410.415.658.07.2010 e 11/922.342.652.09, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -A certificación núm. 1-final de Belypa Construcciones S.A. (B-36.324.234) por importe de 111.315,30 €, correspondente á obra “Acondicionamento de aulas na planta 1º e adaptación de accesos planta baixa na Confraría de Pescadores de San Xulián, Illa de Arousa”, con cargo á aplicación orzamentaria 11/410.415.658.07.2010 e con arranxo ó seguinte detalle: Euros BELYPA CONSTRUCCIONES S.A (B-36.324.234) 111.315,30€ Subtotal 111.315,30€ Taxa dirección de obra ( 4%) 3.170,92€ Control de Calidade (1 %) 792,73€ Seguridade e Saúde (0,5%) 396,37€ Total descontos 4.360,02€ Importe líquido a percibir pola empresa 106.955,28€ -A certificación núm. 15 de Construcciones Obras y Viales S.A.(A-36.008.886) por importe de 449.812,02 €, correspondente á obra “Infraestrutura básica para a construción de 15 Campos de fútbol de herba artificial”, con cargo á aplicación orzamentaria 11/922.342.652.09 e con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (A-36.008.886) 449.812,02€ Subtotal 449.812,02€ Taxa dirección de obra ( 4%) 13.034,25€ Control de Calidade (2 %) 6.517,13€ Seguridade e Saúde (0,72%) 2.346,17€ Total descontos 21.897,55€ Importe líquido a percibir pola empresa 427.914,47€ 12.19217.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA PO-300” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para levar a cabo a obra de “Mellora da seguridade vial na PO-300”. O custe total do convenio ascende á cantidade de douscentos trinta e dous mil setecentos catro euros con dezaoito céntimos (232.704,18 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para levar a cabo esta actuación na aplicación 11/942.941.655.00 do vixente orzamento provincial. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións do informe de intervención, de data 4 de maio de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para levar a cabo a obra de “Mellora da Seguridade Vial na PO-300”. Dita aprobación queda condicionada a corrección das salvidades sinaladas por intervención antes da aprobación do expediente de contratación. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA PO-300” No Pazo Provincial, a … de maio de 2011 REUNIDOS D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Luis Aragunde Aragunde, Alcalde-Presidente do Concello de Cambados, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 26 de maio de 2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo, entre outras accións, a construción dunha glorieta na intersección da estrada PO-300 de titularidade autonómica, e das estradas provinciais 9508 e 9504, no Concello de Ribadumia, cun investimento de 1.240.608,30 €, que foi financiada integramente pola Xunta de Galicia. A continuación desta glorieta, un tramo da estrada autonómica PO-300 discorre pola parroquia de Oubiña, no Concello de Cambados, carecendo de beirarrúas, e dispoñendo unicamente duns marxes moi estreitos, que presentan un alto risco de perigosidade para os peóns que teñen que desprazarse por ela, ó tratarse dunha zona de alta densidade demográfica. Por iso, para garantir na medida do posible, a seguridade vial neste tramo da estrada, é necesario abordar obras de inmediato, para o que o Concello de Cambados elaborou o proxecto correspondente. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non dispón neste intre de dotación económica para abordar a realización deste proxecto, e por conseguinte, formalízase este convenio, para financiar estas obras pola Deputación, en reciprocidade coas actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia, no proxecto de glorieta na intersección das estradas provinciais e autonómicas que financiou exclusivamente a Consellería. III.-Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados é a execución da obra “Mellora da seguridade vial na PO-300”. SEGUNDA.- IMPORTE.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de douscentos trinta e dous mil setecentos catro euros con dezaoito céntimos (232.704,18 €), e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. TERCEIRA.- OBRIGAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.- 1.- A Deputación de Pontevedra financiará a realización das mencionadas obras, que ascenden á contía de 232.704,18 €, con cargo á aplicación 11/942.941.655.00 “Investimentos en colaboración coa Comunidade Autónoma”, do vixente orzamento provincial. 2.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico. CUARTA.- OBRIGAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, unha vez outorgada a autorización para a execución das obras, obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos da súa titularidade incluídos na zona de dominio público, necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. QUINTA.- OBRIGAS DO CONCELLO DE CAMBADOS.- 1.- Ó Concello de Cambados correspóndelle a redacción do proxecto e o abono dos honorarios correspondentes, se procedera. 2.- Así mesmo, levará a cabo, se foran precisas, a tramitación ante outros organismos das autorizacións pertinentes. 3.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos distintos servizos obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. SEXTA.- COMISIÓN DE SEGUEMENTO.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, un representante da Deputación Provincial de Pontevedra e outro do Concello de Cambados, e un Técnico de cada Administración. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase as veces que se estimen oportunas para o cumprimento do presente convenio. SÉTIMA.- VIXENCIA DO CONVENIO.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. Non obstante, seguirá xurdindo efectos, en tanto en canto, non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. OITAVA.- INCUMPRIMENTO E CAUSAS DE EXTINCIÓN.- Serán causas de extinción deste convenio: - O non cumprimento do seu obxecto. - A inviabilidade das actuacións descritas por causas non imputables ás partes. - O incumprimento de carácter total ou parcial de calquera das cláusulas do convenio. Entenderase por incumprimento parcial aquel que implica en maior ou menor grado a non consecución dos fines propios do convenio ou impidan de xeito directo ou indirecto as actuacións previstas no mesmo. - Denuncia por causas de interese público ou a instancia de calquera das partes. NOVENA.- NATUREZA DO CONVENIO.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e ademais normas administrativas, debendo adxudicarse as obras de acordo coa Lei de Contratos do Sector Público e normas de desenvolvemento. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Cambados Agustín Fernández Hernández de Rojas Rafael Louzán Abal Luis Aragunde Aragunde” 13.19218.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA FARO DE VIGO, S.A.U O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 26 de abril de 2011, solicita que se contrate coa empresa Faro de Vigo, S.A.U., a prestación dos seguintes servizos de publicidade durante os meses de xuño a decembro de 2011. • Inserción de publicidade no periódico “Faro de Vigo”. • Inserción de publicidade na páxina dixital de “Faro de Vigo”. • Inserción de publicidade nas actividades do “Club Faro”. • Inserción do logotipo da Deputación de Pontevedra nas accións publicitarias correspondentes á edición, impresión e distribución de libros relacionados coa historia, monumentos, personaxes, museos… da provincia de Pontevedra, que durante o ano 2011 publique Faro de Vigo. O custo destes servizos a cifra na suma total de 300.000,00 €, IVE incluído (Do importe total 254.237,29 € corresponden ó prezo do contrato e 45.762,71 € ó IVE). Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 27/04/2011, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 300.000,00 € para facer fronte ás obrigacións derivadas da execución do contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 11/900.912.226.02 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerá no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 2 de maio de 2011. Resultando que con data 3 de maio de 2011, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade coa empresa Faro de Vigo, S.A.U. Resultando que con data 4 de maio de 2011, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente onde se deixa constancia dunha serie de observacións e recomendacións en relación á aprobación do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación en base ó estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Faro de Vigo, S.A.U.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, de servizos de publicidade coa empresa, Faro de Vigo, S.A.U., por un importe total de trescentos mil euros (300.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 254.237,29 € corresponden ó prezo do contrato e 45.762,71 € ó IVE). 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 300.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/900.912.226.02 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación os citados servizos de publicidade, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Faro de Vigo, S.A.U.”, ó gozar de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA FARO DE VIGO, S.A.U. 1.- OBXECTO.- A prestación dos seguintes servizos de publicidade: • Inserción de publicidade no periódico “Faro de Vigo”, con prezos segundo tarifa oficial vixente no ano 2011. • Inserción de publicidade na páxina dixital de “Faro de Vigo”, con prezos segundo tarifa oficial vixente no ano 2011. • Inserción de publicidade nas actividades do “Club Faro” durante o ano 2011. • Inserción do logotipo da Deputación de Pontevedra nas accións publicitarias correspondentes á edición, impresión e distribución de libros relacionados coa historia, monumentos, personaxes, museos… da provincia de Pontevedra, que durante o ano 2011 publique Faro de Vigo. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/900.912.226.02 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGO.- O adxudicatario terá dereito ó pago, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co establecido no artigo 154 d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende o día 1 de xuño até o 31 de decembro de 2011. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de douscentos cincuenta e catro mil douscentos trinta e sete euros con vinte e nove céntimos (254.237,29 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE, corenta e cinco mil setecentos sesenta e dous euros con setenta e uns céntimos (45.762,71 €) e de acordo co seguinte detalle: TIPO DE PROGRAMA PREZO IVE TOTAL Publicidade en Faro de Vigo 152.542,37 € 27.457,63 € 180.000,00 € Publicidade web Faro de Vigo 25.423,73 € 4.576,27 € 30.000,00 € Publicidade actividades Club Faro 50.847,46 € 9152,25 € 60.000,00 € Publicidade libros Provincia Pontevedra 25.426,73 € 4.576,27 € 30.000,00 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) Sobre “A” denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA FARO DE VIGO, S.A.U. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) Sobre “B” denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA FARO DE VIGO, S.A.U. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidad no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.-Para as empresas extraeses, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Certificado de clasificación: Grupo T, subgrupo 1, categoría C. Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, as páxinas a inserir e a calidade da publicidade elaborada para a súa difusión. 11.- REQUIRIMIENTO DE ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN Ó LICITADOR PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- No caso de existir conformidade coa documentación achegada polo licitador, o órgano de contratación requirirá ó licitador para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta. 12.- ADXUDICACIÓN.- No caso de cumprimentar adecuadamente o requirimento, o órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada ó licitador. A adxudicación será motivada, notificarase ó licitador e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista non poderán formalizar o contrato antes de que transcorran quince días hábiles dende que se remita a notificación da adxudicación, ó ser este contrato susceptible de recurso especial en materia de contratación. Transcorrido este prazo, o órgano de contratación requirirá ó adxudicatario para que formalice o contrato en prazo non superior a cinco días, contados dende o seguinte a aquel en que se recibiba o requirimento, unha vez transcorrido o citado prazo de quince días sen que se interpuxera recurso que leve aparellada a suspensión da formalización do contrato ou dende que se dite acordo co levantamento da suspensión do acto de adxudicación. O contrato perfeccionarase coa súa formalización e deberá formalizarse en documento administrativo que se axustará con exactitude ás condicións da licitación e ademais poderá formalizarse en escritura pública se así o solicita o contratista, correndo ó seu cargo os gastos derivados do seu outorgamento. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización, tendo en conta que dado o carácter de exclusividade deste contrato, en caso de mutuo acordo entre as partes poderase reducir os prazos de formalización do mesmo. 14.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 15.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola Lcsp ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 16.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, no seu caso, a realización das prestacións contratadas e a corrección dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se axeitan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 17.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir o devandito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 € por cada 1.000,00 € do prezo do contrato. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da Lcsp. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don…………………….., maior de idade, veciño de………………….., con domicilio en…………………. titular do DNI……………………, expedido en data………………………….., actuando en nome propio ou en representación da empresa…………………. con C.I.F.- número………………………………… e domicilio en………………………….., teléfono……………………… segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA FARO DE VIGO, S.A.U., comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: A) Prezo do contrato € B) IVE (18%) € C) Importe total € TIPO DE PROGRAMA PREZO IVE (18%) TOTAL Publicidade en Faro de Vigo ……… € ……… € ……… € Publicidade web Faro de Vigo ……… € ……… € ……… € Publicidade actividades Club Faro ……… € ……… € ……… € Publicidade libros Provincia Pontevedra ……… € ……… € ………… €” 14.19219.- ADXUDICACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CON ENERXÍAS RENOVABLES NO CONCELLO DE CUNTIS DENTRO DO PROXECTO EUROPEO POCTEP “ECOREDESANEASOL” A Xunta de Goberno, en sesión de 9 de febreiro de 2011, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxías renovables no Concello de Cuntis (Proxecto Europeo Europeo Poctep-Ecoredesaneasol). O prezo de licitación estableceuse na cantidade de cento vinte e sete mil cento dezaoito euros con sesenta e catro céntimos (127.118,64 €). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 31 de data 15 de febreiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 7 de marzo de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 8 de marzo de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do R.d. 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Enxeñeiro Industrial do Servizo de Infraestruturas, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 12 de xaneiro de 2011, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Licitadores Puntuación Técnica Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Total CCS Canalizaciones y construcciones Salnés, S.L. 45,96 14,18 60,14 SMA 27,11 ELIMINADOS TESAGUA 26,90 SERCOYSA 24,10 ESPINA Y DELFIN Non cumpre pregos Mediante Resolución Presidencial requiríuselle á empresa economicamente máis vantaxosa para que presentase a documentación establecida no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, xustificación de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 6.223,09€, acreditado mediante a carta de pago, núm. 201100034037. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do Trlrfl., de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o procedemento aberto para a contratación da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxías renovables no Concello de Cuntis (Proxecto Europeo POCTEP-Ecoredesaneasol á empresa Canalizaciones e Construcciones Salnés, S.L. (CIF B-36.417.533) polo prezo de cento vinte e catro mil catrocentos sesenta e uns euros con oitenta e seis céntimos (124.461,86 €), sen IVE. A partida do IVE é de vinte e dous mil catrocentos tres euros con catorce céntimos (22.403,14 €). O custo total do contrato será de cento corenta e seis mil oitocentos sesenta e cinco euros (146.865,00 €). Así mesmo a empresa oferta un prazo de entrega de setenta días. O contrato pagarase con cargo á aplicación orzamentaria que se relaciona a continuación con arranxo ó seguinte importe: Aplicación IMPORTE 2011.241.161.652.02.2010 146.865,00 € 15.19220.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 10 DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL, TERCEIRA FASE” Vista a certificación núm. 10 relativa á “Campo de fútbol de herba artificial, terceira fase (convenio)”, adxudicada no seu día a empresa Construcciones Obras y Viales S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 18/04/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CERTIFICACIÓN NÚM. 10: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 11/922.342.652.09.2009 228.772,09€ SUBTOTAL………. 228.772,09€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.516,80€ Control de calidade (3%) Id. 4.887,60€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.173,02€ Total descontos………. 12.577,42€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……….. 216.194,67€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.19221.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS NÚM. 11, 12 E 13 DA OBRA ACCESO OESTE A MONTECELO, TRAMO I- PO-223 A AVDA. DE BOS AIRES (PONTEVEDRA) Vistas as certificacións núms. 11, 12 e 13 relativas á obra “Acceso oeste a Montecelo Tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á empresa Ute Sercoysa Proy. y Obras S.A. Traima S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 30/03/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CERTIFICACIÓN NÚM. 11: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. TRAIMA S.L (CIF. U – 36.587.616) 11/942.942.652.00.2009 450.555,75€ Subtotal………. 450.555,75€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 13.044,92€ Control de calidade (2%) Id. 6.522,46€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 2.348,09€ Total descontos………. 21.915,47€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……….. 428.640,28€ CERTIFICACIÓN NÚM. 12: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. TRAIMA S.L (CIF. U – 36.587.616) 11/942.942.652.00.2009 287.610,08€ Subtotal ………. 287.610,08€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 8.192,85 € Control de calidade (2%) Id. 4.096,43 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.474,71 € Total descontos………. 13.763,99 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……….. 273.846,09 € CERTIFICACIÓN NÚM. 13: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. TRAIMA S.L (CIF. U – 36.587.616) 11/942.942.652.00.2009 245.211,00€ Subtotal………. 245.211,00€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.985,07€ Control de calidade (2%) Id. 3.492,54€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.257,31€ Total descontos………. 11.734,92€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……….. 233.476,08€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 17.19222.- INFORME EN RELACIÓN COA CONSULTA SOBRE DECISIÓN DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO “ANTEPROXECTO DO NOVO ABASTECEMENTO DE AUGA A PONTEVEDRA E A SÚA RÍA (PONTEVEDRA), QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de data 24 marzo de 2011, recibida nesta Deputación o día 28 de marzo (Rex. de entrada núm. 13013), remitindo consulta sobre decisión de avaliación de impacto ambiental do proxecto “Anteproxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría (Pontevedra)”, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 25 de abril de 2011, no que manifesta: “Ó presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Alternativas propostas 3. Análises ambiental. 4. Conclusión. 1.- Antecedentes: As actuacións expostas neste documento van dirixidas a mellorar o abastecemento de augas do concello de Pontevedra, así como os concellos de Poio e Sanxenxo na marxe dereita, e Marín e Bueu na marxe esquerda. Estas acción corresponden a: ↠ Ampliación da estación de tratamento de auga potable de Pontevedra (Río Lérez). A estación de tratamento actual (ETAP) conta con unha capacidade de tratamento de 700 l/s, que será ampliada hasta 1.300 l/s en dúas fases. ↠ Depósitos de auga tratada. No estudo recóllese a execución de seis novos depósitos, un deles na propia estación de abastecemento, dous no municipio de Bue, dous no municipio de Sanxenxo e outro no municipio de Pontevedra. ↠ Melloras e novas conducións de auga potable de alta presión correspondentes a unha arteria principal de distribución no marxe esquerdo da ría, e reforzos dos sistemas de arterias municipais actuais. ↠ Implantación de seis novas estacións de bombeo. 2.- Alternativas propostas: Para o tratamento do caudal de auga se expuxeron catro alternativa, optando pola primeira delas, ampliación da capacidade de tratamento na ETAP de Lérez existente en 600 l/s, xa que ten unha vantaxe desde o punto de vista da explotación e do mantemento o concentrarse todas las instalacións nun mesmo punto, e ademais supón un menor impacto ambiental, xa que ocúpase unha superficie de terreo menor, e aprovéitanse as instalacións de xestión de residuos existentes. En canto as conducións, analizáronse tres opcións (gabia en península, hinca ou microtunel, e perforación dirixida); e a solución elixida foi a perforación dirixida xa que permite instalar os pozos de ataque e saída fora das ribeiras do río, evitando así manipular o soto e hábitats de ribeira, así como os ecosistemas acuáticos del LIC (lugares de importancia comunitaria). 3.- Análise Ambiental: O área do proxecto encóntrase no entorno da ría de Pontevedra, a cabalo entre as penínsulas dó Salnés e do Morrazo. A área de estudio repártese entre as concas fluviais do Lérez e de pequenos ríos e arroios de escasa entidade que drenan as penínsulas do Salnés e do Morrazo ata a ría de Pontevedra. A maior parte do territorio afectado polas conducións e outras instalacións hidráulicas do proxecto está formado por cultivo, pastos e plantacións de piñeiros e eucaliptos. O proxecto, en relación ós espazos naturais protexidos, afecta unicamente o LIC do río Lérez, nun pequeno tramo de condución de uns 40 metros que atravesa o río. Como consecuencia das infraestruturas hidráulicas deseñadas para o novo abastecemento da ría de Pontevedra, identifícanse, no documento, as acciones susceptibles de causar impactos sobre o medio ambiente. Os principais son: ↠ Deterioro da calidade atmosférica, ↠ do ruído, ↠ a compactación do solo, ↠ incremento do tránsito nas vías comunitarias, ↠ molestias os usurarios, danos no canle do río, vexetación e fauna, todo elo provocado polo tránsito de vehículos pesados. ↠ Ocupación temporal do solo, ↠ Deterioro da calidade paisaxística do entorno, ↠ Contaminación do solo, auga, flora e fauna pola xeración de vertidos e a súa xestión, ↠ Emprego, calidade de vida da poboación, etc. Identificados os posibles danos no medio, o documento enumera unha serie de medidas correctoras que intentaran paliar ditos impactos tanto na fase de deseño e construción, como na de explotación unha vez concluída a obra de ampliación. Como media compensatoria, tamén propoñen a recuperación dos hábitats afectados de interese comunitario e sobre o LIC “Río Lérez”, en nunha superficie equivalente a alterada na mesma conca do río en coordinación cá Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. No documento, tamén se define o Plan de Seguimento Ambiental tal como a lexislación establece coa finalidade de propoñer un plan de execución das medidas correctoras no tempo e de vixiar a súa correcta aplicación, fundamental para poder detectar as posibles afecciones de aparición posterior e controlar a efectividade das medidas propostas. 4.- Conclusión: A lei de Avaliación de Impacto Ambiental establece que só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista na Lei cando así o decida o órgano ambiental en cada caso, e os proxectos incluídos no Anexo II do mencionado Real Decreto Lexislativo o aqueles que sen estar incluídos no Anexo I poidan afectar directa o indirectamente ós espazos da Red Natura 2000. Polo tanto, en relación a que si o proxecto debería someterse ou non o procedemento de avaliación de impacto ambiental, e visto que non está incluído no Anexo I ni no Anexo II da citada Lei (R.D. 1/2008), pode considerarse cas medidas correctoras e o Plan de vixilancia son os mais adecuados, dentro das medidas posibles e viables, para paliar os posibles impactos identificados. Desde o punto de vista medioambiental, visto os datos, ditos impactos son asumibles e non afectan, de xeito significativo, os valores ambientais actuais da zona. Sen embargo, o proxecto deberá ser sometido a Avaliación de Impacto Ambiental si a Concellería de Medio Ambiente o considerase oportuno antes de ser tramitadas as autorización correspondentes.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. 18.19223.- COTAS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) Como consecuencia da importante redución experimentada polos ingresos das Entidades Locais neste últimos exercicios, debido á grave crise económica que estamos a padecer, e que consideramos nos vaia acompañar por bastantes anos, acordouse pola unanimidade dos seus mesmos interesar da FEGAMP a redución das cotas anuais ata que esta situación mellore de forma significativa. 19.19224.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición