ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/03/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-03-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/03/09_Ordinaria

  • Data(s) 2012-03-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día nove de marzo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados: D. Jorge Domínguez Rosal e D. José María Bello Maneiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19870.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de marzo de 2012. 2.19871.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á UTE Acceso a Montecelo. Á UTE Acceso a Montecelo (CIF U- 36.587.616), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de noventa mil euros (90.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra), acopio de material, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057954, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sesenta mil euros (60.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra), acopio de material, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057956, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sesenta mil euros (60.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra), acopio de material, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057957, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sesenta mil euros (60.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra), acopio de material, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057959, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa ELAYCO (Ensayos, laboratorio y construcción, S.L.) Á empresa ELAYCO- Ensayos, laboratorio y construcción, S.L. (CIF B- 82.008.640), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil cento noventa e nove euros con vinte céntimos (1.199,20 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica de redacción do estudo de alternativas para dotar o enlace da A-9, ó seu paso por Vilaboa, da posibilidades de saída para os vehículos que precedan do sur., que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700043146, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil cento noventa e nove euros (1.199,00 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica de redacción do proxecto para habilitar un acceso a Paradela na E.P. 8001 Caldas- Carracedo- Catoira, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700043149, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil cento noventa e nove euros con vinte céntimos (1.199,20 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica de redacción do estudo de posibilidades de conexión da autoestrada A-9 o seu paso polo peaxe de Carracedo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700043150, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Rafer, S.L. A empresa Construcciones Rafer, S.L. con CIF B- 36.052.702, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de vinte e catro mil catrocentos setenta e catro euros con cinco céntimos (24.474,05 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de trazado e pavimento en E.P. 2907 Redondela-Cepeda (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/02/2003, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200300009021, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. con CIF A- 36.001.063, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de tres mil novecentos noventa e catro euros con corenta e catro céntimos (3.994,44 €), para responder do contrato relativo á obra: Remate de mellora de E.P. 2901, P.K. 3+620 Cesantes-Viso-Alxán (Soutomaior), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000028926, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á UTE C. Fernández Sarmiento, S.A.- Profesional Interservices, S.A. A empresa UTE C. Fernández Sarmiento, S.A.- Profesional Interservices, S.A. con CIF G.36.545.861, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de vinte e seis mil novecentos setenta e tres euros con oitenta e dous céntimos (26.973,82 €), para responder do contrato relativo á obra: Campo de fútbol na zona de O Terrón (Vilanova de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700002900, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Electricidad Arteaga Gres, S.L. A empresa Electricidad Arteaga Gres, S.L. con CIF B- 36.551.331, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de catro mil cento oitenta e un euros con tres céntimos (4.181,03 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en A Fervenza-San Pedro de Losón (Vila de Cruces), que foi depositada na Tesourería Provincial o 5/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000066412, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. con CIF B- 36.239.861, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil novecentos oito euros con setenta e cinco céntimos (2.908,75 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en Ponte de Carros e A Cumieira (O Rosal), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000080876, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hidromiño, S.L. A empresa Hidromiño, S.L. con CIF B- 36.440.196, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de sete mil catrocentos sesenta e sete euros con oitenta e sete céntimos (7.467,87 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora accesibilidade camiños en Bahíña, Sta. Cristina e Belesar, que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000047073, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. A empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. con CIF B- 36.329.910, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil cento setenta e catro euros con corenta e dous céntimos (4.174,42 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en Cachofeiras, Tarrio, As Molladas e Coaxe (Catoira), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000077006, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. con CIF B- 36.052.876, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de oito mil douscentos sesenta e oito euros con trinta e cinco céntimos (8.268,35 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de rodaxe dos viais de Cobas, Masgalán, Dúas Igrexas e outros (Forcarei), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000039954, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones Satélite, S.L. A empresa Excavaciones Satélite, S.L. con CIF B- 36.837.367, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil catrocentos quince euros con oitenta e un céntimos (3.415,81 €), para responder do contrato relativo á obra: Ampliación do saneamento no entorno da Finca do Conde de Gondomar, que foi depositada na Tesourería Provincial o 6/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000087427. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Radio Pontevedra, S.A. A empresa Radio Pontevedra, S.A. con CIF A- 36.005.346, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos corenta e dous euros con trinta e sete céntimos (2.542,37 €), para responder do contrato relativo á: Prestación de servizos de publicidade nas emisoras de Radio Pontevedra OM-FM e Radio Arousa, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000011854. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa José Rubén Rozados e hijos, S.L. A empresa José Rubén Rozados e hijos, S.L. con CIF B- 36.224.384, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de catrocentos noventa e catro euros con oitenta e cinco céntimos (494,85 €), para responder do contrato relativo ó: Lote 38 da 2ª ampliación do contrato relativo o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/11/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900096710, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 14.- Devolución de garantías definitivas á empresa Gestifor Galicia, S.L. A empresa Gestifor Galicia, S.L. con CIF B- 36.497.949, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos trinta e sete euros con setenta e cinco céntimos (937,75 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición dos cursos de formación do proxecto Aquelando II- 3ª Promoción, que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000095660. 15.- Devolución de garantías definitivas á empresa Gabrat, S.L. A empresa Gabrat, S.L. con CIF B- 36.828.325, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dous mil trinta euros (2.030,00 €), para responder do contrato relativo ó: Servizo de mantemento dos campos de fútbol de herba artificial, que foi depositada na Tesourería Provincial o 5/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900065884, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 16.- Devolución de garantías definitivas á empresa Estrategia y Organización, S.A. (EOSA) A empresa Estrategia y Organización S.A.- EOSA con CIF A- 36.196.418, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de dous mil trinta e tres euros con noventa céntimos (2.033,90 €), para responder do contrato relativo ó: Asistencia técnica para la realización dun estudio sobre as perspectivas de desenvolvemento para as empresas medioambientais na rexión Galicia- Norte de Portugal, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000112949, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19872.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO QUE FORMULA A ASOCIACIÓN CULTURAL CHANS DE LOBARIÑAS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2011 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, PARA A OBRA NÚM. 248 “REFORMA ZONA RECREATIVA”, NA PARTIDA 1.SUB-BASE+SOLERA (CAMBIO PARTIDA ZAHORRA POR ADOQUÍN) Dada conta da petición da modificación do orzamento presentado pola Asociación Cultural Chans de Lobariñas (CIF: G-36.521.672) (Crecente), á subvención de 6.000,00 euros concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 4.19405 de 5 de agosto do ano 2011, para o investimento núm. 248, denominado “Reforma zona recreativa”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2011, partida 12/942.459.789.07.2011, motivada pola obriga de substituír a zahorra por adoquíns xa que dita zona está situada ó lado do centro social e para estar de acordo co entorno, mantendo o mesmo obxecto e fin que o inicialmente solicitado, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a modificación do orzamento presentada pola Asociación Cultural Chans de Lobariñas, (CIF: G-36.521.672) (Crecente), á subvención de 6.000,00 euros concedida no ano 2011 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 248, “Reforma zona recreativa”. Concello NIF Nº de obra Terceiro Obxecto da Subvención Orzamento inicial Novo Orzamento Importe da subvención Crecente G-36.521.672 248 ASOCIACIÓN CULTURAL CHANS DE LOBARIÑAS “Reforma zona recreativa” 6.102,12 € 6.088,09 € 6.000,00 € 4.19873.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª GEMA LÓPEZ FONDO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 4001 PONTEAREAS-GUILLADE (CONCELLO DE PONTEAREAS) Dada conta que con data de rexistro de 15/11/11 (Rex. núm. 038810) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dna. Mª. Gema López Fondo, con enderezo a efecto de notificacións en O Casal- Uma, 22 no Concello de Salvaterra do Miño, por danos en vehículo coma consecuencia da existencia de dous buratos na estrada E.P. 4001 Ponteareas-Guillade, no Concello de Ponteareas, na data 31/10/11 e que individualiza economicamente en 3.433,03 €. Resultando.- Que con data 09/01/12 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 17/01/12 co seguinte contido: “Primeiro. A estrada E.P. 4001 Ponteareas- Guillade, está incluída na rede provincial de estradas. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo constancia do accidente de referencia, nin tampouco da existencia doutros accidentes provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, ó que é obxecto do presente informe. Terceiro. Xirada visita de inspección ó vial de referencia comprobouse que os dous buratos ós que se fai referencia no escrito de reclamación non existen, observándose tan só unha pequena deterioración do firme que en ningún caso supón un risco para a seguridade vial. Ós efectos oportunos remítese fotografía do lugar no que se aprecia a escasa entidade da pequena discontinuidade que presenta a capa de rodaxe, sen as dimensións suficientes para provocar o accidente agora denunciado”. Resultando.- Que con data 29/02/12 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse ampliación de informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 02/03/12 co seguinte contido: “…Primeiro. A pequena deterioración que existe no firme en ningún caso supera os seis centímetros de fondura nin presenta zonas cortantes. Segundo. Ratifícase o contido do informe emitido o pasado 17 de xaneiro de 2012 en todos os extremos…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e proba irrefutable é o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas desta Deputación no que se pon de manifesto que non existía burato algún na estrada senón unha pequena deterioración da capa de rodaxe, sen entidade nas súas dimensións para producir o accidente. A elo hai que engadir que nese punto non se produciron outros accidentes pola mesma causa. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 5.19874.- INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CARLOS FONTÁN DOMÍNGUEZ EN REPRESENTACIÓN DE D. JOSÉ MANUEL CAMPELOS MARIÑO E DNA. MIRIAN BALTAR MARTÍNEZ NO TRAMO DO VIAL S/C PO LAGO DE CASTIÑEIRAS-MIRADOR DE COTORREDONDO (CONCELLO DE MARÍN) Dada conta que con data de rexistro de entrada 08/08/11( Rex. nº 028300) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Carlos Fontán Domínguez en representación de D. José Manuel Campelos Mariño e Dª. Míriam Baltar Martínez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Urzáiz, 11-2º do Concello de Vigo, por lesións e danos en vehículo coma consecuencia da existencia dun socavo na que denomina E.P. 0103 N-550 a Lago de Castiñeiras, sendo en realidade o tramo do vial S/C PO Lago de Castiñeiras-Mirador de Cotorredondo, no Concello de Marín, o día 13/02/11 e que cuantifica economicamente en 3.507,04 €. Resultando.- Que con data 27/09/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 27/10/11 co seguinte contido: “… Primeiro.- O vial E.P. 0103 N-550- Lago de Castiñeiras está incluído na rede provincial de estradas. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo constancia do accidente de referencia nin tampouco doutros provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, ó que é obxecto do presente informe. Terceiro. Segundo informa o capataz da brigada da zona, D. Roberto Riveiro Chacón, unha vez xirada visita de inspección á estrada obsérvase que á altura do punto quilométrico 5+200 existe unha pequena descontinuidade da capa de rodaxe, pero non un socavo, sen as dimensións suficientes para provocar os danos agora denunciados. Por outra banda, e segundo acredita o parte de traballo que se adxunta ó presente informe, o 20 de xaneiro de 2011 (o accidente ten lugar o 13 de febreiro de 2011) a brigada da zona percorreu a estrada E.P. 0103 N-550- Lago de Castiñeiras para facer na mesma distintos arranxos sen apreciar a presunta focha obxecto de reclamación. Resultando.- Que con data 28/10/11 e co fundamento no artigo 4.1 c) da Lei 30/92 do 26 de novembro, e visto o informado polo Servizo de Infraestruturas da Deputación, no que ponde manifesto que visitado o vial non se apreciou a presunta focha obxecto da reclamación, solicitouse á Garda Civil de Tráfico- Subsector de Pontevedra, que aclarase o atestado instruído no seu día para este sinistro, informando de cales eran as dimensións do socavo, e se o mesmo era cortante, en aresta ou en ángulo, facéndoo en escrito de data 25/11/11, xuntando ó mesmo un croquis do lugar exacto onde se produciu o sinistro, co seguinte contido literal: “…El bache al que hace referencia y donde se produce el accidente, se encuentra situado a unos 300 metros de la bifurcación hacia Marín y Cotorredondo…” Resultando.- Que con data 09/12/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse un novo informe ó Servizo de Infraestruturas, emitindo o mesmo na data 14/12/11 co seguinte contido literal: “…Primeiro.- O tramo do vial S/C PO Lago de Castiñeiras-Mirador de Cotorredondo no que se produciu o accidente obxecto de informe NON estaba incluido na rede provincial de estradas na data do sinistro (13 de febreiro de 2011). Segundo. A día de hoxe o devandito vial sí forma parte da rede provincial de estradas. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o tramo do vial S/C PO Lago de Castiñeiras-Mirador de Cotorredondo no que se produciu o accidente correspóndese co vial que discorre dende o Lago de Castiñeiras á estrada PO-313 e non á EP. 0103 N-550 a Lago de Castiñeiras como se recolle no escrito de reclamación e no atestado instruído pola Garda Civil. Este extremo dedúcese do croquis achegado pola Garda Civil no seu escrito de data 25/11/11. Considerando.- Que foi neste tramo do vial no que no seu día se produciu outro sinistro similar e cuxa reclamación foi desestimada por acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, ó non ostentar esta Administración a titularidade da citada vía, acordo que foi confirmado pola sentenza núm. 38/07 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no procedemento abreviado 311/2006. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 6.19875.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 371/2011, PROMOVIDOS POR DNA. ALICIA MARTÍNEZ GÓMEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 0011 GATO MORTO-LAS AGUAS (PONTEVEDRA) Dada conta que con data 6 de marzo de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 28 de febreiro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 371/2011, promovidos por Dna. Alicia Martínez Gómez contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 0011 Gato Morto-Las Aguas (t.m. Pontevedra), valorados en 712,56 €, como consecuencia da existencia dunha mancha de gasoil na calzada, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 7.19876.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DE QUEIXA PLANTEXADA POR D. FRANCISCO X. REI GARCÍA, VICEPRESIDENTE DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, SOBRE POSIBLE DISCRIMINACIÓN DA LINGUA GALEGA NA EDICIÓN DOS PROGRAMAS “INFORMATÍZATE” E “55Y+” NA SEDE DE VIGO (EXPTE. P.1. Q/1992/11) A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito do Sr. Valedor do Pobo, de data 16 de febreiro de 2012, en relación con expediente P.1.Q/1992/11, incoado por queixa plantexada por D. Francisco X. Rei García, vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sobre posible discriminación da lingua galega na edición dos programas “Informatízate” e “55y+”, efectuadas pola sede de Vigo, no que se comunica a esta Deputación o arquivo da mesma, unha vez cumprimentada en prazo a petición de información por parte da Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.19877.- COMUNICACIÓN DA OFICINA DO DEFENSOR DEL PUEBLO ACUSANDO RECIBO A INFORME SOBRE QUEIXA PLANTEXADA POR D. JOSÉ MANUEL GARCÍA ALFAYA SOBRE A E.P. 2702 AMOEDO-OS VALOS A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito da Oficina do Defensor del Pueblo, de data 28 de febreiro de 2012, pola que acusa recibo ó informe remitido pola Asesoría Xurídica en relación con queixa núm. 09020949, plantexada perante aquela Institución por D. José Manuel García Alfaya sobre falta de sinalización vial na estrada 2702 Amoedo-Os Valos, dando conta da adxudicación de actuacións da referida vía provincial. 9.19878.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.19879.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 9 de marzo de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201200000271 e que contén cincuenta e sete facturas, sendo a primeira de Galaicontrol S.L., por importe de 2.124,00 € e a derradeira de Todosistemas Servicios Tecnológicos, S.L., por importe 177,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 83.176,41 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 83.176,41 € 11.19880.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS E CERTIFICACIÓNS A) A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción dun novo campo de fútbol de Pasarón e o Complexo Deportivo de A Parda. De conformidade co previsto no convenio, correspondeulle á Deputación levar a cabo as obras de construción do novo campo de fútbol de Pasarón. Unha vez aprobado o proxecto procedeuse á licitación das mesmas, sendo adxudicadas, á empresa Oreco, S.A. na Xunta de Goberno celebrada o día 30 de xuño de 2006. Coa finalidade de compatibilizar o desenvolvemento das obras co uso do estadio, a construción levouse a cabo en tres fases diferenciadas: a primeira foi a construción das gradas norte e sur, a segunda a grada de tribuna e a terceira e última, a de preferencia. Ó levar a cabo o derribo da grada de preferencia tivo que procederse ó traslado dun Centro de Transformación de Fenosa, ubicado no seu baixo. Como a Deputación era o Organismo que estaba a levar a cabo as obras, subscribiu un contrato de prestación de servizos de enerxía eléctrica con Gas Natural Unión Fenosa, para que as instalacións dispuxeran deste subministro e puideran funcionar con normalidade. A facturación do consumo correspondente efectuaríase ó Pontevedra Club de Fútbol. Con data 2 de febreiro de 2012, Unión Fenosa reclama á Deputación Provincial o aboo de 53.413,60 euros, por recibos impagados correspondentes ás mensualidades de marzo de 2010 a outubro de 2011. Sobre esta reclamación de débeda dáse traslado ós técnicos directores da obra e ó Pontevedra Club de Fútbol. Dos seus informes dedúcese o seguinte: 1.- Que o Pontevedra Club de Fútbol entrou en concurso de acredores e deixou de aboar os recibos da luz, dende o mes de marzo do ano 2010. Non obstante, os catorce recibos correspondentes ás mensualidades que van dende o mes de agosto de 2010 ata o mes de setembro de 2011, por un importe de 39.752,89 euros, están incluídas na relación de débedas do Pontevedra Club de Fútbol pendentes de aboar incursas no concurso de acredores. En consecuencia presenta na Deputación para o seu aboo as seguintes facturas: FECHA DE EMISIÓN IMPORTE 02/03/2010 2.966,62 € 05/05/2010 2.540,99 € 07/06/2010 2.665,98 € 04/10/2011 2.689,35 € 03/11/2011 2.797,77 € 22/12/2011 2.233,24 € 10/01/2012 1.271,90 € 02/02/2012 1.295,56 € TOTAL 18.461,41 € 2.- Segundo o informe dos técnicos, correspóndelle aboar á empresa Oreco, S.A. a cantidade de 6.300,00 euros, como luz de obra. 3.- O Concello tramita un expediente de recoñecemento de crédito por un importe de 9.122,15 euros por consumo de enerxía eléctrica no centro de Protección Civil, ubicado no baixo da grada norte de Pasarón. Dado que o contrato de prestación de servizos de enerxía eléctrica foi subscrito pola Deputación provincial, entendemos que é a responsable subsidiaria de aboar este consumo, e por conseguinte, estimamos que procede recoñecer extraxudicialmente este gasto, por un importe de 18.461,41 euros. Este gasto, ó considerarse como derivado da realización da obra, pode imputarse á aplicación 340.342.652.02.2010 do orzamento provincial. Así mesmo, procede repercutir a cantidade de 6.300,00 euros a Oreco, S.A e 9.122,15 euros ó Concello de Pontevedra. Vistos os informes emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1.- Facturas emitidas por Unión Fenosa Comercial, S.L. Nº FACTURA FECHA DE EMISIÓN IMPORTE 03100210284503 02/03/2010 2.966,62 € 03100410227435 05/05/2010 2.540,99 € 03100510276442 07/06/2010 2.665,98 € 03110910357353 04/10/2011 2.689,35 € 03111010313036 03/11/2011 2.797,77 € 03111110388043 22/12/2011 2.233,24 € 03111210317157 10/01/2012 1.271,90 € 03120110376741 02/02/2012 1.295,56 € TOTAL 18.461,41 € O importe destas facturas imputarase á aplicación 340.342.652.02.2010 do orzamento provincial. 2.- Repercutir a cantidade de 6.300,00 euros a Oreco, S.A. como luz de obra e a cantidade de 9.122,15 euros ó Concello de Pontevedra por consumo de enerxía eléctrica no centro de Protección Civil, ubicado no baixo da grada norte de Pasarón. B) A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión do 18 de xuño de 2004, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello da Illa de Arousa e o Club de Fútbol Céltiga para levar a cabo as obras de reforma do campo de fútbol Salvador Otero. De conformidade co previsto na cláusula 6ª de dito convenio a Deputación levou a cabo a contratación e execución das referidas obras, correndo a súa dirección ó cargo dun técnico designado ó efecto. O proxecto de “Reforma para a reposición de gradas, vestiarios e peche no campo de fútbol Salvador Otero, 1ª fase, Illa de Arousa” por importe de 256.000,00 euros, foi aprobado pola Xunta de Goberno na mesma sesión. Efectuado o correspondente expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, as obras de reforma foron adxudicadas á empresa Elsamex, S.A. por un importe de 221.567,77 euros, na Xunta de Goberno do 23 de xullo de 2004. Para dirixir estas obras designouse ó Arquitecto D. Leopoldo Ivorra Saenz-Díez. A Xunta de Goberno en sesión do día 25 de maio de 2007 efectuou un recoñecemento extraxudicial de obriga relativa á certificación nº 5, liquidación da obra “Modificado de reforma para a reposición de gradas, vestiarios e peche no campo de fútbol Salvador Otero, 1ª fase, Illa de Arousa”, por un importe de 1.126.778,28 euros. A empresa Elsamex, S.A. presenta na Deputación provincial, con data 15 de decembro de 2010, as seguintes certificacións subscritas polo Técnico Director das obras: Obra Certificación Importe € Traballos varios nas gradas do campo de fútbol Salvador Otero. Terminación de obra no campo de fútbol Salvador Otero. 1ª fase. 1-final 58.999,88 € Unidades novas nos traballos de remate e terminación no campo de fútbol Salvador Otero. 1ª fase 1-final 58.962,89 € Visto o informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Contratista Obra nºcertificación Importe ELSAMEX, S.A. Traballos varios nas gradas do campo de fútbol Salvador Otero. Terminación de obra no campo de fútbol Salvador Otero. 1ª fase. 1-final 58.999,88 € Subtotal 58.999,88 € Control de calidade (1%) 420,17 € Honorarios de dirección (4%) 1.680,67 € Honorarios seguridade e saúde (0,72 %) 302,52 € Total descontos 2.403,36 € Importe líquido a percibir pola empresa 56.596,52 € Contratista Obra nºcertificación Importe ELSAMEX, S.A. Unidades novas nos traballos de remate e terminación no campo de fútbol Salvador Otero. 1ª fase 1-final 58.962,89 € Subtotal 58.962,89 € Control de calidade (1%) 419,90 € Honorarios de dirección (4%) 1.679,62 € Honorarios seguridade e saúde (0,72 %) 302,33 € Total descontos 2.401,85 € Importe líquido a percibir pola empresa 56.561,04 € O importe imputarase nas aplicacións 12/922.342.652.00.2010 e 12/922.342.652.00 do orzamento provincial. C) Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás aplicacións non orzamentarias 419.08 (0910), 419.09 (099.129), 419.10 (099.143); de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -Factura nº 33/2011 por importe de 127,33 € e factura nº 35/2011 por importe de 585,15 €, emitida polo arquitecto D. Enrique Alonso Baspino (NIF: 35.973.146-L), que xustifica os honorarios de dirección de execución do proxecto complementario das obras “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondente as certificacións nº 8 e 9. -Factura nº 2011/164 por importe de 127,24 € emitida polo arquitecto D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF: 36.042.815-K), que xustifica os honorarios de dirección de execución do proxecto complementario das obras “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondente as certificacións nº 8 e 9. O importe destas facturas cargarase á aplicación non orzamentaria 419.08 (0910). -Factura nº 2011/A7578, emitida por ENMACOSA S.A. (A-36039956), de 30/12/2011, por importe de 3.241,96€, en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Campo de fútbol de Pasarón en Pontevedra”. -Factura nº 2012/A374, emitida por ENMACOSA S.A. (A-36039956), de 31/01/2012, por importe de 2.761,20 €, en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do edificio Sarmiento”. O importe destas facturas cargarase á aplicación non orzamentaria 419.09 (099.129). -Facturas emitidas por DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe € 0930-01/2011 28/11/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 52,67 0930-02/2011 28/11/2011 “Complementario campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D10/0071) 3.454,59 0977-04/2011 27/12/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 9,85 0086-01/2012 21/02/2012 “Complementario campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D10/0071) 91,20 0086-02/2012 21/02/2012 “Saneamento en O Río (Bueu)” (PID/09/00930/2009002645) 200,72 0086-03/2012 21/02/2012 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002648) 56,44 0086-04/2012 21/02/2012 “Urbanización as Mimosas, 1ª fase” (PID/09/00974/2009002306) 365,37 0086-05/2012 21/02/2012 “Pavimentación e dotación de servizos en camiño Pedaporta e camiño Tarrío (Poio)” (PID/09/00923/2009002357) 138,24 0086-09/2012 21/02/2012 “E.P. 1002 Magadalena-Aldán, 1ª fase (Cangas)” (P07/0087) 1.599,69 0086-08/2012 21/02/2012 “Ensanche E.P. 9203 Padriñán-Laxe (Sanxenxo)” (P10/0082) 430,05 TOTAL 6.398,82 € -O importe destas facturas cargarase á conta non orzamentaria 419.10 (099.143). 12.19881.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2012” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación de Pontevedra, coa finalidade de posibilitar o acceso dos participantes ás diferentes actividades en áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal, promocionar novos campos de interese e traballo creativo así como promover, fomentar e mellorar a situación dos participantes, pretende levar a cabo o programa “PENSA EN TI” para o ano 2012, cuxo custo se estima na cantidade máxima de catrocentos vinte e seis mil euros (426.000,00 €), polo que solicita que se inicie a contratación da xestión e organización do citado programa. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. O presente contrato ten a consideración de servizo, de conformidade co artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que cualifica como tales aqueles que teñen por obxecto unha prestación de facer consistente no desenvolvemento dunha actividade ou dirixida á obtención dun resultado distinto dunha obra ou unha subministración. Polo secretario infórmase o proxecto de prego e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó servizo de intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro, polo que con data 9 de marzo de 2012 emítese o preceptivo informe de fiscalización. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp., no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en Ti 2012”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1: correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2: correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3: correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4: correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5: correspondente á zona do Salnés. O programa conta cun orzamento máximo de catrocentos vinte e seis mil euros (426.000,00 €) dos que, ó establecerse un copago de 6,00 € por participante, a cantidade máxima a achegar pola Deputación establécese en 383.400,00 €. O tipo de licitación establécese na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos (1.016,95 €), sen IVE por curso. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 183,05 €/curso o que fai un importe total de 1.200,00 € por curso. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 383.400,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2012” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a Asociacións de mulleres e homes da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti 2012”. Este Programa de carácter social ten como finalidade posibilitar o acceso dos participantes ás diferentes actividades nas areas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal, promocionar novos campos de interese e traballo creativo, así como en xeral promover, fomentar e mellorar a situación dos participantes. O contrato comprende a impartición dos cursos que se detallan no catálogo de cursos incluído no prego técnico, englobados nas seguintes áreas: • Arte, manualidades e bricolaxe. • Cociña, agricultura e elaboracións artesanais. • Desenvolvemento persoal e saúde física e mental. • Cultura tradicional, música e baile. • Formación para a igualdade entre homes e mulleres. • Desenvolvemento profesional. Cada curso terá unha duración de 30 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa de cada curso, o material didáctico (fotocopias) e os aparellos e o material non funxible necesarios para a realización dos cursos (como ordenadores nos cursos de informática, padiolas nos cursos de masaxe, esterillas no caso de cursos de ximnasia, aerobic, taichi, etc ). Este material deberá ser levado pola empresa adxudicataria ó local onde a asociación vaia a realizar o curso. Así mesmo deberá elaborar os cartafoles e diplomas a entregar ós alumnos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada unha das alumnas o material que estas necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1: correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2: correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3: correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4: correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5: correspondente á zona do Salnés. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que se reciban das Asociacións, sempre que non se supere a cantidade máxima fixada na cláusula sexta. A cada asociación concédeselle un só curso, estimándose que o número de asociacións participantes se eleve a 355 asociacións. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de cursos xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: -Os participantes aboarán a cantidade de 6,00 € por cada un dos cursos en que participen. Dita cantidade será recaudada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do aboo de dita cantidade. -A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante do contrato con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07 do orzamento prorrogado do exercicio 2011 ó 2012. 3.- PAGAMENTO.- O pago do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante o ano 2012 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos, sen IVE (1.016,95 €). A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 183,05 € o que fai un importe total de 1.200,00 € por curso. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade de catrocentos vinte e seis mil euros (426.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes contados dende o seguinte ó requirimento á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sé da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en Ti 2012”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Documentación relativa á cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, que acredite unha cantidade igual ou superior a 80.000,00 €. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos relacionados co obxecto do contrato realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior a 80.000,00€. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en Ti 2012”, lote numero _________________ Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.-Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. 3.-Profesorado, e titulación. 4.-Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. 5.-Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. 6.-Proposta de seguros. 7.-Proposta de cronograma de execución. 8.-Posibles melloras. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en Ti 2012”, Lote número __________ Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. No caso de presentarse a máis dun lote ou zona , presentarase un único Sobre “A” de documentación xeral , e un Sobre “B” e “C” por cada lote ó que se presente. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente o Texto Refundido da Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 20 puntos. • Recursos destinados á impartición de actividades, ata 20 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. - Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtidos incluída memoria gráfica. - Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. - Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto “Pensa en ti” e da Deputación de Pontevedra. - Outras melloras. 13.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. Este criterio valorarase aplicando a fórmula incluída no Anexo I que acompaña a este prego. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 14.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados as proposicións cunha baixa que supere nun 5,00 % o valor porcentual da Baixa Media de todas as ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 15.- REQUIRIMIENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente mais vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 16.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se houbese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 18.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ó número de cursos ofertados e coa finalidade de poder atender todas as peticións poderá ampliarse o contrato ata un 10% do importe inicial de adxudicación do contrato. 20.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 21.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 22.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 308 do Trlcsp. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo Trlcsp. e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 25.-MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÒMICA.- Don................................................................................, maior de idade, veciño de........................................................., con domicilio en ............................titular do DNI......................................................, expedido en data.................................................., actuando en nome propio ou en representación de.........................................................con domicilio en ..............................., teléfono........................................................ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2012”, LOTE _______________comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: Prezo por curso ______________________euros. IVE euros Prezo total por curso euros” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I “Valoración oferta económica, ata un máximo de 50 puntos. As ofertas que coincidan co Presuposto Base de Licitación (PBL) valoraranse con 0,00 puntos. A oferta máis baixa das admitidas (OMB) valorarase con 50,00 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas tras o examen da documentación administrativa contida no sobre “A”, e tras o acto público de apertura da documentación técnica contida no sobre “B” e a súa posterior análise, asi como todas aquelas que no sexan declaradas desproporcionadas ou anormais. Para os efectos da consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesa situación (baixa temeraria) as proposicións cunha baixa que supere nun 5,00 % o valor porcentual da Baixa Media de todas as ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. As ofertas intermedias valoraranse linealmente de acordo coas fórmulas que se indican a continuación, establecendo dous tramos de valoración segundo o seu importe: 1.- Ofertas comprendidas entre o presuposto base de licitación e o 85 % de dito presuposto: Puntos oferta = (PBL-Pro) x 45 PBL- (0,85xPBL) 2.- Ofertas comprendidas entre o presuposto da oferta máis baixa admitida e o 85 % do presuposto base de licitación: Puntos oferta = 5 x ((PBL x 0,85) – Pro) + 45 (0,85xPBL) – PRmb PBL = Presuposto Base de Licitación. Pro = Presuposto da oferta a valorar PRmb: presuposto máis baixo entre as ofertas admitidas.” 13.19882.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2012” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de promover, fomentar e mellorar a situación das persoas maiores, así como facilitar o seu desenvolvemento persoal e social, pretende levar a cabo a impartición dunha serie de actividades formativas dentro do programa “Ti Tamén Contas 2012”. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (Trlcsp), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. O presente contrato ten a consideración de servizo, de conformidade co artigo 10 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que cualifica como tales aqueles que teñen por obxecto unha prestación de facer consistente no desenvolvemento dunha actividade ou dirixida á obtención dun resultado distinto dunha obra ou unha subministración. Polo secretario infórmase o proxecto de prego e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó servizo de intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro, polo que con data 9 de marzo de 2012 se emite o preceptivo informe de fiscalización. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti Tamén Contas 2012”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: - Lote 1: correspondente ás comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. - Lote 2: correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O programa conta cun orzamento máximo de cento corenta e catro mil euros (144.000,00 €) dos que, ó establecerse un copago de 6,00 euros por participante, a cantidade máxima a achegar pola Deputación se establece en 129.600,00 euros. O tipo de licitación se establece na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos (1.016,95 €), sen IVE por curso. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 183,05 €/curso o que fai un importe total de 1.200,00 euros por curso. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 129.600,00 euros, con cargo á aplicación orzamentario 12/230.230.227.07 do vixente orzamento provincial - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMEN CONTAS 2012” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades de formación dirixidos a asociacións de persoas maiores ou con vogalía do maior, asilos e centros sociais dentro do programa social “Ti Tamén Contas”, coa finalidade de promover, fomentar e mellorar a situación deste colectivo facilitando o seu desenvolvemento persoal e social. O contrato comprende a impartición dos cursos analizados no prego de prescricións técnicas e que se engloban nas seguintes áreas: Desenvolvemento persoal e saúde. Arte e manualidades. Cultura e cultura tradicional. Informática. Área Informativa. Discapacidade. A cada Asociación concederáselle un só curso, cunha duración máxima de 30 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa do curso e o material didáctico (fotocopias), así como ordenadores nos cursos de informática, cociña nos cursos de elaboración de licores e conservas, padiolas para os cursos de masaxes e esteiras para os de ximnasia. Estes materiais deberán ser levados pola empresa adxudicataria ó local onde se van impartir os cursos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada un dos asistentes o material que necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar estes dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden a dúas zonas de actuación: • LOTE 1, correspondente as Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra, o Morrazo, Deza e Tabeirós. • LOTE 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que efectúen as asociacións, e sempre que non se supere a cantidade máxima sinalada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas nas que estean interesadas en participar. A cada asociación concederáselle un só curso, estimándose en 120 o número de asociacións participantes. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de cursos xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: - Os participantes aboarán a cantidade de 6,00 € por cada un dos cursos en que participen. Dita cantidade será recaudada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do aboo de dita cantidade. - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante do contrato con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07 do orzamento prorrogado do exercicio 2011 ó 2012. 3.- PAGAMENTO.- O pago do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante o ano 2012 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil dezaseis euros con noventa e cinco céntimos, sen IVE (1.016,95 €). A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 183,05 € o que fai un importe total de 1.200,00 € por curso. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade de cento corenta e catro mil euros (144.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes contados dende o seguinte ó requirimento á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sé da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén contas 2012”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Documentación relativa á cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, que acredite unha cantidade igual ou superior a 70.000,00 €. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos relacionados co obxecto do contrato realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior a 70.000,00€. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén contas 2012”, lote numero _________________ Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.-Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. 3.-Profesorado, e titulación. 4.-Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. 5.-Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. 6.-Proposta de seguros. 7.-Proposta de cronograma de execución. 8.-Posibles melloras. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion da organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén contas 2012”, Lote número __________ Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. No caso de presentarse a máis dun lote ou zona , presentarase un único Sobre “A” de documentación xeral , e un Sobre “B” e “C” por cada lote ó que se presente. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente o Texto Refundido da Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 20 puntos. • Recursos destinados á impartición de actividades, ata 20 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. - Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtidos incluída memoria gráfica. - Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. - Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto “Ti tamén contas” e da Deputación de Pontevedra. - Outras melloras. 13.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. Este criterio valorarase aplicando a fórmula incluída no Anexo I que acompaña a este prego. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 14.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados as proposicións cunha baixa que supere nun 5,00 % o valor porcentual da Baixa Media de todas as ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 15.- REQUIRIMIENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente mais vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 16.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se houbese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 18.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ó número de cursos ofertados e coa finalidade de poder atender todas as peticións poderá ampliarse o contrato ata un 10% do importe inicial de adxudicación do contrato. 20.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 21.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 22.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 308 do Trlcsp. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo Trlcsp e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 25.-MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don................................................................................, maior de idade, veciño de........................................................., con domicilio en ............................titular do DNI......................................................, expedido en data.................................................., actuando en nome propio ou en representación de.........................................................con domicilio en ..............................., teléfono........................................................ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2012”, LOTE _______________comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: Prezo por curso ______________________euros. IVE euros Prezo total por curso euros” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I “Valoración oferta económica, ata un máximo de 50 puntos. As ofertas que coincidan co Presuposto Base de Licitación (PBL) valoraranse con 0,00 puntos. A oferta máis baixa das admitidas (OMB) valorarase con 50,00 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas tras o exame da documentación administrativa contida no sobre “A”, e tras o acto público de apertura da documentación técnica contida no sobre “B” e a súa posterior análise, así como todas aquelas que no sexan declaradas desproporcionadas ou anormais. Para os efectos da consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesa situación (baixa temeraria) as proposicións cunha baixa que supere nun 5,00 % o valor porcentual da Baixa Media de todas as ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. As ofertas intermedias valoraranse linealmente de acordo coas fórmulas que se indican a continuación, establecendo dous tramos de valoración segundo o seu importe: 1.- Ofertas comprendidas entre o presuposto base de licitación e o 85 % de dito presuposto: Puntos oferta = (PBL-Pro) x 45 PBL- (0,85xPBL) 2.- Ofertas comprendidas entre o presuposto da oferta máis baixa admitida e o 85 % do presuposto base de licitación: Puntos oferta = 5 x ((PBL x 0,85) – Pro) + 45 (0,85xPBL) – PRmb PBL = Presuposto Base de Licitación. Pro = Presuposto da oferta a valorar PRmb: presuposto máis baixo entre as ofertas admitidas.” 14.19883.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO, 2ª FASE (TRAMO PORTA DO SOL- AVDA. MÉDICO BALLINA) (PONTEVEDRA) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 02/12/2011, adxudicouse a Construcciones Crespo, S.A. a obra de “acceso oeste a Montecelo, 2ª fase (tramo Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)”, na cantidade de 489.132,16 €, máis 88.043,79 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución tres meses, melloras valoradas en 67.100,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que a comprobación do replanteo levouse a cabo o día 15 de decembro de 2011, co que a obra debería finalizarse o día 15 de marzo de 2012. Resultando que pola adxudicataria se remite escrito no que ante a imposibilidade de acometer as obras de remodelación da glorieta da intersección coa N-550, por estar pendente unha nova definición xeométrica, solicita a concesión dunha prórroga ata o 30 de abril do ano en curso. Resultando que pola Directora da obra se emite informe favorable á concesión de dita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcciones Crespo, S.A., concedendo unha prórroga para a finalización da obra de “Acceso oeste a Montecelo, 2ª fase (tramo Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)” ata o 30 de abril do ano en curso. 15.19884.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº10 DA OBRA: COMPLEMENTARIO DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN Vista a certificación núm. 10 relativa ó “Complementario do campo de fútbol de Pasarón”(convenio), adxudicada no seu día á empresa Oreco, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 5/03/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe ORECO S.A.(CIF. A-36.614.691) 12/340.342.652.02.2010 215.662,96€ SUBTOTAL 215.662,96€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.143,37€ Control de calidade (2%) Id. 3.071,68€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.105,81€ Total descontos 10.320,10€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 205.342,10€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.19885.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº19 DA OBRA: CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL- TERCEIRA FASE Vista a certificación núm. 19 relativa ó “Campo de fútbol de herba artificial, terceira fase”(convenio), adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 5/03/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF A-36.008.886) 12/922.342.652.09.2010 328.236,29€ SUBTOTAL 328.236,29€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.350,13€ Control de calidade (3%) Id. 7.012,60€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.683,02€ Total descontos 18.045,75€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 310.190,54€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 17.19886.- INFORME RELATIVO Ó PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN E ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta da comunicación da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de data 9 de xaneiro de 2012, recibida nesta Deputación o día 11 de xaneiro de 2012 (Rex. de entrada núm. 690), remitindo Plan Sectorial de Ordenación e Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 24 de febreiro de 2012, no que manifesta: “Visto o documento relativo ó PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA o técnico que subscribe, no exercicio das competencias que ten asignadas en materia de estradas e de acordo co disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, emite o seguinte INFORME Primeiro. Declarada a incidencia supramunicipal do Plan Sectorial das Areas Empresariais de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, somete o mesmo ó trámite de información pública de acordo co disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, de 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. Segundo. O Plan Sectorial das Areas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia ten como obxectivo fundamental cuantificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial que debe urbanizarse no ano horizonte do Plan Sectorial para cubrir as necesidades da demanda estimada e, así mesmo, define os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións de carácter empresarial para cubrir a longo prazo as necesidades de solo empresarial derivadas da aplicación das Directrices de Ordenación do Territorio, mediante o estudo da capacidade de acollida no territorio para actividades empresariais. O Plan Sectorial das Areas Empresariais de Galicia contribuirá ó desenvolvemento sostible social e económico de Galicia, tendo así mesmo unha función vertebradora e estruturante do territorio. Terceiro. No relativo ás estradas de titularidade provincial que se poden ver afectadas polo Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, podemos diferenciar dous grupos de viais en función da súa distancia con respecto ós parques empresariais do seu entorno. O primeiro grupo está formado por aquelas estradas nas que o ámbito da área industrial incide directamente e son as seguintes: CONCELLO AREA EMPRESARIAL ESTRADAS AFECTADAS A LAMA P.I. DE RACELO E.P.0301 A LAMA- PONTE VERDUGO BUEU P.E. BUEU - CASTIÑEIRAS - FASE I E II E.P.1301 ALTO PORTELA-BELUSO E.P.1303 BANDA DEL RIO-LA PORTELA BUEU-CANGAS P.E. BUEU-CASTIÑEIRAS-AMPLIACIÓN(PEIM) E.P.1301 ALTO PORTELA-BELUSO CALDAS DE REIS AREA EMPRESARIAL DE FORBESA E.P.8004 CALDAS-VILANOVIÑA CAMBADOS P.I. SETE PÍAS (P.I O SALNÉS) E.P.9002 FEFIÑANES-OUBIÑA COVELO P.I. AS MEDELAS E.P.5107 COVELO-PARAÑOS CRECENTE P.E. DE CRECENTE E.P.5005 CAÑIZA-POUSA(PO-400) CRECENTE P.E. DE CRECENTE II E.P.5005 CAÑIZA-POUSA(PO-400) FORCAREI P.I. CACHAFEIRO E.P.7207 VILAPOUCA-CACHAFEIRO FORCAREI P.I. DE VILAPOUCA E.P.7207 VILAPOUCA-CACHAFEIRO FORCAREI P.I. DE VILAPOUCA (AMPLIACIÓN) E.P.7207 VILAPOUCA-CACHAFEIRO FORCAREI-CERDEDO P.E. CERDEDO - FORCAREI E.P.7208 INTERIOR DUAS IGREXAS MEAÑO ÁREA INDUSTRIAL A PEDREIRA E.P.9305 COIRON-RIBADUMIA-LEIRO MEIS P.I. DE VILANOVIÑA E.P.8004 CALDAS-VILANOVIÑA MONDARIZ P.E. DE MONDARIZ E.P.4303 MONDARIZ-MEIROL MOS-REDONDELA A.E. DE ARROUFANA-MOS E REDONDELA E.P.2906 OS VALOS-GUIZAN MOS-VIGO ZONA INDUSTRIAL DE O REBULLÓN E.P.2604 PUXEIROS A LA E.P. MEIXUEIRO-C.U.V.I E.P.2603 PUXEIROS –PEINADOR PONTE CALDELAS P.E. A REIGOSA AMPLIACIÓN E.P.0004 MARCON-PINTOS-A REIGOSA E.P.0205 A REIGOSA-TABOADELO PONTE CALDELAS P.E. DE A REIGOSA E.P.0004 MARCON-PINTOS-A REIGOSA E.P.0205 A REIGOSA- TABOADELO PONTE CALDELAS CENTRAL DE TRANSPORTES DE PONTE CALDELAS E.P.0004 MARCON-PINTOS-A REIGOSA PONTEAREAS P.I. DE A LOMBA E.P.2703 PAZOS-PONTEAREAS PONTEVEDRA P.E. DE O CAMPIÑO - FASE I E II E.P.0004 MARCON-PINTOS-A REIGOSA PONTEVEDRA P.E. DE A FRAGAMOREIRA E.P.0603 C-500-MUIÑO-CAMPAÑO E.P.0017 BAO-CAMPAÑO PONTEVEDRA P.I. DE GRANXA DO BAO E.P.0017 BAO-CAMPAÑO PONTEVEDRA VILABOA PARQUE LOXÍSTICO PONTEVEDRA-VILABOA E.P.0002 MARCO-TOMEZA-FIGUEIRIDO E.P.0105 BERTOLA-RAMALLEIRA PAZOS DE BORBÉN P.I. CHAN DE AMOEDO(AMPLIACIÓN) E.P.2702 AMOEDO-OS VALOS PORRIÑO(O) C. DE EXC. EN ELECTRÓNICA VEHÍCULOS INTELIXENTES (AMPLIACIÓN CTAG) E.P.2503 CERQUIDO-RIBADELOURO E.P.2405 ACCESO A CHENLO PORRIÑO(O) PARQUE PÚBLICO INDUSTRIAL 7 E.P.2405 ACCESO A CHENLO RIBADUMIA P.I. DE CABANELAS (P.I O SALNÉS) E.P.9002 FEFIÑANES-OUBIÑA SALVATERRA DO MIÑO- NEVES (AS) PLATAFORMA LOXÍSTICA INDUSTRIAL DE SALVATERRA AS NEVES (PLISAN) E.P.4006 PONTEAREAS-AS NEVES VILANOVA DE AROUSA P.E. AREA LOXÍSTICA DE BAIÓN - RÍA DE AROUSA E.P.9701 BAION-ANDRAS VILANOVA DE AROUSA P.I. DE TREMOEDO E.P.9703 VILANOVA-PONTEARNELAS E.P.9701 BAION-ANDRAS VILANOVA DE AROUSA P.E. DE VILANOVA DE AROUSA II E.P.9701 BAION-ANDRAS Nestas estradas, titularidade da Deputación de Pontevedra, deberáse cumprir coas condicións do sistema viario garantizándose unha plataforma óptima para a súa función. A sección mínima deberá ter dous (2) carrís de circulación de tres metros e medio (3,5 m.) cada un e dous (2) arcéns pavimentados dun metro (1 m.) de ancho a cada lado da vía. O segundo grupo de estradas estaría formado por aquelas que se atopan na área de influencia do ámbito de actuación das áreas empresariais sen estar afectadas directamente, e son as seguintes: CONCELLO AREA EMPRESARIAL ESTRADAS AFECTADAS BARRO P.I. DE BARRO- MEIS (SRAU OUTEDA - CURRO) E.P. 9403 STO. TOME- S.SALVADOR BARRO PLAN PARCIAL SUI - 1 E.P. 0508 CURRO-SAN AMARO BARRO P.S. SRAU INDUSTRIAL SEQUEIROS E.P.0506 CURRO-PORTELA FORCAREI P.I. DE VILAPOUCA E.P.7205 VARIANTE-VILAPOUCA FORCAREI-CERDEDO P.E. CERDEDO - FORCAREI E.P.7207 VILAPOUCA-CACHAFEIRO LALÍN P.I. DE BOTOS E.P.6002 BOTOS-MOURISCADE-XESTA E RAMAL MOS ZONA INDUSTRIAL DE MONTE FAQUIÑA E.P.2604 PUXEIROS A LA E.P. MEIXUEIRO-C.U.V.I. NIGRAN P.E. DE PORTO DO MOLLE E.P.2101 ACCESO A CEAN PONTEVEDRA NOVA DELIMITACIÓN PS 11 - AMPLIACIÓN DO P.E. DE O CAMPIÑO E.P.0004 MARCON-PINTOS-A REIGOSA PONTEVEDRA-MARIN P.L. MARÍN-PONTEVEDRA E.P.0019 FIGUEIRIDO-MARIN E.P.0012 JUAN XXIII- FIGUEIRIDO PORRIÑO(O) P.E. DE A GRANXA E.P.2503 CERQUIDO-PICOÑA E.P.2405 CERQUIDO-BUDIÑO SALVATERRA DO MIÑO- NEVES (AS) PLATAFORMA LOXÍSTICA INDUSTRIAL DE SALVATERRA AS NEVES (PLISAN) E.P.4203 TORTOREOS-ESTACION VIGO PARQUE TECNOLÓXICO E LOXÍSTICO DE VALADARES E.P.2001 CALVARIO-LA GARRIDA VIGO PARQUE TECNOLÓXICO E LOXÍSTICO DE VALADARES (AMPLIACIÓN) E.P.2001 CALVARIO-LA GARRIDA VILA DE CRUCES P. AGROFORESTAL DE VILA DE CRUCES - FASE 1 E.P.6403 CRUCES-BROCOS VILANOVA DE AROUSA P.I. DE TREMOEDO E.P.9005 CORBILLON-TREMOEDO Neste grupo de estradas deberase ter en conta a posible afección indirecta ás mesmas polo incremento do tráfico existente para poder adaptar a súa sección estrutural e xeométrica ás futuras demandas na zona. CONCLUSIÓN: Á vista do exposto infórmase favorablemente o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia no que afecta exclusivamente ás estradas de titularidade provincial, sen prexuízo das alegacións que no exercicio das súas competencias urbanísticas presenten os distintos Concellos afectados por devandito Plan.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 18.19887.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición