ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2000/05/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/1.2000-05-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2000/05/26_Ordinaria

  • Data(s) 2000-05-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de maio do 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinteseis de maio do ano dous mil, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araujo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Antonio Araujo Quintas nin D. Telmo Martín González. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4481.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Bós días. Escomezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. Orde do día, primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 28 de abril do ano 2000. ¿Algunha alegación ó acta?. Non hai alegacións, polo tanto apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de abril do ano 2000. ------ Folla: 2.4482.- EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA "EP A LAMA - PONTE VERDUGO", PARA A SÚA POSTERIOR ENAXENACIÓN Sr. Presidente.- Punto dous da orde do día, expediente de desafectación dun tramo da estrada provincial A Lama-Ponte Verdugo para a súa posterior enaxenación. Trátase de temas que vimos traendo ó Pleno no senso de transformalo de dominio público en ben patrimonial para podelo logo enaxenar e polo tanto afecta á estrada que acabamos de dicir e pouco máis hai que dicir disto, supoño que leron o expediente e polo tanto saben de que vai o tema. ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervencións, procedemos a súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?, non hai, abstencións tampouco. ¿Votos a favor?. Aprobado por unanimidade. Como queira que de conformidade co Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello da Lama e a Sociedade Estatal de Infraestructuras e Equipamentos Penitenciarios, S.A., aprobado pola Comisión de Goberno de 24-02-2000, procederase á realización da obra "MELLORA DA EP A LAMA - PONTE VERDUGO (ACCESO Ó CENTRO PENITENCIARIO DA LAMA)"; e, dado que como corrobora o informe do Enxeñeiro Técnico da Zona Sur, de 03-05-2000, a consecuencia de tal obra ocuparase unha superficie de 1.203,50 m2, dun terreo con nave, propiedade de D. JOSE AMOEDO VÁZQUEZ, onde se atopa ubicado un almacén de materiais de construcción, un aparcamento de vehículos de transporte e maquinaria, e unha plataforma de carga e descarga da empresa CONSTRUCCIONES JOSE AMOEDO E HIJOS, S.L., o que obriga ó traslado das indicadas instalacións, co grave prexuízo que iso conleva, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1.- A adopción do compromiso, por parte desta Excma. Deputación Provincial, de incoar un expediente de desafectación dun tramo da antiga traza da "EP A LAMA-PONTE VERDUGO" (348 m2), para a súa transformación de ben de dominio público a patrimonial, e da posterior enaxenación do mesmo, ó mesmo prezo que o da expropiación, en favor de D. JOSE AMOEDO VÁZQUEZ, para nova ubicación da súa empresa. 2.- A adopción do compromiso, por esta Excma. Deputación Provincial, de construcción do peche da nova instalación industrial de tal empresa, a base de valo de bloques e malla metálica dun metro de altura, nos lugares onde o terreo sexa estable, e valo de pedra naqueles nos que o terreo non sexa estable, todo iso cun presuposto aproximado DUN MILLÓN CINCOCENTAS MIL PESETAS (1.500.000). Así mesmo, a adopción do compromiso de traslado do depósito de gasoil existente na finca afectada. ------ Folla: 3.4483.- 2º EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS DO ORAL Sr. Presidente.- Punto tres, 2º expediente de modificación de créditos extraordinarios do ORAL. Trátase de 11.583.540 pesetas. Esta modificación é de remanente de Tesourería do propio ORAL para facer frente a unhas débedas que tiñamos cun recadador e para crear un fondo de colaboración cos Concellos para o tema de padróns, comunicacións, etc., etc. que estean neste caso, loxicamente, acollidos ó ORAL. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións, polo tanto procedemos a súa votación. En contra non hai, abstencións tampouco, por unanimidade apróbase. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios nº 2/2000 do ORAL - Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, por un importe de ONCE MILLÓNS CINCOCENTAS OITENTA E TRES MIL CINCOCENTAS CORENTA PESETAS (11.583.540), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, ó non existir consignación suficiente nas partidas correspondentes, co fin da dotación dun crédito para pagamento de premio de recadación ó exrecadador D. Alejandro Casas Arruti e outra dotación para compensa-la colaboración dos Concellos en materia de notificacións, domiciliacións, etc., sendo os seus créditos financiados con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do exercicio de 1999; e, visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, con inclusión dos créditos extraordinarios para as expresadas finalidades e polos seguintes importes: PARTIDA DENOMINACIÓN CRÉDITOS EXTRAORD. 2000/861.611.227.08 Servicios de recadación a favor da Entidade 4.583.540 2000/861.611.227.09 Outros traballos 7.000.000 TOTAL 11.583.540 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150, ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, será exposto ó público por un período de quince días, a efectos de reclamacións. ------ Folla: 4.4484.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE LALÍN NO ORAL - ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, DAS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN DE RECURSOS LOCAIS Sr. Presidente.- Punto catro, delegación do Concello de Lalín no ORAL - Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, das facultades de xestión, liquidación, recadación e inspección de recursos locais. Bueno, sería moi largo le-lo expediente, o Concello de Lalín acóllese neste caso ó ORAL para que lle recaude certas taxas e contribucións e outras que se reserva o propio Concello; estaban no expediente, polo tanto creo que non é un tema de maior importancia neste sentido. Se hai alguhna intervención neste caso pois que interveña. Non hai intervencións. Polo tanto, ¿votos en contra?, non hai, abstencións tampouco, ¿votos a favor?, unanimidad. Vista a proposta que formula o Concello de Lalín, segundo acordo do Pleno de dita Corporación en sesión celebrada o día 12 de maio do ano en curso, polo que acorda delegar no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), a partir do día 21 de maio de 2000, as facultades de xestión, liquidación, recadación e inspección dos recursos locais que en dita proposta se relacionan; e visto así mesmo o dictame favorable emitido pola Comisión de Economía e Facenda, o Pleno acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, as delegacións que en materia de xestión, liquidación, recadación e inspección de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/88, na Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Lalín, nos seguintes recursos: 1) Tanto en período voluntario como executivo: .- Imposto sobre bens inmobles. .- Imposto sobre actividades económicas. .- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. .- Imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana. .- Taxa por recollida de lixos. .- Taxa por entrada de vehículos e reservas de vía púbia (incluído taxis). .- Taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras e outros elementos análogos. .- Taxa por ocupación de voo con toldos e marquesinas. .- Taxa por utilización da praza de abastos. 2) Só en período executivo: .- Imposto sobre construccións, instalacións e obras. .- Aquelas taxas non enumeradas no apartado 1. .- Contribucións especiais. .- Os percibidos no concepto de prezos públicos. .- O producto de multas e sancións (incluídas as impostas no exercicio das competencias municipais de ordenación e control de tráfico de vehículos e persoas). .- As demais prestacións de dereito público. Dita delegación someterase ás condicións establecidas nas bases para a prestación do servicio, aprobadas polo Pleno da Excma. Deputación Provincial con data 20-07-92, e na Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servicios polo ORAL, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión de 29-11-1996, nas Ordenanzas fiscais vixentes no Concello de Lalín e no citado acordo do Pleno de dito Concello en sesión de data de 12-05-2000. - Así mesmo, acórdase que se proceda á publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.4485.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO COMO PATRONO HONORARIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA DE D. VÍCTOR SÁNCHEZ MESAS Sr. Presidente.- Punto número cinco, proposta de nomeamento como Patrono Honorario do Museo de Pontevedra de D. Víctor Sánchez Mesas. Só dúas palabras sobre este tema. D. Víctor Sánchez Mesas, que é diplomático de profesión, vive en Madrid, vívelle a dona tamén, entón donou á morte do último cónxúxe, ó Museo de Pontevedra toda a colección de arte moderna que ten dos anos corenta e tantos, máis a colección de cerámica oriental, porque foi embaixador entre outros países en Pakistán, e polo tanto neste senso o Pleno do Padroado do Museo propón ó Pleno da Deputación que se nomee Patrono Honorario do Museo de Pontevedra a D. Víctor Sánchez Mesas. En todo caso no expediente están os méritos e a proposta que fai o Pleno do Padroado. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións, polo tanto procedemos a súa votación. Votos en contra non hai, abstencións tampouco, votos a favor, unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la proposta do Padroado do Museo de Pontevedra nomeando Patrono Honorario da Entidade ó Excmo. Sr. D. Víctor Sánchez Mesas, en atención ós méritos que nel concorren. ------ Folla: 6.4486.- PLAN ESPECIAL DE ORDENACIÓN DO PORTO DE MARÍN - PONTEVEDRA: APROBACIÓN PROVISIONAL Sr. Presidente.- Punto sexto, Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín-Pontevedra, aprobación provisional. Bueno, este Plan de Ordenación do Porto de Marín e Pontevedra dendo o ano 1990 pasou por unha serie de vicisitudes que están recollidas no informe do Vicesecretario Xeral da Deputación de Pontevedra e neste momento traemos ó Pleno a adopción do seguinte acordo: 1º.- Desestima-las alegacións presentadas ó Proxecto de Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín-Pontevedra durante o período de información pública. Recordo neste caso ler en todo este expediente que houbo alegacións por parte da Defensa da Ría, por parte do Concello de Marín e dun particular. En concreto, a alegación que facía o Concello de Marín era que a Deputación Provincial non era competente neste caso posto que só é competente se afecta o Plan Especial a dous Concellos, e aquí o Concello de Marín interpretaría no seu momento que afectaría só ó Concello de Marín; entón a alegación do Concello era en concreto declarar incompetente á Deputación Provincial. Ben, desestimar por tanto as alegacións. 2º.- Aprobar provisionalmente o Texto Refundido do Proxecto de Plan Especial de ordenación do Porto de Marín - Pontevedra. 3º.- Solicitar á Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra o informe ó respecto e 4º.- unha vez obtidos ditos informes incorporalos ó expediente e remitir éste á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para que proceda á aprobación definitiva. Ben, isto é o que se trae hoxe a aprobación por parte do Pleno, en síntese. ¿Algunha intervención?. Si, Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente, bós días. Este asunto ten unha longa historia, moi longa, e fora xa no Plan de Ordenación Urbana de Pontevedra; despois, nos anos sucesivos, fora unha demanda ó Concello de Pontevedra e nomeadamente deste grupo, tocoume estar xa na Comisión de Urbanismo dende o ano 1991 e como tódalas cousas que se collen con pouco cariño e que saen de abaixo para arriba pois non hai máis remedio que aceptalas, pero despois se lle aplica unha longa demora que leva que isto ande con moitisimos anos de retraso. En concreto, a cuestión de fondo era que o porto tiña que ter un Plan Especial e non a situación que se daba naquel momento practicamente en tódolos portos do Estado, no que a Autoridade Portuaria ía deseñando tódalas instalacións do porto segundo foran xurdindo, segundo lles petaba, segundo facía, segundo lle parecía ben. A Lei do 1992 arreglouno un pouco, pero de tódalas maneiras as autoridades portuarias sempre foron tremendamente reticentes a facer un Plan que ó fin e ó cabo facían eles, podía ser de iniciativa municipal, podía ser por parte da autoridade portuaria; ó fin e ó cabo facíanno eles pero non querían atarse como calquera administración a ter unhas determinacións dentro dos portos. Ó final, no 1994, non houbo máis remedio que entrar pola vía de facer ese plan, recolle-las determinacións que había no Plan de Urbanismo de Pontevedra e recolle-las necesidades do porto coa necesidade de ampliación, con tódalas determinacións que quixeran facer. Houbo un primeiro avance que se negociara coa Comisión de Urbanismo de Pontevedra porque recollía unhas determinacións bastante agresivas para a zona e se chegou a un acordo cara finais do 1994 e se fixo ese documento que dende aquela pouco soupemos del, senón que estivo por aí peloteado, supoño que durmindo nalgúns caixóns, etc. Evidentemente, vamos a votar a favor porque, xa digo, foi unha esixencia nosa no seu momento, nosa e da Comisión de Urbanismo de Pontevedra por unanimidade, do Pleno de Pontevedra por unanimidade. E con respecto á cuestión das alegacións que hai, quero dicir que algunhas xa foron recollidas no acordo do Concello de Pontevedra e despois foron recollidas no documento. Digamos que houbo certos a prioris de certos colectivos con respecto ó que era o plan en si, que se podía discutir certas cousas, e posiblemente si se fixera hoxe se modificaran algunhas cousas, pero bueno, non vamos agora a aspirar a retomar porque igual nos tarda outros seis anos e estaríamos finos. E con respecto á alegación do Concello de Marín, parece extempóranea, porque simplemente co feito de que haxa un litixio de lindes teñen que intervi-los dous Concellos, sen pronunciarse o propio documento sobre o fondo da cuestión en canto hai litixio. Está pasando con calquera par de Concellos que teñan un litixio como haxa algún instrumento de planeamento ten que absterse desa parte ou remitilo a un ente superior como se fosen dous Concellos os que están implicados e non vou a entrar na cuestión de fondo. Hai unha Comisión de lindes que se reunirá creo que o día 6 de xuño e sigue o conflicto. O único lamenta-lo tremendo retraso que ten este expediente e manifestar as miñas dúbidas de que tan sequera o que está feito no porto se adapte a este plan, pero bueno, teño certas dúbidas de que parte do que está feito se adapte, pero creo que aínda que sexa unha cousa moi longo e que chegue tarde, creo que é bo que calquera entidade, neste caso o Porto, funcione como calquera outra administración e funcione como calquera privado, ou sexa, que haxa unhas determinacións, que incluso ten o privilexio de facelas a administración e neste caso o Porto de Marín-Pontevedra e en todo caso esto é positivo. Vamos votalo a favor, nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente. Aquí se da la circunstancia de negligencia a nuestro modo de ver por parte de la Diputación Provincial y me explico. El 30 de setiembre de 1994 se produce la aprobación inicial y la exposición pública por parte de la Diputación de este plan. Se producen una serie de alegaciones, se contestan las alegaciones por parte del equipo redactor y el 4 de octubre de 1995 la Diputación remite el expediente para aprobación definitiva a la Dirección General de Urbanismo. Bien, ¿por qué lo hace así?. Pues lo hace así porque el 29 de junio se publica la Ley 7/1995 de delegación de competencias en materia de urbanismo a las Corporaciones Locales, y en esta Ley se contempla entre otras cosas la desaparición como figura para la aprobación de planes de la aprobación provisional y se sustituye, se sustituye, como así dice el artículo 8 del apartado b), que dice lo siguiente: No estarán sujetos a aprobación provisional los planes urbanísticos y se procederá directamente a la aprobación definitiva con el cumplimiento de lo que se anuncia en el artículo 7. Y el artículo 7 lo que dice es que habrá un informe previo vinculante de la Xunta para los planes antes de la aprobación definitiva. Y para ese informe previo y vinculante la Xunta tiene tres meses; si no rompe el silencio en tres meses, cosa que se produce aquí, pasados esos tres meses se entiende que el informe es positivo, y la Diputación tenía que proceder a la aprobación definitiva del plan. Bien. ¿Qué ocurre aquí?. Pues ocurre que curiosamente no se sabe nada del plan ni hay ninguna documentación en el medio desde el 4 de octubre del 1995 hasta el 18 de noviembre del 1999, en que la Dirección General de Urbanismo, cuatro años después, remite el proyecto a la Diputación para que proceda a la aprobación provisional. Vuelvo a repetir aprobación provisional que desaparece en junio del año 1995. Por lo tanto hay una irregularidad total y absoluta en el procedimiento que está siguiendo en todo el plan y debería haber venido en el Pleno, como mucho ya, de febrero de 1996 para aprobación definitiva. Es decir, esto aparece hoy con un retraso de cuatro años y tres meses y sin acabar el procedimiento. Por lo tanto, en función de esta irregularidad el Grupo Socialista se va a abstener en el punto que traen ustedes en el orden del día sin perjuicio de que en el punto siguiente el compañero Muradas intervenga porque el Ayuntamiento de Marín tiene otro planteamiento en el tema y aclarará su posición personal que en el voto definitivo es coincidente, es decir, nos vamos a abstener por este motivo y el compañero Muradas por otro. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Bien, efectivamente se produjo un retraso importante, tú lo has dicho, desde el año 1995 esto estaba en la Consellería de Política Territorial y desde luego hasta el 99 a nosotros no nos llegó nueva comunicación sobre este tema. Por lo tanto, es cierto que hubo ese retraso importante, pero responsabilidad de esta casa creo que no ha sido, sinceramente creo que no ha sido. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, yo simplemente es para justificar mi voto de abstención porque si bien estoy de acuerdo con la aprobación del plan, no comparto al igual que lo hacía el Pleno de la Corporación de Marín que intervenga la Diputación basándose en que el puerto está ubicado en dos municipios. Yo sigo considerando que el puerto está ubicado en Marín. Es cierto que hay un litigio que surgió posteriormente a lo que fue la aprobación y a la negociación del plan y producto de estas dos contradicciones mi voto va a ser de abstención. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. BNG e Partido Popular. PLAN ESPECIAL DE ORDENACIÓN DO PORTO DE MARÍN-PONTEVEDRA: APROBACIÓN PROVISIONAL. Dada conta da comunicación do Director Xeral de Urbanismo de 18-11-99 (nº rexistro de entrada 20.795 de 20-11-99) pola que se devolve o expediente tramitado por esta Deputación referente ó Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín-Pontevedra ós efectos de que se prosiga coa súa tramitación de conformidade coa Lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia e examinado o expediente procede; RESULTANDO, acredita-los seguintes feitos: 1.- Que mediante acordo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra de 26 de xullo de 1994 (nº rexistro entrada 15.407 de 4 de agosto de 1994), acordou a formulación do "Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín-Pontevedra" e a súa remisión a esta Deputación Provincial como Administración competente en materia urbanística, para a súa tramitación e aprobación no seu caso, e iso por extenderse a máis dun termo municipal: Marín e Pontevedra. A Comisión de Goberno desta Deputación en sesión de 8 de agosto de 1994, acorda proceder á súa tramitación e aprobación no seu caso. 2.- O Pleno da Deputación Provincial na súa sesión de 30 de setembro de 1994 acorda, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, aprobar inicialmente o citado Plan Especial e sometelo a información pública, publicándose anuncios no DOGA, nº 207, de 26 de outubro de 1994, no BOP nº 199 de 17 de outubro de 1994 e no Diario de Pontevedra de 13 de outubro de 1994. 3.- O Concello de Pontevedra na súa sesión de 27 de outubro de 1994 informa favorablemente o citado Plan e o Concello de Marín na súa sesión plenaria de 2 de decembro de 1994 solicita desta Deputación a súa abstención na tramitación de dito expediente por canto se considera non competente por razón do territorio. 4.- Que con data 18 de novembro de 1994 emite informe a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente, no que despois dunhas consideracións establece non ter nada que obxectar ó mesmo. 5.- Que dentro de prazo presentaron alegacións substancialmente idénticas D. Elisardo Becoña de la Torre, como Presidente da Asociación de Veciños de Estriceres, D. Fabián Estévez Rodríguez, como Vicepresidente da Asociación de Defensa da Ría, e D. Jaime Bernardo Blanco Dios, como Presidente do grupo ecoloxista "O Teixo". 6.- Fóra do prazo de información pública, o Concello de Marín remite dous acordos plenarios adoptados en sesión de 2 de decembro de 1994, relativos un á aprobación provisional do Plan Especial e outro polo que se solicita desta Deputación que se absteña na tramitación do expediente de aprobación do Plan Especial por non aparecer acreditada a súa competencia. 7.- O 17 de marzo de 1995 o Presidente da Autoridade Portuaria remite informe do equipo redactor do Plan en relación coas alegacións e demais documentos presentados durante a información pública, no que en relación coas alegacións dos Sres. Becoña de la Torre e Estévez Rodríguez, e despois dunhas consideracións, proponse que non procede a consideración das mesmas. 8.- Que con data de 4 de outubro de 1995 o Presidente da Deputación remite ó Director Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da COTOP, de conformidade co establecido na Lei 7/95, de 29 de xullo, expediente relativo ó citado Plan Especial para a súa aprobación definitiva. 9.- O 18 de novembro de 1999 o Director Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia remite a esta Deputación o proxecto de Plan Especial que no seu día lle foi enviado ós efectos de que se prosiga a súa tramitación, segundo o disposto nos artigos 42 a 45 da Lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia, adxuntando os seguintes informes: do Subdirector Xeral de Urbanismo de 15 de marzo de 2000, da Comisión Superior de Urbanismo na súa sesión de 30 de setembro de 1999 nas que fan unha serie de observacións, e da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra de 19 de outubro respecto da tramitación do mesmo. Así mesmo, o 26 de novembro de 1999 o Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia traslada informe da Abogacía do Estado polo que subscribe en tódolos seus termos o anterior informe da Autoridade Portuaria respecto da tramitación do proxecto do Plan Especial. 10.- Que o 24 de xaneiro de 2000 (nº rexistro entrada 770, do 25 de xaneiro) o Presidente da Autoridade Portuaria remite, para substituir ó anterior, un exemplar do Plan Especial recollendo a zona de seguridade da instalación da Escuela Naval Militar, delimitada pola Orde 71/81, de 5 de maio. 11.- Que solicitado informe ó Ministerio de Defensa, por estar comprendida dentro do ámbito do Plan Especial a Escuela Naval Militar, o 14 de marzo de 2000 (nº rexistro entrada 4.710 do día 27), o Director Xeral de Infraestructuras do Ministerio remite informe segundo o cal non existe obxección ningunha ó mesmo, sen prexuízo das limitacións impostas pola Lei 8/75, de 12 de marzo e Decreto 698/78, de 10 de febreiro. 12.- Que o 14 de abril (nº rexistro entrada 7714 do día 15) o Presidente da Autoridade Portuaria remite o Texto Refundido do Proxecto de Plan Especial do Porto de Marín-Pontevedra, recollendo as recomendacións do dictame da Comisión Superior de Urbanismo así como as do Ministerio de Defensa respecto da carga e descarga de explosivos. 13.- Que á vista do anterior Texto Refundido o Arquitecto provincial emite informe o 2 de maio de 2000 segundo o cal, e tendo en conta o trámite en que se encontra o expediente, propón informe positivo ó mesmo. CONSIDERANDO o seguinte: Primeiro.- Os Plans especiais, que son plans territoriais de distinto ámbito, caracterízanse no noso ordenamento xurídico pola súa funcionalidade, pois afectan unicamente a aspectos ou elementos aillados do solo, por iso haberán de respeta-lo límite da estructura fundamental e orgánica do territorio que nunca poden alterar, pero, pola contra, están habilitados para introducir na ordenación xeral aquelas modificacións específicas que sexan precisas para o cumprimento da súa función (STS. 8-4-89). Como instrumentos de planeamento urbanístico de desenvolvemento, os Plans Especiais (art. 26 Lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia), que non albergan a finalidade xeral de ordear urbanisticamente con carácter multisectorial un espacio territorial dado, senón que satisfacen un fin determinado, e concretamente os plans especiais de ordenación portuaria, teñen por obxecto articular para os portos un sistema xeral portuario de interese xeral ou de competencia das Comunidades Autónomas, (art. 18, Lei 27/92, de 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante) e as súas determinacións referiranse en todo caso a: medidas e previsións necesarias para garantir un eficaz servicio e explotación do espacio portuario, previsións precisas para asegura-lo desenvolvemento do porto e garantías de conexión cos sistemas xerais de transporte terrestre. Segundo.- O Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra do ano 1990 establece no seu art. 81(encadrado no capítulo 4º "Sistema xeral portuario" do Título III), e en relación co conxunto portuario de Estribela, que a súa ordenación partirá da elaboración dun Plan Especial que establecerá unha adecuada conexión do recinto portuario co espacio urbano exterior, adecuando os seus bordes a unha transparencia visual adecuada, unha accesibilidade clara e unha mellora ambiental das zonas do borde urbano, así como establece-las futuras actuacións portuarias e regula-las edificacións. Terceiro.- O art. 18.2 da Lei 27/92, de 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, establece que a Autoridade Portuaria formulará o Plan Especial, que a súa tramitación e aprobación realizarase, de acordo co previsto na lexislación urbanística e de ordenación do territorio, pola Administración competente en materia de urbanismo, establecendo o art. 40 da Lei 1/97, de 24 de marzo, entre outros, que os plans especiais poderán ser formulados polos Concellos, por outros órganos competentes na orde urbanística e polos particulares lexitimados para facelo. Non obstante, a Lei de Portos esixe a emisión dun informe vinculante da Autoridade Portuaria previo á aprobación definitiva sobre "aspectos da súa competencia". Cuarto.- As alegacións presentadas ó proxecto do Plan Especial durante o período de exposición pública, unha vez adoptado o acordo de aprobación inicial pola Corporación (art. 42, Lei 1/97 de 24 de marzo), foron informadas polo equipo redactor, informe este ó que se presta conformidade. Quinto.- Que á presente tramitación lle é de aplicación a Lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia, pois de conformidade coa súa Disposición Transitoria Cuarta, os procedementos en materia de planeamento, xestión e disciplina urbanística en tramitación á entrada en vigor da mesma, rexiranse polo disposto nesta. En relación co procedemento para a elaboración dos Plans e como ten destacado reiteradamente a xurisprudencia, esta aspira a asegura-la súa legalidade, acerto e oportunidade. Polo contrario, non é de aplicación, por afecta-lo instrumento de planeamento a máis dun termo municipal, a Lei 7/95, de 29 de xullo, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo (art. 2). Sexto.- En canto ó organo ó que corresponde a aprobación provisoria e por mante-lo criterio establecido neste aspecto na aprobación inicial acordada no seu día, este sería o Pleno, se ben é a maioría simple de conformidade co art. 47.1 da Lei 7/85, de 2 de abril. A aprobación definitiva corresponde ó Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda. (Art. 45.3 L.S.G.). De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo de data 18 de maio do corrente ano, segundo o cal se dictaminou por maioría co voto a favor do PP e as abstencións do PSOE e do BNG, polo exposto, proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo: 1.- Desestima-las alegacións presentadas ó Proxecto de Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín - Pontevedra durante o período de información pública. 2.- Aprobar provisoriamente o Texto Refundido do Proxecto de Plan Especial de ordenación do Porto de Marín-Pontevedra. 3.- Solicitar á Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e á Autoridade Portuaria de Marín - Pontevedra o informe ó respecto. 4.- Unha vez obtidos ditos informes incorporalos ó expediente e remitir éste á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para que proceda á aprobación definitiva. ------ Folla: 7.4487.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta de los extractos de Resoluciones dictadas por la Presidencia entre los días 25 de abril y 20 de mayo que ya fueron trasladadas a los grupos políticos, como es habitual. No hay más. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 25 de abril e o 20 de maio do ano 2000, que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día non hai absolutamente nada. ------ Folla: 8.4488.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Rogos. ¿Algún?. ¿Preguntas?. Si, Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si la Diputación va a asumir la aprobación definitiva, ruego que le haga un seguimiento muy concreto a lo que es la aprobación de este plan y que se vigile la posibilidad de que se produzca otro silencio administrativo por parte del informe de la Xunta de Galicia y que se traiga, una vez agotado ese plazo, para su aprobación a este Pleno. Sr. Presidente.- Non che entendín. Perdón. Sr. Muradas Ramos.- Pues simplemente que se haga un seguimiento más riguroso de lo que es la aprobación de este plan y que no se deje dormir otros cuatro años, como se acaba de hacer ahora. Nada más. Sr. Presidente.- Perfecto, perfecto. ¿Algunha pregunta?. Non hai preguntas. Polo tanto moitas gracias e levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición