ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.885
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/12/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/4.2007-12-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/12/28_Ordinaria

  • Data(s) 2007-12-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de decembro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e once minutos do día vinte e oito de decembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten a Sra. Deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva nin o Sr. Deputado D. Emilio González Iglesias. Da fé do acto o Secretario Accidental D. Bernardo Sartier Boubeta e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO PASAMENTO DE D. XOSÉ CUIÑA CRESPO Sr. Presidente.- Bueno, moi bos días a todas e a todos. Quixera antes de dar comezo ó Pleno da Corporación Provincial pois lamentar profundamente a comunicación que acabamos de recibir precisamente do falecemento de D. José Cuiña Crespo, Presidente que o foi desta institución, actualmente Parlamentario no Parlamento de Galicia, e que tanto persoalmente, no meu nome como no nome de un Vicepresidente que tamén é desta casa, Alcalde de Lalín, D. José Crespo, e de todos os compañeiros e compañeiras da Corporación, pois trasladar neste momento tan difícil pois á familia, de maneira especial, ós amigos e veciños pois o noso máis profundo pesar que tamén pois nos entristece pola amizade a unión que mantiñamos con esta persoa. Polo tanto quero pedir ós compañeiros e compañeiras da Corporación Provincial que vamos a gardar un minuto de silencio polo pasamento de D. José Cuiña. Nestes momentos procédese a gardar un minuto de silencio polo pasamento de D. Xosé Cuiña Crespo. Sr. Presidente.- Moitisimas gracias e descanse en paz D. José Cuiña Crespo. A Corporación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra manifesta o seu pesar polo pasamento de D. Xosé Cuiña Crespo, Presidente que foi desta institución, actualmente Deputado no Parlamento de Galicia, gardando un minuto de silencio na súa lembranza e transmitíndollo ós seus. 1.5611.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2008 Sr. Presidente.- Pirmeiro punto da orde do día. Aprobación definitiva do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2008. Ten a palabra o Portavoz do Partido Popular Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días a todos e a todas. Hoxe traemos a contestación das alegacións que se fixeron ó presuposto para o ano 2008. Hai catro alegacións, tres de temas de persoal, do sindicato Comisións Obreiras, e dous funcionarios desta casa, e tamén dunha asociación de veciños, A Chamusca de Moaña. Como xa pasou pola comisión informativa rexeitáronse estas alegacións en base, bueno, pois a que non procedían e non tiñan ningún sustento nin xurídico nin tampouco doutro tipo para poder elevalas e poder aceptalas. Polo tanto, vamos a rexeitar as catro, tamén se fixeron unha serie de correccións de erros dalgúns plantexamentos que había dalgúns temas de persoal. E polo tanto non vamos a reproducir o debate do presuposto porque creo que xa se fixo un debate longo, creo que con bastante intensidade por parte de todos os grupos políticos, e pois, o que vamos a facer é por a votación despois da intervención dos demais grupos políticos, pois esta resolución que se tomou xa na comisión informativa, a decisión do ditame da comisión informativa de Economía, Facenda e Persoal, e polo tanto por a votación o presuposto para o ano 2008 que se eleva á cifra de 145.500.000 euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Non habendo máis intervencións procedemos neste caso á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de novembro de 2007, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, que inclúe o orzamento da Deputación e os dos seus organismos autónomos. Ditos orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 233 de data 3 de decembro de 2007, inseriuse edito relativo á exposición pública dos citados orzamentos, e que o prazo para efectuar reclamacións rematou o día 22 de decembro de 2007. Resultando que mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial o 21 de decembro de 2007 con número de entrada 42260, a Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra formula, en tempo e forma, alegacións ó Orzamento Provincial do ano 2008, e a tal efecto, solicita: a) A equiparación retributiva do persoal laboral temporal ó persoal laboral fixo, ó amparo do establecido no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial. b) A concesión do complemento de produtividade que contempla o artigo 45 do Convenio a todo o persoal laboral eventual con independencia da antigüidade. c) A reclasificación dos vixilantes do Castelo de Soutomaior do grupo E ó D. d) O cambio de denominación do posto de traballo de Axudante de Limpeza e Vixilancia do Castelo de Soutomaior por Axudante de Control e Vixilancia. e) A dotación económica que sexa necesaria para a adquisición de un autobús que se destinará ó transporte dos menores da Cidade Infantil. Resultando que así mesmo, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación o 21 de decembro de 2007, con número de entrada 42329, a funcionaria Dona Alicia Sarmiento Peña, Informático de Sistemas adscrita ó Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións formula, en tempo e forma, reclamación ó orzamento provincial do ano 2008, alegando: a) Que o Servizo de Contratación carecía da documentación íntegra do orzamento o día 17 de decembro. b) Que o acordo de modificación da relación de postos de traballo adscritos ó Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións carece de motivación e xustificación con respecto ó cambio de denominación e funcións do posto de traballo de Adxunto a Proceso de Datos e a creación do posto de traballo de Xefe de Sección. c) Que as funcións asociadas ós postos de traballo do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións non corresponden á súa categoría profesional. Resultando que, por outra parte, o funcionario D. Sergio Regueira Gómez, a través de escrito con número de entrada 42286 no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2007, manifesta que na descrición de postos de traballo figuran 28 postos de condutores maquinistas encadrados no grupo E cando lles corresponde o grupo D. Resultando que a Directora da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, o Xefe de Protocolo e o Xefe do Servizo da Finca Areeiro, revisada a documentación que obra no expediente, solicitan que no cadro de persoal e relación de postos de traballo adscritos ó seu Servizo ou Centro se introduzan as seguintes variacións: .- Modificación da praza de técnico en actividades deportivas do Servizo de Cultura e Deportes do grupo B ó C. .- Modificación da nomenclatura de dúas prazas e postos de traballo de Axudante de Limpeza e Vixilancia adscritos ó Castelo de Soutomaior, que pasan a denominarse Axudantes de Control e Vixilancia. .- Cambio da adscrición e nomenclatura do posto de traballo de Xefe de Unidade de Agricultura Biolóxica (12739) que pasa do Servizo Agrario á Estación Fitopatolóxica Do Areeiro, coa denominación de Enxeñeiro Técnico Agrícola. .- Cambio de nomenclatura do posto de traballo de Enxeñeiro Técnico Areeiro (2167) pasando a denominarse Xefe de Unidade de Fitopatoloxía. Resultando que con data 21 de decembro, a Asociación de Veciños “A Chamusca” de Moaña solicita a través de escrito con entrada no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2007, co número 42290, unha serie de actuacións para a obra de reposición do firme, muros de contención, limpeza, sinalización vertical e horizontal e construción de beirarrúas así como para os proxectos das EP 1102, EP 1103 e EP 1104 do ano 2008. Considerando que ditas reclamacións non se fundamentan en ningunha das causas contempladas no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 22.2 do R.d. 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. Considerando o previsto no artigo 34-1 da Lei 9/87, de 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das Administracións Públicas, polo que quedan excluídos da obrigatoriedade de negociación as decisións das Administracións Públicas que afecten as súas potestades de autoorganización. Considerando o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Vistos os informes sobre ditas reclamacións emitidos pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación e polo Sr. Interventor de datas 21 e 26 de decembro de 2007, respectivamente. O Pleno en virtude das atribucións que lle confire a artigo 33.2 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: -Desestimar a reclamación efectuada pola Sección Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) da Deputación de Pontevedra, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2008, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2007 co número 42260 de entrada, polos seguintes motivos: a) A equiparación retributiva de persoal laboral temporal ó fixo efectuouse seguindo os criterios establecidos para a asignación do complemento de destino e específico ós postos de traballo de persoal funcionario. b) A produtividade do artigo 45 aplícase en función da actividade extraordinaria, especial rendemento, interese e iniciativa no desempeño do posto de traballo, polo cal para poder valorar se concorren ditas circunstancias esíxese a través das bases de aplicación de retribucións haber prestado servizos ininterrompidos na Deputación durante dous anos continuados. c) A reclasificación dos vixilantes do Castelo de Soutomaior para equiparalos ó persoal de vixilancia de Deputación, non é motivo de reclamación, non constitúe unha obriga esixible e ademais non procede pola diferenza de funcións, responsabilidade e instalacións entre un e outro centro. d) A adquisición de un autobús para o traslado de menores da Cidade Infantil Príncipe Felipe, non é motivo de reclamación ó encontrarse cuberta esta necesidade. -Desestimar a reclamación efectuada pola funcionaria Dª Alicia Sarmiento Peña, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2008, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2007 co número 42329 de entrada, polos seguintes motivos: a) A creación de prazas e cambios de denominación dos postos de traballo do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións responde a unha nova reestruturación e organización do Servizo para dotalo de persoal técnico cualificado. b) A relación de postos de traballo adscritos a dito Servizo e a descrición de funcións do seu posto de traballo entregáronselle no Servizo de Recursos Humanos cando o solicitou persoalmente, ó igual que as correspondentes ós demais postos que integran este Servizo. -Desestimar a reclamación efectuada pola Federación de AAVV “A Chamusca” de Moaña, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2008, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2007 co número 42290 de entrada, por non constituír motivo de reclamación e non haber adquirido compromiso algún co Concello de Moaña para levar a cabo as indicadas actuacións. -Estimar as propostas formuladas polos Xefes de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, o Xefe de Protocolo e a Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe así como a do funcionario D. Sergio Regueira Gómez, por corrección de erros, que afectan ó cadro de persoal e relación de postos de traballo, quedando da seguinte forma: - Modificación da praza de técnico en actividades deportivas do Servizo de Cultura e Deportes do grupo B ó C. - Modificación da nomenclatura de dúas prazas e postos de traballo de Axudante de Limpeza e Vixilancia adscritos ó Castelo de Soutomaior, que pasan a denominarse Axudantes de Control e Vixilancia. - Cambio da adscrición e nomenclatura do posto de traballo de Xefe de Unidade de Agricultura Biolóxica (12739) que pasa do Servizo Agrario á Estación Fitopatolóxica Do Areeiro, coa denominación de Enxeñeiro Técnico Agrícola. - Cambio de nomenclatura do posto de traballo de Enxeñeiro Técnico Areeiro (2167) pasando a denominarse Xefe de Unidade de Fitopatoloxía. - Os 28 condutores maquinistas adscritos ó Parque de Maquinaria quedan encadrados no grupo D. -Aprobar definitivamente o Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2008, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de..... 145.500.000,00 Euros -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros.............................................. 827.612,00 Euros -Museo Provincial.................................................. 4.210.750,00 Euros -Escola Universitaria de Enfermería................... 429.000,00 Euros -IPESPO ................................................................. 9.800.000,00 Euros -Turismo “Rías Baixas”......................................... 3.291.259,00 Euros -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 2.065.000,00 Euros -ORAL. ……………………………………... 7.336.000,00 Euros - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .......................................................... 161.188.365,00 Euros -En Gastos ............................................................. 161.188.365,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación e específicas dos Organismos Autónomos. -Apróbase o organigrama da Deputación e dos seus Organismos Autónomos. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación e dos seus Organismos Autónomos. -Apróbase un plan de consolidación de emprego temporal para o persoal do Museo Provincial, que vén desempeñando postos de traballo de carácter permanente e estrutural, incluídos no cadro de persoal laboral fixo deste organismo autónomo. -Apróbase un plan de emprego para o persoal de vixilancia da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” que desempeña postos de traballo de superior categoría a través do sistema de concurso-oposición restrinxido, no que só poderán participar funcionarios de carreira adscritos o referido Centro. -Apróbase un plan de consolidación de emprego temporal para cubrir o posto de traballo de Administrativo adscrito ó Servizo de Cultura e Deportes, incluído no cadro de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2008. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 7.000.000,00 euros, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL................................................... 32.889.260,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS................ 17.546.635,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS................................................ 4.200.000,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.............................. 18.670.806,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ............................................. 40.335.876,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.............................. 29.422.023,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ............................................. 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ............................................. 2.195.000,00 € TOTAL 145.500.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS................................................ 10.989.887,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS........................................... 11.298.610,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS................................ 2.640.050,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES........................... 103.602.449,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ..................................... 1.893.900,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS .... 2.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL........................... 7.832.954,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ........................................ 240.050,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ........................................ 7.000.000,00 € TOTAL 145.500.000,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 381.000,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 42.900,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 6º.- ........................................................................... 5.000,00 € TOTAL......................... 429.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 79.900,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 344.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 100,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 5.000,00 € TOTAL......................... 429.000,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 97.000,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 356.000,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 230.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 9.117.000,00 € TOTAL......................... 9.800.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 4.010,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 650.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 295.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 6.770.990,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 2.080.000,00 € TOTAL......................... 9.800.000,00€ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 340.440,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 351.081,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 91,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 98.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 32.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 6.000,00 € TOTAL......................... 827.612,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 76.100,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 711.012,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 2.500,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 32.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 827.612,00 € MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 2º.-............................................................................ 1.363.950,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 1.500,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 40.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 571.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 20.000,00 € Capítulo 9º.-............................................................................ 18.050,00 € Capítulo 1º.-........................................................................... 2.196.250,00 € TOTAL......................... 4.210.750,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-.......................................................................... 8.251,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 3.586.499,00 € Capítulo 5º.-.......................................................................... 25.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 591.000,00 € TOTAL......................... 4.210.750,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 756.209,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 1.794.450,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 627.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 75.500,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 8.000,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 2.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 3.172.759,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 113.500,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 51.000,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 4.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 2.010.000,00 € TOTAL......................... 2.065.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 500,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 40.500,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 24.000,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 600.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 1.400.000,00 € TOTAL......................... 2.065.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 4.691.300,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.991.700,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 40.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 27.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 525.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 61.000,00 € TOTAL......................... 7.336.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 5.405.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 1.150.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 250.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 525.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 6.000,00 € TOTAL......................... 7.336.000,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................ 41.402.459,00 € Capítulo 2º.-........................................................................ 23.450.716,00 € Capítulo 3º.-........................................................................ 4.471.791,00 € Capítulo 4º.-........................................................................ 10.407.060,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 50.661.376,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 26.236.513,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 2.345.400,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 2.213.050,00 € TOTAL......................... 161.188.365,00 € Estado de Ingresos Capítulo 1º.-......................................................................... 10.989.887,00 € Capítulo 2º .-........................................................................ 11.298.610,00 € Capítulo 3º.-......................................................................... 8.215.811,00 € Capítulo 4º.-......................................................................... 104.201.473,00 € Capítulo 5º.-......................................................................... 2.493.500,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 6.773.090,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 8.563.944,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 1.652.050,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 7.000.000,00 € TOTAL......................... 161.188.365,00 € Sr. Presidente.- Os puntos números 2, 3 e 4, podemos votalos conxuntamente porque son delegacións de competencias a favor do ORAL, se están de acordo os Portavoces de ambos partidos, votaríamos entón os puntos número 2, 3 e 4, en favor do ORAL, neste caso do concello de Tomiño liquidación e recadación da taxa de vados por entrada de vehículos a través das beirarrúas; no caso do concello de Moaña para realizar a recadación de taxa por vados tamén; e no caso do Consorcio contra incendios e salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña a favor do ORAL para realizar a liquidación e a recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. 2.5612.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TOMIÑO A FAVOR DO ORAL PARA REALIZAR A LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA DE VADOS POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS O Pleno do Concello de Tomiño na sesión celebrada o día 31 de agosto de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2007 acordou aceptar a citada delegación efectuada polo Pleno do Concello de Tomiño, limitando a aceptación da mesma á delegación das facultades de liquidación e recadación da taxa de vados por entrada de vehículos a través das beirarrúas. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, e dado que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa de vados por entrada de vehículos a través das beirarrúas, realizou o Concello de Tomiño, por acordo do Pleno de data 31 de agosto de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 3.5613.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MOAÑA A FAVOR DO ORAL PARA REALIZAR A RECADACIÓN DA TAXA POR VADOS O Pleno do Concello de Moaña na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación da taxa por vados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello de Moaña, para realizar a recadación da taxa por vados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de recadación da taxa por vados, realizou o Concello de Moaña, por acordo do Pleno de data 27 de setembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 4.5614.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA A FAVOR DO ORAL PARA REALIZAR A LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO, ASÍ COMO DE CALQUERA OUTRO INGRESO DO QUE SE REALICE LIQUIDACIÓN O Pleno do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña na sesión celebrada o día 4 de outubro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2007 acordou aceptar a citada delegación efectuada polo Pleno do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña, limitando a aceptación da mesma á delegación das facultades de liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, e dado que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación, realizou o Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña, por acordo do Pleno de data 4 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 5.5615.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON EFECTOS DO 31 DE DECEMBRO 2006 Sr. Presidente.- Punto número 5. Rectificación do Inventario Xeral de bens e dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra con efectos do 31 de decembro de 2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria de data 27 de decembro de 2006, acordou aprobar a rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos desta Excma. Deputación Provincial a data 31 de decembro de 2005. O artigo 33 do R.d. 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais dispón que o inventario rectificarase anualmente, e nel deberanse reflectir as vicisitudes de toda índole sufrida polo conxunto de bens e dereitos durante esa etapa. Co fin de dar cumprimento ao disposto na norma antedita, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no Inventario durante o ano 2006. De conformidade co disposto no artigo 34 do citado Regulamento de Bens, o órgano competente para aprobar a rectificación é o Pleno da Corporación. En consecuencia e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aprobar o expediente da rectificación do inventario a data de 31 de decembro de 2006, por un importe total de cincuenta e sete millóns trescentos corenta e tres mil trescentos cincuenta e catro euros con noventa e oito céntimos. (57.343.354,98 €) co seguinte detalle por epígrafes: EPÍGRAFE BENS VALOR INVENTARIO 31/12/05 VALOR ALTAS ANO 2006 VALOR BAIXAS ANO 2006 VALOR INVENTARIO 31/12/06 1º Inmobles 44.095.628,99 € 198.863,08 € 1.045.761,06 € 43.248.731,01 € 3º Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico 3.542.087,44 € 80.800 € 0 3.622.887,44 € 4º Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 966.217,11 € 14.904,80 € 0 981.121,91 € 5º Vehículos 3.764.066,29 € 87.446,79 € 42.504,48 € 3.809.008,60 € 6º Semoventes 109.023 € 6.100 € 2.800 € 112.323 € 7º Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados 5.326.063,54 € 262.740,60 € 19.521,12 € 5.569.283,02 € TOTAL 57.803.086,37 € 650.855,27 € 1.110.586,66 € 57.343.354,98 € 6.5616.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO REFORMADO DE “MELLORA EP 1003 RODEIRA-BOUBETA (CANGAS). APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E APROBACIÓN PROPIETARIOS AFECTADOS DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E Sr. Presidente.- Punto número 6. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto reformado de “Mellora EP 1003 Rodeira-Boubeta (Cangas)”. Aprobación definitiva do proxecto e tamén aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 29 de setembro de 2004, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación definitiva do proxecto “EP 1003 Rodeira- Boubeta”(Cangas). Para o previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954, a Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 290/2004, de 2 de decembro, declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, por parte da Deputación de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para realizar as obras do proxecto de “EP 1003 Rodeira- Boubeta”( Cangas). Segundo o artigo 52.1 da Lei de expropiación forzosa dita declaración leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados “... segundo o proxecto e reformulado aprobados e os reformados posteriormente e dará dereito á súa ocupación inmediata ”. Cumpridas as fases do procedemento de expropiación por parte do Servizo responsable da execución dos traballos descritos no proxecto de obra, emitiuse un informe relativo ó trazado no que se pon de manifesto, con base a razóns técnicas, que resulta precisa a modificación da natureza e contía dalgunhas afeccións previstas inicialmente, con obxecto de garantir a viabilidade da solución adoptada. En concreto, a actuación a executar desenvolverase, sensiblemente, no punto quilométrico 0+300 con obxecto de mellorar o ancho da plataforma da calzada que nese tramo non alcanzou as medidas necesarias para garantir unha circulación fluída, existindo na actualidade un estreitamento da zona de circulación que xera un grave risco para a seguridade viaria. Redactado o proxecto para paliar as deficiencias observadas o Pleno da Corporación provincial, na sesión do 28 de marzo de 2007, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación técnica do proxecto reformado Mellora EP 1003 Rodeira-Boubeta. Tras someterse a información pública o proxecto técnico e o expediente de expropiación que implica, durante o período legal establecido, en virtude do edito publicado no Boletín Oficial da Provincia do 15 de outubro de 2007 (BOP nº 199), no taboleiro de anuncios do concello de Cangas e en varios periódicos da localidade, ademais de notificárllelo individualmente ós afectados, á vista do informe emitido polo Servizo de Vías e Obras e co fin de lle dar continuidade ó expediente de expropiación iniciado no seu día, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó citado proxecto segundo o seguinte detalle: a) Desestimar as alegacións presentadas por D. Mariano Fernández Fernández, propietario das parcelas nº 51 e 53, xa que co “Proxecto reformado de Mellora EP 1003 Rodeira-Boubeta” (Cangas) se mellorará o ancho da plataforma da calzada, que nese tramo non alcanzou as medidas necesarias para garantir unha circulación fluída, existindo na actualidade un estreitamento da zona de circulación que xera un grave risco para a seguridade viaria. En consecuencia, a superficie e bens a expropiar son os necesarios para executar con viabilidade a solución adoptada. b) Desestimar as alegacións presentadas por D. José Antonio Cid Novoa en representación de D. Alfonso Martínez García- predio nº 42-, e D. Daniel Soage Avendaño- predio nº 44- xa que coa afección prevista no proxecto de referencia se executará unha explanación de doce metros de ancho- prevista no instrumento de ordenación urbanística do concello de Cangas- permitindo a construción de dous carrís de circulación, cada un de 3,50 metros, un aparcamento de 2 metros e beirarrúas a ambos os lados do viario, de 1,50 metros; ademais con dita intervención mellorarase a seguridade viaria nunha estrada que no tramo mencionado- punto quilométrico 0+300- non alcanzou as medidas necesarias para garantir un tránsito fluído, existindo na actualidade un estreitamento da zona de circulación que xera un grave risco para a seguridade viaria. 2. A aprobación definitiva do “Proxecto reformado Mellora EP 1003 Rodeira-Boubeta”(Cangas), xa que coa actuación a executar se mellorará o ancho da plataforma da calzada que nese tramo da estrada- pk 0+300- non alcanzou as medidas necesarias para garantir unha circulación fluída, existindo na actualidade un estreitamento da zona de circulación que xera un grave risco para a seguridade viaria. 3. Aprobar a relación de propietarios e bens afectados polo “Proxecto reformado Mellora EP 1003 Rodeira-Boubeta” (Cangas), segundo o seguinte detalle: Nº PREDIO PROPIETARIO BENS AFECTADOS 42 Alfonso Martínez García -97,57 m2 superficie expropiada (inclúe os 85,49 m2 expropiados inicialmente- Diferenza: 12,08 m2) -17,28 m2 de superficie formigonada (xa incluídos inicialmente) -38,50 ml de sebe tipo ciprés ou tuia ( xa incluídos inicialmente) -5,00 ud. de plantas ornamentais (xa incluídas inicialmente) -65,30 m2 de terreo fóra de peche (inclúe os 20 m2 afectados inicialmente) -8,40 ml x 0,80 h- formigón revestido con chapa de pedras -6 columnas de 30 x 30 x 1,80- Nº PREDIO PROPIETARIO BENS AFECTADOS -2,00 x 1,65 – Portal Aluminio -2,90 x 1,65 – Portal Aluminio -7,20 ml x 1,00 h – peche forxa de ferro 44 Daniel Soage Avendaño -26,53 m2 superficie expropiada (inclúe os 22,67 m2 afectados inicialmente- Diferenza 3,86 m2) -18,62 m2 de superficie formigonada (incluídos inicialmente) -20,53 m2 de terreo fóra de peche (incluídos inicialmente) -3,00 x 2,00 – portal de ferro -7 Columnas formigón 0,25 x 0,25 x 0,25 -6,90 ml x 1,00 muro de contención de formigón -6,00 ml x 0,60 muro de pedra -4,5 x 11,50 ml de tubo de ferro galvanizado de 0,08 51 Mariano F. Fernández -38,71 m2 superficie expropiada (inclúe os 12 m2 afectados inicialmentediferenza 26,71 m2). -Muro de peche formado por muro e celosía pintada 23,85 ml -Pavimento de baldosa de beirarrúa 38,71 m2 -Portal de entrada de peóns 1,56 m2 -Portal entrada vehículos 3,90 m2 53 Mariano F. Fernández -48,43 superficie expropiada (inclúe os 22 m2 afectados inicialmente. Diferenza: 26,43) -Muro de peche de malla arame e postes pedra 26,40 ml Cepas de videira: 8 uds. -Portal de entrada chapa aceiro galvanizado: 4,80 m2 7.5617.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NA COMISIÓN PROVINCIAL DE SEGUIMENTO DA SECA Sr. Presidente.- Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación na Comisión Provincial de Seguimento da Seca. Neste caso é dar conta e polo tanto se traslada que se propón o seguimento neste caso por parte da Deputación nesa Comisión que puxo en marcha a Xunta de Galicia ó Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación na Comisión Provincial de Seguimento da Seca, que é do seguinte teor: MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NA COMISIÓN PROVINCIAL DE SEGUIMENTO DA SECA “Dada conta da comunicación da Sra. Directora Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, de data 27 de novembro de 2007, recibida nesta Deputación o día 4 de decembro seguinte (nº rexistro entrada 040071), a través da que solicita o nomeamento de representante desta Deputación na Comisión Provincial de Seguimento da Seca. Resultando que a Orde de 24 de xuño de 2002 pola que se dispón a aprobación e publicación do Plan de Protección Civil ante situacións de seca en Galicia, homologado pola Comisión Galega de Protección Civil (DOGA nº 143 de 26-07-2002) prevese que formará parte da Comisión Provincial de Seguimento da Seca un representante da deputación provincial. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Nomear representante da Deputación Provincial de Pontevedra na Comisión Provincial de Seguimento da Seca ó Sr. Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida.” 8.5618.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, para dar conta das Resolucións Presidenciais ditadas entre o 27 de novembro e o 20 de decembro do ano 2007. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de novembro e 20 de decembro do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.5619.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Bueno, dicir que algunhas preguntas, vamos eu creo que a totalidade das preguntas que se nos trasladaron no Pleno anterior foron contestadas, porque así revisei, e bueno están, se non lles chegaron estarán a punto de recibir a contestación a cada unha das preguntas que foron formuladas no último Pleno. A todos gracias e moi bos días. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e dous minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición