ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/12/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/12/29_Ordinaria

  • Data(s) 2004-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 29 de decembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e nove de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12678.- PRÓRROGA SOLICITADA POLA ASOCIACIÓN RELINGA, BENEFICIARIA DAS AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2002 E 2003, PARA INICIAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA DORNA DE TOPE E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Sergio Rosales López, representante legal da Asociación Sodináutica, onde solicita unha prórroga para levar a cabo o inicio da construción da dorna de tope, segundo axuda económica concedida en Comisión de Goberno de data 5 de decembro de 2002, na contía de seis mil euros (6.000,00). Visto así mesmo o acordo da Comisión de Goberno de data 5 de decembro de 2002, a Resolución Presidencial 005929 de 19 de maio de 2003, e o acordo da Comisión de Goberno de 31 de outubro de 2003, así como os informes favorables da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga de seis meses para iniciar a construción da dorna de tope e realizar a xustificación total de dita inversión, a contar desde a data deste acordo. ------ Folla: 2.12679.- AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTÍN DE MOAÑA PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA PARA CONTINUAR COA REALIZACIÓN DO ESTUDO DE VIABILIDADE DA REXENERACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS Vista a solicitude formulada polo patrón mayor da Confraría de Pescadores San Martín de Moaña, o informe económico favorable da Intervención, e os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro xefe do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica para a adquisición de semente de ameixa á Confraría de Pescadores San Martín de Moaña (CIF: G-36015212) para continuar coa realización do estudo de viabilidade da rexeneración de bancos marisqueiros, por importe de dous mil oitocentos oitenta e nove euros (2.889,00), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 3.12680.- PROPOSTA DE CAMBIO DE SUBVENCIÓN DE "AMENCER-ASPACE" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de modificación da cláusula 1ª do Convenio aprobado pola Xunta de Goberno do 11 de xullo de 2004 coa Asociación Amencer de Pontevedra, no sentido de poder xustificar a subvención concedida ata un 30 % con adquisición de equipamento (cociña-comedor, colocación de pasamáns e mobiliario diverso) . ------ Folla: 4.12681.- PRÓRROGAS DE SUBVENCIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DE BENEFICIARIOS DO CONCELLO DE PORTAS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por uanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ós beneficiarios do Concello de Portas que seguidamente se relacionan e ata o 31 de maio de 2005: D. José Mosteiro Frieiro, para arranxo de vivenda, con subvención de 1.308,00 ¤. Dª Mª José Ruibal Pérez, para arranxo de vivenda, con subvención de 1.231,00 ¤. D. Marcos Gómez Montoya, para arranxo de vivenda, con subvención de 1.385,00 ¤. ------ Folla: 5.12682.- PRÓRROGAS DE SUBVENCIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DE BENEFICIARIOS DO CONCELLO DA ESTRADA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ós beneficiarios do Concello da Estrada, e ata o 30 de xuño de 2005, que seguidamente se relacionan: D. José Manuel Piñeiro Martínez, para arranxo de vivenda, con subvención de 3.000,00 ¤. Dª Lucinda Gestoso Varela, para arranxo de vivenda, con subvención de 3.725,00 ¤. ------ Folla: 6.12683.- PRÓRROGAS DE SUBVENCIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DE BENEFICIARIOS DO CONCELLO DE MONDARIZ De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ós beneficiarios do Concello de Mondariz e ata o 31 de maio de 2005, que seguidamente se relacionan: Dª Herminia Faro Rivas, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.691,00 ¤. Dª Leonor Freaza Alvariño, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.308,00 ¤. ------ Folla: 7.12684.- PRÓRROGAS DE SUBVENCIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DE BENEFICIARIOS DO CONCELLO DE TOMIÑO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ós beneficiarios do Concello de Tomiño e ata o 28 de febreiro de 2005, que seguidamente se relacionan: D. Delmiro Pereira Costa, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.483,00 ¤. Dª Ana Mª Miniño López, para arranxo de vivenda, con subvención de 1.851,00 ¤. ------ Folla: 8.12685.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DA CAÑIZA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ó beneficiario do Concello da Cañiza e ata o 31 de maio de 2005, D. Manuel Álvarez Rodríguez, para arranxo de vivenda, con subvención de 3.214,00 ¤.. ------ Folla: 9.12686.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DA LAMA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ó beneficiario do Concello da Lama e ata o 31 de maio de 2005, D. Manuel Viqueira Justo, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.865,00 ¤.. ------ Folla: 10.12687.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ó beneficiario do Concello de Campo Lameiro e ata o 31 de marzo de 2005, D. José Barros Framil, para arranxo de vivenda, con subvención de 1.538,00 ¤. ------ Folla: 11.12688.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida ó beneficiario do Concello de Pazos de Borbén e ata o 31 de maio de 2005, Dª Dolores Soliño Míguez, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.308,00 ¤.. ------ Folla: 12.12689.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DE SANXENXO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida á beneficiaria do Concello da Sanxenxo e ata o 30 de agosto de 2005, Dª Nélida Fernández Malga, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.484,00 ¤. ------ Folla: 13.12690.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida á beneficiaria do Concello da Illa de Arousa e ata o 30 de xuño de 2005, Dª Mª Lourdes Cebey Mayo, para arranxo de vivenda, con subvención de 2.307,69 ¤. ------ Folla: 14.12691.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DUN BENEFICIARIO DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga de subvención de Emerxencia Social concedida á beneficiaria do Concello de Ponte Caldelas e ata o 31 de maio de 2005, Dª Palmira Solla Muiños, para arranxo de vivenda, con subvención de 3.214,00 ¤ ------ Folla: 15.12692.- PROPOSTA DE CAMBIO DE CURSO CONCEDIDO Á "ASOCIACIÓN DE FIADEIRA DE XIL", MEAÑO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de cambio dun curso de "iniciación a informática" por outro de "bolillos" a Asociación de Fiadeira de Xil, Meaño, que foi subvencionado pola Xunta de Goberno de 30-07-2004, con 300,00 ¤. ------ Folla: 16.12693.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN REXURDIR PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga ata o 31 de xaneiro de 2005, para curso "Agricultura Ecológica" á Asociación Rexurdir Provincial de Pontevedra, que foi subvencionado pola Xunta de Goberno de 30-07-2004, con 2.550,00 ¤ ------ Folla: 17.12694.- PRÓRROGA DA SUBVENCIÓN DA "ASOCIACIÓN GALEGA DE EMIGRANTES RETORNADOS" PONTEVEDRA, SOBRE CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga ata o 31 de marzo de 2005, para "campaña sobre sensibilización" á Asociación Galega de Emigrantes Retornados, que foi subvencionado pola Xunta de Goberno de 30-07-2004, con 1.000,00 ¤ ------ Folla: 18.12695.- PRÓRROGA DA SUBVENCIÓN " AMAS DE CASA DE CATOIRA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga ata o 31 de xaneiro de 2005, para curso de "Arte Floral" á Asociación Muiños do Vento de Catoira, que foi subvencionado pola Xunta de Goberno de 10-08-2004, con 1.100,00 ¤. ------ Folla: 19.12696.- PROPOSTA DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2004/05 Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de axuda para adquisición de Libros de Texto -curso2004/05- a Vanesa Fernández Obes e Fabián Chantada Barreiro de Caldas de Reis por un total de 205,00 ¤, correspondendo aportar á Deputación 146,43 ¤ con cargo á partida 04/313.313.462,05. ------ Folla: 20.12697.- PROPOSTA DE AXUDA Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2004/05 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de axuda para adquisición de Libros de Texto -curso2004/05- ós beneficiarios que figuran en anexo aparte do Concello de Vilagarcía de Arousa, por un total de 7.045,00 ¤, correspondendo aportar á Deputación 4.144,12 ¤ con cargo á partida 04/313.313.462.05. CONCELLO % ACHEGA ACHEGA TOTAL A OBSERVACIÓNS DEPUTAC. CONCELLO XUSTIFICAR Vilagarcía de 70 4.144,12 ¤ 2.900,88 ¤ 7.045,00 ¤ Denegar a Arousa solicitude correspondente a Dª Susana Méndez Navia, sol. nº 66, por non axustarse ás Bases ------ Folla: 21.12698.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións á asociacións sen ánimo de lucro para actividades culturais que seguidamente se relacionan, por un total de 40.400,00 ¤, con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/PETICIONARIO /OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: CANGAS Asoc. do Santísimo Cristo do Consuelo Actos culturais da festividade do Stmo. Cristo do Consuelo 900,00 CANGAS Confraría da Misericordia de Cangas Actividades culturais da Semana Santa 600,00 CANGAS Coordinadora de Confrarías da Semana de Cangas Concerto e música sacra na Semana Santa 600,00 CANGAS Irmandade dos Dolores e a Soledad de Cangas Actos culturais da festividade dos Dolores e Semana Santa 900,00 GONDOMAR Instituto de Estudios Miñoranos Axuda para edición da Revista de Estudios Miñoranos 1.200,00 O GROVE Agrup. Ornitolóxica Cultural-Deportiva "O Salnés" Concurso exposición de ornito-loxía 1.000,00 O GROVE Asc. Virxe do Carme Axuda ós actos culturais Festividade Nosa Sra. do Carme 3.000,00 LALÍN Asc. Amigos do Museo Galego da Marioneta Axuda a Titeredeza 2004 1.200,00 LALÍN Asc. Cult. Vecinal San Lorenzo Muimenta Axuda a Obradoiro de Anima-ción 500,00 MOS Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia I Certame de Gaita Galega 1.000,00 AS NEVES Asoc. Xubilados e Pensionistas Stma. Virgen As Neves Celebración do X Aniversario da Asociación 2.000,00 PONTEVEDRA Ateneo de Pontevedra Axuda a conferencias, teatro, ter-tulias 5.000,00 PONTEVEDRA Grupo Filatélico de Pontevedra Axuda á "VIII Manifestación Filatélica-Cultural" 1.500,00 RIBADUMIA AA. VV. de Lois Axuda á Xuntanza dos Veciños de Lois e da Comarca do Salnés 1.000,00 RIBADUMIA Asoc. Cultural e Dep. Encontros de Sisán Axuda á Xuntanza Internacional 2004 700,00 RIBADUMIA Asoc. Cultural Folclórica "A Doveira" Axuda á VII Edición Festa da Xuventude 1.500,00 RIBADUMIA Asoc. Cultural Plantel Xuvenil Actos da Semana Cultural 1.500,00 RIBADUMIA Asoc. Gastron. E Cult. Da Festa do Polo de Ribadumia Actos culturais da X Festa do Polo 2.000,00 RIBADUMIA Club Motos Vellas do Salnés Axuda á Festa da Cultura e exposición de motos antigas 600,00 SALVATERRA DE MIÑO A.A.V.V. de Cabreira-Xermen Actos de verán cultural "Xerme 2004" 1.500,00 SALVATERRA DE MIÑO Asoc. Cultural Os Amigos Axuda para VI Festival Internacional 600,00 SALVATERRA DE MIÑO Asoc. Cultural Solpor Axuda á III Mostra de Teatro Afeccionado 1.500,00 SANXENXO Centro Cultural e Deportivo Vilalonga Axuda ó Certame de Música Popular 2.500,00 VALGA Asoc. Cultural Amigos do Belén Axuda á montaxe dun belén artesanal en movemento nadal 2004 2.000,00 VIGO Sindicato Nacional Comi-siones Obreras de Galicia Premios 1º Maio "O Compromiso Social e a Solidariedade" 2.000,00 VILA DE CRUCES Asoc. Banda de Música de Merza Participación Certame Interna-cional de Bandas en Altea 1.800,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Asoc. Socio-Cultural e Dep. "A Fonte Fría" Axuda ás actividades culturais do Día das Letras Galegas 1.800,00 TOTAL 40.400,00 ------ Folla: 22.12699.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DE SUBVENCIÓNS A CLUBS OU AGRUPACIÓNS DEPORTIVAS PARA MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubs e Entidades Deportivas, que seguidamente se relacionan, por un total de 19.400,00 ¤, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELLO PETICIONARIO OBXECTO SUBVENCIÓN IMPORTE COTOBADE Club Sociedade Reforma de vestiarios e 3.000,00 Deportiva Caroi construcción de banquillos COVELO Covelo Fútbol Sala Compra de mesa, bancos, xogos de redes 600,00 e vallas CRECENTE Crecente C.F. Compra de porterías, bancos e redes 2.000,00 portería MOAÑAS.D.C. Samertolameu Arranxo e mellora do tellado e cuberta da S.D.C. Samertolameu 1.500,00 PONTEVEDRA Agrupación Juvenil de Lérez Compra de dous bancos e dúas porterías 1.500,00 PONTEVEDRA Club Naval de Pontevedra Compra de máquina de correr 1.800,00 PONTEVEDRA Escola de Xadrez de Pontevedra Compra de mobiliario, xogos de xadrez e reloxos dixitais 1.200,00 RODEIRO S.D. Rodeiro Compra de máquina marcadora e banquillos 1.200,00 TUI Clube Kayak Tudense Compra de kayaks e canoa 1.800,00 VIGO Club de Fútbol S. Roque Casablanca Compra de taquillas 1.800,00 VIGO Liceo Marítimo de Bouzas Reformas de rampa de varada de embarcacións 1.800,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Asoc. Cultural S. Roque de Bamio Acondicionamento do Campo de Tiro 1.200,00 TOTAL 19.400,00 ------ Folla: 23.12700.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e ter cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: IDEAS POSIBLES, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento oitenta e seis euros (1.186,00) para responder da "Asistencia técnica para o desenvolvemento do Plan Agrupado de Formación para persoal funcionario e laboral da zona Sur", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-06-2003, núm. de operación 200300042701, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FACTOR I MAS P, S.L. .- A constituída en metálico por importe de mil cento cincuenta e tres euros con vinte céntimos (1.153,20), para responder da "Asistencia técnica para o desenvolvemento do Plan Agrupado de Formación para persoal funcionario e laboral da zona de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-06-2003, núm. de operación 200300042704, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 24.12701.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 21 de decembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de cento setenta facturas, que figuran na referencia 200400001041, por un importe global de noventa e un mil oitocentos sesenta e tres euros con quince céntimos (91.863,15 ¤), a primeira das cales é a relativa a Couceiro Amor, Vicente Manuel, por un importe de 906,33 euros, e finaliza coa correspondente a Froiz Frutas y Verduras, S.A, por un importe de 216,51 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de noventa e dous mil trescentos trinta e un euros con noventa e cinco céntimos (92.331,95 ¤), correspondendo a cantidade de 468,80 ¤ a descontos do IRPF. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de decembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acreedores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de trinta e unha facturas, que figuran na referencia 200400001098, por un importe global de noventa e tres mil oitocentos cincuenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (93.859,52 ¤), a primeira das cales é a relativa a Cedipsa (33436 E.S. Pontevedra) por un importe de 1.118,48 euros, e finaliza coa correspondente a Gas Galicia, SDG. S.A., por un importe de 258,34 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de noventa e tres mil oitocentos cincuenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (93.859,52 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 29 de decembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acreedores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e dado que os servizos facturados se prestaron no exercicio 2003, a efectos de proceder á súa tramitación, deberá efectuarse a través do recoñecemento extraxudicial de créditos previsto no art. 60 do RD 500/90 e na base 17.1 das reguladoras do Orzamento Provincial, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva dunha factura, que figura na referencia 200400001097, por un importe de doce mil euros (12.000,00 ¤), relativa a Talaso Atlántico, S.L. A obriga é imputable á partida detallada na referida relación, na que se practicou a correspondente retención de crédito. Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 29 de decembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acreedores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e dado que os servizos facturados se prestaron en exercicios anteriores, a efectos de proceder á súa tramitación, deberá efectuarse a través do recoñecemento extraxudicial de créditos previsto no art. 60 do RD 500/90 e na base 17.1 das reguladoras do Orzamento Provincial, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de dezaoito facturas, que figuran na referencia 200400001105, por un importe global de catorce mil seiscentos oitenta e sete euros con oitenta e tres céntimos (14.687,83 ¤), a primeira das cales é a relativa a Norcontrol, S.A. por un importe de 366,01 euros, e finaliza coa correspondente a Norcontrol, S.A., por un importe de 156,60 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de catorce mil seiscentos oitenta e sete euros con oitenta e tres céntimos (14.687,83 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 25.12702.- APROBACIÓN DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA REHABILITAR A CASA CONSISTORIAL Acórdase por unanimidade aprobar o Protocolo de colaboración a subscribir entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para "Rehabilitar a Casa Consistorial". O gasto imputable a cada anualidade non superará o importe previsto para cada unha delas, financiándose con cargo á partida 911.911.662.09. O obxecto deste protocolo é fixar as bases que rexerán a colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra co concello de Ponteareas para rehabilitar a Casa Consistorial, acolléndose, de materializarse esta actuación, ó Protocolo e á Addenda asinados no seu día entre as dúas administracións para a construcción e rehabilitación de casas consistoriais na provincia de Pontevedra. Dito Protocolo é como segue: PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA REHABILITAR A CASA CONSISTORIAL En Santiago de Compostela a 30 de decembro de dous mil catro. REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Xesús Carlos Palmou Lorenzo, Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, O Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Sr. D. Salvador González Solla, Alcalde do concello de Ponteareas. INTERVEÑEN O primeiro, actuando en nome e representación da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, en virtude das facultades que lle confire o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de 27 de marzo de 1991; e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro. O segundo, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O terceiro, na súa condición de Alcalde do concello de Ponteareas en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1a, da Lei de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN PRIMEIRO.- A Xunta de Galicia e as entidades locais poderán subscribir convenios de cooperación entre si para a máis eficaz xestión e prestación de servizos da súa competencia, segundo o disposto no artigo 198 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. SEGUNDO.- Os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos, segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. TERCEIRO.- Entre as competencias de colaboración e cooperación que, no relativo ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Xunta de Galicia, de conformidade cos artigos 194 e 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, están a axuda financeira e a subscrición de convenios. CUARTO.- Que a normativa de réxime local encoméndalle ás Deputacións a función de permitir a prestación integral e axeitada de servizos públicos en todo o territorio da provincia, fomentando, en todo caso, os intereses peculiares do seu territorio. QUINTO.- Que dentro destas funcións de colaboración e apoio tanto a Xunta de Galicia como a Deputación Provincial de Pontevedra desexan facer un especial fincapé na cooperación cos concellos para acadar os obxectivos de que todos eles dispoñan dunha casa consistorial digna e axeitada ás súas necesidades e preparada para prestar cunha maior calidade a cada vez meirande cantidade de servizos que os veciños demandan. SEXTO.- Que o concello de Ponteareas ten na actualidade unha casa consistorial que non resposta ás necesidades dun concello que medrou rápida e considerablemente nas derradeiras décadas, por estar deseñado, e manterse nas súas estructuras básicas, no mesmo estado no que foi hai xa moito tempo. Por todo isto, e a fin de establecer as condicións de colaboración necesarias e acadar o fin proposto, a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Ponteareas acordan subscribir o presente protocolo de colaboración segundo as seguintes cláusulas: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente protocolo é fixar as bases que rexerán a colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra co concello de Ponteareas para a rehabilitación da casa consistorial, acolléndose, de materializarse esta actuación, ó Protocolo e á Addenda asinados no seu día entre as dúas administracións para a construcción e rehabilitación de casas consistoriais na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local poderá financiar dita actuación con cargo ós orzamentos do ano 2005, podendo comprometer cantidades en exercicios futuros, e estará suxeita ó establecido na próxima "Orde de convocatoria, pola que se subvenciona a realización de obras de construcción, adaptación e mellora das sedes das entidades locais de Galicia". TERCEIRA.- A Deputación de Pontevedra poderá financiar igualmente dita actuación con cargo ós orzamentos do ano 2005 e exercicios futuros. En proba de conformidade, asinan o presente Protocolo de colaboración, por triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento. O CONSELLEIRO DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, Asdo. Xesús Carlos Palmou Lorenzo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal O ALCALDE DO CONCELLO DE PONTEAREAS, Asdo. Salvador González Solla ------ Folla: 26.12703.- SOLICITUDE DE NOVA PRÓRROGA DO CONCELLO DA ESTRADA PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTIVIDADE "TORNEO TRIANGULAR DE FÚTBOL SALA MEMORIAL M. COTO FERREIRO" Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da Estrada pola que interesa a concesión dunha nova prórroga para xustificar a execución da actividade incluída no PAM/04, subvencionada con 1.500,00 euros, denominada: "Torneo Triangular de Fútbol Sala Memorial M. Coto Ferreiro". Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o día 31 de outubro de 2005. ------ Folla: 27.12704.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ANEXO A RESIDENCIA 3ª IDADE PARA CENTRO DE DÍA" DO CONCELLO DE PONTEAREAS CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Ponteareas unha subvención por importe de sesenta e dous mil trescentos setenta euros (62.370,00), con cargo ó PAM/2004, partida 04/911.453-762.45, para financiar a obra: "Anexo a Residencia 3ª Idade para Centro de Día", co núm. 204/807 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 28.12705.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ADAPTACIÓN CONSERVATORIO MUNICIPAL, 2ª FASE" DO CONCELLO DE PONTEAREAS CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Ponteareas unha subvención por importe de cento dezanove mil euros (119.000,00), con cargo ó PAM/2004, partida 04/911.453-762.45, para financiar a obra: "Adaptación Conservatorio Municipal, 2ª fase (libre disposición)", co núm. 353/808 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó correntes nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 29.12706.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EUGENIA VELASCO PAZOS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JUAN CARLOS VÁZQUEZ AMORÍN, POR DANOS SUFRIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE PORRIÑO A GONDOMAR Dada conta que con data de Rexistro de 10.12.04 (nº 036843) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eugenia Velasco Pazos en nome e representación de Don Juan Carlos Vazquez Amorín, veciño de Vigo, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, matrícula PO-8709-BB, na estrada de Porriño a Gondomar no Km. 12 o día 23.01.2004, e que individualiza económicamente en 467,31 ¤. Resultando.- Que con data 15.12.2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitíu con data 17.12.2004 co seguinte contido: "... En relación con su escrito por el que interesa informe sobre reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por Dña. Eugenia Velasco Pazos, en nombre y representación de D. Juan Carlos Vazquez Amorín por daños padecidos en vehículo de su propiedad en la carretera de Porriño-Gondomar, le comunico que la citada carretera no es vía provincial, pertenece a la Xunta de Galicia". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcurrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituirse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 30.12707.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PAULINO ARAUJO VILAR, AVOGADO, EN NOME E REPRESENTACIÓN DA ENTIDADE ASEGURADORA HDI HANNOVER INTERNACIONAL, S.A., POR DANOS PADECIDOS EN AUTOMÓBIL DO SEU ASEGURADO D. JULIO ALBERTO SOLER RODRÍGUEZ O DÍA18-12-03, NA EP 2602 PEINADOR - LOUREDO (MOS) Dada conta que con data de Rexistro 06.09.04 (nº 028289) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Paulino Araujo Vilar, avogado da COMPAÑÍA DE SEGUROS HANNOVER INTERNATIONAL, con enderezo r/ Augusto González Besada, 15- 2ºD de Pontevedra, en nome e representación de D. JULIO ALBERTO SOLER RODRÍGUEZ, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Renault Scenic 1.9 e matrícula 5044-BCB na estrada EP-2602 Peinador-Louredo (Mos) no punto quilométrico 2,806 o día 18/12/03, e que individualiza económicamente en 2.670,00 ¤. Resultando.- Que despois de ser requerido o interesado coas prevencións do artigo 70.1 da Ley 30/92, decretouse a perención do procedemento por facer caso omiso do solicitado, iso a través de Resolución Presidencial de data 08.11.04. Resultando.- Que con data 16-11-04 interponse pola representación da reclamante recurso de reposición no que alega contra a devandita perención. Resultando.- Que con data 11.11.04, dictouse Resolución Presidencial pola que se estima o recurso interposto e se ordea darlle trámite o procedemento. Resultando.- Que con data 29.11.04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitíu en data 03-12-04 co seguinte contido: "En relación con las cuestiones formuladas en fecha 29 de noviembre 2004 por el Asesor Jurídico del Servicio Central, sobre reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por HDI HANNOVER INTERNACIONAL, S.A., por daños en el vehículo de su asegurado D. Julio Alberto Soler Rodríguez en la CP Peinador-Louredo, se informa lo siguiente: - Efectivamente, la CP 2602 es Carretera Provincial. - No se tiene conocimiento de que el día 18/12/2003, se produjese en esa carretera, incidente alguno que motivase la presencia de una brigada. - Con respecto al tercer punto, el día 19 de diciembre de 2003, alrededor de las 20,50 horas, y según informe del Capataz de la brigada correspondiente, ha sido necesario realizar una limpieza de arena en dicha carretera, motivada por el impacto de un vehículo contra un talud." Considerando.- Que o recurso se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescripción), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto ningún acto de proba concluínte aportou os antecedentes expedientales o reclamante, que se limita a aportar fotocopia do atestado levantado pola Garda Civil de Tráfico no que se consigna como probabilidade a existencia de substancias deslizantes na vía, sen concretar tamaño, fluido concreto, dimensión ou calquera outra característica que permitira precisar a súa natureza, polo que nin siquera a súa existenza pode dar por probada esta Deputación, sendo por tanto compatible o sinistro cun exceso de velocidade. Considerando.- Que no suposto da existencia da mancha en cuestión a mesma no é atribuíble a Deputación, pois produciríase pola actuación dun terceiro que neglixentemente a verteu sobre a vía, polo que, en todo caso, cumpriría aquela coa súa -de existir- eliminación ou limpeza por ser a titular da vía. Considerando.- Que na conducción, segundo vén poñendo de manifesto a máis recente xurisprudencia, existen riscos inherentes á mesma que deben ser aceptados como algo intrínseco á circulación rodada e que non supoñen (salvo proba en contrario dun mal actuar administrativo -focha sen sinalizar, substancia non eliminada da vía que permanece durante moitos días, etc.- e dunha correcta condución coa perfecta acomodación ás circunstancias da vía) responsabilidade patrimonial para a administración. Considerando.- Que para a cabal formación do xuízo de exoneración da responsabilidade interesa a esta Deputación a cita de dúas sentenzas recentísimas dictadas polos Xulgados num. 2 e 3 de Pontevedra, que en supostos idénticos (sustancia deslizante) concluía que non podía imputárselle á Administración a responsabilidade, por canto, nunha delas -así se razoaba- "...Fue un vehículo que precedentemente utilizó la vía el que vertió la sustancia que originó el accidente, lo que determina la ruptura del nexo causal por la intervención de un tercero", e na outra, e aínda que foron moitos os vehículos esnaquizados pois "...es conforme a la conciencia social la existencia de un riesgo inherente a la utilización de las vías de circulación", sentenzas nº121/04 e 179/04, respectivamente. Polo tanto abondan máis razoamentos, agás dicir que no mesmo senso pronunciase o TS nas sentenzas, por exemplo, de 05-06-98 e 13-11-97. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 31.12708.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE PERSOAL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE APOIO E ASESORAMENTO ÁS ENTIDADES LOCAIS E DE ADOPCIÓN DE ACORDOS RESPECTO DA TAXA POLOS SERVIZOS DO CPAM A Xunta de Goberno acorda deixar sobre a mesa para posterior discusión, o nomeamento do funcionario D. Benito Durán Martínez para prestar os servizos de asistencia ós concellos, e do mesmo xeito a autorización ó xefe do servizo do CPAM para a nomeamento do persoal que substitúa ó funcionario reseñado. Polo que fai referencia á taxa polos servizos prestados polo CPAM acórdase facer traslado a Intervención, Ingresos, ós efectos de que por esta se tramite o oportuno expediente para a anulación da taxa. ------ Folla: 32.12709.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta a Xunta de Goberno das seguintes resolucións xudiciais: a) "A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo núm. 02/ 4458/ 2001, recaída en autos de recurso núm. 02/ 4458/ 2001, promovidos por D. Pablo Otero Cabral e Dª. Mercedes Cabral Román contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada O Rosal-Baiona, o día 30 de abril de 2000, e na que se desestima dito recurso, absolvendo á Deputación de toda responsabilidade no sinistro por considerar que a causa principal do accidente debéuse á propia conducta do actor e á súa falta de dilixencia na conducción ó non extremar as precaucións dadas as características da vía. A defensa da Deputación nos referidos autos foi levada a cabo polos servizos xurídicos da aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., en virtude da póliza subscrita". b) Dada conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 dos de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 310/ 2004, promovidos contra esta Deputación por D. Avelino Pereira Martínez e D. Yolanda Álvarez Domínguez contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Tui- Rebordáns o día 12 de decembro de 2003, e na que dito Xulgado dá parcialmente a razón á Deputación minorando a reclamación de 7.628,03 ¤ a 3.865,65 ¤ (3.144,27 ¤ en concepto de gastos de reparación do vehículo e 721,38 ¤ en concepto de indemnización por días de baixa), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Proceder ó cumprimento da sentenza nos seus propios termos, actualizando a cantidade recoñecida como indemnización na mesma, de 3.865,65 ¤ conforme ó índice de prezos ó consumo desde o día 12 de decembro de 2003, data do accidente ata o día 20 de febreiro de 2004, e á que deberán incrementarse os xuros legais a partir da notificación da mesma -22 de decembro de 2004- ata a data do seu efectivo aboo. Segundo.- Da referida cantidade, en virtude da póliza subscrita coa aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., a Deputación deberá facerse cargo do aboo ós demandantes da cantidade de 601,01 ¤, en concepto de gastos de reparación do vehículo, ó ser o importe estipulado como franquía da devandita póliza de seguros, sendo de conta da devandita aseguradora o aboo da cantidade de 3.264,64 ¤, resultante de restar á fixada na sentenza, de 3.865,65 ¤, o importe de 601,01 ¤ que deberá aboar esta Deputación. Dita cantidade de 3.264,64 ¤ deberá actualizarse conforme ó índice de prezos ó consumo desde o día 12 de decembro de 2003 ata o día 20 de febreiro de 2004, e á que deberán incrementarse os xuros legais a partir da notificación da mesma -22 de decembro de 2004- ata a data do seu efectivo aboo. Terceiro.- Dar traslado deste acordo a AXA AURORA IBÉRICA, S.A. e á Intervención, ós efectos do seu cumprimento, así como ó Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra e ós demandantes, para o seu coñecemento. Cuarto.- Comunicar á Intervención que o importe de 601,01 ¤ que corresponde aboar a esta Deputación debe transferirse á conta de consignacións que o Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra ten na entidade BANESTO, 0030, oficina 6085, baixo o número 3598.0000.85, facendo referencia ó número de autos, esto é, 310/04, e con cargo á partida 04/511.511.210.00. c) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 161/ 2004, promovidos por D. Francisco Rodríguez Miniño contra expediente sancionador nº 186/ 2003, incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. O Xulgado do Contencioso dá a razón á Deputación en canto á restitución do medio físico ó estado anterior á infracción, mantendo tamén a sanción económica, se ben reducíndoa de 3.000 € a 500 €. A defensa do asunto na vista foi levada polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. Deberá darse traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras, ós efectos oportunos. d) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 197/ 2004, promovidos por D. Jesús María Rey Fraile, D. Angel J. Güimil Sánchez, D. Carlos Pérez Ferreiro, D. José Javier Escariz Fuentes e D. Francisco Jesús Baamonde Paz, contra o acordo do Pleno do Concello de Cuntis de 6 de abril de 2004, polo que se aprobóu o orzamento para o exercicio de 2004 e a Relación de Postos de Traballo, cuxa representación e defensa foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos desta Deputación, de conformidade coa Resolución Presidencial nº 013677, de 20/10/04, a petición do Concello de Cuntis e por imperativo do disposto no artigo 113.b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, sentenza na que se desestima integramente a demanda formulada polos anteriormente citados, confirmando en todos os seus puntos o referido acordo plenario. ------ Folla: 33.12710.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "CENTRO CULTURAL VECIÑAL BELESAR" DO CONCELLO DE BAIONA CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Baiona unha subvención por importe de setenta mil euros (70.000,00), con cargo ó PAM/2004, partida 04/911.453-762.45, para financiar a obra: "Centro Cultural Veciñal Belesar (libre disposición)", co núm. 355/818 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 34.12711.- APROBACIÓN DO PROXECTO REFORMADO DE "AMPLIACIÓN DE LABORATORIOS NA FINCA AREEIRO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 16-01-2004, polo que se adxudicou á UTE OCS OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L. -CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra "Ampliación de laboratorios na Finca Areeiro" na suma de 238.648,54¤, tendo a obra un orzamento de 257.303,00 ¤, e visto o proxecto reformado de dita obra cuxo importe ascende a suma de 257.303,00 ¤, redactado polo arquitecto provincial como consecuencia dunha maior adaptación á actividade que se pretende desenvolver e que afecta principalmente ós tabiques de distribución, revestimentos e instalación de electricidade máis completa e adaptada á maquinaria prevista, acordándose por unaminidade prestar aprobación ó proxecto reformado de "Ampliación de laboratorios na Finca Areeiro" por importe de 257.303,00 ¤ toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor da UTE OCS OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L. -CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. ------ Folla: 35.12712.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "ACTUACIÓNS DEPORTIVAS EN CANGAS" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno de 14-08-2003, polo que se adxudicou á UTE CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. -MODECAR, S.A., a obra "Actuacións deportivas en Cangas" na suma de 379.455,66 ¤, tendo a obra un orzamento de 379.455,66 ¤ e visto o proxecto modificado de dita obra cuxo importe ascende a suma de 379.455,66 ¤, redactado polo arquitecto director como consecuencia de que iniciadas as obras xurdiron unha serie de acontecementos que fixeron variar o proxecto orixinal afectando ós vestiarios, renovación do terreo de xogo, instalación de torres de iluminación de maior altura e substitución dos focos orixinais por uns de maior potencia, así como a substitución da drenaxe, acordándose por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "actuacións deportivas en Cangas" por importe de 379.455,66 ¤ toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra e mantendo o importe da adxudicación efectuado no seu día a favor da UTE CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. -MODECAR, S.A. ------ Folla: 36.12713.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición