ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2016/03/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.837/1.2016-03-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/03/04_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 176 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día catro de marzo do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D.Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto Dna. Sonia Mateos Escudero, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24157.- CONVENIO DE PATROCINIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CORUXO, F.C., PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO Ó TECIDO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Deportes de data 26 de febreiro de 2016, o informe de Secretaría Xeral de data 1 de marzo de 2016 e o informe favorable de fiscalización de intervención de data 1 de marzo, relativa á sinatura do Convenio de patrocinio co Coruxo C.F. para a extensión cultural e apoio ó tecido deportivo na provincia de Pontevedra, mediante a achega de cen mil euros (100.000,00 €) máis IVE, e con cargo á aplicación orzamentaria 16/340.3410.226.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando á Ilma. Sra. Presidenta para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE PATROCINIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CORUXO F.C. PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO AO TECIDO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, …. de….. de 2016 REUNIDOS Dª Mª del Carmen Silva Rego, presidenta da Excma. Deputación Provincial, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de presidenta de conformidade co establecido no art.34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local. D. Gustavo Falque Comesaña, en calidade de presidente do Coruxo F.C., con CIF G-36708212 e domicilio social en lugar do Bao-Corujo, s/n, municipio de Vigo. D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando domo fedatario público do presente convenio. EXPOÑEN O Coruxo F.C. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra coinciden no obxectivo de potenciar o tecido asociativo deportivo e na promoción e recoñecemento dos valores do deporte de equipo. O Coruxo F.C. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretenden potenciar e coordinar as actuacións de promoción do deporte e fomentar a cooperación e colaboración no desenvolvemento dos proxectos deportivos que incrementan a formación deportiva, cultural e social dos escolares de toda a provincia. Para levar a cabo este Convenio, ámbalas dúas institucións, ACORDAN 1º.- O Coruxo F.C., facilitará o acceso gratuíto, mediante a expedición das correspondentes invitacións para asistir os partidos do Coruxo F.C., ós escolares e alumnado das Escolas de fútbol da Deputación das categorías de: ALEVÍN, INFANTIL, CADETE E XUVENIL, exceptuando os días de club. 2º.-O Coruxo F.C. estará obrigado o seguinte:  Inserir o logotipo completo da Excma. Deputación de Pontevedra na parte posterior inferior do número da camiseta do Coruxo F.C.  Inserir o logotipo da Excma. Deputación de Pontevedra nos seguintes soportes: o 14 metros de valado no frontal do campo. o 12 m. de valado no frontal de tribuna do campo. o 12 m. de valado no frontal de marcador no campo. o Valo no frontal de vestiarios de 8x3 m. o Valo exterior de 8x3 fronte a Praia do Vao. o Valo a pé de campo xunto á zona técnica local de 4x1 m. 3º.- Establécese a cantidade de cen mil euros (100.000,00€) mais o IVE correspondente, con cargo á aplicación orzamentaria 16/340.3410.226.02 como contribución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio. 4º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade, previa presentación de factura/s, a medida que o Coruxo, F.C. xustifique, e en todo caso antes do 31 de decembro de 2016, a contribución con: a. Fotografías da publicidade inserida no campo de fútbol. b. Fotografías da publicidade inseridas nas camisetas do club. c. Certificación do Club de que a referida publicidade está exposta no campo do Coruxo F.C. d. Memoria explicativa das actividades culturais-deportivas realizadas cos escolares e nenos das Escolas Deportivas Provinciais. 5º.- A vixencia do presente convenio remata ó final da tempada 2015-2016, tendo efectos retroactivos dende agosto de 2015, inicio da tempada. 6º.- As obrigas recollidas no presente convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 34/1988, de 11 de novembro, Xeral de Publicidade, así como o establecido nas bases de execución do orzamento provincial e demais disposicións de desenvolvemento. Para os obxectivos fixados anteriormente, asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. A PRESIDENTA CORUXO F.C. Asdo.- Mª del Carmen Silva Rego Asdo.-Gustavo Falque Comesaña” 2.24158.- CONVENIO DE PATROCINIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O PONTEVEDRA CLUB DE FÚTBOL, SAD, PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DEPORTIVA E A SÚA DIVULGACIÓN EN TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Deportes de data 26 de febreiro de 2016, o informe de Secretaría Xeral de data 1 de marzo de 2016 e o informe favorable de fiscalización de intervención de data 1 de marzo, relativa á sinatura do Convenio de patrocinio co Pontevedra Club de Fútbol, SAD para o fomento da práctica deportiva e a súa divulgación en toda a provincia de Pontevedra, mediante a achega de cento sesenta mil euros (160.000,00 €) máis IVE, e con cargo á aplicación orzamentaria 16/340.3410.226.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando á Ilma. Sra. Presidenta para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE PATROCINIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O PONTEVEDRA CLUB DE FÚTBOL, SAD, PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DEPORTIVA E A SÚA DIVULGACIÓN EN TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, a ….de…. de 2016 REUNIDOS Dª Mª del Carmen Silva Rego, presidenta da Excma. Deputación Provincial, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de presidenta de conformidade co establecido no art.34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local. Dª.Guadalupe Murillo Solís, presidenta do Pontevedra CF, SAD con DNI 35317882-W, en nome e representación do Pontevedra CF, SAD, con CIF: A-36029577 con domicilio a efectos de notificacións na Rúa Leonardo Enríquez, s/n, 30005 de Pontevedra. D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando domo fedatario público do presente convenio. Actuando no exercicio dos seus respectivos cargos e na representación que ostentan, recoñecéndose reciprocamente a capacidade de celebrar o presente convenio de patrocinio publicitario para a tempada 2015-2016, acordan establecer, e a tal efecto: EXPOÑEN O Pontevedra Club de fútbol, SAD e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra coinciden no obxectivo de potenciar e coordinar as actuacións de práctica e fomento do deporte, así como en divulgar os valores da práctica deportiva. O Pontevedra Club de fútbol, SAD e a Excma. Deputación de Provincial de Pontevedra consideran que o contido deste convenio permite o fomento da formación deportiva, cultural e social dos escolares da provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas partes ACORDAN 1º.- Establécese a cantidade de cento sesenta mil euros (160.000,00€) mais o IVE correspondente, con cargo á aplicación orzamentaria 16/340.3410.226.02 como contribución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de patrocinio para o fomento da práctica deportiva e a súa divulgación en toda a provincia de Pontevedra 2º.- O Pontevedra CF, SAD, durante la tempada 2015/2016 deberá inserir o logotipo de la Deputación de Pontevedra nos soportes que a continuación se detallan: • Camiseta oficial de xogo del primeiro equipo (primeira, segunda y terceira equipamento). • Marcadores (Norte y Sur) del Estadio. • Carteis anunciadores dos partidos e aliñacións. • Anverso nas entradas dos partidos. • Páxina web do Pontevedra CF, SAD, con link da páxina web da institución. • Photocall da sala de prensa del Estadio de Pasarón. • Photocall interior túnel de vestiarios. PUBLICIDADE ESTÁTICA INTERIOR DO ESTADIO: Vallas publicitarias: (5 m. x 0,70 m.): o 3 situadas na grada de Tribuna a pé de campo. o 2 situadas na grada de Preferencia a pé de campo. Lonas paredes gradas superiores (5 m. x 3 m.): o 4 situadas na grada de Preferencia. o 1 situadas na grada de fondo Norte. o 2 situadas na grada de fondo Sur. Columnas paredes gradas superiores: o 6 situadas no fondo Norte. o 7 situadas no fondo Sur. Vomitorios: o 6 lonas en vomitorios grada de Tribuna. o 5 lonas en vomitorios grada de Preferencia. o 1 lona en vomitorio grada fondo Sur. Lonas nas esquinas gradas inferiores: o 8 lonas (2 en cada unha das 4 esquinas) Lona parte superior boca de vestiarios. PUBLICIDADE ESTÁTICA EXTERIOR DO ESTADIO: Fachada exterior: o 2 lonas torreón grada de Tribuna. o 2 lonas torreón grada de Preferencia. o 1 lona fachada fondo Sur. o 1 lona fachada Preferencia. 3º.- Así mesmo en base a este convenio, e en aras de facilitar os menores da provincia vinculados ó deporte un achegamento ó mundo do fútbol, o Pontevedra CF SAD fará entrega de invitacións junior (hasta 16 años) as escolas deportivas dos concellos que así o soliciten, facilitándose un máximo de 15 por escola, para cada partido oficial que dispute o primeiro equipo do Pontevedra CF SAD no Estadio Municipal de Pasarón, previa solicitude das mesmas ó mencionado CLUB. 4º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade, previa presentación de factura/s, a medida que o Pontevedra CF SAD xustifique, e en todo caso antes do 31 de decembro de 2016, a contribución con: a. Fotografías da publicidade inserida á que se refire a cláusula 2. b. Certificación do Club de que a publicidade sinalada está exposta. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas. 5º.- A vixencia do presente convenio remata ó final da tempada 2015-2016, tendo efectos retroactivos dende agosto de 2015, inicio da tempada. 6º.- As obrigas recollidas no presente convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 34/1988, de 11 de novembro, Xeral de Publicidade, así como o establecido nas bases de execución do orzamento provincial e demais disposicións de desenvolvemento. Para os obxectivos fixados anteriormente, asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. A PRESIDENTA PONTEVEDRA C.F., SAD Asdo:Mª del Carmen Silva Rego Asdo: Guadalupe Murillo Solís” 3.24159.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “DEPOTERMAL 2016” (Expte. 2016002476) A Coordinadora do Servizo de Cohesión Social e Xuventude co conforme da Deputada delegada de dita area solicita a contratación da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depotermal 2016”. Dito programa conta con dúas liñas básicas de actuación: a) Programa de asistencia diaria a instalacións termais durante cinco días consecutivos sen pernocta. b) Programa termal con pernocta de domingo a venres. Este programa de carácter social ten como finalidade facilitarlles ós veciños e veciñas da provincia de Pontevedra o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio en establecementos hostaleiros como balnearios, talasos ou spas. Así mesmo tamén pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando a demanda. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 16 de febreiro de 2015, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo especial. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 24 de febreiro de 2016 o Sr. Secretario Xeral informa o devandito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe de fiscalización, de data 26 de febreiro de 2016, emitido polo Sr. Interventor. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depotermal 2016”, que conta con dúas liñas básicas de actuación: a) Programa de asistencia diaria a instalacións termais durante cinco días consecutivos sen pernocta. b) Programa termal con pernocta de domingo a venres. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- O pago do contrato realizarase con cargo a aplicación orzamentaria 16/231.2311.227.07 do vixente Orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA TERMAL “DEPOTERMAL 2016”. Nº Exp 2016002476 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é o servizo descrito no seu apartado 1 do anexo I, que recolle as necesidades administrativas que se pretenden satisfacer mediante o contrato, describindo as características do servizo e a forma de levar a cabo a prestación polo adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada un deles. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo por licitador, para o que se atenderá ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente neste prego de condicións estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP, no Real decreto 773/2015, de 28 de agosto polo que se modifican determinados preceptos do RDL 817/2009 e, no que sexa aplicable, no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos neste texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa os seus procedementos de contratación no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dubida a cerca do prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. En canto as dúbidas relacionadas cos aspectos técnicos, dirixiranse ao correo electrónico novastecnoloxías@depo.es da forma establecida no prego de prescricións técnicas. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, ademais de asumir o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se concrete a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas, sendo o do sábado o mesmo que o resto do ano), durante un prazo de quince días naturais (artigo 159.2 do TRLCSP), a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogaríase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. As proposicións poderanse presentar tamén por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 da Lei 3/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do R. d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), teléfono, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Núm. de expediente. No caso de que se coñeza. - Denominación do contrato. - Nome do licitador. - CIF - Dirección, correo-e e teléfono de contacto. - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada polos seguintes membros: Presidente: Deputado delegado pola Presidencia. Vogais: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP. - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG. - O Deputado do Grupo Mixto. - O secretario xeral. - O interventor. - O/A xefe/a do servizo xestor. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación. 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non haxan transcorrido eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. A devandita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. De conformidade co disposto no TRLCSP deberá presentarse a seguinte documentación: 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia cotexada de alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de que non se deu de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado no anexo I ao presente prego que incluirá unha declaración de dispoñibilidade do número de prazas que se acorde os prezos de adxudicación. 5) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicarlle o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto si se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contando desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA Con base no disposto no artigo 28 da 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos Servizos Públicos e no artigo 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas aos procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no sobre A, unha Declaración Responsable (Anexo III do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando un órgano de contratación envíelle unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que lle proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que a Deputación poña a disposición a comunicación do acto, requirimento, comunicación ou adxudicación na Plataforma de Contratos no Sector Público e transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común e normas concordantes, salvo que de oficio ou a instancia da persoa destinataria poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 16. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004, de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS CON RESPECTO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordade, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte día a da notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación neste contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto e sen que estes gastos superen os dous mil euros(2.000,00 €). 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ó contratista o órgano de contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que non lle fose imputable ó contratista e este ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora con respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesario para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á cal a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. MODIFICACIÓNS DOS CONTRATOS O órgano de contratación, aos efectos establecidos no artigo 219.1 do TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público e nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento do exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 e nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión de posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desta potestade, alcance e límites,, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como mínimo pode afectar a modificación, e o procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ao efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o prezo do mesmo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e das establecidas no presente prego. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. d) Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles, avisando previamente ó Servizo de Contratación mediante un escrito común ou electrónico no enderezo contratacion@depo.es, despois de transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela, no caso de que se interpuxesen reclamacións ou recursos ou exista algún incidente administrativo. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación e quedará exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos pregos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depotermal 2016”, que conta con dúas liñas básicas de actuación: a) Programa de asistencia diaria a instalacións termais durante cinco días consecutivos sen pernocta. b) Programa termal con pernocta de domingo a venres. Este programa de carácter social ten como finalidade facilitarlles ós veciños e veciñas da provincia de Pontevedra o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio en establecementos hosteleiros como balnearios, talasos ou spas. O programa vai dirixido a persoas empadroadas nalgún dos municipios da provincia de Pontevedra que cumpran algún dos seguintes requisitos:  Persoas nacidas antes de 1966, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) segundo o caso.  Ser pensionista, feito que se deberá acreditar mediante fotocopia do certificado correspondente.  Persoas que precisen un respiro familiar o que se acreditará mediante informe do/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios municipais. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: administrativo especial CPV: 63500000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar desde a publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN E ORZAMENTO MÁXIMO Formulación do prezo: prezos unitarios. Programa termal de asistencia diaria sen pernocta: - -Prezo de licitación unitario 140,00 € por persoa (IVE incluído) O programa cofinanciarase pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: A Deputación achegará: - 40 € por persoa para un total de 1.000 persoas participantes (40.000,00 €). - 100 € por persoa para un total de 248 persoas participantes (4 por cada concello adherido), para persoas que carezan de recursos económicos acreditado documentalmente mediante informe da traballadora social dos Servizos Sociais comunitarios municipais. (24.800,00 €). Os usuarios participantes pagarán a cantidade restante que resulte de descontar do prezo de adxudicación segundo o establecemento escollido a cantidade achegada pola Deputación. Programa termal con pernocta: - Prezo de licitación unitario: 300,00 € por persoa (IVE incluído). - A Deputación achegará 200 € por persoa para un total de 186 persoas participantes (3 por cada concello adherido), para persoas que carezan de recursos económicos acreditado documentalmente mediante informe da traballadora social dos Servizos Sociais comunitarios municipais (37.200,00€). Neste caso os usuarios participantes pagarán a cantidade restante que resulte de descontar do prezo de adxudicación segundo o establecemento escollido a cantidade achegada pola Deputación. O número total de prazas ofertadas no programa é de 4.434 prazas coa seguinte distribución: - 1248 prazas para o programa termal de asistencia diaria sen pernocta. - 3.186 prazas para o programa termal con pernocta de domingo a venres. Non obstante a Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de prazas xa que dependerá do número de persoas solicitantes. B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 231.2311.227.07 102.000,00 € Revisión de prezos: Non procede en base a aplicación do novo réxime xurídico de revisión de prezos creado como consecuencia da disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. En aplicación do novo réxime xurídico, tamén se estará ao o disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. O obxecto do presente contrato non se atopa en ningunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, e por tanto non se aplicará revisión de prezos durante a vixencia do mesmo. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación da correspondente factura presentada necesariamente nos 15 primeiros días do mes seguinte a realización da actividade, salvo autorización expresa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude. A factura virá acompañada da seguinte documentación: - Informe xustificativo dos traballos realizados. - Relación de persoas participantes na actividade (indicando nome completo, dous apelidos, número de DNI ou NIE e concello de orixe). - Xustificante de pago das persoas participantes no que se indique nome completo, dous apelidos, concello de orixe e número de DNI ou NIE que deberán presentarse na mesma orde que a referida relación de participantes. A factura será pagada a empresa unha vez emitido o correspondente informe favorable ou de conformidade do responsable da unidade administrativa que reciba ou supervise o traballo, ou se é o caso, polo designado no órgano de contratación, debendo estar expedida conforme a normativa vixente. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Os códigos DIR 3 que identifican ao presente procedemento e que se especificarán nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano xestor: LA0008004; Unidade Tramitadora: LA0006123; Oficina Contable: LA0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron nos pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, así como as condicións ofertadas polo contratista, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ao 10% do orzamento do contrato. Considéranse obrigas esenciais do contrato os pagos os subcontratistas e provedores e os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais e a prestación do servizo coas condicións ofertadas. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. Os incumprimentos polo adxudicatario das obrigas establecidas nos pregos de cláusulas económico administrativas e técnicas así como na oferta da empresa, cando non proceda a súa resolución, implicará a imposición das seguintes penalizacións: - O primeiro apercibimento non suporá penalización algunha e concederase á empresa adxudicataria un prazo de 3 días para subsanar o incumprimento conforme ao ofertado ou establecido nos pregos. - O segundo apercibimento, polo mesmo ou por outro motivo, suporá unha penalización dun 5% da factura mensual correspondente, e concederase á empresa adxudicataria un prazo de 3 días para subsanar o incumprimento conforme ao ofertado. - A partir do terceiro apercibimento, a Deputación de Pontevedra poderá resolver o contrato ou impoñer unha nova penalidade do 10% do prezo na correspondente factura mensual que será acumulativa as xa impostas. - Cada vez que as penalidades por demora (para cumprimentos totais ou parciais) alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA TÉCNICA (documentación que se debe presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media o valor estimado do contrato cando a súa duración non sexa superior a un ano e unha vez e media o valor estimado do contrato se a súa duración é superior a un ano. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V do presente prego). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior so 70% do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 46 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 16 puntos. - Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 15 puntos. - Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 6 puntos. - Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa, ata un máximo de 5 puntos. - Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos. 3.1.1. Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 16 puntos. Valorase o deseño do programa de acordo aos seguintes aspectos fundamentais: 1. Establecementos propostos, ata un máximo de 6 puntos. Valoraranse as características, comunicacións, servizos ofertados, dos establecementos propostos pola empresa, sempre que como mínimo cumpran o requirido nos pregos. Nota importante: Valoraranse as características de todos os establecementos que oferte a empresa, con independencia de que sexan os 5 obrigatorios ou os que a empresa oferte a maiores. A valoración efectuarase en función das características e calidade dos establecementos no seu conxunto sen ter en conta o número de establecementos ofertados. 2. Medios de locomoción e estratexia de traslados, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e seguridade dos servizos de locomoción sempre que cumpran cos requisitos mínimos establecidos nos pregos. Así mesmo, tamén será obxecto de valoración a estratexia previa a seguir na organización dos traslados, o menor tempo de duración dos mesmos e que sexan o máis directos posibles. 3. Actividades complementarias, no programa termal con pernocta, ata un máximo de 3 puntos. Valoraranse as actividades complementarias ofertadas para cada un dos días de estancia no establecemento hosteleiro (por exemplo: visitas guiadas, bailes, xogos, ximnasia, talleres, etc.) no programa termal con pernocta. 4. Material a subministrar no establecemento, ata un máximo de 2 puntos. Valorarase o material a subministrar polo establecemento a cada beneficiario a maiores do que se establece como mínimo no prego de prescricións técnicas. 3.1.2. Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 15 puntos. Valorarase cómo se vai a levar a cabo a xestión do programa, as bases de datos aportadas, a coordinación e organización dos grupos, quendas, horarios, traslados, etc que se levará a cabo cos responsables das entidades solicitantes e coa Deputación de Pontevedra así como os protocolos de comunicación e asistencia telefónica. Será obxecto de valoración o procedemento que se levará a cabo para o pago dos participantes do programa e como se levarán a cabo as comprobacións das autorizacións necesarias para participar no programa, así como o protocolo de actuacións en caso de accidentes ou outras incidencias que teñan que ver coa execución do contrato. Dentro da xestión do programa valorarase o equipo técnico destinado a execución do contrato, valorándose as melloras con respecto o mínimo esixido nos pregos en canto ao número e características do persoal ofertado. 3.1.3. Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 6 puntos. Valoraranse as actuacións e metodoloxía para a captación de participantes, e publicidade do programa (prensa, radio, televisión, etc; reparto de flyers, dípticos, cartelería, etc., e outras medidas de carácter publicitario), efectuadas a maiores do mínimo establecido no prego de prescricións técnicas.(O mínimo é de 1.500 trípticos informativos a cor, 5 anuncios en prensa local e 50 cuñas de radio). 3.1.4. Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase o procedemento de coordinación, seguimento e avaliación que se levará a cabo para a execución dos traballos, serán obxecto de valoración as enquisas de satisfacción e o programa de volcado de datos que se levará a cabo, e a estrutura e contidos das devanditas enquisas. Será obxecto de valoración a proposta da memoria que se presentará ó final da actividade, contidos que reflectirá, estrutura, anexos, etc. 3.1.5. Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 20 fotografías. - Servizo dun refrixerio ós participantes durante os traslados. - Flexibilidade dos horarios para o uso das instalacións termais. - Proporcionar unha revisión médica á chegada ao hotel. - Tratamentos terapéuticos. - Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, neceseres, sombreiros e outros, sempre co visto e prace do Servizo de Cohesión Social e Xuventude. - Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social, que polas súas características especiais sexa aconsellable dunha figura de referencia para a súa participación no programa. - Excursións para os participantes do programa de asistencia diaria. - Outras melloras propostas polo licitador. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa aos criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 54 puntos de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo medio unitario do programa termal de asistencia diaria, ata un máximo de 25,5 puntos. 3.2.2. Prezo medio unitario do programa termal con pernocta, ata un máximo de 25,5 puntos. Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no Anexo IV. 3.2.3.- Oferta dunha póliza de asistencia en viaxe para os asistentes ao programas coas coberturas mínimas que se detallan a continuación, ata un máximo de 3 puntos. Coberturas mínimas - Gastos médicos ou cirúrxicos por enfermidade ou accidente: incluído. - Gastos odontolóxicos de urxencia: Mínimo 30 €. - Transporte sanitario de feridos e enfermos: Incluído. - Desprazamentos de acompañantes en caso de hospitalización do asegurado por un período superior a 5 días. - Aloxamentos de acompañantes en caso de hospitalización do asegurado por un período superior a 5 días. - Servizo 24 horas: incluído. - Traslado do asegurado falecido: Incluído. - Prestación en caso de falecemento e incapacidade permanente derivada de accidente: Capital mínimo 1.500,00 €. (Obterá 3 puntos a empresa que oferta dita póliza coas coberturas mínimas indicadas.) Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios personais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. O equipo de traballo será como mínimo de:  1 Coordinador: Profesional con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de xestión e coordinación de viaxes en grupo.  4 Técnicos de xestión: Profesionais con mais de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de planificación, xestión e control de viaxes en grupo.  Guías acompañantes: Profesionais con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de responsable de grupo en viaxes, nun número suficiente para acompañar a cada un dos grupos. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. 5.- Compromiso de adscribir a execución do contrato un seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00 €. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os beneficiarios do programa (asistentes aos centros) deben considerarse terceiros. A acreditación da póliza subscrita e o comprobante de abono debera presentarse na fase de requirimento. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA Nome do ficheiro Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital achegarase nun único ficheiro cunha versión en formato.pdf e outra en .doc. O tipo de letra utilizado será Helvética 12, excepto para os títulos, que será Helvética 14. Utilizarase un interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 50 páxinas, excluídos os anexos. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 7 do prego de prescricións técnicas). ÍNDICE 1.- Deseño e implantación do programa: Describir de forma global a solución proposta polo licitador indicando aqueles aspectos que a xuízo deste, sexan clave para o cumprimento dos obxectivos do programa:  Características dos establecementos ofertados pola empresa.(De todos os ofertados pola empresa que serán dun mínimo de 5 e un máximo de 8 para cada unha das actuacións).  Descrición e características dos medios de locomoción.  Estratexia a seguir na organización dos traslados.  Descrición do material subministrado no establecemento(como mínimo, chanclas e gorro serigrafiado).  Descrición das actividades complementarias ofertadas para o programa termal con pernocta (visitas guiadas, bailes, xogos, ximnasia,talleres, etc). 2.- Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa:  Estratexia de coordinación entre a Deputación e a empresa adxudicataria.  Protocolo de recollida de datos durante o desenvolvemento do programa.  Medotoloxía de avaliación (tramitación de enquisas e xestión do exportado de datos no programa utilizando a tal efecto). 3.- Promoción e difusión do programa:  Descrición das actuacións previstas en materia de difusión e publicidade do programa (como mínimo 1.500 trípticos a cor, 5 anuncios en prensa local e 50 cuñas de radio). 4.- Procedemento de xestión do programa:  Procedemento e temporización na elaboración das bases de datos de solicitantes.  Procedemento de comunicación cos beneficiarios; datas, horarios e lugar de recollida.  Antelación das notificacións e medios técnicos dispoñibles (número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa).  Procedemento para o cobro do programa ós usuarios e xustificantes de pagamento.  Protocolo detallado de actuación en caso de accidente ou outras incidencias.  Relación detallada dos Recursos Humanos integrantes do equipo técnico. Deberase detallar o equipo de traballo asignado a execución do programa que como mínimo contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego):  1 Coordinador: Profesional con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de xestión e coordinación de viaxes en grupo.  4 Técnicos de xestión: Profesionais con mais de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de planificación, xestión e control de viaxes en grupo.  Guías acompañantes: Profesionais con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de responsable de grupo en viaxes, nun número suficiente para acompañar a cada un dos grupos. Deberanse achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os curriculums vitae de cada un deles. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que:  Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio.  Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír.  O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5.- Descrición doutras melloras ofertadas pola empresa:  Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 20 fotografías.  Servizo de refrixerio durante os traslados os participantes.  Flexibilidade nos horarios para o uso das instalación termais.  Proporcionar unha revisión médica á chegada ao hotel.  Tratamentos terapéuticos.  Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, pañoletas, sombreiros, etc.)  Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social que polas súas características especiais sexa aconsellable o acompañamento dunha figura de referencia para a súa participación no programa.  Outras melloras propostas polo licitador. 6.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 do presente prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo II do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) (Nome e apelidos) ............................................, maior de idade, veciño de ....................., con domicilio en ............................, titular do DNI número .................., expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (CIF número.......................) e con domicilio en .................................., teléfono ...................., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome ó servizo, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: 1.- Prezos ofertado para cada establecemento: Programa diúrno: Nome do establecemento Prezo unitario por persoa (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ 4 ………….€ 5 ………….€ 6 ………….€ 7 ………….€ 8 ………….€ Os prezos ofertados para cada establecemento deben ser inferiores o prezo de licitación (Prezo licitación:140,00 € IVE incluído). -Programa con pernocta: Nome do establecemento Prezo unitario por persoa (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ 4 ………….€ 5 ………….€ 6 ………….€ 7 ………….€ 8 ………….€ Os prezos ofertados para cada establecemento deben ser inferiores o prezo de licitación (Prezo licitación:300,00 € IVE incluído). O número mínimo de establecementos a ofertar é de cinco para cada unha das actuacións (diúrno e con pernocta) e o máximo de oito. Os establecementos a ofertar en cada unha das actuacións (diúrno e con pernocta) poderán ser os mesmos ou distintos. 2.- Compromiso de adscribir a execución do contrato unha póliza de asistencia en viaxe coas coberturas mínimas que se indican a continuación: Si/Non. Coberturas mínimas - Gastos médicos ou cirúrxicos por enfermidade ou accidente: incluído. - Gastos odontolóxicos de urxencia: Mínimo 30 €. - Transporte sanitario de feridos e enfermos: Incluído. - Desprazamentos de acompañantes en caso de hospitalización do asegurado por un período superior a 5 días. - Aloxamentos de acompañantes en caso de hospitalización do asegurado por un período superior a 5 días. - Servizo 24 horas: incluído. - Traslado do asegurado falecido: Incluído. - Prestación en caso de falecemento e incapacidade permanente derivada de accidente: Capital mínimo 1.500,00 €. …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV FÓRMULAS PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Prezo medio unitario do programa termal de asistencia diaria, ata un máximo de 25,5 puntos. B) Prezo medio unitario do programa termal con pernocta, ata un máximo de 25,5 puntos. Para o cálculo utilizarase o prezo medio de todos os establecementos ofertados pola empresa (que serán dun mínimo de cinco e un máximo de oito). • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón: 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) (De aplicación para os criterios: A)Menor prezo ofertado para a realización de recoñecementos médicos e B)Menor prezo ofertado en asesoramento en medicina do traballo.) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual) • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS CINCO ÚLTIMOS ANOS TÍTULO DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª/D. …, con DNI núm. ……….., en nome propio ou en representación da empresa …………, con NIF/CIF núm. ………… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO OS MEDIOS HUMANOS (SOBRE B) ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DENOMINACION DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª/D. ……………, con DNI núm. ……………….., en nome propio ou en representación da empresa …………… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría/posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título % dedicación ó contrato Persoal propio (si/non) Empresa NOTA IMPORTANTE: o órgano de Contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ..….. de ………… de ………… (Lugar, data, sinatura e selo del licitador)” ANEXO VII “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL (SOBRE B) XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: ANOS DE EXPERIENCIA: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (1) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 4.24160.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE VIXILANCIA DA SAÚDE DOS TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ASESORAMENTO EN MATERIA DE MEDICINA DO TRABALLO (Expte. 2016000152) A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais establece a obrigación do empresario de levar a cabo a vixilancia da saúde específica dos traballadores ó seu servizo. A Xefa do Servizo de Prevención de Riscos informa que, de conformidade co establecido no R.d. 39/1997, de 17 de xaneiro, a Deputación de Pontevedra optou por constituír un servizo de prevención propio para a organización de recursos e actividades preventivas pero non dispondo de medios para desenvolver adecuadamente a prestación da vixilancia da saúde faise necesario contratar unha empresa externa para a prestación do servizo de vixilancia da saúde, polo que solicita o inicio do correspondente procedemento de contratación. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 16 de febreiro de 2015, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato de servizos. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 16 de febreiro de 2016 o Sr. Secretario Xeral informa o devandito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe de fiscalización, de data 25 de febreiro, emitido polo Sr. Interventor. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de vixilancia da saúde dos traballadores da Deputación de Pontevedra e de asesoramento en medicina do traballo, por un período de dous anos. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- O pago do contrato realizarase con cargo a aplicación orzamentaria 16/929.9200.227.03 do vixente Orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE VIXILANCIA DA SAÚDE DOS TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E DE ASESORAMENTO EN MATERIA DE MEDICINA DO TRABALLO. Nº Expte. 2016000152 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é o servizo descrito no seu apartado 1 do anexo I, que recolle as necesidades administrativas que se pretenden satisfacer mediante o contrato, describindo as características do servizo e a forma de levar a cabo a prestación polo adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada un deles. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo por licitador, para o que se atenderá ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente neste prego de condicións estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP, no Real decreto 773/2015, de 28 de agosto polo que se modifican determinados preceptos do RDL 817/2009 e, no que sexa aplicable, no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos neste texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa os seus procedementos de contratación no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dubida a cerca do prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. En canto as dúbidas relacionadas cos aspectos técnicos, dirixiranse ao correo electrónico novastecnoloxías@depo.es da forma establecida no prego de prescricións técnicas. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, ademais de asumir o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se concrete a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas, sendo o do sábado o mesmo que o resto do ano), durante un prazo de quince días naturais (artigo 159.2 do TRLCSP), a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogaríase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. As proposicións poderanse presentar tamén por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 da Lei 3/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), teléfono, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C) Poñer a letra en función do sobre correspondente - Núm. de expediente No caso de que se coñeza - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Dirección, correo-e e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada polos seguintes membros: Presidente: Deputado delegado pola Presidencia Vogais: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG - O Deputado do Grupo Mixto - O secretario xeral - O interventor - O/A xefe/a do servizo xestor Secretario: O xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non haxan transcorrido eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. A devandita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. De conformidade co disposto no TRLCSP deberá presentarse a seguinte documentación: 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia cotexada de alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de que non se deu de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado no anexo I ao presente prego. 5) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicarlle o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto si se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contando desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA Con base no disposto no artigo 28 da 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos Servizos Públicos e no artigo 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas aos procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no sobre A, unha Declaración Responsable (Anexo III do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando un órgano de contratación envíelle unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que lle proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que a Deputación poña a disposición a comunicación do acto, requirimento, comunicación ou adxudicación na Plataforma de Contratos no Sector Público e transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común e normas concordantes, salvo que de oficio ou a instancia da persoa destinataria poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 16. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004, de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS CON RESPECTO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordade, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a. Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b. Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c. Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d. Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e. Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte día a da notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación neste contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto e sen que estes gastos superen os dous mil euros(2.000,00 €). 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ó contratista o órgano de contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que non lle fose imputable ó contratista e este ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora con respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesario para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á cal a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. MODIFICACIÓNS DOS CONTRATOS O órgano de contratación, aos efectos establecidos nos artigos 219.1 e 306 do TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público e nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento do exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 e nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión de posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desta potestade, alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como mínimo pode afectar a modificación, e o procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ao efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o prezo do mesmo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles, avisando previamente ó Servizo de Contratación mediante un escrito común ou electrónico no enderezo contratacion@depo.es, despois de transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela, no caso de que se interpuxesen reclamacións ou recursos ou exista algún incidente administrativo. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación e quedará exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Servizo de vixilancia da saúde dos traballadores da Deputación de Pontevedra mediante a realización de recoñecementos médicos e asesoramento en materia de medicina do traballo, de conformidade coas funcións e condicións de realización que se establecen no prego de prescricións técnicas, debendo realizarse os recoñecementos médicos nas localidades de Pontevedra e Vigo cidade (sen prexuízo de que a empresa oferte a realización noutras localidades de conformidade co establecido no presente prego). 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: servizos CPV: 85100000 (Servizos de saúde) Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar desde a publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: - Servizo de realización de recoñecementos médicos os traballadores: Prezo de licitación unitario por cada recoñecemento médico: 50,00 € (exento de IVE). - Servizo de asesoramento en materia de medicina do traballo: Prezo de licitación mensual: Prezo sen IVE 330,58 € /mes IVE 69,42 €/mes Total 400,00 €/mes ORZAMENTO ESTIMADO O número de recoñecementos médicos a realizar estímase en 1.104 por ano. O orzamento anual do contrato estímase na cantidade de sesenta mil euros anuais, de acordo co seguinte detalle: ORZAMENTO ESTIMADO (ANUAL) Cantidade estimada Prezo sen IVE IVE Prezo Unitario Total 1.104 recoñecementos 50,00 € Excluído 50,00 € 55.200,00€ Asesoramento en medicina do traballo e formación 330,58 €/mes 69,42 €/mes 400,00 €/mes 4.800,00 € 60.000,00 € ORZAMENTO ESTIMADO (2 anos) Cantidade estimada Prezo sen IVE IVE Prezo Unitario Total 2.208 recoñecementos 50,00 € Excluído 50,00 € 110.400,00 € Asesoramento en medicina do traballo e formación 330,58 € 69,42 € 400,00 € 9.600,00 € 120.000,00 € ORZAMENTO ESTIMADO (para 4 anos no caso de prórroga) Cantidade estimada Prezo sen IVE IVE Prezo Unitario Total 4.416 recoñecementos 50,00 € Excluído 50,00 € 220.800,00 € Asesoramento en medicina do traballo e formación 330,58 € 69,42 € 400,00 € 19.200,00 € 240.000,00 € B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 929.9200.227.03 35.000,00 € 2017 929.9200.227.03 60.000,00 € 2018 929.9200.227.03 25.000,00 € Os importes correspondentes os exercicio 2017 e 2018 quedarán condicionados a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación. Revisión de prezos: Non procede en base a aplicación do novo réxime xurídico de revisión de prezos creado como consecuencia da disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. En aplicación do novo réxime xurídico, tamén se estará ao o disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. O obxecto do presente contrato non se atopa en ningunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, e por tanto non se aplicará revisión de prezos durante a vixencia do mesmo. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será de 2 anos desde a formalización do contrato podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes sen que a duración total do contrato incluídas as prórrogas poida exceder de catro anos. O prazo máximo para a realización dos recoñecementos médicos será o ofertado pola empresa dentro do prazo máximo de 30 días. O prazo máximo para o envío dos resultados dos recoñecementos médicos a Deputación e o traballador será o ofertado pola empresa dentro do prazo máximo de 10 días. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas mensuais, de acordo ao seguinte detalle: - Un importe fixo mensual en concepto de asesoramento en medicina do traballo e formación. - Un importe variable correspondente os recoñecementos médicos efectuados. En todo caso, as facturas deberán especificar as actividades realizadas e a relación de traballadores que se someteron as respectivas probas. A factura deberá contar coa conformidade e informe favorable do responsable da unidade administrativa que reciba ou supervise o traballo, ou se é o caso, polo designado no órgano de contratación, debendo estar expedida conforme a normativa vixente. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Os códigos DIR 3 que identifican ao presente procedemento e que se especificarán nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano xestor: LA0006134; Unidade Tramitadora: LA0006123; Oficina Contable: LA0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron los pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, así como as condicións ofertadas polo contratista, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no presente prego e cando así proceda as establecidas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ao 10 % do orzamento do contrato. A realización das actuacións previstas en caso de accidentes biolóxicos no prazo máximo de 5 días e a realización dos recoñecementos médicos no prazo ofertado pola empresa, serán consideradas obrigas esenciais do contrato, podendo o seu incumprimento dar lugar a resolución do contrato. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. Os incumprimentos polo adxudicatario do prazo de execución, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 do TRLCSP. Os incumprimentos do adxudicatario das súas obrigas durante a execución do contrato, cando non proceda a súa resolución, implicará o apercibimento por escrito efectuado pola Administración. Debe considerarse: - O primeiro apercibimento non suporá penalizacións para o contratista e concederase a empresa adxudicataria un prazo de 5 días para subsanar o incumprimento conforme ao establecido nos pregos. - O segundo apercibimento suporá unha penalización do 10% que se deducirá de oficio pola Administración ao facer efectivo o pago mensual seguinte. A empresa disporá logo dun prazo de 3 días para emendar o incumprimento. - A partir dun terceiro ou máis apercibimentos, polo mesmo incumprimento ou outros distintos, aplicarase unha penalización do 15%, acumulativa a anterior na facturación mensual seguinte podendo acordarse a resolución do contrato. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONOMICA E TÉCNICA (documentación que se debe presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica: A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media o valor estimado do contrato cando a súa duración non sexa superior a un ano e unha vez e media o valor anual medio do contrato se a súa duración é superior a un ano. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V do presente prego). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior so 70% do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre B): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 100 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.1. Menor prezo ofertado por cada recoñecemento médico, ata un máximo de 30 puntos. 3.1.2. Redución do prazo para a realización dos recoñecementos médicos desde a petición por parte da Deputación, ata un máximo de 20 puntos. O prazo máximo será de 30 días e o mínimo de 5 días. 3.1.3. Menor prezo ofertado en asesoramento en medicina do traballo, ata un máximo de 15 puntos. 3.1.4. Redución do prazo de envío dos resultados dos recoñecementos médicos a Deputación e ao traballador, ata un máximo de 5 puntos. O prazo máximo será de 10 días e o mínimo de 5 días. Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no anexo IV deste prego. 3.1.5- Disposición de unidade básica de saúde dotada dos requisitos básicos esixidos nas seguintes localidades da provincia: O Porriño, Lalín, A Estrada e Cambados. Este criterio valorarase con dous puntos por cada unidade básica de saúde que se oferte nas citadas localidades, ata un máximo de 8 puntos. 3.1.6. Realización de mamografías cando na revisión xinecolóxica se sospeite de algún fibroma, adenoma ou neo. Este criterio valorarase con 7 puntos para a empresa que o oferte. 3.1.7. Realización de dúas edicións da acción formativa de Curso de espalda de polo menos 4 horas de duración. Este criterio valorarase con 15 puntos para a empresa que o oferte. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá achegar unha declaración responsable, así como un documento indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo segundo o establecido no R.d. 39/1997 de 17 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de prevención, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Dito compromiso deberá especificar a dispoñibilidade e adscrición o contrato de unidade básica de saúde cos requirimentos especificados en Pontevedra cidade e Vigo cidade. 4.- Compromiso do licitador de dispoñer dun xinecólogo para a realización da revisión xinecolóxica nos recoñecementos anuais. 5.- Autorización outorgada pola autoridade sanitaria competente ou documentación acreditativa da apertura do centro cumprindo cos requisitos básicos establecidos para poder actuar como servizo de prevención alleo. 6.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS As ofertas deberán presentarse tanto en formato papel coma en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA NOME DE FICHEIROS Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital entregarase un ficheiro en formato PDF, que deberá estar asinada dixitalmente polo representante legal da empresa licitadora, e outro ficheiro en formato DOC. Se houbese algunha incongruencia entre a oferta presentada en papel e a presentada en formato dixital asinada electronicamente prevalecerá esta última. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente e seguindo as directrices estipuladas, tentando seguir, ademais, na medida do posible e sempre que non entre en contradición co estipulado neste parágrafo, a estrutura do prego de prescricións técnicas. As ofertas técnicas que presenten os licitadores deberán contemplar de maneira obrigatoria e exclusiva os seguintes puntos e na orde especificada a continuación. Non seguir esta estrutura ou engadir algún punto ós indicados será motivo de exclusión: 1. Índice: Débese incluír un índice no que se enumeren os contidos da proposta técnica. 2. Plan de desenvolvemento dos traballos. 3. Descrición dos medios materiais e humanos dispoñibles para a execución do contrato. 4. Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar, de conformidade co establecido na cláusula 16 deste prego. 5. Modelo de proposición determinado no anexo II. Modelo de proposición deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese o orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición ou se existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicaranse como partida independente o importe do IVE. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) (Nome e apelidos) ......, maior de idade, veciño de ......, con domicilio en ......., titular do DNI número ......, expedido en data ........, actuando en nome propio ou en representación da empresa ....... (CIF número.......) e con domicilio en ......, teléfono ........, segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome ó servizo, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: 1.- Prezo ofertado: -Por cada recoñecemento médico ……………… euros (exento de IVE). -Polo servizo de asesoramento en medicina do traballo: Prezo mensual sen IVE €/mes IVE €/mes Prezo mensual total €/mes 2.-Prazo máximo para a realización dos recoñecementos médicos: Prazo ofertado ___________________ días. Dito prazo compútase desde a petición por parte da Deputación e non poderá ser inferior a 5 días nin superior a 30 días. 3.-Prazo máximo de envío dos resultados dos recoñecementos médicos a Deputación e ao traballador. Prazo ofertado _____________ días. Dito prazo non poderá ser inferior a 5 días nin superior a 10 días. 4.- Disposición de unidade básica de saúde dotada dos requisitos básicos esixidos nas localidades de: O Porriño, Lalín, A Estrada e Cambados. Localidades Si/Non Dirección O Porriño Lalín A Estrada Cambados 5.-Realización de mamografías cando na revisión xinecolóxica se sospeite de algún fibroma, adenoma ou neo (Indicar si/non) 6.- Realización de dúas edicións da acción formativa de Curso de espalda de polo menos 4 horas de duración. (Indicar si/non) …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE B) A) Menor prezo ofertado por cada recoñecemento médico, ata un máximo de 35 puntos. B) Menor prezo ofertado en asesoramento en medicina do traballo, ata un máximo de 15 puntos. C) Redución do prazo para a realización dos recoñecementos médicos desde a petición por parte da Deputación, ata un máximo de 20 puntos. O prazo máximo será de 30 días e o mínimo de 5 días. D) Redución do prazo de envío dos resultados dos recoñecementos médicos a Deputación e ao traballador, ata un máximo de 5 puntos. O prazo máximo será de 10 días e o mínimo de 5 días. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) (De aplicación para os criterios: A) Menor prezo ofertado para a realización de recoñecementos médicos e B) Menor prezo ofertado en asesoramento en medicina do traballo.) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual) • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS CINCO ÚLTIMOS ANOS TÍTULO DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª/D. ………, con DNI núm. …….., en nome propio ou en representación da empresa ………, con NIF/CIF núm. …… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 5.24161.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE MANUTENCIÓN PARA A ALIMENTACIÓN DO GANDO VACÚN DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2016 (Expte. 2016000934) A Deputación de Pontevedra, a través da Finca Mouriscade, precisa contratar a subministración da manutención para a alimentación do gando vacún da Finca Mouriscade consistente en fariña de soia, fariña de millo, palla moída e núcleo mineral, polo que, o 8 de xaneiro de 2016, mediante escrito emitido pola Xefa do Servizo da Finca Mouriscade, solicítase que se proceda a contratar a devandita subministración. Tendo en conta as características deste tipo de produtos a subministrar, distribúense en tres lotes de acordo o seguinte detalle: Lote 1: Fariña de soia e fariña de millo Importe total estimado sen IVE: 66.750,00€ IVE (10%): 6.675,00€ Importe total estimado IVE incluído: 73.425,00€ Lote 2: Palla moída Importe total estimado sen IVE: 15.750,00€ IVE (10%): 1.575,00€ Importe total estimado IVE incluído: 17.325,00€ Lote 3: Núcleo mineral Importe total estimado sen IVE: 20.736,00€ IVE (10%): 2.073,60€ Importe total estimado IVE incluído: 22.809,60€ No caso dos tres lotes, a efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) será deducido. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación de data 9 de febreiro de 2016, no que se xustifica a elección do procedemento, tal e como prevé o artigo 109 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e elabora un proxecto de prego de cláusulas económico-administrativas. Polo secretario en data 16 de febreiro de 2016, infórmase favorablemente o prego de cláusulas economico-administrativas e posteriormente trasládase o expediente de contratación ao servizo de intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe favorable de fiscalización do expediente de data 24 de febreiro de 2016, emitido polo Sr. Interventor. Considerando o R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición dunha pluralidade de bens de forma sucesiva e por prezo unitario sen que a contía total se defina con exactitude o tempo de celebrar o contrato, por estar subordinadas as entregas ás necesidades do adquirinte e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministración que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración da manutención destinada á alimentación do gando vacún da Finca Mouriscade de acordo ós seguintes prezos unitarios máximos por toneladas para cada un dos lotes: Lote 1: Fariña de soia e fariña de millo Descrición Cantidades tonelada (tm) Prezo tm máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10%) Prezo total máximo (con IVE) Fariña de millo 135 195,00€ 26.325,00€ 2.632,50€ 28.957,50€ Fariña de soia do 44% de proteína bruta 105 385,00€ 40.425,00€ 4.042,50€ 44.467,50€ TOTAL 66.750,00€ 6.675,00€ 73.425,00€ Lote 2: Palla moída Descrición Cantidades tonelada (tm) Prezo tm máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10%) Prezo total máximo (con IVE) Palla moída 150 105,00€ 15.750,00€ 1.575,00€ 17.325,00€ Lote 3: Núcleo mineral Descrición Cantidades tonelada (tm) Prezo tm máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10%) Prezo total máximo (con IVE) Núcleo mineral 18 1.152,00€ 20.736,00€ 2.073,60€ 22.809,60€ No caso dos tres lotes, a efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) será deducido. A Deputación de Pontevedra non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo en cada un dos lotes, quedando limitado o gasto real o que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e as toneladas efectivamente requiridas e servidas. 2.- A duración do contrato iniciarase coa formalización do mesmo e finalizará o 31 de decembro de 2016. 3.- Autorizar o gasto por importe de 113.559,60 € para financiar o contrato con cargo a aplicación orzamentaria 2016/411.4120.221.13 do Orzamento provincial. 4.- Aprobar os pregos de cláusulas economico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 5.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE MANUTENCIÓN PARA A ALIMENTACIÓN DO GANDO VACÚN DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2016 (Expte. núm.2016000934) 1. OBXECTO O obxecto do contrato ao que se refire este prego é a subministración descrita no apartado 1 do anexo I, que recolle as necesidades administrativas que se pretenden satisfacer mediante o contrato, describindo as características da subministración e a forma de levar a cabo a prestación polo adxudicatario. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do imposto sobre o valor engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente neste prego de condicións estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante, TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización, no Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e, no que sexa aplicable, no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP), en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente, aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto atendendo ao disposto nos artigos 138.2 e 157 a 161 do TRLCSP e se levará a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme aos termos e requisitos establecidos neste texto legal. O procedemento será obxecto da tramitación ordinaria, de conformidade cos artigos 109 e seguintes do TRLCSP. 5. PERFIL DE CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía de unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa aos seus procedementos de contratación no perfil de contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e mentres non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 da mencionada norma. Para os efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias de quen a constitúa e a participación de cada un, ademais de asumir o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se concrete a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela unha persoa representante ou apoderada única da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ao contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ao da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede de Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 159 do TRLCSP), a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo prorrogaríase a presentación ao primeiro día hábil seguinte. As proposicións poderanse presentar tamén por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4 da Lei 3/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do R. d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), teléfono, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible o seguinte, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura: - Sobre (A, B ou C) Poñer a letra en función do sobre correspondente - Núm. de expediente No caso de que se coñeza - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Dirección, correo-e e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada polos seguintes membros: Presidencia: - Deputada/o delegada/o pola Presidencia Vogalía: - Un/ha deputado/a do Grupo Provincial do PP - Un/ha deputado/a do Grupo Provincial do BNG - O deputado do Grupo Mixto - O secretario xeral - O interventor - A xefatura do Servizo responsable do contrato Secretaría: - A xefatura do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Logo de finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ao día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Logo de aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ao órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se pode cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ao contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ao aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo do persoal técnico, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). O demais empresariado estranxeiro deberá acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou, na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberá xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para persoas de nacionalidade estranxeira; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para persoas estranxeiras). Se a persoa asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para persoas de nacionalidade española; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para persoas estranxeiras) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ao seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ao abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia cotexada de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de que non se deu de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado no anexo I deste prego. 5) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicarlle o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto se se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio que haxa que considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contando desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles aos licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ao cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas aos que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ao contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar ás representacións do persoal traballador da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ao indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ao disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe aboarlles aos subcontratistas o prezo pactado nos prazos fixados, que non poderán ser máis desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista, que, de conformidade co artigo 216.4, son de trinta días. Este prazo se computará desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ao subministrador, con indicación da súa data e o período que corresponda. A aprobación ou conformidade ou no seu caso os motivos de desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pagamento ao subcontratista o subministrador terá dereito ao cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas os prazos de pagamento superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, sempre que este pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pagamento se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto e negociación sexan por conta do contratista. Adicionalmente, o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pagamento se garanta mediante aval. As administracións públicas e demais entes públicos contratantes poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles. Os contratistas adxudicatarios remitirán ao ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación da subministración de cada un deles que garde relación directa co prazo do pagamento, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Asemade, deberán achegar á solicitude do ente contratante, un xustificante do cumprimento dos pagos aos subministradores ou subcontratistas, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, e que non sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para tales efectos conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que o persoal traballador adscrito á execución do contrato desenvolva o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordado, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos unha persoa coordinadora técnica ou unha persoa responsable, integrada no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutora da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dunha banda, e a entidade contratante, da outra, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ao citado persoal traballador as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ao posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. Para ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación da adxudicación, constituíndo o citado documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ao seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ao contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación neste contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto e sen que estes gastos superen os dous mil euros (2.000,00€). 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar unha persoa responsable do contrato, vinculado a esta institución, ao que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non desta persoa responsable non eximirá ao contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto á persoa responsable coma ao órgano de contratación. 21. OUTROS GASTOS ESIXIBLES Agás pacto contrario os gastos de entrega e transporte dos bens obxecto da subministración ao lugar convido serán por conta do contratista. Se os bens non se atopan no estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e se darán as instrucións precisas ao contratista para que emende os estragos observados ou proceda a unha nova subministración de conformidade co pactado. 22. EXECUCIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ao contratista o órgano de contratación. O contratista está obrigado a entregar os bens obxecto da subministración no tempo e lugar fixados no contrato e coas prestacións técnicas e cláusulas administrativas. Calquera que sexa o tipo de subministración o adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega e na Administración, salvo que esta incorrese en mora ao recibilos. Cando o acto formal de recepción de bens, de acordo coas condicións do prego sexa posterior a súa entrega, a Administración será responsable da súa custodia durante o tempo que medie entre unha e outra. Recibidos pola Administración bens ou produtos perecedoiros, será esta a responsable da súa xestión, uso ou caducidade, sen prexuízo de responsabilidade do subministrador por vicios ou defectos que estes puidesen presentar. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as subministracións sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que non lle fose imputable ao contratista e este ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ao tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora con respecto ao cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesario para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á cal a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ao contratista. 23. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO O órgano de contratación, para os efectos establecidos nos artigos 219.1 e 296 do TRLCSP, posúe a prerrogativa de modificar o contrato obxecto deste prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento de exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión da posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desa potestade, o seu alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como máximo pode afectar a modificación, e no procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido para o efecto na normativa. Cando como consecuencia dunha modificación experimente variación o seu prezo deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 24. GARANTÍA DAS SUBMINISTRACIÓNS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción dos bens subministrados. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ao contratista conforme ao artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, e das establecidas no presente prego. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionadas a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Así mesmo, se durante o prazo de garantía se acreditase a vixencia de vicios ou defectos dos bens fornecidos, a Administración terá dereito a lle reclamar ao contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a súa reparación, no caso de que fose suficiente. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles, avisando previamente ao Servizo de Contratación mediante un escrito común ou electrónico no enderezo contratacion@depo.es, despois de transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte ao da notificación do acordo de adxudicación aos licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela, no caso de que se interpuxesen reclamacións ou recursos ou exista algún incidente administrativo. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación e quedará exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 299 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “LOTE 1. CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración de fariña de soia e fariña de millo para o gando da Finca Mouriscade. As características establécense no prego de prescricións técnicas 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: si Cualificación do contrato: subministración CPV: 03320000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), contados desde a data de publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial do Estado (BOE). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, PRESUPOSTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: prezo máximo por tonelada (€/t) Os prezos por tonelada máximos estimados establécense de acordo co seguinte detalle: Descrición Cantidades en toneladas (t) Prezo tonelada máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10%) Prezo total máximo (con IVE) Fariña de soia do 44 % de proteína bruta 105 385,00 € 40.425,00 € 4.042,50 € 44.467,50 € Fariña de millo 135 195,00 € 26.325,00 € 2.632,50 € 28.957,50 € TOTAL 66.750,00 € 6.675,00 € 73.425,00 € A Deputación de Pontevedra non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo, quedando limitado o gasto real o que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e as toneladas efectivamente requiridas e servidas. B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 411.4120.221.13 113.559,60 € Para os efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato será deducido. Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE ENTREGA O contrato entrará en vigor a partir da data da súa formalización e finalizará o 31 de decembro de 2016. Prazo de entrega: a subministración de fariña de millo e fariña de soia realizarase segundo as necesidades do centro e as cantidades que se solicitarán en cada pedido así como o prazo distribúense de acordo ao seguinte: - Fariña de millo: servirase en cantidades aproximadas de 3 toneladas nun prazo máximo de 24 horas (incluso os sábados se as necesidades do servizo o requiren). - Fariña de soia: servirase en cantidades aproximadas de 6 toneladas nun prazo máximo de 24 horas (incluso os sábados se as necesidades do servizo o requiren). Lugar de entrega: Finca Mouriscade Lugar de Vilanova, s/n 36515 Lalín (Pontevedra) 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: o pagamento do contrato realizarase contra a prestación das correspondentes facturas por mensualidades vencidas, unha vez efectuada a subministración e prestada a conformidade por parte da persoa responsable do contrato. Lugar de presentación e forma da factura: o adxudicatario presentará a factura expedida ante o Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, en tempo e forma, para os efectos da súa remisión ao órgano administrativo a quen corresponda a súa tramitación. Nesta factura deberase identificar tanto ao órgano de contratación coma ao destinatario co código de clasificación e denominación (411 Finca Mouriscade), órgano administrativo (931 Intervención) ademais do concepto. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (IVE excluído) Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas. As características técnicas que teñen que reunir os produtos recollidas nos pregos, as obrigas de pago a subministradores e provedores, así como o prazo e lugar de entrega, consideraranse obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total ou no seu caso a resolución do contrato. Consideraranse obrigas esenciais do contrato os pagos os subcontratistas e proveedores e os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais e a prestación do servizo coas condicións ofertadas. As penalidades faranse efectivas mediante a dedución na factura, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. O incumprimento polo adxudicatario do prazo de entrega, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 del TRLCSP. No caso de incumprimento das características técnicas (calidade do produto) dos produtos establecidas na oferta da empresa adxudicataria e no prego de cláusulas técnicas, imporanse as seguintes penalidades: Aplicarase unha penalización por importe do 30 % do prezo de adxudicación das unidades (toneladas) que non cumpran os citados requirimentos. Isto non obsta para que no período de 10 días naturais seguintes a empresa teña que proceder á entrega do produto conforme o ofertado. De non ser así, a Deputación poderá resolver o contrato, ou impoñer unha nova penalidade do 20 % do prezo das unidades obxecto do incumprimento, sumándose á anterior sanción e dándose un prazo improrrogable de 5 días para o referido cumprimento. Transcorrido este período de tempo, resolverase o contrato no referente ás unidades que sexan obxecto de incumprimento coa imposición das penalidades correspondentes. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato, que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación que se presentará na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación que se presentará: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, ou os modelos 200 (declaración-liquidación do imposto sobre sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a mencionada obriga). - Modelo 390 (declaración-resumo anual do IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación das principais subministracións no curso dos cinco últimos anos relacionadas co obxecto do contrato; nestes certificados indicarase o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cubrir o anexo V deste prego). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicaránselle directamente ao órgano de contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o imposto sobre o valor engadido) debe ser igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota importante: No caso de que unha mesma empresa licite a mais dun Lote, a solvencia económica e técnica deberá ser a equivalente a suma do importe de todos os lotes nos que participe. Nota: considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o imposto sobre o valor engadido. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: non Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ao seguinte criterio, directamente vinculado ao obxecto do contrato: Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre B): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 100 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.) Prezo máximo por tonelada de Fariña de Soia do 44% de proteína bruta (€/t) …….. ata un máximo de 50 puntos. 3.2) Prezo máximo por tonelada de Fariña de millo (€/t)……..ata un máximo de 50 puntos. Este criterio valorarase en función da fórmula establecida no anexo IV deste prego. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas logo de realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2) Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. 3) Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa debida execución, aos que se refire no artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 4) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ao licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ao galego ou castelán. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Polo contrario, deberase presentar un sobre B para cada un dos lotes aos que se presente. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición determinado no anexo II. Modelo de proposición deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese o orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición ou se existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicaranse como partida independente o importe do IVE. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “LOTE 1. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE B) (Nome e apelidos) ………............................................., maior de idade, veciña/o de …......................., con domicilio en …............................, titular do DNI número ………………….............., expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ..................................... (CIF número.....................) e con domicilio en .................................., teléfono …...................., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración (especificar denominación da subministración): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos á subministración, con estrita suxeición aos pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: - Prezo ofertado: Descrición Cantidades de toneladas estimadas (t) Prezo (P) por tonelada (sen IVE) Fariña de soia do 44 % de proteína bruta 105 ……… € Fariña de millo 135 ……… € …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO I “LOTE 2. CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración de palla moída para o gando da Finca Mouriscade. As características establécense no prego de prescricións técnicas. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: si Cualificación do contrato: subministración CPV: 03320000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), contados desde a data de publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial do Estado (BOE). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, PRESUPOSTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: prezo máximo por tonelada (€/t). Os prezos por tonelada máximos estimados establécense de acordo ao seguinte detalle: Descrición Cantidades en toneladas (t) Prezo tonelada máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10 %) Prezo total máximo (con IVE) Palla moída 150 105,00 € 15.750,00 € 1.575,00 € 17.325,00 € A Deputación de Pontevedra non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo, quedando limitado o gasto real ao que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e as toneladas efectivamente requiridas e servidas. B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 411.4120.221.13 17.325,00€ Para os efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato será deducido. Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE ENTREGA O contrato entrará en vigor a partir da data da súa formalización e finalizará o 31 de decembro de 2016. Prazo de entrega: a subministración de palla moída realizarase segundo as necesidades do centro e as cantidades que se solicitarán en cada pedido así como o prazo distribuiranse segundo se detalla deseguido: - A palla moída servirase en cantidades aproximadas de 25 toneladas. - O distribuidor debe comprometerse a entregalo nun prazo máximo de 72 horas, incluso os sábados se as necesidades do servizo así o requiren. Lugar de entrega: Finca Mouriscade Lugar de Vilanova, s/n 36515 Lalín (Pontevedra) 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: o pagamento do contrato realizarase contra a prestación das correspondentes facturas por mensualidades vencidas, logo de efectuada a subministración e prestada a conformidade por parte do responsable do contrato. Lugar de presentación e forma da factura: o adxudicatario presentará a factura expedida ante o Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, en tempo e forma, para os efectos da súa remisión ao órgano administrativo a quen corresponda a tramitación desta. Nesta factura deberase identificar tanto o órgano de contratación coma o destinatario co código de clasificación e denominación (411 Finca Mouriscade), órgano administrativo (931 Intervención), ademais do concepto. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas. As características técnicas que teñen que reunir os produtos, recollidas nos pregos, as obrigas de pagamento a subministradores e provedores, así como o prazo e lugar de entrega, consideraranse obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total ou, no seu caso, a resolución do contrato. As penalidades faranse efectivas mediante a dedución na factura, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. O incumprimento polo adxudicatario do prazo de entrega, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 del TRLCSP. No caso de incumprimento das características técnicas (calidade do produto) dos produtos establecidas na oferta da empresa adxudicataria e no prego de cláusulas técnicas, imporanse as seguintes penalidades: Aplicarase una penalización por importe do 30 % do prezo de adxudicación das unidades (toneladas) que non cumpran os citados requirimentos. Isto non obsta para que no período de 10 días naturais seguintes a empresa teña que proceder á entrega do produto conforme ao ofertado. De non ser así a Deputación poderá resolver o contrato ou impoñer unha nova penalidade do 20 % do prezo das unidades obxecto do incumprimento, sumándose á anterior sanción e dándose un prazo improrrogable de 5 días para o referido cumprimento. Transcorrido este período de tempo resolverase o contrato no referente ás unidades que sexan obxecto de incumprimento coa imposición das penalidades correspondentes. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación que se presentará na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica: A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación que se presentará: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, ou os modelos 200 (declaración-liquidación do imposto sobre sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación das principais subministracións no curso dos cinco últimos anos relacionadas co obxecto do contrato; nestes certificados indicarase o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cubrir o anexo V deste prego). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallos directamente ao órgano de contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o imposto sobre o valor engadido) debe ser igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota importante: No caso de que unha mesma empresa licite a mais dun Lote, a solvencia económica e técnica deberá ser a equivalente a suma do importe de todos os lotes nos que participe. Nota: considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o imposto sobre o valor engadido. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: non Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente mais vantaxosa atenderase aos seguintes criterios, directamente vinculados ao obxecto do contrato: Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE B) Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 100 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.) Prezo máximo por tonelada (€/t), …….. ata un máximo de 100 puntos Este criterio valorarase en función da fórmula establecida no anexo IV deste prego. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas logo de realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre 2) Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se chega no anexo III deste prego. 3) Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa debida execución, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 4) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ao licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes. No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Polo contrario, deberase presentar un sobre B e outro C para cada un dos lotes aos que se presente. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: 1. Modelo de proposición segundo o modelo determinado no anexo II. Lote 2 deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do imposto sobre o valor engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “LOTE 2. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE B) (Nome e apelidos) ......, maior de idade, veciña/o de......, con domicilio en....... titular do DNI número......, expedido en data........., actuando en nome propio ou en representación da empresa ...... (CIF número........) e con domicilio en.........., teléfono............ segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración (especificar denominación da subministración): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumpriron os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos á subministración, con estrita suxeición aos pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo ofertado: Descrición Cantidades de toneladas estimadas (t) Prezo (P) por tonelada (sen IVE) Palla moída 150 ……… € …………………………………., ….. de …………………… de ……… (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO I “LOTE 3. CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración de núcleo mineral para o gando da Finca Mouriscade. As características establécense no prego de prescricións técnicas. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: si Cualificación do contrato: subministracións CPV: 03320000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), contados desde a data de publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial do Estado (BOE) 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: prezo máximo por tonelada (€/t) Os prezos por tonelada máximos estimados establécense segundo se detalla deseguido: Descrición Cantidades en toneladas (t) Prezo tonelada máximo (sen IVE) Prezo total máximo (sen IVE) IVE (10 %) Prezo total máximo (con IVE ) Núcleo mineral 18 1.152,00 € 20.736,00 € 2.073,60 € 22.809,60 € A Deputación de Pontevedra non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo, quedando limitado o gasto real ao que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e as toneladas efectivamente requiridas e servidas. B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 411.4120.221.13 22.809,60 € Para os efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato será deducido. Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN, PRAZO E LUGAR DE ENTREGA O contrato entrará en vigor a partir da data da súa formalización e finalizará o 31 de decembro de 2016. Prazo de entrega: a subministración de núcleo preparado realizarase segundo as necesidades do centro e as cantidades que se solicitarán en cada pedido así como o prazo distribuiranse segundo se detalla a continuación: - O núcleo preparado servirase en cantidades aproximadas de 1,5 toneladas. - O distribuidor debe comprometerse a entregalo nun prazo máximo de 72 horas, incluso os sábados se as necesidades do servizo así o requiren. Lugar de entrega: Finca Mouriscade Lugar de Vilanova, s/n 36515 Lalín (Pontevedra) 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: o pagamento do contrato realizarase contra a prestación das correspondentes facturas por mensualidades vencidas, logo de efectuada a subministración e presentada a conformidade por parte da persoa responsable do contrato. Lugar de presentación e forma da factura: o adxudicatario presentará a factura expedida ante o Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, en tempo e forma, para os efectos da súa remisión ao órgano administrativo a quen corresponda a súa tramitación. Nesta factura deberase identificar tanto o órgano de contratación coma o destinatario co código de clasificación e denominación (411 Finca Mouriscade), órgano administrativo (931 Intervención) ademais do concepto. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación. Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas. As características técnicas que teñen que reunir os produtos, recollidas nos pregos, as obrigas de pagamento a subministradores e provedores, así como o prazo e lugar de entrega, consideraranse obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total ou, no seu caso, a resolución do contrato. As penalidades faranse efectivas mediante a dedución na factura, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. O incumprimento polo adxudicatario do prazo de entrega, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 del TRLCSP. No caso de incumprimento das características técnicas (calidade do produto) dos produtos establecidas na oferta da empresa adxudicataria e no prego de cláusulas técnicas, imporanse as seguintes penalidades: Aplicarase una penalización por importe do 30 % do prezo de adxudicación das unidades (toneladas) que non cumpran os citados requirimentos. Isto non obsta para que no período de 10 días naturais seguintes a empresa teña que proceder á entrega do produto conforme ao ofertado. De non ser así a Deputación poderá resolver o contrato ou impoñer unha nova penalidade do 20 % do prezo das unidades obxecto do incumprimento, sumándose á anterior sanción e dándose un prazo improrrogable de 5 días para o referido cumprimento. Transcorrido este período de tempo resolverase o contrato no referente ás unidades que sexan obxecto de incumprimento coa imposición das penalidades correspondentes. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación que se presentará na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1 do prego económico-administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica: A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación que se presentará: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, ou os modelos 200 (declaración-liquidación do imposto sobre sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación das principais subministracións no curso dos cinco últimos anos relacionadas co obxecto do contrato; nestes certificados indicarase o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cubrir o anexo V deste prego). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallos directamente ao órgano de contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o imposto sobre o valor engadido) debe ser igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota importante: No caso de que unha mesma empresa licite a mais dun Lote, a solvencia económica e técnica deberá ser a equivalente a suma do importe de todos os lotes nos que participe. Nota: considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o imposto sobre o valor engadido. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: non Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase aos seguintes criterios, directamente vinculados ao obxecto do contrato: Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 100 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.) Prezo máximo por tonelada (€/t), .…… ata un máximo de 100 puntos: Este criterio valoraranse en función das fórmulas establecidas no anexo IV deste prego. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre 2) Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo III deste prego. 3) Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes e necesarios para a súa debida execución, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 4) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ao licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes. No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Polo contrario, deberase presentar un sobre B e outro C para cada un dos lotes aos que se presente. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: 1. Modelo de proposición segundo o modelo determinado no anexo II. Lote 3 deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicaranse como partida independente o importe do imposto sobre o valor engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “LOTE 3. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE B) (Nome a apelidos) ..........., maior de idade, veciña/o de............., con domicilio en.............. titular do DNI número........., expedido en data............, actuando en nome propio ou en representación da empresa............. (CIF número...........) e con domicilio en................, teléfono............... segundo declaro responsablemente. En coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración (especificar denominación da subministración): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumpriron os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos á subministración, con estrita suxeición aos pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo ofertado: Descrición Cantidades de toneladas estimadas (t) Prezo (P) por tonelada (sen IVE) Núcleo mineral preparado 18 ……… € …………………………………., ….. de …………………… de ……… (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pódese descargar en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS QUE SE APLICARÁN PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE B) A) Para os criterios de valoración automática do LOTE 1, LOTE 2 e LOTE 3: - Prezo total ofertado (Lote 1), ata un máximo de 100 puntos - Prezo total ofertado (Lote 2), ata un máximo de 100 puntos - Prezo total ofertado (Lote 3), ata un máximo de 100 puntos Utilizarase a seguinte fórmula: • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,….,n) • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin:: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 y Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 y Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ao prezo de licitación (e polo tanto non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ao intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =1,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ao 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2=...= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,……n:  Se , polo tanto ,  Se , polo tanto 4. Valoración das ofertas cando  Para i= 1, ….n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA): Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas ao procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ao 25 % do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de esta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ao 25 % do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Con todo, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, polo tanto a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que . Si polo tanto a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sea definida como: = (b2 + b3) si b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, si b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Si b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos = se e se e , bm se Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. - Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas darase audiencia ao contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ao aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. - Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo do persoal técnico, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. - Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que foron clasificadas, que se estime poida ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DAS SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS Título do contrato: Núm. de expediente: (Nome e apelidos).………………, con DNI núm. ……………….., en nome propio ou en representación da empresa ……………………, con NIF/CIF núm. …………… declara que a relación das subministracións obxecto deste contrato realizadas nos últimos cinco anos son as que se recollen na seguinte táboa: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2010 Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin TOTAIS ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 6.24162.- PRORROGA DO CONTRATO DE SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL NA REGULARIZACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS PADRÓNS FISCAIS DAS TAXAS DELEGADAS POLO CONCELLO DE VALGA O 10 de abril de 2015 tivo lugar, mediante acordo da Xunta de Goberno, a adxudicación do contrato de “servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procesos de inspección tributaria, das taxas delegadas polos Concellos de Valga (lote nº 1), A Estrada (lote nº 2) e Oia e O Rosal (lote nº 3)”, resultando adxudicataria dos lotes que inclúen o contrato a empresa Lagares Oca, S.L. con CIF B-36.813.715. O prazo de execución dos traballos ofrecido polo contratista para o Concello de Valga (lote nº 1) foi de 9 meses e medio, finalizando o mesmo, segundo a cláusula cuarta do contrato administrativo, o próximo 5 de marzo de 2016. A empresa Lagares Oca, S.L. presenta escrito, con rexistro en data 12 de febreiro de 2016, no que solicita a prórroga do prazo de execución dos traballos no Concello de Valga (lote nº 1) por período de 4 meses máis, explicando que por motivos non imputables á empresa, non se poden finalizar os traballos en tempo, detallando os motivos principais da seguinte forma: - “Cando se estaban rematando os traballos, resultaron demasiadas unidades sen referencia catastral, que dificilmente se poderían resolver, polo que se requiriu ao Concello de Valga os ficheiros do padrón de habitantes. A entrega dos mesmos retrasouse ata o 28 de outubro de 2015, polo que se reiniciaron os traballos de consecución de referencias catastrais, finalizándose a mediados do mes de novembro unha vez repasado en campo as últimas unidades. - Unha vez finalizados estes traballos entregouse o Padrón provisional o 27 de novembro de 2016 para o seu control por parte do Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección do ORAL. - O 23 de decembro de 2016 remitiuse por parte do Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección do ORAL, as anomalías atopadas na primeira entrega, que foron arranxados o 26 de xaneiro de 2016. Polo que permitiría a atención ao público e a entrega final en prazo. - Dado que o número de altas en saneamento se considerou moi alta e seguindo instrucións do Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección do ORAL deuse conta ao concello de Valga para que coñecese esta incidencia. - O Concello de Valga requiriu o listado de altas e a día de hoxe están estudando si son correctas as interpretacións da rede de saneamento, para dar o visto bo. - Dado que a atención ao público ten unha duración mínima dun mes e a día de hoxe non se puideron realizar o envío dos trámites de audiencia e polo tanto o inicio da atención ao público; se fai imposible finalizar os traballos na data prevista do día 5 de marzo de 2016. - Por todo elo, SOLICITA: - Que se lle conceda unha prórroga do contrato do “servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procesos de inspección tributaria, das taxas delegadas polos Concellos de Valga, A Estrada, Oia e O Rosal”, no que se refire ao concello de Valga unha prórroga de 4 meses. Visto o informe emitido polo Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección, de data 18 de febreiro de 2016, no que se cita textualmente que “Por parte deste servizo considéranse, en aras a unha boa e eficaz revisión dos padróns fiscais das taxas de Valga, válidos e xustificados os motivos esgrimidos pola empresa para acordar a concesión da ampliación do prazo de execución dos traballos, non obstante, o órgano de contratación decidirá o que estime conveniente”. Visto o informe favorable da Secretaría Xeral de data 22 de febreiro de 2016. Fundamentos de Dereito: O art. 105 do R.d.l. 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), en relación ós supostos de modificación do contrato, no seu apartado primeiro prevé a prórroga do prazo de execución dos contratos, ben nos casos regulados na propia Lei, no caso de preverse nos pregos, no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no art. 107. Segundo a cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares, no caso de “execución defectuosa e demora”, este sinala que “O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido.” A ampliación do prazo de execución atópanse debidamente xustificada como consecuencia de necesidades e causas imprevistas derivadas da complexidade e casuística deste contrato, como se pode constatar e coa conformidade do Servizo de Xestión Tributaria e Inspección, non sendo imputable a demora á actividade realizada polo contratista. Segundo estipula o art. 210 do TRLCSP “1. Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na presente Lei, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta.” O literal do art. 100 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, dispón que “1.- A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel no que se produza a causa orixinaria do retraso, alegando as razóns polas que estime non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida, oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga do mesmo, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Se a petición do contratista se formulara no último mes de execución do contrato, a Administración deberá resolver sobre a devandita petición antes dos quince días seguintes á terminación do mesmo. Durante este prazo de quince días, non poderá continuar a execución do contrato, o cal considerarase extinguido o día en que expiraba o prazo previsto se a Administración denegara a prórroga solicitada, ou non resolvera sobre ela..” Segundo o art. 102 do R.d. 1098/2001 “Cando sexa necesario introducir algunha modificación no contrato, redactarase a oportuna proposta integrada polos documentos que xustifiquen, describan e valoren aquela. A aprobación polo órgano de contratación requirirá a previa audiencia do contratista e a fiscalización do gasto correspondente”. No caso que nos ocupa non é preciso remitir o expediente á Intervención Xeral ó non variar os aspectos económicos do contrato. Constan no expediente os restantes requisitos esixidos por este artigo. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno, en virtude do previsto na base 16ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, acorda por unanimidade: Ampliar o prazo de execución do contrato de servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais das taxas delegadas polo Concello de Valga, adxudicados en data 10 de abril de 2015, á empresa Lagares Oca, S.L., CIF B-36.813.715, ata o próximo 5 de xullo de 2016 (4 meses máis) como consecuencia de necesidades e causas imprevistas derivadas da complexidade e casuística deste contrato, así como polas argumentacións expostas pola propia empresa e conformadas polo Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección. 7.24163.- PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL COMISIÓN DE FESTAS VIRXE DO CARMEN DO CONCELLO DE SANXENXO, PARA AS OBRAS DE “REPARACIÓN DA CUBERTA E ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL DA CARBALLEIRA”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Com. de Festas Virxe do Carmen con CIF:G.36.313.864, do Concello de Sanxenxo, por un importe de 5.522,00 € para “Obras de reparación de cuberta e acondicionamento do local social da Carballeira” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro xeral con data 24/02/2016, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2016, para a xustificación da citada subvención. 8.24164.- INCLUSIÓN DE GRUPOS NO PLAN “PONTEGAL 2016” A Deputación de Pontevedra aprobou as bases do Pontegal – 2016 na Xunta de Goberno que tivo lugar o día 17 de decembro de 2015, que se publicaron no BOPPO núm. 1 de 4 de xaneiro de 2016, co que se inicia o prazo para a presentación de solicitudes das agrupacións interesadas ata o 2 de febreiro de 2016. Rematado dito prazo e unha vez estudada e revisada a documentación presentada polas mesmas de acordo coas bases establecidas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a inclusión no Pontegal 2016 das agrupacións que se achegan na seguinte relación, excluíndo do mesmo as que se indican en relación aparte por non cumprir coas bases establecidas. Relación de agrupacións: RELACIÓN DE GRUPOS EXCLUÍDOS DE PONTEGAL POR NON CUMPRIR COAS BASES APROBADAS PARA O ANO 2016 CONCELLO GRUPO CIF MOTIVO DA EXCLUSIÓN O Grove Dani Cornes 35490100L Non presenta a documentación en prazo (requerida por correo certificado con data 08/02/16) Tui Asoc. Santiago de Malvas G94055050 Non presenta a documentación en prazo (requerida por correo certificado con data 09/02/16) As Neves Folk-k-Ando G94024288 Non presenta a documentación en prazo (requerida por correo certificado con data 04/02/16) Silleda Aves do Trasdeza G36261899 Non presenta a documentación en prazo (requerida por correo certificado con data 12/02/16) A Coruña Galaicum Ensemble G70314612 Domicilio fiscal na provincia da Coruña 9.24165.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CORAL POLIFÓNICA ACORDES DE BUEU (CONCELLO DE BUEU), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O “INTERCAMBIO CULTURAL A SUANCES-SANTANDER”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asoc. Coral Polifónica Acordes de Bueu con CIF: G-36.525.921, do Concello de Bueu, por un importe de 945,00 €, para oi “Intercambio cultural a Suances-Santander” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 19/02/2016 da citada entidade renunciando á subvención concedida no súa día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.24166.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE USUARIOS E CULTURAL EMILIO CRESPO (CONCELLO DE VIGO), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Asoc. Veciñal de Usuarios e Cultural Emilio Crespo con CIF:G.36.648.608, do Concello de Vigo, por un importe de 1.080,00 €, para “Adquisición de vestiario” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 15/02/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.24167.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DAVID FERNÁNDEZ RIVERA (CONCELLO DE VIGO), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural David Fernández Rivera con CIF: G-27.729.821, do Concello de Vigo, por un importe de 792,00 €, para “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 15/02/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12.24168.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE PAIS DE MINUSVÁLIDOS PSÍQUICOS O SAIAR (CENTRO OCUPACIONAL SAIAR) Á SUBVENCIÓN APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 15/05/2015 A Xunta de Goberno desta Deputación provincial na súa sesión de 15 de maio de 2015, acordou concederlle á Asociación de Pais de minusválidos psíquicos O Saiar (Centro ocupacional Saiar) unha subvención de 4.274,00 € para o seu proxecto “Proxecto de TICS para persoas con diversidade funcional”. O día 16 de febreiro de 2016 se recibe unha comunicación presentada por rexistro por parte de Asociación de pais de minusválidos psíquicos o Saiar, comunicando a renuncia a dita subvención por no poder executar o devandito proxecto. Á vista deste escrito presentado polo Colectivo adoptando a decisión de renunciar á subvención aprobada pola Xunta de Goberno e en base ó informe que se achega da traballadora social responsable dese expediente, Dna. Olga González González, e tal e como se expón nas bases da mencionada convocatoria, o órgano competente deberá aprobar a renuncia á devandita subvención. Por todo o exposto a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia á subvención concedida á Asociación de pais de minusválidos psíquicos o Saiar (Centro ocupacional o Saiar) aprobada na convocatoria de servizos sociais e atención especializada de 2015. 13.24169.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Vista a relación de facturas con número 2016005877, que contén dúas facturas e por un importe de 107,96 €, correspondendo a primeira factura a Irene Rodríguez Sanz, por importe de 85,09€, e a derradeira a Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L., por importe de 22,87 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 29 de febreiro de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron exercicios pechados, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 107,96 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 107,96 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. B)Vista a relación de facturas con número 2016005879, que contén tres facturas e por un importe de 113.794,49 €, correspondendo a primeira factura a Oreco, S.A., por importe de 10.829,50€, e a derradeira a Lagares Oca, S.L., por importe de 102.850,00 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 29 de febreiro de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 113.794,49 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 113.794,49 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 14.24170.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚM.2016003149 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN 2014/2015, POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE MARÍN De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial núm. 2016003149 de data 18 de febreiro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Gala Regengo Alonso no Concello de Marín con efectos do 19 de febreiro de 2016. 15.24171.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚM.2016003399 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN 2014/2015, POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE PONTEVEDRA De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial núm. 2016003399 de data 24 de febreiro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Lucía Prado González no Concello de Pontevedra con efectos do 29 de febreiro de 2016. 16.24172.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚM.2016003592 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2014/2015, POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE TUI De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: Por Resolución Presidencial núm. 2016003592 de data 26 de febreiro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Sonia Míguez Fernández no Concello de Tui con efectos do 29 de febreiro de 2016. 17.24173.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO A ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS, INCLUÍDAS NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 – RELACIÓN NÚM. 4 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% con cargo á Liña 3 de subvención (actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais). Ó abeiro desta Liña 3 presentáronse varias solicitudes de subvención, que se relacionan a continuación, e que achegan a documentación e cumpren os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústanse á tipoloxía da Liña 3 de subvención, e solicitan axuda para a realización de actividades tanto de tipo cultural, social, deportivo, turístico e medioambiental, así como gastos de funcionamento de Conservatorios ou Escolas de Música. LIÑA 3 – RELACIÓN 4ª CONCELLO OBXECTO ORZAMENTO SUBVENCIÓN Arbo Torneo fútbol Vila de Arbo 2.100,00 € 2.100,00 € Barro Actividades lúdicas “Barro 2016” 3.990,58 € 3.990,58 € Cambados Actividade de nadal 30.651,50 € 26.941,76 € Cambados Actividade de entroido 13.634,00 € 7.000,00 € Cangas Musicangas 2016 6.700,00 € 6.700,00 € Cangas Actividades medioambientais 12.000,00 € 12.000,00 € Cangas Proxecto orquestal 2.750,00 € 2.750,00 € Catoira 56 Romaría vikinga 17.600,00 € 14.244,79 € Lalín Campamentos de verán 15.000,00 € 9.000,00 € Lalín Ciclo de música na rúa 10.000,00 € 10.000,00 € Lalín Guía de roteiros 6.390,13 € 6.390,13 € Lalín Feira do cocido 80.000,00 € 20.000,00 € Lalín Gastos de funcionamento do conservatorio profesional de música de Lalín 250.000,00 € 18.000,00 € Mondariz Gastos de funcionamento da escola de música 115.691,66 € 17.384,56 € Mondariz-Balneario Campionato de fútbol sala 1.000,00 € 1.000,00 € Moraña Festa carneiro ó espeto 12.100,00 € 7.785,64 € Moraña Mes dos libros 3.000,00 € 3.000,00 € Moraña IV Carreira carneiro ó espeto 4.012,36 € 4.000,00 € Moraña Obradoiro prevención saúde: “fisioterapia rehabilitación a domicilio a beneficiarios Saf como atención complementaria” 1.620,00 € 1.000,00 € Moraña Obradoiro prevención: “parar o acoso e cousa de todas e todos” 1.014,00 € 1.000,00 € Pazos de Borbén Curso baile de salón 1.149,50 € 1.149,50 € Redondela Festexo tradicional e folclórico corpuscristi-festa da coca en Redondela 63.283,00 € 40.000,00 € Salvaterra do Miño Festa do viño do condado de tea e son da muralla 24.200,00 € 23.505,50 € Total 238.942,46 € Revisada a documentación achegada, as solicitudes incluídas nesta proposta cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: 1. Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitudes relacionadas no antecedente 4º (Liña 3 – Relación nº 4) relativas ó financiamento de actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais, preséntanse dentro do prazo previsto na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade achegan a documentación requirida para a válida concesión de subvencións. As solicitudes de subvención non exceden do límite do 3,75% do importe asignado na Liña 3 para cada concello resultando un importe total de 238.942,46 €. As finalidades propostas adecúanse dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 3, con destino a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais a realizar polos concellos. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente os expedientes incluídos na Liña 3 – Relación nº 4 ó efecto de que lles sexa concedida unha subvención polos importes solicitados e para as finalidades recollidas na mesma relación. A concesión imputarase contra a aplicación 16/942.9425.462.00 do orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa (Liña 3 – Relación nº 4) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 238.942,46 €. Estas achegas concédense ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, dentro da súa Liña 3, con destino ó financiamento de actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais. LIÑA 3 – RELACIÓN 4ª CONCELLO OBXECTO ORZAMENTO SUBVENCIÓN Arbo Torneo fútbol vila de Arbo 2.100,00 € 2.100,00 € Barro Actividades lúdicas “Barro 2016” 3.990,58 € 3.990,58 € Cambados Actividade de nadal 30.651,50 € 26.941,76 € Cambados Actividade de entroido 13.634,00 € 7.000,00 € Cangas Musicangas 2016 6.700,00 € 6.700,00 € Cangas Actividades medioambientais 12.000,00 € 12.000,00 € Cangas Proxecto orquestal 2.750,00 € 2.750,00 € Catoira 56 romaría vikinga 17.600,00 € 14.244,79 € Lalín Campamentos de verán 15.000,00 € 9.000,00 € Lalín Ciclo de música na rúa 10.000,00 € 10.000,00 € Lalín Guía de roteiros 6.390,13 € 6.390,13 € Lalín Feira do cocido 80.000,00 € 20.000,00 € Lalín Gastos de funcionamento do conservatorio profesional de música de Lalín 250.000,00 € 18.000,00 € Mondariz Gastos de funcionamento da escola de música 115.691,66 € 17.384,56 € Mondariz-Balneario Campionato de fútbol sala 1.000,00 € 1.000,00 € Moraña Festa carneiro ó espeto 12.100,00 € 7.785,64 € Moraña Mes dos libros 3.000,00 € 3.000,00 € Moraña IV carreira carneiro ó espeto 4.012,36 € 4.000,00 € Moraña Obradoiro prevención saúde: “fisioterapia rehabilitación a domicilio a beneficiarios saf como atención complementaria” 1.620,00 € 1.000,00 € Moraña Obradoiro prevención: “parar o acoso e cousa de todas e todos” 1.014,00 € 1.000,00 € Pazos de Borbén Curso baile de salón 1.149,50 € 1.149,50 € Redondela Festexo tradicional e folclórico corpuscristi-festa da coca en Redondela 63.283,00 € 40.000,00 € Salvaterra do Miño Festa do viño do condado de tea e son da muralla 24.200,00 € 23.505,50 € TOTAL 238.942,46 € - O importe das achegas imputarase contra a aplicación 16/942.9425.462.00 e do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. - O pagamento das subvencións realizarase unha vez realizadas as actividades e previa xustificación polos beneficiarios, que deberá achegarse no prazo de tres meses dende a súa finalización, e en todo caso antes do 31 de marzo de 2017. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. o Que se realizou a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención e que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. o Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. • Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, identificando acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou e información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión (anexo conta xustificativa). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. • Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. - Darlle traslado da presente resolución ós Concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 18.24174.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE O ROSAL NO MARCO DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 9 de outubro de 2015, punto núm. 8.23807, concedéronse as subvencións do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante aprobación da Xunta de Goberno, celebrada o 25 de setembro de 2015, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 187, do 28 de setembro de 2015. Segundo.- O Concello de O Rosal, con CIF número P3604800G, obtivo unha subvención de 46.712,64 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial derivado da contratación laboral de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 35 horas semanais e por un período de dous meses (expediente número 2015038712). Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 26/11/2015 e do 14/01/2016 aprobáronse os libramentos de sendos anticipos por importe total de 44.636,52 €, dunha subvención concedida de 46.712,64 €. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 23/02/2016 e con número 2016017783, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final do concello correspondente á subvención do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, na que se declara un custo real da actuación de 43.993,51 €. Fundamentación Xurídica: Consideracións xurídicas: - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Artigos 13 e 15 das Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais nos que se regula o pagamento e xustificación da subvención. - Bases 25ª.14ª de execución do orzamento provincial que establece que en materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación, resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, polo que procede o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 643,01 €, dado que o a subvención librada ascendeu a 44.636,52 € namentres que o custe real de actuación foi de 43.993,51 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 25/02/2016, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª.14ª das Bases de execución do Orzamento provincial e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello de O Rosal, CIF. P3604800G, relativa á contratación de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 35 horas semanais e por un período de 2 meses con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 43.712,64 € no “II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”. Vistos os informes-propostas da Xefe do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 643,01 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. A Xunta de Goberno provincial acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello de O Rosal, CIF.: P3604800G, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de seiscentos corenta e tres euros con cero un céntimos (643,01 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 19.24175.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.24062 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 29/01/2016, SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 1ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016” que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Dentro destas bases aprobouse a liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) que ten por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Terceiro.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xaneiro de 2016, punto número 9.24062, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á Liña 4: Emprego para Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Cuarto.- No caso do Concello de Baiona concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: Concello BAIONA Nº de traballadores 26 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 3 peóns/peonas de obra pública, 3 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 1 condutor de camión, 1 operario electricista,1 peón de cantería, 1 peón de xardinería en xornada de 35 h/semanais durante 11 meses. 2 peóns/peonas de obra pública, 8 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 1 tractorista, 2 operarios de servizos múltiples, 1 ordenanza/vixiante, 2 peóns de xardinería en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses. Importe concedido 197.186,96 € Quinto.- Debido a que o concello debería haber iniciado as contratacións o día 01/02/2016 para os traballadores solicitados ao abeiro do Plan Concellos 2016 correspondentes á liña 4: Emprego para Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais-1º relación cunha duración de 11 meses e dado que lle foi materialmente imposible a contratación das mesmas polo trámite que leva consigo de realizar sondaxe no Servizo Público de Emprego, convocar os demandantes e aprobar a contratación dos distintos traballadores ao abeiro da subvención concedida, o concello de Baiona, mediante escrito (con entrada no rexistro da Deputación o 24/02/2016, núm. 2016018213, solicita que se modifique o seu acordo de concesión para cambiar a duración das contratacións de traballadores cunha duración de 11 meses (e que deberían haberse iniciado o día 01/02/2016 e con prazo de finalización ata o 31/12/2016) pasando a ser de 10 meses e 11 días mentres que os traballadores contratados durante 6 meses se amplíe o seu prazo de contratación a 6 meses e 10 días manténdose invariables o número de contratos, as categorías e o importe solicitado. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 9.24062 do día 29 de xaneiro de 2016, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo concello de Baiona, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: Concello BAIONA Nº de traballadores 26 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 3 peóns/peonas de obra pública, 3 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 1 condutor de camión, 1 operario electricista,1 peón de cantería, 1 peón de xardinería en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses e 11 días 2 peóns/peonas de obra pública, 8 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 1 tractorista, 2 operarios de servizos múltiples, 1 ordenanza/vixiante, 2 peóns de xardinería en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses e 10 días Importe concedido 197.186,96 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Baiona, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 20.24176.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.24062 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 29/01/2016, SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE A GUARDA NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS- 1ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016” que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xaneiro de 2016, punto número 9.24062, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación, por un importe total de catro millóns novecentos sesenta mil douscentos seis euros con catorce céntimos (4.960.206,14 €), mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento Provincial. Terceiro.- No caso do Concello de A Guarda concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: Concello A GUARDA Nº de traballadores 24 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 3 peóns de construción de edificios, 1 carpinteiro en xeral, 1 electricista de mantemento e reparación en xeral, 1 condutor -operario de maquinaria forestal con motor en xeral, 2 peóns forestais, 2 varrendeiros e 1 mantedor de edificio a xornada completa durante 9 meses, 1 animador sociocultural en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses, 1 condutor de camión en xeral a xornada completa durante 7 meses, 3 operarios de vehículos de limpeza viaria a xornada completa durante 6 meses, 1 animador sociocultural a xornada completa durante 4 meses, 4 varrendeiros en xornada de 30 h/semanais durante 4 meses e 3 peóns de construción de edificios a xornada completa durante 3 meses Importe concedido 160.107,66 € Cuarto.- Debido a un erro material no cálculo do custe salarial solicitado polo concello de A Guarda dado que como se tomaba como referencia como xornada completa as 40h/semanais, o concello mediante escrito con entrada no rexistro da Deputación o 26/02/2016, núm. 2016019341, solicita que se modifique o seu acordo de concesión xa que estipula como xornada completa as 37,5h/ semanais para solicitar un cambio en dúas categorías no referente á dúas xornadas pasando a estar contratado un animador sociocultural durante 8 meses en xornada de 15 h/semanais e 4 varrendeiros en xornada de 27,5h/semanais solicitando deste xeito para as contratacións dos 24 traballadores desempregados un importe total de 160.037,50 €. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto os informes da Xefa do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial e que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno núm. 9.24062 do día 29 de xaneiro de 2016 no referente á axuda concedida ó Concello de A Guarda, de maneira que segue: Concello A GUARDA Nº de traballadores 24 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 3 peóns de construción de edificios, 1 carpinteiro en xeral, 1 electricista de mantemento e reparación en xeral, 1 condutor -operario de maquinaria forestal con motor en xeral, 2 peóns forestais, 2 varrendeiros e 1 mantedor de edificio a xornada completa durante 9 meses, 1 animador sociocultural en xornada de 15 h/semanais durante 8 meses, 1 condutor de camión en xeral a xornada completa durante 7 meses, 3 operarios de vehículos de limpeza viaria a xornada completa durante 6 meses, 1 animador sociocultural a xornada completa durante 4 meses, 4 varrendeiros en xornada de 27,5 h/semanais durante 4 meses e 3 peóns de construción de edificios a xornada completa durante 3 meses Importe concedido 160.037,50 € Asemade, como consecuencia desta modificación, o importe total da concesión da I Relación Plan Concellos 2016 (Liña 4:) Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) redúcese ata a contía de catro millóns novecentos sesenta e cinco mil trescentos cincuenta euros con noventa e cinco céntimos (4.965.350,95 €). Esta modificación respecta os criterios establecidos nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016 e non produce prexuízo a terceiros. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 9.24062 do día 29/01/2016, no referente á subvención concedida ao Concello de A Guarda, que queda como segue: Concello A GUARDA Nº de traballadores 24 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 3 peóns de construción de edificios, 1 carpinteiro en xeral, 1 electricista de mantemento e reparación en xeral, 1 condutor-operario de maquinaria forestal con motor en xeral, 2 peóns forestais, 2 varrendeiros e 1 mantedor de edificio a xornada completa durante 9 meses, 1 animador sociocultural en xornada de 15 h/semanais durante 8 meses, 1 condutor de camión en xeral a xornada completa durante 7 meses, 3 operarios de vehículos de limpeza viaria a xornada completa durante 6 meses, 1 animador sociocultural a xornada completa durante 4 meses, 4 varrendeiros en xornada de 27,5 h/semanais durante 4 meses e 3 peóns de construción de edificios a xornada completa durante 3 meses Importe concedido 160.037,50 € Asemade, como consecuencia desta modificación, o importe total da concesión da I Relación Plan Concellos 2016 (Liña 4:) Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) redúcese ata a contía de catro millóns novecentos sesenta e cinco mil trescentos cincuenta euros con noventa e cinco céntimos (4.965.350,95 €). Esta subvención imputarase con cargo á aplicación orzamentaria 2016/942.9425.462.03. 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de A Guarda, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 21.24177.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 14.24107 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 12/02/2015, DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO A ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS, INCLUÍDAS NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016- 1ª RELACIÓN En data 12 de febreiro de 2016 adoptouse acordo polo que se conceden ós concellos e entidades da provincia de Pontevedra subvencións con cargo ó Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 para a realización de diferentes actividades; advertíndose un erro de feito na transcrición de dito acordo. Segundo o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as Administracións públicas poderán, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos; polo que, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar o acordo nº 14.24107 da Xunta de Goberno de 12 de febreiro de 2016 polo que se lle conceden subvencións para a realización de actividades con cargo ó Plan de Concellos 2016, no senso que onde di: “… un importe total de 350.590,34 €”, e Concello CIF Obxecto Orzamento Subvención Gondomar P3602100D GONDOVERÁN 14.589,66 6.741,46 (…) Total 350.590,34 Debe dicir respectivamente: “… un importe total de 350.320,34 €”, e Concello CIF Obxecto Orzamento Subvención Gondomar P3602100D GONDOVERÁN 14.589,66 6.471,46 (…) Total 350.320,34 - Mantense invariable o resto do texto do acordo. 22.24178.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 8.23989 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/12/2015, POLO QUE SE APROBA A ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/12/2015, acordou a aprobación da addenda de prórroga ó convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto “Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, mediante correo electrónico de data 24 de febreiro de 2016, pon de manifesto que o Decreto correcto de Estrutura Orgánica da Consellería é o 4/2013 e que no apartado IV do “Manifesta” figura unha incoherencia ó especificar que con data 1 de febreiro de 2016 se especifica que as obras previsiblemente non se atopan rematadas no tempo previsto para o seu vencemento que é o día 31 de decembro de 2015. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o devandito acordo no seguinte sentido: Primeiro: No parágrafo primeiro do “Reunidos” onde di “Decreto 47213” debe dicir “Decreto 4/2013”. Segundo: No apartado IV do “Manifestan” onde di “Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento …” debe dicir “Que as obras contempladas no referido Convenio non se atopan rematadas no tempo previsto para o seu vencemento …” 23.24179.- RECTIFICACIÓN DO TEXTO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN E DO ACORDO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MARÍN PARA LEVAR A CABO O INVESTIMENTO “REFORMA DA RÚA ALCALDE JOSÉ DEL RÍO” En data 19 de xuño de 2015 a Xunta de Goberno provincial mediante acordo núm. 13.23572 aprobou ó convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín para levar a cabo o investimento denominado “Reforma da rúa Alcalde José del Río”, que contempla o financiamento de actuacións necesarias para dotar a citada rúa dunha nova capa de rodadura, beirarrúas, rede de saneamento e luminarias, así como aquelas outras actuacións que reflicten na súa humanización co obxecto de dispoñer dun deseño máis moderno, accesible e integrado co entorno urbano. Na parte expositiva do convenio, en concreto no punto III, disponse literalmente que: “Por outra banda a Deputación é titular de parte do citado viario cuxo trazado transcorre polo Concello de Marín; razón pola cal este concello solicita colaboración interadministrativa nun asunto de interese común e interrelación competencial”. Segundo pon de manifesto o xefe dos servizos técnicos de mobilidade, o viario é integramente de titularidade provincial polo que cómpre modificar o devandito punto do convenio. Por outra banda, no acordo de concesión núm. 13.23572 condicionouse o outorgamento da subvención á aprobación do proxecto e a achega da acta de trazado pola entidade beneficiaria aspecto este que non se considera oportuno por tratarse de actuacións que se levan a cabo en un viario de dominio público provincial e selo órgano de contratación, tal e como se reflicte no texto do convenio, a Deputación provincial. En data 25/02/2016 mediante escrito (núm. rexistro 2016018845) achega as autorizacións sectoriais precisas para a normal execución do investimento “Reforma da rúa Alcalde José del Río” e manifesta que o proxecto foi sometido a información pública non téndose presentado alegacións contra o mesmo. Fundamentación Xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP) - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2016. Consideracións xurídicas: - Artigo 105.2 da LRXAP-PAC dispón que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. - Artigo 106 da LRXAP-PAC que contempla como límites ás facultades de revisión a prescrición das accións polo tempo transcorrido ou por outras circunstancias, ou que o seu exercicio resulte contrario a equidade, a boa fe, ó dereito dos particulares ou as leis. - Base 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que en relación co disposto no artigo 14 da LXS, dispón a obriga de comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. Conclusións: Vistas as consideracións xurídicas expostas e con aplicación da regulación contida na normativa de aplicación procede rectificar o texto do convenio no sentido seguinte: No texto do convenio no punto III da parte expositiva, onde di: “Por outra banda a Deputación é titular de parte do citado viario cuxo trazado transcorre polo concello de Marín; razón pola cal este concello solicita colaboración interadministrativa nun asunto de interese común e interrelación competencial”. Debe dicir: Por outra banda a Deputación é titular da totalidade do citado viario cuxo trazado transcorre polo concello de Marín; razón pola cal este concello solicita colaboración interadministrativa nun asunto de interese común e interrelación competencial”. Procede, así mesmo, anular e deixar sen efecto o parágrafo terceiro do acordo de concesión núm. 13.23572 da Xunta de Goberno provincial de data 19 de xuño de 2015 onde se condiciona a concesión da subvención á aprobación do proxecto e a achega da acta de trazado pola entidade beneficiaria. En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, na base 16ª.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a autorización desta rectificación por selo órgano que no seu momento autorizou e comprometeu o gasto. A vista do que antecede, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Rectificar o texto do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín para levar a cabo o investimento “Reforma da rúa José del Río” no sentido seguinte: No texto do convenio no punto III na parte expositiva, onde di: “Por outra banda a Deputación é titular de parte do citado viario cuxo trazado transcorre polo concello de Marín; razón pola cal este concello solicita colaboración interadministrativa nun asunto de interese común e interrelación competencial”. Debe dicir: Por outra banda a Deputación é titular da totalidade do citado viario cuxo trazado transcorre polo concello de Marín; razón pola cal este concello solicita colaboración interadministrativa nun asunto de interese común e interrelación competencial”. 2. Anular e deixar sen efecto o parágrafo terceiro do acordo de concesión núm.13.23572 da Xunta de Goberno provincial de data 19 de xuño de 2015 onde se condiciona a concesión da subvención á aprobación do proxecto e a achega da acta de trazado pola entidade beneficiaria. O resto do acordo núm. 13.23572 da Xunta de Goberno provincial de data 19 de xuño de 2015 permanecerá inalterable. 24.24180.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 25.24181.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, a Secretaria Acctal. que dou fe. A Presidenta, A Secretaria Acctal.,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición