Fondos
2014-05-30_Ordinaria. Acta de sesión 2014/05/30_Ordinaria
Acta de sesión 2014/05/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/2.2014-05-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/05/30_Ordinaria
Data(s) 2014-05-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 46 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de maio do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de maio do ano dous mil catorce baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez, Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días e moitas gracias. Neste caso quero empezar, primeiro, saudando a todos e cada un dos traballadores que están aquí no Salón de Plenos da Corporación Provincial. Vamos a proceder, polo tanto, á aprobación e ó desenvolvemento da Orde do día establecida e, a maiores tamén, da defensa dos traballadores que aquí estades esta mañá, que, seguramente, respaldado ademais por todo o Pleno desta Corporación Provincial. 1.6473.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de abril de 2014, que en principio, se non hai, se aproba. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de abril de 2014. Sr. Presidente.- O punto número dous é a modificación das bases reguladoras do Plan urxente de mantementos de servizos e infraestruturas municipais 2014. Si. Sr. Rodríguez Díaz.- Non sei, só é unha cuestión de orde, ¿non?. Non sei se o ten falado cos traballadores e traballadoras de Tafisa, pero creo que querían que se tratara o seu apoio ó inicio do Pleno, se é posible. O noso grupo proporía se eles o prefiren así. Sr. Presidente.- Si, non hai ningún problema, temos que alterar a Orde do día establecida pero … Sr. Rodríguez Díaz.- Grazas. Sr. Presidente.- Ó contrario, con tal de que perdan o menor tempo posible e, dalgunha maneira, se tamén queren algunha intervención. O Presidente altera a orde do día tratando a continuación o seguinte: 9. 6481.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- ¿Quere facer algunha intervención algún dos representantes do ámbito do Comité de Empresa?. Tamén, sen ningún problema. ¿Onde temos o borrador que hai aí?. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- A nós non nolas deron. Bos días a todos. Grazas. Non nolas deron, non están pasadas a texto. Sr. Presidente.- Estaban pasando iso, si. Que nos acerquen agora. Pero en todo o caso… Sr. Mosquera Lorenzo.- Digo que igual podemos sacar un punto ou dous mentres chega o texto, digo, ou senón que vaian falando eles. Sr. Presidente.- Non, por iso, ¿hai algún membro dos distintos Comités de Empresa que están aquí que queiran facer algunha intervención?. Bueno, aquí temos un, no caso de Tafisa, empezando, temos un primeiro acordo que é, acordamos trasladar o interese de que se leve ó vindeiro Pleno, neste caso ó que estamos hoxe a falar, o apoio das reivindicacións que están a realizar os traballadores e traballadoras de Tafisa-Ponte Caldelas, de cara a manter os postos de traballo e continuar a produción na factoría pontevedresa, así como as intervencións necesarias de cara a manter unha entrevista co Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, o Presidente do IGAPE e o Presidente da Xunta de Galicia. Todas estas accións estarán encamiñadas a recoller as análises dende os diferentes eidos administrativos, na busca de solucións que impidan o peche da factoría Tafisa en Ponte Caldelas. En todo caso, aí hai un representante, neste caso, do Comité de Empresa, que ten a palabra. Intervén un Representante do Comité de Empresa de Tafisa-Ponte Caldelas. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno, vamos a, polo tanto, de Construcciones Crespo tamén temos a un dos representantes, que tamén… Intervén un Representante do Comité de Empresa de Construcciones Crespo. Sr. Presidente.- Non, pero podes ir expoñendo nos van a traer o borrador que queremos aprobar de maneira conxunta para que, dalgunha maneira, sexa o reflexo do que vós queredes trasladar, agora están terminando a súa redacción. Intervén un Representante do Comité de Empresa de Construcciones Crespo. Sr. Presidente.- Iso é, dalgunha maneira, o que aquí se pretende, non hai outra cousa senón que sirva isto, tamén, de respaldo ós traballadores e que se poida lograr iso. Certo é que da reunión que mantivemos o outro día, esta mañá acabamos de acordar na Xunta de Goberno unha prórroga para unha das obras que Construcciones Crespo está executando, neste caso, no municipio de Baiona, para a Deputación de Pontevedra. E, polo tanto, esperando que esa obra, ademais, se poida rematar, como xa se dixo, xa hai xestións que se fixeron neste ámbito con concellos que, dalgunha maneira, son deudores, concellos ou mancomunidades, a Construcciones Crespo. Primeiro, para garantir as nóminas dos traballadores que teñen, as nóminas pendentes dos traballadores; e, en segundo lugar, que sirva tamén de que no ámbito da Institución provincial estamos ó día con esta empresa, porque ten contratos con esta administración, e, polo tanto, espero que todo se resolva para o ben, como digo, dos propios traballadores, no que é o ámbito propio da viabilidade da empresa, bueno, pois aí é o traballo que lle toca ó Comité de Empresa, tamén, cos propios traballadores de que poida existir, e oxalá fose así, de que a empresa poida, evidentemente, continuar, iso eu creo que sería tamén o importante. Nós temos que garantir o pago inmediato das certificacións, como xa dixen, se hai algunha sensibilidade especial, vai a ser xa, ademais, con esta empresa en relación á situación na que vos encontrades os traballadores que agora mesmo aquí estades. Polo tanto, todo o que dende aquí estea nas mans desta Corporación se vai a facer e vamos a proceder, como digo, á aprobación conxunta do mesmo. Si realmente o borrador é o que eu teño aquí, no que se refire a Construcciones Crespo, que agora vamos a remitir ós demais grupos, que lle daremos unha copia, incluso ó Comité de Empresa. Polo tanto, moción conxunta, podemos empezar, neste caso, xa por Crespo, e despois vamos, tamén, co tema de Tafisa, para incorporar todo o que, dalgunha maneira, aquí é o que se pretende. Esta é a definitiva: Moción conxunta dos Grupos Provinciais do Partido Popular, Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego, en apoio ós traballadores da empresa Construcciones Crespo. Os Grupos Provinciais do Partido Popular e Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego, ó abeiro da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Provincial esta Moción conxunta en apoio ós traballadores da empresa Construcciones Crespo. A exposición de motivos: en primeiro lugar, o peche da empresa Construcciones Crespo deixa na rúa a noventa traballadores ós que a compañía adebeda varias nóminas e atrasos. A empresa está inmersa nun concurso de acredores dende o 2013 e nestes momentos se acordou, coa aprobación do Xulgado do Mercantil, a súa liquidación. Terceiro, malia todo isto, non pode implicar que os traballadores non reciban o que en xustiza lles corresponde, tanto no que respecta ás nóminas atrasadas como as liquidacións ás que teñen dereito. Cuarto, segundo os datos da administración concursal, a empresa ten unha débeda de tres millóns de euros, entre os que se inclúen trescentos sesenta mil de salarios a traballadores. Polo antedito, os tres grupos que integran o Pleno da Corporación Provincial acordan: en primeiro lugar, amosar toda a nosa solidariedade da Corporación Provincial en Pleno cos traballadores afectados polo peche da empresa Construcciones Crespo. Esixir que se adopten as medidas necesarias tendentes a manter a viabilidade da empresa e ó mantemento dos postos de traballo. E terceiro, instar ás Administracións, que teñen pendentes pagamentos a esta empresa, a que salden con celeridade, o antes posible, estas débedas co obxectivo de facilitarlle o cobro dos salarios pendentes ós noventa afectados. E isto, é o que dalgunha maneira contén. ¿Algún portavoz dalgún grupo quere facer algún comentario?. ¿Estamos de acordo?. Polo tanto, procedemos á aprobación, alterando, votamos a urxencia en primeiro lugar, que se aproba a urxencia. En segundo lugar, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Isto no que é o ámbito …, queda aprobado. Bueno, agora a Moción conxunta dos Grupos Provinciais, tamén do Partido Popular, Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego, dos traballadores de Tafisa. Exposición de motivos: a empresa Tafisa radicada no polígono de A Reigosa en Ponte Caldelas vén de presentar un ERE extintivo que afecta a sesenta traballadores, que a partir do 31 de xullo se quedarán sen emprego. Segundo, son os traballadores que na súa meirande parte se sitúan nunha franxa de idade especialmente difícil para a súa recolocación, como en torno ós corenta e cinco, cincuenta anos. Terceiro, que ademais afrontan o despedimento con once meses menos de prestación por desemprego como consecuencia dos sucesivos ERE’s temporais que a empresa levaba aplicando dende o 2011 e que os traballadores aceptaron para garantir a viabilidade da empresa. Isto, evidentemente, é algo que os traballadores polo ben da empresa acordaran e o cal lles leva, e todos os que están aquí o saben ben, un prexuízo a maiores. Cuarto, dado que este peche supón un quebranto para sesenta familias e tamén un mazazo ó xa de por si reducido tecido empresarial da comarca de Pontevedra, os tres grupos que integran o Pleno da Corporación Provincial acordan, por unanimidade, o seguinte: trasladar e mostrar toda a nosa solidariedade cos traballadores afectados para esixir ó Grupo Sonae, propietario de Tafisa, o mantemento da factoría en Ponte Caldelas e con ela os postos de traballo que agora mesmo existen. Segundo, solicitar ós distintos departamentos da administración autonómica que concederon axudas a Tafisa que analicen se cabe esixir algún tipo de responsabilidade á compañía. Bueno, aquí tamén hai, que o alcalde do concello de Pontevedra me trasladou, que teño aquí comigo, creo que o Comité de Empresa o ten tamén, o acordo do ano 2005, onde levaba consigo, neste caso, o acordo para unha nova ubicación no caso de Tafisa e tamén a recalificación duns terreos que todos xa coñecen. En principio, comentando agora, ademais, cunha persoa que coñece ben este asunto, que é o Portavoz no concello de Pontevedra e Portavoz tamén aquí do Bloque Nacionalista Galego, Cesáreo Mosquera, bueno, pois aí do que se desprende do acordo que eu teño aquí, como digo, firmado no ano 2005, nos traslada que hai moi pouco que se poida esixir, neste caso, ó ámbito da empresa, porque o acordo, dalgunha maneira, está con todas as condicións xurídicas, que o Servizo Xurídico desta casa tamén está valorando para se, dalgunha maneira, hai algo por onde poidamos esixir distintas responsabilidades. Pero, en todo caso, esta persoa, como digo, coñece perfectamente este acordo que no seu día se firmou e, polo tanto, tamén nos pode trasladar a súa visión. E, ó mesmo tempo, trasladar tamén este acordo ás distintas administracións autonómicas, á Consellería de Industria, á Consellería de Traballo, ó IGAPE, co obxectivo de buscar posibles saídas á difícil situación xerada polo anuncio do peche da fábrica de Ponte Caldelas. Isto é algo que xa estamos facendo, conversas co propio Conselleiro, que agora mesmo non está, que está fóra de Galicia, para ver que podemos facer entre todos á hora de esixir distintas responsabilidades a este Grupo, sobre todo en relación ás distintas concesións de axudas públicas que lle foron concedidas durante todo este período. Polo tanto, non sei se hai algunha intervención por parte dos grupos. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e a todas. Grazas Sr. Presidente. Evidentemente, nun asunto como este, neste caso Tafisa, podemos falar de Crespo, tamén, e de Crespo, pois todas as administracións intentan manter certo tipo de obras, de feito incluso con certos custes, ¿non?; nós en Pontevedra temos a obra da Gándara que ten Construcións Crespo, que tiña que estar feita, non a dou feita, que, bueno, pois por manter a posibilidade de que haxa traballo e viabilizar, pois ás veces, incluso, se forza para levar a …, que os veciños reclaman que a obra xa se faga. Bueno, este tipo de cousas intentan facerse todo o posible, como tamén intentar axudar ás persoas, ós colectivos ou á sociedade en xeral, porque son persoas concretas as que están traballando pero que afecta de rebote a todo o tecido e a toda a sociedade este tipo de peches, ás veces, de difícil, de difícil entender, ás veces, as razóns e a lóxica que usan certas empresas. Evidentemente, dentro desta liña de intentar axudar, que supoño que fan todas as administracións e facemos todas as forzas políticas, pois saltou a cuestión do convenio con Tafisa do ano 2003 e despois do ano 2005. Por desgraza, digamos que a situación é ó revés, no ano 2002, bueno, xa antes, nos anos noventa, Tafisa decidira poñer a planta de Betanzos, polo tanto, a planta de Pontevedra deixouna absolutamente obsoleta, absolutamente, e, evidentemente, xa cun futuro moi, moi, moi comprometido, ¿non?; e no ano 2002 cesou a fabricación de taboleiro en Pontevedra, e iniciaron unha liña de melamina, e no convenio, pois realmente, había dúas vías, deixar eses terreos como industriais, xa dende os anos noventa estivera o, sendo alcalde Cobián, e despois sendo alcalde Juan Luis Pedrosa xa se intentara, porque Tafisa non estaba investindo, xa tiña a planta sentenciada, de Pontevedra, segundo as súas contas ou as súas previsións intentaran xa, digamos, que non contaminar o que estaba facendo no río e que se trasladara, e non se conseguiu. No ano 2002 decidiron pechala, e hai que dicilo, porque, ás veces, as persoas individuais pois teñen certo peso, e o concello de Pontevedra tivo retido, digamos, o convenio ata que houbera algunha saída, por un lado. E, por outro lado, pois o Director executivo de Tafisa, naquel momento, era un señor que se chama Comesaña, que naceu en Marcón, e empezou na planta de Pontevedra e fixo moitas manobras para que seguiran aquí, e, entre esas dúas cousas, pois acadouse que o que era unha decisión, practicamente irrevocable, do Grupo Sonae, de pechar Tafisa en Pontevedra, e potenciar Betanzos, ou Valladolid, ou Solsona, porque a duplicidade de aquí non lle ía, tiña decidido que non, pois bueno, se mantivera. Ben, por iso, digamos, vamos, incluso ampliara, que en principio era una liña de flor e outra de melamina, e ó final pasaron a ser tres, non dúas en Ponte Caldelas, cousa da que nos alegramos. E, evidentemente, claro, no convenio non hai nada, nin xuridicamente podería habelo, pero bueno, se non hai nada, inténtase, mandouse á Deputación, mandouse ó Comité de Empresa, mandouse ós Servizos xurídicos do concello, por se había a máis remota posibilidade de que por aí puidera haber algo, pero non o hai. Estamos nunha situación na que, digamos que a confrontación, por desgraza, ten que ser ó máis alto nivel, seguramente, Sonae-Tafisa non vai ser fácil que cambien de postura senón senten unha presión, e a viabilidade, claro, e que os traballadores insisten en que pode existir, e agardo que teñan razón e non teñan presión ó máis alto nivel. E entón, bueno, pois creo, polo menos o alcalde de Pontevedra fixo todos os recados que puido, falou con conselleiros e demais, supoño que dentro da Deputación igual, e vámolo intentar entre todos, polo menos, que Sonae sepa que aquí todas as forzas políticas estamos, non nos gusta, opoñémonos á decisión, porque claro, hai cousas ás veces que claman ó ceo, ¿non?, que claman ó ceo. Tafisa, por exemplo, incluso de Betanzos e de Solsona estaban metendo taboleiro co cuño Pontevedra, porque tiña mellor aceptación no mercado, porque é sabido que nas Rías Baixas, o pino, ademais, a madeira medra moito máis rápido, entón, saía un taboleiro moito máis amante, moito mellor para traballar. Pecha a planta de Pontevedra, ou decide pechala, xa nos anos noventa, e ó final rematou pechando a planta de taboleiros no ano 2002, e segue utilizando a marca de Pontevedra, bueno, pois Tafisa-Pontevedra, porque tiña mellor aceptación no mercado. Non sei agora se se segue usando ou non, pero, durante anos, seguiu usándoa. Home, se Pontevedra lle deu esa vantaxe comparativa a Tafisa no seu momento, creo que tamén podía facer e debería facer un esforzo con Pontevedra que, ó fin e ó cabo, nin é unha planta tan grande nin, segundo o que din os traballadores, ten porque dar as perdas. Que, á parte, nun sector no que a cuestión cíclica é absolutamente fundamental, Tafisa, Finsa, todo ese tipo de empresas, pasan épocas que saben que teñen perdas, pero xa nas contas se teñen desquitado, que noutras van gañar moito, non é moi cíclica. Entón, por que a de Pontevedra, que non é unha planta que lle estea dando, á parte hai o problema da mala xestión polo medio, non parece razoable que a pechen, a de Ponte Caldelas, que a pechen así. Por tanto, todo o noso apoio e eu, dende logo, xa nos gustaría que pola vía dunha subvención do IGAPE, do convenio urbanístico que sexa, houbera por onde agarrar, por desgraza, creo que non están neses termos, non está, por desgraza. Pero, si hai por onde agarrar na cuestión social e na cuestión fundamental, que é que os traballadores se están mobilizando, están facendo un esforzo, é por eles pero tamén é polos demais, porque se non hai traballo, se non hai actividade económica, se non hai ingresos, pois toda a sociedade, todo se resinte, comercio, bueno, todo e demais. E creo que a situación é suficientemente grave como para que fagamos un esforzo, eu alégrome moitísimo, e teño que dicilo así, de que non se estea facendo con este asunto, pois a ver se unha forza política fai aquí ou alá, digo, polo menos as que actuamos a nivel local. Creo que estes acordos por unanimidade, que ás veces son declaracións que non van máis alá, eu agardo que neste caso si vaia máis alá, e alégrome profundamente, alegrámonos de que puidéramos chegar a un acordo, e poder loitar cada un dentro das súas posibilidades para defender o tecido produtivo, e a riqueza na nosa comarca. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bo día, gracias Presidente. Bueno, pois, estando de acordo coa declaración que aquí se fai, tanto para a empresa Tafisa como para Construcciones Crespo, reiterar de que o Partido Socialista mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa, cos representantes dos traballadores e traballadoras de Tafisa. Tamén nos consta que o Presidente o fixo aquí, tanto con Construcciones Crespo coma cos traballadores de Tafisa o pasado venres. E, polo tanto, pois, en primeiro lugar, saudar positivamente de que teñamos feita esta declaración. Pero, a continuación dicir que non pode quedar só nunha mera declaración, que temos que todos facer os esforzos que nos corresponden, en tanto en canto, uns temos máis responsabilidades por alí onde estamos a gobernar e outros tamén. Polo tanto, eu quero resaltar o compromiso dos traballadores e traballadoras de Tafisa, porque veñen soportando continuos expedientes de regulación de emprego, para facer viable a empresa, tal e como foron acordando coa Dirección da empresa Sonae, que é a verdadeira responsable desta situación, e que ten toda a responsabilidade desta situación, á hora do desacougo e de falta de futuro. Polo tanto, agora cando ven que se incumpre ese expediente de regulación de emprego e lle propoñen un expediente de regulación extintivo, é dicir, de peche da empresa, pois, a verdade, cando este tiña que durar ata setembro mínimo, cando menos incidir nesa falta de responsabilidade da empresa, pero tamén a continuación, que é o que un pouco se expón na propia declaración que fai este Pleno, é de que se fale coa Conselleira de Traballo e que se fale co Conselleiro de Industria, para coñecer realmente a implicación con fondos públicos nesta empresa, e ver tamén que Sonae sepa de que non vai a ter todas as facilidades. En primeiro lugar, o incumprimento dun acordo cos traballadores e coa propia Administración, que é o expediente de regulación de emprego no que estaban agora inmersos, e que sen cumprir xa lle plantexan un extintivo. Polo tanto, eu creo que aquí debemos ser moi contundentes coa empresa, pero tamén esixirlle ás dúas Consellerías de que se impliquen a fondo e que a empresa sepa que non lle vai a ser tan fácil incumprir e levar á empresa, como a está levando, a que desapareza, porque esta empresa entraría en beneficios xa este trimestre, teñen que coñecer os cidadáns de que entraría en beneficio, e polo tanto tería futuro. De aí que cremos, dende o Grupo Provincial Socialista, que todo o esforzo que se faga na defensa dos postos de traballo desta importante empresa nunha localidade que ten unha tremenda importancia, pois será pouco. Polo tanto, o noso compromiso nesta Moción, para que, nesta declaración, e para apoiar todo o que teñamos que apoiar para que lle deamos unha solución. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo, como Deputada do Partido Popular en Pontevedra. Sra. Vázquez Reboredo.- Bos días a todos. Dende a Deputación o noso apoio total a todos os traballadores e ás súas familias. Somos moi conscientes que cada unha desas persoas, que están sentadas aí, representa a unha familia e, dende logo, este acordo que acabamos de facer entre todos os grupos políticos desta Corporación é un compromiso, é un compromiso claro, de facer todo o que estea nas nosas mans, para que esta terrible situación á que parecen abocados, pois non sexa así e se poida evitar na medida do posible. Sabemos que non somos a administración competente, pero si temos o noso compromiso para que poidamos facer de intermediarios ante a administración competente ou administracións competentes, para que esta situación, pois, non sexa o que parece que está abocado a ser. Dende logo, esta Institución leva moito tempo implicándose no emprego para que esta provincia, o número de desempregados vaia cada vez en descenso, e, dende logo, unha medida como a que acaba de tomar Tafisa ou como a que quere tomar Construcciones Crespo, dende logo, a esta Deputación a vai a ter sempre en contra a esas medidas, porque o emprego é o principal, as familias son o principal, así que van a ter sempre o noso apoio. Pero ademais, dáse a circunstancia de que estas empresas son empresas da comarca de Pontevedra, enmarcadas no concello de Pontevedra, e, desgraciadamente, moitos veciños deste concello están agora padecendo esta situación. Así que, tamén, como concelleira do municipio de Pontevedra, o noso apoio total e intentaremos facer todo o que estea nas nosas mans para que esta xente teña unha solución. Así que, o noso apoio dende a Institución provincial, pero tamén, dende o grupo do Partido Popular no concello de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Vázquez Reboredo. Polo tanto, procedemos á aprobación desta Moción conxunta en relación, precisamente, ós traballadores e traballadoras do grupo Tafisa que hoxe se encontran aquí con nós; trasladando o mesmo, que xa foi reiterado, de que todo aquilo que estea nas posibilidades desta Institución, concello de Pontevedra, Xunta de Galicia e administracións implicadas, se poida levar a efecto co fin de salvar esta situación. Xa leramos antes o texto do acordo, polo tanto, ¿votos en contra?. O Partido Socialista a favor, Bloque Nacionalista Galego a favor e, Partido Popular, tamén. Agora, queremos aprobar tamén, porque aproveitando que están aquí, unha Moción de urxencia de todos os grupos políticos que aquí están, neste caso, solicitando a concesión do indulto para Ana González Outerelo e Tamara Vidal García, que di o seguinte, primeiro aprobamos a urxencia, quero entender que aprobada por todos os grupos, igual, e a exposición de motivos é a seguinte: As cidadás pontevedresas Ana García Outerelo e Tamara Vidal foron condenadas polo Xulgado do Penal número tres de Pontevedra, mediante sentenza número 186/2013 ditada polo procedemento abreviado número 108/2013 e a Audiencia Provincial de Pontevedra, Tribunal Sección Segunda, mediante sentenza número 76/2014, dimanante do rolo de apelación do procedemento abreviado número 302/2014, condenou por delito do artigo 315.3 do Código Penal, á pena de tres anos e un día de prisión, e multa de doce meses e un día, a razón de seis euros, ás mencionadas anteriormente. Os tres grupos políticos que conforman a Corporación Provincial da Deputación de Pontevedra acordan: primeiro, solicitar a concesión de Gracia de Indulto, por conduto da Subdelegación do Goberno, a favor das penadas Ana González Outerelo e Tamara Vidal García; remitir este acordo ó Ministerio de Justicia do Goberno de España como órgano competente para a concesión do devandito indulto. Creo que é isto. ¿Algunha intervención?. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Eu moi breve, porque felicito que traian esta declaración tamén e, como non pode ser doutra maneira, o Grupo Provincial Socialista a vai apoiar. É curioso, porque non sei se foi no pleno pasado ou fai dous plenos, tamén aprobamos unha moción exactamente igual para pedir o indulto de Carlos e Serafín, outros dous sindicalistas, xa van aquí catro, catro que coñezamos, é dicir, por ser sindicalistas, por representar ás súas compañeiras e compañeiros, por defender os seus postos de traballo, estas son dúas traballadoras, dúas traballadoras, por defender, defender os seus dereitos, por defender os seus dereitos nunha folga, defender os seus postos de traballo, resulta que teñen que entrar na cadea, persoas sen antecedentes, persoas que o único que fan é ter un compromiso amais, que en vez de saír do seu choio e ir para a casa, están comprometidos cos demais, incrible, e teñen que entrar na cadea, nais de familia, pais de familia. E hoxe, eu escoitaba nunha emisora de radio de que os da Caixa de Penedès, que meteron a man non sei en cantos millóns e non van á cadea, non van á cadea compañeiros, simplemente a contradición e a nosa solidariedade, porque, se xa era difícil, é dicir, facer unha acción amais, que é implicarse sindicalmente, se xa iso é difícil, nolo están a poñer agora mesmo moito máis difícil. Eu espero que atendan tanto á petición de indulto, que se fixo dende diversas institucións, á de Carlos e Serafín, e tamén á de Ana e Tamara, porque, é que realmente, a quen se lle conte non dá crédito. Nada máis, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Evidentemente, vamos, se os tres grupos estamos, somos os que asinamos a Moción conxunta, obviamente, todo o noso apoio e demais, pero creo que o Presidente fixo ben en tratar as tres á vez, porque ó final estamos nunha situación no que todo está relacionado, ¿verdade?. E, francamente, estamos nun sistema que é o que é, é un sistema capitalista democrático, como lle queiran chamar, pero que está habendo unha ofensiva tan tremenda, ¿verdade?, onde á parte do capital, ou como se lle queira chamar, …, o do gran capital, con respecto ó que é os dereitos e ás posibilidades de vivir e defender os seus dereitos, das clases traballadoras, dos traballadores en especial, que se lle está pasando a man, é que se lle está pasando a man, de verdade, ou sexa, por un lado nos recortan a riqueza, ¿verdade?, ben calculadiño, ¡eh!, hai documentos, hai documentos do Ecofin ou como lle chamen, de que máis ou menos se calculaba que a riqueza media vía salario, vía pequena empresa ou o que sexa, ía recortar sobre un trinta por cento, xa alá vamos, senón pasou. Recortárona, vía salarios, directos ou indirectos ou o que sexa, pero, entón, para que non se proteste endurecemos o Código Penal, poñemos a actuar unha Xustiza que ten unha lixeireza, creo que o Portavoz do PSOE díxoo moi ben, para unhas cousas é moi lixeira, para aplicar con dureza e noutras é menos lixeira, pero bueno, isto é, francamente, francamente, pois así se poden explicar reaccións das que hai, incluso, ¿non?, moi esaxeradas, ou incluso, bueno, non digo violentas, que nós non vamos a xustificalo, pero si, si moi …, porque vamos, isto, isto pasa de castaño escuro. Está ben que queiran gañar máis, cada vez máis, porque é curioso, ¿non?, nisto da crise, se calquera ve os cen máis ricos, gañaron moito máis dende que empezou a crise. Se alguén ten algunha dúbida de que é o que está pasando, se isto é crise, crise é unha maneira de chamarlle, o que é é unha ofensiva total e absoluta para que os de abaixo gañen menos, para que iso vaia para engordar as ganancias dos de arriba, entón, para que non protesten, leña, pero home, un pouquiño, garden un pouco as formas, aquí, neste caso concreto, e non é só este, non é só este, non gardaron nin as formas. Evidentemente, creo que se merecía unha resposta bastante máis contundente, e que xa a tivo, pero, a única saída que hai agora é solicitar a Gracia, polo tanto, nós, o Indulto, nós vamos a pedilo. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, como se pode comprobar, hai coincidencia plena neste asunto igual que nos dous anteriores, co cal espero que poidan frutificar, favorablemente, para os intereses, en primeiro lugar, dos traballadores e, en segundo lugar, tamén, como digo, dos traballadores e das dúas compañeiras, neste caso de Pontevedra, tanto Ana como Tamara. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. E continuamos. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Moitas gracias e moita sorte a todos e cada un dos que formades, neste caso, o colectivo de traballadores de Tafisa e tamén de Construcciones Crespo. Escóitanse aplausos. Previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: A) MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PARTIDO POPULAR (PP), PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA (PSdeG-PSOE) E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), EN APOIO DOS TRABALLADORES DE TAFISA O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), en apoio dos traballadores da empresa Tafisa. “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A empresa Tafisa, radicada no polígono de A Reigosa, en Ponte Caldelas, vén de presentar un ERE extintivo que afecta a 60 traballadores, que a partir do 31 de xullo se quedarán sen emprego. 2.- Son traballadores que, na súa meirande parte, se sitúan nunha franxa de idade especialmente difícil para a súa recolocación, como é do entorno dos 45-50 anos. 3.- Ademais, afrontan o despedimento con 11 meses menos de prestación por desemprego como consecuencia dos sucesivos ERE temporais que a empresa levaba aplicando dende 2011 e que os traballadores aceptaron para garantir a viabilidade da empresa. 4.- Dado que este peche supón un quebranto para sesenta familias e, tamén, un mazazo ó xa de por si reducido tecido empresarial da comarca de Pontevedra, os tres grupos que integran o Pleno da Corporación Provincial ACORDAN por unanimidade: 1. Mostrar a súa solidariedade cos traballadores afectados e esixir ó Grupo Sonae, propietario de Tafisa, o mantemento da factoría de Ponte Caldelas e, con ela, os postos de traballo. 2. Solicitar ós distintos departamentos da Administración Autonómica que concederon axudas a Tafisa que analicen se cabe esixir algún tipo de responsabilidade á compañía. 3. Trasladar este acordo ás distintas administracións autonómicas, consellerías de Industria, Traballo e Igape, co obxectivo de buscar posibles saídas á difícil situación xerada polo anunciado peche da fábrica de Ponte Caldelas.” B) MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PARTIDO POPULAR (PP), PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA (PSdeG-PSOE) E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), EN APOIO DOS TRABALLADORES DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CRESPO O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), en apoio dos traballadores da empresa Construcciones Crespo. “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- O peche da empresa Construcciones Crespo deixa na rúa a 90 traballadores ós que a compañía adebeda varias nóminas e atrasos. 2.- A empresa está inmersa nun concurso de acredores dende 2013 e nestes momentos acordou, coa aprobación do Xulgado do Mercantil, a súa liquidación. 3.- Malia todo, isto non pode implicar que os traballadores non reciban o que en xustiza lles corresponde, tanto no que respecta ás nóminas atrasadas como ás liquidacións ás que teñen dereito. 4.- Segundo os datos da Administración concursal, a empresa ten unha débeda de 3 millóns de euros, entre os que se inclúen 360.000 de salarios dos traballadores. Polo antedito, os tres grupos que integran o Pleno da Corporación Provincial, ACORDAN: 1. Amosar a solidariedade da Corporación Provincial en Pleno cos traballadores afectados polo peche da empresa Construcciones Crespo. 2. Esixir que se adopten as medidas necesarias tendentes a manter a viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo. 3. Instar ás Administracións que teñen pendentes pagamentos a esta empresa a que salden o antes posible estas débedas, co obxectivo de facilitarlle o cobro dos salarios pendentes ós 90 afectados.” C) MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PARTIDO POPULAR (PP), PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA (PSdeG-PSOE) E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), SOLICITANDO A CONCESIÓN DE INDULTO PARA ANA GONZÁLEZ OUTERELO E TAMARA VIDAL GARCÍA O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), solicitando a concesión de indulto para as penadas Ana González Outerelo e Tamara Vidal García. Dita Moción é como segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- As cidadás pontevedresas Ana García Outerelo e Tamara Vidal García foron condenadas polo Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, mediante sentenza número 186/2013, ditada en procedemento abreviado número 108/2013. 2.- A Audiencia Provincial de Pontevedra, Tribunal, sección segunda, mediante sentenza número 76/2014, dimanante do rollo de apelación de procedemento abreviado número 302/2014-M, condenou por delito do artigo 315.3 do Código Penal á pena de tres años e un día de prisión e multa de doce meses e un día, a razón de seis euros. Os tres grupos políticos que conforman a Corporación Provincial da Deputación de Pontevedra, ACORDAN: 1. Solicitar a concesión da gracia de Indulto, por conduto da Subdelegación do Goberno, a favor das penadas Ana González Outerelo e Tamara Vidal García. 2. Remitir este acordo ó Ministerio de Xustiza do goberno de España como órgano competente para a concesión do devandito indulto.” a) Parte resolutiva: 2. 6474.- MODIFICACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Sr. Presidente.- Punto número 2. Modificación das bases reguladoras do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Bueno, esta é unha modificación das bases do Plan de mantemento de servizos e infraestruturas municipais. Saben vostedes que na sesión do Pleno de 28 de febreiro deste ano, se aprobou o Plan urxente de mantemento destas infraestruturas, e, despois de analizar as demandas que se están solicitando de financiamento, e, sobre todo, de proxectos que hai enriba da mesa, decidimos, o equipo de Goberno, incrementar este Plan en 12.000.000 de euros máis, e esta é a base deste expediente, pasaríamos de quince a 27.000.000 de euros, o cal son 12.000.000 de euros máis, e creo que isto significa, claramente, o compromiso que ten o equipo de goberno cos concellos, en buscar a colaboración e a cooperación nun momento de crise, que estamos a vivir, tan complicado e tan difícil. Polo tanto, estes son 12.000.000 de euros máis que se aproban con estas bases e despois irá tamén a modificación de crédito correspondente, no punto sete ou oito, onde se conformará e se ratificará este expediente. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bo día de novo, bueno, neste punto 2, da modificación das bases, queremos dende o Grupo Provincial Socialista, en primeiro lugar, manifestar que vamos a mostrar o noso apoio a este Plan, a pesares de que quedan excluídos de novo dous concellos desta provincia, Vigo e Pontevedra, que non entendemos por que, é dicir, seguen a quedar de novo os dous principais concellos da provincia fóra. En todo caso, queremos facer tamén algunha puntualización, porque insistindo, dende o Grupo Provincial Socialista de que, de xeito reiterativo se vén facendo unha determinada forma financeira e contable onde vemos que se aproban diversos plans de axudas ós concellos, ós que despois non se lle deixa facer a eles a xestión, de xeito de que viña sendo a propia Deputación a que licitaba, executaba, é dicir, facía todas as obras que pedían os concellos. Isto o estamos a comprobar vendo o histórico, que a maioría dos plans que se sacaban por parte da Deputación non se executaban, ou quedaban, non se executaban na súa totalidade, e, dende logo, o máis importante é que non se executaban todos os créditos. Agora mesmo, nós, que viñamos insistindo en que foran os propios concellos os que fixeran a licitación das obras, o seguimento, bueno, pois agora saudamos positivamente que por esta vez, neste Plan, se veña a recoñecer ese erro e sexan os concellos os que procedan á licitación das súas obras, vai a dar máis axilidade e seguro que se van a cumprir máis os plans. Se reitera tamén, a reserva por parte do Presidente de en torno ó vinte por cento, ou algo máis, deses 27.000.000 de euros, que se reserva tres millóns para a súa concesión, pois, un pouco á discreción ou bo criterio, e o que temos dúbidas é se a data de 31 de decembro para a presentación de proxectos é a deste ano 2014, a de 2015 para o remate das obras, se realmente van a estar todas concluídas, temos dúbidas, vamos a facer un pouco o seguimento. Porque a nós nos gustaría tamén coñecer cal foi o grado de pago do Plan de Inversións nos concellos en 2012, e cal foi o grado de gasto comprometido e de pago do Plan de Inversións de 2013, porque é o que nos ía un pouco a ofrecer cifras explicativas e para facer as comparacións. E, remato como comecei, é dicir, se de nós dependera incluiríamos neste Plan a Vigo e a Pontevedra porque, realmente, insistimos, non hai razóns para que se queden de novo fóra dun plan de investimentos da Deputación, a pesares diso, a pesares diso, vamos a votar a favor deste PUSIM 2014. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, estamos aquí, que se cambian as bases, con respecto ás anteriores, é a contía, ¿non?, que se suma, que se sobe e se dá un novo prazo para pedir por parte dos concellos e tal. Vale. Vai á conta de remanentes, de remanente líquido de tesourería que esta Institución está usando para prestar servizos, ou, neste caso, para transferir ós concellos para que fagan obras ou servizos, cousa coa que nós estamos de acordo, e, á parte, xestiónase dunha maneira en que nós pedimos que se fixera, ou sexa, que se faga a través dos concellos, que son grandiños e poden facelos, son maiores de idade e poden facelos. Votáramos a favor, senón me acordo mal, da anterior, do anterior, vamos, do Plan inicial, das bases, aínda con certas reticencias e, en principio, a maior dificultade que poñiamos era Mondariz-Balneario, que está arranxado, pero doutra maneira, non exactamente nas bases, e Pontevedra e Vigo que, en principio, teñen un rural, tanto por extensión como por poboación, que son maiores que a maioría dos concellos da provincia, ¿non?, entón, quedaron fóra. Ben, como nos consta que en Pontevedra, e supoño que agora haberá algunha modificación ó aumentar a contía, pois está moi avanzada a negociación para non entrar neste Plan, pero si facer unha serie de obras que a Deputación ten vinculación con elas, e, polo tanto, pois creo que é obriga, e así está practicamente pechado. E en Vigo, supoñemos tamén que co pacto dos orzamentos, pois tamén está, esa guerra que aquí denunciamos, que non tiña, que era moi mala, para todos e para toda a provincia, pois tamén está superada, pois vamos a votar a favor do Plan. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, que lle agradecemos tanto ó Bloque Nacionalista Galego como ó Partido Socialista que se sumen a este proxecto, quere dicir que os plans da Deputación ó longo dos últimos anos están a funcionar, están a dar resultados e agora, bueno, pois incluso teñen a unanimidade política. Eu creo que isto tamén é moi importante, quere dicir que o traballo que se está a facer é un traballo rigoroso, un traballo responsable, un traballo que cubre as demandas que están plantexando os concellos, e eu creo que todos os concellos dende a Deputación teñen as súas axudas, tanto Vigo coma Pontevedra tamén, na medida das súas posibilidades. En Vigo, agora mesmo, temos unha obra en construción por un importe de un millón e medio de euros, que creo que dá importancia ó significado de compromiso que ten a Deputación coa cidade. Pontevedra, xa o dixo o Sr. Mosquera, non me vou a reiterar nin a repetir. E os demais concellos están en base a criterios obxectivos. Polo tanto, eu creo que é difícil criticar agora a política da Deputación senón todo o contrario, eu creo que estamos raiando, incluso, en canto ós criterios, pois, criterios racionais, criterios obxectivos e criterios case matemáticos nalgúns casos. Polo tanto, eu creo que esa dirección, na que fomos avanzando nos últimos tempos, nos dá, que bueno, que poidamos ter os vinte e sete votos a favor nun plan tan importante de 27.000.000 de euros como este. Polo tanto, eu creo que as cousas en canto a criterios, en canto a reparto, en canto a axudas coa cooperación a todos os concellos da provincia se están manifestando nese voto que hoxe, por unanimidade dos vinte e sete, sae aprobado este proxecto, xa non é tema dos vinte e sete votos, é que conseguimos a unanimidade de todos e estamos na mesma dirección todos, que iso eu creo que é o que realmente ten que interesarnos para beneficiar ós veciños e veciñas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto, procedemos á aprobación deste novo Plan de 12.000.000 de euros que destinamos a infraestruturas básicas nos concellos. ¿Votos en contra?. ¡Ah!, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, era despois desa exposición do Sr. Figueroa, me parece que lle dá a volta un pouquiño, non estamos pensando nun goberno en concentración, non estamos pensando, simplemente é que vostedes cambiaron do ano pasado a este totalmente. Se nós lle criticamos nunha dirección, ou sexa, estao facendo vostede mal por isto, e agora o cambian, obviamente non tería sentido votar en contra, nós non votamos en contra porque si, votamos, se corresponde cos nosos criterios votámoslle a favor e senón corresponde tal. Á parte, que se están, incluso, outra vez, baseándose, digamos, con certa lixeireza, ¿non?, digo, para non usar unha expresión así que queda fea, os criterios de Montoro, etc., xa, hai toda unha serie de cousas que vostedes saben, que contén esta, vamos, tanto esta, a modificación, e despois a modificación de crédito que virá no punto sete, que nós, sabe que corresponde ó que defendemos, polo tanto, votámoslle a favor. Non estamos pensando nun goberno de concentración, niso pensan outros e nós non. Sr. Figueroa Vila.- Confirma que estamos na boa dirección co voto a favor, ¿non?. Sr. Presidente- Si, iso é o slogan, que é real. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do “Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14)” sendo o obxecto das mesmas, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Resultando que, tras poñerse en marcha este plan, se constata que as demandas de investimentos dos concellos son moi numerosas e que, para dar unha resposta axeitada, é necesario ampliar o crédito inicial nun importe de doce millóns de euros (12.000.000,00 €). Resultando que unha das competencias da Deputación, de acordo co disposto na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local na redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, é asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto de servizos mínimos municipais instrumentando para isto os pertinentes Plans de Cooperación. Visto o ditame favorable da Comisión informativa de Cooperación e os informes do Secretario Xeral e da Intervención provincial e o resto da documentación que obra no expediente, o Pleno acorda por unanimidade: 1º.- Ampliar en doce millóns (12.000.000,00) de euros o crédito inicial do “Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14)” nas aplicacións 2014/942.942.462.45, 2014/942.942.652.45 e 2014/942.942.762.45 do vixente Orzamento provincial. 2º.- Comunicar, no prazo de cinco días hábiles dende a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), o reparto do importe complementario que lle corresponde a cada concello con cargo á presente ampliación do PUSIM/14, conforme os criterios establecidos nas súas Bases reguladoras. 3º.- Conceder un prazo de trinta (30) días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), para que os concellos presenten as novas propostas de investimentos e soliciten as axudas polo importe máximo que previamente lles foi comunicado con cargo á presente ampliación. 4º.- As novas solicitudes e demais documentación necesaria para a válida concesión das subvencións axustarase estritamente ó disposto nas bases do “Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14)”, publicadas no BOPPO núm. 44, do 5 de marzo de 2014, e que permanecerán invariables en todo o demais. 3. 6475.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE OIA DA INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS POR EMPRESAS SUBMINISTRADORAS DE SERVIZOS DE INTERESE XERAL (TAXA DO 1,5%) ASÍ COMO DA INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO ICIO E DA TAXA POR LICENZA DE OBRAS Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación do concello de Oia, da Inspección da liquidación da taxa de utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas subministradoras de servizos de interese xeral, Taxa do 1,5 %. Así como, da Inspección da liquidación provisional do ICIO da Taxa por licenza de obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Oia na sesión celebrada o día 6 de marzo de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, por empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral (taxa 1,5%), así como da inspección da liquidación provisional do ICIO e da taxa por licenza de obras, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva de cada un destes tributos do concello de Oia. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resultan de interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión das liquidacións derivadas da ordenanza fiscal reguladora desta taxa (taxa 1,5%); e da facultade de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e da taxa por licenza de obras, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva de cada un destes tributos do concello de Oia. Delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello de Oia na sesión que tivo lugar o 6 de marzo de 2014. 2. Esta delegación do concello de Oia será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Oia así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Oia publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4. 6476.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE VILABOA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (IIVTNU) Sr. Presidente.- O punto número 4. Delegación do concello de Vilaboa da facultade de xestión e inspección e liquidación, recadación e revisión do imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Vilaboa na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) do concello de Vilaboa. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) do concello de Vilaboa; delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello de Vilaboa na sesión que tivo lugar o 28 de marzo de 2014. 2. Esta delegación do concello de Vilaboa será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Vilaboa así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Vilaboa, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5. 6477.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE MORAÑA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O 13 DE XUÑO DE 2001 Sr. Presidente.- Punto número 5. Adhesión do concello de Moraña ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral, subscrito entre a Secretaría de Estado e de Facenda, Dirección Xeral de Catastro e a Deputación de Pontevedra, o 13 de xuño, xa de hai bastante tempo, polo que vexo aquí, que é o que permite levar a cabo a inspección e revisión catastral nestes concellos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Moraña na sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2014, acordou a adhesión do concello da Moraña ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Moraña delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial. Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Considerando que a adhesión se atopa dentro dos servizos que o artigo 2 da vixente ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación aprobada polo Pleno da Deputación provincial o 03/05/2013. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda, por unanimidade, aceptar a adhesión do concello de Moraña ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. 6. 6478.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA EP-9502 SISÁN-PONTE ESTACAS COA C-550 (RIBADUMIA)” Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación inicial do proxecto mellora da seguridade vial, Sisán-Ponte Estacas, polo tanto, bueno, é a aprobación do proxecto. Segundo, exposición pública do mesmo, expediente expropiatorio, que conleva o prazo regulamentario a efectos de posibles reclamacións, entendéndoo aprobado definitivamente de forma automática en caso de non producirse. E terceiro, declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da premura que existe na execución da obra. Cuarto, a declaración de urxente ocupación de bens e terreos afectados pola referida obra. Estou a falar, como digo, da obra Sisán-Ponte Estacas, no termo municipal de Ribadumia, entre Ribadumia e Cambados. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, que haxa que facer isto polo sitio, por todo o que, vamos, o entronque que hai alí e demais, pois é lóxico, non temos nada en contra, e polo tanto, conta con todo o noso apoio. O que si nos colle é unha dúbida, que é sobre un criterio, tampouco son cantidades como para, pero sobre un criterio que hai que intentar manter, que cando sexa unha cuestión de seguranza viaria da estrada ou das pluviais, pois, paga a Deputación; e se hai outras cuestións como, saneamento, unha senda peonil, unha beirarrúa, pois hai que ir a un convenio. E neste caso, pois hai elementos deses, paga todo a Deputación, non é que sexan grandes cantidades, pero digo que, é que senón non vai haber maneira e vai saltar outra vez toda esa guerra de que se hai os servizos e non sei que, un caso se fan e noutro caso non se fan. Aí non aparece por ningún lado. Sr. Presidente.- A contía son oito mil setecentos. Sr. Mosquera Lorenzo.- A contía son 112.000 euros: centro tres de obra, e oito mil de expropiacións, nove mil de expropiacións, esa é a contía. Vamos, pero se con iso non temos ningún problema, incluso entronca que hai que melloralo, iso é seguro. A cuestión non é esa, a cuestión é que aí van elementos de bordillos, de tubos de saneamento, de acometidas, e dunha, vamos, beirarrúa ou paseo peonil, que en principio o criterio que se intenta manter aquí é que sexa igual para todos os concellos, porque senón a un se lle fan unhas beirarrúas, unha urbanización, un paseo e unha senda, e outros pois pagan, e ó final pois vai ser, vamos, digo se se mantén ese criterio, porque eu creo que habería que mantelo, porque senón, vai a ter peticións dos seus alcaldes aí en fila, a que lle fagan unhas beirarrúas ou unha senda de paso que mellora a estrada, que vai meter medo, pois que haxa un criterio para todos. ¿Non?. Sr. Presidente.- Bueno, isto, dicir, que é unha conexión cunha estrada autonómica, e ademais estamos falando dunha superficie, polo que se ve, moi pequena, bueno, en todo caso revisarei ese comentario que se fai dende aí , pero algo podo coñecer deste proxecto, e aínda terei que falalo co Director de Infraestruturas para ver se realmente se contemplan todos os casos igual, ou non, ou a ver que diferenzas hai en relación a outros casos. Polo tanto, procedemos a aprobación inicial do proxecto, máis o tema da expropiación, que é o problema que conleva esta actuación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da seguridade vial na EP-9502 Sisán–Ponte Estacas coa C-550 (Ribadumia)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 112.876,75 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 103.672,80 euros e capítulo de expropiacións por importe de 8.765,67 euros, ten por obxecto a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a ampliación da capa de rodaxe no tramo inicial da devandita estrada para mellorar o entronque co viario autonómico, o que conleva unha modificación do trazado que incide nunha mellora da seguridade viaria. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que o trazado actual ten unha gran densidade de tráfico rodado. Para iso o proxecto plantea unha ampliación da plataforma o que, xunto coa conseguinte modificación das aliñacións nese tramo mellorará de xeito notable a seguridade viaria na estrada provincial. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda, por unanimidade: Primeiro.- A aprobación do proxecto “Mellora da seguridade vial na EP-9502 Sisán–Ponte Estacas coa C-550 (Ribadumia)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 112.876,75 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 103.672,80 euros e capítulo de expropiacións por importe de 8.765,67 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a circulación do tráfico rodado a través da antedita ampliación da estrada, conseguindo así reforzar a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de Propietarios Afectados e Bens Expropiados PARCELA PROPIETARIO SUPERFICIE AFECTADA BENS AFECTADOS 1 Herdeiros de Balbina Cousido Cibes 90,81 m2 1 ud. paso salvacunetas 2 Marisol Padín González 58 m2 7 ud. coníferas 30 ud. plantas 1 ud. traslado tobogán infantil 1 ud. traslado balancín infantil 33 ml. Canalización desagüe piscina 30,25 m2 muro mampostería granítica 4,50 m2 muro de mampostería ordinaria 3 m2 malla de alambre e postes 51 m2 muro de peche de granito 7. 6479.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO 2/2014 Sr. Presidente.- Punto número 7. Expediente de modificación do Orzamento 2/2014. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Temos unha aprobación do expediente de modificación de crédito que consta de dous apartados: un crédito extraordinario por importe de 4.092.000 euros; e un suplemento de crédito por importe de 13.465.000 euros. En total a suma dos dous é 17.553.000 euros. É unha cantidade importante, pero unha cantidade que está baseada fundamentalmente en dous aspectos fundamentais. Un, 4.000.000 de euros que é o crédito extraordinario, que é na súa totalidade para o plan de emprego, creo que esta Deputación está dando mostras claras de destinar cantidades importantes a plans de emprego. Nos últimos anos levamos en torno a vinte e tantos millóns de euros, e agora, bueno, boa parte do que xa hai no presuposto, que está en torno a tres e medio, catro, lle sumamos 4.000.000 de euros máis, co cal o ano 2014 estamos a falar de 8.000.000 de euros reais do presuposto, máis, bueno, tódalas posibilidades que poida haber no futuro, que non nos quedaremos aquí se temos cartos, evidentemente, será o obxectivo fundamental os plans de emprego. E despois, no suplemento de crédito dos 13.000.000 de euros, está a partida que falamos anteriormente de 12.000.000 de euros do plan de mantemento de servizos para os concellos. Iso é a suma fundamental, despois hai outras partidas máis pequenas, que son menores, pero en calquera caso, o fundamental é que esta modificación de crédito vai destinada a un plan de emprego dun importe de 4.000.000 de euros, máis os doce millóns que se destinan ós concellos dentro do proxecto, que xa falamos anteriormente, de mellora de mantemento e cooperación coas propias entidades locais. Polo tanto, creo que o seu voto a favor tamén sería interesante neste expediente, porque así vamos seguindo na boa dirección. Sr. Presidente.- Moita gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Creo que sería sumamente interesante que esta Deputación fixera unhas xornadas para funcionarios técnicos dos concellos e para os responsables, sobre a nova Lei 27/2013 de Réxime Local. Sr. Presidente.- Xa acabamos de facela. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, xa o sei. Pero digo.. Sr. Presidente.- Terminou o martes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, claro. Pero digo, que lle contaran exactamente como fan o contrario da lei aquí na Deputación, para que nos concellos aprenderan, porque hai moitos concellos que ó funcionario non lle aceptan facer o que fan vostedes aquí. É unha desgraza. Claro, claro. Sr. Presidente.- Son bos funcionarios. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, por iso, para que lle ensinaran a dicir como se salta, porque claro, unha modificación de crédito que, vamos, practicamente acabamos cos remanentes e demais, cousa que nos concellos andan por aí suando para buscar, igual teñen remanentes pero non os poden usar, porque non sei que pasa. Sr. Presidente.- Agora se abriu por parte do Ministerio flexibilidade nese sentido. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, ben. E aquí, por exemplo, o que se lee aquí, en relación ó que acaba de dicir o portavoz do Partido Popular, pois non é o mesmo, porque claro, se un di, “plan de emprego”, a lei o prohibe, pero se di, “a concellos plan de xestión e mantemento de bens e servizos municipais”, entón xa é menos plan de emprego. Claro, por iso digo que lle ensinen como se pode saltar, porque vostede dixo “plan de emprego” e non aparece por ningún lado, aparece como ataviar o fomento de emprego, pero iso é unha transferencia menor, pero o que é… Sr. Figueroa Vila.- É un plan de emprego Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, pero non llo chaman, claro, non, non, dígoo, a propósito disto, porque sucedeu tamén aquí, por exemplo, nunha institución que esta moi cerca, que se lle chamou, ¿como era?, se se lle chamaba paga extra, entón era un problema, se se lle chamaba paga de produtividade, entón xa non era, pero aí os seus estiveron moi aplicados en dicir, agardo que neste caso non estea o Ministerio de Economía tan aplicado, tan aplicado en interpretar, interpretar e demais. Eu creo que, repito, repito o que dixen ó principio, de que nesas xornadas contarlle a lei tal e como está, é un pecado, díganlle como se bordea, e vostedes aquí o fan moi ben, e contan con todo o noso apoio para facelo, por que estamos en contra da lei, e de que se unha institución ten recursos non os poida usar nesta época tan terrible en que a xente o está pasando tan mal, e nos poucos que poida ter, se poidan usar e non adicar a telos no peto, ou a amortizar débeda para que os bancos gañen máis. Sr. Presidente.- Pois nada, moitas gracias. Gracias, neste caso ó departamento que dirixe o Interventor, que está aquí con nós, en relación a darnos esas posibilidades, porque eu creo que ademais, vai cun fin específico, que non é máis que, cerca de mil familias que poidan ser beneficiarias deste plan, en definitiva, e os concellos tamén, porque vai a permitir de novo outro plan de actuación, sobre todo en servizos básicos municipais. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben. Neste punto sete vemos que algo que vimos reiterando en canto á maneira de facer as cousas, no capítulo financeiro, porque aínda ben non levamos cinco meses de vixencia do Orzamento 2014, e xa estamos presentando unha modificación e incorporación de remanentes por valor, nada máis e nada menos, que de 17.000.000 de euros. Nós, dende logo, estamos de acordo en que destes dezasete millóns, doce sexan para transferencias ós concellos dese Plan de obras e servizos que nós acabamos de votar a favor, pero, dende logo, eu quería aquí poñer de manifesto algo que vimos reiterando, e que cando se analizaba a conta xeral, cando se daba conta, que despois veremos, realmente nós xa diciamos un pouco o que estaba a suceder. E, dende logo, é certo que hai a posibilidade que se incumpra a Lei de Estabilidade, e tamén porque non se dedica a amortización de débeda, porque sigue habendo sesenta e seis millóns de débeda. Pero claro, eu creo que aquí, ademais o di moi ben o Interventor no seu informe, eu creo que neste caso os funcionarios fan a súa labor de forma axustada á lei, é dicir, moi axustada á lei, porque no seu informe di: “Non obstante este expediente de modificación de créditos en función das obrigas que se cheguen a recoñecer ó longo do exercicio, poderían dar lugar na liquidación do orzamento o incumprimento de dita Lei de Estabilidade...”; e di: “Debería dotarse parte deste remanente a amortización”, é dicir, non di nada distinto ó que o Grupo Provincial Socialista estamos planteando. Porque, o que nós dicimos, eu sei que sona enfarragoso e de números, pero o que nós estamos dicindo é, que a execución do presuposto do 2013 que nos dá o teito de gasto, nos dá o teito de gasto, se houbo 17.000.000 de euros que non se gastaron, o teito de gasto é o presuposto 2013 menos 17.000.000 de euros. ¿Que quere dicir?, de que isto é perfectamente legal, poñer os 17.000.000 de euros de modificación. O problema vaino haber se se executa todo o presuposto do 2014, e se executa os 17.000.000, no momento que se execute o presuposto 2014 e os 17.000.000, xa estamos incumprindo a regra de gasto, hoxe non a incumprimos, pero no momento que se executen si. Eu quero poñer de manifesto isto, porque cada vez, é que parece baladí, pero cada vez que, e o saben, o Presidente, o saben, o Portavoz do Partido Popular, o saben todos os que están aquí, porque están gobernando, que o teito de gasto, o que non se execute, ó ano seguinte queda ese teito de gasto reducido, e só se podería o que se executou e multiplicarlle o cero coma un coma cinco, ¿non?. Entón, home, eu creo que, no momento, no momento, que se execute o presuposto 2014, máis este, esta incorporación de remanentes, hai un incumprimento de gasto e temos un problema gordo, pero hoxe tal como está, eu, os funcionarios o están facendo de libro, amais o poñen aquí perfectamente, nada que obxectar, o problema vai a ser cando executemos. Por iso, sen entrar en contradición, ímonos abster neste punto. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, para rematar, moi rápido. Vamos a ver, o que pasa é que nós estamos facendo unhas políticas económicas adecuadas dende hai anos, non dende agora, nós vimos amortizando débeda dende os últimos cinco anos, e non acudindo a incremento de créditos dende os últimos cinco ou seis anos. Marcamos un obxectivo, que nos próximos catro anos a débeda sería cero, e se está a cumprir, porque nós no presuposto deste ano, temos 23.000.000 de euros de amortización de débeda, polo tanto, non é unha cantidade menor. Pero é que non o estamos facendo aquí só, Sr. Santos, vostede sabe que nós en Vigo lle votamos unha amortización de débeda de case 20.000.000 euros, lla votamos, que non tiñan os votos, e lle votamos unha modificación de créditos de 6.000.000 euros para obras, á parte do presuposto, iso á parte, a maiores. ¿Por que?, porque estamos facendo ou queremos que se fagan as mesmas políticas que nós estamos a facer na Deputación de Pontevedra. E claro, se un día temos que falar das políticas de emprego de cada unha das administracións, e desta administración, é que non hai color, é dicir, é que se quedaron todos atrás, empezamos cun millón de euros, hai oito ou nove anos, e chegamos a ter o ano pasado 20.000.000 euros, este ano temos oito ou nove e esa vai a seguir sendo a política. Polo tanto, ese discurso tan progresista que vostedes fan sempre das políticas de emprego, con esta casa non ten comparativa, é imposible comparalo, é dicir, é que ademais, quedarían en ridículo se se comparan, é dicir, é unha esaxeración de tal magnitude as políticas de emprego que se fixeron nesta casa e se están a facer nesta casa, que non hai comparativa pero en toda Galicia, é unha afirmación que fago, rotunda. Polo tanto, eu creo que tamén hai que valorar esta parte, e ademais mantendo un tema fundamental, que é o gasto social, porque non houbo recortes nin en gasto social, nin en gasto deportivo, nin gasto cultural. Que nós entendemos que o social, cultural e deportivo, pois vai nun paquete similar, é dicir, non é o mesmo, evidentemente, o apoio a familias con necesidade que dar unha subvención a unha entidade, pero si, aí hai moitos nenos, moitas nenas, moita actividade, é dicir, e iso todo o seguimos a manter; e, a maiores, ¿que seguimos mantendo aínda e incrementando?, os apoios ós concellos. Polo tanto, cando queiran facemos un debate de todas estas cuestións. Eu creo que se está dando un exemplo de como xestionar unha institución, coma xestionar unha administración nun momento de crise, e se hai un exemplo é a Deputación de Pontevedra, e proba diso é que moi poucas críticas estamos a recibir, senón todo o contrario, están aquí técnicos doutras administracións a ver como estamos a facer, é dicir, mantendo políticas nos temas do eido turístico; o ORAL manténdoo a un nivel altísimo de execución, etc., etc., e bueno, polo tanto, eu creo que aí é onde está, realmente, a base dunha boa e acertada política. Pero non me quero estender máis porque o motivo é a modificación de crédito, e dende logo, é unha modificación de crédito responsable e coherente: doce millóns para os concellos e catro para un plan de emprego, polo tanto, a ver quen di que non a isto. Sr. Presidente.- ¿Non quedou claro?. Sr. Rodríguez Díaz.- Teño que dicir, que no concello de Vigo, o cumprimento de gasto do presuposto foi todo, os douscentos cincuenta millóns menos 200.000 euros. Fíxese, aquí estamos falando de dezasete mil, e non entrei a cuestionar ningunha outra cuestión, digo, de que se execute, o que vimos dicindo ó longo destes tres anos, que se execute o presuposto que aprobamos aquí. Non dicimos outra cousa, porque iso fai rebaixar o teito de gasto, iso o sabe vostede Sr. Figueroa, que o que se aprobou alí de plan de investimentos non foi de remanentes, non foi de remanentes, foi de liquidación do Estado. Polo tanto, a proba de que nós estamos de acordo que se faga, e o diciamos que non había contradición, é de que nós acabamos de aprobar os doce millóns nun plan de investimentos, precisamente, deste modificado. Pero, o que lle dicimos a vostedes é que executen o presuposto porque senón, co teito de gasto, cada vez temos menos presuposto na Deputación para executar, tan sinxelo como iso. Pois en políticas de emprego, en políticas sociais, cando queiras discutimos e falamos delas, que nós temos moitas e, amais, moi ben enfocadas, e amais os veciños e veciñas de Vigo o consideran tamén moi positivo, soamente iso. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Non pensabamos intervir outra vez, e á parte nin tan sequera que o debate collera este ton, pero creo que hai unha serie de cousas que hai que deixar clariñas. Vamos a ver, antes, dixemos, que hai un deseño para que a riqueza directa, que as persoas dispoñen, se recortase sobre un 30%, que alá vai, e veremos senón segue. Pero tamén hai os recortes indirectos, todos sabemos, e hai moitas protestas polos recortes, pero amortizar débeda é un recorte directo, e non sei como se pode presumir de se unha administración coma esta casa, ou outro concello, ten un crédito ó un por cento, ou ó cero oito por cento, devolvelo é, que o banco o colla, en vez de telo ó un por cento o preste ó seis ou ó sete. Ou sexa, financiar os bancos, xa non chegou con que meteramos cen mil millóns de euros do bolsillo de todos os cidadáns, para reflotalos, agora tamén as administracións vamos a devolverlle eses cartos, que están moi baratos, para que nolos presten máis caros no futuro. E iso é unha gran medida, ou sexa, cando se nos está caendo a cachos, que vimos hoxe e con tal, toda a economía e demais, en vez de a institución dispoñer dos cartos para gastalos agora, que os ten moi baratiños, ou sexa, que é absurdo devolvelos, home, tampouco meter unha débeda disparatada, resulta, que é boísima, ¡por favor!, o que hai que escoitar, o que hai que escoitar. Claro, entón, aquí, eu repito, a política que está facendo esta institución é insumisa en gran parte, e por iso, é dicir, como está sendo sensible coa situación económica e de traballo e está metendo eses cartos, en vez de adicalos a amortizar a débeda a correr, que aínda están amortizando demasiado rápido, demasiado rápido, se está ó cero cinco por cento, cero sete, cero oito, ¿que custo ten ter esa débeda?, nada, nada, pois o principal vaise devolvendo con calma, e mentres tanto, se dedica a obras que xeren emprego e presten servizos. E resulta que é un debate a ver quen máis amortiza, a ver quen corre máis a socorrer ós bancos, e lle recorta e lle trae eses cartos ós cidadáns, xusto, xusto neste momento. O que hai que escoitar. O que hai que escoitar, como se fora unha gran cousa. E antes, a referencia que estabamos facendo era que aquí os funcionarios permiten, non van polo libro estrito, teñen sensibilidade, á parte do que diga a norma, estritamente, a Lei de Estabilidade Financeira, que se aprobou no 2009 ou no 2008, e despois, parece que é o manual, que hai que darnos a todos con el na cabeza, darnos co manual, teñen a suficiente sensibilidade para dicir, bueno, di iso pero xa veremos, e hai unhas necesidades que hai que cubrir, e mire, mentres non me vaia frontalmente e non faga burradas, deixo facer, que iso é o que debe ser a función pública, ¿non?, coller e poñer a cabeza debaixo dunhas orelleiras, e dicir, “aquí a lei”, “e tamén di”, e agora tamén hai outro, por se acaso. Mire, hai unha responsabilidade que é que funcionen as cousas, ¿non?, e nada máis. Entón, é moi sorprendente o que se está escoitando, devolver débeda nestes momentos é, exactamente, meter cartos, máis cartos, para rescatar ós bancos, é exactamente o que se está facendo, ¿e iso é unha gran cousa?, bueno, pois nada, home, senón chegaron non sei cantos centos de miles de millóns, que todos, … dos impostos dos cidadáns, todos, pois agora tamén as institucións en vez de facer obras, ¿que temos?, un millón para facer unha obra, ¡non!, para o banco, para que gane o cinco por cento, ¡home, por favor , o que hai que escoitar!. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Faremos un día unha teoría de clase económica para ver como afrontamos o futuro, de todas maneiras, hai cuestións nas cales compartimos e hai outras que, dende fóra, nos están dando a razón de que vamos polo bo camiño, din os mercados, pero bueno, en todo caso, haberá que algún día falar en profundidade desta cuestión. Pero, creo que en resumidas contas o que estamos é acertando no camiño correcto, á hora de que dende esta casa se aplica con sentido común. E gracias, como digo, unha vez máis, á colaboración dos técnicos da institución, a posibilidade de dedicar os recursos a aquelas cuestións que son prioridade neste momento. E niso é no que nos ocupamos e, polo tanto, sei que nese sentido contamos co respaldo do Bloque Nacionalista Galego tamén. Vamos a proceder á aprobación do Expediente de modificación do Orzamento 2/2014. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 22 de maio de 2014, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/14 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT 02/14” e o de suplemento de crédito “SUP.02/14”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 22 de maio de 2014 indica que estes expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Resultando que o Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou en sesión do 28 de marzo de 2014 o expediente de modificación de crédito 01/14, establecéndose, debido a un erro, entre as aplicacións orzamentarias obxecto de crédito extraordinario, a seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-336-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS -CONVENIOS (REPARACIÓN DA VIRXE DA ROCA - CONCELLO DE BAIONA) 40.000,00 € sendo a aplicación orzamentaria correcta a seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-336-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS -CONVENIOS (REPARACIÓN DA VIRXE DA ROCA - CONCELLO DE BAIONA) 40.000,00 € Considerando o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que establece que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2014, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/14 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/14 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT 02/14” e polo de suplemento de crédito “SUP.02/14”) co seguinte detalle: 1) Créditos Extraordinarios “EXT. 02/14”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 433-172-131,00 RETRIBUCIÓNS PERSOAL LABORAL TEMPORAL (Brigada m. conservación do Patrimonio Turístico e Cultural da Provincia). 600.000,00 € 433-172-160,01 S. SOCIAL PERSOAL LABORAL (Brigada m. conservación do Patrimonio Turístico e Cultural da Provincia). 225.000,00 € 942-942-462,95 A CONCELLOS, PLAN DE XESTIÓN E MANT. DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 3.175.000,00 € 942-241-487,00 TRANSFERENCIAS - ACTIVIDADES DE FOMENTO EMPREGO (Conv. Fundación INCYDE - congreso viveiristas) 92.000,00 € Total Créditos Extraordinarios… 4.092.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 4.092.000,00 € 2) Suplementos de Crédito “SUP. 02/14”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-232-131,00 RETRIBUCIÓNS P. LABORAL - C. PRÍNCIPE FELIPE (Obradoiro emprego) 58.611,10 € 232-232-160,01 S. SOCIAL P. LABORAL - C. PRÍNCIPE FELIPE (Obradoiro emprego) 22.155,00 € 232-232-221,15 SUBMINISTROS - MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (OBRADOIRO DE EMPREGO) 100.000,00 € 232-232-226,99 GASTOS DIVERSOS - PRÍNCIPE FELIPE 20.000,00 € 232-337-226,99 GASTOS DIVERSOS - CAMPAMENTOS DA LANZADA 10.000,00 € 232-337-632,02 INV. REPOSICIÓN EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Cerres pistas polideportivos) 70.000,00 € 232-232-632,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS - MELLORAS P. FELIPE 200.000,00 € 330-334-658,02 INVESTIMENTOS EN CONVENIO CON INSTITUCIÓNS E ASOC. SEN FINS DE LUCRO (Rehabilitación edificios "Pazo da Mercé" - As Neves). 156.576,26 € 410-412-789,00 OUTRAS TRANSFERENCIAS (Produtores de Horta e Cooperativas) 420.000,00 € 433-430-120,51 SOLDOS, FUNCIONARIOS INT. SEN PRAZA (POUSADAS) 548,47 € 433-430-120,53 PAGA EXTRA, FUNCIONARIOS INT. SEN PRAZA (POUSADAS) 138,50 € 433-430-121,51 C. DESTINO, FUNCIONARIOS INT. SEN PRAZA (POUSADAS) 282,53 € 433-430-121,52 C. ESPECÍFICO, FUNCIONARIOS INT. SEN PRAZA (POUSADAS) 350,11 € 433-430-131,00 RETRIBUCIÓNS P. LABORAL (POUSADAS) 64.632,30 € 433-430-160,00 S. SOCIAL. FUNCIONARIOS INT. SEN PRAZA (POUSADAS) 439,43 € 433-430-160,01 S. SOCIAL. PERSOAL LABORAL (POUSADAS) 22.427,41 € 456-450-131,01 RETRIBUCIÓNS P. LABORAL - INFRAESTRUTURAS (Escavacións arqueolóxicas). 146.224,53 € 456-450-160,01 S. SOCIAL LABORAL - INFRAESTRUTURAS (Escavacións arqueolóxicas). 52.799,34 € 921-241-481,47 A FAMILIAS -BECAS PLAN EMPREGO EMPRESARIAL 120.000,00 € 942-942-462,45 A CONCELLOS - INVESTIMENTOS PUSIM 2014 250.000,00 € 942-942-762,45 A CONCELLOS - INVESTIMENTOS PUSIM 2014 10.000.000,00 € 942-942-652,45 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA CONCELLOS - PUSIM 2014 1.750.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 13.465.184,98 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 02/14) 13.465.184,98 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 368.608,72 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 130.000,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 4.462.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 2.176.576,26 € Capítulo 7º Transferencia de capital 10.420.000,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 17.557.184,98 € Segundo: Rectificar o acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra da sesión do 28 de marzo de 2014 de aprobación do expediente de modificación de crédito 01/14 da Deputación no seguinte senso: Onde se recolle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-336-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS -CONVENIOS (REPARACIÓN DA VIRXE DA ROCA - CONCELLO DE BAIONA) 40.000,00 € Debe establecerse: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-336-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS -CONVENIOS (REPARACIÓN DA VIRXE DA ROCA - CONCELLO DE BAIONA) 40.000,00 € Terceiro: o expediente de modificación de créditos número 2/14 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT 02/14” e polo de suplemento de crédito “SUP.02/14”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 8. 6480.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2013 Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación de Pontevedra, correspondente ó exercicio 2013. Todos teñen os datos, polo tanto, Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu coa intervención que fixen anteriormente, e dou por reproducida tamén a que fixen no Pleno ordinario do vinte e oito do dous do dos mil catorce, cando se deu conta, e insistir no mesmo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto, procedemos á votación da aprobación definitiva. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 28 de marzo e 23 de maio de 2014, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2013, que inclúe a da propia Deputación e a da Escola Universitaria de Enfermería, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. O Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2014, que inclúe a da propia Deputación e a da Escola Universitaria de Enfermería integradas polo balance de situación final (Composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económico-patrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria co resume dos estados máis relevantes (Estado de situación e movementos de operacións non orzamentarias de tesourería, estado demostrativo de orzamentos pechados e estado de remanente de tesourería), o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación e dos seus organismos autónomos referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 104 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. Sr. Presidente.- ¿Asuntos fóra da orde do día?. Non hai. Sr. Secretario.- Bueno, son las dos mociones que se trataron antes. Sr. Presidente.- As tres. Sr. Secretario.- Las tres mociones que se trataron antes. Acórdase alterar a orde do día tratándose o PUNTO 9 ó comezo desta sesión e despois do PUNTO 1. b) Parte de información e control: 10. 6482.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das resolucións presidenciais. Sr. Secretario.- En primer lugar, resoluciones presidenciales dictadas entre el 25 de abril y el 26 de mayo. La siguiente, delegando en la Diputada Doña Ana Isabel Vázquez Reboredo durante los días 21 a 26 de mayo, las competencias que a su vez fueron delegadas en la Diputada Doña Begoña Estévez, durante ese tiempo. Y luego, otra resolución designando representante, por urgencia, designando representante de la Diputación en Xestur al Diputado Sr. Figueroa. Sr. Presidente.- Moi ben. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de abril e 26 de maio do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 6 de maio, designando representante da Deputación na Xunta xeral ordinaria de accionistas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, SA, ó deputado D. José Manuel Figueroa Vila. C) De Resolución Presidencial, de data 21 de maio, delegando na deputada Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo, durante os días 21 ó 26 de maio, as competencias en materia de contratación e persoal, que foran delegadas na deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez por RP de 29 de maio de 2013. 11.6483.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, tiñamos algunha pregunta que habíamos plantexado no Pleno anterior, unha era referida ós becarios de Turismo, ¿por que non habían sido tidos en conta Silleda, Pontevedra e tamén, sobre todo, o Mosteiro de Carboeiro?. Habíamos feito esa pregunta e non tivemos resposta, entón, reiterar, ¿por que foron eliminados os becarios de Pontevedra e Silleda?. E, en canto a Deputráns, tamén quedou que nos ía a contestar de como estaba isto. E esta é a pregunta que incorporamos para que sexa respostada, que é a paga extra de Nadal de 2012, se se vai a poder adiantar algunha data, por parte da Deputación, para aboar o pago da parte da extra de 2012 e coñecer a quen vai ir dirixida, quen vai cobrar esta paga. Sr. Presidente.- En primeiro lugar, vamos a acatar a sentencia que era a todos aqueles traballadores que, dalgunha maneira, a sentencia así o dicía, queríamos tamén facela para todos os funcionarios, estamos á espera dunha inminente sentencia que vai haber nese ámbito, que parece, todo parece indicar, vistos os precedentes que hai, que poida ser para todos os traballadores, non só para os laborais. E, polo tanto, os que xa temos sentencia firme, xa creo que se vai aboar ou se aboou agora, e os outros se vai a proceder de maneira inmediata unha vez que poidamos, como digo, coñecer esa sentencia, que está dalgunha maneira a traer a resolución dun momento a outro. En relación ós outros dous temas, no caso de Deputráns, bueno, nós temos toda a información, todas as depuradoras están en marcha, en principio remitiuse toda a información que nos pediron para todo este proxecto, o cal, agora mesmo, había precisamente un equipo de seguimento mentres a Deputación era titular das mesmas; unha vez que se pasan ós concellos son os concellos quen se fan cargo de poñer en marcha e de continuar ese labor porque ten só un gasto, que é o gasto de consumo de enerxía eléctrica. E, polo tanto, bueno, nós, a información que se nos pediu, pasaron varias auditorías e, en principio, as auditorías que pasaron se superaron, e nese ámbito, xa digo, non hai moito máis que dicir. A maiores, no tema dos becarios, pola información que pedimos, no caso de Carboeiro non temos, primeiro, alí se cobra entrada a todos os visitantes, e non hai instalacións nin para Internet nin para ter tampouco alí unha posible becaria ou becario non, que agora xa son traballadores, dalgunha maneira, con contrato durante un tempo concreto; e de aí que, bueno, pois creo que hai por aí un informe nese ámbito, que, non, nós non, creo que nesta casa non se quere excluír a ninguén, se hai posibilidade de poder darlle, primeiro, unha oportunidade laboral e en segundo lugar, se hai un sitio cun volume de visitantes que o xustifiquen, unhas instalacións adecuadas, pois damos a colaboración. No caso do concello de Pontevedra hai acordos globais en varias cuestións importantes, teño que dicir que espero que algún día, impere o sentido común. E neste ano 2014, hai unha oficina da Xunta de Galicia en Pontevedra que está pagando dous mil e pico de euros ó mes, e que espero que antes de decembro estean dentro do edificio que ten a Deputación, para que non existan tres administracións para informar do mesmo na cidade de Pontevedra. Foi unha proposta que xa a había feito en varias ocasións e que, aínda a día de hoxe, non tivemos resposta, xa digo, a Deputación ten, creo que a ubicación máis idónea para levar a cabo ese servizo de información e punto de información, e aforrar un gasto innecesario por parte da Administración Local. A Xunta de Galicia o vai a facer antes de que remate este mesmo ano, só falta resolver un problema de accesibilidade ó edificio, que está a punto de resolverse. E, polo tanto, creo que sería lóxico, e se todos os cidadáns nos escoitaran, pois creo que estarían de acordo en que non se debe ter un gasto innecesario, porque ó final damos o mesmo servizo e máis temos un espazo para que as tres administracións poidan estar alí perfectamente, porque hai espazo de sobra e cremos que, como digo, é algo de pura lóxica e sentido común dar unha mesma información para este ámbito, nun punto concreto que, probablemente, creo que é indiscutible, que é o mellor dos posibles na cidade de Pontevedra. Esa é unha das cuestións, despois, a maiores, habería máis, me refiro en relación a este tema en concreto do que é a becaria, no caso de Pontevedra, pero, é que vamos, tendo un presuposto e colaborando noutros ámbitos, estamos falando dunha cuestión mínima que non ten, co global que temos de colaboración co concello de Pontevedra, xa digo, é irrisorio, pero tamén instamos a que se chegara a un acordo, neste sentido, porque creo que é bo para que a cidade de Pontevedra sepa, dá igual que fora a Deputación, ou que sexa a Xunta, ou que se sexa o Concello, creo que daríamos unha información moito mellor, e creo que ese é o camiño que hai que seguir. E se non hai nada máis se levanta a sesión, moi bos días e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)