Fondos
2007-07-27_Ordinaria. Acta de sesión 2007/07/27_Ordinaria
Acta de sesión 2007/07/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/4.2007-07-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/07/27_Ordinaria
Data(s) 2007-07-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de xullo de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e seis minutos do día vinte e sete de xullo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Juan Luciano Otero Besada. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.5562.- DAR CONTA DA CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día, dar conta da constitución dos grupos políticos. Ten a palabra o Secretario. Sr. Secretario.- Queda enterada la Corporación de los escritos de los tres grupos políticos que dirigieron al Presidente, subscrito por todos los integrantes, mediante los cuales se constituyen en grupo político y designan portavoz y suplente. Estos escritos por orden de entrada en registro son los siguientes: Grupo Provincial del Bloque Nacionalista Galego: designando como portavoz a D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e portavoz suplente a Doña María Xosé Méndez Piñeiro. Grupo Provincial Socialista: designando como portavoz a D. Emilio González Iglesias e como suplente a Doña Isaura Abelairas Rodríguez. Y Grupo Provincial do Partido Popular: designando como portavoz a D. José Manuel Figueroa Vila e como portavoz suplente a D. José Crespo Iglesias. Queda enterada a Corporación dos escritos que os tres grupos políticos dirixiron ó Presidente, subscrito por todos os seus integrantes, mediante os cales se constitúen en grupo político e designan portavoz e suplente. Estes escritos por orde de entrada no Rexistro son os seguintes: - Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, designando como portavoz a D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e portavoz suplente a Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro. - Grupo Provincial Socialista, designando como portavoz a D. Emilio González Iglesias e portavoz suplente a Dona Isaura Abelairas Rodríguez. - Grupo Provincial do Partido Popular, designando como portavoz a D. José Manuel Figueroa Vila e portavoz suplente a D. Xosé Crespo Iglesias. ------ Folla: 2.5563.- DAR CONTA DA CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE PORTAVOCES Sr. Presidente.- Punto número 2. Dar conta da constitución da Xunta de Portavoces. Sr. Secretario.- La Presidencia dictó la siguiente Resolución: Dada conta dos escritos dos Grupos Provinciais do Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista de Galicia-PSOE e Partido Popular constituíndose como tales e designando Portavoces (titular e suplente). Considerando que a efectos de actuación corporativa os membros das Corporacións Locais constituiranse en grupos políticos e que o portavoz de cada grupo será o representante do mesmo a todos os efectos.Vistos os artigos 24 e 25 do RD 2568/86 de 28 de novembro e 12 do Regulamento Orgánico, resolvo, constituír a Xunta de Portavoces desta Deputación coa composición seguinte: Polo Grupo Provincial do Partido Popular: Portavoz: D. José Manuel Figueroa Vila; Portavoz suplente: D. Xosé Crespo Iglesias. Polo Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE: Portavoz:D. Emilio González Iglesias; Portavoces suplentes: Dna. Isaura Abelairas Rodríguez e D. Juan Luciano Otero Besada. Polo Grupo Provincial do Bloque Nacionlista Galego: Portavoz: D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Portavoz suplente: Dna. María Xosé Méndez Piñeiro. Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día.... Adelante.. Agora. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que eu con esta modernidade de sistema non sei exactamente. ¿Encendeuse a luz aí ou non?. Sr. Presidente.- Non. Pero bueno eu xa o intúo dende aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Entón como sabemos si pedimos a palabra ou non?. Sr. Presidente.- Pois eu intentarei averigualo pero mirando para o seu rostro xa sei se me pide a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Que fallo!. Ben. Sr. Presidente.- Fáltanos que nos poñan unha pantalla aquí diante polo visto. Pero bueno, adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non simplemente quería facer referencia neste punto de dar conta, pero facer unha consideración, porque dicir que se constitúe a Xunta de Portavoces, está moi ben, pero aquí non se sabe exactamente o que é, que competencias ten, cando se vai a reunir, etc. Estamos un pouquiño cansados de que teoricamente exista e despois non exista, bueno vamos a ver como evoluciona, dende logo é sorprendente, é sorprendente, porque debe ser o único organismo onde existe, onde di constitúese, ¿constitúese para qué?, ¿qué funcións teñen exactamente?, ¿cándo se vai a reunir?, nada de nada, unha Comisión Informativa, se pon, horario, non sei que, competencias. Se pon horario e competencias, o Pleno xa están fixadas por lei, o que sexa, e a Xunta de Portavoces non ten nin competencias, nin cando se vai a reunir, nin que funcións vai cumprir, simplemente como no pasado Pleno se fixo referencia por parte deste grupo a que a Xunta de Portavoces non había nada de nada, pois agora nos vén isto aquí que segue sendo nada de nada, tempo haberá de saber si hai algo ou si é unha saída do paso, porque xa para empezar unha Xunta de Portavoces que se constitúe sen o Presidente, a verdade é que nos podemos reunir, despois vén o que parte ben reparte, co cal podemos falar o que nos de a gana. Que é o que estivo pasando as poucas veces que sen contido nos reunimos. A Xunta de Portavoces, en principio, sempre esta presidida, formada polo Presidente máis os portavoces, máis os portavoces, porque senón o demais ata nos poden poñer un café, pero para pouco vai a servir. Bueno, tempo haberá, deixar facer constancia do que estou a dicir, que non se ve moito ánimo pero tempo haberá para comprobar se en realidade é así ou hai propósito de emenda. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Queda enterada a Corporación da Resolución Presidencial de data 23 de xullo de 2007, pola que se resolve a constitución da Xunta de Portavoces e que é do seguinte teor literal: “Dada conta dos escritos dos Grupos Provinciais do Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista de Galicia-PSOE e Partido Popular constituíndose como tales e designando Portavoces (titular e suplente). Considerando que a efectos de actuación corporativa os membros das Corporacións Locais constituiranse en grupos políticos e que o portavoz de cada grupo será o representante do mesmo a todos os efectos. Vistos os artigos 24 e 25 do RD 2568/86 de 28 de novembro e 12 do Regulamento Orgánico, RESOLVO, Constituír a Xunta de Portavoces desta Deputación Provincial coa composición seguinte: - Polo Grupo Provincial do Partido Popular: Portavoz: D. José Manuel Figueroa Vila. Portavoz suplente: D. Xosé Crespo Iglesias. - Polo Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE: Portavoz: D. Emilio González Iglesias. Portavoces suplentes: Dona Isaura Abelairas Rodríguez e D. Juan Luciano Otero Besada. - Polo Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego: Portavoz: D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Portavoz suplente: Dona María Xosé Méndez Piñeiro. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día de hoxe.” ------ Folla: 3.5564.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 34 DO CONCELLO DE RIBADUMIA INCLUÍDA NO PPC/2007 Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Cambio de aplicación da obra número 34 do Concello de Ribadumia incluída no Plan Provincial de Cooperación do ano 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 34 do concello de Ribadumia, denominada “Saneamento e abastecemento en Mamuela”, incluída no PPC/07, pola actuación do Plan Complementario nº 45, denominada “Abastecemento e saneamento en Regueira”, co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: Achega MAP 19.975,18 Euros Achega Deputación 14.981,39 Euros Achega Concello 14.981,40 Euros TOTAL 49.937,97 Euros ------ Folla: 4.5565.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 54 DO CONCELLO DE SILLEDA INCLUÍDA NO PPC/2007 Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Cambio de aplicación da obra número 54 do concello de Silleda incluída no Plan Provincial de Cooperación do ano 2007. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 54 do concello de Silleda, denominada “Accesos núcleos: Saidrés, Moalde, Cervaña, O Castro, Ponte Cortejada, Xestoso, Silleda e Oleiros”, incluída no PPC/07, pola actuación do Plan Complementario nº 40, denominada “Accesos/pavimentación vías públicas de Silleda”, co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: Achega MAP 48.703,49 Euros Achega Deputación 36.527,61 Euros Achega Concello 36.527,63 Euros TOTAL 121.758,73 Euros ------ Folla: 5.5566.- CREACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE GARDERÍA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Sr. Presidente.- Punto número cinco da orde do día; creación e posta en funcionamento do Servizo de Gardería da Deputación Provincial de Pontevedra, na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Ten a palabra o portavoz do Partido Popular José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días, neste punto levamos a creación e posta en funcionamento do servizo de gardería infantil en Príncipe Felipe, dentro da política que seguiu este goberno e vai a continuar de potenciar e dinamizar o recinto de Príncipe Felipe, agora imos, a idea e por en marcha unha nova gardería de 115 prazas para nenos e nenas de entre 0 e tres anos, tamén un convenio que se vén xestando coa Xunta de Galicia, aquela Consellería de Familia, onde se vai a facer unha reserva, en porcentaxe, reserva de prazas para os traballadores do CHOP e da propia Deputación Provincial, desta 115 prazas en principio, e 25 irían destinadas ós traballadores do CHOP, e 25 para a Deputación, e 65 libres. Loxicamente este reparto se podería despois modificar en base á demanda que se poida plantexar, o servizo de funcionamento será de 7:30 a 22:30, isto en principio, dependendo da demanda tamén se vos axustarán os horarios, e pensamos que para a cidade de Pontevedra e no seu entorno que tanto se demanda, non só na cidade de Pontevedra, senón que en xeral en toda Galicia a demanda deste servizo, pensamos que a Deputación dá un paso máis, sobre todo, volvo a repetir, para seguir potenciando e creando unha estrutura importante dentro de Príncipe Felipe, da Cidade Infantil Príncipe Felipe, loxicamente co servizo que se pode prestar, en principio a 115 familias, a 115 nenos ou nenas menores de entre 0 e 3 anos, pensamos que damos un paso importante de cara a un dos servizos demandados en toda a provincia, pois poder cubrir unha parte, unha parte del con esta oferta que agora plantexamos. Pensamos que pode ser un magnífico servizo, e imos a traballar para dentro do posible mellorar e incluso se se pode ampliar no futuro, pois facelo. As instalacións están xa totalmente rematadas dentro deste convenio que tivemos coa Xunta de Galicia, que eles achegaron as cantidades suficientes para poder levar a cabo. A xestión se faría dunha maneira indirecta por un contrato máximo de 3 anos, que creo que tamén é importante para que se poida ver cal é a evolución dese servizo en base á experiencia que nos depare no futuro, pois iremos facendo as matizacións correspondentes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Manuel Figueroa. Ten a palabra o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eu entrei nesta casa no ano 1991, e daquela había unha comisión presidida polo pola sazón vicepresidente desta institución, delegado expresamente polo Presidente, para lograr a transferencia de Príncipe Felipe á Xunta. Evidentemente, a Xunta non a quixo e aquilo quedou parado, pero cando menos fóronse dando pasos para que parte das instalacións de Príncipe Felipe as pasara a xestionar, ou incluso a titularidade, a Xunta, porque se entendía daquela, e se segue entendendo agora que a política social debe ter unha cobertura única e universal, e polo tanto entrar nunha rede única tivera sido máis oportuno. Ben, evidentemente a Xunta non estivo pola labor e con respecto a este asunto en concreto, pois hai un convenio asinado coa anterior Xunta, que non estaba pola labor de facer un servizo galego unificado de garderías, e polo tanto se nos trouxeran daquela o convenio nós votaríamos a favor, porque prestar un servizo á xente, se a Xunta non o presta ou non o coordina, pois hai que prestalo, pois se presta e punto. Polo tanto, quede clarísimo, quede clarísimo que non temos absolutamente nada, senón todo o contrario, senón todo o contrario, en contra da creación da gardería e da súa posta en funcionamento, pero estamos noutro momento e resulta que aquela previsión, necesidade, determinación, acordo-proposta desta Deputación de que Príncipe Felipe, os servizos que presta, se foran indo, transferindo ou conveniando-consorciando coa Xunta, pois era posible neste caso, e non só era posible, senón que así foi demandado, e como é coñecido, é que os concellos, incluso moitísimos do Partido Popular, por exemplo vostedes en Vigo, consorciaron coa Xunta, bueno a Xunta Vicepresidencia neste caso, este tipo de servizos, neste caso nunha liña de levar a cabo a política pura e dura e brava do Partido Popular de boicotear o que antes se demandaba e que agora a Xunta quere poñer, pois fan algo do calibre de crear a gardería, co que estamos de acordo, insisto, pero despois coller e privatizala, facer unha xestión, iso que se di finamente unha xestión indirecta, e darlle a unha empresa a xestión da gardería para que funcione, e aparte coa idea, non son capaces de facer unha xestión pública como está facendo a Xunta coas garderías ou galescolas como vostedes lle queiran chamar e privatízana agora recoñecendo a súa incapacidade para xestionala. O asunto que estamos debatendo aquí non é a creación da gardería, o cal estamos todos de acordo, se non como se vai a xestionar e se vai a estar integrada ou non dentro dunha rede pública ou non, ou a vai a xestionar a Deputación, teoricamente e na práctica unha empresa privada. Creemos que é un erro, vaille custar máis á Deputación para empezar, pero bueno, incluso non sería o maior problema porque non son grandes cantidades, pero cremos que é un erro de calibre reservado que responde única e exclusivamente á política que a maioría dos alcaldes do PP non seguiron, porque o que non vale é estar demandando toda a vida o que sexa á Xunta, e que se encargue da xestión, e despois cando a ofrece dicir que non, entón por coherencia a maioría dos alcaldes do Partido Popular non seguiron e se adheriron, porque era o que estaban demandando, pero nesta Deputación, evidentemente, reina, domina a liña do Partido Popular de sabotear todo o que se faga dende a Xunta, incluso en contra dos propios intereses e do que defendeu esta Deputación durante todos estes anos, isto responde, no discurso de investidura tivemos un floreado exemplo de cal é a determinación do Presidente do Partido Popular da Provincia, a sazón Presidente desta Deputación, en segunda instancia, de que é verdade, nesta Deputación se vai a utilizar para facer contraprogramación, incluso en contra dos intereses da propia Deputación neste caso, pois se vai a facer contraprogramación de todo o que se poida facer na Xunta. E non vamos, vamos a votar en contra do sistema de xestión, de privatizala e demais, e non vamos votar porque se faga contraprogramación da Xunta, que nós aquí non somos a Xunta, nós vamos a votar porque vai en contra de todo o que se estivo defendendo nesta Deputación, durante polo menos dezaseis anos que levo, de historia e memoria, incluso individual, do que estivo sucedendo aquí, dende logo non é de recibo, creo que debería pensar, é máis se vostedes se comprometen que para o ano que vén a van a integrar dentro do Consorcio, incluso aceptaríamos este ano de proba, lle votaríamos a favor, porque rectificar é de sabios, e sería o lóxico, porque sería regresar á política que houbo sempre nesta casa, sempre nesta Deputación. Agora se se comprometeran a pasarlle a xestión, facer un contrato ponte dun ano, e pasarlle a xestión, integrala dentro do consorcio, evidentemente, aínda así lle votaríamos a favor, porque estamos de acordo en que se cree a gardería, o que non estamos de acordo é que se privatice e sexa un instrumento de romper unha política digamos de cobertura social unificada, e vamos, realizala porque a que ten competencia para realizala é a Xunta de Galicia. Moitas Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sra. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, bos días. A min gustaríame explicar un pouco, empezando polo principio de todo, o que parece é que hai algo de descoñecemento, o que é a LOE a Lei Orgánica de Educación, e que Educación Infantil vai dende 0 a 6 anos, o primeiro ciclo de 0 a 3 e o segundo ciclo de 3 a 6. Cando os nenos se matriculan nun cole de educación infantil en terceiro, con tres anos matricúlase en terceiro de educación infantil, ou sexa que as competencias están perfectamente definidas en canto a educación infantil na súa totalidade, de 0 a 6 anos, Ministerio de Educación. Na Xunta de Galicia a educación infantil de 0 a 3 anos está sendo xestionada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través do Consorcio, eu o que si esixo, e explico porque imos a votar en contra, porque como as competencias están debidamente definidas, e o que estamos vendo é unha privatización porque se vai a facer unha xestión a través dunha empresa pública, e estamos falando dunha, hai sectores sociais especialmente sensibles, neste caso son os nenos, os máis pequenos, cos que hai que ter un especial coidado e unha especial atención. Se a esa escola infantil, polo que pregaría que a partir de agora se utilizara esa denominación, non son garderías, son escolas de educación infantil, sexan de 0 a 3 como de 3 a 6, é importante como se chama ás cousas, moi importante o nome que se lle dá ás cousas, estamos falando de educación, e a educación empeza, e lle digo incluso antes de 0, ós nove meses, antes, empeza. Votamos en contra porque non se pode facer un negocio de algo tan serio e tan importante como é a educación, e creo que neste caso se trata de que a empresa que a vai a xestionar faga un negocio dun, repito, algo tan importante como é a educación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dona Isaura. Eu xa lle cedo a palabra ó portavoz, pero sería bo que na Xunta de Galicia o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego se puxeran de acordo en como chamarlle, porque un chámalle escola infantil, a ver se nos poñemos de acordo, nós témolo claro chamándolle sempre gardería infantil e seguirémoslle chamando, pero ten a palabra o portavoz neste caso do Partido Popular. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Pensábamos que un tema tan importante para a cidade de Pontevedra, os grupos da oposición votarían a favor, porque o que é lamentable é que os cidadáns demandan prazas para garderías e na cidade de Pontevedra non as hai, non as hai, nin se lle prevé que existan, despois de gobernar non sei cantos anos, home creo que polo menos, Sr. Mosquera un pouco de tranquilidade, porque cando un leva moitos anos gobernando e resulta que o que demandan os veciños e veciñas, os concellos e as institucións non prestan eses servizos e non dan oferta para eses servizos, o mínimo e ter un pouco de tranquilidade á hora de facer certas afirmacións. Mire, a nós o único obxectivo que nos persigue coa posta en funcionamento destas 115 prazas en principio e darlle un servizo que demandan os veciños e as veciñas, punto. Ese e o primeiro obxectivo. Segundo obxectivo, hai distintas formas de xestión, o que pasa Sr. Mosquera vostede hoxe puxo a casaca, como din vostedes do BNG, e a defender, eu de verdade non quería chamarllo porque nós en Vigo si que entramos nese Consorcio, pero o que me parece é que vostedes non están montando un Consorcio de xestión o que están montando vostedes é un chiringuito do BNG dunha maneira partidista, iso é o que parece coas súas verbas o que acaba de dicir vostede, porque a vostede, ¿que é o que lle preocupa realmente?, ¿como se xestiona?, ¿a fórmula de xestión?, ¿vostede cre que vai a ser moito máis barato para a Administración cargar un Consorcio de funcionarios públicos que facer un contrato cunha empresa que se pode facer de 1 ata 3 anos e segundo vexamos como vaia a evolución vamos matizando as cuestións?, esa é a única diferenza que vostedes están poñendo enriba da mesa, ou só se será para que ese chiringuito faga un control político rigoroso e exhaustivo dende os nenos a, non dende os 5 ou 6 anos senón dende os cero anos dende que nacen, porque iso parece o que vostedes están facendo, ou eu dende logo son as conclusións que saco da súa intervención, a min dende logo creo que cando vostedes na cidade de Pontevedra teñen unha demanda tan importante, e vostede non presta un apoio a un servizo, que loxicamente non está dando a Xunta de Galicia nin está dando o concello de Pontevedra, pois nós que temos un recinto e unhas instalacións importantes como son o Príncipe Felipe, o obxectivo que temos que ter e dinamizalo, potencialo, impulsalo e sacarlle a maior rendibilidade social posible, e iso é o que estamos facendo. E con respecto a outras manifestacións de facer un negocio, home, se cunha gardería infantil se fai un negocio, ¡Dios mío Jesús!, é dicir, eu creo que hai algunhas manifestacións que se caen polo seu propio peso, este servizo teremos que votarlle moita imaxinación para que sexa rendible economicamente, teremos que votarlle moita imaxinación para que se poida ter unha rendibilidade económica, veremos como saímos adiante, o que pasa que ó mellor outros o único que queren é colocar nese consorcio, nese chiringuito ós seus afíns, xa o veremos, proba diso é, xa que empezaron, xa empezaron, e non quería entrar neste tema Sr. Mosquera, porque sabe que respecto ás persoas, e ó Sr. Pérez Castrillo o respecto, pero ó Sr. Pérez Castrillo o puxeron vostedes a dedo, ó fronte dese Consorcio, e respecto ó Sr. Pérez Castrillo, pero me fai que eu teña que facer esta afirmación. Mire, o Consorcio, de momento, o que xa empeza a demostrarse é que é o chiringuito do Bloque na Xunta de Galicia, xa veremos como evoluciona, xa veremos como evoluciona no futuro, nos próximos meses, será seguramente a súa política clientelar, porque vostedes falan moito do Partido Popular, pero xa veremos que sae dese chiringuito dentro de 2 ou 3 anos, dende logo nós o único que pretendemos é darlle un servizo á cidade de Pontevedra e iso é o que se esta facendo coa creación destas novas 115 prazas que son importantes para os nenos e nenas de 0 a 3 anos que é o obxectivo que perseguimos, polo tanto nós vamos a votar a favor, nos sorprende, terán que explicarllo vostedes ó Bloque e ó Partido Socialista, a moitos pais e nais da cidade de Pontevedra, que non teñen onde deixar ós seus fillos, como vostedes votan en contra desta cuestión, de crear uns ...., para 115 novas prazas, o único que están votando vostedes en contra e por un argumento baldío, un argumento que non ten peso, que é como se xestiona, a única fórmula válida é o chiringuito do Bloque ou montar unha asistencia técnica para dar servizo a 115 novos nenos e nenas, pois miren vostedes elixen defender o chiringuito do Bloque, e nós defendemos a xestión, defendemos darlle maior rendibilidade social a un recinto como é o recinto de Príncipe Felipe e dar servizo a algo que demandan os veciños e veciñas sobre todo da cidade de Pontevedra e do seu entorno, esa é a única diferenza entre vostedes e nós. Sr. Presidente .- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Eu comprendo que a posición do Sr. Portavoz do PP é difícil, é difícil e está inventando, dando voltas e demais, pero raia francamente na mala educación, como empeza a ser xa hábito e práctica neste Pleno, e dende logo non o imos a tolerar. ¿Como se pode dicir que é un chiringuito e todo a defensa?, ¿Entón vostedes en Vigo por qué entraron?, ou sexa ¿son tan suicidas politicamente que lle deron a xestión de todas as garderías de Vigo, as galescolas de Vigo, a un chiringuito do Bloque?. Vaia, en fin, é que se engañaron, ¿como é posible que esta casa por exemplo deixara aquilo para a Escola de Hostalería, fora transferindo os centros de educación e demais, e agora ó revés?, e que está aí a traxectoria, polo tanto cando non se teñen argumentos se trata de atacar, aparte o dixemos claramente, mire vostede, arranxamos agora mesmo, collen e din, posta en funcionamento e lle pasamos a xestión ó Consorcio ou dentro dun ano, mire que fácil, non nos estamos opoñendo para nada que se faga a gardería señor Figueroa, Sr. Portavoz do PP, pero xa que vostede está ultimamente moi afeito a sacar nomes, apelidos e facer agresións indirectamente, eu supoño, Sr. Figueroa escóiteme o que estou dicindo, que creo que está escoitando aínda que non mirando, supoño que a súa mala uva, a súa mala uva que xa sacou no Pleno anterior falando do meu salario será porque vostede estaba cobrando entre o concello e Deputación como cen mil euros ó ano para ó seu bolsillo e agora llo recortaron, e no pasado Pleno tivo a santa geta de dicir a ver canto cobraba eu, cando cobro menos da metade do que vostede leva para casa, supoño que será por aí, e agora saca o nome de Lois Pérez Castrillo ou doutros, como se vostedes para Príncipe Felipe non nomearan tamén a unha señora da súa confianza do PP para xestionala. Oia se lle crea úlcera que lle baixaran os cartos que leva para casa, que aínda así leva case o dobre de quen fala, pois mire alá vostede pero limítese a cabeza, se quere cóntolle o chiste aquel do perruqueiro, limítese a cabeza e fale do que estamos falando e non intente, non intente embarullar ou incluso facer lio con tal, sacando cousas dese tipo, como a que sacou no Pleno pasado ou sacou neste, e se queren ir por aí vamos, sabes que somos exquisitamente, que somos correctísimos nos Plenos e falamos dos asuntos dos que estamos a falar, agora vostedes son especialistas en falar doutros e en que clave, nestas claves, pois mire se está irritando porque gañando o dobre que outros que poñen como exemplo e sacan aquí, lle baixaron o salario, pois mire vostede, o sinto, o sinto moitísimo pero rásquese. Estamos falando dunha gardería que estamos de acordo en que se faga, que vostedes nos concellos que gobernan adheríronse ó acordo porque era mellor para todos e que aquí tendo a posibilidade de facelo a privatizan, a privatizan, e do que estamos en contra é de que non o integren cando teñen a oferta de integralo e de que privaticen, non de que se faga, non de que se faga, e non nos voten ningunha culpa que estamos votando en contra de que se faga, porque iso é radicalmente falso, e estamos facendo unha oferta de, xa que non o fixeron este ano, pois o ano que vén a integren e lle votamos a favor, ¿que máis queren?, non, non, ben, moito terá que ver o que lle dixen antes, a liña do Partido Popular, que xa tivemos moitos episodios nesta Deputación, de que ten decidido que nesta Deputación aínda que se arrase, aínda que vaia absolutamente en contra de todo o que se defendeu aquí moitos anos por parte do Partido Popular e nos concellos e demais, pois o asunto e utilizala cuns fins absolutamente partidistas. En puntos seguintes teremos ocasión tamén de volver a falar do mesmo, porque é unha decisión que teñen tomada, e ás veces ata poñen tamén cara de bueniños, e vamos a pactar, e vamos a construír unha Xunta de Portavoces, non hai tal Xunta de Portavoces, hai que, nomeamos portavoces non sei que, vamos a non sei que, radicalmente falso. Teñen tomada outra decisión, aclárense entre vostedes, se aquí a política que van a facer é Acebes ou Zaplana, van ter ese toque galeguista e centrado, evidentemente a que fan é a primeira, adórnena como queiran e senón aclárense entre vostedes fagan a outra, téñeno fácil, agora o que non vale é, pretendemos ser ponderados, mesurados, galeguistas e centrados, pero despois o que se aplica na práctica en todos os actos que se van facendo é a política pura e dura, que é lexítimo, que é lexítimo, fagan o que queiran, fagan o que queiran, pero que quede claro, é a que están facendo é a que están facendo e non outra, e ós feitos me remito e están aí dunha maneira clara e evidente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra a Sra. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Intentarei ser breve. Primeiro, Sr. Louzán, por iso empecei falando da LOE, das competencias do ensino infantil, de 0 a 6 anos, competencias do Ministerio de Educación e as competencias compartidas na Xunta de Galicia, a través do Consorcio na primeira etapa e a través da Consellería de Educación na segunda etapa, os pactos son eses, chegar á acordos, por iso intentei falar do que era a LOE no primeiro de todo. Sr. Figueroa nos temas educativos eu sempre estarei, non en contra, pero en desacordo con vostede, vamos a ver falaba da importancia dos termos, cada vez que se utiliza, e os cidadáns de Pontevedra e me dirixo especialmente a eles, seguro que van a entender a postura do Partido Socialista, mire, a educación jamás de los jamases será un negocio rendible para ninguén, nunca, non pode ser, os rendementos son a longo prazo pero non se pode medir con criterios económicos, unha empresa privada non vai a xestionar un servizo onde non gañe cartos. Segundo, cando falamos, vostede dixo, explíquelle ós cidadáns de Pontevedra que van, estou esperando que acabe de darlle a información ó Sr. Crespo, pásella por escrito e así me atende. Cando falan de deixar fóra, a min iso si que me parece grave que falen dos nenos que son cidadáns de deixar fóra, mire eu levo trinta e catro anos no ensino, pelexándome dialecticamente por que non se consideren nin as garderías nin os centros de ensino como sitios onde se deixan ós nenos, son centros educativos, e o que pretendemos é que eses nenos, esas prazas se oferten e as disfruten os nenos e as nenas da provincia de Pontevedra cunha calidade que está garantida a través dos Organismos que teñen competencia para iso, estamos en contra de que sexan o negocio dunha empresa privada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Isaura Abelairas. Bueno, a verdade é que escoitando ó Sr. Mosquera, que eu lle pediría que non utilizara esa política da UPGA, e teño que dicirlle que utilizan moito ademais esa frase Sr. Mosquera, de que Alcaldes do PP, evidentemente que entraron no Consorcio, pero Sr. Mosquera é de coñecemento público, de coñecemento público, que ós Alcaldes do PP se lle dixo ou entras no Consorcio ou non recibirás nin un só euro, nin un só euro, ou sexa a política que practican vostedes con ese sistema dicindo que alcaldes do PP son os que avalaron ese sistema, foi porque lle dixeron, aplicáronlle máis ben a política da chantaxe, ou entras ou senón non vas a recibir nada para ti como Alcalde que poidas dar ese servizo, e vostede sabe ademais que é así porque é de coñecemento público. Nós evidentemente non utilizamos esas fórmulas, esas son fórmulas que utiliza Vicepresidencia, de igualdade que se chama, chámase de igualdade, pero a igualdade é en función da política da chantaxe, ou entras polo aro ou senón dalgunha maneira non hai colaboración, e como ademais é de coñecemento público, por iso como escoitei moitas veces a canción, non é que entraron concellos do PP, claro como non ían a entrar se lle di a lei do Talión, ou entras ou senón non hai, entón claro os Alcaldes din: home o servizo temos que dalo, non sabíamos que na Xunta de Galicia eran así pero ó final temos que entrar, non nos queda máis remedio, eles son quen marcan e quen poñen as directrices sen contar cos alcaldes para nada, de certo nin sen consensuou en certa maneira cos alcaldes para poñelo en marcha. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si Sr. Mosquera, vostede utiliza a estratexia que considera oportuna, a nós dende logo non nos vai a calar, porque vostede, parece que aquí pretende calar a todos, a min dende logo non, e llo digo claramente, cando queira vostede colle a miña declaración que está aí e a mira, pero eu non vou dicindo que entrego ó partido ou deixo de entregar publicamente nin xustificándome, eu gaño o que gaño, o gaño correctamente porque creo que o gaño legalmente e se acabou, e punto. Entrégolle ó meu partido o que me dá a gana, ou nada ou todo, vostede di o que entrega, eu dende logo non teño que xustificarme de nada na miña traxectoria política dende que levo en política, nada, polo tanto a declaración a ten aí e pode collela cando queira, e o que lle entrego ó meu partido, pois o sabe o Presidente Provincial e o Presidente Rexional e non sei si o Tesoureiro, iso con respecto a ese tema. Segunda cuestión, mire, non nos vai a facer calar Sr. Mosquera, o que pasa é que vostede ata agora tivo ó mellor pois por respecto ou por consideración pois moitas veces, deixábamos pasar os temas, pero non estamos dispostos a que vostede nos dea exemplo de nada, de nada, porque o BNG non pode dar agora exemplo de nada, cando non gobernaban vostedes pois poñían exemplo en todo, non ó todo, non ó non sei que, non a non sei que, pero resulta cal é agora a diferenza, é que vostedes están gobernando e o fan moito pero que nós, en todos os sentidos, o que dicían que non é que si, o que dicían que non as municipalizacións son privatizacións, ¿cantas privatizacións ten vostede no seu concello, ou en concellos do BNG?, non vou a particularizar en Pontevedra, ¿Quere que lle dea privatizacións de vostedes puras e duras onde gobernan vostedes?, máis que o PP, pero moito máis, e aquilo do non, pois pasaron ó si porque agora teñen responsabilidades de goberno, polo tanto se vostede quere utilizar a estratexia que utiliza nesta casa, pois utilícela Sr. Mosquera, pero sabe que vai a ter resposta inmediata e a resposta inmediata dun tema concreto foi porque vostede estivo calumniando e difamando a moitos deputados que están aquí sentados co que ían a percibir, filtrando ós medios de comunicación desleal, desleal, que todos o sabemos facer Sr. Mosquera, ou pensa que vostede é o rei da relación coa prensa, todos sabemos coller un papel, coller a un periodista e darlle información, todos sabemos, non só o Sr. Mosquera, Don Cesáreo Mosquera, os demais tamén sabemos facelo, todos os que estamos aquí os 27 sentados e os medios de comunicación sabe que é así, o que pasa e que uns utilizamos certa ética política e outros pois non son capaces de dar a cara, e iso é o que fixo vostede durante dous meses, que si o soldo de non sei que do Alcalde, que si o soldo de non sei que, non sei canto, que si patatín, que si patatán, pero despois vostede cando chega ós acordos di “non movamos nada”, ¿entende? e iso non é leal, si vostede quere ser leal pois sexa leal con iso e con outras cuestións. Mire, segundo tema, con respecto ó tema que nos trae aquí dicirlle, que si é certo que nós entramos en Vigo, porque ou o tomabamos ou o deixabamos, sabe vostede que nós en Vigo gobernamos tres anos e medio e tiñamos un só presuposto, ¿que facíamos?, ¿nos arrinconábamos e non tiñamos posibilidade de ter ningún recurso da Xunta de Galicia?, pois si se firmou, e se firmou coa mellor intención, pensando que iso ía a ser un Consorcio real para facer xestión, para intentar ser xusto, para manter un equilibrio, pero non, vostedes co paso do tempo ese equilibrio non, ese equilibrio se está convertendo no chiringuito do Sr. Vicepresidente e no chiringuito do BNG, e non teñen máis remedio que todos os afiliados do BNG dicir si amén, non lle queda máis remedio, non lle queda máis remedio que dicir si amén, e ¿qué pasa? ¿qué non hai máis fórmulas de xestión?, ¿que é única?, ¿vostedes están en posesión da verdade?, se nós aquí o único que estamos facendo, mire é por unha gardería con 115 prazas, dar un servizo, é dicir, vamos a facer un contrato dunha asistencia por tres anos, dun ano prorrogable ata tres, a ver como funciona, para intentar buscar a máxima rendibilidade social, por suposto que ningunha económica porque todos estes servizos son deficitarios, iso é o que estamos facendo, e non sei porque lle molesta tanto, eu creo que a vostede lle tería que satisfacer que unha institución como a Deputación poña en marcha cento quince prazas para nenos e nenas de entre cero e tres anos, que vostedes na cidade de Pontevedra non son capaces de por, ¿cantas prazas puxo vostede en marcha dende que está gobernando? , díganme, ¿saben cantas?, señores medios de comunicación, cero, ¿de que nos vai a dar exemplo e facer un discurso unha persoa que leva gobernando oito anos e non foi capaz de por en funcionamento nin unha soa praza para os nenos na cidade de Pontevedra?, iso é o que realmente lle interesa ós veciños e ás veciñas, iso é o que lle interesa, non lle interesa un Consorcio, nin Consorcio nin Galescolas nin nada, iso é marketing, puro e duro, ós veciños o que lle interesa e que teñan un servizo, unha oferta para poder os pais deixar os fillos nas garderías mentres fan as súas tarefas laborais ou de todo tipo, e vostede o exemplo que dá na cidade de Pontevedra o goberno de Pontevedra, cero prazas de gardería, cero Sr. Mosquera, pois mire xa ten cento quince na Deputación de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¿Quere vostede intervir de novo? Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si podo, senón non. Sr. Presidente.- Bueno, xa ve que somos participativos. Adiante Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, eu simplemente quería dicir varias cousiñas moi sinxelas e á parte máis. Mire, eu vin a foto cando firmaron a cesión de Vigo ó Consorcio, e de verdade que non había así como aire de dor de estómago, senón había, máis ben había aire de certa, de certa aquiescencia e demais, pero bueno en todo caso está ben si se equivocaron, pero dicir que algo está funcionando mal cando está votando a andar, pois menuda, menuda en fin premonición. Con respecto a esas supostas filtracións, oiga o que está nas bases de execución do orzamento, o que está nas bases de execución do orzamento, que é un documento público, dicir que se pode, que se está filtrando, de verdade. E con respecto ós salarios non me sexan fariseos unha vez máis, ou sexa vostedes deciden no sei se en Santiago ou en Madrid, dende logo non aquí, deciden e lle dan orde de que hai que montar lio cos salarios, vale, con tal escándalo, con tal escándalo que resulta onde hai problemas dese tipo e onde gobernan vostedes, dá igual, o problema é que hai que montalo, e chega á santa jeta de falar o outro día, evidentemente eu nunca falei desto, e saben que non falei nunca, agora se vostedes teñen a santa jeta de sendo os que máis ingresan, e vostede particularmente o outro día de falar do meu salario, díxeno o outro día eu non chego ós 45.000 € que me quedan para min, e vostede duplicoume neste mandato, duplicoume, hai que ter cara para falar deso, hai que ter cara, evidentemente vou a contestarlle como corresponde, como evidentemente si se di, si se anda axitando non sei cantas cousas, eu lle vou a dicir que nós aquí somos mil euristas, ou sexa cobramos mil euros por hora cando vimos ás Comisións, somos mil euristas pero por hora, por hora. Agora non desaten esas campañas, non desaten esas campañas demagóxicas estimulando o peor de cada quen, que a desataron vostedes, vostedes a desataron. Agora van ter que tragarse moitos anos por ter feito iso, van ter que tragalo porque quen máis ten que rascar aí son vostedes con distancia, e foron sempre, incluso persoalmente vostede, entonces por favor non desaten esas campañas, e se as desatan atéñanse ás consecuencias, atéñanse ás consecuencias e non se fagan as vítimas, ¡oh!, o que se fala, non é o que hai, e na provincia de Pontevedra hai dous casos escandalosos que son o concello de Sanxenxo e esta casa, de ingresos disparatados en proporción ó que se está facendo, absolutamente disparatados, e resulta que son os dous seus, acordos seus, única e exclusivamente seus, e resulta que nos desata unha campaña estimulándonos non sei que e non sei canto, pois mire, atéñanse ás consecuencias, creo que está suficientemente debatido. E con respecto ó fondo da cuestión repito non me trate de escurecer, estamos de acordo en que se faga a gardería e estamos de acordo en que apliquen a política que levou esta casa sempre, que foi intentar que iso como eran competencias da Xunta se fixeran conveniadas ou consorciadas coa Xunta, apliquen a política desta casa que se aplicou sempre, e non privaticen un servizo que, por certo, Príncipe Felipe curiosamente van a privatizar esta gardería, e non privatizaron creo que nin o comedor, que iso sería máis fácil e moito menos conflitivo en canto ó servizo, e non privatizaron nada, practicamente que eu me acorde si hai unha cousiña menor, e resulta que privatizan a gardería, home se están aplicando todo o contrario do que estiveron facendo en Príncipe Felipe, durante, que eu teña acordo polo menos durante 16 anos, todo o contrario. Aplique a mesma política que estaba aplicando sempre, só lle pedimos iso, fíxese, só lle pedimos iso. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Eu non quería falar dese tema porque o tema é a gardería que é un servizo público importante, demandado, que vostedes en Pontevedra non existe ningunha gardería municipal e polo tanto neste sentido suple ese labor a Deputación. Pero claro, como vostede se meteu no tema este dos soldos e todo iso, e que nós só temos un alcalde, pero vostedes onde gobernan hai dous e cobran dous, na Xunta hai dous presidentes, cobran dous presidentes, en Vigo hai 800.000 euros para un staf do vice alcalde o de tenente alcalde non sei como vai iso, e bueno, nós non é o caso, non, o que hai é política transparente, o que hai se di, e non hai ningún problema. Polo tanto, esa é a diferenza, vostedes son dous, alcaldes ou dous presidentes, e despois á parte hai que manter como lle dicía o staf, por exemplo en Vigo 800.000 euros, nada máis e nada menos para manter o staf do vice alcalde ou teniente, bueno, algo así creo que hai deso, bueno, así o dixeron os medios de comunicación ademais que non o estou dicindo eu, polo tanto é que a Deputación de Pontevedra vaia poñer en marcha un servizo demandado, necesario e urxente porque as familias de Pontevedra e do seu entorno están buscando prazas noutros concellos xa que en Pontevedra non as teñen, esa demanda vaina a cubrir, neste sentido, a Deputación de Pontevedra para a cal esperamos a colaboración tamén da Xunta de Galicia, nas medidas das posibilidades xa que hai unha orde que subvenciona a posta en marcha destas garderías. Por certo, a gardería está totalmente lista, só falta equipala, que xa está o concurso para equipala en marcha, e polo tanto esperamos, que é o que queren saber os cidadáns que para o mes de setembro, outubro estea lista para que esa norma tan falada de harmonizar a vida familiar e laboral se poña en marcha e aquí o estamos aplicando e por iso queremos poñer en marcha esta gardería de 115 prazas, nada máis e nada menos. Polo tanto, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿votos a favor?. De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a creación e posta en funcionamento do Servizo de Gardería da Deputación Provincial de Pontevedra na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que contará cunha dotación orzamentaria de 60.000 euros para o presente exercicio e dirixido ós nenos/as de idades comprendidas entre 0 e 3 anos, cun total de 115 prazas, e así mesmo apróbase a memoria e o regulamento de réxime interno que rexerá o seu funcionamento. Dito regulamento é como segue: REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO (RRI) INTRODUCIÓN Tendo presente a Lei 4/1993 de Servizos Sociais, que atribúe á Comunidade Autónoma a competencia para establecer as normas de acreditación e autorización de Centros de Servizos Sociais. No exercicio destas competencias publicouse o Decreto 243/95 do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos centros de servizos sociais, desenvolvéndose por orde da antiga Consellería de Familia, Muller e Xuventude de 29 de febreiro de 1996, os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e centros de atención á infancia. O artigo 7 do referido decreto, establece como un dos requisitos funcionais de todos os centros, dispor dun regulamento de réxime interno, que así mesmo debe ter un contido mínimo e someterse á aprobación administrativa da consellería competente, estes contidos mínimos veñen recollidos no artigo 21º do mesmo. PRIMEIRO. DEFINICIÓN DA ESCOLA INFANTIL A Escola Infantil de 0 a 3 anos da Deputación de Pontevedra constitúe un servizo público educativo para a primeira infancia, cumpre unha función social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, ou condición social, a través dun programa global que garanta o Pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas. Pretende cooperar cos pais, nais e representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias. No capítulo III, sección segunda do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, define as escolas infantís 0-3. No seu artigo 22º di: as escolas infantís defínense como aqueles equipamentos diúrnos de carácter educativo asistencial, dirixidos ó sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que teñen por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as.......... SEGUNDO. ESTRUTURA ORGANIZATIVA ÓRGANOS UNIPERSOAIS E COLEXIADOS. * Comisión Educativa . Persoal educativo de contacto directo cos nenos. . Persoal administrativo de apoio. . Persoal do servizo de comedor. - Comisión de Baremación - Dirección . Equipo técnico de asesoramento pedagóxico. . Equipo técnico de asesoramento de calidade. . Equipo técnico de asesoramento en formación. DIRECCIÓN, SUBDIRECCIÓN E APOIO Á DIRECCIÓN FUNCIÓNS: • Representar oficialmente á administración no centro e ostentar a representación oficial. • Cumprir e facer cumprir as disposicións vixentes. • Participar activamente como membro do equipo educativo. • Garantir a atención e coidados dos alumnos durante a súa estancia no Centro. • Orientar e dirixir todas as actividades do Centro. • Exercer e xestionar os labores administrativos e de persoal. • Custodiar os documentos e expedientes do Centro. • Expedir as certificacións. • Autorizar os gastos de acordo cos orzamentos do centro e autorizar os pagos. • Exercer a coordinación xeral da escola. • Elaborar, co equipo da escola os horarios. • Programar, preparar e realizar, xunto con todo o equipo educativo, actividades colectivas. • Comprobar a existencia de material didáctico e adquirilo segundo a demanda. • Proporcionar os recursos para actividades fóra da escola. • Reunirse sempre que sexa necesario co persoal do Centro. • Atender e informar ós pais, titores ou representantes legais. • Mostrar ás familias dos alumnos de novo ingreso o Centro e informarlles da súa organización e funcionamento. • Garantir e fomentar a comunicación entre educadores, pais e todo o persoal do centro. • Executar os acordos que os órganos colexiados adopten no marco da súa competencia. • Servir de enlace entre a administración e o persoal do Centro. • Colaborar na consecución do proxecto educativo do Centro. ORGANIZACIÓN. • Reunirse cos distintos sectores da comunidade educativa segundo o programa e sempre que sexa necesario. • A información ós familiares realízase en entradas/saídas ou cando se solicita, e tamén mediante o taboleiro de anuncios, circulares, etc. PROFESORADO: FUNCIÓNS. • Colaborar en cantas accións ou situacións favorezan a consecución do proxecto educativo. • Coordinarse coas restantes educadoras do Centro para planificar e desenvolver a marcha do curso. • Atender todas as situacións que estean relacionadas co proceso do desenvolvemento integral do neno: afectivas, hixiénicas, alimenticias, de descanso, de relacións sociais e co entorno, desenvolvemento cognitivo, expresivo e momento evolutivo no que se atopa. • Detectar as necesidades do alumno e elaborar un plano de actuación persoal, tanto desde o punto de vista educativo como social. Maior interese nos casos especiais. • Realizar un seguimento individual do alumno mediante unha observación directa do neno valorando os seus procesos en todos os xeitos e tentando desenvolver todas as súas capacidades. • Velar pola seguranza e benestar físico do alumno, en caso de enfermidade avisar ós familiares e tomar as medidas oportunas. • Facilitar a integración dos alumnos no grupo e fomentar a súa participación nas actividades do centro. • Planificar o período de adaptación á escola de maneira individual e en coordinación coa familia. • Planificar e avaliar a programación para o seu grupo de alumnos respecto a obxectivos, contidos e actividades, coordinándose co resto de educadoras. • Seleccionar, dispor e preparar as situacións e materiais educativos que necesite a programación planificada. • Velar polo bo uso das instalacións e materiais. • Reunirse coas familias a principio de curso e contactar diariamente coas mesmas. • Informar ás familias dos procesos de aprendizaxe dos seus fillos e facilitarlles recursos para favorecer o seu desenvolvemento. • Reunirse coas familias individualmente a petición dalgunha das partes implicadas no proceso educativo dos seus fillos. • Responsabilizarse, dentro do horario normal, a informar ás familias á vez que se fai a entrega e/ou recollida dos alumnos diariamente. • Comprometerse a unha formación permanente. • Desenvolver hábitos de comida, de uso de cubertos, introducindo os diferentes alimentos. • Crear hábitos de sono, hixiene,... • Conseguir unha maior autonomía persoal no neno. ORGANIZACIÓN. • A asignación de clases faise de forma consensuada. • A educadora que está a cargo dos nenos realiza función de titora e funcións asistenciais. • Hai persoal de apoio. • Cada educadora ten unha tarde libre para a dedicar á organización das súas actividades. • As xuntanzas das familias realizaranse, ademais das preceptivas, todas as que se consideren necesarias tanto en grupo como individuais. TERCEIRO. FUNCIONAMENTO XERAL DO CENTRO A Escola Infantil permanecerá en funcionamento cinco días á semana e doce meses ó ano. Coa posibilidade de complementar este servizo diúrno. En canto ó horario, a gardería abrirá ás 7:30 h. da mañá e permanecerá en funcionamento ata as 22:30 h. da noite en horario continuado. Evitarase que o neno prolongue a súa estancia no centro máis de oito horas, a non ser que circunstancias excepcionais o determinen, que deberán, en todo caso, xustificarse . A organización temporal estará condicionada pola necesidade de respectar os ritmos biolóxicos dos máis pequenos. O neno e a nena destas idades necesitan tempo para o xogo, tempo para explorar, tempo para se comunicar , etc. Cando o neno chega por primeira vez á escola infantil a súa vida divídese en dous períodos significativos: o tempo que permanece na escola e ten que estar con outros nenos/as e adultos/as que non coñece, e o tempo que está no ambiente familiar. Por iso se estabelecerán ó igual que na familia rutinas que proporcionen regularidade; frecuencias que ordenen a vida na escola e leven a interiorizar os ritmos e secuencias. O modelo de horario a desenvolver óo longo da xornada será o seguinte: HORA ACTIVIDADE 7:30- 9:00 Recepción. Xogo libre. 9:00-9:30 Xogos, cantos, ... 9:30-10:30 Xogo libre con materiais didácticos. Actividades semidirixidas. 10:30-11:30 Actividades dirixidas. 11:30-12:15 Xogo libre. 12:15-12:30 Aseo e preparación para o xantar. 12:30-13:30 Xantar. 13:30-13:45 Aseo. 13:45-16:00 Sesta. *para os nenos que xa non dormen sesta: Vídeos didácticos, debuxos animados, contos, puzzles... 16:00 –17:00 Xogos, actividades rítmicas, audicións musicais/xogo ó aire libre. 17:00 -17:30 Aseo e preparación para a merenda. 17:30 -18:30 Merenda. 18:30-20:30 Xogo libre/dirixido. 20:30-21:30 Cea. 21:30-22:30 Saída. Non existe un modelo único ideal válido posto que o horario será marcado polos pais/nais dos alumnos en función das súas necesidades e preferencias. Estes períodos de actividade, descanso, alimentación, as rutinas, etc…, serán previstos de forma flexible, xa que os nenos e nenas non poden vivir con presas ou tensións, senón de acordo cos seus propios ritmos e necesidades. Contemplaremos tamén a posibilidade de que os nenos/as poidan asistir á Escola Infantil en horario de media xornada, ben pola mañá ou ben pola tarde, ademais da asistencia por horas soltas sempre e cando a demanda destes dous servizos fixera posible a súa implantación. CUARTO. NORMAS DE CONVIVENCIA *O horario de entrada e saída de cada neno será o electo polos seus pais en función das súas necesidades. Este horario manterase todo o curso. En casos excepcionais poderán modificalo, previo aviso e se o servizo o permite. *O número máximo de horas de permanencia do neno/a no centro variará tendo en conta a situación laboral dos pais: - máximo de seis horas: un dos proxenitores non traballa. - máximo de oito horas: traballan os dous. - máis de oito horas: traballan os dous e o seu horario de traballo impídelles recoller antes ó neno/a. (Neste caso é preciso un xustificante dos centros de traballo). *As entradas e saídas faranse puntualmente de acordo co horario contratado. *As entradas e saídas serán vixiadas polos educadores. *Os nenos/as só poderán saír do centro cos seus pais ou cunha persoa autorizada. *O tempo de recreo no patio será vixiado polas educadoras. *Os nenos/as enfermos non poden acudir á escola infantil. A súa enfermidade empeoraría e poden contaxiar ós outros nenos/as. *No caso de que teña febre ou outra indisposición avisarase para que acudan a recollelo. *Para a reincorporación dun neno/a con enfermidades contaxiosas deben presentar no centro o informe médico pertinente. *O centro non se responsabiliza da medicación dos nenos/as. A medicación só se administrará baixo prescrición escrita e asinada polo pediatra especificando medicamento, dose e horario. *Para dar de baixa ó neno/a deben comunicalo cun mínimo de quince días de antelación. *Os nenos/as deben acudir ó centro con roupa cómoda. Evitar no posible pantalón de peto e tirantes. *A roupa e accesorios que os nenos/as traian ó centro deberán estar marcados co nome. *Non está permitido que os nenos traian xoguetes ó centro para evitar posíbeis extravíos. O centro non se fai responsable. *O centro debe ser informado se algún neno/a non pode tomar algún alimento. *A hixiene dos nenos/as será responsabilidade tanto dos pais coma dos educadores. QUINTO. DEREITOS E DEBERES DO ALUMNO *Recibir unha formación que asegure o Pleno desenvolvemento da súa personalidade. *Á non discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, capacidade, economía e nivel social. *Ó establecemento de medidas compensatorias que garantan a igualdade real e efectiva de oportunidades. *Á realización de políticas educativas de integración e de educación especial. *Á que o seu rendemento escolar sexa avaliado con plena obxectividade, para garantir a avaliación con criterios obxectivos. *Á que a súa estancia no centro se desenvolva nas debidas condicións de seguranza e hixiene. *Á que se garde reserva sobre toda aquela información acerca das súas circunstancias persoais e familiares do alumno. Non obstante comunicaranse á autoridade competente as circunstancias que poidan implicar malos tratos ó alumno ou calquera outra infracción dos deberes establecidos nas leis de protección de menores. *Á que se respecte a súa integridade e dignidade persoal, non podendo ser obxecto de tratos vexatorios nin degradantes, ou que supoñan un menosprezo da súa integridade física e moral. *Á adquirir hábitos intelectuais, técnicas de traballo así como todo tipo de coñecementos propios da súa idade. *Á preparación para participar activamente na vida social e cultural. *Á formación para a paz. *Ó desenvolvemento das súas capacidades intelectuais, da súa afectividade, autonomía persoal e da capacidade de relación cos demais. *A ter unha xornada de traballo escolar de acordo coa súa idade e a unha planificación equilibrada das actividades que se realicen. SEXTO. DEREITOS E DEBERES DOS PAIS - Os pais teñen dereito a ser informados do desenvolvemento dos seus fillos/as, do seu programa, horarios e normas. - Antes de comezar o curso farase unha xuntanza cos pais na que se lles informará do funcionamento da escola infantil. - O primeiro día os pais terán unha entrevista persoal co titor/a do neno/a. - Ó longo do curso poderán entrevistarse cos titores ou coa dirección mediante unha cita concertada. - Deben emprestar apoio, colaboración e respecto ás tarefas que desempeñan os educadores/as. - Facilitar todo tipo de información ou datos concernentes ó seu fillo/a que poidan ter relevancia na súa estancia na escola. - Facilitar os medios para poder levar a cabo as tarefas que teña programadas o educador/a. SÉTIMO. DEREITOS E DEBERES DOS EDUCADORES - -Acatar as decisións do claustro. - -Cooperar no mantemento da orde. - -Velar polo cumprimento e bo uso do material e instalacións do centro. - -Colaborar coa tarefa educativa, como membro activo do proceso. - -Respectar a personalidade do neno/a, sabendo escoitalo, comprendelo e axudalo . - Procurar coñecer as súas características psicolóxicas. - -Non facer distincións entre os nenos/as. - -Manter contactos periódicos cos pais, durante o período e o horario previstos para iso. - Convocalos cando as circunstancias o requiran e recibilos cando eles o soliciten, seguindo o horario e normas establecidas polo centro. - -Dereito a exercer a súa función empregando os métodos que considere máis adecuados para o Pleno desenvolvemento do neno, dentro das orientacións, planos e programas aprobados polos órganos competentes. - -Intervir en canto afecte á vida, actividade e disciplina do centro, levando a cabo unha tarefa de continua promoción cultural, renovación académica e control. - -A participar en asociacións, grupos de traballo, seminarios permanentes, etc., que teñan como finalidade a mellora no ensino. - -Extremar o cumprimento das normas éticas que esixe a función docente. - -Asistir puntualmente ó centro, e ás xuntanzas que se convoquen. - -Actualizarse no ensino. OITAVO. PROCEDIMENTO DE ACTUACIÓN COS ALUMNOS ACCIDENTADOS Para pequenos percances utilizarase o botiquín do centro para curar a ferida. Se o accidente é maior, chamarase inmediatamente á familia. Se a familia non pode facerse cargo do neno nese momento, ou a urxencia o require, o alumno será levado polos educadores ó centro médico máis próximo. NOVENO. RÉXIME DISCIPLINARIO *En caso de que un neno/a falte ó centro sen causa xustificada dous meses seguidos será baixa inmediata. *A cota mensual será aboada os cinco primeiros días de cada mes. En caso de que non a aboen sen causa xustificada darase de baixa ó neno/a no centro perdendo así a súa praza e a subvención en caso de estar a disfrutar dela. DÉCIMO. RÉXIME DE COBRAMENTO DOS PREZOS Este mesmo efectuarase de acordo co réxime de taxas disposto no Decreto 70/2002 e coa respectiva ordenanza fiscal aprobada polo Pleno da corporación da Excma. Deputación provincial de Pontevedra. UNDÉCIMO. SISTEMA DE ADMISIÓNS E BAIXAS Efectuarase de acordo co baremo especificado no decreto 70/2002 e será analizado pola comisión de baremación do centro, que contará cun libro de rexistro dos usuarios, ademais dun expediente individualizado para cada un deles. ------ Folla: 6.5567.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA RELATIVA Á CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Á EMPRESA “PESCANOVA” Sr. Presidente.- Punto número 6 do orde do día. Moción da Presidencia relativa á concesión da medalla de ouro da provincia de Pontevedra á empresa Pescanova. Si, ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, eu non agardaba tal honra porque supoño que cando algún, cando alguén propón algo e o propón de determinada maneira antes de nada supoño que terá que espoñer porque o fai. Sr. Presidente.- ¡Ah!, bueno, adelante Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Esta Deputación institucionalizou unha serie de distincións, entre eles a concesión da medalla de ouro da Provincia durante os últimos anos, se lle concedeu a medalla de ouro da Provincia de Pontevedra a dúas empresas emblemáticas da Provincia como foron Caixanova e Citroën, e pensabamos que este ano unha das empresas que consideramos que é merecedora desta distinción pois é Pescanova polo seu desenvolvemento, é unha empresa que ten máis ou preto de 4.000 empregados, unha empresa que se fundou no ano 1960 por D. José Fernández López no porto de Vigo e que pensamos que é unha das empresas importantes da provincia e sobre todo creada por galegos que segue esa liña de xestión e de xerencia agora no seu fillo D. Manuel Fernández de Sousa-Faro dende o ano 80, unha empresa que non só ten como obxectivo o empresarial, senón que é unha empresa que tamén está en todo tipo de eventos, deportivos, culturais, sociais potenciando a nosa provincia e eu diría que Galicia e España. Creo que o mellor argumento e a explicación que se pode dar non só é tamén só por este tipo de actuacións, senón que é tamén é un dos promotores, dos impulsores das persoas que apoiaron o Museo de Pontevedra no seu día e que seguen apoiando a día de hoxe. Poderíamos dar moitísimas máis explicacións, argumentos para defender a proposta de concesión da medalla de ouro da nosa provincia, nós pensamos que como persoas nacidas na provincia de Pontevedra, como galegos nos sentimos tremendamente orgullosos que unha empresa como Pescanova sexa lider mundial, unha empresa como Pescanova que nacera creada por galegos, que segue cun compromiso e con, eu diría, cunha ligazón moi importante coa
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota