ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/06/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-06-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/06/10_Ordinaria

  • Data(s) 2005-06-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día dez de xuño do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13099.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de xuño de 2005. ------ Folla: 2.13100.- ANULACIÓN DA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL CONCEDIDA A D. BENEDICTO MEIJOMIL DAPARTE DO CONCELLO DE RODEIRO Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 29 de outubro de 2004, a axuda de Emerxencia Social, a favor de Don Benedicto Meijomil Daparte, por importe de 2.307,69 euros e como queira que por auto xudicial de 12 de novembro de 2004, dito solicitante pasou a chamarse Benedicto Meijomil Pereira, falecendo o día 19 de novembro de 2004, segundo parte de defunción levantado polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº2 de Lalín, acórdase por unanimidade a anulación da axuda de Emerxencia Social, concedida no seu día a Benedicto Meijomil Daparte, por importe de 2.307,69 euros. ------ Folla: 3.13101.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ASISTENCIA SOCIAL ÓS EMIGRANTES Á vista do informe emitido con data 04-05-05 polo Sr. Secretario Xeral Accidental desta Excma. Deputación Provincial e do Documento RC nº200500048450 emitido por Intervención o 06-05-05, en relación co borrador do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, para realización de Programas de Asistencia Social ós Emigrantes e levándose a cabo as modificacións no citado borrador, indicadas pola Concellería de Emigración, en canto ás cláusulas 2ª e 5ª do mesmo; acórdase por unanimidade: A aprobación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Excma. Deputación provincial de Pontevedra, para a realización de Programas de Asistencia Social ós Emigrantes, cun orzamento de 240.000,00 euros, correspondendo á Consellería de Emigración unha achega económica de 120.000,00 euros e a Deputación de Pontevedra, outra por igual cantidade (120.000,00 euros), con cargo á partida 05/313.313.450.03 do vixente Orzamento provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ASISTENCIA SOCIAL ÓS EMIGRANTES En ....., a ................. de dous mil cinco. REUNIDOS Por unha banda a Xunta de Galicia, actuando no nome e representación da mesma, o Excmo. Sr. Conselleiro de Emigración, D. Aurelio Miras Portugal, nomeado polo Decreto 21/2003, do 18 de xaneiro, e ó abeiro das facultades que para vincularse neste acto ten conferidas na Lei 1/1983, da Xunta de Galicia e do seu Presidente, no artigo 2º da Resolución do 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Concello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Pola outra, e Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando no seu nome e representación D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Institución, o abeiro das competencias que para vincularse neste acto se lle confiren na Lei reguladora das Bases de réxime local, Lei 7/85, do 2 de abril, e na Lei 5/97, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia. EXPOÑEN Primeiro.- Que a Consellería de Emigración ten como unha finalidade esencial da súa actividade a atención social dos emigrantes galegos. Segundo.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, na súa función de apoio ós municipios da provincia amosa unha especial sensibilidade en relación á situación dos veciños que residen fóra de Galicia, e en especial daqueles que sofren dificultades acusadas en determinados países de Ibero América, particularmente de Arxentina. Terceiro.- A Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra pretenden sumar esforzos financeiros e coordinar políticas segundo os principios de eficacia e eficiencia dos recursos destinados ó apoio social dos emigrantes. A tal fin as partes asinan o presente convenio de colaboración segundo as seguintes, CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio é regular as bases da colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emigración, e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para cofinanciar os programas de atención social ós emigrantes galegos e ás entidades nas que se integran, que se desenvolven por parte da citada Consellería. Estas axudas dirixiranse preferencialmente ós emigrantes residentes na área territorial da Plata. Segunda.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a transferir, con carácter de firme, ó Tesouro da Xunta de Galicia a cantidade de cento vinte mil euros (120.000,00 ¤), con cargo á partida 05/313.313.450.03 dos seus orzamentos. Terceira.- A Consellería de Emigración xerará crédito na aplicación orzamentaria 17.02.213A.480.0, polo citado importe, consonte ó artigo 69 do Decreto lexislativo 1/99, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentaria de Galicia. A transferencia e a correlativa xeración de crédito deberán formalizarse no prazo dun mes desde a sinatura do presente convenio. Cuarta.- Esta partida deberá financiar o programa de Axudas Asistenciais Individuais, que anualmente pon en marcha a Xunta de Galicia, a prol da poboación emigrada. Quinta.- A Consellería de Emigración a través da correspondente orde de axudas e subvencións, destinou para o citado programa con cargo ó seu orzamento, oitocentos mil euros, dos que cento vinte mil euros (120.000,00 ¤) quedan afectos ó obxecto deste convenio. Sexta.- O orzamento deste convenio ascende a douscentos corenta mil euros (240.000,00 ¤) con cargo ós orzamentos da Deputación Provincial de Pontevedra e da Consellería de Emigración. Sétima.- A vixencia do presente convenio será desde o día seguinte ó da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2005. Oitava.- Co fin de velar pola adecuada execución por parte da Consellería de Emigración dos fondos transferidos, e con carácter xeral para asegurar o cumprimento do presente convenio, créase unha comisión paritaria integrada por dous representantes da Dirección Xeral de Emigración, da Consellería de Emigración, e dous representantes da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Esta comisión será presidida por un dos representantes da Dirección Xeral de Emigración e resolverá as dúbidas que xurdan sobre o cumprimento do convenio. Os acordos adoptados neste senso serán inmediatamente executivos. No caso de discrepancias serán resoltas polo Conselleiro de Emigración, resolución que porá fin a vía administrativa. Novena.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio constituirá causa suficiente para a rescisión do mesmo. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. Décimo primeira.- Como garantía do seu cumprimento por parte da Consellería de Emigración, o Secretario Xeral da mesma emitirá certificación de que os fondos achegados pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra foron destinados ós fins previstos neste convenio, na que se relacionarán os beneficiarios e os importes das axudas concedidas a cada un. Este convenio obriga ás partes que o asinan ó seu cumprimento, someténdose ámbalas dúas partes ó acordado en tódalas cláusulas. Estendese en duplicado exemplar no lugar e data arriba indicados. O CONSELLEIRO DE EMIGRACIÓN, Asdo. Aurelio Miras Portugal O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DEPONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 4.13102.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ACIBRO, S.L. (CIF B-36.181.139) - A constituída en metálico, por importe de cincocentos corenta euros con nove céntimos (540,09), para responder do subministro de 30.000 litros de gasóleo C para a caldeira de vapor da lavandería xeral da Cidade Infantil Príncipe Felipe, adxudicado mediante Resolución Presidencial de data 18-03-04, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15-06-2004, núm. de operación 200400043149, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de cincocentos dezanove euros con nove céntimos (519,09), para responder do subministro de gasóleo C con destino á Cidade Infantil Príncipe Felipe adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 11-04-02, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03-05-2002, núm. de operación 200200039661, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. (CIF B-15.614.696) - A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e un euros con vinteún céntimos (1.191,21), para responder das actividades de formación do módulo "Formación de coidadores de equipamento para maiores e minusválidos", incluído no Proxecto Camiño cara unha Integración Laboral, adxudicado mediante Resolución Presidencial de data 05-06-04 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 16-08-2004, núm. de operación 200400059177, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de douscentos vinteoito euros (228,00 ¤), para responder das ampliación do módulo "Formación de coidadores de equipamento para maiores e minusválidos", incluído no Proxecto Camiño cara unha Integración Laboral, adxudicado mediante Resolución Presidencial de data 05-06-04 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07-12-2004, núm. de operación 200400085884, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TÉCNICOS EN AUTOMATIZACIÓN D'OFICINES, S.A. - TAO (CIF A-08.833.907) - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de cincocentos cincuenta euros con cincuenta e oito céntimos (550,58 ¤), para responder do subministro de programas informáticos para controlar as actividades do servizo de "Medicina de empresa" e "Seguridade e hixiene na empresa", adxudicado mediante Resolución Presidencial data 31-12-2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 01-03-2004, núm. de operación 200400016592, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DISTRIBUCIONES FROIZ, S.L. (NIF A-36.036.739) - A constituída en metálico, por importe de dous mil novecentos trinta e catro euros con corenta e seis céntimos (2.934,46), para responder do subministro de productos de alimentación para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, adxudicado mediante acordo da Xunta de Goberno de data 28-08-2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20-09-2004, núm. de operación 200400066429, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SODEXHO ESPAÑA, S.A. (CIF A-08.427.296) - A constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de tres mil vintedous euros con oitenta e seis céntimos (3.022,86 ¤), para responder do servizo de hostalería durante os campamentos de verán 2000 no Centro de Vacacións de A Lanzada, adxudicado mediante Comisión de Goberno de data 08-06-2000, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 22-06-2000, núm. de operación 2000031769, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GR SERVICIOS HOSTELEROS, S.A. (CIF A-80.440.431) - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de once mil douscentos noventa e nove euros con tres céntimos (11.299,03 ¤), para responder do servizo de alimentación e vestiario da Cidade Infantil Príncipe Felipe, adxudicado mediante Comisión de Goberno de data 27-02-1995, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10-03-1995, núm. de operación 1995006395, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.13103.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DUN COMPACTADOR DE PNEUMÁTICOS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Visto o expediente tramitado para a contratación do subministro dun compactador de pneumáticos, de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 28 de abril de 2005, cuxo custo de adquisición estimase en 87.150,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 6 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación de dito subministro e vistos así mesmo, o documento RC de data 29-04-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/511.511.623.01 por importe de 87.150,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 7 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun compactador de pneumáticos para o Parque de Maquinaria, por importe máximo de oitenta e sete mil cento cincuenta euros (87.150,00 ¤), IVE incluído. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 87.150,00 euros, con cargo á partida 05/511.511.623.01. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE UN COMPACTADOR DE PNEUMÁTICOS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA 1.- OBXECTO.- O subministro dunha máquina compactadora de pneumáticos para o Parque de Maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade coas características técnicas que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Sr. Xefe do Parque de Maquinaria de data 28 de abril de 2005 e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.511.623.01. do vixente Orzamento provincial para 2005. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibido o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DA ENTREGA.- O subministro efectuarase nas instalacións do Parque de Maquinaria na cidade de Pontevedra no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de tres meses, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no memento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima oitenta e sete mil cento cincuenta euros (87.150,00), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego no que se incluirán e detallarán todos os aspectos relativos ós criterios obxéctovos que servirán de base para a adxudicación do concurso. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN COMPACTADOR PNEUMÁTICO PARA O PARQUE DE MAQUINARIA" Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR O PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN COMPACTADOR PNEUMÁTICO PARA O PARQUE DE MAQUINARIA" Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) DNI do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos (600,00) euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto de entrega, salvo que a Administración houbera incorrido en mora ó recibilos. 17.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía o de dous anos. 18.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 19.- RESOLUCIÓN DEL CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . .. . . . . ., teléfono . . . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato de "Subministro de un Compactador de Pneumáticos para o Parque de Maquinaria", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: q Polo prezo total de .............. euros, IVE incluído. q Melloras ás características técnicas (relacionar ás mesmas). q Prazo de entrega (indicar o mesmo). q Extensións á garantía (relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 6.13104.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE DOUS ROLOS COMPACTADORES-VIBRADORES E DÚAS CARGADORAS RETROEXCAVADORAS 4x4 Visto o expediente tramitado para a contratación do subministro de dous rolos compactadores-vibradores (lote número 1) e dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4 (lote número 2), de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 25 de maio de 2005, cuxo custo total estimase en 261.400,00 euros, IVE e gastos de matriculación incluídos. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 8 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación de dito subministro e vistos así mesmo, o documento RC de data 31-05-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/511.511.662.09 por importe de 261.400,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 7 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de dous rolos compactadores-vibradores (lote número 1) e dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4 (lote número 2), por importe global máximo de douscentos sesenta e un mil catrocentos euros (261.400,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos naquelas máquinas que o precisen e de acordo ó seguinte detalle: Lote número 1 Dous rolos compactadores-vibradores con tambor dianteiro e dous pneumáticos traseiros para todas as estaciones, a razón de 60.100,00 euros cada rolo 120.200,00 ¤ Lote número 2 Dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4, a razón de 70.600,00 euros cada cargadora retroexcavadora 141.200,00 ¤ TOTAL 261.400,00 ¤ 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 261.400,00 euros, con cargo á partida 05/511.511.662.09. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DOUS ROLOS COMPACTADORES-VIBRADORES E DÚAS CARGADORAS RETROEXCAVADORAS 4X4 1.- OBXECTO.- O subministro de dous rolos compactadores-vibradores con tambor dianteiro e dous pneumáticos traseiros para todas as estacións (lote nº1) e dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4 (lote nº2), de conformidade coas características técnicas que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo xefe xeral do Parque de Maquinaria de data 25 de maio de 2005 e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.511.662.09 do vixente Orzamento provincial para 2005. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro de dous rolos compactadores-vibradores e das dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez recibidas as citadas máquinas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA.- A entrega da maquinaria obxecto do contrato efectuarase ou ben nas instalacións do Parque de Maquinaria ou no lugar da provincia de Pontevedra que se indique por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de corenta e cinco días, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no memento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación será o que a continuación se detalla: Lote número 1 Dous rolos compactadores-vibradores con tambor dianteiro e dous pneumáticos traseiros para todas as estaciones, a razón de 60.100,00 euros cada rolo 120.200,00 ¤ Lote número 2 Dúas cargadoras retroexcavadoras 4x4, a razón de 70.600,00 euros cada cargadora retroexcavadora 141.200,00 ¤ TOTAL 261.400,00 ¤ As cantidades que figuran como orzamento de licitación para cada un dos lotes citados consideraranse como importe máximo, IVE e gastos de matriculación incluídos naquelas máquinas que o precisen. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego no que se incluirán e detallarán todos os aspectos relativos ós criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DIVERSA MAQUINARIA. LOTE NÚMERO ........" Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DIVERSA MAQUINARIA. LOTE NÚMERO ......" Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) DNI do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos (600,00) euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto de entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 17.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía o de dous anos. 18.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 19.- RESOLUCIÓN DEL CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . .. . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . .. . . . . , expedido na data . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . ., teléfono . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente de "Subministro de diversa maquinaria lote número ........", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: q Polo prezo total de ......... euros, IVE incluído, a razón de ..... euros por cada máquina (indicar máquina segundo lote). q Melloras ás características técnicas (relacionar ás mesmas). q Prazo de entrega (indicar o mesmo). q Extensións á garantía (relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 7.13105.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE DÚAS MOTONIVELADORAS Visto o expediente tramitado para a contratación do subministro de dúas motoniveladoras, de acordo coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 25 de maio de 2005, cuxo custo global estimase en 360.600,00 euros, IVE e gastos de matriculación incluídos. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 6 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación de dito subministro e vistos así mesmo, o documento RC de data 31-05-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/511.511.662.09 por importe de 360.600,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 7 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de dúas motoniveladoras, por importe global máximo de trescentos sesenta mil seiscentos euros (360.600,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 180.300,00 euros por cada motoniveladora. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 360.600,00 euros, con cargo á partida 05/511.511.662.09. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e cuxa data de remate para presentación de proposicións económicas especificarase no anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DÚAS MOTONIVELADORAS 1.- OBXECTO.- O subministro de dúas motoniveladoras, de conformidade coas características técnicas que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo xefe do Parque de Maquinaria de data 25 de maio de 2005 e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.511.662.09 do vixente Orzamento provincial para 2005. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro das dúas motoniveladoras obxecto do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez recepcionadas as citadas máquinas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA.- A entrega da maquinaria obxecto do contrato efectuarase ou ben nas instalacións do Parque de Maquinaria ou no lugar da provincia de Pontevedra que se indique por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de corenta e cinco días, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no memento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de trescentos sesenta mil seiscentos euros (360.600,00 ¤), IVE incluído e coas motoniveladoras matriculadas. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante un prazo que non poderá ser inferior a cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego no que se incluirán e detallarán todos os aspectos relativos ós criterios obxectivos que servirán de base para adxudicación do concurso. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DÚAS MOTONIVELADORAS" Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR O PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DÚAS MOTONIVELADORAS" Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. d) As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista no T.r. da LCAP R.d.l. 2/2000 e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de mil cincocentos euros (1.500,00 ¤). 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto de entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 17.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía o de dous anos a partir da data de recepción do subministro. 18.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 19.- RESOLUCIÓN DEL CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . ., teléfono . . . .. . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato de "Subministro de dúas motoniveladoras", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: q Polo prezo total de .............. euros, IVE incluído, a razón de .......... euros por cada motoniveladora. q Melloras ás características técnicas (relacionar ás mesmas). q Prazo de entrega (indicar o mesmo). q Extensións á garantía (relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 8.13106.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A RESTAURACIÓN DO RETABLO LATERAL DA IGREXA DE SANTA BAIA DE MOS E O RETABLO MAIOR DE SANTA MARÍA DE XEVE Visto que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Arcebispado de Santiago teñen a intención de colaborar conxuntamente para levar a acabo a restauración dos retablos de Santa Baia de Mos e Santa María de Xeve que se atopan nun estado moi precario de conservación é polo que se pretende a sinatura dun convenio de colaboración. E visto así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Intervención, de data 9 de xuño do ano en curso, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a realización do proxecto de restauración do retablo lateral da Igrexa de Santa Baia de Mos e o Retablo Maior da Igrexa de Santa María de Xeve. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO RETABLO LATERAL DA IGREXA DE SANTA BAÍA DE MOS E O RETABLO MAIOR DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE XEVE En Santiago de Compostela, 26 de abril de 2005 REUNIDOS Dunha parte, o Excmo Sr. D. Jesús Pérez Varela, actuando en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en virtude do seu cargo de conselleiro, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/99, de 21 de abril, de modificación de aquela e o artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. E doutra o Excmo. e Reverendísimo D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela, en representación da Igrexa e no sucesivo Arcebispado de Santiago de Compostela. Todas as partes, no nome e representación que ostentan e coa capacidade legal para este acto, MANIFESTAN Primeiro.- A Xunta de Galicia asume a xestión das funcións sobre patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico en virtude do R.d. 2434/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, de acordo co establecido no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1.16 da Constitución Española, ámbito desenvolvido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Segundo.- O artigo 187 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece que as Administracións Públicas Galegas axustarán as súas relacións ós principios de colaboración, cooperación, auxilio, coordinación e respecto ós correspondentes ámbitos competenciais, garantíndose a máxima eficacia na xestión administrativa, podendo subscribir convenios de cooperación entre si, segundo o disposto no artigo 198 da mesma lei. Do mesmo xeito o artigo 4º da Lei 8/1995,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición