ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/07/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-07-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/07/16_Ordinaria

  • Data(s) 2004-07-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 16 de xullo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dezaseis de xullo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12286.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de xullo de 2004. ------ Folla: 2.12287.- RENUNCIA DA AXUDA CONCEDIDA Ó BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, D. PEDRO LÓPEZ BLANCO, PARA A ADQUISICIÓN DUNHA SONDA, VHF E GPS Vista a petición formulada por D. Pedro López Blanco, beneficiario das axudas á pesca costeira artesanal 2003, onde expresa a renuncia da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, para a adquisición dunha Sonda, VHF e GPS, na contía de mil cento catro euros con cincuenta céntimos (1.104,50). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade proceder á anulación de dita axuda. ------ Folla: 3.12288.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "HUMANIZACIÓN RÚA DO ADRO", NÚM. 235/474 DO CONCELLO DE REDONDELA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Redondela unha subvención por importe de oitenta e catro mil trescentos cincuenta e seis euros con corenta e nove céntimos (84.356,49), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Humanización rúa do Adro", co núm. 235/474 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 4.12289.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "2ª FASE CENTRO SOCIAL PAREDES: AMPLIACIÓN CAMIÑO ESTANQUEIRA E ACTUACIÓNS PALCO DE FESTAS DE POSTEMIRÓN" NÚM. 161/466 DO CONCELLO DE VILABOA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Vilaboa unha subvención por importe de oitenta mil seiscentos vintecinco euros con cinco céntimos (80.625,05), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "2ª fase Centro Social Paredes: Ampliación camiño Estanqueira e actuacións Palco de Festas de Postemirón", co núm. 161/466 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.12290.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CO "CLUB DE PIRAGÜISMO AUTOPISTAS KAYAK TUDENSE" Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración co Club de Piragüismo Kayak Tudense para a organización do "XXXIII Descenso Internacional Río Miño e IX Copa Presidente da Xunta de Galicia" a celebrar en Tui, mediante a achega de doce mil euros (12.000,00) e con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CLUB DE PIRAGÜISMO AUTOPISTAS KAYAK TUDENSE Pontevedra REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, Presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Diego Agustín Rafael Domínguez Casado, Presidente do Club Autopistas Kayak Tudense, con CIF G-36.029.908 e domicilio social en Playa de la Fábrica, s/n de Tui. EXPOÑEN Que o Club Autopistas Kayak Tudense organiza a celebración do XXXIII Descenso Internacional Río Miño e a IX Copa Presidente da Xunta de Galicia, que se celebrará en Tui coa participación de acreditadas embarcacións nacionais e estranxeiras, e en atención á importancia das probas esta Deputación Provincial aportará como axuda ós gastos que se ocasionen a cantidade de doce mil euros (12.000,00) con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto. Na súa virtude, CONVEÑEN 1º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra patrocina e colabora na celebración do XXXIII Descenso Internacional Río Miño e a IX Copa Presidente da Xunta de Galicia que organiza o Club Autopistas Kayak Tudense en Tui, coa cantidade de doce mil euros (12.000,00). 2º.- O Club Autopistas Kayak Tudense obrígase a dar a máxima publicidade en toda a propaganda oral e escrita que se realice, na que figure expresamente a colaboración da Deputación. 3º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a suma referida á conclusión das probas, debendo xustificar a Entidade organizadora mediante facturas, recibos e certificacións a realización das mesmas, así como presentar memoria detallada da actividade. 4º.- A representación legal ou delegada da Excma. Deputación terá lugar preferente nos actos e entrega de premios que se deriven destes eventos. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, asinando o presente documento no lugar e data indicados. O PRESIDENTE, Asdo.- Rafael Louzán Abal O CLUB AUTOPISTAS KAYAK TUDENSE, Asdo.- Diego A. R. Domínguez Casado ------ Folla: 6.12291.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 12 de xullo do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de corenta facturas que figuran na referencia 200400000580 que importa un total global de dezaoito mil setecentos oitenta e oito euros con oitenta e catro céntimos (18.788,84), que comeza coa emitida por Bufete Hinrichs, C.B., por importe de 245,19 euros e remata coa de Cedipsa (33436 E.S. Pontevedra), por importe de 1.759,37 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de dezanove mil cento oitenta e un euros con corenta e tres céntimos (19.181,43), correspondendo a cantidade de 392,59 euros ó IVE soportado deducible sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 7.12292.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DUN ESTUDIO DE MARCAS E SISTEMAS DE CALIDADE NO EMPREGO" Visto o expediente tramitado ó efecto, a proposta do enxeñeiro director do Servizo Agrario polo que solicita a contratación da realización dun estudio de marcas e sistemas de calidade no emprego. Visto así mesmo, o documento RC de data 25-05-2004, polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, para a realización dun estudio de marcas e sistemas de calidade no emprego, por un importe de 60.000,00 euros, IVE incluído. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto e aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerá no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 8.12293.- CONCESIÓN DE PERMISOS E AXUDAS ECONÓMICAS PARA ASISTENCIA A CURSOS Vista a proposta do xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro de data 10 de xuño de 2004, interesando que se conceda á funcionaria Dona Mª del Carmen Salinero Corral, xefa da Unidade de Fruticultura e a Dona Pilar Piñón Esteban, contratada laboral por obra ou servizo determinado, permiso e axuda económica para poder asistir ás "II Jornadas Ibéricas de Plantas Ornamentales", organizadas por APH-Associçao Portuguesa de Horticultura, que terán lugar en Vairâo (Portugal) os días 16, 17 e 18 de setembro de 2004; considerando que o xefe do Servizo Agrario informa favorablemente a súa petición e que en ditas xornadas se exporán tres traballos realizados no Centro sobre o xénero da Camelia, acórdase por unanimidade concederlles o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 980,98 euros desglosada nos seguintes conceptos: .- Desprazamentos: Á funcionaria Carmen Salinero Corral Coche propio 320 km. peaxe e aparcadoiro 111,54 euros .- Inscrición: Á funcionaria Carmen Salinero Corral 135,00 euros .- Axudas de custo: Á funcionaria Carmen Salinero Corral............. 367,22 euros Á funcionaria Pilar Piñón Esteban....................367,22 euros Total axudas custo 734,44 euros IMPORTE TOTAL 980,98 euros Ditas cantidades imputaranse ás partidas 711.711.230.01 e 711.711.231.01 de axudas de custo e locomoción respectivamente, así como á partida 122.314.162.00 de inscrición do presuposto provincial, e de conformidade co establecido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. ------ Folla: 9.12294.- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA "UNIDADE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: .- Aprobar o Proxecto "Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra" promovida por esta Deputación. .- Solicitar á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais unha subvención de 492.331,28 Euros dun total de 549.874,34 Euros do presuposto do devandito proxecto no marco da Orde de 6 de marzo de 2004. ------ Folla: 10.12295.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO PAZÓ GARCÍA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE MONTEFERRO A NIGRÁN Dada conta que con data de Rexistro 14-06-04 (nº 021027) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Pazó García, con domicilio a efectos de notificacións en Camiño Abad, nº48, 36330 Corujo-Vigo; por danos persoais e materiais en ciclomotor marca Piaggio, modelo NRG RST, matrícula C-4986-BCK, na estrada de Monteferro a Nigrán, o chegar á altura aproximada do nº 18 do citado camiño, o día 19-06-03, e que individualiza economicamente en 3.230,16 euros. Resultando.- Que con data 17-06-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 25-06-04 co seguinte contido: "El vial que desde el mirador de Monteferro viene hacia Nigrán es la C.P. Panjón-Monteferro. No consta en los partes de trabajo ni en el recuerdo del Capataz de la zona, que en esas fechas se produjese bache alguno en los alrededores del nº18 del citado vial. Para mayor abundamiento y precisión en el informe, en el día de hoy se ha procedido, por el Capataz citado, a un detenido reconocimiento del tramo que permita asegurar que no es posible existiese el 19/06/03"un enorme bache" por cuanto, no lo hay en este momento, no existen huellas de reparación que son imborrables, ni desde aquella fecha se produjo una renovación de la rodadura que, sin duda, borraría tales huellas". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto salvo a pura manifestación de parte, ningún concreto soporte obxectivo dos feitos se aporta sendo obriga do reclamante o facelo, pois así o dispón o artigo 6 do RD 429/93, non en van a simple personación da Policía Local ou Garda Civil, levantando os correspondentes informes ou atestados, houbera mellor servido de soporte obxectivo de certo contraste verosímil do sucedido sen prexulgar a valoración da causa eficiente do sinistro que a Administración compete. Fíxose soamente de modo parcial, xuntando á reclamación un informe da Policía Local de Nigrán de características puramente descritivas, que en ningún caso e a medio da oportuna "dilixencia de parecer" introdúcese sequera con natureza de suxerencia unha mínima valoración técnica baseada nos principios de especialidade e presunción de veracidade, pois cómpre recordar que ó máis ó que chega o tal informe é a dicir laconicamente "caida del ciclomotor (...) al parecer por motivo de un badén (que non focha) (...) según información recabada "in situ", como se ve, tono de posibilidade e nunca de afirmación certa e categórica. Fronte a isto, o informe do Servizo de Vías e Obras opón o coñecemento histórico do Capataz de Zona e, aínda máis, o recoñecemento "in visu" e "in situ" do lugar chegando á conclusión de que non existe "unha enorme focha", todo o máis, un leve badén que de terse respectado as velocidades as que deben conducirse os ciclomotores, houbera evitado o accidente. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 11.12296.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS DO PROXECTO DE PLAN PARCIAL DO SOLO INDUSTRIAL AS MEDELAS EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE O COVELO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Covelo, de data 22 de xuño de 2004 (rexistro de entrada núm. 022051, de data 23-06-04), pola que se remite copia do expediente do Proxecto de Plan Parcial de Solo Industrial de As Medelas en desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de O Covelo, a efectos de informe por parte desta Deputación sobre as estradas provinciais. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 7 de xullo de 2004, que literalmente di: "... La actuación afecta a unas vías provinciales que si bien permiten el acceso al suelo industrial de "As Medelas", en ningún caso pueden pasar a convertirse en viales internos de la mencionada zona industrial, por lo que a la hora de desarrollar la mencionada actuación se deberá establecer un viario independiente de las Estradas Provinciales para servicio de las naves que puedan asentarse en su día en el mencionado suelo industrial. En cualquier caso, las distancias de edificación que se establezcan por vía de la determinación de retranqueos, se ajustarán a lo establecido en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, si es que no se interpone algún vial de servicio que discurriendo paralelamente a las E.P. pueda absorber dicha distancia". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de O Covelo. ------ Folla: 12.12297.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 13.12298.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 14.12299.- DAR CONTA DE SENTENZA A Xunta de Goberno queda enterada de Sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso nº 4027/ 2001, promovido polo Excmo. Concello de Vigo contra Resolución Presidencial de 13 de febreiro de 2001, desestimatoria de recurso de reposición sobre compensación de saldos debedores e acredores, e na que se estima parcialmente o recurso interposto, anulando en parte a devandita Resolución e excluíndo o importe de 1.919.398 pesetas, desglosadas en 939.398 e 980.000 pesetas, correspondentes á aportación ás obras "D97/0518, reforma ilumminación pública EP liquidación", e "EP O Vao Servicios afectados", respectivamente. Así mesmo, queda enterada do informe subscrito polo Sr. Viceinterventor, de data 2 de xullo de 2004 en relación coa mesma, que, entre outros, manifesta: "Esta sentencia no crea ni anula derechos ni obligaciones económicas entre en Concello y la Diputación. Teniendo en cuenta que no fue concedida la suspensión del expediente de compensación, y el tiempo transcurrido desde el inicio del expediente, entiendo que esta sentencia no tiene ninguna consecuencia práctica; pues lo normal es que, al igual que la Diputación el Concello tenga contabilizado el expediente de compensación. En caso contrario, el Concello y la Diputación tendrán recíprocamente unos saldos deudores y acreedores por importe de 1.919.398 pesetas, que deberán proceder al pago y cobro recíproco". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó devandito informe. ------ Folla: 15.12300.- PROPOSTAS DE APROBACIÓN DE CONVENIOS CON: "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" DE VIGO; ASOCIACIÓN "AFÁN" DE VIGO; "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" DE VIGO; ASOCIACIÓN "SAN FRANCISCO" DE VIGO; ASOCIACIÓN "HOY POR MAÑANA" DE VIGO; ASOCIACIÓN "ALBORADA" CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN FREIJEIRO DE AXUDA Ó NECESITADO "AFÁN" En Pontevedra, a 6 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e Dona Hortensia González Fernández, Presidenta da Asociación Freijeiro de Axuda ó Necesitado "AFÁN", con domicilio social en Pastora, 44 de Vigo e CIF G-36.660.348. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición á Asociación Freijeiro de Axuda ó Necesitado "AFÁN", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á Asociación Freijeiro de Axuda ó Necesitado "AFÁN", con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 6.000,00 euros para "Equipamento da asociación", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FREIJEIRO DE AXUDA Ó NECESITADO "AFÁN" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Dona Hortensia González Fernández CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" DE VIGO En Pontevedra, a 6 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e Sor Matilde Santos Caamaño, Directora da Residencia Santa Marta "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" de Vigo, con domicilio social en Camiño da Sobreira, s/n e CIF Q 3600099-J Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Residencia Santa Marta "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á Residencia Santa Marta "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" de Vigo, con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 18.000,00 euros para "Instalación megafonía xeral e timbres enfermería", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A DIRECTORA DA RESIDENCIA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SANTA MARTA "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Sor Matilde Santos Caamaño CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN GALEGA "SAN FRANCISCO" DE VIGO En Pontevedra, a 6 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e Dona Mª Dolores Fernández Alonso, Presidenta da Asociación Galega "SAN FRANCISCO" de Vigo, con domicilio social en r/Cangas, 14-Coia de Vigo e CIF G-36.613.891. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación Galega "SAN FRANCISCO" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á Asociación Galega "SAN FRANCISCO" de Vigo, con cargo ás partidas 04/313.313.780.02 e 04/313.313.789.00, en contía de 18.000,00 euros para "Obras en tres centros", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA GALEGA "SAN FRANCISCO" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo- Dona Mª Dolores Fernández Alonso CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN DE PAIS E AMIGOS DE NENOS CON PARÁLISE CEREBRAL "HOY POR MAÑANA" DE VIGO En Pontevedra, a 14 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e Dona Elena Piñeiro García, Presidenta da Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral "HOY POR MAÑANA" de Vigo, con domicilio social en Sagunto, 86 e CIF G 36.806.917. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral "HOY POR MAÑANA" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á a Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral "HOY POR MAÑANA" de Vigo, con cargo á partida 04/313.313.480.02, en contía de 18.000,00 euros para o "Funcionamento do Centro", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE PAIS E AMIGOS DE NENOS CON PARÁLISE CEREBRAL "HOY POR MAÑANA" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Dona Elena Piñeiro García CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN CIDADÁ DE LOITA CONTRA A DROGA "ALBORADA" DE VIGO En Pontevedra, a 14 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e D. Julián San Segundo Vegazo, Presidente da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga "ALBORADA" de Vigo, con domicilio social en Isaac Peral, núm. 6 e CIF G-36.624.963. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga "ALBORADA" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á Asociación Cidadá de Loita contra a Droga "ALBORADA" de Vigo, con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 18.000,00 euros para "Renovar a instalación eléctrica", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CIDADÁ DE LOITA CONTRA A DROGA "ALBORADA" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Julián Segundo Vegazo CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CO GRUPO DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALECRÍN" DE VIGO En Pontevedra, a 14 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e Dona Ana Míguez Vigo, Presidenta do Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN", con domicilio social en r/García Bargón, 30 e CIF G-36.633.154. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudas a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición o Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención ó Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN" de Vigo,, con cargo á partida 04/313.313.480.02, en contía de 12.000,00 euros para "Funcionamento de piso de seguridade", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTA DO GRUPO DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALECRÍN" DE VIGO E GRUPO DE ESTUDIOS "ALECRÍN" DE VIGO Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Dona Ana Míguez Vigo Vista a proposta do Xefe do Servizo de Acción Social acórdase por unanimidade aprobar os convenios que se relacionan habilitando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, así como o gasto total de 150.000,00 euros con cargo ás partidas 04/313.313.780.02, 04/313.313.480.02 e 04/313.313.789.00: .- "Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres" de Vigo, con 60.000,00 euros para "Renovar instalación calefacción".- Partida 04/313.313.780.02. .- Asociación "Afán" de Vigo, con 6.000,00 euros para "Equipamento da asociación".- Partida 04/313.313.780.02. .- "Hermanitas de los Ancianos Desamparados" de Vigo, con 18.000,00 euros para "Instalación megafonía e timbres enfermería".- Partida 04/313.313.780.02. .- Asociación "San Francisco" de Vigo, con 18.000,00 euros para "Obras en tres centros".- Partidas 04/313.313.780.02 (6.000,00 euros) e 04/313.313.789.00 (12.000,00 euros). .- Asociación "Hoy por Mañana" de Vigo, con 18.000,00 euros para "Funcionamento do centro".- Partida 04/313.313.480.02. .- Asociación "Alborada" de Vigo, con 18.000,00 euros para "Renovación instalación eléctrica".- Partida 04/313.313.780.02. .- Grupo de Estudios "Alecrín" de Vigo, con 12.000,00 euros para "Funcionamento piso de seguridade".- Partida 04/313.313.480.02. Ditos convenios son como seguen: CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" DE VIGO En Pontevedra, a 6 de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e D. José A. Donaire Jiménez, Director da Casa de Repouso Ntra. Sra. de la Salud "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" de Vigo, con domicilio social en Avda. de Galicia, 160 e CIF Q-36003198. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra consignou unha cantidade para axudar a entidades e institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Casa de Repouso Ntra. Sra. de la Salud "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" de Vigo, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha subvención á Casa de Repouso Ntra. Sra. de la Salud "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" de Vigo, con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 60.000,00 euros para "Renovar instalación calefacción", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á entidade beneficiaria unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, pudendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O DIRECTOR DA CASA DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REPOUS NTRA. SRA. DE LA SALUD "HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. José A. Donaire Jiménez ------ Folla: 16.12301.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 14 DE MAIO DE 2004 EN RELACIÓN COA APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO VIGO Advertido erro no acordo núm. 5.12109 adoptado na Xunta de Goberno de 14 de maio de 2004 relativo á aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, é preciso facer a seguinte corrección: .- Na cláusula 7ª, apartado b, onde di "ó longo do actual Campionato de Liga 2004-2005" debe dicir "ó longo do actual Campionato de Liga 2003-2004" sendo válido o contido restante do acordo. ------ Folla: 17.12302.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA "ADQUISICIÓN DUNHA DESBROZADORA ARTICULADA PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración a subscribir entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas, para o financiamento da "Adquisición dunha desbrozadora articulada para o Servizo de Vías e Obras do Concello", aportando a Deputación unha subvención a fondo perdido por un importe total de 20.000,00 euros, con cargo á partida 04/911.911.762.00 do vixente presuposto e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA "ADQUISICIÓN DUNHA DESBROZADORA ARTICULADA PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO" En Pontevedra, ............. REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, de conformidade coa competencia que lle atribúen os artigos 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril e 105.1 a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo. Ilmo. Sr. D. Salvador González Solla, en calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, polo que levan a cabo o presente convenio, que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. SEGUNDA.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. TERCEIRA.- Que o Concello de Ponteareas solicita á Deputación a "Adquisición dunha desbrozadora articulada para o Servizo de Vías e Obras do Concello", sendo patente a vontade das partes intervenientes colaborar na súa compra. Pola súa parte para o Concello suponlle unha necesidade primordial a compra de maquinaria para o funcionamento do Servizo de Vías e Obras, ademais de carecer de recursos económicos suficientes para este fin. A compra desta maquinaria reportaralle ós veciños a mellora das prestacións dos servizos esenciais, dada a finalidade do mesmo. Con fundamento en canto queda exposto, as partes intervenientes levan a cabo o presente convenio, polo que PACTAN Primeiro.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas é a "Adquisición dunha desbrozadora articulada para o Servizo de Vías e Obras do Concello". Segundo.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asume o financiamento da adquisición por un importe máximo de vinte mil euros (20.000,00), con cargo á partida 04/911.911.662.00. Terceiro.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez efectuada e recibida a subministración, procederase a súa entrega ó Concello de Ponteareas, quen na súa calidade de titular último, asumirá a súa conservación e mantemento. Cuarto.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Concello de Ponteareas no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Quinta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse os asinantes do presente convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura e ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse expresamente sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Sétimo.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo. b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Ponteareas Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Salvador González Solla ------ Folla: 18.12303.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE ORDENADORES E IMPRESORAS DA PRIMEIRA ANUALIDADE DO PLAN DE ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO INFORMÁTICO E PROGRAMAS PARA OS CONCELLOS Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do señor xefe do Servizo do Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM) para a contratación do subministro de 43 ordenadores e 43 impresoras pertencentes á primeira anualidade do Plan de adquisición de equipamento informático e programas para os concellos da provincia de Pontevedra, coas características que figuran nos pregos de prescricións técnicas e cun custo máximo de adquisición que se estima en 69.500,00 euros para os 43 ordenadores (lote núm. 1) e en 48.500,00 euros para as 43 impresoras (lote núm. 2). Visto o informe emitido polo señor vicesecretario de data 6 de xullo de 2004 sobre o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro de ditos equipos informáticos, e vistos así mesmo, os documentos RC de data 09-06-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 15 de xullo de 2004 acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do "Subministro de ordenadores e impresoras da primeira anualidade do Plan de Adquisición de Equipamento Informático e Programas para os Concellos da Provincia de Pontevedra", que deberán posuír como mínimo, as características que figuran nos respectivos pregos de prescricións técnicas e que se desglosaron nos seguintes lotes: LOTE DESCRICIÓN PREZO LICITACIÓN 1 43 ordenadores 69.500,00 euros (IVE incluído) 2 43 impresoras 48.500,00 euros (IVE incluído) Así mesmo acórdase autorizar ditos gastos por importes de 69.500,00 euros e 48.500,00 euros, con cargo á partida 04/551.551.762.13 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 19.12304.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da señora directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a contratación do subministro de productos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", cuxas características, unidades e tipos de productos figuran no expediente e cuxo custo se estima para o período comprendido entre o 1 de agosto ó 31 de decembro de 2004, na cantidade máxima de 90.000,00 euros, IVE incluído, en función de máximo mensual de 18.000,00 euros. Visto o informe emitido polo señor vicesecretario de data 9 de xullo de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro de ditos productos alimenticios, e vistos así mesmo, o documento RC de data 05-07-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 13 de xullo de 2004 acórdase por unanimidade aprobar o expediente do concurso para a contratación mediante procedemento aberto, do "Subministro de productos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe", cuxas características, número de unidades mensuais e tipos de productos aparecen detallados no expediente, por un tipo máximo de licitación de noventa mil euros (90.000,00), IVE incluído, para o subministro destes productos durante o período comprendido entre o 1 de agosto ó 31 de decembro de 2004, en función dun máximo mensual de 18.000,00 euros, IVE incluído. Así mesmo acórdase autorizar dito gasto con cargo á partida 04/422.422.221.05 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro de productos alimenticios, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 20.12305.- ADXUDICACIÓN DA OBRA DE "ACONDICIONAMENTO DE TRAVESÍA ÁS EP 0005 E 0003 NAS RÚAS DE CAMPO SANTO E PINTOR LAXEIRO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 2 dos correntes polo que se adxudicaba o concurso para a contratación de diversas obras a executar mediante convenio co Concello de Pontevedra, declarándose deserta a contratación da obra "ACONDICIONAMENTO TRAVESÍA ÁS EP 0005 E 0003 NAS RÚAS DE CAMPO SANTO E PINTOR LAXEIRO", e acordando, así mesmo, o inicio do expediente de contratación de dita obra segundo o establecido no art. 141.a do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente; vistas as ofertas formuladas polas empresas CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. e CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L.; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., a referida obra por importe de 536.598,00 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 31.110,00 euros, e un período de mantemento de vintesete meses, por considerarse a oferta máis vantaxosa das formuladas. Á certificación liquidación da obra haberá que engadir certificación independente das melloras ofertadas xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 21.12306.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno en sesións de 25 de xuño e 9 de xullo de 2004, polos que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se detallan e que son obxecto do presente expediente; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo señor interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras: 1.- Obras anexas no Pavillón Polideportivo de Tui 292.229,29 2.- Campo de Fútbol en Arbo 546.289,09 A obra núm. 1 financiarase con cargo á partida 04/123.452-622.01. A obra núm. 2 financiarase con cargo á partida 123.452-622.01 nas anualidades de 2004 por importe de 175.953,83 euros, 2005 por importe de 220.335,26 euros, e 2006 por importe de 150.000,00 euros. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 22.12307.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno en sesións de 2 e 9 do actual mes de xullo, polos que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se detallan e que son obxecto do presente expediente; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo señor interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras: 1.- EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño) (POL 2004) 227.900,00 2.- Mellora Seguridade Vial en estrada de Lois (Ribadumia) 472.411,57 O expediente financiarase con cargo ás partidas 04/911.511-611.03 (obra núm. 1) e 04/511.511-612.02 (obra núm. 2) do vixente presuposto provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 23.12308.- RECTIFICACIÓN DE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO POLO QUE SE AUTORIZA A CESIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO DE "EP 9205 SANXENXO-MEAÑO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 25 de xuño pasado, polo que se prestou aprobación á cesión do contrato relativo á obra "EP 9205 Sanxenxo-Meaño" a favor da empresa CALDEVERGAZO, S.L., e, visto o escrito do enxeñeiro técnico xefe da Zona Norte no que manifesta que se detectou un erro aritmético na cantidade pendente de executar en dita obra que ascende á suma de 249.159,85 euros, e non á de 242.984,54 euros, como figuraba na certificación núm. 6 liquidación emitida a efectos de determinar o importe de dita cesión, acórdase por unanimidade rectificar o acordo de cesión aprobado en sesión de 25 de xuño de 2004, e que queda redactado como segue: 1.- Autorizar a cesión dos dereitos e obrigas derivados do contrato de obras subscrito entre esta Deputación Provincial e a empresa CONSTRUCCIONES CARRO, S.L., para a execución das obras comprendidas no proxecto de mellora e reforma da "EP 9205 Sanxenxo-Meaño" a favor da empresa CALDEVERGAZO, S.L., ó levar executado máis do 20% do contrato e cumprir os requisitos previstos na normativa vixente. Segundo certificación do director da obra lévanse executado un total de 225.581,15 euros, estando pendentes de executar 249.159,85 euros. 2.- A cesión farase efectiva desde o momento en que se formalice entre o adxudicatario e o cesionario a correspondente escritura pública, quedando a partir de entón o cesionario subrogado en todos os dereitos e obrigas correspondentes ó cedente. 3.- O cesionario deberá constituír unha garantía por importe do 4% das obras pendentes de executar, que ascenden a un total de 249.159,85 euros. Unha vez constituída poderá liberarse a garantía do cedente sempre e cando as obras foran executadas cumprindo todas as obrigas e previos os informes técnicos correspondentes. ------ Folla: 24.12309.- APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CUNTIS PARA A "ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a adquisición de "Un camión recolector compactador de recollida de residuos sólidos", facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE CUNTIS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ADQUISICIÓN DE "UN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS" En Pontevedra, xx de xx de 2004 REUNIDOS D. Eduardo Rey Rodríguez, Alcalde do Excmo. Concello de Cuntis, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Ámbalas dúas partes intervenientes, actúan en nome e representación das súas respectivas institucións, e recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración. EXPOÑEN I.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, e entre estas está a recollida de residuos. Polo tanto, e para a mellora na prestación dun servizo tan esencial, que neste momento é bastante deficiente, e que ademais contribuirá ó mantemento do medio ambiente evitando a proliferación de vertedoiros incontrolados estímase necesario a compra dun novo vehículo de recollida de residuos sólidos para o Concello de Cuntis. III.- Que de conformidade co disposto nos artigos 82 e 84 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión. IV.- Co fin de cooperar a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Cuntis, na prestación adecuada do Servizo de recollida de residuos acordan subscribir o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Ámbalas dúas institucións financiarán a compra dun vehículo recolector de residuos sólidos cun importe máximo de cento vinte mil euros (120.000,00), IVE incluído; todo isto de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base á licitación. Segunda.- O financiamento da actuación sinalada na cláusula anterior realizarase polas administracións asinantes, cunha participación do 50% cada unha, é dicir, cunha achega de sesenta mil euros (60.000,00) por cada entidade. A achega da Deputación farase con cargo á partida do Presuposto Provincial 04/911.911.662.00, e a do Concello de Cuntis con cargo á subvención concedida pola Deputación mediante Resolución Presidencial 4.201/04 con motivo do Programa de Acción Municipal 2004. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación segundo o procedemento e forma máis axeitada no RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Cuarta.- Unha vez efectuado e recibido o subministro, pasará a ser propiedade do Concello de Cuntis, quen será responsable e asumirá a súa conservación e mantemento. Quinta.- O convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose o seu estricto cumprimento, recoñecendo así mesmo á xurisdicción contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura. En proba de conformidade as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data arriba sinalados. Polo Concello, Pola Deputación Provincial, D. Eduardo Rey Rodríguez D. Rafael Louzán Abal E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición