ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/11/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-11-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/11/12_Ordinaria

  • Data(s) 2004-11-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 12 de novembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día doce de novembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal, nin o señor Deputado, D. Ramón Campos Durán, quen escusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12539.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de novembro do ano 2004. ------ Folla: 2.12540.- AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2004 Vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade aprobar as axudas económicas ás Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra, en base ó "Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Deputación de Pontevedra para coordinar accións de inversión derivadas dos Plans de Portos, en equipamentos portuarios e outros equipamentos na provincia de Pontevedra", aprobado en Xunta de Goberno de 1 de outubro de 2004, e sumando as axudas un importe total de cento trinta e cinco mil cincocentos euros (135.500,00), para o acondicionamento e equipamento dos edificios sociais das confrarías de pescadores e das súas lonxas, e de oitenta e sete mil setecentos setenta euros (87.770,00), para a adquisición de equipamentos para a mellora da comercialización, control e vixilancia dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, nas contías que se citan nas táboas que se achegan e con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial, estando ditas axudas condicionadas á sinatura do convenio. ACONDICIONAMENTO E EQUIPAMENTO DOS EDIFICIOS SOCIAIS DAS CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONFRARÍA OBXECTO ORZAMENTO AXUDA LA ANUNCIADA DE BAIONA(G-36.618.510) Mampara lonxa 1.800,00 1.350,00 SAN MARTÍN DE BUEU(G-36.013.712) Equipo mostraxe 2.610,00 1.950,00 Equipo de oficina 8.062,00 6.000,00 Acondicionamento salón actos 6.711,76 5.000,00 Equipamento aulas 2.190,00 1.630,00 Acondicionamento confraría 2.403,52 1.800,00 SAN ANTONIO DE CAMBADOS(G-36.012.847) Obras caseta mariscadoras 6.124,80 4.600,00 Laboratorio biólogo 13.300,00 9.900,00 SAN JOSÉ DE CANGAS(G-36.014.389) Acondicionamento Sala de Xuntas (instalación eléctrica) 1.800,00 1.350,00 SANTIAGO APÓS-TOL DE CARRIL(G-36.012.813) Mobiliario oficina lonxa 1.559,56 1.170,00 SAN MARTIÑO DE O GROVE (G-36.014.744) Acondicionamento local poxa 6.000,00 4.500,00 SANTA TECLA DE A GUARDA(G-36.014.173) Acondicionamento Confraría (Centralita telefónica) 2.160,00 1.600,00 SAN XULIÁN DE A ILLA DE AROUSA -OPP-20(G-36.049.161) Mobiliario confraría e aulas 7.252,08 5.400,00 SAN MARTÍN DE MOAÑA(G-36.015.212) Equipo de oficina 3.321,08 2.470,00 SAN ROQUE DE PORTONOVO(G-36.012.839) Equipos de oficina 13.114,52 9.800,00 Mobiliario arquivo 1.834,00 1.370,00 SAN TELMO DE PONTEVEDRA(G-36.016.962) Equipos de oficina 2.320,00 1.730,00 Mobiliario de oficinas 10.051,17 7.530,00 SAN GREGORIO DE RAXÓ(G-36.020.261) Construcción peche confraría 9.825,20 7.350,00 LA PASTORIZA DE VILANOVA(G-36.013.597) Mobiliario confraría e arquivos 18.778,69 14.100,00 VIRGEN DEL ROSARIO DE VILAXOAN(G-36.012.854) Obras confraría 19.884,72 14.900,00 SAN FRANCISCO DE VIGO(G-36.619.252) Obras confraría 106.632,91 30.000,00 TOTAL 247.736,01 135.500,00 EQUIPAMENTO PARA MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN, CONTROL E VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONFRARÍA OBXECTO ORZAMENTO AXUDA SAN CIPRIANO DE ALDÁN(F-36.007.714) Báscula electrónica 1.740,00 1.300,00 VIRGEN DEL CARMEN DE ARCADE(G-36.012.821) Báscula embarcación control 2.718,98 2.040,00 VHF 305,00 230,00 LA ANUNCIADA DE BAIONA(G-36.618.510) 6 VHF portátil 4.482,00 3.350,00 Caixas percebe 732,00 550,00 SAN MARTÍN DE BUEU(G-36.013.712) Traspaleta galvanizada 487,20 360,00 SAN ANTONIO DE CAMBADOS(G-36.012.847) Tractos bancos marisqueiros 24.000,00 18.000,00 Caixas e contenedores 2.251,67 1.690,00 SANTIAGO APÓSTOL DE CARRIL(G-36.012.813) 2 GPS 785,32 590,00 Caixas 1.510,32 1.130,00 SANTA TECLA DE A GUARDA(G-36.014.173) Báscula portátil 1.496,00 1.120,00 SANTA MARÍA DEL PUERTO DE MARÍN (G-36.013.688) Caixas 23.300,00 17.400,00 SAN MARTÍN DE MOAÑA(G-36.015.212) Vehículo vixilancia 24.200,00 18.150,00 SAN TELMO DE PONTEVEDRA(G-36.016.962) Motor embarcación vixilancia 11.582,30 8.650,00 Equipos vixilancia 1.053,00 790,00 SAN JUAN DE RE-DONDELA(F-36.010.916) Motor embarcación vixilancia 7.052,80 5.290,00 Cuberta galeón 4.192,71 3.130,00 A.C.P. RÍA DE VIGO(G-36.399.780) Motor embarcación vixilancia 5.336,00 4.000,00 TOTAL 117.225,30 87.770,00 ------ Folla: 3.12541.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. ANTONIO GA-RRIDO POUSA, BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, PARA REA-LIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Antonio Garrido Pousa, beneficiario das axudas á Pesca Costeira Artesanal 2003, onde solicita prórroga para xustificar a axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003 e prorrogada na Xunta de Goberno de data 7 de maio de 2004, para a adquisición dunha reductora, na contía de mil seiscentos oitenta e seis euros con noventa céntimos (1.686,90). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar desde a data deste acordo. ------ Folla: 4.12542.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. DARÍO PÉREZ PÉREZ, BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Darío Pérez Pérez, beneficiario das axudas á Pesca Costeira Artesanal 2003, onde solicita prórroga para xustificar a axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003 e prorrogada na Xunta de Goberno de data 7 de maio de 2004, para a adquisición dun GPS, na contía de catrocentos trinta e seis euros con noventa céntimos (436,90). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar desde a data deste acordo. ------ Folla: 5.12543.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 14-05-2004 PARA "VALLADO DE PRAIAS DESDE O CARREIRÓN ATA O BAO" Vistos os informes de Intervención e da técnica de Medio Ambiente así como o escrito de solicitude de cambio de aplicación da subvención presentado polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 14-05-2004, por importe de 24.000,00 ¤, para "Vallado de praias desde O Carreirón ata O Bao", acórdase por unanimidade conceder o cambio de aplicación da axuda económica para a obra de "Reparación e pavimentación de accesos a praias, 2ª fase". ------ Folla: 6.12544.- APROBACIÓN DE FACTURAS Vista a proposta que formula a Intervención desta Deputación de data 26 de outubro do ano actual, con relación á aprobación das facturas nº 4/118, nº 4/119, nº 4/120 e nº 4/136, emitidas pola empresa Rosetta Traducción, Interpretación e Servicios Lingüísticos, S.L.L. (CIF.B- 36420008) por gastos de "Traducción e interpretación de documentos" correspondentes a traballos complementarios do proxecto "Empleocities" e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo 4 das aprobadas para execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento da obriga seguinte: A factura nº 4/118 emitida por Rosetta Traducción, Interpretación e Servicios Lingüísticos, S.L.L. (CIF B36420008) con domicilio na rúa Cobián Areal 14, oficina 302, por un importe de 202,56 ¤, en concepto de gastos de "Traducción de castelán a inglés dos documentos seguintes: Listado de Anexos 4º Informe Evolución: Anexo I - Programa de trabajo calendario ajustado. Anexo II - Lista de personal, Anexo 4º, Anexo 5.1, Anexo 5.2". Esta cantidade librarase no seu día con cargo á partida 04/711.711.479.03 (2003) do vixente presuposto provincial. A factura nº 4/119 emitida por Rosetta Traducción, Interpretación e Servicios Lingüísticos, S.L.L. (CIF B36420008) con domicilio na rúa Cobián Areal 14, oficina 302, por un importe de 508,80 ¤, en concepto de gastos de "Traducción de castelán a inglés dos documentos seguintes: de Anexo 5 - 4º Informe Evolución Total (I)". Esta cantidade librarase no seu día con cargo á partida 04/711.711.479.03 (2003) do vixente presuposto provincial. A factura nº 4/120 emitida por Rosetta Traducción, Interpretación e Servicios Lingüísticos, S.L.L. (CIF B36420008) con domicilio na rúa Cobián Areal 14, oficina 302, por un importe de 596,73 ¤, en concepto de gastos de "Traducción de castelán a inglés dos documentos seguintes: Anexo 5. 4º Informe Evolución Total (II)". Esta cantidade librarase no seu día con cargo á partida 04/711.711.479.03 (2003) do vixente presuposto provincial. A factura nº 4/136 emitida por Rosetta Traducción, Interpretación e Servicios Lingüísticos, S.L.L. (CIF B36420008) con domicilio na rúa Cobián Areal 14, oficina 302, por un importe de 598,28 ¤, en concepto de gastos de "Traducción de castelán a italiano dos documentos seguintes: Presentación SCD, Presentación Génova, Presentación PAES Génova, Presentación PAES Génova II, Presentación plataforma". Esta cantidade librarase no seu día con cargo á partida 04/711.711.479.03 (2003) do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 7.12545.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVICIOS EN CALLE CONCEPCIÓN ARENAL E PRÓXIMAS", DO CONCELLO DE O GROVE, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de O Grove unha subvención por importe de setenta e dous mil catrocentos cincuenta euros con oito céntimos (72.450,08), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Pavimentación e dotación de servicios en calle Concepción Arenal e próximas", co núm. 107/696 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 8.12546.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "CENTRO VECIÑAL SOBRADELO", DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa unha subvención por importe de cento dous mil trescentos trinta e oito euros con cincuenta e tres céntimos (102.338,53), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Centro veciñal Sobradelo", co núm. 36/695 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 9.12547.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONSEJO PARROQUIAL SAN MIGUEL DE CATOIRA (CATOIRA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ENLOUSADO RECINTO IGREXA PARROQUIAL E ACCESO MINUSVÁLIDOS", INCLUÍDA NO PAC/2003 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Consejo Parroquial San Miguel de Catoira (Catoira), pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAC/2003, co núm. 12/797, denominada "Enlousado recinto igrexa parroquial e acceso minusválidos", subvencionada con dous mil trescentos euros (2.300,00), por Resolución Presidencia de data 19-11-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 10.12548.- PRÓRROGA DE DÚAS BECAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA PARA O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS De conformidade co establecido nas bases da convocatoria de dúas becas de investigación científica para o Instituto de Investigacións Mariñas, publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 183 de data 21 de setembro de 2001, acórdase por unanimidade, a proposta do señor enxeñeiro-xefe do Servizo Agrario, prorrogar as becas que veñen disfrutando D. José Antonio Padín Álvarez e D. Jaime Otero Villar, concedidas por acordo da Comisión de Goberno celebrada o 8 de novembro de 2001, con efectos de 11 de novembro e por un período dun ano. A dotación económica das referidas becas ascende a 841,41 ¤/mes, o cal supón para o exercicio 2004 un total de 1.374,30 ¤ por becario, cantidade que se imputará á partida 04/711.711.481.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 11.12549.- PRÓRROGA DUNHA BECA DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA DA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA De conformidade co establecido nas bases da convocatoria dunha beca de investigación científica para a Misión Biolóxica de Galicia, publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 164 de data 27 de agosto de 2003, acórdase por unanimidade, a proposta do enxeñeiro-xefe do Servizo Agrario, prorrogar a Dona Marlene Pérez Barbeito a beca que lle fora concedida por acordo da Comisión de Goberno celebrada o 24 de outubro de 2003, con efectos 1 de novembro e por un período dun ano. A dotación económica da referida beca ascende a 841,41 ¤/mes, o cal supón para o exercicio 2004 un total de 1.682,82 ¤, cantidade que se imputará á partida 04/711.711.481.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 12.12550.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 13.12551.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRA-TACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, ME-DIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado polo Pleno en sesión de 28-01-2004, polo que se prestou aprobación inicial ó proxecto "Ensanche e mellora EP PO-400 a Estación (As Neves)", con presuposto para coñecemento da administración de 556.308,77 ¤, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 494.331,65 ¤, honorarios de redacción do proxecto por importe de 16.616,19 ¤, e expropiacións por importe de 45.360,93 ¤; visto o acordo do Pleno adoptado en sesión de 31-03-2004, polo que se aprobou inicialmente o proxecto "EP 1003 Rodeira-Boubeta (Cangas)", con presuposto para coñecemento da administración de 671.958,45 ¤, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 429.510,09 ¤ e capítulo de expropiacións por importe de 242.448,36 ¤; vistos os acordos adoptados polo Pleno en sesión celebrada o día 29-09-2004, polos que se resolveron as alegacións presentadas ós proxectos, aprobáronse definitivamente os mesmos así como a relación de propietarios e bens afectados polas obras; visto o informe emitido polo señor secretario accidental relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo señor interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas obras", que máis adiante se detallan: 1.- "Ensanche e mellora EP PO-400 a Estación (As Neves)"....... 494.331,65 2.- "EP 1003 Rodeira-Boubeta (Cangas)"..................................... 429.510,09 As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo ás partidas 04/511.511.612.02.2003 e 04/511.511-612.02. A adxudicación e execución das obras queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos terreos e bens afectados polas mesmas. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 14.12552.- ADXUDICACIÓN DA OBRA INCLUÍDA NO ORZAMENTO TÉCNICO DE "REINVERSIÓN DA BAIXA DA OBRA DE CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE VILARIÑO (NIGRÁN)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 30-04-2004, polo que se adxudicou á UTE Construcciones Fernández Sarmiento, S.A.-Obras y Construcciones Sisán, S.L., a obra "Campo de fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)" na suma de 328.152,60 ¤, IVE incluído; visto o acordo da Xunta de Goberno de 15-10-2004, polo que se prestou aprobación ó presuposto técnico de "Reinversión da baixa da obra de campo de fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)" por importe de 32.454,66 ¤, IVE incluído; visto o escrito da UTE adxudicataria da obra inicial no que presta a súa conformidade ó presuposto técnico de reinversión da baixa; visto o informe emitido polo señor secretario xeral accidental prestando conformidade á tramitación do expediente de acordo co disposto no art. 146.3 do R d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da LCAP; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo señor interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do R d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. 3.- Adxudicar á UTE Construcciones Fernández Sarmiento, S.A.-Obras y Construcciones Sisán, S.L., a obra incluída no presuposto técnico de ""Reinversión da baixa da obra de campo de fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)", por importe de 32.454,66 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprise este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 15.12553.- PETICIÓN DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. DA RESCISIÓN DO CONTRATO SUBSCRITO COA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA A REALIZACIÓN DA OBRA "EP 1304 CELA-OUTEIRO-BUEU (BUEU)" DO PPC 2003 1.- A Comisión de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 3 de xullo de 2003, acordou adxudicar á empresa Construcciones Carro, S.L. a execución da obra "EP 1304 Cela-Outeiro-Bueu (Bueu)" do PPC 2003 na cantidade de 236.339,00 ¤. Con data 23 de outubro de 2003, subscribiu con esta Deputación o oportuno contrato previa a constitución da fianza por un importe de 9.453,56 ¤. 2.- A empresa solicita a rescisión do contrato desta obra sen perda de fianza, fundamentando a súa petición en que o Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Pontevedra, mediante o procedemento nº 283/2004, decretou a suspensión de pagamentos da empresa e por conseguinte non pode levar a cabo, dada a súa situación actual, a realización do contrato. Vistos os informes técnicos correspondentes, e considerando que o art. 111.b de dita Lei, establece como causa de resolución de contrato "a declaración de quebra, de suspensión de pagamentos, de concurso de acredores ou de insolvente fallido en calquera procedemento e o acordo de quita e espera" e que corresponde á Administración decidir se se resolve ou non o contrato en base a que o contratista preste as garantías suficientes para a execución do mesmo (apartado 7 de dito artigo), acórdase por unanimidade: 1.- Resolver o contrato subscrito coa empresa Construcciones Carro, S.L. relativo á obra de "EP 1304 Cela-Outeiro-Bueu (Bueu)" do PPC 2003 que fora adxudicada pola Comisión de Goberno en sesión de 3 de xullo de 2003, dado que foi a propia empresa a que solicita a rescisión do contrato. 2.- Aprobar a devolución da fianza definitiva depositada no seu día pola empresa Construcciones Carro, S.L. para responder da execución da obra, estimando que non houbo mala fe nin fraudulencia, e que a nova empresa adxudicataria deberá prestar a fianza polo importe do prezo de adxudicación, estando facultada a Administración para tomar a decisión en virtude do disposto no art. 113.5 da Lei de contratos. 3.- En aras da defensa do interese público e coa finalidade de que a obra se leve a cabo coa maior rapidez posible, adxudícase a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra "EP 1304 Cela Outeiro-Bueu (Bueu)" do PPC 2003, que resoltou ser, de conformidade coa valoración efectuada polos servizos técnicos sobre as ofertas presentadas ó concurso, a empresa que obtivo maior puntuación despois da adxudicataria, cun presuposto de 241.239,50 ¤ e ofrecendo unhas melloras por valor de 33.724,39 ¤ para realizala nun período de seis meses. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 16.12554.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN PARCIAL EN DESENVOLVEMENTO DAS PREVISIÓNS DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA DE PONTEVEDRA, NO SECTOR B-2, EN SOLO URBANIZABLE, DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Dada conta da comunicación do Tenente Alcalde Delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Pontevedra, de data 29 de outubro de 2004 (rexistro de entrada n1 033265, de data 03/11/04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Plan Parcial en desenvolvemento das previsións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, no Sector B-2, en solo urbanizable, remitido polo Concello de Pontevedra, a efectos de informe por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais, e Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 8 de novembro de 2004, que literalmente dí: "... Vista la documentación aportada y teniendo en cuenta que se trata de 2 accesos desde la EP0015 PARDA-EL MARCO C-316 (Conde Bugallal), en zona urbana con arreglo al Plan Parcial previsto, no existe inconveniente alguno por parte de este Organismo, correspondiendo al Ayuntamiento la señalización y Ordenación de la circunvalación que acceda a la Vía Provincia.l" A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Pontevedra. ------ Folla: 17.12555.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición