ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/05/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-05-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/05/06_Ordinaria

  • Data(s) 2005-05-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día seis de maio do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13002.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de abril de 2005. ------ Folla: 2.13003.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: INDEZA, S.L. (NIF. B36009785) * A constituída en valores,mediante aval de Sogarpo, por importe de novecentos cincuenta e nove mil euros con oitenta e cinco céntimos (959,85 ¤), para responder do: "Proxecto reformado de pavillón polideportivo no Colexio EXB Santo Tomé de Cambados", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-03-2000, segundo núm. de operación 2000015051, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO, S.L. (NIF. B36117356) * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos setenta e tres euros con sesenta e nove céntimos (2.373,69 ¤), para responder de: "Traslado e montaxe da nave sita no antigo Fogar Provincial á Finca Areeiro para ampliación dos Laboratorios", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-11-2002, segundo núm. de operación 200200095250, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos cincuenta e seis con setenta e tres céntimos (2.356,73 ¤), para responder de: "Traslado e montaxe da nave sita no antigo Fogar Provincial á Finca Areeiro para ampliación dos Laboratorios, 2ª fase", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-06-2003, segundo núm. de operación 200300045001, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 3.13004.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 19 e 22 de abril do ano actual, respectivamente, para o recoñecemento das obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar: a) A relación comprensiva de setenta e cinco facturas, que figuran na referencia 200500000324, por importe global de trinta e cinco mil setecentos oitenta e catro euros con trinta céntimos (35.784,30 ¤), a primeira das cales é a relativa a Fraternidad -Muprespa por importe de 1.692,00 euros, e finaliza coa correspondente a Taller Electromecánico EMH, S.L., por un importe de 564,93 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de trinta e cinco mil setecentos oitenta e catro euros con trinta céntimos (35.784,30 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. b) A relación comprensiva de dúas facturas, que figuran na referencia 200500000365, por un importe global de vinte e dous mil seiscentos vinte e tres euros con sesenta e nove céntimos (22.623,69 ¤), a primeira das cales é a relativa a Torculo Artes Gráficas, S.A. por importe de 11.835,69 euros, e finaliza coa correspondente a Dixital 21, S.L., por importe de 10.788,00 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de vinte e dous mil seiscentos vinte e tres euros con sesenta e nove céntimos (22.623,69 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.13005.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E PAVIMENTACIÓN NA ESTRADA DE RÍO, DO CONCELLO DE RODEIRO, CON CARGO Ó PAM/2005 (CONVENIO) En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Rodeiro unha subvención por importe de setenta e un mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (71.999,99 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Abastecemento, saneamento e pavimentación na estrada de Río", con número 115/202 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pago da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 5.13006.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA BEIRARRÚAS SOUTO DE VEA, DO CONCELLO DA ESTRADA, CON CARGO Ó PAM/2005 (CONVENIO) En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello da Estrada unha subvención por importe de cento oitenta mil euros (180.000,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Beirarrúas Souto de Vea", con número 59/37 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pago da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 6.13007.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº6 DA REVISIÓN DO PXOM DAS NEVES-NÚCLEO RURAL DE A CARRASQUEIRA, DO CONCELLO DAS NEVES Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do concello das Neves, de data 18 de abril de 2005 (rexistro de entrada número 011863, de data 20-04-05) pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Modificación Puntual nº6 da revisión do PXOM das Neves-Núcleo rural de "A Carrasqueira" do concello das Neves, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15.4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 29 de abril de 2005, que literalmente di: "...que visto los retranqueos que se proponen a las Vías Públicas, al menos en lo que concierne a las de titularidad provincial no se entiende como operativas, ya que de acuerdo con la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Estradas Provinciais, la distancia a la que se debe retranquear cualquier elemento viene establecida por una distancia mínima de 6 m. al eje del Vial. Como recomendación se debiera de hacer extensiva esta medida al. Resto de las vías a fin de dar a las mismas una proyección de futuro suficiente que no impida el desarrollo y el crecimiento normal entorno a una Vía de Circulación". A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello das Neves. ------ Folla: 7.13008.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.13009.- RATIFICACIÓN DO ACORDO PARA CREACIÓN DO FORO PERMANENTE DE CIDADES DIXITAIS A Xunta de Galicia ven de crear un foro permanente de Cidades Dixitais Galegas co fin de crear espazos de debate e comunicación que faciliten a cooperación entre todos os concellos galegos no que se refire as iniciativas relacionadas coas novas tecnoloxías da información, en aras de aproveitar sinerxías e recursos que deriven en beneficios para todos os galegos. É neste contexto, onde o Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asinou con data 19 de abril a aceptación do acordo xunto co Ministerio de Industria e Comercio, os Concellos da Estrada, Vilalba, Pontes de García Rodríguez, Monforte, Ribeira, Redondela e Verín, e con Caixa Galicia no ámbito da súa obra benéfico social. Este acordo non comporta ningún compromiso orzamentario algún. Por todo o anteriormente exposto, acórdase por unanimidade a adopción do seguinte acordo: - Ratificar o acordo de data 19 de abril de 2005, asinado polo Presidente da Excma. Deputación Provincial para a creación dun foro permanente de "Cidades Dixitais" de Galicia. Dito acordo é como segue: "ACORDO PARA A CREACIÓN DO FORO PERMANENTE DE CIDADE DIXITAIS DE GALICIA O foro permanente de Cidades Dixitais Galegas xorde da iniciativa da Xunta de Galicia, co fin de crear espazos de debate e comunicación que faciliten o aproveitamento das sinerxías derivadas da execución de actuacións en materia de novas tecnoloxías da información e comunicación levadas a cabo polos distintos concellos galegos, e que deriven en beneficio de toda a cidadanía galega. O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio manifesta o seu interese en participar neste Foro, como promotor do proxecto estatal de "Cidades Dixitais" recollido nos plans de fomento da Sociedade da Información. Os concello da Estrada, Vilalba e As Pontes de García Rodríguez manifestan idéntica vontade, reforzada, neste caso pola participación no programa estatal de "Cidades Dixitais". De igual xeito, os concellos de Monforte, Ribeira, Redondela e Verín con experiencias piloto neste eido expresan o seu interese en adherirse e este foro. Por último, a Deputación Provincial de Pontevedra e Caixa Galicia, esta última actuando no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, e as dúas como entidades colaboradoras do programa "Cidades Dixitais" móstranse satisfeitas coa creación do Foro Cidades Dixitais de Galicia e poñen de manifesto a súa aceptación do mesmo. Por todo iso, as partes establecen os seguintes acordos: 1.- Manifestar a vontade de traballar conxuntamente no desenvolvemento de actuacións en materia de novas tecnoloxías e da Sociedade da Información, favorecendo deste modo o aproveitamento das sinerxías derivadas das súas accións de goberno. 2.- Aceptar e comprometerse a manter o espírito polo cal se crea este Foro Permanente de Cidades Dixitais Galegas, desenvolvéndoo posteriormente nun Regulamento Interno, acordado entre as partes, que regule o funcionamento e sistemas de adhesión ó mesmo. 3.- Crear unha Comisión Mixta, de composición paritaria, que será a impulsora do Foro e establecerá os mecanismos de información necesarios para darlle a maior repercusión social posible, creando a súa imaxe corporativa. 4.- As partes manifestan a súa vontade de facer extensivo este proxecto ó resto dos concellos galegos interesados e que desenvolvan proxectos en materia de novas tecnoloxías da información e comunicación e Sociedade da Información, ás Deputacións Provinciais, así como a outras entidades públicas ou privadas que estean a traballar neste eido." ------ Folla: 9.13010.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE SOLOS E FOLIARES, PARA A CAPTURA EN CAMPO E A REALIZACIÓN DE PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS Visto o acordo 2.12895 que adoptou a Xunta de Goberno na sesión ordinaria de data 1 de abril de 2005 polo cal se aproba o "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE SOLOS E FOLIARES, PARA A CAPTURA EN CAMPO E A REALIZACIÓN DE PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS". Visto o novo texto do convenio remitido pola Consellería de Medio Ambiente, unha vez dado traslado do convenio antes mencionado, atopáronse pequenas modificacións na cláusula "Sexta.- Importe e condicións de pagamento" e visto, así mesmo, o informe do enxeñeiro director de data 03-05-05, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar a "Modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Comunidade Autónoma de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a determinación das especies que xeran pragas e enfermidades forestais e a realización de análises de solos e foliares, para a captura en campo e a realización de probas de laboratorio a fin de verificar a virulencia das cepas de cancro de castaño captadas", que afecta ó seguinte: Na cláusula Sexta.- Importe e condicións de pagamento: · A partida orzamentaria pasa a ser a "15.02.614-C.640.1" eliminándose o texto que segue a continuación "código de proxecto 2002.15854". · No segundo parágrafo da citada cláusula engádese o texto que vai en negriña "... Deputación de Pontevedra mediante facturas emitidas por esta e certificacións realizadas..." ------ Folla: 10.13011.- CONTRATO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E AFRICOR (PONTEVEDRA) Resultando que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra dispón na súa Finca Mouriscade dunha sección gandeira e que AFRICOR (Pontevedra) oferta entre outras actuacións labores no ganado de manexo, doma, limpeza, preparación para feiras exposicións, etc. Resultando que no mencionado contrato de colaboración suporá para a Excma. Deputación a doazón a AFRICOR (Pontevedra) de catro lotes de embrións constituídos cada un de eles por dúas unidades. Vistos informe xurídico do Secretario de data 03-05-05 e informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 05-05-05 acórdase por unanimidade a adopción do seguinte acordo: - Aprobar o "Contrato de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e AFRICOR (Pontevedra)" e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito contrato é como segue: "CONTRATO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E AFRICOR (PONTEVEDRA) REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta segundo o artigo 34.1 b) da Lei 7/85, de 2 de abril de Bases de Réxime local, e doutra parte AFRICOR, con CIF G-36170264, con domicilio social en Recinto Ferial, s/n, Silleda (Pontevedra) e representada por D. Rafael Méndez Guerra con DNI número 52480768 en calidade de Presidente, Ambas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para contratar. MANIFESTAN a) Que a Excma. Deputación dispón dunha explotación gandería de ganado Frisón e en colaboración coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural desenvolve un programa de mellora xenética nas instalacións Gandeiras da Finca Mouriscade coa participación de gandeiros da Provincia, mediante a entrega de noviñas receptoras para posterior implantación de embrións. A teor do disposto no Convenio os machos que considere oportuno a Consellería, destinaranse para o seu testaxe como futuros sementais e as femias destinaranse como futuras doazóns de embrións. b) Que AFRICOR PONTEVEDRA, entre outras actuacións, realizará o control leiteiro, roldas de clasificación de ganado, preparación do mesmo para feiras exposicións que comprenden as seguintes tarefas: limpeza, pelado, doma, etc., e para iso dispón de persoal cualificado para efectualas. Ó mesmo tempo pódense abrir novas liñas de cooperación entre ambos organismos, fundamentalmente facendo de Mouriscade un centro de referencia para a formación de gandeiros en temas de recría, bioseguridade, alimentación, en manexo e cow-confort. Do exposto ambos organismos desexan establecer un contrato de colaboración segundo as seguintes CLÁUSULAS I.- A Excma. Deputación de Pontevedra a través da explotación gandeira da Finca Mouriscade, pertencente ó Servizo Agrario, pon o ganado da súa propiedade a disposición de AFRICOR para que o persoal de esta organización efectúe traballos de preparación do mesmo para a participación en concursos clasificación morfolóxicas, domado, pelado e cantas outras accións se estimen oportunas por AFRICOR e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. II.- En contraprestación a esta labor a Excma. Deputación dará 4 lotes de embrións constituídos cada un de eles por dúas unidades do seu banco de embrións que dispón conxelados, para a súa distribución, por AFRICOR, entre os seus operarios que sexan gandeiros e que cumpran cos requisitos de que as súas explotacións gandeiras se atopen en control leiteiro, que se implanten nas súas ganderías e que sexan de Pontevedra. III.- O presente contrato de colaboración poderá modificarse en anos sucesivos si fora necesario e ampliaranse as liñas de colaboración entre AFRICOR e a Excma. Deputación de Pontevedra ó considerar a explotación gandeira da Finca Mouriscade como centro de formación dos gandeiros da provincia en técnicos en recría de ganado, bioseguridade, manexo, etc. IV.- O presente contrato de colaboración empezará a producir os seus efectos a partir da data da sinatura e terá unha duración dun ano podendo prorrogarse, por acordo de ambas partes, ata un máximo de tres. V.- O contrato que nos ocupa poderá rescindirse por renuncia de calquera das partes mediante aviso previo e comunicándoo por escrito cun mes de antelación. Como proba de conformidade asinan o presente contrato, en todas as follas, no lugar e data indicada. Pontevedra, ....... de ............. de 2005 Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Por AFRICOR, Asdo. D. Rafael Méndez Guerra" ------ Folla: 11.13012.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO "A" PARA ABASTECER ÓS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA NO ANO 2005 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 15 de abril de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para o subministro de gasóleo A, para abastecer os vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria no ano 2005, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP nº77, do 22-04-2005 e no Diario Oficial de Galicia número 79, do día 26 de abril de 2005. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura da única plica presentada pola empresa, Gasóleos Galicia, S.L., subscrita pola Mesa de Contratación con data 5 de maio de 2005. Visto o informe emitido, con data 06-05-2005, polo Xefe do Parque de Maquinaria sobre a única oferta presentada e admitida, no que manifesta que a mesma cumpre as condicións esixidas no concurso. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 6 de maio de 2005, para que se lle adxudique o concurso á empresa Gasóleos Galicia, S.L., de acordo co informe técnico emitido polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 6 de maio de 2005. Acórdase por unanimidade: - Adxudicar á empresa Gasóleos Galicia, S.L. (CIF B-36.290.336) o concurso correspondente ó subministro de gasóleo A, para abastecer os vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria no ano 2005, polo prezo ofertado de 0,871 euros/litro, IVE e impostos incluídos, ó resultar a única empresa presentada e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. Dito subministro de gasóleo A é para o consumo dos vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante un período de catro meses do ano 2005 a contar desde a formalización do contrato coa empresa, Gasóleos Galicia, S.L. e que se estima nun máximo de 80.000 litros, o que supón, ó prezo de 0,871 euros/litros, un importe total de 69.680,00 euros. O pago do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/511.511.221.03, do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4 % do prezo de adxudicación por importe de 2.787,20 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase a devolución da fianza provisional constituída pola empresa adxudicataria unha vez constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 116,95 euros e 238,80 euros (total 355,75 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 12.13013.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE ENSANCHE EP5102 LAMOSA-FRANQUEIRA-ACHAS (COVELO) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión de 07-11-2002, polo que se adxudicou a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra "Ensanche EP 5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)" na suma de 60.380,00¤, IVE incluído, tendo a obra un presuposto de contrata de 71.314,10¤; visto o proxecto modificado de dita obra redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de dotar dunha maior estabilidade ó terraplén proxectado mediante a construción dun valo de mampostería de dimensións diferentes ás contempladas inicialmente, ademais de engadir o conseguinte incremento de terraplén ata conseguir a plataforma desexada, así como a substitución dunha obra de fábrica por tubo de formigón, ascendendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 70.690,32 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra principal de 10.310,32 ¤; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02, acórdase por unanimidade aprobar o proxecto modificado nº1 de "Ensanche EP 5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", por importe de 70.690,32 ¤, IVE incluído, resultante de aplicar a porcentaxe de baixa de adxudicación da obra inicial supoñendo un incremento sobre a mesma de 10.310,32 ¤. ------ Folla: 13.13014.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión de 28-01-2004, polo que se aprobou definitivamente o proxecto de "Ensanche e mellora de trazado EP Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase", con presuposto para coñecemento da Administración de 1.575.715,47 ¤, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.413.452,85 ¤ e expropiacións por importe de 162.262,62 ¤, publicándose no DOG de 17-12-2004 Decreto 291/2004, declarando a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra; visto o acordo do Pleno, adoptado en sesión de 30-03-2005, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello da Guarda para a execución da obra de "Urbanización da rúa Concepción Arenal (A Guarda)", con presuposto de 486.284,01 ¤, financiándose, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 389.715,97 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005, 139.715,47 ¤ na anualidade de 2006 e 150.000,00 ¤ na anualidade de 2007) e do concello da Guarda por importe de 96.568,04 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005; visto o acordo adoptado polo Pleno da Deputación, en sesión de 30-03-2005, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello da Estrada para a execución da obra de "Protección vial e servizos EP Portela-Souto de Vea (A Estrada)", con presuposto de 450.000,00 ¤, financiándose, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 270.000,00 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005 e 170.000,00 ¤ na anualidade de 2006) e do concello da Estrada por importe de 180.000,00 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 15 de abril de 2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto "Protección vial e servizos EP Coirón-Ribadumia-Leiro (Ribadumia)" por importe de 526.008,93 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental relativo ó prego de condicións que rexerá o concurso para a contratación das obras, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor Accidental, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas obras", que a continuación se citan polo tipos de licitación que así mesmo se detallan: 1.- Ensanche e mellora de trazado EP Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase 1.413.452,85 ¤ 2.- Protección vial e servizos EP Coirón-Ribadumia-Leiro 526.008,93 ¤ 3.- Urbanización rúa Concepción Arenal (A Guarda) 486.284,01 ¤ 4.- Protección vial e servizos EP Portela-Souto de Vea (Estrada) 450.000,00 ¤ As obras obxecto do expediente financiaranse da seguinte maneira: As obras nº1 e 2 con cargo á partida 05/511.511.612.02. A obra nº3, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 389.715,97 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005, 139.715,47 ¤ na anualidade de 2006 e 150.000,00 ¤ na anualidade de 2007) e o concello da Guarda por importe de 96.568,04 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005. A obra nº 4, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 270.000,00 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005, e 170.000,00 ¤ na anualidade de 2006) e do concello da Estrada por importe de 180.000,00 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta do adxudicatario. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE DIVERSAS OBRAS 1. OBXECTO. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 3ª deste prego con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2. FINANCIAMENTO DAS OBRAS. As obras obxecto do concurso financiarase da seguinte maneira: As obras nº1 e 2 con cargo á partida 05/511.511.612.02. A obra nº3, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 389.715,97 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005, 139.715,47 ¤ na anualidade de 2006 e 150.000,00 na anualidade de 2007) e do concello da Guarda por importe de 96.568,04 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005. A obra nº4, con cargo á partida 511.511.612.02, coas achegas da Deputación por importe de 270.000,00 ¤ (100.000,00 ¤ na anualidade de 2005 e 170.000,00 ¤ na anualidade de 2006) e do concello da Estrada por importe de 180.000,00 ¤ con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005. 3. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN. Os presupostos tipo de licitación son os que mais adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nestes todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Ensanche e mellora de trazado EP Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase 1.413.452,85 ¤ 2.- Protección vial e servizos EP Coirón-Ribadumia-Leiro 526.008,93 ¤ 3.- Urbanización rúa Concepción Arenal (A Guarda) 486.284,01 ¤ 4.- Protección vial e servizos EP Portela-Souto de Vea (Estrada) 450.000,00 ¤ 4. PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para a executar e rematar todas as obras incluídas nos proxectos será de oito meses para a obra nº1, seis meses para a obra nº2 e catro meses para as restantes, contado a partir da comprobación do replánteo de cada obra. 5. PRAZO DE GARANTÍA. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6. FIANZAS. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. FORMA DE PAGAMENTO. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, retíraselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra xuntarase coa factura correspondente, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. PROPOSICIÓNS. O prazo para presentar as ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro xeral desta Deputación, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarse pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) Documento Nacional de Identidade, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación expedida polo organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, que será: Obra nº1: grupo A, subgrupo 2, categoría c; grupo E, subgrupo 1, categoría c; e grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº2: grupo E, subgrupo 1, categoría f; e grupo G, subgrupo 6, categoría f. Obra nº3: grupo E, subgrupo 1, categoría e; e grupo G, subgrupo 4, categoría e. Obra nº4: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - o secretario. - o interventor. - o viceinterventor. - o enxeñeiro director de Vías e Obras. SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do mércores da semana seguinte á do día en que remate o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN 1) Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2) Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4) Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5) Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. ADXUDICACIÓN definitiva. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. DEMORA NA EXECUCIÓN. Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18. INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO. O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. RÉXIME XURÍDICO APLICABLE. En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de dereito privado." ------ Folla: 14.13015.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA DA OBRA DE REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DA LOMBA (VILAGARCÍA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 22 de abril de 2005, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de "Remodelación total do terreo de xogo do campo municipal da Lomba (Vilagarcía)", con presuposto de 291.191,65 ¤ (desagregado en presuposto de contrata por importe de 281.722,16 ¤ e honorarios de redacción por importe de 9.469,49 ¤), financiándose coas achegas da Deputación por importe de 203.834,15 ¤ e do concello de Vilagarcía de Arousa por importe de 87.357,50 ¤; visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 20-04-2005, polo que se aproba o proxecto relativo á referida obra; visto o escrito remitido polo concello de Vilagarcía de Arousa polo que solicita dar ó expediente de contratación da obra trámite de urxencia dado que a próxima temporada comeza no mes de agosto e que unha vez finalizada a obra debe deixarse un período de descanso para iniciar as actividades que nel se desenvolven; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Accidental, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da obra "Remodelación total do terreo de xogo do campo municipal da Lomba (Vilagarcía)", cun presuposto de licitación de 281.722,16 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 05/123.452.662.03. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gasto de anuncios e demais de xere o expediente serán por conta do adxudicatario. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA DE REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DA LOMBA 1. OBXECTO. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2. FINANCIAMENTO DAS OBRAS. A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/123.452.662.03, coas achegas da Deputación Provincial por importe de 203.834,15 ¤, cantidade incluída no expediente de modificación de créditos aprobado polo Pleno ordinario do pasado mes de abril e do concello de Vilagarcía de Arousa por importe de 87.357,50 ¤. 3. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto tipo de licitación é de 281.722,16 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos neste todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para a executar e rematar todas as obras incluídas nos proxectos será de dous meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. PRAZO DE GARANTÍA. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6. FIANZAS. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. FORMA DE PAGAMENTO. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, retíraselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. A todas as certificacións de obra xuntarase a factura correspondente, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. PROPOSICIÓNS. O prazo para presentar as ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro xeral desta Deputación, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarse pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) Documento Nacional de Identidade, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación expedida polo organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, que será: grupo K, subgrupo 6, categoría e. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - o secretario. - o interventor. - o viceinterventor. - o enxeñeiro director de Vías e Obras. SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. ADXUDICACIÓN definitiva. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. DEMORA NA EXECUCIÓN. Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18. INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO. O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. RÉXIME XURÍDICO APLICABLE. En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de dereito privado." ------ Folla: 15.13016.- CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 4.12945, DE DATA 15 DE ABRIL DE 2005 Visto o erro tipográfico padecido no texto do acordo 4.12945 adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 15 de abril de 2005 referente á aprobación do expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun vehículo urbano lixeiro e dun vehículo de extinción e rescate en altura para o Consorcio Comarcal Contraincendios e salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, rectifícase o mesmo no sentido de que: - Onde di "...por un tipo máximo de licitación de cento corenta e catro mil euros (144,00 ¤), IVE incluído, e catrocentos noventa e dous euros (492,00 ¤), IVE incluído...". - Debe dicir "...por un tipo máximo de licitación de cento corenta e catro mil euros (144.000,00 ¤), IVE incluído, e catrocentos noventa e dous mil euros (492.000,00 ¤), IVE incluído...", permanecendo invariable o resto do texto no acordo da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: 16.13017.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA SANEAMENTO RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, DO CONCELLO DA GUARDA, CON CARGO Ó PAM/2005 (CONVENIO) En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello da Guarda unha subvención por importe de noventa e seis mil cincocentos sesenta e oito euros con catro céntimos (96.568,04 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Saneamento Rúa Concepción Arenal", con número 158/71 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pago da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 17.13018.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DE ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE CAPTACIÓN E APROVEITAMENTO DA ENERXÍA SOLAR PARA USOS TÉRMICOS EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS NO TERMO MUNICIPAL DE VIGO Dada conta da comunicación do Sr. Concelleiro Delegado de Medio Ambiente de data 12 de abril de 2005, (rexistro de entrada nº 011575, de data 18-04-05), pola que se achega copia do expediente sobre Proxecto de Ordenanza Municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificios e instalacións no termo municipal de Vigo, a efectos de realizar observacións e suxestións por parte desta Deputación, e Visto o informe emitido pola Técnica de Medio Ambiente, de data 5 de maio de 2005, no que textualmente di: "...Dicha ordenanza cumple con lo dispuesto en el "Plan de Energías Renovables" aprobado en el año 1999 que establece como una de las medidas del área de energía solar térmica, el promover que los Ayuntamientos en el ámbito de su competencia, induzcan el uso de la energía solar al ciudadano a través de planes y ordenanzas municipales. No existen reparos sobre la citada norma." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Ecmo. Concello de Vigo (Servizo de Medio Ambiente, nº expediente 3256/306). ------ Folla: 18.13019.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición