Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2013-05-10_Ordinaria. Acta de sesión 2013/05/10_Ordinaria
Acta de sesión 2013/05/10_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.674/1.2013-05-10_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/05/10_Ordinaria
Data(s) 2013-05-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dez de maio do ano dous mil trece, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal nin o Deputado, D. José Luis Pérez Estévez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20820.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 26 de abril do ano 2013. 2.20821.- ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º SEMESTRE DO ANO 2013 DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Á vista da solicitude formulada polo Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento CIF: P-3600036-B, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 719.850,00 €, para os gastos de funcionamento do 1º semestre do ano 2013, e á vista do informe de intervención de data 3 de maio de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 719.850,00 €, para o 1º semestre do ano 2013, ó Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 719.850,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13/942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201300048025. 3.20822.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES DA PROVINCIA, PARA A COORDINACIÓN DO COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS En aras do interese público e ó abeiro dos artigos 57 e seguintes da Lei de réxime local e do artigo 198.3 da Lei 5/97, de Administración local de Galicia, e coa finalidade de garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais de competencia municipal dos concellos de menos de 20.000 habitantes do territorio provincial, a Deputación pretende coordinar o seu cofinanciamento de acordo co esixido polo Decreto 99/2012, de 16 de marzo. Resultando que a Deputación de Pontevedra para levar a cabo este cofinanciamento elaborou un modelo de convenio tipo, co obxecto de establecer as bases de colaboración con cada un dos concellos asinantes, para garantir a prestación integral e axeitada dos Servizos Sociais comunitarios municipais. A través deste convenio tipo comprométese a transferirlle ós Concellos de menos de 20.000 habitantes, titulares dos servizos sociais comunitarios, as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes módulos: a) Módulo dos gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica. Se tomará como referencia máxima a media do custo/hora (11,66 € ) do gasto total xustificado por cada concello no ano 2012. En todo caso a contía concedida, non poderá superar a outorgada no exercicio 2012. b) Módulo dos gastos derivados da contratación de persoal dos equipos con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador social de referencia. Se tomará como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012. c) Módulo dos gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos. Se tomará como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012. Resultando que o cantidade global máxima para cubrir as achegas económicas derivadas dos convenios a asinar cos concellos de menos de 20.000 habitantes, titulares dos servizos sociais comunitarios, ascende a suma de 2.196.530,00 €, e que polo servizo de intervención emitiu o documento “Rc” número de operación 201300006142 por dito importe, para facer fronte a parte do gasto corresponde a Deputación de Pontevedra. Considerando que o órgano competente para a aprobación deste convenio tipo para a coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Pontevedra é a Xunta de Goberno, de acordo coas bases aprobadas para a execución do vixente orzamento provincial, e vistos os informes emitidos polo Secretario Xeral e por e polo Servizo de Intervención, que figuran no expediente, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o convenio tipo de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, e os Concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, para a coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Pontevedra, por un importe global máximo de 2.196.530 €. 2. Autorizar o gasto por importe global máximo 2.196.530 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.233.462.00 do vixente orzamento provincial. 3. Que para a sinatura deste convenio tipo, cada concello da provincia de menos de 20.000 habitantes deberá presentar no rexistro da Deputación de Pontevedra ou nos rexistros e lugares designados no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes do día 31 de maio de 2013 a seguinte documentación: Solicitude, segundo modelo, na que se detallen as cantidades para cada un dos módulos obxecto de subvención. Memoria por cada módulo, segundo modelo, asinado e selado que debe facer referencia ó desenvolvemento das actividades obxecto de subvención, así coma o orzamento, especificando conceptos e contías dos mesmos. Acreditación do persoal adscrito ós servizos sociais comunitarios municipais, a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade ou do órgano competente. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal da Corporación Local. Acreditación do cargo do representante legal da Corporación Local, a través dunha certificación do secretario/a da entidade ou copia da acta correspondente cotexada (Mod.230.036). CIF cotexado da Corporación Local. Certificado do secretario/a, sobre o acordo do órgano competente do Concello, aprobando a achega municipal ó Convenio. Declaración de axudas e outros para cada módulo, segundo modelo oficial, no que consta: (Mod. 230.008) Relación de axudas solicitadas pola Corporación para a mesma finalidade. Que a Corporación non se atopa incursa en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Que autoriza á Deputación para solicitar certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria nas que se acredita estar ó corrente nas abrigas tributarias e coa Seguridade Social. Así mesmo, o Concello deberá estar ó corrente cas súas obrigacións fiscais ca Deputación de Pontevedra, situación que se determinará de oficio pola propia Deputación, a través do Servizo de Recadación. En todo caso se existirán débedas vencidas, líquidas e esixibles por parte do Concello, polo concepto de ingresos de dereito público provincial, autorizase á Deputación a que o pago da achega do presente convenio, se aplique a compensación cos débitos municipais acreditados. 4.- Aprobar o literal do convenio o cal se anexa. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A TRAVÉS DO SERVIZO DE SERVIZOS SOCIAIS E PROMOCIÓN DO EMPREGO, E O CONCELLO DE-------------------- PARA A COORDINACIÓN DO COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS Pontevedra, …… de …… de 2013 REUNIDOS Dunha parte, a Deputación de Pontevedra e, no seu nome e representación, o seu presidente, D. Rafael Louzán Abal, que actúa no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Doutra parte, o Concello de………………………………e, no seu nome e representación,o seu alcalde-presidente, D. ……………………………que actúa no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Todas as partes se recoñecen, no concepto no que respectivamente interveñen, a capacidade legal suficiente para asinar este convenio de colaboración e, para o efecto, EXPOÑEN I. Que a Deputación de Pontevedra ten competencias en materia de servizos sociais, segundo as previstas na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 63, así coma no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, no seu artigo 31 das competencias das deputacións provinciais, que se concretan no apoio prioritario ó financiamento do SAF básico ós concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o financiamento ós ditos concellos para a contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ó profesional de referencia que se regula no artigo 37 do mesmo decreto. II. Que os concellos, así mesmo, en virtude das previsións citadas na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 60, e do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, teñen atribuídas competencias para a prestación de servizos sociais. III. Que se establece este convenio de cooperación, ó amparo dos artigos 57 e seguintes da Lei de réxime local e do artigo 198.3 da Lei 5/97 de Administración local de Galicia, coa finalidade de garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais de competencia municipal dos concellos de menos de 20.000 habitantes do territorio provincial. Para os efectos de que a acción coordinada da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes permita o bo desenvolvemento e prestación dos servizos sociais comunitarios municipais, as partes comparecentes acordan formalizar este convenio de colaboración, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto do convenio: Establecer as bases de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de ……………………………. para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios municipais, mediante o cofinanciamento da prestación dos ditos servizos por parte das corporacións locais da provincia, coa finalidade de asegurar a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos, agás o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes, que é obxecto dun financiamento separado e específico no marco do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). SEGUNDA. Obrigas das partes no relativo ós servizos sociais comunitarios: 1) A Deputación de Pontevedra comprométese a transferirlle ó Concello de……………….., titular dos servizos sociais comunitarios, as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes módulos: a) Para o módulo dos gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, concédese unha subvención de…………………………………..euros; tomando como referencia máxima a media do custe/hora (11,66 ) do gasto total xustificado por cada concello. En todo caso a contía concedida, non poderá superar a otorgada no exercicio 2012. b) Para o módulo dos gastos derivados da contratación de persoal dos equipos con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador social de referencia, tomando como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012, concédese unha subvención de………………………...euros. c) Para o módulo dos gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos, tomando como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012, concédese unha subvención de………………………... euros. 2) O Concello de ………………………………, segundo o artigo 50, punto 2, do Decreto 99/2012, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, fará unha achega económica mínima do 20% do orzamento total da suma dos módulos subvencionados neste convenio, e deberá consignar nos seus orzamentos os créditos necesarios para o financiamento dos servizos sociais comunitarios da súa competencia, segundo o artigo 54 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. O Concello obxecto deste convenio situará nun lugar visible do propio centro de Servizos Sociais Comunitarios Municipais un cartel informativo que faga constar o cofinanciamento da Deputación de Pontevedra. O cartel, que seguirá as directrices do Manual de Identidade Corporativa da institución provincial, será enviado desde o Departamento de Servizos Sociais e Promoción do Emprego da Deputación de Pontevedra. As entidades beneficiarias deberán proporcionarlle ó persoal contratado para o servizo de axuda no fogar (sexa persoal propio ou por contratación de empresa) as tarxetas identificativas do servizo subvencionado. Estas tarxetas serán facilitadas polo Departamento de Servizos Sociais e Promoción do Emprego da Deputación de Pontevedra e reflectirán, xunto coa identificación do posto de traballo, a imaxe corporativa da institución provincial. O persoal deberá levalas consigo cando estea realizando a actividade obxecto da subvención. TERCEIRA. Financiamento: Para formalizar este convenio existe consignación orzamentaria na aplicación 13/232.233.462.00 por importe de 2.196.530 €, para o financiamento do gasto dos servizos sociais comunitarios municipais sinalados na cláusula SEGUNDA, sendo con cargo ó orzamento municipal, como mínimo, o 20 % do gasto total dos tres módulos. CUARTA. Pagamento e xustificación: A Deputación de Pontevedra pagaralle as contías fixadas para cada módulo ó Concello de ………, achegando o 35% da contía total á firma deste convenio, e o 65% da contía total á xustificación final do Convenio. Para xustificar o cumprimento e pagamento do convenio é preciso: 1. Conta xustificativa por cada un dos módulos obxecto da subvención, segundo o modelo oficial, por importe igual ou superior ó orzamento total da actividade presentado pola entidade na súa solicitude, achegando unha certificación do secretario ou interventor acreditativa de que os gastos cuxo detalle figura na conta xustificativa son reais e se aplicaron a finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se sé considera oportuno, os xustificantes correspondentes. 2. Declaración de axudas e outros para cada módulo, segundo modelo oficial (mod. 230.008), no que consta: - Relación de axudas solicitadas pola Corporación para a mesma finalidade. - Que a Corporación non se atopa incursa en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Que autoriza a Deputación para solicitar certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, nas que se acredita estar ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Xustificación da difusión publicitaria da subvención, mediante fotografía do cartel informativo proporcionado polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego da Deputación de Pontevedra, no que se faga constar a súa localización, e fotografía das tarxetas identificativas proporcionadas polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego da Deputación de Pontevedra para cada un dos traballadores do servizo de axuda no fogar. 4. Certificación do número de conta bancaria da que é titular o Concello. 5. Memoria para cada un dos módulos, asinada e selada polo técnico responsable de servizos sociais, explicativa do desenvolvemento das accións subvencionadas: breve descrición destas, obxectivos e expectativas previstas segundo proxecto presentado no momento da solicitude. En ningún caso o importe da achega provincial e en concorrencia coas axudas doutras administracións públicas para a mesma finalidade, poderá exceder do total xustificado. De conformidade co establecido no artigo 89 e concordantes do R.D. 887/2006, de 21 xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións procederá a perda do dereito ó cobro da subvención e, no seu caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas, a falta de xustificación ou a concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións. Determínase a porcentaxe de subvención outorgada con respecto a solicitada coma criterio de graduación deses posibles incumprimentos de cara a determinar a cantidade que finalmente deberá percibir o Concello, respondendo o principio de proporcionalidade. O Concello de----------que non puidera xustificar a totalidade do importe anticipado, deberá reintegrar a diferenza a Deputación de Pontevedra, en caso contrario, facultará a mesma, para aplicar a compensación como forma de extinción de débeda con cargo a calquera cantidade a pagar pola Deputación e/ou ós recursos municipais cuxa xestión recaudatoria lle fose efectivamente delegada á entidade provincial. O prazo para a xustificación deste convenio será ata o 31 de marzo de 2014. QUINTA. Compatibilidade de axudas: O Concello poderá concorrer á convocatoria de calquera outra axuda ou subvención destinada ós mesmos programas, para o financiamento de conceptos non cubertos por esta achega, con arranxo ó disposto nas respectivas convocatorias. SEXTA. Publicidade: As partes asinantes autorizan, coa formalización deste convenio, que se inclúan e fagan públicos os datos relativos á achega económica outorgada por medio deste convenio. SÉTIMA. Causas de resolución: Serán causas de resolución deste convenio: a. O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas b. O mutuo acordo das partes OITAVA. Comisión de seguimento: Para os efectos do seguimento e control das actuacións previstas neste convenio créase unha comisión mixta paritaria, composta por dous representantes de cada unha das partes asinantes, á que lle corresponderá a interpretación do convenio e a resolución de controversias que se poidan xerar na súa execución. Dita comisión estará formada, por parte da Deputación, polo xefe do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a técnica do servizo ,actuando esta como secretaria da Comisión, e por parte da Corporación Local polo alcalde-presidente ou a persoa en quen delegue e o traballador social ou persoa responsable do convenio. NOVENA. Duración do convenio: Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá efectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2013. DÉCIMA. Natureza do convenio: Este convenio terá carácter administrativo, sen que en ningún caso se poidan derivar del dereitos ou obrigas de carácter laboral. Os seus efectos rexeranse polo establecido nas súas cláusulas e, no non previsto, aplicaránselle os principios do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Estado, para resolver as lagoas e dúbidas que se puidesen presentar. E, en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asinan e rubrican, en triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento. O presidente, O alcalde/presidente do Concello de……., Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. ……….” 4.20823.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE VIGO, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 195/2012, PROMOVIDOS POR DNA. MARÍA FERNANDA GRANDE SANTOS CONTRA O CONCELLO DE BAIONA, IMPUGNANDO RESOLUCIÓN DA SÚA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DITADA EN EXPEDIENTE SANCIONADOR POR VENDA DE ALCOHOL A MENORES Dada conta que con data 27 de setembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 195/2012, promovidos por Dna. María Fernanda Grande Santos contra o Concello de Baiona, que foi defendido en dito procedemento polo Letrado-Xefe do Servizo de Asesoría Xurídica desta Deputación, en virtude Resolución da Presidencia nº 009237, de 30 de xullo de 2012, ó amparo do disposto no artigo 113 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e conforme ó solicitado polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Baiona, contra desestimación de recurso de reposición interposto contra sanción de multa de 5.005,07 € por infracción grave consistente na venda de alcohol a menores, na que se desestima dito recurso, declarando axustada a dereito a sanción imposta, con imposición da custas xudiciais á demandante. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 5.20824.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE VIGO, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 196/2012, PROMOVIDOS POR DNA. MARÍA FERNANDA GRANDE SANTOS CONTRA O CONCELLO DE BAIONA, IMPUGNANDO RESOLUCIÓN DA SÚA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DITADA EN EXPEDIENTE SANCIONADOR POR VENDA DE ALCOHOL A MENORES Dada conta que con data 24 de setembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 196/2012, promovidos por Dna. María Fernanda Grande Santos contra o Concello de Baiona, que foi defendido en dito procedemento polo Letrado-Xefe do Servizo de Asesoría Xurídica desta Deputación, en virtude Resolución da Presidencia nº 009237, de 30 de xullo de 2012, ó amparo do disposto no artigo 113 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e conforme ó solicitado polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Baiona, contra desestimación de recurso de reposición interposto contra sanción de multa de 5.005,07 € por infracción grave consistente na venda de alcohol a menores, na que se desestima dito recurso, declarando axustada a dereito a sanción imposta, con imposición da custas xudiciais á demandante. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 6.20825.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 323/2011, PROMOVIDOS POR REALE SEGUROS GENERALES , S.A., CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE ARQUIVO DO EXPEDIENTE DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA E.P. 7016 VINSEIROS-AS CASETAS (A ESTRADA) Dada conta que con data 26 de setembro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 17 de setembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 323/2011, promovidos por Reale Seguros Generales, S.A., contra Resolución Presidencial de arquivo por non cumprimentación do requisito de admisión da achega da póliza orixinal no expediente de reclamación patrimonial por importe de 531,96 € en concepto de danos padecidos en automóbil na estrada provincial 7016 Vinseiros-As Casetas (A Estrada), como consecuencia da existencia de substancia deslizante na calzada, na que se desestima o recurso declarando axusta a dereito a Resolución ditada, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 7.20826.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 32/2012, PROMOVIDOS POLA MERCANTIL CATALANA OCCIDENTE, S.A. SEGUROS E D. ALBERTO COELLO MARTÍNEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 3102 TOMIMO-SABARÍS Dada conta que con data 29 de novembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 32/2012, promovidos pola mercantil Catalana Occidente, S.A. Seguros e D. Alberto Coello Martínez contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 3102 Tomiño-Sabarís, como consecuencia da existencia dunha placa de xeo na calzada, que foron valorados en 7.719,37€, na que se desestima dito recurso con imposición das custas xudiciais ó demandante, que ascenden a 1.150,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.20827.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 200/2012, PROMOVIDOS POR DNA. SANDRA LORENZO LÓPEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS E LESIÓNS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P.0601 PORTOSANTO-CAMPELO (POIO) Dada conta que con data 20 de marzo de 2013 notifícase sentenza núm. 68/13 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 200/2012, promovidos por Dna. Sandra Lorenzo López contra desestimación de reclamación patrimonial por danos e lesións en accidente de tráfico na estrada provincial 0601 Portosanto-Campelo (Poio), como consecuencia da existencia dunha mancha de aceite ou gas-oil na calzada, valorados en 22.476,59 €, na que se desestima o recurso, declarando axustado a Dereito o acordo desestimatorio, con imposición das custas xudiciais á demandante, que ascenden a 2.815,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 9.20828.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 227/2012, PROMOVIDOS POR DNA. Mª CARMEN BARROS BREY E DNA. Mª ISABEL FERNÁNDEZ BARROS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓNS PATRIMONIAIS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 8401 PORTELA-SOUTO DE VEA (A ESTRADA) Dada conta que con data 1 de abril de 2013 notifícase sentenza núm. 77/12, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 227/2012, promovidos por Dna. Mª Carmen Barros Brey e Dna, Mª Isabel Fernández Barros, contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 8401 Portela-Souto de Vea (A Estrada), valorados en 12.285,02 €, debido á existencia de substancia deslizante na calzada, na que se desestima o recurso, declarando conforme a dereito o acordo adoptado, con condena en custas ás demandantes, por importe de 1.695,00 €, sendo levada a defensa da Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 10.20829.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCESO ABREVIADO NÚM. 30/2012, PROMOVIDOS POR D. MIGUEL FERRO SÁNCHEZ E REALE SEGUROS GENERALES, S.A., CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA E.P. 7010-DIRECCIÓN FOXO (A ESTRADA) Dada conta que con data 28 de setembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de proceso abreviado núm. 30/2012, promovidos por D. Miguel Ángel Ferro Sánchez e Reale Seguros, S.A. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 7010-dirección Foxo (A Estrada), como consecuencia da existencia dunha árbore que ocupaba o carril de circulación, danos que foron valorados en 1.694,18 €, na que se desestima o recurso con imposición das custas xudiciais ó demandante, que ascenden a 300,00 €, cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 11.20830.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 34/12-MS, PROMOVIDOS POR AXA SEGUROS GENERALES E D. RAMÓN FERNÁNDEZ QUINTAS, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 5107 (T.M. COVELO) Dada conta que con data 12 de decembro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 5 de decembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 34/12-MS, promovidos por Axa Seguros Generales e D. Ramón Fernández Quintas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en vehículo na estrada provincial 5107 Covelo-Paraños, termo municipal de Covelo, valorados en 1.652,00 €, en concepto de danos padecidos en vehículo como consecuencia da irrupción de cabalos na vía, na que se desestima o recurso con imposición das custas xudiciais ós demandantes, por importe de 300,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 12.20831.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 344/2012, PROMOVIDOS POR D. FRANCISCO GONZÁLEZ HERRERA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA SITA NA E.P. 2403 MOSENDE-MORGADÁNS (T.M. GONDOMAR) Dada conta que con data 20 de febreiro de 2013 notifícase sentenza núm. 41/2013 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 344/2012, promovidos por D. Francisco González Herrera contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en vivenda da súa propiedade, sita na rúa Vilas Campo Grande nº 69, na estrada provincial 2403 Mosende-Morgadáns (t.m. Gondomar), consistentes na aparición de fendas como consecuencia do volume de tráfico pesado na estrada, danos que valora en 3.103,65 €, na que se desestima o recurso, ó non quedar debidamente acreditada a relación de causalidade entre o volume de tráfico pesado e os danos na vivenda, con imposición das custas xudiciais ó demandante, por importe de 525,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 13.20832.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE VIGO, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 380/2012, PROMOVIDOS POLA MERCANTIL CASER SEGUROS CONTRA O CONCELLO DE BAIONA E CONTRA ESTA DEPUTACIÓN COMO PARTE CODEMANDADA, POR DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA Dada conta que con data 4 de marzo de 2013 notifícase sentenza núm. 45/2013 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 380/2012, promovidos pola mercantil Caser Seguros contra o Concello de Baiona e contra esta Deputación como parte codemandada, por desestimación de reclamación patrimonial por danos en vivenda propiedade da súa asegurada Dna. Mª Cristina Fernández Penedo, sita na Avenida Cruceiro Bahíña nº 29, valorados en 5.052,54€, por avaría na rede de sumidoiro, e na que se absolve de toda responsabilidade á Deputación, levando a defensa a Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 14.20833.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 396/11, PROMOVIDOS POR XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L., CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE LIQUIDACIÓN DEFINITIVA POR DEFECTUOSA REPOSICIÓN DE FIRME NA E.P. 4303 MONDARIZ-MEIROL Dada conta que con data 22 de outubro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 18 de outubro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 396/2011, promovidos por Xestión Ambiental de Contratas, S.L., contra Resolución Presidencial sobre liquidación definitiva, por defectuosa reposición de firme na estrada provincial 4303 Mondariz-Meirol, por importe de 5.066,36 €, na que acollendo a invocación do letrado desta Deputación sobre a firmeza do acto, declara a inadmisibilidade do recurso. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 15.20834.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 219/2012, PROMOVIDOS POR D. ROBERTO FIGUEIRAS QUINTAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN SOBRE DANOS EN ZONA DE DOMINIO PÚBLICO NA E.P. 2001 CALVARIO-A GARRIDA Dada conta que con data 7 de febreiro de 2013 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 219/2013, promovidos por D. Roberto Figueiras Quintas contra desestimación de recurso de reposición formulado contra Resolución Presidencial de 27 de marzo de 2012 pola que se lle requiría o pago de 479,83 € en concepto de liquidación provisional pola execución subsidiaria das obras de mellora de beirarrúa executadas por esta Deputación na estrada provincial 2001 Calvario-A Garrida, lugar de Mourelle, na que se desestima o recurso, con imposición das custas xudiciais ó demandante, que ascenden a 150,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 16.20835.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 51/2013, PROMOVIDOS POR DNA. ANA LIA VILA COSTAS CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DITADA EN EXPEDIENTE SANCIONADOR INCOADO POR INFRACCIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Dada conta que con data 10 de abril de 2013 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 8 de abril anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 51/2013, promovidos por Dna. Ana Lía Vila Costas contra Resolución Presidencial ditada en expediente sancionador incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, con imposición dunha sanción económica de 1.200,00 € e a reposición das cousas ó seu estado primitivo, que a xulgadora declara axustada a dereito, desestimando o recurso presentado con imposición de custas xudiciais por importe de 200,00 €., ostentando a defensa dos intereses provinciais a Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 17.20836.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 155/2012, PROMOVIDOS POR D. JOSÉ FUENTES ALENDE CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE 29 DE FEBREIRO DE 2012 DESESTIMATORIA DE RECURSO DE REPOSICIÓN FORMULADO CONTRA A DE 5 DE XANEIRO DE 2012, SOBRE REASIGNACIÓN DE FUNCIÓNS Dada conta que con data 28 de decembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 155/2012, promovidos por D. José Fuentes Alende contra Resolución Presidencial de 29 de febreiro de 2012, desestimatoria de recurso de reposición formulado contra a de 5 de xaneiro de 2012, sobre reasignación de funcións, na que se desestima o recurso, con imposición das custas xudiciais ó demandante, por importe de 300,00 €, sendo levada a defensa pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 18.20837.- SENTENZA DO XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 DE PONTEAREAS, RECAÍDA EN XUIZO DE FALTAS 639/2012, SOBRE FURTO DE MATERIAL NO PARQUE COMARCAL DE A LOMBA, RIBADETEA (PONTEAREAS) Dada conta que con data 19 de novembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Ponteareas, ditada en Xuízo de Faltas núm. 000639/2012 sobre furto de material no Parque Comarcal de A Lomba, en Ribadetea (Ponteareas) , pola que se condena a D. Santiago López Montoya como autor responsable dunha falta de furto en grao de tentativa, a unha pena de 6 días de localización permanente e ó pago das custas xudiciais, ostentando a acusación particular a Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 19.20838.- SENTENZA DO XULGADO DE MENORES Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS NÚM. 188/2012, INCOADOS POR DENUNCIA DA MENOR INTERNA NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE, N.B.B., CONTRA O MENOR TAMÉN INTERNO, J.A.E.P., E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL COMO RESPONSABLE CIVIL SUBSIDIARIA Dada conta que con data 11 de marzo de 2013 notifícase sentenza do Xulgado de Menores nº 1 de Pontevedra, recaída en autos núm. 188/2012 incoados por denuncia da menor interna na Cidade Infantil Príncipe Felipe, N.B.B., contra o menor tamén interno, J.A.E.P., e a Deputación Provincial como responsable civil subsidiaria, na que estimando parcialmente a denuncia condena ó menor J.A.E.P. á medida de 9 meses de liberdade vixiada coa obriga de sometemento a tratamento ambulatorio e prevención da violencia, así como ó pago dunha indemnización á menor, N.B.B. de 1.000,00 €, máis os xuros legais desde a data da sentenza ata o completo pago, figurando como responsables subsidiarias a Deputación e á súa aseguradora MAPFRE, ostentando a Asesoría Xurídica a defensa dos intereses desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido da mesma. 20.20839.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO Nº444/2011 PROMOVIDOS POLA MERCANTIL ZURICH ESPAÑA, COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A. E D. LUIS CARLOS GÓMEZ DACAL, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 2602 DIRECCIÓN PUXEIROS Dada conta que con data 26 de setembro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 444/2011, promovidos pola mercantil Zurich España, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. e D. Luis Carlos Gómez Dacal, contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2602 dirección Puxeiros, o día 9 de setembro de 2010, como consecuencia da existencia dunha tapa solta da rede de sumidoiro, na que estima dito recurso, recoñecendo ás demandantes unha indemnización de 1.426,40 € e 125,57 €, respectivamente. A Xunta de Goberno queda enterada da mesma. 21.20840.- DECRETO DA FISCALÍA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE DILIXENCIA INFORMATIVA Nº 1/2013, PROMOVIDOS POLO MINISTERIO FISCAL SOBRE AS BASES PARA O ACCESO ÓS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS NO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE E A LANZADA Dada conta que con data 6 de maio de 2013 notifícase Decreto da Fiscalía Provincial de Pontevedra, da mesma data, ditado en autos de Dilixencia Informativa nº 1/2013 promovidos polo Ministerio Fiscal sobre as bases para o acceso ós Campamentos deportivos no Centro Príncipe Felipe e A Lanzada, no que se acorda o arquivo das actuacións por non existir vulneración dos dereitos constitucionais e legais dos menores con discapacidade despois do expediente e alegacións razoadas feitas dende a Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 22.20841.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PEZA SEPARADA DE IMPUGNACIÓN DE CUSTAS XUDICIAIS NÚM. 501/2011, DIMANANTE DO PROCEDEMENTO ABREVIADO DE IGUAL NÚMERO, POLO QUE SE DESESTIMA A IMPUGNACIÓN FORMULADA POLA REPRESENTACIÓN PROCESAL DE D. MANUEL MEIS REY Dada conta que con data 17 de setembro de 2012 notifícase Decreto do Xulgado de Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, de 9 de setembro anterior, ditado en peza de impugnación de custas xudiciais núm. 501/2011, dimanante do procedemento abreviado de igual número, e no que se desestima dita impugnación, confirmando na súa integridade a taxación de custas xudiciais por importe de 210,00 € por honorarios profesionais devengados a favor da Deputación, á vista das alegacións presentadas Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 23.20842.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 241/12, PROMOVIDOS POR D. HERMINIO LÓPEZ AMOEDO, POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA E.P. 2602 PEINADOR-LOUREDO, COMO CONSECUENCIA DA EXISTENCIA DUNHA FOCHA NA CALZADA Dada conta que con data 14 de decembro de 2012 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, de data 12 de decembro anterior, ditado en autos de procedemento abreviado núm. 241/2012 promovidos por D. Herminio López Amoedo por danos en automóbil na estrada provincial 2602 Peinador-Louredo, como consecuencia da existencia dunha focha na calzada, ó terse acadado un acordo extraxudicial entre os demandantes e empresa adxudicataria das obras, despois das xestións e propostas efectuadas para a terminación convencional por parte da Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido do mesmo. 24.20843.- AUTO DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TSX DE GALICIA, DITADO EN AUTOS DE APELACIÓN NÚM. 4221/09 SOBRE TAXACIÓN DE CUSTAS XUDICIAIS Dada conta do Auto da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 14 de marzo de 2013, ditado en autos de recurso de apelación núm. 4221/09, promovidos por esta Deputación contra a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra no recurso ordinario 87/08 interposto por Dna. Rudesinda Domínguez Gómez e outros, no que se estima parcialmente a impugnación de custas xudiciais presentadas pola representación procesal de COVSA, que ascendían a 5.607,24 €, rebaixando a pretensión de honorarios a 1.300,00 €, o que supuxo un aforro de 4.307,24 €. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación. Visto o documento RC da Intervención de data 20 de marzo de 2013. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento do Auto da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 14 de marzo de 2013, ditado en autos de recurso de apelación núm. 4221/09 promovidos por esta Deputación contra a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra no recurso ordinario 87/08 interposto por Dna. Rudesinda Domínguez Gómez e outros, no que se estima parcialmente a impugnación de custas xudiciais presentadas pola representación procesal de COVSA, que ascendían a 5.607,24 €, rebaixando a pretensión de honorarios a 1.300,00 €, ordenando o seu cumprimento ata levalo a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (CIF S-1513002D) a cantidade de 1.300,00 € (mil trescentos euros), con cargo á aplicación orzamentaria 13/927-920-22604 e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos da devandita Sala na entidade BANESTO, número 6349/1517/0000/85/422109. Terceiro.- Dar traslado deste acordo á Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG e á Intervención, ós efectos oportunos. 25.20844.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DO EXPEDIENTE DE QUEIXA C.6.Q/2117/11 PROMOVIDO POR DNA. SILVIA CARAMÉS GONZÁLEZ POR DESBORDAMENTOS DE AUGAS RESIDUAIS NA ESTRADA DE TOIRIZ A ESCUADRO (T.M. SILLEDA) A Xunta de Goberno toma coñecemento de comunicación do Valedor do Pobo , de 8/11/2012, informando do arquivo de Expediente de Queixa C.6.Q/2117/11, promovido por Dna. Silvia Caramés González, por desbordamentos de augas residuais na estrada de Toiriz a Escuadro (t.m. Silleda), á vista da contestación elaborada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 26.20845.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DO EXPEDIENTE DE QUEIXA B.2.Q/1461/11 PROMOVIDO POR D. MANUEL GREGORES MARTÍNEZ, EN NOME E REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN XUVENIL “O ARRASTA” DE GUILLADE (PONTEAREAS), SOBRE CONSTRUCIÓN DE EDIFICIO SOCIAL A Xunta de Goberno toma coñecemento de comunicación do Valedor do Pobo, de 8/11/2012, informando do arquivo de Expediente de Queixa B.2.Q/1461/11, promovido por D. Manuel Gregores Martínez en nome e representación da Asociación Xuvenil “O Arrasta” de Guillade (Ponteareas), sobre construción de Edificio Social, á vista da contestación elaborada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 27.20846.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DO EXPEDIENTE DE QUEIXA B.2.Q/1624/11, PROMOVIDO POR DNA. SOLEDAD PÉREZ MÍGUEZ SOBRE REVERSIÓN DUNHA PORCIÓN DE TERREO NA PARROQUIA DE SAXAMONDE (REDONDELA) A Xunta de Goberno toma coñecemento de comunicación do Valedor do Pobo , de 8/11/2012, informando do arquivo de Expediente de Queixa B.2.Q/1624/11, promovido por Dna. Soledad Pérez Míguez, sobre reversión dunha porción de terreo na Parroquia de Saxamonde (Redondela), que foi obxecto de expropiación no seu día, á vista da contestación elaborada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 28.20847.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: A) Escrito do Xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de data 2/05/2013 (Rex. saída núm. 7400 de 3 de maio de 2013), dando conta do artigo titulado “Triacylglyceride, Antioxidant and Antimicrobial Features of Virgin Camelia oleifera, C. reticulada and C. sasanqua Oils” e publicado na revista Molecules 2013, 18, 4573-4587; doi: 10.3390/molecules 18044573. B) Escrito do Xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de data 2/05/2013 (Rex. saída núm. 7410 de 3 de maio de 2013), dando conta do artigo titulado “H-Nuclear Magnetic Analysis of the Triacylglyceride Composition of Cold-Pressed Oil from Camellia japonica” e publicado na revista Molecules 2012, 17, 6716-6727; doi: 10.3390/molecules 17066716. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 29.20848.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DO CONCELLO DE MEAÑO PARA REALIZAR A OBRA Nº 2012000391, DENOMINADA “SANEAMENTO DOS NÚCLEOS RURAIS DE BARREIRO, FREIXEIRO E VILIQUÍN”, INCLUÍDA NO PIDGC-2012 Á vista da modificación solicitada polo Concello de Cangas do Morrazo da subvención concedida por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión celebrada o día 28/12/2013 para financiar o investimento núm. 2012000391, denominado “Saneamento dos núcleos rurais de Barreiro, Freixeiro e Viliquín”, incluído no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012 (PIDGC-2012), e dos informes favorables da xefa do Servizo de Cooperación e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado do investimento núm. 2012000391, denominado “Saneamento dos núcleos rurais de Barreiro, Freixeiro e Viliquín”, incluído no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012 (PIDGC-2012), xa que non supón unha variación dos importes totais do proxecto e da subvención, nin se prexudican dereitos de terceiros. 30.20849.- RENUNCIA QUE FORMULA A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS ESCOLA DA FEIRA (CIF: G-36.396.091) (SALCEDA DE CASELAS) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2012, DENTRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, PARA A OBRA NÚM. 1231 “MELLORA DO POTE VECIÑAL” Dada conta da renuncia presentada pola Asociación de Veciños Escola da Feira (CIF: G-36.396.091) (Salceda de Caselas), á subvención de 5.900,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 19.20538 de 28 de decembro de 2012, para o investimento núm. 1231, denominado “Mellora do pote veciñal”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2012, partida 12/942.459.789.07, motivada pola escaseza de recursos económicos para facer fronte aos gastos da devandita obra, e a contía da subvención non lles cubre os gastos que leva consigo a iniciativa. A Xunta de Goberno queda enterada da renuncia presentada pola Asociación de Veciños Escola da Feira, (CIF: G-36.396.091) (Salceda de Caselas), á subvención de 5.900,00 € concedida no ano 2012 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 1231, “Mellora do pote veciñal”. 31.20850.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE MONTE LOBEIRA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE MELLORA DOS VIAIS DE ACCESO E ZONA DE APARCAMENTO Ó MONTE LOBEIRA Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, atribúe ás Deputacións Provinciais as competencias precisas para a construción, xestión, conservación e explotación da rede viaria da súa titularidade. Pola súa banda a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e a asegurar a prestación integral e adecuada en toda a Provincia das competencias municipais, así como a promoción de actividades culturais, deportivas ou de turismo, como nesta ocasión desempeñando o papel de impulsora do paso da Volta Ciclista a España 2013 por distintos Concellos e enclaves da nosa provincia. Neste último ámbito o Concello de Vilanova de Arousa se presenta como un dos enclaves máis importantes da provincia de Pontevedra no trazado do percorrido da Volta Ciclista a España 2013, o situar o remate da terceira etapa no Monte Lobeira de este Concello, o cal suporá un acontecemento de gran repercusión deportiva e mediática que potenciará a promoción dos Concellos da nosa provincia ademais de supoñer unha importante inxección económica para toda a comarca. No marco dos principios de cooperación e colaboración que caracterizan o actuar da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monte Lobeira, esta pretende contribuír á dinamización económica e turística da comarca contribuíndo na presente ocasión con motivo da celebración da volta Ciclista a España 2013. A organización deste evento supón a necesidade de intervir en algunha das estradas que transitan polo Concello e dotar os accesos do percorrido a o Monte Lobeira de as condicións óptimas para o seu desenvolvemento, ademais de infraestruturas básicas como unha zona de aparcamento. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra , o Concello de Vilanova de Arousa, e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monte Lobeira para levar a cabo o proxecto de mellora dos viais de acceso e zona de aparcamento ó Monte Lobeira. Polo Sr. Secretario emítese informe cunha serie de recomendacións que son incluídas no convenio. Polo Servizo de Intervención emítese informe favorable no que se indica que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto na aplicación 942-942-652.09, efectuándose a correspondente retención de crédito. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións dos informes de Secretaria e Intervención, e sendo a Xunta de Goberno ó órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vilanova de Arousa, e a Comunidade de Montes veciñais en Man Común de Monte Lobeira para levar a cabo o proxecto de mellora dos viais de acceso e zona de aparcamento ó Monte Lobeira. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, E A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE MONTE LOBEIRA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE MELLORA DOS VIAIS DE ACCESO E ZONA DE APARCAMENTO Ó MONTE LOBEIRA En Pontevedra, a … de abril do 2013 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Gonzalo Durán Hermida, Alcalde-Presidente do Concello de Vilanova de Arousa, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. , como presidente da Comunidade de Montes Veciñal en Mano Común de Monte Lobeira, parroquia de András, e como representante da mesma por as facultades atribuídas por os seus Estatutos. Todas as partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I. Que os convenios de colaboración entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, artigo 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 198 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II. Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos da súa competencia. III. Que a Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, atribúe ás Deputacións Provinciais as competencias precisas para a construción, xestión, conservación e explotación da rede viaria da súa titularidade. Pola súa banda a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e a asegurar a prestación integral e adecuada en toda a Provincia das competencias municipais, así como a promoción de actividades culturais, deportivas ou de turismo, como nesta ocasión desempeñando o papel de impulsora do paso da Volta Ciclista a España 2013 por distintos Concellos e enclaves da nosa provincia. IV. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monte Lobeira ostenta a titularidade dominical e o aproveitamento dos terreos obxecto das intervencións do presente Convenio. No marco dos principios de cooperación e colaboración que caracterizan o actuar da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monte Lobeira, esta pretende contribuír á dinamización económica e turística da comarca contribuíndo na presente ocasión con motivo da celebración da volta Ciclista a España 2013. V. Neste último ámbito o Concello de Vilanova de Arousa se presenta como un dos enclaves máis importantes da provincia de Pontevedra no trazado do percorrido da Volta Ciclista a España 2013, o situar o remate da terceira etapa no Monte Lobeira de esta Concello, o cal suporá un acontecemento de gran repercusión deportiva e mediática que potenciará a promoción dos Concellos da nosa provincia ademais de supoñer unha importante inxección económica para toda a comarca. A organización deste evento supón a necesidade de intervir en algunha das estradas que transitan polo Concello e dotar os accesos do percorrido a o Monte Lobeira de as condicións óptimas para o seu desenvolvemento, ademais de infraestruturas básicas como unha zona de aparcamento. É por iso que co obxecto de paliar esas deficiencias a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa, así como a Comunidade de Montes de Monte Lobeira, pretenden impulsar o acondicionamento e ampliación do vial de acceso existente, así como a dotación de una nova zona de aparcamento no alto do monte que mellore as condicións actuais. V. Esta obra, require a colaboración por parte desta Deputación exercida no ámbito das competencias que o lexislador atribúe a Administración provincial na explotación de estradas da súa titularidade- artigos 8 e 27 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, e na cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social que rexe a actuación da Administración Provincial, artigo 36.1.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, segundo redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. VI. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira. O obxecto do presente convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vilanova de Arousa e a Comunidade de montes en mano común de Monte Lobeira da parroquia de András, é o acondicionamento, ampliación e mellora dos viais de acceso existentes o Monte Lobeira, a ampliación do espazo existente de aparcamentos no alto do mesmo, así como a pavimentación do ramal que comunica a E.P. 9701 co mirador Faro das Lúas. Segunda. Á Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a través do seu Servizo de Infraestruturas a redacción e execución do “Proxecto de mellora dos viais de acceso e zona de aparcamento ao Monte Lobeira”. Este proxecto terá no seu contido o desenvolvemento das seguintes actuacións: Ampliación e mellora do ancho do vial actual de acceso desde a E.P. 9701 na parroquia de András ata o Monte Lobeira, cunha lonxitude de 1.590 metros e cunha ampliación do ancho da estrada de catro a seis metros, cos desmontes correspondentes e apertura de caixa, así como a pavimentación con aglomerado asfáltico. Pavimentación e acondicionamento do ramal que comunica a E.P 9701 co mirador Faro das Lúas, cunha lonxitude de 230 metros e 4,50 metros de ancho, así como execución dunha explanada de remate de 570 metros cadrados, mediante apertura de caixa, subbase zahorra artificial e capa de rodadura de aglomerado asfáltico. Execución e prolongación de vial a o camiño existente de acceso para mellorar a comunicación do entorno, cunha lonxitude de 20 metros e ancho de 4 metros, coa mellora de capa de rodadura mediante una capa de zahorra artificial. Dotación de una nova explanada, colindante e anexa a actual zona de aparcamento, no alto do monte, cunha superficie de 650 metros cadrados, para a que se levará a cabo recheo e pavimentación posterior. Terceira. O Concello de Vilanova de Arousa, pola súa parte, obrígase a realizar todas as xestións , trámites e autorizacións correspondentes que permitan desenvolver as actuacións dimanantes da execución do proxecto, así como tramitar a correspondente licenza ou autorización municipal de obra e tramitar os correspondentes permisos ante os organismos pertinentes de carácter sectorial que deban preceptivamente autorizar e/ou informar. Así mesmo, o Concello de Vilanova de Arousa, obrigarase a levar a cabo o mantemento posterior dos viais e das infraestruturas executadas pola Deputación de Pontevedra e que son obxecto do presente Convenio. Cuarta. Pola súa parte, a Comunidade de Montes de Monte Lobeira da Parroquia de andrás, como titular dominical dos terreos onde se desenvolverán as actuacións obxecto do presente Convenio, obrigarase a cesión da superficie afectada polas obras a executar ao Concello, ao tratarse dun equipamento que repercutirá no beneficio da mesma, revertendo novamente na Comunidade de Montes se o Concello de Vilanova non as mantivese en condicións de funcionalidade. Quinta. O importe estimado das obras ás que se refire o presente convenio, e que comprenderá todos os gastos que derivan da mesma, ascende a un total de 304.000,00 € e será asumido pola Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo a aplicación orzamentaria 942-942-652.09 do vixente Orzamento Provincial. Sexta. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Sétima. O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento. Oitava. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio que é de natureza administrativa; consecuentemente, as cuestións litixiosas que poidan xurdir durante a súa aplicación, interpretación ou cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. E en proba de canto antecede as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto, no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Vilanova de Arousa, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Gonzalo Durán Hermida. Pola Mancomunidade de Montes en Man Común de Monte Lobeira, Asdo. ……………….…….” 32.20851.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIAS A CURSOS A) Mediante escrito de data 25 de abril de 2013 con número de rexistro de entrada 2013031082, D. Miguel Santirso Fernández, en calidade de Tesoureiro da Deputación de Pontevedra, expón que os días 22 e 23 de maio de 2013 terá lugar o III Encontro de Usuarios de GTT, onde se expoñerán e analizarán entre outras cuestións as liñas evolutivas xerais da xestión dos tributos a través do aplicativo GTT. A mencionada evolución afectará de forma considerable á xestión dos tributos delegados polas entidades locais na Deputación de Pontevedra – ORAL, polo que se considera necesaria a asistencia do que subscribe, tendo en conta ademais, que ó mencionado evento asistirán os responsables de xestión tributaria doutras Deputacións Provinciais con propostas e estudos relativos á xestión. Por iso, solicita autorización para poder asistir a devandito Encontro en Comisión de Servizos, así como unha axuda económica en concepto de manutención e desprazamentos. A solicitude é conformada favorablemente pola Deputada Provincial Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido do Encontro e o traballo que vén desenvolvendo dito traballador no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o traballador deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Encontro e as conclusións obtidas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Miguel Santirso Fernández licenza para asistir en Comisión de Servizos, así como unha axuda económica que ascende a un total de 302,45 €, en concepto de desprazamentos e manutención, xa que os gastos de aloxamento corren a cargo da empresa organizadora: Desprazamento: (Saída día 22/05/2013 ás 12:00 h. e chegada día 24/05/2013 ás 14:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Avión 100,00 € 13/934.934.231.20 Quilometraxe (vehículo particular Pontevedra – Santiago – Pontevedra) 150 km x 0,19 € 28,50 € 13/934.934.231.20 Peaxe 5,30 € x 2 10,60 € 13/934.934.231.20 Aparcamento 30,00 € 13/934.934.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 169,10 € 13/934.934.231.20 Dietas: (Saída día 22/05/2013 ás 12:00 h. e chegada día 24/05/2013 ás 14:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA 1 Manutención día 22/05/2013 Grupo I 53,34 € 13/934.934.230.20 1 Manutención día 23/05/2013 Grupo I 53,34 € 13/934.934.230.20 ½ Manutención día 24/05/2013 Grupo I 26,67 € 13/934.934.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 133,35 € 13/934.934.230.20 Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle abonen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. Para poder abonarse as correspondentes cantidades en concepto de dietas, deberá presentar, xunto coa conta xustificativa, a tarxeta de embarque ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios de voo. B) Mediante escrito de data 30 de abril de 2013, D. José Fernández López, Xefe de Orzamentos adscrito ó Servizo de Intervención da Deputación Provincial de Pontevedra, solicita autorización para poder desprazarse o próximo 9 de maio de 2013 a Vigo á Axencia Tributaria, con motivo das actuacións de inspección do Imposto de Valor Engadido correspondente ó período 2012 do Organismo Autónomo IPESPO, así como a axuda económica de gastos de desprazamento. De acordo con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, ó amparo do establecido no Rd 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar o desprazamento do funcionario D. José Fernández López, así como unha axuda económica cuxo custo estimado ascende a 28,50 €, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 13/931.931.231.20, desagregada tal e como a continuación sinálase: CONCEPTO IMPORTE Desprazamento en vehículo particular (Pontevedra – Vigo - Pontevedra) (60 km x 0,19€) 11,40 € Peaxe (3,55 € x 2) 7,10 € Aparcamento 10,00 € TOTAL….. 28,50 € A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 33.20852.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA LICENCIADOS EN DEREITO, CIENCIAS ECONÓMICAS, EMPRESARIAIS OU TITULACIÓNS EQUIVALENTES CON DESTINO NO SERVIZO DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Por Resolución Presidencial de data 09 de maio aprobouse a convocatoria de bolsas de colaboración para licenciados en dereito, ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes e creación dunha lista de reserva no Organismo de Xestión de Recursos Locais , publicada no BOP nº 95 de data 18 de maio de 2012. Por Resolución Presidencial de data 16 de xullo de 2012, resólvese adxudicar seis becas aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación quedando na fase de reserva os aspirantes que superaron as probas. Na base sétima establécese “(…), ademais do previsto para o caso de renuncia, no caso de que por necesidades do Servizo sexa necesaria a incorporación de novos bolseiros, poderán efectuarse novos chamamentos dos aspirantes que formen parte desta lista de reserva, previo informe de intervención que certifique a existencia de crédito e unha resolución Presidencial ó efecto, todo iso, sen prexuízo de tramitar, en calquera momento, unha nova Convocatoria Pública.” Por Resolución Presidencial de data 08 de novembro de 2012 resólvese ampliar o número de bolsas de formación para licenciados en dereito, ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes de seis a oito procedendo a incorporación dos dous primeiros aspirantes que quedaron en fase de reserva que son, D.Alexandre Dacosta Grand e Dna Alba María Otero Oitavén, con efectos do 15 de novembro e polo período de seis meses prorrogables por seis meses máis, tal e como se establece na base oitava da convocatoria. Mediante proposta de data 08 de maio de 2013 o Tesoureiro da Deputación de Pontevedra solicita a prórroga das referidas bolsas por seis meses, do 15 de maio de 2013 ata o 14 de outubro do 2013, informando que os bolseiros presentaron no ORAL, en tempo e forma, memoria explicativa das labores realizadas neste organismo, sendo estas comprobadas e conformadas. As bases da convocatoria establecen que “As bolsas terán unha duración de seis meses a contar desde a incorporación dos bolseiros, que poderá ser prorrogable por seis meses máis ata completar o ano”. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 09 de maio de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas a D.Alexandre Dacosta Grand e Dna Alba María Otero Oitavén, por un período de seis meses, con efectos do 15 de maio de 2013 ata o 14 de novembro de 2013. A dotación económica da prórroga de ditas bolsas para o período comprendido entre o 15 de maio de 2013 ata o 14 de novembro do 2013 ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón, un total de 12.000,00 €, sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes, o que supón un total de 416,64 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 13/932.932.481.01 e 13/932.932.160.03 do orzamento provincial, quedando retido o crédito para tal fin mediante documento R.C. con número de operación 201300050015. 34.20853.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN HISTORIA DO PLAN DE PRÁCTICAS LABORAL 2013 PARA O CONCELLO DE BAIONA (C004-15 MAIO 2013) No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 02 de xaneiro de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 195 Bolsas de Práctica Laboral para titulados universitarios nos Concellos da Provincia en temas relacionados coa prestación de servizos municipais, entre as que figura a seguinte: Expediente C004 Baiona: Unha bolsa para licenciados , graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación. Por Resolución Presidencial de data 23 de abril de 2013 aprobouse a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e convocouse ós aspirantes admitidos que acadaron a máxima puntuación na fase de concurso para a realización da entrevista que tivo lugar o día 25 de abril de 2013. Finalizado dito proceso selectivo a aspirante seleccionada renunciou a bolsa quedando deserta por falta de candidatos, ofrecéndoselle ó concello de Baiona a posibilidade de cubrir dita bolsa con candidatos suplentes da bolsa de licenciados en Historia do Concello de As Neves, proposta que foi aceptada mediante escrito de data 02 de maio de 2013. En consecuencia, rematado o correspondente proceso selectivo e considerando a proposta do tribunal seleccionador, de conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida bolsa ó seguinte aspirante, cos efectos que se determinan a continuación e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria: APELIDOS E NOME CONCELLO EFECTOS NºEXP 1 Rodríguez Jamardo, Javier Baiona 15/05/13 C004 A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03. A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos bolseiros a esta Institución. 35.20854.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIROS SUPERIORES E TÉCNICOS DE OBRAS PÚBLICAS DO PLAN DE PRÁCTICAS LABORAL 2013 PARA O CONCELLO DE BAIONA (C005-15 DE MAIO 2013) No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 02 de xaneiro de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 195 Bolsas de Práctica Laboral para titulados universitarios nos Concellos da Provincia en temas relacionados coa prestación de servizos municipais, entre as que figura a seguinte: - Expediente C005 Baiona: Unha bolsa para graduados en enxeñería de obras públicas e enxeñeiros técnicos de obras públicas. Por Resolución Presidencial de data 03 de maio de 2013 aprobouse a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e convocouse ós aspirantes que acadaron a máxima puntuación na fase de concurso para a realización da entrevista que tivo lugar o día 08 de maio de 2013. Finalizado o correspondente proceso selectivo e considerando a proposta do tribunal seleccionador, de conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida bolsa ó seguinte aspirante, cos efectos que se determinan a continuación e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria: APELIDOS E NOME CONCELLO EFECTOS NºEXP 1 Prado Paredes, Brais Baiona 15/05/13 C005 A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03. A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos bolseiros a esta Institución. 36.20855.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN HISTORIA DO PLAN DE PRÁCTICAS LABORAL 2013 PARA O CONCELLO DE AS NEVES (C092-15 DE MAIO 2013) No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 02 de xaneiro de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 195 Bolsas de Práctica Laboral para titulados universitarios nos Concellos da Provincia en temas relacionados coa prestación de servizos municipais, entre as que figura a seguinte: - Expediente C092 As Neves: Unha bolsa para licenciados e graduados en historia. Por Resolución Presidencial de data 03 de maio de 2013 aprobouse a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e convocouse ós aspirantes que acadaron a máxima puntuación na fase de concurso para a realización da entrevista que tivo lugar o día 07 de maio de 2013. Finalizado o correspondente proceso selectivo e considerando a proposta do tribunal seleccionador, de conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida Bolsa ó seguinte aspirante, cos efectos que se determinan a continuación e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria: APELIDOS E NOME CONCELLO EFECTOS NºEXP 1 Martínez Martínez, Matías As Neves 15/05/13 C092 A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03. A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos bolseiros a esta Institución. 37.20856.- AMPLIACIÓN E ADXUDICACIÓN DE NOVAS BOLSAS DENTRO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 2 de xaneiro de 2013, publicouse a convocatoria do Plan de Práctica Laboral 2013, que comprende un total de 269 bolsas, segundo o seguinte desagregación: - 195 Bolsas con destino ós Concellos da Provincia de Pontevedra en temas relacionados coa prestación de servizos municipais. - 74 Bolsas con destino ós Centros e Servizos dependentes da Deputación Provincial. Para por en marcha este plan consignouse a cantidade de 3.004.992,00 € nas aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03, co fin de adxudicar un total de 300 bolsas de estudios e práctica laboral. Ditas bolsas concederanse por un importe total de 800,00 €/mes/bolseiro, por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O custo total das bosas convocadas ascende a 2.694.476,16 €, conforme se detalla a continuación: BOLSAS Importe Seg Social TOTAL Nº Duración TOTAL Concellos 800,00 34,72 € 834,72 195 12 meses 1.953.244,80 € Deputación 800,00 34,72 € 834,72 74 12 meses 741.231,36 € TOTAL 269 1 ano 2.694.476,16 € Finalizados os procesos selectivos dos expedientes da Deputación Provincial, algúns xefes de Servizo ou Centro solicitan unha ampliación do número de bolseiros correspondentes a determinadas titulacións, dada a especialización, formación e preparación dos aspirantes que participaron nas entrevistas e que figuran como suplentes, concretamente: Centro ou Servizo Exp. Titulacións nº bolsas Infraestruturas D19 Enxeñeiro técnico de obras públicas ou graduado en enxeñería civil 1 Patrimonio Documental e Bibliográfico D24 Licenciados e graduados en historia da arte 1 Museo de Pontevedra D24 Licenciados e graduados en historia da arte 3 O custo total das bolsas non convocadas ascende a 310.515,84 €, conforme se detalla a continuación: Nº bolsas Importe Seg Social TOTAL Nº Duración TOTAL 31 800,00 34,72 € 834,72 195 12 meses 310.515,84 € Polo tanto, considerando a proposta do xefes de Servizo ou Centros, de ampliar o número de bolseiros, e o elevado número de solicitudes presentadas, sométese a Xunta de Goberno a adxudicación do número total de bolsas previstas inicialmente no orzamento provincial (300), tendo en conta as seguintes circunstancias: - Que se convocaron 269 Bolsas. - Que restan un total de 31 bolsas sen convocar. - Que das 269 convocadas, ENCE Energía y Celulosa S.A. comprometeuse a financiar o 75% das bolsas destinadas ó Centro Príncipe Felipe en virtude dun Convenio de Colaboración coa Deputación para a formación de mozos en servizos asistenciais. - Que un total de 8 bolsas correspondentes ós expedientes D3, D8 e D16, con destino a Deputación, quedaron vacantes por falta de candidatos. Polo exposto, considerando a proposta dos xefes de Servizo ou Centros, de ampliar o número de bolseiros, e o elevado número de solicitudes presentadas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar unha bolsa de práctica laboral correspondente ós procesos de selección sinalados no apartado anterior ós seguintes aspirantes, con efectos 15 de maio e por un período de seis meses: CENTRO EXP NOME E APELIDOS TITULACIÓN Infraestruturas D19 Otero Otero,Andrea Enxeñeira técnica de obras públicas Patrimonio Documental e Bibliográfico D24 Santos Cancelas, Alberto Historia da Arte Museo de Pontevedra D24 Chao de la Fuente, Gabriela Historia da Arte Museo de Pontevedra D24 Otero Mariño, Alicia Historia da Arte Museo de Pontevedra D24 Castro Alfonso, Erea Historia da Arte A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación da bolseira ó citado Organismo. 38.20857.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 10 de maio de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300000816 e que contén catro facturas, sendo a primeira de Medulio Servicios y Obras, S.L, por importe de 2.738,47 € e a derradeira de Spica, S.L., por importe 2.504,70 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 8.335,71 € Descontos do IRPF € Descontos do IVE soportado deducible € Descontos do Honorarios técnicos externos € Total líquido 8.335,71 € 39.20858.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS DE VARIAS OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1. Certificación 1-final da obra ”Captación de auga, proteccións técnicas e melloras de accesibilidade, Meis”, levada a cabo pola empresa Construcciones Abal, S.A., polo importe de douscentos trinta e nove mil novecentos corenta e oito euros con sesenta céntimos. CONSTRUCCIONES ABAL S.A. (A-36.115459) 239.948,60 € Importe bruto da certificación 239.948,60 € Taxa dirección de obra (4%) 6.665,70 € Control de Calidade (1%) 1.666,43 € Seguridade e Saúde (0,50%) 833,21 € Total descontos 9.165,34 € Importe líquido a percibir pola empresa 230.783,26 € O importe desta certificación cargarase á aplicación orzamentaria 13/942.430.622.01.2012 2. Factura relativa ós honorarios de dirección obra: Edificio social en Guillade, Ponteareas, correspondente á certificación 2-final, levada a cabo por Teodoro Francisco Antes, polo importe de mil catrocentos vinte e dous euros con sesenta e seis céntimos. Director de Obra Obra nº Factura Data factura Importe Teodoro de Francisco Antes (36035300-G) Edificio social en Guillade 03/2013 31/01/2013 1.422,66€ O importe desta factura cargarase á conta non orzamentaria 419.08(0910). 40.20859.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 9 DA OBRA: ADECUACIÓN DO ESPAZO ANEXO Á POUSADA DE RIBADUMIA COMO CENTRO DEPORTIVO E DE OCIO, ASÍ COMO DE DOTACIÓN DE ACCESOS DESTE ESPAZO COA PROPIA POUSADA DE RIBADUMIA Vista a certificación nº 9 da obra “Adecuación espazo anexo á pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como de dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Abal, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 7 de maio de 2013 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación nº 9: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES ABAL S.A. (CIF. A – 36.115.459) 13/942-430-622.01.2011 277.211,39 € SUBTOTAL 277.211,39 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 7.700,85 € Control de calidade (3%) Id. 5.775,64 € Seguridade e saúde (0,5%) Id. 962,61 € Diferenza certificación nº 5 450,00 € Total descontos 14.889,10 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 262.322,29 € O importe neto da certificación é de 262.772,29 €, non obstante procede descontar a cantidade de 450,00 € debido a que na certificación nº 5 produciuse un erro no importe, aboándose 5.839,36€ en lugar de 5.389,36€. Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel de acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 41.20860.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de nove mil seiscentos dezaoito euros (9.618,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche e mellora E.P. 6004 Prado-Vilatuxe (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/10/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100090777, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Señalizaciones Ángel Latas, S.L. A empresa Señalizaciones Ángel Latas, S.L. (CIF B- 32.215.543), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil catrocentos noventa e oito euros con oito céntimos (8.498,08 €), para responder do contrato relativo a: Sinalización horizontal na zona sur de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/10/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100086206, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dezaoito mil seiscentos corenta e cinco euros con trinta e tres céntimos (18.645,33 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño-Valga, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900070174, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de once mil catrocentos euros (11.400,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Terminación da obra na E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona-Loureza (Baiona), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100093069, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 42.20861.- RECTIFICACIÓN DO ERRO RELATIVO ÓS PREGOS QUE REXEN A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL NA REGULARIZACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS PADRÓNS FISCAIS (CONCELLOS DE GONDOMAR, SILLEDA, PONTEAREAS E A MANCOMUNIDADE DO MORRAZO) A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión de data 19 de abril de 2013, aprobou o expediente e os pregos que rexen a contratación do “servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polos Concellos de Gondomar, Silleda, Ponteareas e a Mancomunidade do Morrazo”. A publicación da licitación realizouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 84, de data 2 de maio de 2013. Detectouse un erro na cláusula 16ª, parágrafo cuarto, do Prego de cláusulas economico-administrativas: Onde di: “Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración igual ou superior a 12 puntos nos criterios non avaliables mediante fórmulas”. Debe dicir: “Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración igual ou superior a 25 puntos nos criterios non avaliables mediante fórmulas”. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a rectificación do error detectado na cláusula 16ª, parágrafo cuarto, do Prego de cláusulas económico-administrativas. 2.- Aumentar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio rectificador no Boletín Oficial da Provincia. 43.20862.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº. 15.20731 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 05/04/2013 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 5 de abril do 2013, referente á aprobación das Bases do programa Diúrno de Balnearios de Carácter Lúdico “Coidarte” ano 2013; advertiuse un erro na cláusula décima, referente o proceso de concesión dos beneficiarios do referido programa. Considerando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30; 1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, rectificar a redacción das referidas Bases, no senso de que: Onde di: “DÉCIMA. Procedemento de concesión A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diúrno de Balnearios “Coidarte”, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.528 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula cuarta e presenten a documentación debidamente cuberta,….”. Deberá dicir: “DÉCIMA. Procedemento de concesión A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diúrno de Balnearios “Coidarte”, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.528 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula cuarta e presenten a documentación debidamente cuberta. Se fose preciso, priorizaranse as solicitudes segundo a orde de entrada no rexistro, sempre que reúnan os requisitos e se envíe toda a documentación debidamente cuberta. Dentro da orde de rexistro, terán prioridade as persoas que acrediten documentalmente ser perceptores de prestacións sociais, prestacións non contributivas, ou acrediten mediante a tarxeta do INEM, ser demandantes de emprego,….”. Permanecendo invariable o resto do texto do acordo da Xunta de Goberno citado. 44.20863.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº. 16.20732 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 05/04/2013 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 05 de abril do 2013, referente á aprobación das Bases do programa “Saúde e Benestar” ano 2013; advertiuse un erro na cláusula quinta, referente o proceso de concesión dos beneficiarios do referido programa. Considerando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30; 1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, rectificar a redacción das referidas bases, no senso de que: Onde di: “QUINTA. Procedemento de concesión A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do programa Saúde e Benestar, no marco de actividades para as persoas, ofertando inicialmente un máximo de 3.333 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula segunda e presenten a documentación debidamente cuberta,…”. Deberá dicir: QUINTA. Procedemento de concesión A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do programa Saúde e Benestar, no marco de actividades para as persoas, ofertando inicialmente un máximo de 3.333 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula segunda e presenten a documentación debidamente cuberta. Se fose preciso, priorizarase as solicitudes segundo a orde de entrada no rexistro, sempre que reúnan os requisitos e se envíe toda a documentación debidamente cuberta. Dentro da orde de rexistro, terán prioridade as persoas que acrediten documentalmente ser perceptores de prestacións sociais, prestacións non contributivas, ou acrediten mediante a tarxeta do INEM, ser demandantes de emprego...” Permanecendo invariable o resto do texto do acordo da Xunta de Goberno citado. 45.20864.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota