ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/04/01_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-04-01_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/04/01_Ordinaria

  • Data(s) 2005-04-01 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día 1 de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12894.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de marzo de 2005. ------ Folla: 2.12895.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE SOLOS E FOLIARES, PARA A CAPTURA EN CAMPO E A REALIZACIÓN DE PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS Dada conta da remisión pola consellería de Medio Ambiente do mencionado Convenio. Resultando que a Excma. Deputación a través do Servizo Agrario -Estación Fitopatolóxica do Areeiro, posúe as instalacións e persoal cualificado para a realización dos traballos que demanda o Convenio, que se detallan nas cláusulas I e V. Resultando que supón un ingreso para a Excma. Deputación de Pontevedra de 60.000,00 ¤, achegados pola Consellería de Medio Ambiente, repartíndose 30.000,00 ¤ para o 2005 e 30.000,00 ¤ para o 2006 segundo a cláusula VI de Convenio que se trata. Vistos informes do Secretario Accidental dicindo que é correcto xuridicamente de data 28-02-05 e o favorable do Interventor con data 02-03-05, así como o do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 08-03-05 e o dictamen favorable da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería, acórdase por unanimidade a adopción do seguinte acordo: 1.- Aprobar o "Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Comunidade Autónoma de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a determinación das especies que xeran pragas e enfermidades forestais e a realización de análises de solos e foliares, para a captura en campo e a realización de probas de laboratorio a fin de verificar a virulencia das cepas de cancro de castaño captadas". Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE SOLOS E FOLIARES, PARA A CAPTURA EN CAMPO E A REALIZACIÓN DE PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS En Santiago de Compostela, de 2005. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, actuando en nome e representación da mesma en virtude das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 26 de decembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia. E doutra parte, o Ilmo. Sr. D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no seu nome e representación, en virtude das facultades que ostenta, segundo o artigo 34.1, b da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. EXPOÑEN PRIMEIRO.- I).- Que da Lei 43/2002, de 20 de novembro de sanidade vexetal se induce a necesidade de que as administracións competentes dispoñan dun sistema de observación a fin de facer un seguimento do estado sanitario das masas forestais e de detectar a aparición de novos axentes patóxenos. Que para determinar as causas dos danos observados e para determinar ou clasificar no seu caso as especies dos patóxenos se require a concorrencia de persoal moi especializado, de laboratorios con equipamento e metodoloxía adecuados. Que para desenvolver métodos de loita contra as pragas e as enfermidades das especies e masas forestais requírese a concorrencia de centros con tecnoloxías avanzadas e persoal científico moi cualificado e equipos humanos complexos a fin de poder estudar novos procedementos de determinación e de tratamento así como de poñer a punto métodos eficientes de loita contra pragas e de enfermidades. II).- Que a Consellería de Medio Ambiente ten entre as súas competencias, de acordo co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, a protección e conservación do medio ambiente natural e a ordenación, fomento e mellora da producción, industrialización e comercialización dos productos forestais, todo iso en concordancia co disposto no Real Decreto 1535/1984, do 20 de xuño, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. SEGUNDO.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra é titular da denominada Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro que dispón de persoal científico titulado moi cualificado e especializado en diversas áreas do coñecemento necesario para realizar determinacións no ámbito da fitopatoloxía forestal, de instalacións para realizar os estudos e de laboratorios adecuados para determinar, clasificar ou contribuír a clasificar as especies patóxenas, para realizar ensaios experimentais a fin de deseñar novos procedementos de loita contra pragas e enfermidades, ou para adaptar os procesos ás condicións galegas, así como para realizar cultivos de especies patóxenas e dos seus parasitos. TERCEIRO.- Que a Consellería de Medio Ambiente non dispón dos medios adecuados para afrontar estas tarefas, polo que se fai preciso a colaboración entre ámbalas dúas institucións que permite acadar os obxectivos plantexados. Por todo isto, acordan subscribir o presente convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- FINALIDADE Este convenio establece as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación Provincial de Pontevedra para a prestación por parte da Estación Fitopatolóxica do Areeiro á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, da Consellería de Medio Ambiente, dos seguintes servizos: 1) Determinación, e no seu caso clasificación ou contribución á clasificación, dos axentes patóxenos que se desenvolvan, así como a deducción de posibles causas abióticas que se observen no seu caso, nas mostras de plantas ou partes de plantas captadas polos servizos de protección forestal da Dirección Xeral no campo e enviadas á Estación Fitopatolóxica ó efecto. 2) Análise química (acidez, capacidade de cambio e contido en catións) das mostras de solo enviadas ó efecto á Estación Fitopatolóxica polos servizos de protección forestal da Dirección Xeral nas áreas nas que se captaran mostras da vexetación con signos de danos bióticos ou abióticos. 3) Captura no campo por persoal da Estación Fitopatolóxica de novos pés de castaño con chanceo (Endothia parasítica) a fin de investigar a hipovirulencia da cepa e a compatibilidade entre distintas cepas así como de dispor de recursos deste material fúnxico para desenvolver no seu momento métodos de loita biolóxica contra dita enfermidade. SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONVENIO O presente convenio producirá efectos desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2006. TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE DOS TRABALLOS A captura e a remisión de mostras de plantas e de solos a determinar ou clasificar será realizada en campo polas Unidades Técnicas dos Servizos de Montes e Industrias Forestais, baixo a dirección e coordinación do Xefe da Área Técnica de Protección e Ordenación Forestal, que actuará ademais como interlocutor perante a Deputación Provincial para este convenio. Os órganos mencionados teñen a súa dependencia da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente. Pola súa parte, as tarefas a realizar pola Deputación Provincial serán realizadas polo equipo da Estación Fitopatolóxica baixo a dirección do Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Deputación Provincial de Pontevedra, que ademais actuará de interlocutor perante a Consellería de Medio Ambiente para este convenio. Ambos directores definirán de mutuo acordo os protocolos para realizar as tarefas obxecto do Convenio. CUARTA.- SEGUIMENTO DOS TRABALLOS Para facilitar o seguimento e cumprimentos dos traballos a realizar, constituirase unha Comisión Mixta paritaria integrada polo Director Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente e o Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, ou persoas que designen en substitución, o Xefe da Área Técnica de Protección e Ordenación Forestal e o Xefe de Servizo de Fitopatoloxía da Deputación Provincial. Esta Comisión constituirase no prazo de trinta (30) días, contados a partir da data de sinatura deste convenio. A Comisión Mixta dictará as súas propias normas internas de funcionamento, reunirase cando o solicite algunha das partes e, en todo caso, ó menos unha vez ó ano. QUINTA.- REALIZACIÓN DOS TRABALLOS E PRESENTACIÓN DE INFORMES Durante a vixencia do convenio, os servicios de protección forestal realizarán unha mostraxe sistemática do estado sanitario de las Masas Forestais Galegas coas capturas necesarias por parcelas ó ano. O número total de parcelas de mostraxe permanentes en toda Galicia será inferior a 200. Ademais, poderanse realizar tomas de mostras ocasionais por emerxencia de axentes detectados puntualmente en número variable nas especies indicadas ou noutras. Estímase que as tomas ocasionais non xerarán un número de mostras a analizar superior a 200. Estímase tamén que en total o número de mostras a analizar pola Estación Fitopatolóxica non será superior a 500 unidades. Pola súa parte, os servizos da Estación Fitopatolóxica realizarán a mostraxe de campo dos pés de castaño así como os cultivos, análises e tarefas de laboratorio para determinar, clasificar ou contribuír a clasificar os axentes patóxenos presentes nas mostras de plantas, as análises de solos, os estudos de compatibilidade e de virulencia das cepas de cancro así como a producción en laboratorio de ootecas parasitadas. A Estación Fitopatolóxica dará de cada mostra recibida e analizada una relación por escrito das especies patóxenas determinadas ou dos axentes abióticos que no seu caso puideran ter provocado os danos. Da mesma forma procederá en relación cos resultados das análises de solo. En canto á captura e investigación das cepas de fungo hipovirulentas, ó rematar a tarefa encomendada a Estación Fitopatolóxica elaborará una relación dos traballos realizados e resultados obtidos. SEXTA.- IMPORTE E CONDICIÓNS DE PAGAMENTO O financiamento deste convenio correrá a cargo da Consellería de Medio Ambiente, nunha cantidade de sesenta mil euros (60.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria1502614c-604, código de proxecto 2002-15854. A Consellería de Medio Ambiente efectuará a liquidación do pagamento a favor da Deputación de Pontevedra mediante certificacións realizadas polo director dos traballos por parte da Consellería de Medio Ambiente. O desagregación por anualidades do presuposto de execución será o seguinte: Para a determinación de especies, análises de solos e captura de cepas de cancro do castaño, aplicación 1502614C-604.6, código de proxecto .2002.15854. Ano 2005----......................................................................30.000 euros Ano 2006----......................................................................30.000 euros O presente convenio está cofinanciado con fondos FEOGA-ORIENTACIÓN da U.E. SÉTIMA.- CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN E DOS RESULTADOS A Consellería de Medio Ambiente resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio. Se os servizos da Deputación Provincial de Pontevedra desexasen utilizar os resultados antes mencionados para a súa publicación, deberán obter a autorización previa e por escrito da Consellería de Medio Ambiente. Calquera que sexa o medio de difusión, ámbalas dúas partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio, así como á indicación do cofinanciamento cos fondos FEOGA-ORIENTACIÓN. Non obstante, en calquera caso, a Deputación Provincial poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización do estudo en actividades propias da súa función. OITAVA.- RELACIÓN LABORAL COA CONSELLERÍA A subscrición deste convenio non convela relación laboral contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que vaian a desenvolver as actividades a realizar pola Deputación Provincial e a Consellería de Medio Ambiente, de maneira que non se lle poderá esixir ningunha responsabilidade, nin directa nin subsidiaria, polos actos ou feitos acaecidos no desenvolvemento do mesmo. NOVENA.- MODIFICACIÓN, DENUNCIA E RESCISIÓN DO CONVENIO As partes poderán denunciar ou modificar o presente convenio en calquera momento por acordo mutuo. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio por unha das partes facultará á outra parte a rescindir o mesmo, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto da investigación, pero non así as obrigas contraídas no mesmo. DÉCIMA.- XURISDICCIÓN As partes comprométense a resolver de maneira amigable calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente convenio no seo da Comisión Mixta. Este convenio ten natureza administrativa e rexerase polas súas propias cláusulas. En caso de defecto destas, polas normas xerais do dereito administrativo. No seu caso, as partes someterán as diverxencias que puideran presentarse relativas a súa interpretación ou cumprimento perante a Xurisdicción Contencioso-Administrativa. E en proba de conformidade, asínase o presente convenio en triplicado exemplar no lugar e data indicados. O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE Asdo. José Manuel Barreiro Fernández O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 3.12896.- AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS AGRARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - 2005. Vistas as Bases Reguladoras de axudas económicas a Cooperativas Agrarias da provincia de Pontevedra, publicadas no BOP de data 9 de marzo de 2005, o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade a concesión de axudas económicas ás Cooperativas Agrarias que se mencionen no listado adxunto e correspondentes ás axudas solicitadas no ano 2004 que non foron atendidas, por un importe total de cento trinta e nove mil oitocentos corenta euros (139.840,00 ¤) e con cargo á partida 05/711.711.789.00. COOPERATIVA/Presuposto/Obxecto/Importe: SOCIEDADE COOPERATIVA GANDEIROS DO DEZA NIF F-36393775 25.000,00 ¤ Cisterna: 12.500,00 ¤ HORSAL SOCIEDADE COOPERATIVA NIF F-36033132 53.846,00 ¤ Envolvedora PV-350-LSHIX: 26.923,00 ¤ SERVIPOR SOCIEDADE COOPERATIVA NIF F-36437820 16.454,00 ¤ 10 Berracos: 8.227,00 ¤ COBIDEZA SOCIEDADE COOPERATIVA NIF F-36211019 8.058,96 ¤ Mobiliario: 4.029,00 ¤ APRODEZA SOCIEDADE COOPERATIVA NIF F-36188829 19.140,00 ¤ Remolque e sillas: 9.570,00 ¤ SOCIEDADE COOPERATIVA LTDA. VALLE DEL DEZA NIF F-36165082 4.934,52 ¤ Ordenador: 2.467,00 ¤ MAPAL SOCIEDADE COOPERATIVA NIF F-36433977 45.240,00 ¤ Autocargador picador: 9.000,00 ¤ SOCIEDADE COOPERATIVA XUNCOGA NIF F-36334092 64.887,00 ¤ Colocador y cosedora: 32.443,00 ¤ COAFOR SOCIEDADE COOPERATIVA AGRARIA NIF F-36173599 8.020,86 ¤ Mobiliario oficina: 4.010,00 ¤ COOPERATIVA DO CAMPO SILLEDA NIF F-36257574 23.537,52 ¤ Rotoempacadora: 11.768,00 ¤ COOPERATIVA GANDEIROS DE BOTOS NIF F-36257558 6.960,00 ¤ Grada de discos: 3.480,00 ¤ XUNDEVA AGRUPACIÓN DE DEFENSA SANITARIA DO GANDO VACÚN NIF F-36455921 10.786,00 ¤ Programas informáticos: 5.393,00 ¤ SOCIEDADE COOPERATIVA CONDADO DO PARADANTA NIF F-36277747 20.060,00 ¤ Vehículo isotermo: 10.030,00 ¤ TOTAL ORZAMENTO: 296.924,86 AXUDA: 139.840,00 ------ Folla: 4.12897.- AXUDA ECONÓMICA Á COORDINADORA PARA O ESTUDO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS (CEMMA) PARA A ADQUISICIÓN DUNHA UNIDADE MARÍTIMA PARA A ASISTENCIA DA FAUNA MARIÑA Vista a solicitude formulada por D. Alfredo López Fernández, Presidente de CEMMA e os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario. Visto así mesmo o informe da Intervención, acórdase por unanimidade a concesión dunha axuda económica por importe de seis mil euros (6.000,00 ¤), para a adquisición dunha unidade marítima para a asistencia da fauna mariña á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) (CIF:G-15400500), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente Presuposto Provincial. ------ Folla: 5.12898.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d. Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acordase a devolución das seguintes garantías: ACIRESA · A constituída en valores, mediante aval de Caixavigo, por importe de DOUSCENTOS CINCUENTA EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (250,75¤), para responder de "Construción de solos de garaxe no Parque Móbil do Rebullón", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13-08-1986, segundo núm 2710 de Caixa e Intervención, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SODEXHO ESPAÑA S.A. o A constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de DEZ MIL CINCOCENTOS SESENTA E NOVE EUROS CON VINTEDOUS CÉNTIMOS (10.569,22 ¤), para responder do contrato do servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28-05-2001 con número de operación 200100025874, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO POPULAR S.A. (COPE) o A constituída en metálico, por importe de SEISCENTOS EUROS (600,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade mediante a emisión de 500 cuñas publicitarias en emisoras da cadea COPE de Avilés, Bierzo, Valladolid, Sur-Fuenlabrada e Sierra-Villalba durante as nadal de 2004 para a promoción turística da provincia de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11-01-2005 con número de operación 200500002414, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.12899.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO COMPLEMENTARIO DE TERMINACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN MORAÑA Visto o presuposto complementario do de "terminación do Pavillón Polideportivo en Moraña", cuxo importe ascende á suma de 29.460,12 ¤, redactado polo enxeñeiro director da obra co obxecto de finalizar as obras de dito pavillón, que contempla unha serie de partidas non orzamentarias que consisten na construción de tabiques, instalación sanitarias para minusválidos, etc.; e visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto que unha vez se proceda á incorporación do remanente de 2004 á partida correspondente haberá saldo dispoñible para facer fronte á obra, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó presuposto complementario de "terminación do Pavillón Polideportivo en Moraña" por importe de 29.460,12 ¤", IVE incluído. ------ Folla: 7.12900.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE RODEIRO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE "ENSANCHE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E MELLORA DA CAPA DE RODADURA EP 6201 RODEIRO-RÍO (TRAMO URBANO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 23-12-2004, polo que se prestou aprobación ó Convenio de colaboración co concello de Rodeiro para a execución da obra "Ensanche beirarrúas, servizos e mellora de capa de rodadura EP 6201 Rodeiro-Río", co presuposto de 326.064,19 ¤, dos que o concello achegaría a suma de 119.999,99 ¤ que sería ingresada na Tesourería da Deputación previamente á adxudicación da obra, e dado que a achega municipal será financiada con cargo ó Programa de Acción Municipal nas anualidades de 2004, por importe de 48.000,00 ¤ e de 2005, por importe de 71.999,99 ¤, acórdase por unanimidade modificar a cláusula 2ª do referido convenio redactada como segue: "2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 206.064,20 ¤ e do Ilmo. Concello de Rodeiro, por importe de 119.999,99 ¤. A achega do Ilmo. Concello de Rodeiro será financiada con cargo ó Programa de Acción Municipal nas anualidades de 2004, por importe de 48.000,00 ¤, e de 2005, por importe de 71.999,99 ¤. A achega da Excma. Deputación Provincial será financiada con cargo á partida 05/511.511.612.02.2004 do vixente presuposto provincial". ------ Folla: 8.12901.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA", DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Vilagarcía de Arousa unha subvención por importe de cento oitenta mil euros (180.000,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Conservatorio Profesional de Música", co núm. 9/56 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 9.12902.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "REFORMA E AMPLIACIÓN DE GARDERÍA INFANTIL E EQUIPAMENTO", DO CONCELLO DE PONTEAREAS, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Ponteareas unha subvención por importe de sesenta e cinco mil catrocentos once euros con noventa e un céntimos (65.411,91 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Reforma e ampliación Gardería Infantil e Equipamento", co núm. 30/70 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 10.12903.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "CASA CULTURAL RIBADETEA, 3ª FASE", DO CONCELLO DE PONTEAREAS, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Ponteareas unha subvención por importe de setenta mil trescentos trinta e tres euros (70.333,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Casa cultural Ribadetea, 3ª Fase", co núm. 28/68 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 11.12904.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "AMPLIACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO VIARIO", DO CONCELLO DE PONTEAREAS, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Ponteareas unha subvención por importe de noventa e seis mil cento setenta e cinco euros con vinte e catro céntimos (96.175,24 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Ampliación de instalacións de ilumminación pública viario", co núm. 27/67 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 12.12905.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "MELLORA DE ACCESO ÓS NÚCLEOS DE NESPEREIRA, CEPEDA, BORBÉN, PAZOS, XUNQUEIRAS E AMOEDO", DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Pazos de Borbén unha subvención por importe de setenta e dous mil setenta e nove euros con noventa e cinto céntimos (72.079,95 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Mellora de acceso os núcleos de Nespereira, Cepeda, Borbén, Pazos, Xunqueiras e Amoedo", co núm. 12/72 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 13.12906.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "URBANIZACIÓN E PAVIMENTACIÓN DE ZONA ANTERIOR CEMITERIO COMBARRO", DO CONCELLO DE POIO, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Poio unha subvención por importe de oitenta e un mil trinta e catro euros con cincuenta e dous céntimos (81.034,52 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Urbanización e pavimentación de zona anterior cemiterio Combarro", co núm. 45/57 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 14.12907.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ORDENACIÓN E PAVIMENTACIÓN ZONA VERDE EN RÚA CASTELAO (CASAL-SAN XOÁN)", DO CONCELLO DE POIO, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Poio unha subvención por importe de sesenta e dous mil trescentos cincuenta e nove euros con dezasete céntimos (62.359,17 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Ordenación e pavimentación zona verde en rúa Castelao (Casal-San Xoán)", co núm. 44/55 e con suxeición ás condición seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 15.12908.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 16.12909.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 30 de marzo do ano actual, para o recoñecemento extraxudicial de créditos, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar: - A relación comprensiva de oitenta e unha facturas, que figuran na referencia 200500000242, por un importe global de cento dezaoito mil cento setenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (118.172,89 ¤), a primeira das cales é a relativa a Comervia, S.L. por un importe de 213,44 euros, e finaliza coa correspondente a El Colmenar, por un importe de 1.207,10 ¤ na que se recoñecen obrigas por un importe de cento dezaoito mil cento setenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (118.172,89 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 17.12910.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE MEDICIÓN A CUSTO CERO DA CUBERTA PARA PISTA POLIDEPORTIVA EN CAMOS (NIGRÁN) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 30-04-2004, polo que se adxudicou a NORVIAL, S.L. a obra "Cuberta da pista deportiva en Camos (Nigrán)" na suma de 87.564,80 ¤, tendo a obra un presuposto de licitación de 90.151,81 ¤; visto o proxecto modificado de medición a custo cero da referida obra, cuxo importe ascende á suma de 90.151,81 ¤, redactado pola Dirección da obra como consecuencia de que unha vez iniciados os traballos observase a necesidade de ampliar a luz do proxecto así como o desprazamento da cuberta cara a zona este coa correspondente adaptación dos terreos, o que implica un aumento tanto no movemento de terras como na cimentación; e, visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial polo que aceptan as condicións e requisitos do proxecto modificado, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de medición a custo cero "Cuberta da pista deportiva en Camos (Nigrán)" toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de NORVIAL, S.L.". ------ Folla: 18.12911.- ADXUDICACIÓN DA OBRA MODIFICADO DE MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTACIÓN EP VISO-ALXÁN (SOUTOMAIOR) Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 21-11-2002, polo que se adxudicou a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra "Mellora de trazado e pavimento EP Viso-Alxán (Soutomaior)" na suma de 244.000,00 ¤, IVE incluído, visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 11-03-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 292.800,00 ¤, supoñendo un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 48.800,00 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria polo que se presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art.. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra relativa ó proxecto modificado de "Mellora de trazado e pavimento E.P. Viso-Alxán (Soutomaior)" na suma de 48.800,00 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva polo importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 19.12912.- INFORME SOBRE ESTATUTOS DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO Visto o escrito de 14.03.05 nº 7286, da Secretaría da Comisión Xestora do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, xuntando Acordo de 28.02.05 que aproba provisionalmente os Estatutos e vistos os informes de Intervención e Secretaría Xeral desta Deputación de 21.03.05 e 30.03.05, acórdase por unanimidade prestar conformidade e aceptalos nos seus propios termos e coas correccións que se propoñen, todo isto a efectos do sinalado no art. 140.1 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ditos informes son como seguen: "INFORME DE INTERVENCIÓN En cumprimento da legalidade vixente, e en relación co proxecto de estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Morrazo, emítese o seguinte informe: a) No artigo 12 (atribucións do pleno), no seu apartado 4 establece: "... e a aprobación provisional das contas...", considero que ó pleno do consorcio correspóndelle a aprobación da conta xeral, previo estudo e informe da Comisión Especial de Contas (ten carácter preceptivo artigo 127 do R.d. 2568/86, de 28 de novembro). Deberíase eliminar a palabra "provisional". b) No mesmo artigo 12, no seu apartado 7 dispón: "Aprobación de convenios, conciertos y acuerdos..." non se concilia moi ben coa competencia do apartado 16 do mesmo artigo; pois atribúelle competencia para aprobar todo tipo de convenios, concertos, etc, calquera que sexa a súa importancia, e en materia de contratación atribúeselle naqueles que teñan un prezo considerable (o prezo supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto). c) No mesmo artigo 12 no seu apartado 10 dispón: "Al regular la plantilla y la relación de puestos de trabajo, parece que el personal fijo solo puede ser funcionario, se excluye la posibilidad de contratar personal laboral fijo". Esta restricción deberíase eliminar dos estatutos. d) No artigo 19 (persoal), no seu apartado 1 punto d), da a entender que non se pode contratar persoal laboral temporal se non está previsto na relación de postos de traballo, aínda que exista crédito consignado na partida orzamentaria para facer fronte a contratacións laborais, por razóns de urxencia, etc. e) No artigo 21 (achegas ó Consorcio), no seu apartado b) (gastos de funcionamento), creo que sería aconsellable que os Concellos participen no financiamento dos gastos de funcionamento, xa que desta forma todo os membros que integran o Consorcio e que participan na súa xestión, asumen, no seu caso, os custes dunha mala xestión, é dicir que todo se sentirán corresponsables da xestión. f) No art. 23 (aprobación do presuposto) deberíase establecer un prazo (mes de setembro) para que polos responsables do Consorcio se comunique con antelación suficiente ós Entes territoriais membros do Consorcio, a achega para inversións e para gastos de funcionamento con cargo ó presuposto do exercicio seguinte. INFORME DE LA SECRETARÍA En relación coa petición de informe ó Proxecto de Estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, remitido polo Xefe do Servizo do CPAM, maniféstase o seguinte: 1.- Os consorcios configúranse como órganos de relacións interadministrativas de carácter voluntario para a cooperación económica, técnica e administrativa entre a Administración Local e as Administracións do Estado e das Comunidades Autónomas ou con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público concorrente cos das Administracións Públicas (arts. 57 e 87 da Lei 7/85, de 2 de abril, 61, 69 e 110 R.d.l. 781/86, de 18 de abril). A Lei 5/97, de 22 de xullo, Administración Local de Galicia, os configura como entidades locais non territoriais (art. 2). Gozan de personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos fins que os seus Estatutos determinen, así mesmo establecen as peculiaridades do réxime orgánico, funcional e financeiro (arts. 149 a 152). 2.- No art. 9, o último apartado "A petición da maioría...oportunos" non é sistematicamente o lugar para establecelo. Debería figurar mais correctamente no artigo 16. 3.- No art. 15 respecto as funcións dos funcionarios con habilitación de carácter nacional sería mellor remitirse ás establecidas na lexislación (R.d. 1174/1987, de 18 de setembro, modificado por R.d. 834/2003, de 27 de xuño). Ó respecto poderíase establecer unha disposición transitoria en relación coa posibilidade de exención pola Comunidade Autónoma da obriga de manter os postos propios reservados a habilitados de carácter nacional (art. 4.2 R.d. 1732/94, de 29 de xullo). 4.- Ó réxime da separación dunha entidade, regúlase en dous artigos diferentes: art. 26 in fine e 27. Sistematicamente debe regularse nun. A referencia ó final do art. 27 a ese mesmo articulado sobra. 5.- O art. 25 (lexislación aplicable) debería figurar mellor como dereito supletorio ó final do articulado, manifestado solo que en todo o non previsto se estará á lexislación de réxime local e á demais lexislación aplicable e así evitar a referencia concreta a normativa." ------ Folla: 20.12913.- ADHESIÓN DESTA DEPUTACIÓN Á PROPOSTA DE CONCESIÓN DA CRUZ DE HONRA DE SAN RAIMUNDO DE PEÑAFORT Ó EXCMO. SR. D. JESÚS SOUTO PRIETO, PRESIDENTE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA Acórdase por unanimidade que adhirase á proposta do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra, para a concesión da Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, ó Excmo. Sr. D. Jesús Souto Prieto, Presidente do Tribunal de Xustiza de Galicia, polos méritos que concorren na súa traxectoria profesional e pola estreita vinculación, tanto profesional como particular coa cidade de Pontevedra. ------ Folla: 21.12914.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición