Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-05-04_Ordinaria. Acta de sesión 2012/05/04_Ordinaria
Acta de sesión 2012/05/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-05-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/05/04_Ordinaria
Data(s) 2012-05-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e quince minutos do día 4 de maio do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19990.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de abril de 2012. 2.19991.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PRESTADORAS DE AXUDAS DE URXENTE NECESIDADE Co fin de mitigar na medida do posible, a precaria situación do 16,7 % da poboación da nosa provincia que se atopa no umbral da pobreza, a Deputación de Pontevedra promove nesta anualidade 2012 unha nova liña de subvencións dirixidas ás Entidades Prestadoras de Axudas de Urxente Necesidade, cunha dotación de 192.000,00 € a través do réxime de concorrencia competitiva por medio dun baremo regulado nas bases da citada convocatoria; polo que á vista dos informes de 4 de abril e 2 de maio do ano en curso, emitidos polo Sr. Secretario Xeral, Sr. Interventor e Xefa do Servizo de Acción Social, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras da Convocatoria de Subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social Prestadoras de Axudas de Urxente Necesidade, polo importe de 192.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.231.480.02 cos seguintes obxectivos: a) Contribuír o mantemento dos Comedores Sociais. b) Promover axudas para as familias na cobertura dos gastos ós que non poden facer fronte. c) Distribuír alimentos e roupa entre as familias. d) Ofertar servizos de lavandería, hixiene acompañamento e catering a domicilio. Ditas bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRESTADORAS DE INICIATIVA SOCIAL QUE PRESTEN AXUDA DE URXENTE NECESIDADE PRIMEIRA- OBXECTO E FINALIDADE: 1) A presente convocatoria ten por obxecto adxudicar subvencións a entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra, que xestionen Comedores Sociais e ós Centros que atendan situacións de urxente necesidade. 2) A finalidade destas subvencións é colaborar economicamente con estas entidades, tanto nos gastos de mantemento como no desenvolvemento das actividades, que a continuación se relacionan: • Mantemento de comedores sociais. • Axudas económicas a familias, cando non se dispoña doutros recursos sociais públicos, que dean resposta a situación de necesidade (pago recibos de luz, auga, alugueres, medicamentos, axudas técnicas, axudas de atención socio-sanitaria). • Reparto de alimentos a familias. • Oferta de servizos de hixiene, lavandería e roupeiro. • Acompañamento a persoas que precisen de apoio familiar e social. • Catering a domicilio. SEGUNDA- BENEFICIARIOS: - Entidades ou Centros que xestionen comedores sociais. - Entidades que atendan situación de urxente necesidade (Cáritas, SOS, Banco de Alimentos), e todas aquelas asociacións que orienten a súa actividade a esta finalidade. - Centros que acollan a persoas en situación de exclusión social. Todos deberán de encontrase debidamente inscritos no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, de 3 de novembro, e pola Orde de 5 de febreiro de 1996 que desenvolve a anterior. Os beneficiarios das subvencións, quedarán obrigados a facilitar canta información lle sexa requirida pola Deputación Provincial. TERCEIRA: ORZAMENTO: A contía consignada para esta convocatoria, ascende a 192.000,00 €, con cargo á aplicación 12/230.231.480.02 do orzamento provincial. CUARTA: SOLICITUDES: 1) Os Centros e as Entidades obxecto da subvención, que desexen participar nesta convocatoria, deberán de presentar as súas solicitudes segundo modelo oficial publicado desta convocatoria, co compromiso de destinar a subvención á execución do obxectivo, proxecto ou actividade solicitada. 2) En principio, só se atenderá un único proxecto por cada unha das entidades solicitantes. No caso de que as entidades presenten máis dun proxecto, a Deputación reservarase o dereito de escoller o que considere máis viable, pasando o segundo a unha lista de espera, que poderá ser atendido sempre e cando, non se esgotase o orzamento asignado a esta convocatoria, e tendo en conta os criterios establecidos na Base Novena da Convocatoria e a data de rexistro de entrada. 3) As solicitudes serán asinadas polo presidente/a ou representante legal do Centro ou Entidade legalmente acreditado, dirixidas ó Presidente da Deputación de Pontevedra, e se presentarán no Rexistro Xeral da Institución ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 35.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. QUINTA: DOCUMENTACIÓN: a) Solicitude para entidades de iniciativa social, segundo o modelo publicado. b) Certificado de acreditación do cargo, do representante legal do centro ou entidade, debidamente acreditada. c) Memoria da proxecto presentado pola entidade. d) No caso das axudas económicas ás familias, informe motivado da Traballadora Social da entidade solicitante, previa coordinación coa Traballadora Social do Concello. e) Proxecto dentro do cal se inclúan os seguintes epígrafes: - Obxecto ou finalidade. - Número de beneficiarios. - Orzamento detallado, asinado e selado (polo importe real da actividade que se vaia a realizar). - Outras fontes de financiamento (públicas e privadas). - Certificación bancaria. - Fotocopia compulsada do DNI do representante legal. - Fotocopia compulsada do CIF da entidade. SEXTA: PRAZO: As solicitudes presentaranse no prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta Convocatoria no BOP. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil. SÉTIMA: SUBSANACIÓN DE DEFECTOS DE SOLICITUDES: Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na Convocatoria, requirirase ó interesado para que os subsane no prazo máximo de dez días, indicándolle que se non o fixese se lle terá por desistido na súa petición. Segundo o previsto no artigo 71 da Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común. OITAVA: COMISIÓN DE VALORACIÓN: Esta Comisión estará composta da seguinte forma: - Deputada de Benestar Social e Muller ou persoa designada para substituíla. - Xefa de Servizo de Acción Social e Técnicos do mesmo Servizo. NOVENA: CRITERIOS OBXECTIVOS DE VALORACIÓN DAS SOLICITUDES: Para o outorgamento das subvencións, fíxanse os seguintes criterios obxectivos, sobre unha puntuación máxima de 20 puntos. a) Para o mantemento de Comedores Sociais e Centros, de 0 a 7 puntos, conforme á seguinte escala: 1) + de 100 usuarios: 7 puntos 2) De 50 a 100 usuarios: 5 puntos 3) De 10 a 49 usuarios: 3 puntos 4) Menos de 10 usuarios: 1 punto b) Ás que supoñan continuidade de accións ou de actividades en anos anteriores: 1) A partir de 5 anos: 5 puntos 2) De 3 a 4 anos: 3 puntos 3) De 1 a 2 anos: 1 punto c) As actividades (servizo de comedor, reparto de alimentos, roupeiro, pago de recibos, axudas técnicas, axudas de atención socio-sanitaria, duchas e hixiene, lavandería, acompañamento social, catering a domicilio, alfabetización, orientación laboral): 1) Cobertura ampla: 5 puntos, que presten máis de catro das actividades descritas. 2) Cobertura media: 3 puntos, que presten de dúas a catro das actividades. 3) Cobertura baixa: 1 punto, que presten polo menos unha das actividades. d) Os que teñan unha maior prevalencia sobre a poboación na que actúan, conforme a seguinte escala: 1) De interese provincial: 3 puntos 2) De interese comarcal: 2 puntos 3) De interese local: 1 punto DÉCIMA: CRITERIOS PARA DETERMINAR A CONTÍA A SUBVENCIONAR: a) O importe máximo da subvención concedida será de 6.000,00 €. A contía a conceder virá determinada en función do número de puntos conforme á Base novena e será directamente proporcional o número de puntos obtidos: • De 4 a 9 puntos: o 80% da contía máxima. • De 10 a 15 puntos: o 90% da contía máxima. • + De 15 puntos: o 100% da contía. b) En ningún caso, se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine a presente Convocatoria. DÉCIMA PRIMEIRA: COMPATIBILIDADE: A concesión de subvencións ó amparo da presente Convocatoria, será compatible con outras outorgadas para a mesma finalidade, sempre que o importe global das mesmas non supere o custe de mantemento do Centro ou Comedor Social, nin o das actividades para as que se solicita a subvención. DÉCIMA SEGUNDA: XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO: Os beneficiarios da subvención quedan obrigados á presentación da seguinte documentación: a) Memoria explicativa das actividades realizadas (asinada e selada). b) Facturas orixinais ou copias compulsadas polo importe da subvención ou importe superior. c) Modelo de conta xustificativa cuberto, facendo unha relación de gastos ata o importe do orzamento presentado, ou importe superior. O pagamento, realizarase previa xustificación da actividade realizada polo Comedor Social ou Centro obxecto da subvención, ata o 15 de decembro do presente ano e se ingresará no número de conta bancaria achegada pola entidade. DÉCIMA TERCEIRA: PUBLICIDADE: En toda a publicidade que se elabore, deberán de facer constar a colaboración da Deputación mediante a inclusión da súa imaxe institucional para o cal deberán de contactar coa seguinte dirección de correo: imaxe@depo.es. DÉCIMA CUARTA: Lexislación Aplicable. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. - Decreto 291/1995, de 3 de novembro, relativo o Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. - Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia” 3.19992.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON FRANCISCO JOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ EN REPRESENTACIÓN DE DNA. ÁNGELA BLANCO RAMALLO, POR DANOS PERSOAIS PRODUCIDOS NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO, NO CONCELLO DE RIBADUMIA Dada conta que con data de rexistro 04/11/11 (Rex. núm. 037625) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Francisco José González Martínez en representación de Dna. ÁNGELA BLANCO RAMALLO, con enderezo de notificacións na rúa Carballeira, 17- Baixo A, de Cambados, por danos persoais coma consecuencia dunha caída cando se dirixía á “Cafetería Bocacho” de Barrantes, sita na rúa Rosalía de Castro nº 5, debido á defectuosa colocación da tarima de madeira ou da súa unión á beirarrúa, o día 24/09/11 e que non cuantifica economicamente. Resultando.- Que con data 13/12/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 10/01/12 co seguinte contido: “ Primeiro.- A rúa Rosalía de Castro forma parte da estrada provincial E.P. 9507 Barrantes- Armenteira- Busto, Ribadumia. Segundo.- Por parte do Servizo de Infraestructuras non se tivo coñecemento do accidente de referencia nin doutros provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, ó que é obxecto do presente informe. Terceiro.- Tal e como se pode apreciar nas fotografías que se achegan encontrariámonos ante una tarima de madeira que fai as veces de terraza e que se atopa unida á beirarrúa existente nese tramo da estrada provincial E.P. 9507 Barrantes- Armenteira- Busto. Revisados os archivos desta unidade administrativa comprobouse que Dª. Raquel Castro Jorge, representante da cafetería Bocacho, conta cunha autorización sectorial de estradas, expedida no ano 2009, para instalación de terraza nesa zona “…debendo quedar dous carrís de circulación de sete metros libres e autorizar o concello a ocupación da beirarrúa…”, condicións que se cumpren tanto nas distancias como na existencia de licencia municipal de apertura e terraza. Cuarto.- Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior e segundo se desprende do propio escrito de reclamación, a caída produciuse por una mala instalación da tarima de madeira polo que é responsabilidade do titular da cafetería indemnizar calquera dano que a mesma provoque. Quinto.- Para rematar poñer de manifesto que non existe atestado da policía local que acredite fehacientemente o ocorrido ese día e tan só una comparecencia ante a garda civil un día despois.” Resultando.- Que con datas 26/01/12 e 07/03/12 e con fundamento no artigo 4.1 c) da Lei 30/92, solicitouse ó Concello de Ribadumia documentación relativa á autorización outorgada para a colocación da citada tarima, recibíndose na data 16/03/12 a seguinte documentación: 1. Certificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local para a instalación da devandita tarima. 2. Certificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local de concesión definitiva de licenza. 3. Informe de data 18/11/11 emitido polo Técnico Municipal relativo ó estado no que se atopaba a devandita tarima no momento de producirse a caída da reclamante, no cal D. Carlos Urdampilleta Barreiro, arquitecto técnico e enxeñeiro de edificación do Concello de Ribadumia, informa o seguinte: “O establecemento no que se produce o accidente, dispón de licenza de funcionamento e licenza para a terraza. Xirada visita o día 10/11/11 ó citado local, puiden comprobar que o estado de conservación da tarima é deficiente, xa que a moldura estreita que cubre o oco existente entre a base da tarima e o borde da beirarrúa está solta, o que pode ser causante de accidentes, no caso de apoiar o pe nel. É por tanto responsabilidade do titular da actividade e da licenza da terraza, manter a instalación en correcto estado de conservación”. Resultando.- Que con data 27/01/12 e con fundamento no artigo 31.1, apartados “b” e “c” da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación a Dna. Raquel Castro Jorge, representante da cafetería Bocacho, para que comparecese coma interesada, facendo o seu procurador, D. Pedro Antonio López López, en escrito de data 05/03/12, as seguintes alegacións: “Primera.- Con fecha 24/09/2011 se produce una caída de una señora de avanzada edad, de constitución gruesa y estatura baja, en el exterior de la cafetería que regento sita en C/ Rosalía de Castro núm. 5, Barrantes, Pontevedra. Dicha señora transitaba por delante del establecimiento en dirección a la salida del pueblo. El establecimiento tiene instalada en la acera una terraza que consta de tres mesas exteriores y un entablado conformado por planchas de madera pretensada con barandilla, que cuenta con los correspondientes permisos y licencias, tanto del Ayuntamiento como de la Diputación. Doña Ángeles Blanco cayó al suelo a la altura de la segunda mesa instalada en la terraza, colisionando su rostro contra la acera. Tras la caída, la auxiliaron un joven que estaba sentado en esa mesa y quien resultó ser yerno de la señora que iba caminando delante de la misma. Como consecuencia de la caída la trasladaron al Centro Médico. Segunda.- La causa de la caída, ajena a mi representada, obedeció a la abanzada edad de la señora y a sus condiciones físicas, y a que caminaba sin ser auxiliada por tercera persona, pese a que su yerno caminaba delante de la misma. Tercera.- Se impugna expresamente el Informe emitido por Don Carlos Urdampilleta Barreiro, arquitecto técnico del Ayuntamiento de Ribadumia, por cuanto la visita que gira a la cafetería tiene lugar meses después de la caída de la señora, careciendo de la inmediatez y objetividad necesaria. A mayor abundamiento poner de manifiesto que para la colocación de la terraza, previa inspección de personal técnico del Ayuntamiento, mi representada cuenta con todos los permisos y licencias municipales pertinentes. Tampoco podemos estar conformes con que el estado de conservación de la tarima es deficiente, aportando al efecto fotografías de la misma, realizadas en fechas próximas a la caída de la señora, en las que se puede observar que la misma se encuentra en perfecto estado. De lo expuesto se desprende que no puede atribuirse responsabilidad alguna en el presente expediente a mi patrocinada”. Resultando.- Que con data 28/03/12 comparece nesta Asesoría Xurídica D. Carlos Urdampilleta Barreiro para informar sobre a instalación dunha tarima de madeira para uso de terraza no fronte da cafetería Bocacho, comprometéndose a achegar fotografías en cor da tarima de madeira. Resultando.- Que con data 02/04/12 comparece na Asesoría Xurídica desta Deputación D. Carlos Urdampilleta achegando nese intre seis fotografías a cor do estado da plataforma na data 10/11/11. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional podería deberse á actitude única e exclusiva da accidentada, que posuíndo o control da situación non foi quen de evitar a caída, o que excede con moito do estándar medio de responsabilidade patrimonial da Administración. Nesta liña argumental entendérono precedentes similares, como os que se citan “ad exemplum”: “… El comportamiento humano implica soportar los pequeños riesgos que una eventual falta de cuidado y atención comporta…” Sentenza de 2 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S., LA LEY JURIS 11410/2006; e na mesma liña: - Sentenza do 9 de maio de 2000 do T.S. - Sentenza do 26 de marzo de 2004 do T.S.X.G. - Sentenza do 10 de marzo de 2005 da Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.J. de Canarias. - Sentenza do 30 de novembro de 2005, da Sección 14ª da Audiencia Provincial de Barcelona. - Sentenza do 23 de decembro de 2005 da Sala do Contencioso-Admistrativo, Sección 2ª, do T.S.J. de Castilla y León. - Sentenza do 3 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S. - Sentenza do 9 de marzo de 2006, da Sección 1ª do T.S.J. de Andalucía. - Sentenza do 6 de abril de 2006, da Sección 3ª do T.S.J. de Andalucía. - Ditame do Consello Consultivo de Galicia 877/06. - Sentenza 156/2010 do Xulgado do Contencioso-Adminstrativo nº 3 de Pontevedra. - Sentenza 262/2011 do Xulgado de Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra. Considerando.- Que a mais non se produciron outras caídas polos mesmos feitos, o que incide nun comportamento hipoteticamente tórpido da accidentada. Considerando.- Que podería barallarse coma causa hipotética da caída as posibles deficiencias das instalacións da cafetería, o que non é descartable a teor dos informes técnicos incorporados ó expediente, pero continuaríamos nun ámbito de atribución de responsabilidades alleo a esta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 4.19993.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.19994.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A FEMP E O IMSERSO, PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA Subscrita no ano 1998 a adhesión da Deputación de Pontevedra ó Convenio de Colaboración IMSERSO-FEMP para a prestación do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, e prorrogada ata o 31 de decembro de 2011, en virtude de sucesivas prórrogas anuais pola Xunta de Goberno do 20 de abril de 2012 aprobouse a modificación da porcentaxe da Deputación, pasando a ser do 36,47 %, e ascendendo a do IMSERSO ó 65,63 %, polo que á vista dos informes de 2 de maio de 2012 emitidos polo Sr. Interventor e pola Xefa de Servizo de Acción Social, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a FEMP e o IMSERSO para a prestación do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria 2012, cun custo global de 368.224,90 €, sendo a achega desta Entidade Local dun 36,47 % do mesmo, é dicir 134.291,62 € con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.233.480.03, cunha vixencia ata o 31 de decembro de 2012. 6.19995.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A VARIOS EMPREGADOS a) Mediante escrito de data 27 de abril de 2012, D. Amancio Varela García, como Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías, expón que “a Deputación de Pontevedra, ten abertos na actualidade distintos proxectos de innovación tecnolóxica que requiren unha ampliación de diversos sistemas físicos de proceso de datos. Entre estes proxectos, un dos máis importantes é a futura adquisición dun sistema de almacenamento de gran rendemento e escalabilidade incluído dentro dos denominados sistemas “Big Data”. Este sistema de almacenamento é especialmente relevante dentro da iniciativa de creación dun novo “Centro de coñecemento avanzado para a explotación de Patrimonio Documental e Bibliográfico”, englobada dentro do proxecto DepoTIC. Dito proxecto inclúe a dixitalización de fontes documentais, audiovisuais, sonoras, gráficas e cartográficas do Arquivo Provincial así como a dixitalización de fondos documentais dos concellos da provincia de Pontevedra. Tendo en conta a índole desta iniciativa, a capacidade de almacenamento supón unha parte de especial relevancia, motivo polo cal o citado proxecto xa considera unha partida orzamentaria para a adquisición de equipamento hardware. A empresa Internacional de Periféricos e Memorias (IPM), é un provedor involucrado na subministración de material deste tipo noutros proxectos de grande envergadura, en concreto é o adxudicatario do LOTE 1 do proxecto eDepo. Co fin de ver as solucións posibles para suplir a carencia actual de equipamento mencionado, a empresa IPM invita os próximos días 3 e 4 de maio de 2012 a D. Amancio Varela García e D. Francisco Couñago Magariños (Responsable e Técnico de Sistemas do Servizo de Novas Tecnoloxías, respectivamente) a ver un sistema en produción deste tipo en Barcelona, para poder realizar probas con distintos tipos de almacenamento e poder desta forma avaliar as diversas solucións que nos formulan. Solicita autorización e axuda económica para poder desprazarse a Barcelona os días 3 e 4 de maio de 2012 os traballadores D. Amancio Varela García (responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías) e D. Francisco Couñago Magariños(Técnico de Sistemas do Servizo de Novas Tecnoloxías). Examinada a documentación que obra no expediente, consta que non se tramitou a solicitude con antelación abondo polo que procede a súa validación. A solicitude é conformada favorablemente pola Deputada Dna.Begoña Estévez Bernárdez. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, validar e conceder a D. Amancio Varela García (responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías) e D. Francisco Couñago Magariños (Técnico de Sistemas do Servizo de Novas Tecnoloxías) licenza para asistir así como unha axuda económica en concepto de locomoción por importe de 41,60 € (a aboar a D. Amancio Varela García), estando analizados do seguinte xeito: Desprazamento: (Saída día 03/05/2012 pola mañá e regreso o día 04/05/2012 pola tarde/noite): CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra – Aeroporto de Vigo-Pontevedra (35 km x 2) x 0,19 € 13,30 € 926.926.231.20 Peaxe: Ida e volta (Pontevedra – Aeroporto de Vigo – Pontevedra) 6,30 € 926.926.231.20 Aparcamento: Aeroporto de Vigo 22,00 € 926.926.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 41,60 € 926.926.231.20 Unha vez finalizada a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. b) Con data 19 de abril de 2012 e con número de rexistro de entrada 010311, o Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, D.Miguel Pereira Figueroa expón que é de enorme interese a formación permanente do persoal do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, acorde con novos tempos e retos que se presentan, entre eles o relativo ó acceso de información por parte do cidadán, e, con motivo do VI Congreso de Archivos de Castilla y León “El derecho a saber y el deber de la privacidad” a celebrar en Valladolid os días 9, 10 e 11 de maio de 2012, considérase recomendable a participación a D. José Luis Castro Carpintero (Xefe de Sección do Arquivo Provincial). Por iso solicita permiso e axuda económica para que o devandito traballador asista a este Congreso. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, D. Miguel Pereira Figueroa e conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido do Congreso e o traballo que vén desenvolvendo dito traballador no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; non obstante, para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó abeiro da norma 14ª do acordo n.º 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o traballador deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Congreso e as conclusións obtidas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 do 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, conceder a D. José Luis Castro Carpintero licenza para asistir ó VI Congreso de Archivos de Castilla y León “El derecho a saber y el deber de la privacidad” a celebrar en Valladolid os días 9, 10 e 11 de maio de 2012. Os gastos derivados da asistencia a este Congreso analízanse do seguinte xeito: Desprazamento: (Saída día 09/05/2012 antes das 14:00 h. e regreso o día 12/05/2012 antes das 14:00 h.): CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra –Valladolid - Pontevedra (461 km. x 2) x 0,19 € 175,18 € 12/332.330.231.20 Peaxe: Ida e volta (3,15 € x 2) 6,30 € 12/332.330.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 181,48 € 12/332.330.231.20 Dietas: (Saída día 09/05/2012 antes das 14:00h. e regreso o día 12/05/2012 antes das 14:00h.): CONCEPTO TOTAL PARTIDA Dieta (Grupo II) (100 % dieta) Aloxamento + Manutención DÍA 09/05/2012 103,37 € 12/332.330.230.20 Dieta (Grupo II) (80 % dieta) Aloxamento + Manutención DÍA 10/05/2012 82,70 € 12/332.330.230.20 Dieta (Grupo II) (80 % dieta) Aloxamento + Manutención DÍA 11/05/2012 82,70 € 12/332.330.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 268,77 € 12/332.330.230.20 Dado que os gastos previsibles ocasionados polo traballador ascenden a un total de 450,25 €, só se aboará o tope máximo de 400,00 €/solicitante en concepto de desprazamento e axudas, de conformidade coa normativa 11ª do acordo n.º 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder aos solicitantes. Dito tope máximo (400,00 €) imputarase ás aplicacións orzamentarias 12/332.330.231.20 de locomoción por un importe de 181,48 € e 12/332.330.230.20 de axudas por un importe de 218,52 €. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o Congreso, para que se aboe a axuda económica proposta, o interesado deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 7.19996.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA DE RADIO “ONDA CERO” O Xefe de Negociado de Relacións Públicas a través de escrito de data, 30 de marzo de 2012, solicita que se contrate a prestación de servizos de publicidade coa empresa Uniprex, S.A, para a difusión dos seguintes contidos publicitarios na emisora de radio “Onda Cero”. Emisión e produción dende a provincia de Pontevedra de dous programas a nivel nacional con contidos sobre os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Emisión de cuñas publicitarias nas seis emisoras de radio da cadea “Onda Cero” na provincia de Pontevedra (Vigo-Baiona-Val Miñor, O Porriño-A Louriña-O Rosal, Tui –O Baixo Miño, Ponteareas-Condado-A Paradanta, Pontevedra-O Salnés-Arousa e Lalín-Deza-Tabeirós-Terra de Montes). O custo deste servizo cífrase na suma total de 79.998,10 €, IVE incluído (Do importe total 67.795,00 € corresponden ó prezo do contrato e 12.203,10 € ó IVE). Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 13/04/2012, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 79.998,10 € para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.02 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 2 de maio de 2012. Resultando que con data 3 de maio de 2012, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade nas emisoras de “Onda Cero”. Resultando que con data 4 de maio de 2012, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente onde se deixa constancia dunha serie de observacións e recomendacións en relación á aprobación do expediente. Considerando que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como "de servizos" ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación sobre a base do estipulado no artigo 170 d) de citado Real Decreto Lexislativo 3/2011, ó gozar a empresa “Uniprex, S.A.” de exclusividade para realizar este. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado Real Decreto Lexislativo 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na emisora de radio “Onda Cero”, por un importe global de setenta e nove mil novecentos noventa e oito euros con dez céntimos (79.998,10 €), IVE incluído, (Do importe total, 67.795,00 € corresponden ó prezo do contrato e 12.203,10 € ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: TIPO DE INSERCIÓN PREZO IVE TOTAL Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00 € 35.400,00 € Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00 € 35.400,00 € Paquete de cuñas publicitarias 7.795,00 € 1.403,10 € 9.198,10 € TOTAL…………….. 67.795,00 € 12.203,10 € 79.998,10 € 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 79.998,10 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.02 do vixente orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos citados servizos de publicidade, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa Uniprex, S.A., ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS DE ONDA CERO 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos por parte da empresa Uniprex, S.A., para a difusión das actividades da Deputación de Pontevedra a través dos seguintes contidos publicitarios na emisora de radio “Onda Cero”: Emisión e produción dende a provincia de Pontevedra de dous programas que se emitirán a nivel nacional con contidos sobre os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Emisión de cuñas publicitarias nas seis emisoras de radio da cadea “Onda Cero” na provincia de Pontevedra (Vigo-Baiona-Val Miñor, O Porriño-A Louriña-O Rosal, Tui –O Baixo Miño, Ponteareas-Condado-A Paradanta, Pontevedra-O Salnés-Arousa e Lalín-Deza-Tabeirós-Terra de Montes). 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/900.912.226.02 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 3.- PAGO.- O adxudicatario terá dereito ó pago, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- En base ó informe da Xefa de Negociado de Relacións Públicas, de data, 30 de marzo de 2012, a empresa Uniprex, S.A., goza de exclusividade nos dereitos da emisora de radio “Onda Cero”, motivo polo cal a adxudicación realizarase utilizando o procedemento negociado de conformidade co artigo 170 d) do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (R.d.l. 3/2011, en diante). Ó existir unha única empresa que pode realizar o contrato por razóns de exclusividade (artigo 174 d do R.d.l. 3/2011) non se fai necesario publicar un anuncio do mesmo en aplicación do artigo 31.1.B da Directiva 2004/18/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 31 de marzo de 2004 sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministracións e de servizos. 5.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2012. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de sesenta e sete mil setecentos noventa e cinco euros (67.795,00 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE, de doce mil douscentos tres euros con dez céntimos (12.203,10 €), de acordo á seguinte desagregación: TIPO DE INSERCIÓN PREZO IVE TOTAL Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00€ 35.400,00 € Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00€ 35.400,00 € Paquete de cuñas publicitarias 7.795,00 € 1.403,10 € 9.198,10 € TOTAL…………….. 67.795,00 € 12.203,10 € 79.998,10€ 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do R.d.l. 3/2011 e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 de dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 96 do R.d.l. 3/2011. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa e que neste caso goza de exclusividade para a realización do contrato. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sé Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sé de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA CORRESPONDENTE Á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA DE RADIO “ONDA CERO” B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTACIÓN XERAL CORRESPONDENTE Á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA DE RADIO “ONDA CERO. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do R.d.l. 3/2011. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a. As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b. Relación de medios de que dispón o empresario para a execución do contrato. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR. Serán os seguintes: Menor prezo e mellores características da proposta técnica. 11.- REQUIRIMENTO Ó LICITADOR QUE GOZA DE EXCLUSIVIDADE PARA A REALIZACIÓN DO CONTRATO. O órgano de contratación solicitará os informes técnicos que estime pertinentes para comprobar que a oferta presentada polo licitador que goza de exclusividade para realizar este contrato cumpre co estipulado nos pregos e requirirá ó licitador para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a declarar deserto o procedemento de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que goza de exclusividade para a realización deste contrato. A adxudicación será motivada, notificarase ó licitador e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se houbese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar o seu execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 15.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo R.d.l. 3/2011 ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 16.- OBRIGACIÓNS DO CONTRATISTA.- Ademais das obrigacións xerais derivadas do réxime xurídico do presente contrato o empresario quedará obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes en materia de lexislación laboral, seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo. O incumprimento destas obrigacións por parte do contratista non implicará responsabilidade algunha para a Deputación de Pontevedra. 17.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir dito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo do contrato. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos. 223 e 308 do R.d.l. 3/2011. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo R.d.l. 3/2011 e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................, maior de idade, veciño de................, con domicilio en ................titular do DNI.................., expedida en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa........................con C.I.F.- número.............. e domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo invitado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente ós SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA “ONDA CERO”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: PREZO DO CONTRATO: A) Prezo contrato euros. B) IVE (18%) euros. C) TOTAL (A+B) euros. (En letra e número) De acordo co seguinte detalle: TIPO DE INSERCIÓN PREZO IVE TOTAL Patrocinio dun programa a nivel nacional ……….. € ……….. € ………….. € Patrocinio dun programa a nivel nacional ……….. € ……….. € ………….. € Paquete de cuñas publicitarias ……….. € ……….. € ………….. € TOTAL…………….. ……….. € ……….. € ………….. € Características da proposta técnica (Indicar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente).” 8.19997.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SE PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA A ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES “ÚNETE Á VOLTA” A Deputación no afán de fomentar o deporte e en especial o da bicicleta, con motivo do percorrido da volta España pola nosa provincia, pretende celebrar en colaboración cos concellos da provincia un amplo programa de actividades. Este programa contará con elementos propios da volta ciclista oficial, como é a utilización do podio oficial, a imaxe da volta, etc. Por este motivo, a Xunta de Goberno, en sesión ordinaria do día 13 de abril de 2012, aprobou o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, a organización e xestión deste programa de actividades, vinculado á volta ciclista a España coa empresa Unipublic, S.A. que ten os dereitos de explotación en exclusiva. Na mesma sesión tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa Unipublic S.A. ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou esta no Rexistro Xeral desta Deputación. O orzamento total do contrato é de setenta e oito mil euros. Resultando que o Xefe do servizo de deportes, con data 26 de abril de 2012 emite informe onde deixa constancia de que a oferta presentada, cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato. Resultando que por Resolución Presidencial 5016, de data 26 de abril de 2012, se lle requiriu á empresa para que achegase diversa documentación establecido no artigo 151.3 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e se cumpro co ingreso dunha garantía definitiva por importe de 3.305,08 €. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado Rd.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, ó tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa Unipublic, S.A. o contrato correspondente á organización e xestión do programa de actividades “ÚNETE A VOLTA”, por un importe de setenta e oito mil euros (78.000,00 €). 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato se realizará dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación do acordo de adxudicación. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 2012/340.341.227.06 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 9.19998.- CONTRATO CORRESPONDENTE Á SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” E DE GASÓLEO DE CALEFACCIÓN CLASE “C” PARA OS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. ACLARACIÓNS SOBRE A FACTURACIÓN A REALIZAR Ó ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA DE CANTEIROS A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2012, acordou adxudicar á empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.-A-80.298.839) o contrato correspondente á subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc.) de 0,03776 euros/litro para o gasóleo “A” e de 0,03560 euros/litro para o gasóleo “C”, que será aplicable á fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, ata a cantidade máxima anual de trescentos setenta e sete mil catrocentos euros (377.400,00 €). Resultando que neste contrato figura para a Escola de Canteiros unha estimación de gasto de 5.000 litros/ano de consumo de gasóleo “C”, para a cal se realizou o compromiso de gasto da cantidade de 4.500,00 € na aplicación orzamentaria 12/832.323.221.03 (Documento D número de operación 201200000505 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros). Resultando que o Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros dispón de tarxeta de identificación fiscal expedida pola Axencia Tributaria onde figura o número de identificación fiscal P3600029G. Resultando que para efectos contables se fai necesario que a subministración do gasóleo “C” que a empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., adxudicataria deste contrato adxudicado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, realice ó Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros, se poida facturar á dito organismo autónomo figurando o número de identificación fiscal deste. Considerando que a Xunta de Goberno é o órgano que adxudicou este contrato e é o que ten competencia para efectuar as oportunas actuacións para a correcta execución deste, é polo que. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que as subministracións de gasóleo “C” que se realicen ó Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros, ó abeiro do contrato adxudicado pola Deputación Provincial de Pontevedra á empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (C.I.F:A.80298839) na sesión celebrada pola Xunta de Goberno o día 23 de xaneiro de 2012, factúrense directamente ó devandito Organismo Autónomo, sendo o pagamento das facturas con cargo ó crédito retido na aplicación a orzamentaria 12/832.323.221.03 (Documento D número de operación 201200000505 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros). 2. Comunicar á empresa adxudicataria, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A, que os datos fiscais a incluír na facturación a emitir polas subministracións que realice ó O.A.L. Escola de Canteiros son os seguintes: Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros” de Pontevedra. C.I.F.- P3600029G. Domicio social: Lugar Boavista, Rúa Illa do Santo, núm 2 . 36005-POIO. 10.19999.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 5/2012 O Xefe do Servizo de Recursos Humanos mediante escrito de data 23 de abril de 2012 pon de manifesto a necesidade de incrementar o importe do crédito da aplicación orzamentaria 12/921.920.143.01 do orzamento prorrogado de 2011 ó 2012, ó obxecto de afrontar os gastos que leva consigo ampliar de 600 a 618 o número de traballadores a contratar con cargo ó Plan de Emprego 2012, e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 100.000,00 €, cuxo financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito das seguintes aplicacións orzamentarias: Aplicación Importe 12/912.912.120.01 ……………………………………… 9.500,00 12/912.912.121.00 ……………………………………… 5.800,00 12/912.912.121.01 ……………………………………… 8.300,00 12/921.920.120.01 ……………………………………… 5.500,00 12/921.920.121.00 ……………………………………… 3.900,00 12/921.920.121.01 ……………………………………… 6.500,00 12/922.920.120.01 ……………………………………… 5.500,00 12/922.920.121.00 ……………………………………… 4.300,00 12/922.920.121.01 ……………………………………… 9.000,00 12/923.923.120.01 ……………………………………… 5.500,00 12/923.923.121.00 ……………………………………… 3.400,00 12/923.923.121.01 ……………………………………… 3.800,00 12/925.920.120.01 ……………………………………… 12.000,00 12/925.920.121.00 ……………………………………… 8.000,00 12/925.920.121.01 ……………………………………… 9.000,00 Visto o informe de Intervención, de data 30 de abril de 2012, no que se deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as aplicacións orzamentarias citadas, así como que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas aplicacións orzamentarias cuxo crédito se minora nas cantidades relacionadas no parágrafo primeiro se expediron os correspondentes documentos RC, con números de operación 2001200031147; 2001200031148; 2001200031149; 2001200031188; 2001200031189; 2001200031190; 2001200031191; 2001200031192, 2001200031193; 2001200031194; 2001200031195; 2001200031196, 2001200031197; 2001200031198 e 2001200031199 e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencentes a distintos centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 5/2012 por importe total de 100.000,00 €, incoado polo Xefe do Servizo de Recursos Humanos, minorando crédito nos importes e nas aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polo importe e na aplicación orzamentaria que se detalla a continuación: APLICACIÓN A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/921.920.143.01 Plan de emprego ……..……………..…… 100.000,00 € TOTAL......................................... 100.000,00 € APLICACIÓN A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/912.912.120.01 Soldo. Gabinete Presidencia 9.500,00 12/912.912.121.00 Complemento destino Gabinete Presidencia. 5.800,00 12/912.912.121.01 Complemento específico Gabinete Presidencia. 8.300,00 12/921.920.120.01 Soldo. Recursos Humanos 5.500,00 12/921.920.121.00 Complemento destino. Recursos Humanos 3.900,00 12/921.920.121.01 Complemento específico. Recursos Humanos 6.500,00 12/922.920.120.01 Soldo. Contratación 5.500,00 12/922.920.121.00 Complemento destino. Contratación 4.300,00 12/922.920.121.01 Complemento específico. Contratación 9.000,00 12/923.923.120.01 Soldo. CPAM 5.500,00 12/923.923.121.00 Complemento destino. CPAM 3.400,00 12/923.923.121.01 Complemento específico. CPAM 3.800,00 12/925.920.120.01 Soldo. Sede Vigo 12.000,00 12/925.920.121.00 Complemento destino. Sede Vigo 8.000,00 12/925.920.121.01 Complemento específico. Sede Vigo 9.000,00 TOTAL............................... 100.000,00 € 11.20000.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota