Fondos
2000-02-25_Ordinaria. Acta de sesión 2000/02/25_Ordinaria
Acta de sesión 2000/02/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/1.2000-02-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2000/02/25_Ordinaria
Data(s) 2000-02-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de febreiro do ano 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de febreiro do ano dous mil, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes de febreiro. Antes de inicia-la orde do día eu propóñolles ás Sras. Deputadas e ós Sres. Deputados e a tódolos presentes, gardar un minuto de silencio en recordo de D. Fernando Buesa e o seu escolta, vilmente asasinados polos terroristas de ETA, así como manifesta-lo sentido pésame, tanto ó Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi, como ós familiares do Sr. Buesa e do escolta. Rógolles polo tanto un minuto de silencio. Moitas gracias. 1.4438.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Pasamos ó primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro do ano 2000. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro do ano 2000. ------ Folla: 2.4439.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto dous. Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e a Excma. Deputación de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación polo tanto. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o dictame favorable da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, o informe da Bióloga de Pesca e do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, e informe económico favorable da Intervención, o Pleno acorda por unanimidade, a aprobación do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e a Excma. Deputación de Pontevedra, consistente na mellora da formación profesional no campo da acuicultura, dotando economicamente a Deputación cinco bolsas de estudio de CATROCENTAS MIL PESETAS (400.000) cada unha durante tres meses en diferentes Empresas relacionadas co sector da UE, o que supón un gasto total de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000), e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do mesmo. CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN EN ACUICULTURA DA CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación) REUNIDOS Dunha parte, o Sr. Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Excmo. Sr. D. Amancio Landín Jaraiz, investido das facultades conferidas polo artigo 34.10 da Lei 1/1983 do 22 de febreiro, da Xunta e o seu Presidente, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia (DOG 21.03.83). E doutra, o Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, de acordo coas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de abril, das bases do réxime local. INTERVEÑEN Ámbalas dúas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento. MANIFESTAN Que, conscientes da importancia económica e social que para Galicia en xeral e para a provincia de Pontevedra en particular ten o desenvolvemento da acuicultura e a formación de técnicos nesta materia, foi creado o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, situado na Illa de Arousa. Que, dentro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación é a encargada de coordinar estes centros. Que o investimento realizado pola Consellería de Pesca durante o ano 1999, no centro mencionado, foi de CENTO CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (150.000.000), repartidos en gastos de funcionamento, axudas para estudios, bolsas de formación en centros de traballo e equipamentos e melloras nas instalacións. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 36. 1d, da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións de formación, dependentes da mencionada Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, mellorando os programas existentes para a provincia de Pontevedra, as dúas partes subscriben o presente convenio segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente convenio específico, consecuencia do convenio marco subscrito entre ámbalas dúas institucións, establécese para regula-la cooperación entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e a Deputación Provincial de Pontevedra para mellora-la calidade da formación profesional no campo da acuicultura. En calquera caso, a aportación da Deputación será sen menoscabo da contribución económica e técnica que lle corresponda á Consellería como consecuencia da execución dos Programas dependentes da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a dotar economicamente cinco (5) bolsas para a especialización de técnicos en diferentes sectores da acuicultura. As ditas bolsas terán unha duración de tres (3) meses e consistirán na estancia dos beneficiarios en diferentes empresas con sede nalgún dos estados da Unión Europea e que estean especializados nos distintos ámbitos da acuicultura. No caso da Deputación de Pontevedra, a execución de ditas accións someterase previamente ó informe da Comisión Informativa, e posteriormente á Comisión de Goberno, que é o órgano competente que o aproba. TERCEIRA.- A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola súa parte, comprométese a elabora-lo proxecto formativo que desenvolverán os alumnos participantes, supervisalo e face-lo seguimento de cada unha das fases que o compoñen e máis elaborar unha memoria final que lle remitirán á Deputación Provincial de Pontevedra. A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación someterá tamén ó órgano competente da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura, a súa aprobación para executa-las mencionadas accións. CUARTA.- Cada bolsa terá unha dotación económica de CATROCENTAS MIL PESETAS (400.000), que lles serán ingresadas ós alumnos seleccionados, con cargo á partida presupostaria 00/711-711-481.02 do vixente presuposto provincial, facéndose cargo o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da selección dos mesmos. Unha vez seleccionados os alumnos, deberán remitirlle á Deputación Provincial de Pontevedra un escrito onde se faga consta-lo destino da viaxe, así como os seus fins, e unha declaración de que non teñen recibido outras axudas para este mesmo fin, e comprometéndose á remitir unha memoria final unha vez rematada a viaxe. Coa finalidade de facilita-las tarefas de seguimento, control e coordinación que permitan cumpri-los obxectivos do presente convenio, noméase unha Comisión Mixta integrada polo director do Centro, o Xefe de Estudios, un representante do Consello Escolar e dous membros nomeados pola Deputación Provincial de Pontevedra, que velará pola marcha e execución do convenio e á que lle competirá a resolución das controversias que poidan xurdir no seu desenvolvemento e execución. QUINTA.- O presente convenio manterá a súa vixencia durante o presente exercicio económico, iniciándose esta no momento da súa sinatura e prolongándose ata o 31 de decembro do presente ano. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxectos deste convenio non estivesen rematadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante unha acta complementaria, asinada por ámbalas dúas partes. SEXTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindi-lo convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para debida constancia do convido, as dúas partes outorgantes subscriben este documento, que se asina en Pontevedra o día de de 2000. O CONSELLEIRO DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ------ Folla: 3.4440.- BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS Sr. Presidente.- Punto tres. Bases reguladoras das subvencións ás entidades locais para a dotación de servizos básicos a praias. ¿Algunha intervención?. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver. Al margen del importe que tampoco daría para estar mucho tiempo hablando de este tema, estamos hablando de un plan de 50.000.000 de pesetas, y a lo mejor sería necesario que se incrementase. Pero al margen de ese tema, dentro de las bases, los criterios de reparto que se van a seguir fundamentalmente van a ser: importancia turística del municipio; número de usuarios de las playas, lo que es en principio difícil de medir. Concello declarado de interese turístico galego; praias candidatas á obte-la bandeira azul da CEE; e número de praias. Nós entendemos que máis que número de praias, debería terse en conta a extensión das praias. Porque pode darse a circunstancia dun Concello que teña vinte praias, e na realidade un quilómetro real de praias. E pode haber un Concello que teña tres praias e podemos estar falando de 6 quilómetros de praia, por exemplo. E esas circunstancias se poden dar. Polo tanto, solicitaríamos que se integrase como unha das fórmulas tamén a extensión das praias, e en función do que nos diga o grupo de goberno seguimos coa intervención ou non. Si non se integra votamos en contra e xa non seguimos co tema. Sr. Presidente.- Eu non sei se se dá efectivamente esa circunstancia, pero se se dá esa circunstancia non hai inconveniente en admitir esa emenda e que o poñan como criterio tamén. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días. Vamos a ver. Esto é o típico exemplo, xa o temos dito e reiterado, en que as bases, á parte dalgunha pequena emenda poden valer, pódense emendar ou non, o problema despois é como se reparte, non son as bases. A nós correspóndenos avalar ou non avalar unhas bases que despois van ser aplicadas polo grupo de goberno e a historia non nos fai ser precisamente moi optimistas con respecto á equidade, á seriedade e á priorización correcta á hora de aplicalas. Pero neste caso concreto é un exemplo de cubri-las espaldas ou de escaqueo, falando en termos coloquiais, por parte da Deputación. Explícome. O grupo de goberno nos propón poñer 50.000.000 para praias. Subvenciona ós concellos ata o 75%, máis xeneroso que outras que subvencionaba o máximo o 50%. Pon un máximo de cinco millóns por cada actuación e limita o que sucedeu noutras ocasións, en que foi para crear praias fluviais en sitios incluso discutibles, que despois quedaban a monte ó seguinte ano, e limita só os costeiros. Aparentemente, a Deputación ten unha preocupación elevada, non en canto á contía, polas praias, pola costa e demais; pero iso non corresponde á realidade, Sr. Presidente. E non corresponde á realidade porque os Concellos de menos de 50.000 habitantes non teñen competencias en Medio Ambiente. Este é un tema típico de Medio Ambiente. Tamén podería rozar coa promoción turística, pero é un tema típico de Medio Ambiente e non teñen competencias. Resulta que a Deputación non asume esa responsabilidade que nós defendemos, que si tiña que asumir, porque se na Lei de Réxime Local os Concellos de menos de 50.000 non cubren esa competencia, non a cubre a Deputación, ¿quen a cubre?. Ninguén; entón esta Deputación non asume esa responsabilidade, non fai un plan propio de actuacións en Medio Ambiente nos Concellos de menos de 50.000 habitantes. Lles da unha subvención e intenta con eso quedar bárbaro. Nós xa o dixemos moitisimas veces, creo que esta Deputación ten que asumir, creo que sería por outro lado a única razón de ser da existencia deste organismo, ten que asumi-las competencias que non teñen os Concellos por Lei nin por financiación e polo tanto ten que actuar neste sentido. Conceptualmente isto está mal, porque a Deputación non tiña que subvencionar ás Entidades Locais para exercer unha competencia que non teñen, senón que tiña que asumila ela, pero se algo fai, votar en contra parece que está en contra que se faga, e votar a favor conceptualmente é manter un mecanismo perverso de actuar desta Deputación en relación ás competencias e ás obrigas que ten cada quen, polo tanto vámonos a abster. Sr. Presidente.- Gracias. Eu respecto o que di o Sr. Mosquera, pero teña en conta que estamos facendo desde hai algúns anos un esforzo importante para cubrir esas deficiencias por parte dos Concellos, non só os que teñen competencias senón tamén os que non teñen competencia, porque de feito tamén a Vigo lle prestamos colaboración neste sentido. Polo tanto eu creo que é un esforzo importante porque non só son estes 50 millóns, son en realidade 75 millóns para infraestructuras de praias. A Deputación Provincial, como vostede ben sabe, se encarga da limpeza de praias e todo o que é o adecentamento de praias, á parte de todo o que significa infraestructura. É indudable que os recursos son escasos e se máis houbera máis se podería incrementar, pero é indudable que ó noso entender é un esforzo importante por parte desta casa e nese sentido cremos que en futuros presupostos, se así o permite o estado da Deputación, será un plan importante, máis importante que nestes momentos. Estase facendo o que se pode. Tamén temos 1.800 quilómetros de carreteras e habería que arreglalas practicamente todas e non hai posibilidade nin hai medios, polo tanto eu creo que desde o punto de vista filosofal, xa que vostede actuou por aí, estamos totalmente de acordo co que di, pero non se pode abordar nun momento determinado tódalas necesidades que serían desexadas. Polo tanto procedemos a súa votación, punto número tres, bases reguladoras das subvencións ás Entidades Locais para a dotación de servizos básicos ás praias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O grupo do BNG. ¿Votos a favor?. O PP e o PSOE. Apróbase polo tanto o punto número tres coa emenda presentada polo Grupo Socialista. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG, aproba-las Bases Reguladoras das subvencións ás entidades locais para a dotación de servizos básicos a praias e que textualmente son as seguintes: BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS 1.- Principios xerais A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servizos básicos ás praias iniciadas fai catro anos. 2.- Obxecto da convocatoria Constitue obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711-442-762.82, para dotar de servizos básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (50.000.000). 3.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención 3.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixiancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se atopen aquí especificados. 3.2.- As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, ata un máximo de cinco millóns de pesetas (5.000.000.-) por proxecto. O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e MedioAmbiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 4.- Beneficiarios Poderá solicita-la subvención calquera municipio costeiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos. 5.- Formalización das solicitudes 5.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura-lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c) Presuposto desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición. d) Certificado do acordo polo cal a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. e) Certificación oficial na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 5.2.- O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- Prazo de presentación de solicitudes As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado. 7.- Condicións e selección de solicitudes 7.1.- Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Concello declarado de interese turístico galego. - Importancia turística do Municipio. - Número de usuarios das praias. - Praias candidatas para obteren a bandeira azul da CEE. - Número de praias. - Extensión das praias. 7.2.- Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realizen. 8.- Xustificación e aboamento das subvencións 8.1.- Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación - Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia. - Facturas orixinais, ou fotocopia compulsada, e certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. - Certificación oficial na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. No caso de que as obras as realice a Administración, presentarase a seguinte documentación: - Certificación da obra realizada - Copia cotexada das nóminas do persoal que traballa na obra - Copia cotexada do TC1 e TC2 do persoal que traballa na obra - Copia cotexada do contrato do persoal que demostre que foi contratado específicamente para realiza-la obra sinalada 8.2.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2001. 9.- Control e seguimento das subvencións Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realizen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando o resultado no correspondente informe; así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. ------ Folla: 4.4441.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVICIOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO 2000 [ PPC/2000 ] Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro, aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e estradas 2000. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- La intervención va a servir para el punto cuatro, cinco, seis y si me apura para el nueve también. Primero, poner de manifiesto una queja que se viene repitiendo en los últimos años también. A mi me parece perfecto que el Grupo de gobierno convoque a los Alcaldes para hablarles de estos planes, pero nos parecería lógico también que se convocase a los grupos políticos y a los Diputados para hablar de los planes antes de que viniesen a Comisión. Curiosamente a la Comisión Informativa llegaron los planes ya con las propuestas de los diferentes Ayuntamientos y en realidad oficialmente los Diputados no conocíamos ni por donde iban a ir los planes, si se iba a producir algún cambio con respecto a años anteriores, etc., etc. Vuelvo a repetir, esto es una cuestión que se da en los últimos años, no es nueva de este año, por lo tanto digamos que es una fórmula de actuar del Partido Popular. Y para entrar en materia, en el Plan Provincial de Cooperación, en el PPC, ustedes siguen la fórmula histórica, y la fórmula histórica significa una media ponderada entre extensión y población del municipio, con la que nosotros no estamos de acuerdo, puesto que entendemos que debe haber más criterios que estos dos para estos planes. Llevamos planteando desde hace años que debería tenerse en cuenta, a nuestro modo de ver, tanto el esfuerzo fiscal de los Ayuntamientos como los núcleos de población de esos mismos Ayuntamientos. Es decir, partimos de la base de que los servicios básicos que se puedan acometer con estos planes lógicamente se dan a núcleos de población y se dan a la población. La población normalmente en su mayor parte está en núcleos. Mientras no se tengan en cuenta estos núcleos de población, a nuestro modo de ver no se tiene en cuenta las necesidades reales de la mayor parte de la población. Después, otro de los criterios que se utilizan en esta casa, criterio por cierto diferente al que se sigue en la mayor parte de las Diputaciones de España, es que en casi todas las Diputaciones, nosotros estaríamos por esa vía, el PPC es un plan única y exclusivamente para Ayuntamientos de menos de 20.000 habitantes. Nosotros estamos de acuerdo con esa fórmula, entendemos que el PPC debería ser única y exclusivamente para Ayuntamientos de menos de 20.000 habitantes, y que tendría que haber un plan propio de la Diputación que atendiese a los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes. Y que teniendo en cuenta las características de esta provincia, donde se da la circunstancia que hay dos ciudades como Pontevedra y Vigo, plantearíamos que tanto en Pontevedra como en Vigo se fuese por la vía del convenio. Es decir, tanto la fórmula que se está utilizando en el PPC, que es la misma fórmula que se utiliza en el POL y en el PAM, al final está perjudicando, a nuestro modo de ver, a Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes, y que en todo caso a lo mejor como solución podía quedar el que se subdividieran los Ayuntamientos, si no, no tiene ningún sentido que en los tres planes más importantes de la Diputación y de más dinero se extraiga la población del casco urbano, que es lo que ustedes plantean. Nosotros, vuelvo a repetir, plantearíamos una fórmula diferente que es la que le expuse anteriormente. Esto se da también en el Plan Operativo Local, utilizando la misma fórmula, y se agrava en el Plan de Acción Municipal puesto que en el Plan de Acción Municipal se dice textualmente "procurarase elabora-lo reparto en proporción á poboación e extensión do municipio respectivo". Es decir, "procurarase elabora-lo reparto" significa para nosotros que el reparto lo va a elaborar el Presidente como el quiera, ni más ni menos. Que puede acertar o puede equivocarse y que lógicamente pues va a acertar para sus Ayuntamientos. También es humano, en tanto en cuanto no le aten las bases ni los criterios, lógicamente va a acertar fundamentalmente para sus Ayuntamientos. Nosotros no entendemos estos criterios de reparto, que siguen primando siempre fundamentalmente a los mismos Ayuntamientos y que hay una parte de la población de unos Ayuntamientos que en teoría, con estos planes en la mano, la Diputación no se encarga de ellos o no son subvencionables. Por lo tanto mientras no se cambien estas fórmulas en los tres puntos, tanto en el cuarto, como en el quinto, como en el sexto, vamos a votar en contra porque tenemos claro que no se va a cambiar la fórmula. Si la cambian lógicamente reconsideraremos el sentido del voto. De todas formas, Presidente, concretamente hablando del PPC, a mi me llama la atención, viendo las obras que proponen los Ayuntamientos, que así como hay Ayuntamientos que plantean la construcción o remodelación de cementerios municipales, y es la anécdota un poco de los tres planes, resulta curioso que tres Ayuntamientos, concretamente Lalín, Sanxenxo y Silleda, estén planteando obras para cementerios que, yo por lo que vi, son cementerios parroquiales y con dinero público no se deben estar haciendo este tipo de obras. En todo caso, si no son parroquiales deberían aclararlo en la petición tal como hacen otros Ayuntamientos. No se puede utilizar a nuestro modo de ver dinero público para esos cementerios privados. Yo supongo que el Presidente solicitará certificación de los Secretarios de los Ayuntamientos, de los tres que nombré, y con eso nos quedaría la duda despejada, de si son cementerios municipales o cementerios parroquiales. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Todos los criterios son discutibles e poderíamos discutir todo o que quixéramos sobre posibles criterios. Estamos de acordo en que, por exemplo, hai que introduci-lo criterio de esforzo fiscal de cada Concello. O único que podo dicir é que aquí tivemos a tódolos Alcaldes, convocáronse a todos, e todos de acordo dixeron que seguiramos con estes criterios. Entre os afectados neste caso, non houbo unha voz discordante, estaban convocados todos, asistiron os que quixeron, e eles mesmos dixeron que se mantiveran estes criterios. Polo tanto, nós pensamos que unha forma que pode ser acertada ou pode ser equivocada, pero pensamos que neste caso acertada, é segui-los criterios que nos marcan os afectados neste caso. Non houbo problema; houbo con respecto ó esforzo fiscal encontradas opinións. Con respecto ó tema dos cemiterios, é indubidable que tódolos requisitos legais que se lle van a esixir loxicamente terannos que demostrar. Eso é evidente. Está claro que en temas privados non se pode, salvo en algún convenio, que si se poden asinar convenios, pero neste caso non existen. Haberá que atender ás necesidades dos cemiterios públicos. Non sei por que se rie pero é verdade. Podíanse asinar convenios, porque creo que neste momento unha das obrigacións que teñen os Concellos son o matemento e dar servicio de cemiterio. Uns son públicos e outros privados. Os privados non poden ir no PPC, pero si poden ir por outra vía, porque é un servicio que ten que da-lo Concello dalgunha maneira. E polo tanto a Deputación está para axudar ós Concellos. Pero eso é entrar en discusións que neste momento non veñen ó caso. Polo tanto, xa digo, foi algo consensuado e admítolle a queixa, e pídolle a tódolos compañeiros que non teñamos eses despistes e no próximo ano económico procuraremos comentar cos Portavoces, previamente, antes de te-la reunión cos Alcaldes, que a seguiremos tendo, e que propoñeremos cambios, pero indudablemente serán eles tamén quen os teñen que aceptar. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación do punto 4. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e estradas-2000. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. BNG. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbase por maioría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-lo Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servicios de competencia municipal e Estradas do 2000, seguindo o RD 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, do teor literal seguinte: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2000, afectará a tódolos Concellos da provincia. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos Concellos, dedicadas fundamentalmente a cubri-los servicios básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos Concellos de CATRO MILLÓNS DE PESETAS (4.000.000), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. Como elemento corrector ós municipios de poboación igual ou superior a 20.000 habitantes dedúceselles a poboación da capitalidade. A cantidade así obtida, co fin de que a aportación do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as aportacións da Deputación e o Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada a rede viaria provincial increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: Aportación do Estado 521.049.923 Aportación da Deputación 426.313.563 Aportación dos Concellos 284.209.117 Outros 376.956 TOTAL 1.231.949.559 As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia para a súa selección e proposta ó MAP, por anulacións de proxectos ou aplicación de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún Concello non aceptara esta delegación deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerase definitivamente aprobado se tra-la análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requerise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós Concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, tal como se establece neste acordo. ------ Folla: 5.4442.- APROBACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL. OBXECTIVO I, DO ANO 2000 [POL/2000] Sr. Presidente.- Punto 5. Aprobación do Programa Operativo Local. Obxectivo I, do ano 2000. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Basicamente é para explica-la votación porque argumentar sería igual que argumenta-lo ano anterior, o ano anterior, o ano anterior, o ano anterior. É dicir, é sempre igual. Aquí cremos que hai un elemento positivo que cambiou con respecto a fai bastantes anos, que é que hai uns criterios de reparto. En canto hai uns criterios de reparto, son uns criterios obxectivos, foi un avance bastante substancial con respecto ó anterior, que non os había e as discriminacións eran brutais ás veces. Os criterios que se usan tanto no punto 4, coma no 5, coma no 6, non son os que nós defenderíamos e de aí a razón da nosa abstención, que á parte tamén sucedeu outros anos. Incluso neste caso do punto 5, se teñen corrixido algún defecto que tiña o reparto outros anos. Este, en todo caso, está un pouco no aire porque en principio non está decidido se van por FEDER ou van por Fondo de cohesión, etc. O que pasa é que o MAP mandou un comunicado dicindo que máis ou menos ía a se-la mesma cantidade e me parece ben que se adiante; en todo caso, se hai que modificalo xa se modificará no seu momento, pero así os Concellos poden face-las súas previsións, poden ir axilizando; despois hai unha pequena variación en cantidades e xa está. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Quérolle dicir ó Sr. Mosquera que as últimas noticias que temos de Madrid é que este plan se vai a incrementar incluso sobre as previsións que neste momento temos. Temos esas previsións, temos un escrito no sentido de que se van a ampliar, pero non sabemos exactamente aínda a cantidade; pero en todo caso quedámonos cortos, co cal o esforzo que ía a face-la Deputación no senso de que tódolos anos tiveran este programa, o Plan Operativo Local, posiblemente nin sequera ese esforzo ten que face-la Deputación porque a partir deste ano van a telo tódolos anos. As últimas informacións que temos, e son de hoxe pola mañá, é que se incrementarán os fondos deste plan dende Madrid. Procedemos polo tanto á súa votación. Punto quinto. Aprobación do Programa Operativo Local. Obxectivo I do ano 2000. ¿Votos en contra?. Partido Socialista. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbanse por maioría do Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-lo Programa Operativo Local, Obxectivo I, do ano 2000, seguindo o RD 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, que é do teor literal seguinte: 1.- O Programa Operativo Local para 2000, afectará a tódolos Concellos da provincia, agás os que superen os 50.000 habitantes. 2.- As obras incluídas no Programa seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos Concellos, conforme ás normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3.- A parte adicada ós Concellos atinxe ó 70% do Programa, distribuíndose en base a un módulo fixo e igual para tódolos Concellos de SEIS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (6.500.000), e outro provincial por aplicación do 60% ó número de habitantes de dereito e o 40% á extensión territorial de cada termo municipal. Os Concellos que non acaden os 10 millóns mínimos para un único proxecto aportarán a diferencia para poder integrarse no Programa. O resto dedícase a rede viaria provincial. 4.- O financiamento total queda como segue: Administración Central (FEDER) 159.879.458 Administración Local (FEDER) 728.339.857 Administración Central 60.643.913 Deputación 190.518.802 Concellos 85.748.145 Gasto non elixible 8.725.400 TOTAL 1.233.855.575 Adxúntase listado mecanizado de ordenador co financiamento por proxectos e totalizado. 5. Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia para a súa selección e proposta ó MAP, por anulacións de proxectos ou aplicación de remanentes por baixas. 6.- A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Programa. Se por calquera causa algún Concello non aceptara esta delegación deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponde no momento que lle sexa notificada a aprobación do Programa. 7.- Este Programa considerarase definitivamente aprobado se tra-la análise polo MAP non se fixera observacións ó mesmo. Se se nos requerise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós Concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informes da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, tal como se establece neste acordo. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 6.4443.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2000 [PAM/2000] Sr. Presidente.- Punto 6. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal para o Exercicio do ano 2000. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. Partido Socialista. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbanse pola maioría do Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-las Bases Reguladoras do Programa de Acción Municipal para o Exercicio 2000, que son do teor literal seguinte: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2000 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer a facer público o seguinte Plan de ACCIÓN MUNICIPAL para o exercicio 2000. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas BASES. O dito Plan financiarase con cargo ó Presuposto de 2000, dotado con MIL DOUSCENTOS CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (1.250.000.000) na partida 00/911.911.762.45. En todo caso as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar outras obras e servicios no mesmo Concello. A Xunta de Galicia poderá participar no desenvolvemento deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a Xunta e esta Deputación. SEGUNDA.- Da cantidade que se asigne a cada Concello detraeráselles ata a totalidade da débeda contraída coa Deputación para facer fronte ós reintegros que o respectivo Concello teña pendente de pago a 31.12.1999 á Caixa de Anticipos de Cooperación, das aportacións municipais ás obras dos Programas de Cooperación Económica Local contratadas pola Deputación e outras débedas tanto a favor da Deputación coma dos seus Organismos Autónomos. Cando se trate de Mancomunidades, a detracción farase a cada Concello proporcionalmente á súa aportación ó presuposto da mesma. TERCEIRA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Acción Municipal será asegura-la prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servicios de competencia municipal, que a tal efecto se relacionan nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril. CUARTA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de acción municipal. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A recepción e conservación das obras que se acollan a este programa. QUINTA.- Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa por cada unha das obras que pretendan executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia subscrita polo Sr. Alcalde. - Proxecto ou Memoria descriptiva e valorada (ou presuposto). - Informe do Sr. Alcalde no que conste se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine a obra e solicite a subvención para a súa realización. SEXTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo anteriormente sinalado. SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que permitan a prestación integral e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril que a continuación se citan: 1º.- Obras de carácter hidráulico. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e infraestructuras de interese económico. 3º.- Pavimentación das vías públicas. 4º.- Iluminación pública. 5º.- Construcción ou reforma de Casas Consistoriais. 6º.- Outros equipamentos ou servicios comunitarios. b) Procurarase elabora-lo reparto ou distribución das subvencións preferentemente en proporción á poboación e extensión do Municipio respectivo. OITAVA.- O importe total das subvencións destinadas a obras que se acollan a este programa poderán acada-lo 100% do custe real da obra. NOVENA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto nas bases de Execución do Presuposto Provincial, previo informe da Comisión Informativa, salvo casos de urxencia en que poderán concederse dándose conta posteriormente á Comisión. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na Base seguinte, na forma que proceda. DÉCIMA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipal realizarase nos impresos facilitados polo Servicio de Cooperación cumprindo os requisitos que a continuación se sinalan, por duplicado exemplar: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación da obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisoria debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto presuposto ou memoria valorada. B) Se a obra se fai por administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral e o seu valor unitario. Así mesmo dita certificación cumprimentarase en tódolos seus aspectos, consonte ó disposto na normativa vixente, coa única excepción da sinatura do contratista que será substituida pola do técnico ou funcionario municipal encargado da obra. Á primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos técnicos provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó Proxecto ou Presuposto. B2) Custe de persoal. Persoal laboral: - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Copia autenticada do contrato do persoal que demostre que foi contratado especificamente para realiza-la obra solicitada. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Subministros e servicios. A xustificación dos subministros e servicios farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dean validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do técnico ou funcionario municipal encargado. DÉCIMOPRIMEIRA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra ou servicio executado, sendo imprescindible que sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, sempre e cando se poida realiza-la nova obra no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa. O órgano ou Vicepresidente delegado poderá autorizar que se xustifique unicamente a subvención concedida. DÉCIMOSEGUNDA.- As obras serán contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases e deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2001. Se este prazo se incumprise procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente ou Vicepresidente en quen delegue. DÉCIMOTERCEIRA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases. ------ Folla: 7.4444.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE CONSTRUCCIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA O EXERCICIO 2000 [PID/2000] Sr. Presidente.- Punto 7. Bases reguladoras do Programa de construcción e mellora de instalacións deportivas para o exercicio 2000. ¿Algunha intervención?. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, simplemente para anunciar que vamos a votar en contra en tanto en cuanto igual que pasa en otros planes, concretamente en el Plan de Acción Municipal, no hay ningún criterio objetivo para ese reparto. Vuelve a ser el criterio del Presidente y nosotros no compartimos esa forma. Eso mismo se da en el punto número 8, con más cuestiones que también son las de otros años. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Me parece muy bien, pero xa me dirá vostede que criterio fixa á hora dun plan de reforma, ampliación e mellora de pavillóns deportivos por exemplo, ou dun campo de fútbol. ¿Que criterios?. Dígame a min os criterios e poñémolos, de verdade. Dígame vostede cales. Porque chéganlle peticións de que hai que arranxar un tellado dun polideportivo, de que hai que facer un vestuario, etc. Dígame vostede que criterios se siguen aí. Dígamos e se son posibles acéptanse, non hai problema ningún. Sr. González Iglesias.- Mire vostede, hai un criterio que é perfectamente medible, que son os usuarios; é dicir, entre dous pavillóns que estean en malas condicións, pode medirse o número de usuarios dun e doutro. E medilos de forma efectiva, é dicir, con escolas deportivas, número de integrantes das escolas deportivas, etc., etc. Hai fórmulas de medilo e obxectivalo. O que pasa é que eu entendo que o grupo de goberno non queira obxectivalo, pero o número de usuarios é unha das fórmulas. Podemos falar máis en profundidade do tema e recordarlle que noutros momentos estas mesmas bases serviron para outras cousas que ó mellor estaban utilizando; para arranxos dalgún vestuario, dalgún pavillón que ó mellor estaban utilizando, ou casi nadie practicamente, e eso era medible. Sen embargo, o criterio que se utiliza aquí é en función de que sexa máis cercano ou menos cercano ó grupo de goberno e poñerlle unha guinda a outros que non goberna o Partido Popular, nin máis nin menos. Criterios obxectivables si hai e lle digo un que creo que é fundamental: número de usuarios. Sr. Presidente.- Non teño inconveniente en aceptar que se introduza como criterio o número de usuarios; o que pasa é que eso vainos crear moitisimos problemas. Por exemplo, se hai un pavillón nun pobo e practican, e o Concello ten menos medios que ningún, e sen embargo estalle caendo o tellado. E outro en Vigo, que ten vinte mil millóns de presuposto, e ten moitas máis posibilidades, e polo número de usuarios é indudablemente que llo hai que dar a Vigo e sen embargo é máis necesario o outro. A ver como se explica. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente, se Vigo ten vinte mil millóns de pesetas de presuposto, indudablemente tamén ten moitas máis instalacións deportivas, para eso ten máis poboación, co cal o número de usuarios segue sendo perfectamente válido. E volvo a repetirlle, se introducen elementos como este nós estamos dispostos a cambia-lo voto e a votar a favor. E elementos deste tipo en tódalas bases, criterios que sexan obxectivables de verdade. Sr. Presidente.- Neste caso, Sr. González, creo que non vamos a chegar a un acordo porque eu non lle vexo a funcionalidade en absoluto e polo tanto vamos a non cambiar absolutamente ningunha base nese sentido. En concreto a base de construcción e mellora de instalacións deportivas. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos á súa votación polo tanto. Punto sétimo. Bases reguladoras do Programa de construcción e mellora de instalacións deportivas para o exercicio 2000. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbanse por maioría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-las Bases Reguladoras do Programa de Construcción e Mellora de Instalacións Deportivas para o Exercicio 2000, que son do teor literal seguinte: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE CONSTRUCCIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA O EXERCICIO 2000 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de CONSTRUCCIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. O dito Plan financiarase con cargo ó crédito da partida 00/911.452.762.44 consignada a tal efecto no Presuposto de 2000, que ascende a CEN MILLÓNS DE PESETAS (100.000.000) que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. As economías producidas polas baixas de contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia poderá participar no desenvolvemento deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación entre a Xunta e esta Deputación. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Instalacións Deportivas será colaborar cos distintos Concellos da provincia, para que poidan dispoñer dunha infraestructura adecuada de instalacións deportivas básicas en orde de dar cumprimento á obriga dos poderes públicos de fomenta-la educación sanitaria, física e de deporte, conforme se dispón nos artigos 9.2 e 43.3 da Constitución. TERCEIRA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar ou material deportivo que desexan adquirir. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A aportación da parte do custe da obra que non sexa subvencionada. - A recepción e conservación das obras. CUARTA.- Poderán solicita-las subvencións deste programa tódolos Concellos da provincia para executar obras no seu termo municipal. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia subscrita polo Sr. Alcalde. - Proxecto ou memoria descriptiva e valorada. - Informe do Sr. Alcalde no que conste se se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine a obra e solicite a subvención para a súa realización. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo anteriormente sinalado. As peticións xa presentadas precisan de nova solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. SEXTA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a)Obras que, pola importancia para os núcleos de poboación onde se ubiquen, repercutan en maior medida no seu uso e utilización por parte dun maior número de usuarios. b)A necesidade da obra apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. SÉTIMA.- O importe total das subvencións públicas destinadas ós fins que se acollan a este programa non poderá supera-lo 75% do custe real. O importe total da subvención que conceda esta Deputación non excederá de 3.750.000 ptas. por proxecto. OITAVA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto nas bases de Execución do Presuposto Provincial, previo informe da Comisión Informativa de Cooperación. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente das obrigas fiscais con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na base seguinte, directamente ó Concello. NOVENA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan realizarase nos impresos facilitados polo Servicio de Cooperación cumprindo os requisitos que a continuación se sinalan, por duplicado exemplar: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación da obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisoria, debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto. B) Se a obra se fai por administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral, e o seu valor unitario. Así mesmo dita certificación cumprimentarase en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente, coa única excepción da sinatura do contratista que será substituída pola do técnico ou funcionario municipal encargado da obra. Á primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos técnicos provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó proxecto ou presuposto. B2) Custe de persoal. Persoal laboral: - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Copia autenticada do contrato do persoal que demostre que foi contratado especificamente para realiza-la obra solicitada. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Subministros e servicios: A xustificación dos subministros e servicios que sexan necesarios farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dean validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do técnico ou funcionario municipal encargado. DÉCIMA.- A documentación á que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada ou adquisición efectuada, sendo imprescindible que a realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas, sempre e cando se poida realiza-la nova obra no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa, e a Presidencia ou Vicepresidente en quen delegue e expresamente o autorice. A Deputación pagará como máximo o 75% do investimento xustificado, co límite da subvención concedida. DÉCIMOPRIMEIRA.- As obras contrataranse na súa totalidade presupostaria nun só acto a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases e deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do ano 2001. Se neste prazo non fose a obra xustificada procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior, debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente destas subvencións ou o Vicepresidente delegado. DÉCIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases. ------ Folla: 8.4445.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO 2000 [ PAC/2000 ] Sr. Presidente.- Punto número 8. Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria para o exercicio 2000. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Estamos perante o programa que xa conceptualmente, porque os outros as bases pódese discutir, pero onde hai problemas despois pode ser na aplicación, pero neste caso xa é conceptual na aplicación e en todo. Un programa de cen millóns que en principio está destinado para obras comunitarias, cunha subvención máxima de millón e medio por cada obra e o 75% de subvención do total da obra, ou sexa, ten que ser dous millóns e pico para que se subvencionara, ou millón e medio. Primeira cuestión absolutamente sorprendente. Para dar unha axuda para organizar unha conferencia, ou para montar unha comparsa, ou para o que sexa, se lle esixe que sexan agrupacións legalmente constituídas. Aquí non se lle esixe nada deso. Agrupacións veciñais, que se xuntan tres, firman, piden, etc. Primeira cuestión. Evidentemente non é inocente, e todos sabemos e xa foi obxecto de discusión e de intervencións neste Pleno, explicando con todo luxo de detalles como dous ou tres axentes electorais do Partido Popular se reunen e consiguen os cartos, ás veces en contra ou competindo cunha asociación legalmente constituída para unha obra máis importante. E tamén é obxecto de reiteradas intervencións aquí coma nos Concellos nos que vostedes non gobernan, a través da súa estructura se vai a maioría deste plan. Por exemplo, no mandato pasado se levaba a palma Cangas ou Vilagarcía ou Bueu ou Poio, etc., e sempre estamos no mesmo. Vostedes seguen mantendo este programa e agora nos dirán que piden moitisimo. Eso non é ningunha razón. Se hai cen millóns se poden canalizar por calquera vía. Se son obras de competencia municipal o lóxico é que sexan os Concellos quen as tramiten e non directamente a Deputación ponteando ós Concellos. Inclusive hai cousas moi curiosas nas bases que poden poñer ós Concellos en situacións totalmente anómalas. Non se lle pide á hora da subvención que teñan permiso do Concello, terán que solicitalo despois; nin que teñan ningún proxecto técnico e entón pode suceder que uns señores, normalmente afins ó PP e normalmente nuns Concellos nos que non goberna o PP, pidan para poñer uns puntos de luces ou para arranxar un alcantarillado, e despois lle vén o paquete ó Concello de rebote, que se a obra está ben feita ou está mal, se lle dá permiso ou non se lle dá, en contra duns veciños que xa conseguiron os cartos aquí. Creo que para vostedes esta é a xoia da coroa, vanna defender con uñas e dentes porque lles dá certo xogo para ter contento a súa estructura política nos Concellos nos que non teñen a Alcaldía, pero cremos que dende o punto de vista do que é a obxectividade, o gasto do carto público, dos diñeiros públicos, é absolutamente impresentable, e á parte saben perfectamente que lle estivo a punto de costar disgustos; que houbo obras que se xustificaron aquí e se pagaron sen estar feitas; que esas supostas agrupacións despois se pelean entre eles e un fai o que lle dá a gana; que crea conflictos con todo o mundo; que se teñen enterrados cartos. Coñezo bastante ben unha serie de casos, por exemplo, que piden cartos para unha traída de auga, despois non se fai, rompen por alí cunha pala todo o que lle parece ben, despois resulta que xustifican cunha factura da pala. Eso está sen facer hoxe en día, pero xa se pagou, quedou non se sabe onde, se fixo a mitade, etc. Creo que este plan o único bo que pode pasar con el é que desapareza, é o único bo que pode pasar con el. Porque creo que nin tan sequera é plantexable facer un replantexamento a fondo. A única maneira, facendo un replantexamento a fondo, tampouco sería nin tan sequera moi viable. En todo caso, se o Concello logra a aportación de traballo dos veciños para facer unha obra, que se lle subvencionara a través do Concello para facer esa obra. Sería posiblemente a única maneira. Vostedes seguen err
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota