ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/09/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-09-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/09/09_Ordinaria

  • Data(s) 2011-09-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día nove de setembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia de D. José Crespo Iglesias, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19448.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de setembro de 2011. 2.19449.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. A empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. con CIF A- 36.621.464, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Guipuzcoano, por importe de cinco mil euros (5.000,00 €), para responder do contrato relativo ó: Servizo e limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900024008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Distribuciones Froiz, S.A. Á empresa Distribuciones Froiz, S.A. (CIF A- 36.036.739), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de dez mil douscentos oitenta e sete euros con noventa e tres céntimos (10.287,93 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800025838. • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de trece mil catrocentos cincuenta e seis euros con cincuenta e catro céntimos (13.456,54 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900012597. • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de once mil novecentos oitenta e dous euros con sesenta céntimos (11.982,60 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024773. 3.19450.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS UNIVERSITARIOS EN HISTORIA PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 1º.- Mediante escrito de data 24 de agosto de 2011 da Xefa da Sección de Arquivos da Provincia en ausencia do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico solicita e informa favorablemente a prórroga das bolsas de Licenciado en Historia adxudicadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 16 de marzo de 2011, a favor Dna. Iria Chaves Moledo e D. Antón Ulla Cobián, con efectos 1 de abril de 2011 e por un período de 6 meses. 2º.- A Base oitava da Convocatoria establece que “as Bolsas terán unha duración de 6 meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen o seu desempeño e poderá ser prorrogada por un único período de 6 meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. 3º. A dotación económica das Bolsas ascende a 1.200,00 €/mes/por bolseiro, co cal o custe da prórroga das dúas bolsas para o ano 2011 ascende a un total de 7.200,00 €, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01. NORMATIVA APLICABLE: A) A convocatoria das Bolsas, a selección dos beneficiarios/as e a realización dos traballos que dan dereito ás mesmas, e a súa posible prórroga axustaranse ó previsto nas Bases, ó disposto no Capítulo II da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións , Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como a Lei 4/1999, de modificación da anterior. B) Bases da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 41 de data 1 de marzo de 2011, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno en sesión celebrada o 16 de febreiro de 2011. C) Artigo 23 e seguintes do decreto de 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. D) Acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, polo que se delega na Xunta de Goberno o desenvolvemento das Bases que han de rexer a concesión das distintas Bolsas, con arranxo ós principios establecidos polo Pleno, a adxudicación das mesmas e a súa prórroga. Polo exposto, de conformidade co previsto na Base oitava da Convocatoria de dúas Bolsas de Licenciados en Historia, publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 41 de data 1 de marzo de 2011, e adxudicadas a favor de Dª Iria Chaves Moledo e D. Antón Ulla Cobián, considerando o informe favorable do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, e en virtude das competencias que lle atribúen os artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as referidas bolsas, por un período de 6 meses, dende o día 1 de outubro de 2011 ó 31 de marzo de 2012. A dotación económica destas bolsas ascende a 1.200,00 €/mes, por bolseiro, o que supón un total de 7.200,00 € para o ano 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01. 4.19451.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 19 de agosto de 2011 e con número de rexistro de entrada 029462, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios expón que a Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio, dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, traballa para impulsar e fortalecer o pequeno comercio da nosa provincia. Co fin de conseguir estes obxectivos, vaise a asinar un novo convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, no que se compromete a seguir mantendo aberta ó público a Oficina Provincial de Comercio REDIC que dende o ano 2009 convive e traballa coa área de Comercio e cuxas funcións son desenvolver actividades de maneira coordinada coa devandita Dirección Xeral. Que unha das tarefas desenvolvidas dende a Oficina Provincial de Comercio REDIC durante o ano 2010 foi a elaboración dun estudo de situación de mercados municipais da provincia de Pontevedra e un inventario dos seus equipamentos e servizos. (…) A partir dos resultados obtidos neste estudo quérese pór en marcha diferentes actividades que contribúan á dinamización e revitalización dos mercados municipais como centros de venda e convertelos en puntos de referencia para a compra de produtos frescos e de calidade. (…) Unha das actividades a desenvolver dende a Oficina Provincial de Comercio REDIC en 2011 é un proxecto piloto audiovisual e multimedia de información sobre aspectos relacionados cos propios mercados e cos produtos que se venden neles e que se materializará coa implantación de cinco tótem interactivos en cinco mercados da provincia de Pontevedra a través dos que se dará a coñecer información turística do concello, servizos existentes no mercado e receitas que se poden elaborar cos produtos que se venden no mercado. Que a FEMP e Mercasa (empresa pública da Administración do Estado) manteñen unha estreita colaboración para impulsar a modernización, mellora e nova implantación de Mercados Municipais Minoristas. Neste mesmo marco de colaboración, organizan bianualmente, os Encontros Nacionais de Mercados Municipais Minoristas, celebrándose este ano a 7ª Convocatoria en Zaragoza, nos días 21 e 22 de novembro de 2011, baixo a lema “Novos barrios, novos mercados”. De aí, que ó considerar recomendable a participación neste 7ª Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas de Dna. Cruz Farto Justo, solicita permiso e axuda económica para que dita traballadora asista en comisión de servizos e en representación da devandita oficina que convive e traballa a reo coa área de Comercio da Deputación de Pontevedra. Polo exposto e de conformidade co establecido no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. Cruz Farto Justo licenza para asistir ó 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas os días 20, 21 e 22 de novembro de 2011, así como unha axuda económica, por importe de 1.052,77 € euros en concepto de desprazamentos e dietas estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Inscrición 7º Encontro: CONCEPTO TOTAL PARTIDA INSCRICIÓN de Dª. Cruz Farto Justo 350,00 € 11/921.221.162.00 TOTAL GASTOS INSCRICIÓN 350,00 € 11/921.221.162.00 Desprazamento: (Saída día 20 de nov. antes das 14:00 h. e regreso o día 22 de nov. despois das 22:00 h.): CONCEPTO TOTAL PARTIDA AVIÓN: 350 € (Vigo – Madrid – Vigo) 350,00 € 11/241.431.231.20 DESPRAZAMENTO: Madrid en metro Aeroporto Barajas–Estación Atocha–Aeroporto Barajas 9,30 € 11/241.431.231.20 AVE: (Madrid – Zaragoza – Madrid) 120,00 € 11/241.431.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 479,30 € 11/241.431.231.20 Dado que na Xunta de Goberno de 8 de xuño de 2011 concedéuselle axuda económica para asistir ó 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas a Dna. Alma María Pérez Aguiño, coordinadora da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, incluíndo nos gastos de Locomoción o traxecto dende o Centro de Traballo ata o Aeroporto de Vigo e desprazamentos por Zaragoza, ditos conceptos non serán incluídos nos gastos de Dna. Cruz Farto Justo por considerar que poden desprazarse ambas as traballadoras no mesmo medio de transporte. Dietas: (Saída día 20 de novembro antes das 14:00 h. e regreso o día 22 de novembro despois das 22:00 h.): CONCEPTO TOTAL PARTIDA CRUZ FARTO JUSTO (Grupo II) (100 % dieta) Aloxamento + Manutención DÍA 20/11/2011 103,37 € 11/241.431.230.20 CRUZ FARTO JUSTO (Grupo II) (80 % dieta) Aloxamento + Manutención DÍA 21/11/2011 82,70 € 11/241.431.230.20 CRUZ FARTO JUSTO (Grupo II) (100 % manutención) Manutención DÍA 22/11/2011 37,40 € 11/241.431.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 223,47 € 11/241.431.230.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 5.19452.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19453.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN (MARÍN)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 26/06/2007, aprobouse un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Marín para levar a cabo a execución da obra “Dotación de beirarrúas en E.P. 0019 Figueirido-Marín”. Resultando que a Deputación Provincial, cumprindo co estipulado na cláusula segunda do devandito convenio, procedeu á licitación da obra constituíndose, con data 6/05/2008, a Mesa de Contratación de dito concurso co obxecto de proceder ó exame da documentación achegada polos licitadores, así como á apertura das diversas proposicións presentadas, que foron trasladadas ós servizos técnicos para a súa valoración. Resultando que, con data 14/05/2008, a Mesa de contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas sobre as ofertas presentadas eleva á Xunta de Goberno proposta de adxudicación da obra a favor de Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14/05/2008, dado que o Concello de Marín incumpriu a cláusula terceira do convenio ó non poñer a disposición da Deputación os terreos necesarios para o desenvolvemento da obra, acordou requirir á devandita Institución ó cumprimento da devandita cláusula, non procedéndose á adxudicación da obra en tanto non se dispoña dos terreos. Resultando que polo Concello de Marín remítese escrito por medio do que se pon a disposición da Deputación Provincial os terreos necesarios para a adxudicación da obra tras chegar a acordo cos propietarios afectados. Resultando que por Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante escrito de data 01/09/2011, comunica que mantén a oferta presentada no seu día ó concurso de referencia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, na suma de 544.391,00 €, máis a cantidade de 97.990,48 € correspondente ó IVE (18 % como consecuencia do cambio do tipo impositivo), o que fai un total de 642.382,05 €, que oferta un prazo de execución de sete meses, melloras valoradas en 67.034,37 € e o 3,55 % do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario depositará unha garantía definitiva equivalente ó 4 % do prezo de adxudicación (25.695,28 €) de acordo co establecido no art. 36.1 do R.d.l.. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se prestou aprobación ó Texto Refundido da Lcap. Dita garantía depositarase na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito resolverase o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 18ª do prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 39,56 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP. Este expediente tramítase de acordo co establecido no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, tendo en conta que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e a disposición transitoria cuarta do R.d. 817/2009, de 8 de maio, establecen que os expedientes iniciados con anterioridade á entrada en vigor destas normas rexeranse pola normativa anterior. 7.19454.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2011 Por Resolución Presidencial número 9.860 de data 29 de xuño de 2011 adoptouse o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2011, por un importe máximo de 139.713,98€, distribuídas nos lotes que se relacionan a continuación en función da modalidade e lugar de realización das actividades formativas. LOTE CONTRATO TIPO LICITACIÓN 1 Accións formativas zona Pontevedra 43.763,98 € 2 Accións formativas Zona Sur e Semipresenciais 41.350,00 € 3 Accións formativas Zona Salnés 28.000,00 € 4 Accións formativas On Line (e-learning) 26.600,00 € Este acordo adoptouse para acelerar a tramitación deste expediente ó estar previsto o inicio destas accións formativas no mes de setembro, motivo polo cal a “Xunta de Goberno” da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 8 de xullo de 2011 ratificou o contido da citada resolución presidencial ó obxecto de cumprimentar o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos lotes incluídos no Plan Agrupado 2011 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 134 de data 13 de xullo de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 1 de agosto de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, ofrecendo o seguinte resultado: Lote 1: Accións formativas zona Pontevedra: Empresas Admitidas:  -Ideara, S.L.  -Academia Postal 3 Vigo, S.L.  -Formagal, Formación y Servicios, S.L.  -Inicia Formación y Consultoría, S.L.  -Externia Consultoría y Formación, S.L.  -Side Alta Formación, S.L. Lote 2: Accións formativas Zona Sur e Semipresenciais: Empresas Admitidas:  -Centro de Formación ICA, S.L.  -Arathaxo Formación, S.L.U.  -Ideara, S.L.  -Gecreri S.L. (Azetanet Consultoría y Formación).  -Academia Postal 3 Vigo, S.L.  -Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A. (CEFIASA-GRUPO ADAMS).  -Gestifor Galicia, S.L.  --Inicia Formación y Consultoría, S.L.  -Externia Consultoría y Formación, S.L.  -Side Alta Formación, S.L. Lote 3: Accións formativas Zona Salnés: Empresas Admitidas:  -Arathaxo Formación, S.L.U.  -Ideara, S.L.  -Gecreri S.L. (Azetanet Consultoría y Formación).  -Academia Postal 3 Vigo, S.L.  -Forama Consultores, S.L.  -Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A. (CEFIASA-GRUPO ADAMS).  -Centro de Estudios Alfer, S.L.  --Inicia Formación y Consultoría, S.L.  -Externia Consultoría y Formación, S.L.  Side Alta Formación, S.L. Lote 4: Accións formativas On Line (e-learning): Empresas Admitidas:  Centro de Formación ICA, S.L.  -Arathaxo Formación, S.L.U.  -Ideara, S.L.  -Academia Postal 3 Vigo, S.L.  -Ingeniería e Integración Avanzadas (INGENIA) S.A.  G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L.  -Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A. (CEFIASA-GRUPO ADAMS).  -Euroconsultoría Formación Empresa, S.L.  Anthony Joseph Vázquez. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 3 de agosto de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar as accións formativas incluídas nos catro lotes citados do Plan Agrupado 2011, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a Xefa do Servizo de Recursos Humanos emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para contratar as accións formativas incluídas no catro lotes do Plan Agrupado 2011. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 19 de agosto de 2011, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas admitidas e que tiveron unha puntuación superior a 30,00 puntos, obtendo o seguinte resultado: Lote 1: Accións formativas zona Pontevedra: Abríronse os Sobres “C” das empresas Formagal, Formación y Servicios e de Inicia Formación y Consultoría, S.L., incorrendo a proposición económica presentada por esta última en valores anormais no referente ó prezo total ofertado. Lote 2: Accións formativas Zona Sur e Semipresenciais: Abríronse os Sobres “C” das empresas, Gecreri, S.L. (Azetanet Consultoría y Formación), Gestifor Galicia, S.L., Ideara, S.L. e Inicia Formación y Consultoría, S.L., incorrendo a proposición económica presentada por esta última en valores anormais no referente ó prezo total ofertado. Lote 3: Accións formativas Zona Salnés: Abríronse os Sobres “C” das empresas, Forama Consultores, S.L., Gecreri, S.L. (Azetanet Consultoría e Formación), e Inicia Formación y Consultoría, S.L., incorrendo a proposición económica presentada por esta última en valores anormais no referente ó prezo total ofertado. Lote 4: Accións formativas En liña (e-learning): Abríronse os Sobres “C” das empresas, Academia Postal 3 Vigo, S.L.; Anthony Joseph Vázquez, Euroconsultoría Formación Empresa, S.L., G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. e Ideara,S.L., incorrendo as proposicións económicas presentadas polas empresas Academia Postal 3 Vigo, S.L. e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. en valores anormais no referente ó prezo total ofertado. Resultando que efectuado o correspondente requirimento ás empresas, Inicia Formación y Consultoría, S.L., Academia Postal 3 Vigo, S.L. e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L., para que xustificasen as ofertas presentadas no que afecta o aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables para prestación do servizo, e tras os informes técnicos correspondentes considerouse como “aceptables” as xustificacións presentadas polas empresas Academia Postal 3 Vigo, S.L. e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. e como “non aceptable” a xustificación presentada pola empresa, Inicia Formación y Consultoría, S.L. Resultando que unha vez efectuados os cálculos sobre as puntuacións obtidas ó aplicar os criterios de valoración establecidos nos pregos que rexeron neste procedemento aberto, o resultado total é o seguinte: Lote 1: Accións formativas zona Pontevedra: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Formagal Formación y Servicios, S.L. 46,13 Puntos 50,00 Puntos 93,16 Puntos Inicia Formación y Consultoría, S.L. 38,15 Puntos 0,00 Puntos 38,15 Puntos Lote 2: Accións formativas zona Sur y Semipresenciais: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Gecreri, S.L. (Azetanet Consultoría y Formación) 30,07 Puntos 50,00 Puntos 80,07 Puntos Gestifor Galicia, S.L 36,68 Puntos 46,00 Puntos 82,68 Puntos Ideara, S.L 30,87 Puntos 47,10 Puntos 77,97 Puntos Inicia Formación y Consultoría, S.L. 31,34 Puntos 0,00 Puntos 31,34 Puntos Lote 3: Accións formativas zona Salnés: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Forama Consultores, S.L 37,85 Puntos 45,00 Puntos 82,85 Puntos Gecreri, S.L.(Azetanet Consultoría y Formación) 30,32 Puntos 50,00 Puntos 80,32 Puntos Inicia Formación y Consultoría, S.L. 30,75 Puntos 0,00 Puntos 30,75 Puntos Lote 4: Accións formativas On Line (e-learning): LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Academia Postal 3 Vigo, S.L. 34,29 Puntos 50,00 Puntos 84,29 Puntos Anthony Joseph Vázquez 30,25 Puntos 45,36 Puntos 75,61 Puntos Euroconsultoría Formación Empresa, S.L 31,25 Puntos 50,00 Puntos 81,25 Puntos G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L 36,00 Puntos 50,00 Puntos 86,00 Puntos Ideara, S.L. 30,50 Puntos 45,62 Puntos 76,12 Puntos Resultando que a Presidencia a través de resolución número 12.371 de data 6 de setembro de 2011, estableceu como ofertas máis vantaxosas, as formulada polas empresas, Formagal, Formación y Servicios, S.L. (Lote número 1); Gestifor Galicia, S.L. (Lote número 2); Forama Consultores, S.L. (Lote número 3) e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. (Lote número 4), efectuando así mesmo os correspondentes requirimentos ás devanditas empresas para que presenten a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que as empresas, Formagal, Formación y Servicios, S.L. polo lote número 1; Gestifor Galicia, S.L. polo lote número 2; Forama Consultores, S.L. polo lote número 3 e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. polo lote número 4 presentaron a documentación requirida, entre as que se atopan unhas garantías definitivas por importes de 2.035,03 euros (Lote número 1); 1.922,78 euros (Lote número 2); 1.330,00 euros (lote número 3) e 731,50 euros (Lote número 4), depositadas na Tesourería desta Deputación cos números de operación 201100072608, 201100072610, 201100072524 e 201100072631, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar o lote número 1 do procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2011, á empresa, Formagal, Formación y Servicios, S.L. (C.I.F.- B-36.477.677), para realizar as actividades formativas da zona Pontevedra, por importe global de corenta mil setecentos euros con cincuenta céntimos (40.700,50 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: Curso Horas Prezo Total Urbanismo práctico. Licenzas urbanísticas. (Cangas) 20 148,80 € 2.976,00 € Formación básica de ferramentas SIX. (Pontevedra) 20 148,80 € 2.976,00 € Formación básica de Xeopista/Localgis.(Pontevedra) 20 148,80 € 2.976,00 € Responsabilidade patrimonial na Admón. Local. (Vilaboa) 20 148,80 € 2.976,00 € A xestión orzamentaria. Subministración de información financeira. (Barro) 20 148,80 € 2.976,00 € Microsoft Excel. Nivel Avanzado. (Marín) 25 148,80 € 3.720,00 € Creación de formularios con Adobe Acrobat. (Ponte Caldelas) 15 148,80 € 2.232,00 € A protección de datos. (Pontevedra) 20 148,80 € 2.976,00 € Formación de auditores de sistemas de calidade. (Pontevedra) 40 148,80 € 5.952,00 € Pontes grúa e grúas pórticos. (Pontevedra) 10 148,80 € 1.488,00 € Introdución e prevención da violencia infantil. (Poio) 20 148,80 € 2.976,00 € Introdución ó modelado 3D - REVIT. (Pontevedra) 40 161,91 € 6.476,50 € IMPORTE TOTAL DO LOTE NÚMERO 1 40.700,50 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 2. Adxudicar o lote número 2 o procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2011, á empresa, Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F.- B-36.497.949), para realizar as actividades formativas da zona sur e semipresenciais, por importe global de trinta e oito mil catrocentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos (38.455,50 €), a razón dos seguintes prezos unitarios. Curso Horas Prezo Total CURSOS ZONA SUR Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. (Tui) 20 148,80 € 2.976,00 € Microsoft Excel. Nivel avanzado. (Porriño) 25 148,80 € 3.720,00 € O procedemento administrativo común. Aplicación práctica. (Mondariz) 25 148,80 € 3.720,00 € Open Office. Nivel básico. (Baiona) 20 148,80 € 2.976,00 € Creación de formularios con adobe acrobat. (Mos) 15 148,80 € 2.232,00 € A expresión musical na educación infantil. (Ponteareas) 20 148,80 € 2.976,00 € A expropiación forzosa. (Soutomaior) 20 148,80 € 2.976,00 € A xestión orzamentaria: subministración de información financeira. (Redondela) 20 148,80 € 2.976,00 € CURSOS SEMIPRESENCIAIS As normas vixentes na lingua galega. Modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas. 30 120,90 € 3.627,00 € Nóminas e Seguridade Social. 25 120,90 € 3.022,50 € Xestión de gastos do persoal nas EE.LL. 30 120,90 € 3.627,00 € Prevención de riscos laborais na Admón. Local. Nivel básico. 30 120,90 € 3.627,00 € IMPORTE TOTAL LOTE NÚMERO 2 38.455,50 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 3. Adxudicar o lote número 3 do procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2011, á empresa, Forama Consultores, S.L. (C.I.F.- B-15.614.696), para realizar as actividades formativas da zona do Salnés, por importe global de vinte e seis mil seiscentos euros (26.600,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: Curso Horas Prezo Total Novas tecnoloxías: internet. (Vilanova) 20 152,00 € 3.040,00 € Contabilidade pública local. (Caldas de Reis) 25 152,00 € 3.800,00 € Información e atención ó público. (Ribadumia) 15 152,00 € 2.280,00 € OpenOffice. Nivel básico. (O Grove) 20 152,00 € 3.040,00 € O procedemento administrativo común. Aplicación práctica. (Meis) 25 152,00 € 3.800,00 € A expresión musical na educación infantil. (Sanxenxo) 20 152,00 € 3.040,00 € Xestión e control de subvencións no ámbito local. (Meaño) 25 152,00 € 3.800,00 € Microsoft Word. Nivel Avanzado. (Vilagarcía de Arousa) 25 152,00 € 3.800,00 € IMPORTE TOTAL DEL LOTE NÚMERO 3 26.600,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 4. Adxudicar o lote número 4 do procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2011, á empresa, G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L., (C.I.F.- B-36.993.509), para realizar as actividades formativas En liña (e-learning), por importe global de catorce mil seiscentos trinta euros (14.630,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios. Curso Horas Prezo Total Políticas de Igualdade. ON LINE. 30 52,25 € 1.567,50 € Unión Europea. ON LINE. 30 52,25 € 1.567,50 € Orzamento, dereito e xestión orzamentaria ON LINE. 60 52,25 € 3.135,00 € Información e documentación administrativa. Rexistro e arquivo ON LINE. 30 52,25 € 1.567,50 € Constitución Española ON LINE. 60 52,25 € 3.135,00 € Lei de réxime xurídico e de procedemento administrativo común ON LINE. 40 52,25 € 2.090,00 € Escritura Eficaz na Administración Pública ON LINE. 30 52,25 € 1.567,50 € IMPORTE TOTAL LOTE NÚMERO 4 14.630,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 5. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación aos licitadores que participaron neste procedemento aberto. 6. As empresas, Formagal, Formación y Servicios, S.L. Gestifor Galicia, S.L., Forama Consultores, S.L. e G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L., como adxudicatarias do catro lotes deste procedemento aberto, ingresarán cada unha delas a cantidade de 45,34 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 7. O pago das obrigacións derivadas deste contrato efectuarase, unha vez efectuadas as accións formativas, con cargo á aplicación orzamentaria 11/921.221.165.00 do vixente orzamento provincial. 8.19455.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA: INSTALACIÓN SISTEMA DE ILUMINACIÓN NO MUSEO DE PONTEVEDRA. PROXECTO 10.1 Vista a certificación núm. 1-final relativa á obra “Instalación sistema de iluminación no Museo de Pontevedra. Proxecto 10.1”, adxudicada no seu día á empresa Montajes Eléctricos Salnés, S.L.(MELDOSA), e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 17/08/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe MONTAJES ELECTRICOS SALNES S.L. (MELDOSA) (CIF. B – 36.417.863) 11/457.333.622.01.2008 230.629,14€ SUBTOTAL 230.629,14€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.569,69€ Control de calidade (1%) Id. 1.642,42€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 821,21€ Total descontos 9.033,32€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 221.595,82€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 9.19456.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA: DOTACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPO DE MUNICIPAL DE BALTAR- PORTONOVO (SANXENXO) Vista a certificación núm. 1 relativa á obra “Dotación de instalacións deportivas no campo municipal de Baltar-Portonovo (Sanxenxo)”, adxudicada no seu día á empresa Sercoysa Proyectos y Obras S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 07/09/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS S.A. (CIF. A – 36.319.622) 2011/942.942.652.45 225.441,74€ Subtotal 225.441,74€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.421,93€ Control de calidade (2%) Id. 3.210,96€ Seguridade e saúde (0.5%) Id. 802,74€ Total descontos 10.435,63€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 215.006,11€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 10.19457.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DO CURSO PARA A OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE DIRECTIVO OU DIRECTIVA PARA EMPREGADOS PÚBLICOS DAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1º.- Con data 2 de agosto de 2011 formalizouse un Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a organización e desenvolvemento do “I Curso Superior de Dirección Pública Local”, como medida de cooperación e colaboración en iniciativas e proxectos de carácter educativo e cultural. 2º.- Á súa vez, con data 6 de setembro de 2011, formalizouse un Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Deputación Provincial de Pontevedra para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. 3º.- A través do Convenio coa EGAP valídase o referido curso para a obtención do Diploma de directivo, modificándose para ese efecto a denominación e os requisitos esixidos, que se adecúan ós previstos no Decreto 294/92, de 10 de setembro, polo que se regula o Diploma de Directivo, en redacción dada polo Decreto 172/2011, de 4 de agosto. 4º.- Por tanto, a Deputación Provincial en virtude dos Convenios de colaboración subscritos coa EGAP e a Universidade de Vigo, elaborou as bases que han de rexer a convocatoria do “Curso para a obtención do diploma de directivo”, dirixido a empregados públicos locais, funcionarios de carreira e laborais fixos, dos grupos A1 e A2, calquera que sexa a súa situación administrativa, unificando e tendo en conta os criterios establecidos pola EGAP e a Universidade. 5º.- O curso terá unha duración de 300 horas lectivas, 150 presenciais e 150 on line, e impartirase na sede do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, todos os luns pola tarde, do 17 de outubro de 2011 ó 12 de decembro de 2012. 6º.- A Universidade de Vigo e a EGAP encargaranse de confeccionar o programa formativo e de establecer a metodoloxía do Curso, propoñer docentes e expertos do programa e avaliar as competencias adquiridas polos participantes. 7º.- Pola súa banda, o Servizo de Recursos Humanos e Formación asumirá a xestión do curso, selección, nomeamento de docentes e pago de honorarios do profesorado previa xustificación da docencia realizada. NORMATIVA APLICABLE A) Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Polo exposto, de conformidade co establecido nos referidos Convenios, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases do curso para a obtención do diploma de directivo ou directiva, dirixido a empregados públicos das entidades locais da provincia de Pontevedra e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. “CURSO PARA A OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE DIRECTIVO OU DIRECTIVA PARA EMPREGADOS PÚBLICOS DAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. O contexto administrativo actual obriga a buscar solucións innovadoras que permitan, mantendo o nivel de calidade, facer máis eficiente a prestación de servizos públicos. Este exercicio de racionalización conduce a cambios estruturais nas Administracións Locais nas que se require non só persoal con capacitación interdisciplinar senón que, ademais, traballe en común. Neste marco, a Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo, acorda realizar o primeiro Curso para a obtención do Diploma de Directivo ou Directiva regulado polo Decreto 294/1992, de 10 de setembro, adaptado á participación dos empregados públicos das entidades locais galegas, conforme ó disposto na disposición adicional do referido Decreto, que pretende responder ás necesidades de formación dos directivos públicos que desenvolven postos de responsabilidade nas diferentes áreas de xestión das Administracións Locais. Seguirase unha metodoloxía baseada en clases activas impartidas por persoal docente especializado da Universidade, en especial dos profesores da Área de Ciencia Política e da Administración con docencia no Grao en Dirección e Xestión Pública; onde terá un espazo propio o traballo en equipo, a presentación de experiencias de éxito por expertos en Administración Local, así como o seguimento e avaliación individualizada, baseados nos estudos de casos e no desenvolvemento dun proxecto grupal de fin de Curso. As clases presenciais complementaranse cun aula virtual. En consecuencia, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 8 de setembro do 2011, acordou realizar, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo, o primeiro Curso para a obtención do Diploma de Directivo ou Directiva regulado polo Decreto 294/1992, de 10 de setembro, adaptado á participación dos empregados públicos das entidades locais galegas, conforme ó disposto na disposición adicional do referido Decreto, de acordo coas seguintes BASES Primeira. Obxectivos do Curso. Dar resposta ás necesidades de formación, dende unha perspectiva multidisciplinar, dos que desempeñan postos de responsabilidade no nivel directivo das Corporacións Locais, potenciando os seus coñecementos, actitudes e valores de cara á figura do directivo público como motor dos novos estilos de goberno local relacional, tendo en conta os criterios establecidos no Decreto 294/1992, de 10 de setembro, polo que se regula o diploma de directivo, modificado polo Decreto 172/2011, de 4 de agosto (DOG. 22/08/2011). De modo específico, esta acción formativa pretende: 1. Que os alumnos interioricen un plan estratéxico do seu ámbito de xestión, xa sexa de carácter finalista ou xeralista, de tal forma que a súa xestión constitúa, debidamente contextualizada no seu contorno e ámbito organizativo, unha política pública co seus obxectivos, criterios de avaliación e seguimento. 2. Que os alumnos coñezan das distintas ferramentas de xestión que facilitan unha xestión eficaz, eficiente e de calidade das Administracións Locais. 3. Que os alumnos interioricen o seu carácter directivo sendo capaces de liderar proxectos de mellora e de promover valores éticos en relación co servizo público. Segunda. Programa formativo. 1. O curso terá unha duración total de 300 horas lectivas das cales 150 horas serán presenciais e 150 on-line. 2. O contido temático completo do Programa consta de dez módulos monográficos relacionados no anexo I desta convocatoria, con descrición en cada caso, do seu carácter presencial ou non presencial, e avaliable. Terceira. Lugar e calendario. 1. As clases presenciais terán lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, nas datas indicadas no anexo II desta Resolución. A Deputación resérvase, non obstante, o dereito de realizar modificacións sobre as datas previstas, se razóns de organización así o aconsellan. 2. As clases presenciais desenvolveranse en módulos que se impartirán un día á semana en horario de tarde. As clases virtuais terán lugar na plataforma de Teleformación da EGAP, cun seguimento de dúas sesións semanais, a través das cales se permitirá o intercambio de experiencias e debater temas específicos. Cuarta. Organización e Metodoloxía do Curso. 1. O Curso seguirá unha metodoloxía na que se combinan exposicións presenciais teóricas, que aportan un marco conceptual sobre a materia, estudos de casos e experiencias prácticas desenvoltas por profesionais da Administración Local. 2. Tendo en conta a incorporación das novas tecnoloxías da información e as comunicacións na formación e a aprendizaxe individual, como complemento da formación presencial, inclúese unha formación on line que será avaliable. Quinta. Destinatarios e selección. 1. O curso diríxese a funcionarios de carreira e persoal laboral fixo, dos grupos A1 e A2, da Deputación Provincial de Pontevedra, Organismos Autónomos dependentes e entidades locais da provincia, en postos de responsabilidade de nivel directivo nas diferentes áreas de xestión da organización, vinculadas coas disciplinas obxecto do Curso, que reúnan os seguintes requisitos: - Estar na data da convocatoria en posesión do título ensino superior ou diplomatura universitaria. - Estar en situación administrativa de servizo activo, servizos especiais, excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar ou equivalente, en calquera das administracións locais da provincia de Pontevedra. - Ter prestado un mínimo de tres anos de servizos na Administración Pública. Na selección dos participantes terase en conta a traxectoria profesional e curricular dos candidatos, a adecuación do posto desenvolto ós contidos da acción formativa, e o interese obxectivo da organización administrativa na participación do mesmo no curso, de conformidade co artigo 5º do Decreto 294/1992, de 10 de setembro, polo que se regula o diploma de directivo. 2. O número máximo de admitidos será de 25 alumnos. A selección dos aspirantes efectuarase por unha comisión cuxos membros serán nomeados pola Deputación, e na que haberá polo menos un representante da EGAP e un representante da Universidade de Vigo. 3. De acordo coas previsións do Plan de igualdade de xénero, reservarase ó menos un corenta por cento das prazas para a súa adxudicación a mulleres, que reúnan os requisitos establecidos, salvo que o número de solicitudes de mulleres sexa insuficiente para cubrir esa porcentaxe. 4. Así mesmo, de conformidade co establecido no IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, de 21 de setembro de 2005, fomentaranse as medidas en materia de formación que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral, así como a participación dos empregados públicos con calquera tipo de discapacidade. Ademais, os empregados públicos poderán participar en cursos de formación durante os permisos de maternidade, paternidade, así como durante as excedencias por motivos familiares. 5. Unha vez efectuada a selección definitiva dos participantes, o Servizo de Recursos Humanos da Deputación comunicarao ós interesados, que deberán confirmar a súa asistencia ó curso. A inasistencia sen previo aviso ou cumprida xustificación dos que foran seleccionados para participar na actividade formativa poderá determinar a súa exclusión nas seleccións posteriores. Toda persoa solicitante que ó inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe de persoal seleccionado. Sexta. Solicitudes. 1. Os que desexen participar no curso deberán presentar no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra o modelo de solicitude que figura na páxina web (http://depontevedra.es) entrando en: «Plan de formación 2011 - Curso para a obtención do diploma de directivo ou directiva». Executando a opción: «Presentación de solicitudes» terase acceso ó formulario no que poderán cumprimentar os campos oportunos. A mesma deberán achegar o currículo e certificación de servizos prestados. Os interesados deberán indicar na súa solicitude, ademais dos seus datos persoais, profesionais e académicos, os motivos que lle animan a participar no Curso incidindo especialmente no interese obxectivo da organización administrativa na que presta os seus servizos. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado dende o momento en que se detecte o feito. 2. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e o extracto no Diario Oficial de Galicia. 3. O Servizo de Recursos Humanos e Formación poderá requirir ó interesado ampliación da información recollida na solicitude. 4. O envío da solicitude debidamente cumprimentada supón a aceptación expresa das bases, normas e procedementos que rexen o devandito curso. Sétima. Réxime de asistencia e Diploma. 1. Os alumnos terán que asistir con regularidade ó curso, así como participar en todas as actividades programadas na plataforma on line do mesmo. Unha inasistencia superior ó 10 % no cómputo total de horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do Diploma e dará lugar á baixa automática no curso. 2. Outorgarase o Diploma de Directivo ou Directiva ós participantes que tendo cumprido o sistema de asistencia, superen as probas de avaliación de aproveitamento consistentes en controis de coñecemento ó termo de cada unha das materias avaliables e na realización dun traballo en equipo que versará sobre a realización dun Plan de Mellora de Xestión aplicable ás organizacións nas que prestan os seus servizos. 3. O tema obxecto do traballo proporase polo alumno e irá acompañado dun guión de desenvolvemento, comunicándose posteriormente ó mesmo a aceptación ou non do tema. 4. Os coordinadores do curso, propostos pola Deputación e pola Universidade de Vigo, establecerán os criterios xerais para a realización do traballo, así como a designación dos profesores-titores que se encargan da dirección, orientación, presentación e avaliación, para a súa aprobación pola Escola Galega de Administración Pública. 5. A proba final cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superala un mínimo de 5 puntos. Os traballos expoñeranse publicamente perante a Comisión de Seguimento e Avaliación nos días e horas que se determinen. 6. Finalizado o curso, a Comisión de Seguimento e Avaliación elevará ó Servizo de Recursos Humanos e Formación a proposta e relación de alumnos aptos para que se expidan os correspondentes diplomas de directivo ou directiva, que serán asinados polos representantes da Deputación, EGAP e Universidade de Vigo. Oitava. Financiamento. O custe de matrícula dos alumnos seleccionados financiarase pola Deputación Provincial de Pontevedra. Novena. Información adicional. Poderase solicitar información adicional chamando ó número de teléfono 986804100 ou a través do correo electrónico: maria.chaves@depo.es o gema.pinon@depo.es ANEXO I 1. Módulo: o directivo público local e as políticas públicas locais. 1. A función directiva. O directivo como creador do valor público. 2. Os requisitos de institucionalización da función directiva. Problemas específicos da esfera local. 3. O perfil profesional do Directivo Público Local. Dicionario de competencias profesionais. 4. O Directivo relacional e as políticas públicas locais. 5. Novas políticas urbanas para unha nova época. 6. Goberno local e políticas públicas en España. 7. Participación e innovación democrática. 2. Módulo: análise organizativo da administración local. Estratexias de cambio. 1. Teoría da organización e administración pública. 2. As dimensións organizativas clásicas das organizacións locais. 3. As organizacións instrumentais prestadoras de servizos. 4. A comunicación interna. 5. O cambio nas organizacións locais. 3. Módulo: marketing de servizos públicos locais. 1. Da administración de servizos á de marca. 2. A marca pública en acción. 3. A comunicación da marca pública. 4. Módulo: dirección, planificación estratéxica e control de xestión. 1. Estratexia, dirección estratéxica e planificación estratéxica. A súa función na xestión das administracións locais. 2. Os compoñentes do proceso estratéxico. 3. Instrumentos para a implementación da estratexia. 4. A avaliación de resultados: o control de xestión. Os instrumentos. As áreas principais de control. Os obxectos de control. A integración do control de xestión. 5. Módulo: análise de procesos. 1. A transversalidade dos procesos nas organizacións e a perspectiva dos impactos. 2. O análise de procesos de forma participada. 6. Módulo: avaliación e calidade nos servizos públicos. 1. A avaliación da acción pública. 2. A calidade no contexto xeral da avaliación. 3. Calidade e excelencia. 4. Os Modelos de excelencia. 5. O Modelo de Avaliación, Aprendizaxe e Mellora (EVAM). 6. Tendencias recentes en xestión pública. 7. Módulo: dirección económico-financeira, xestión orzamentaria e sistemas de control. 1. A planificación e a xestión financeira no marco dunha dirección por obxectivos. 2. A xestión financeira e orzamentaria nas Entidades Locais. 3. Xestión descentralizada de ingresos e gastos. 4. A contabilidade e o control na Administración Local. 8. Módulo: dirección e xestión de recursos humanos. 1. Introdución: da xestión burocrática á xestión estratéxica de RRHH. 2. O sistema de RRHH nas AAPP. 3. A motivación no servizo público. 4. A cultura na xestión de RRHH e a xeración de equipos de traballo. 5. O clima laboral. 6. O desenvolvemento estratéxico de RRHH. 7. Planificación estratéxica de RRHH: análise e valoración de postos de traballos. 8. O ingreso nas Administracións Locais: selección. 9. A avaliación do desenvolvemento por competencias: concepto, criterios e método. 9. Módulo: a administración electrónica na sociedade da información. 1. Aspectos tecnolóxicos, políticos e organizativos da Administración electrónica. 2. A Lei de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos. 3. A xestión do coñecemento. 4. Experiencias de Administración en Corporacións Locais. 10. Módulo sobre técnicas e habilidades directivas. 1. Liderado. 2. Traballo en equipo. 3. Negociación. 4. Comunicación. 11. Presentación dos plans de mellora de xestión. ANEXO II CALENDARIO FORMACIÓN PRESENCIAL ON LINE DATAS ANO 2011 HORAS HORAS 2011 17, 24 e 31 de outubro 12 horas 40 horas 7, 14, 21 e 28 de novembro 16 horas 12 de decembro 4 horas DATAS ANO 2012 HORAS HORAS 2012 16, 23 e 30 de xaneiro 12 horas 80 horas 6, 13, 20 e 27 de febreiro 16 horas 5, 12, 20 e 26 de marzo 16 horas 16 e 23 de abril 8 horas 7, 14, 21 e 28 de maio 16 horas 17 e 24 de setembro 8 horas 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro 20 horas 5, 12 e 19 de novembro 12 horas Proxecto 10 horas 30 horas TOTAL 150 HORAS 150 HORAS 11.19458.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE COLABORACIÓN CON DESTINO Ó ÁREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA DO TITULAR Por acordo adoptado na Xunta de Goberno en sesión celebrada o 1 de xuño de 2011, adxudicáronse 22 bolsas con destino ó area de Comercio por importe de 600,00 € mes por bolseiro con efectos 1 de xullo de 2011 e por un período de 6 meses, figurando unha serie de suplentes para o caso de vacante ou renuncia dos aspirantes seleccionados. Con motivo da renuncia presentada a no Rexistro Xeral da Deputación provincial con data 02/09/2011 por Almudena Bugallo Fontán, bolseira da Area de Comercio, destinada a levar a cabo unha labor de asistencia na Asociación de Comerciantes e empresarios de Soutomaior, proponse a adxudicación da bolsa á primeira suplente Lucia Abad Cabanas, a cal acepta mediante escrito de data o 6 de setembro de 2011. De acordo co establecido na base 12ª da convocatoria “Obrigacións das Persoas Beneficiarios” dende a área de Comercio da Deputación de Pontevedra impartíuselle a formación oportuna para que poida iniciar a colaboración coas asociacións comerciantes asignadas. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Dª. Lucía Abad Cabanas, unha bolsa de colaboración con destino ó Area de Comercio de Pontevedra para levar a cabo unha labor de asistencia nas asociacións de comerciantes da provincia, con efectos de 12 de setembro e ata o 31 de decembro, podendo ser prorrogada por un período de 6 meses á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. 12.19459.- MODIFICACIÓN DAS NORMAS QUE REGULAN A CONCESIÓN DE LICENZAS E AXUDAS ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSOS CONFERENCIAS, CONGRESOS, SEMINARIOS, XORNADAS E REUNIÓNS Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de marzo de 2007, nº 9.14880, aprobáronse as normas de procedemento que regulan a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios ou xornadas e as axudas económicas correspondentes, nos termos establecidos no artigo 30.5 do V Acordo Regulador e 16.6 do I Convenio Colectivo, para persoal funcionario e laboral, respectivamente, da Deputación Provincial de Pontevedra. Con respecto a este tipo de axudas, a Corporación, dada a actual situación económica, de redución e recorte do gasto público, expresou a necesidade de conciliar o dereito/deber do empregado público á formación, co menor custo posible. Polo exposto, ó amparo do establecido no artigo 105.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o apartado 11 do acordo da Xunta de Goberno de data 9 de marzo de 2007, nº 9.14880, en tal sentido: “A axuda económica máxima que lles poderá corresponder ós solicitantes comprenderá: - O 50% dos gastos de matrícula ou inscrición cun tope máximo de 300,00 € por solicitante. - Os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, coa consideración de residencia eventual e sen que o importe total, por ambos conceptos, poida superar a cantidade de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen ditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse liñas de transporte regular (autobús, metro). Excepciónanse do anterior, a asistencia a xornadas técnicas vinculadas a Programas ou proxectos europeos, cuxo custo se inclúa no propio proxecto”. 13.19460.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 8 de setembro de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001175 e que contén corenta e dúas facturas, sendo a primeira de José Rubén Rozado e Hijos, S.L., por importe de 6.512,18 € e a derradeira de José Rubén Rozado e Hijos, S.L., por importe 5.891,98 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 162.747,87 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 162.747,87 € 14.19461.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. José Crespo Iglesias Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición