ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/09/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-09-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/09/16_Ordinaria

  • Data(s) 2005-09-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dezaseis de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13326.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de setembro de 2005. ------ Folla: 2.13327.- ACHEGA ECONÓMICA DA EXCMA. DEPUTACIÓN ÓS CONCELLOS PARA LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS Vistos os informes do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, e de Intervención onde certifica a existencia de consignación suficiente e o Dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, acórdase por unanimidade aprobar as achegas ós Concellos reflectidas no listado que se adxunta por un total de douscentos cincuenta e sete mil vinte e dous euros con setenta e dous céntimos (257.022,72 ¤), que representa o 18% do total achegado pola Consellería de Medio Ambiente ós concellos da Provincia e con cargo á partida 05/711.223.462.01 Ditas achegas son como seguen: ACHEGAS CONCELLO C. MEDIO AMBIENTE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TOTAL AGOLADA 52.704,00 ¤ 9.486,72 ¤ 62.190,72 ¤ ARBO 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ BAIONA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ BARRO 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ CALDAS DE REIS 40.402,00 ¤ 7.272,36 ¤ 47.674,36 ¤ CAMBADOS 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ CAMPO LAMEIRO 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ CANGAS 52.704,00 ¤ 9.486,72 ¤ 62.190,72 ¤ CAÑIZA 51.504,00 ¤ 9.270,72 ¤ 60.774,72 ¤ CERDEDO 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ COTOBADE 32.802,00 ¤ 5.904,36 ¤ 38.706,36 ¤ O COVELO 38.702,00 ¤ 6.966,36 ¤ 45.668,36 ¤ DOZON 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ A ESTRADA 40.104,00 ¤ 7.218,72 ¤ 47.322,72 ¤ FORCAREI 42.502,00 ¤ 7.650,36 ¤ 50.152,36 ¤ FORNELOS 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ O GROVE 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ A GUARDA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ ILLA DE AROUSA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ LALÍN 40.104,00 ¤ 7.218,72 ¤ 47.322,72 ¤ LAMA, A 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ MEAÑO 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ MEIS 51.504,00 ¤ 9.270,72 ¤ 60.774,72 ¤ MOAÑA 42.502,00 ¤ 7.650,36 ¤ 50.152,36 ¤ AS NEVES 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ OIA 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ PAZOSdeBORBÉN 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ POIO 42.502,00 ¤ 7.650,36 ¤ 50.152,36 ¤ PONTEAREAS 47.704,00 ¤ 8.586,72 ¤ 56.290,72 ¤ PONTECESURES 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ PORTAS 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ RODEIRO 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ O ROSAL 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ SALCEDA 52.704,00 ¤ 9.486,72 ¤ 62.190,72 ¤ SANXENXO 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ SILLEDA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ SOUTOMAIOR 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ TOMIÑO 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ TUI 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ VIGO 24.002,00 ¤ 4.320,36 ¤ 28.322,36 ¤ VILABOA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ VILAGARCÍA 20.202,00 ¤ 3.636,36 ¤ 23.838,36 ¤ VILANOVA 27.802,00 ¤ 5.004,36 ¤ 32.806,36 ¤ VILA DE CRUCES 36.602,00 ¤ 6.588,36 ¤ 43.190,36 ¤ TOTAL 1.427.904,00 ¤ 257.022,72 ¤ 1.684.926,72 ¤ ------ Folla: 3.13328.- AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS AGRARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2005 Vistas as Bases Reguladoras de axudas económicas a Cooperativas Agrarias da provincia de Pontevedra, publicadas no B.O.P. de data 9 de marzo de 2005, e o Dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data sete de setembro de 2005, acórdase por unanimidade a concesión de axudas económicas ás Cooperativas Agrarias que se mencionan no listado adxunto, por un importe total de cento oitenta mil cento trinta e seis euros (180.136,00 ¤) euros e con cargo á partida 05/711.711.789.00. Ditas axudas son como seguen: COOPERATIVA/Presuposto/Obxecto/nº socios /Importe: *SOCIEDADE COOPERATIVA GANDEIROS DO DEZA NIF F-36393775 - LALÍN 31.088,00 Grada e sembradora 45 11.000,00 *HORSAL SOCIEDAD COOPERATIVA NIF F-36033132 - CAMBADOS 107.201,40 Envolvedora PV-350-LSH-SPHI Equipo de Pesado-Etiquetado 230 38.000,00 *SERVIPOR SOCIEDAD COOPERATIVA NIF F-36437820 - SILLEDA 61.800,00 28 BerracosEcógrafo 63 22.000,00 COBIDEZA SOCIEDAD COOPERATIVA NIF F-36211019 - LALÍN 55.000,00 Acondicionamento Nave 150 19.000,00 *APRODEZA SOCIEDAD COOPERATIVA NIF F-36188829 - LALÍN 29.243,00 Trituradora, arado e fresadora 140 10.000,00 *SOCIEDAD COOPERATIVA LTDA. VALLE DEL DEZA NIF F-36165082 - LALÍN 6.300,00 Peche finca 150 2.268,00 *SOCIEDAD COOPERATIVA XUNCOGA NIF F-36334092 - LALÍN 97.790,90 Elevador, tolva, silo, etc. 100 35.000,00 *COOPERATIVA DO CAMPO SILLEDA NIF F-36257574 - SILLEDA 50.000,00 Nave almacén 55 18.000,00 *COOPERATIVA GANDEIROS DE BOTOS NIF F-36257558 - LALÍN 10.336,66 Esquiladora, motoazada, atomizador, cisterna 84 3.720,00 *XUNDEVA AGRUPACIÓN DE DEFENSA SANITARIA DO GANDO VACÚN NIF G-36455921 - LALÍN 8.088,68 Fotocopiadora, impresora 500 2.911,00 *COOPERATIVA O RODO NIF F-36100782 - RODEIRO 28.857,42 Ampliación nave e peche finca 300 10.000,00 *CAMPODEZA SOCIEDAD COOPERATIVA NIF: F-36047058 - LALÍN 22.883,13 Reforma e ampliación nave 130 8.237,00 TOTAL ORZAMENTO: 508.589,19 TOTAL AXUDA: 180.136,00 ORZAMENTO INICIAL 330.000,00 AXUDAS 2004 139.840,00 ORZAMENTO PARA 2005 190.160,00 35% SUPERÁVIT 10.024,00 ------ Folla: 4.13329.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O IES "A GRANXA" DE PONTEAREAS Visto o informe de Intervención de cinco de agosto de 2005 no que certifica a existencia de crédito suficiente para facer fronte ó gasto e o Dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data sete de setembro de 2005, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o I.E.S. "A Granxa" de Ponteareas, para o subministro de plantas ornamentais, por un importe máximo de 500,00 ¤ RC nº 2005 00075065 para o ano 2005 e 2.000,00 ¤ RC nº 200500076066 para o ano 2006, con cargo á partida 05/711.711.221.12. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA "A GRANXA" DE PONTEAREAS En Pontevedra a ............................................de 2005. REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal actuando como Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra e de outra parte D. Jesús Pita Sors, Director do instituto de Educación Secundaria (en adiante IES) " A Granxa" de Ponteareas (Pontevedra). Recoñécense ambas partes con capacidade legal suficiente e poder bastante para o acto e EXPOÑEN Primeiro: Que a Excma. Deputación de Pontevedra e o IES " A Granxa" están interesados na cooperación para que a Deputación poida recibir plantas ornamentais cultivadas no IES " A Granxa". Segundo: Que no IES "A Granxa" se imparte o Ciclo Medio de Xardinería entre outros módulos atópase o de "Producción de Plantas". Terceiro: Que nas instalacións do IES " A Granxa" se producen plantas ornamentais e flor cortada como consecuencia da actividade docente do alumnado anteriormente indicado polos que formalizan o presente Convenio de Colaboración coas seguintes CLÁUSULAS Primeira: O obxecto do presente Convenio de Colaboración é o abastecemento por parte do IES "A Granxa" de plantas ornamentais á Excma. Deputación de Pontevedra de acordo coas peticións da Deputación. Segunda: O subministro das citadas plantas/flores acórdase por medio dunha comisión paritaria integrada por un membro da Deputación designado polo Presidente e un profesor do ciclo medio de xardinería designado pola Dirección de IES "A Granxa". Terceira: A comisión indicada na cláusula anterior decidirá por mutuo acordo a responsabilidade do abastecemento para cada ano tanto en cantidade como en tipo de planta/flor no momento do abastecemento. Cuarta: A planta/flor cultivarase nas instalacións de IES "A Granxa" servindo de material de prácticas para o alumnado de dito Instituto e todos os gastos de producción correrán a cargo do IES "A Granxa". Quinta: A comisión citada determinará por mutuo acordo, o importe monetario que supoña o abastecemento anual do IES "A Granxa" á Deputación de Pontevedra en concepto de plantas/flores entregadas estimándose un importe máximo de 500,00 ¤ para o ano 2005 e 2.000,00 ¤ para o 2006 e que serán librados con cargo á partida 711.711.221.12. Sexta: O importe monetario correspondente aboarase por parte da Deputación de Pontevedra ó IES "A Granxa" en forma de sufragar o importe que resultara da aplicación da cláusula quinta do presente convenio. Sétima: O incumprimento de calquera da obrigacións contraídas polo presente convenio por algunha das partes facultará á outra para rescindir o mesmo quedando automaticamente anulados todos os dereitos correspondentes sobre o obxecto do acordo. Oitava: A vixencia deste convenio será por dous anos, renovándoo por mutuo acordo das partes concertantes ata un máximo de tres. Novena: O presente convenio de colaboración entrará en vigor no momento da súa sinatura. En proba de conformidade de canto acontece asina por triplicado o presente documento no lugar e data arriba indicados. Por IES "A Granxa" Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.: D. Jesús Pita Sors Asdo.: D. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 5.13330.- PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DO DE "ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PO-303 SAMIEIRA-CASTRELO, TRAMO SIMES-ALTO DE DORRÓN (MEAÑO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 21-01-2005, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a obra de "Acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)", a executar mediante convenio coa Xunta de Galicia, na suma de 688.784,00 ¤, tendo un presuposto de licitación de 841.417,00 ¤; e, visto o proxecto modificado nº1 de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 841.417,00 ¤; redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que durante a execución da obra veuse a necesidade de modificar algunhas unidades de obra que afecta ós capítulos de movemento de terras e escavacións, firmes e pavimentos, rede de drenaxe e ó ponte sobre o río da Chanca, ó que prestou conformidade a empresa adxudicataria, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº1 do "Acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)" por importe de 841.417,00 IVE incluído, toda vez que non se varia o presuposto inicial da obra, e mantendo o importe de adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcciones Crespo, S.A. ------ Folla: 6.13331.- SUBVENCIÓN PARA A OBRA "ACONDICIONAMENTO LOCAIS SOCIAIS VAL, PALMOU, VILATUXE E DOADE", DO CONCELLO DE LALÍN CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Lalín unha subvención por importe de setenta e cinco mil euros(75.000,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, Partida 05/911.911.762.45 par financiar a obra: "Acondicionamento locais sociais Val, Palmou, Vilatuxe de Doade", co núm. 38/557 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación das obras, unha vez concluída o a súa execución, que terá que axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con isto as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 7.13332.- FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2005 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, apróbase por unanimidade as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos: Concello Data Celebración LALÍN 24-09-05 Marcha Popular FORNELOS DE MONTES 04-08-05 Festa da Bicicleta ARBO 06-08-05 Festa da Bicicleta VILA DE CRUCES 08-08-05 Festa da Bicicleta AGOLADA 11-08-05 Festa da Bicicleta TUI 03-09-05 Festa da Bicicleta PONTECESURES 10-09-05 Festa da Bicicleta PONTEAREAS 11-09-05 Festa da Bicicleta ILLA DE AROUSA 17-09-05 Festa da Bicicleta A ESTRADA 18-09-05 Festa da Bicicleta MOS 24-09-05 Festa da Bicicleta PORRIÑO 02-10-05 Festa da Bicicleta ------ Folla: 8.13333.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.13334.- CONTRATO DE COLABORACIÓN PARA O PROXECTO "ESTUDO DA CALIDADE E SEGURIDADE DAS MATERIAS PRIMAS UTILIZADAS PARA A ALIMENTACIÓN ANIMAL EN GALICIA: CREACIÓN DUN PLAN INTEGRAL DE CONTROL BASEADO EN CRITERIOS DE APPCC" NO MARCO DO PROGRAMA DE RECURSOS AGROPECUARIOS Vistos os informes de Asesoría Xurídica, do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e o Contrato de Colaboración para o Proxecto "Estudo da Calidade e seguridade alimentaria das materias primas utilizadas para alimentación animal en Galicia creación dun Plan Integral de Control Baseado en Criterios APPCC", onde o Laboratorio da Finca Mouriscade colaborará na investigación do mesmo e que por dita colaboración a empresa SANOR, S.L., ingresará nas arcas provinciais a cantidade total 26.000,00 ¤ excepto na 1ª anualidade que ingresará 6.500,00 ¤. O importe total a ingresar durante as catro anualidades ascende á cantidade de 84.500,00 ¤. Acórdase por unanimidade aprobar a participación do laboratorio de Mouriscade na Investigación que se contempla no mencionado Proxecto. Dito contrato é como segue: "En Lalín, a 16 de setembro de 2004 CONTRATO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO LABORATORIO DE MOURISCADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA DO NOROESTE (SANOR S.L.) PARA O PROXECTO "Estudo da calidade e seguridade das materias primas utilizadas para a alimentación animal en Galicia: creación dun plan integral de control baseado en criterios de APPCC" NO MARCO DO PROGRAMA DE RECURSOS AGROPECUARIOS REUNIDOS Dunha parte D. Ramón Collazo Trazar, con DNI 33.233.822-H, intervindo como Administrador de Seguridade Alimentaria do Noroeste S.L., domiciliada no Peirao de San Diego, 15006 A Coruña e con CIF: B15982796, a partir deste momento referida como SANOR. E de outra D. Rafael Louzán Abal como Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta segundo o artigo 34.1.b da lei 7/85 de 2 de abril do Réxime Local en representación do Laboratorio de Mouriscade, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a partir deste momento referida como LM. Recoñécense todos os que interveñen con capacidade legal suficiente e poder bastante para este acto EXPOÑEN 1. LM ten capacidade suficiente como entidade colaboradora do proxecto de investigación obxecto deste proxecto, en base ás instalacións e o persoal de que dispón. 2. Que SANOR, encargarase do desenvolvemento e aplicación práctica do proxecto "Estudo da calidade e seguridade de las materias primas utilizadas para a alimentación animal en Galicia: creación de un plan integral de control baseado en criterios de APPCC", que contempla aspectos innovadores e de investigación científica relevantes. 3. Que co fin de regular os diversos compromisos que asumirán as partes, faise necesario definir os marcos de actuación, as súas respectivas competencias e aquelas premisas básicas que permitan abordar un proxecto de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico dentro da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia segundo a orde de 1 de Febreiro de 2005, pola que se convocan as axudas para o ano 2005 polas que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ó cidadán do plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e innovación Tecnolóxica e se procede a súa convocatoria para o ano 2005. A tal fin pactan o presente compromiso de conformidade ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- DEFINICIÓN DO PROXECTO Preténdese desenvolver o proxecto "Estudo da calidade e seguridade de las materias primas utilizadas para a alimentación animal en Galicia: creación de un plan integral de control baseado en criterios de APPCC" por SANOR, que require a colaboración externa de investigación do LM, o cal está descrito na memoria de solicitude á que acompaña ó presente contrato. Segunda.- COORDINACIÓN DO PROXECTO E EQUIPO INVESTIGADOR LM actuará como colaborador de investigación do proxecto. O equipo de investigadores do LM está formado por María Del Pilar Cuñarro, María González e Natalia Rodríguez. A responsable do proxecto de investigación por parte do LM será a Dr. Dna. María Hermida Ferro. Terceira.- PLANTEAMENTO DO PROXECTO SANOR e LM realizarán a parte do proxecto que se describe na memoria da solicitude da axuda. As actividades concretas a realizar por cada participante, así como o plan de traballo, especifícanse na memoria da solicitude de axuda. SANOR facilitará anualmente mostras de materias primas destinadas o seu uso na alimentación animal en Galicia para o seu análise nos seguintes parámetros: · Humidade, proteína bruta, fibra bruta, extracto etéreo, amidón e cinzas de alomenos 650 mostras/ano · Microbioloxía: E. coli, Salmonella, e Estafilococcus o Enterobacterias (segundo a materia prima de que se trate) de alomenos 900 mostras ó año. · Análises puntuais de outros patóxenos potenciais (Listeria monocitogenes, Clostridium, fungos e lavaduras) ou de minerais (Ca, P, Na, K, Mg) ata un valor aproximado de 4.500,00 ¤) Cuarta.- CONDICIÓNS ECONÓMICAS E FORMA DE PAGO. SANOR pagará a cantidade de 26.000,00 ¤/ano (vinte e seis mil euros), excepto na primeira anualidade que se estipula unha cantidade de 6.500,00 ¤ (seis mil cincocentos euros) para un número de análises proporcional ó prezo por mostra. Estas cantidades foron calculadas sobre a base dunhas 650 mostras a 15,00 ¤/mostra (nutricionais), e 900 mostras a 15,00 ¤/mostra (microbioloxía). Se os prezos dos análises foran inferiores traduciríase nun maior número de analíticas. A partida incrementouse en 2.750,00 ¤ anuais para análises adicionais ós previamente descritos. Todas as cantidades anteriormente referidas son sen IVE. As anualidades enténdense da seguinte forma: primeira de 01-01-05 a 30-09-05, segunda de 01-10-05 a 30-09-06, terceira de 01-10-06 a 30-09-07 e cuarta de 01-10-07 a 30-09-08. A duración do proxecto é de CATRO anos (2005-2008) en catro anualidades, sendo a cantidade total a desembolsar de 84.500,00 ¤ (oitenta e catro mil cincocentos euros) en concepto de colaboración no proxecto de investigación. A actividade específica do LM consiste na análise dos parámetros referidos previamente, nas materias primas que o SANOR lle facilite. Quinta.- CONFIDENCIALIDADE. As partes comprométense a non difundir ningún resultado en ningún medio nin incluílos nas estatísticas da analítica do LM ou similares, nin transmitilos a ningunha entidade aínda que esta tivese relación contractual ou accionarial con LM, obtendo do desenvolvemento do proxecto, nin a outros Centros Públicos de Investigación, nin en Prensa Nacional e Internacional, nin a ningunha outra persoa ou entidade algunha que non sexa expresamente colaboradora neste proxecto, excepto se así se decide de común acordo. As partes poderán publicar os resultados previa autorización de todos os participantes. En caso de non cumprirse o anterior, a parte que o contraviñese, quedará obrigada a indemnizar á outra polos danos e prexuízos causados. Todo isto sen prexuízo de que a parte prexudicada poida resolver o acordo. LM faise responsable dos resultados obtidos nas análises, sen mediar LM a ningún efecto sobre a validez ou representabilidade da mostra que a SANOR lle subministrará. Sexta.- DURACIÓN O presente contrato de colaboración entrará en vigor unha vez aprobado pola Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra e sinatura do mesmo e a súa duración será anual. O citado contrato pode prorrogándose expresamente, por anos ata tres, rexéndose nestes períodos as condicións económicas descritas na cláusula cuarta. Sétima.- TITULARIDADE DOS DEREITOS A propiedade dos resultados do Proxecto será de SANOR, e na medida en que estes resultados sexan patentables, a titularidade dos Dereitos de Propiedade Industrial relativos ás invencións que puidesen derivarse dos citados traballos de investigación, corresponderá ás entidades participantes. As partes decidirán sobre a explotación dos resultados e os dereitos económicos derivados da mesma nun contrato expresamente redactado ó efecto. Oitava.- XURISDICIÓN. Este contrato ten natureza privada, e para cantas cuestións litixiosas puideran xurdir en canto a súa interpretación e execución, as partes acordan someterse á xurisdición dos Tribunais da Coruña, renunciando expresamente a calquera outro foro que puidera corresponderlles. En proba de conformidade, asinan o presente contrato por poderes e a un só efecto, no lugar e data que figura no encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra (Laboratorio Mouriscade) Rafael Louzán Abal Presidente Por SANOR Ramón CollazoTrazar Administrador" ------ Folla: 10.13335.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE LALÍN, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CONSTRUCCIÓN ROTONDA CTRA. CIRCUNVALACIÓN", INCLUÍDA NO PAM/04 Apróbase por unanimidade a solicitude do Concello de Lalín, pola que interesa a concesión de unha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/04, co núm. 130/728, denominada "Construcción Rotonda Crta. Circunvalación", subvencionada con 58.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 30-11-2004. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2006, con carácter improrrogable. ------ Folla: 11.13336.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SILLEDA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "MELLORAS DA RÚA AGRO DO BALO EN BANDEIRA (BEIRARRÚAS, ALUMEADO PÚBLICO)" INCLUÍDA NO PAM/04 Apróbase por unanimidade a solicitude do Concello de Silleda, pola que interesa a concesión dunha prórroga, par xustificar a obra incluída no PAM/04, co núm. 177/253, denominada "Melloras da rúa Agro do Balo en Bandeira (Beirarrúas, ilumminación pública)" subvencionada con 57.958,12 ¤, por Resolución Presidencial de 19-05-2004. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2006, con carácter improrrogable. ------ Folla: 12.13337.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRAS INCLUÍDAS NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL 2005 Vistos os proxectos, redactados polo Servizo de Vías e Obras, das obras incluídas no Programa Operativo Local 2005, que máis adiante se relacionan; e, vistos os informes, emitidos por Intervención, relativos á existencia de consignación na partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto Provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "EP Baredo á EP 2202 Baiona-Loureza (Baiona)" (POL 2005) por importe de 200.000,00 ¤, IVE incluído. 2.- "EP 2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes)" (POL 2005) por importe de 249.614,07 ¤, IVE incluído. 3.- "EP 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas)" por importe de 280.000,00 ¤, IVE incluído. 4.- "Ensanche Ponte Loureza e EP Baiona-Loureza (Oia-Baiona)" por importe de 348.000,00 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 13.13338.- APROBACIÓN DE PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DO DE "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN LEIRADO (SALVATERRA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 19-11-2004, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a obra de "Acondicionamento do entorno do Pavillón Polideportivo en Leirado (Salvaterra)" na suma de 77.812,00 ¤; visto o proxecto modificado nº1 de dita obra redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que replanteada a obra e ante a imposibilidade de construír o muro de contención do talud proxectado en formigón armado por non haber suficiente espacio entre o talud e o edificio, substituíndoo por muros de escollera de pedra de Porriño, ascendendo o seu importe á suma de 84.856,75 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación 7.044,75 ¤; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/123.452.662,00, acórdase por unanimidade aprobar o Proxecto Modificado nº1 do de "Acondicionamento do entorno do Pavillón Polideportivo de Leirado (Salvaterra)" na suma de 84.856,75 ¤, que supón un incremento de 7.044,75 ¤ sobre o importe da adxudicación da obra inicial. ------ Folla: 14.13339.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión celebrada o día 28-03-2003, polo que se prestou aprobación definitiva do proxecto de "Mellora E.P. 2906 Os Valos-Guizán (Mos), con presuposto de 164.847,49 ¤, desagregado en presupostos de execución por contrata por importe de 110.432,00 ¤, e expropiacións por importe de 54.415,49 ¤, con cargo á partida 05/511.511-612.02.2002, decretándose pola Xunta de Galicia a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución da obra (Decreto 371/2003); visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno , en sesión celebrado o día 09-09-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de Reforzo de rodaxe E.P. Rebullón-CUVI e E.P. Puxeiros-Rebullón (Mos) por importe de 237.409,09 ¤ con cargo á partida 05/511.511.612.02; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Acctal. relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso; vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur no que se aconsella a contratación das obras con carácter de urxencia ante o inminente comezo do curso escolar, dado que ambas estradas soportan unha gran intensidade de tráfico procedente dos Concellos de Pazos de Borbén, Redondela, Mos e Porriño con destino ó CUVI, e ante a próxima apertura dun Centro da Terceira Idade na zona máis próxima ó enlace co CUVI; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Acctal., acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que a continuación se relacionan polo tipos de licitación que se detallan: 1. Mellora E.P. 2906 Os Valos-Guizán (Mos) 110.432,00 2. Reforzo de rodaxe E.P. Rebullón-CUVI e E.P.Puxeiros-Rebullón (Mos) 237.409,09 A obra nº1 financiarase con cargo á partida 05/511.511-612.02.2002. A obra nº2 con cargo á partida 05/511.511-612.02. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos obxecto do concurso por prazo de quince días, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego de condicións económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 05/511.511-612.02 (obra nº 1) e 05/511.511-612.02.2002 (obra nº 2). 3ª.- Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é o que a continuación se detalla, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Reforzo rodaxe E.P. Rebullón-CUVI e E.P. Puxeiros- Rebullón (Mos) 237.409,09 2.- Mellora E.P. 2906 Os Valos-Guizán (Mos) 110.432,00 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será: de tres meses para a obra nº 1, e catro meses para a obra nº 2, contado a partir da comprobación do replanteo. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo có establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 del R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminan no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 del R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, e se consideran incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó día inserción do anuncio do concurso no "Boletín Oficial da Provincia", de nove a trece horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que fosen compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, no seu caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.- D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 del R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financiera e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte a súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será. Obra nº 1: Grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 2: non se esixe. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegasen nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vocais: O Secretario. O Interventor. O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Secretario: O Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.- Reducción do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construcción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e se publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade, sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condiciones económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condiciones queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 15.13340.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O INSTITUTO FEIRAL DE VIGO (IFEVI), PARA MELLORAR O ACCESO Ó RECINTO FEIRAL DE COTOGRANDE O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou, en sesión extraordinaria de 9 de setembro de 2005, o expediente de transferencia de créditos, créditos extraordinarios e suplementos de crédito, núm. 04/05, onde se recollen un crédito de douscentos noventa e catro mil euros (294.000 ¤) na partida 05/711.711.789.03 con destino o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), que é unha fundación sen ánimo de lucro, que ten como fins a promoción de actividades comerciais, industriais, agroindustriais, sociais, educacionais, culturais, e calquera outra que teña por obxecto a promoción e desenvolvemento destos sectores en Galicia. Visto o convenio de colaboración asinado, o pasado 13 de setembro de 2005, entre a Deputación de Pontevedra e o IFEVI que tren como finalidade mellorar o acceso o recinto feiral en Cotogrande, en Vigo. Acórdase por unanimidade: Ratificar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) para mellorar o acceso ó recinto feiral de Cotogrande. Dito convenio é como segue: "CONVENIO ENTRE O INSTITUTO FEIRAL DE VIGO (IFEVI) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Vigo, a 13, de setembro de 2005. INTERVEÑEN Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en razón do seu cargo e de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) , 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Doutra, Dona Corina Porro Martínez, en nome e representación da Fundación do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), na súa condición de presidente do seu comité executivo, con domicilio a efectos de notificacións en Avda. Aeroporto nº 772, Cotogrande, Vigo. EXPOÑEN I.- O IFEVI é unha fundación sen ánimo de lucro, que ten como fins a promoción de actividades comerciais, industriais, agroindustriales, sociais, educacionais, culturais, e calquera outra que teña por obxecto a promoción e desenvolvemento destes sectores en Galicia, o nivel profesional de todos os sectores da actividade económica, contribuíndo con esto á elevación do nivel de vida do medio urbano e rural, así como ó desenvolvemento da actividade económica da provincia de Pontevedra. As actividades de promoción descritas veñen sendo desenvoltas polo IFEVI no recinto feiral instalado en Cotogrande, na parroquia de Cabral, sita no municipio de Vigo, cuxo dereito de uso foille concedido polo concello de Vigo, e formalizado na escritura pública de constitución da Fundación. II.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra é un dos membros fundadores do IFEVI, que contribuíu coas súas achegas á formación do patrimonio fundacional. III.- Que, en virtude das normas que rexen a súa actuación, o IFEVI contratou, previa convocatoria pública, a execución das obras de ampliación do recinto feiral de Cotogrande, segundo proxecto redactado polos arquitectos D. Salvador Fraga, D. Francisco Javier Quijada e D. Manuel Portolés Sanjuán. O contrato adxudicouse á UTE FCC-CONSTRUCCIONES CONDE por acordo do Padroado da Fundación, en sesión de data 2 de febreiro de 2004, estando actualmente as obras en fase de execución. A ampliación do recinto feiral dotará ó IFEVI dunhas instalacións de alta calidade e deseño que servirán de magnifico escaparate para todos os sectores implicados na actividade económica galega, contribuíndo indubidablemente a súa promoción e desenvolvemento, con particular incidencia na actividade económica da provincia de Pontevedra. IV.- Durante a execución das obras, xurdiu a necesidade de acometer, como obras adicionais, a realización de obras de acceso ó recinto feiral para facilitar o acceso de tráfico pesado ó recinto, que permitirán un mellor remate das obras de ampliación no seu conxunto. Ditas obras de acceso especifícanse no Proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras da Deputación de Pontevedra, que se xunta como Anexo a este convenio. V.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, como membro da Fundación, atópase en disposición para realizar unha achega ó capital social da Fundación destinado ó financiamento das obras de acceso antes citadas, que permitan a adecuada terminación das obras de ampliación e a consecución dos fins perseguidos coa súa execución. VI.- Que en virtude do anterior, ambas partes subscriben o presente Convenio polo que ACORDAN Primeiro.- A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a achegar ó capital social do IFEVI a cantidade de douscentos noventa e tres mil setecentos corenta e nove euros con doce céntimos (293.749,12 ¤), para o financiamento das obras de acceso ó recinto feiral de Cotogrande que se especifican no documento Anexo a este convenio. Segundo.- A achega referida na cláusula anterior financiarase con cargo á partida 05/711.711.789.03 do vixente presuposto provincial. Terceiro.- O IFEVI comprométese a destinar os fondos percibidos da Deputación Provincial ó aboo das obras de acceso ó recinto feiral previstas no Anexo a este convenio. Cuarto.- Con independencia da data en que se obteñan efectivamente os fondos, o IFEVI comprométese a contratar as obras de acceso que se detallan no Anexo a este convenio no momento que resulte preciso para a súa mais rápida e óptima execución, con arranxo ó réxime de contratación que lle resulta aplicable. Quinto.- Unha vez finalizada a obra, o IFEVI, na súa condición de titular, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da mesma, de modo que se atope en perfecto estado para o seu uso e aproveitamento polos cidadáns. Para que conste, ambas partes asinan o presente documento por duplicado exemplar no lugar e data indicados. POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: D. Rafael Louzán Abal" POLO IFEVI Asdo. Corina Porro Martínez" ------ Folla: 16.13341.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CENTRO MULTIUSOS-AUDITORIO DO CONCELLO DO ROSAL E AS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL, XUVENIL E DA 3ª IDADE DO CONCELLO DE RIBADUMIA A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo son conscientes da falta de infraestructura de carácter sociocultural que ten a provincia de Pontevedra, que permitan programar nunhas instalacións adecuadas unha oferta que satisfaga as necesidades que nesta materia teñen os cidadáns. Visto o convenio de colaboración asinado, o pasado 5 de xullo do ano en curso, entre ambas administracións, co obxecto de realizar unhas obras de ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do Concello do Rosal e as do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da 3ª idade do Concello de Ribadumia, que dotarán a estes municipios de unhas instalacións dignas para a realización das actividades socioculturais. Vista a cláusula segunda de dito convenio, na cal, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, comprométese a participar no financiamento de ditas obras, coa cantidade de seiscentos mil euros (600.000.00 ¤), conforme á seguinte distribución: 1. Obras de ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do concello do Rosal, polo importe de douscentos corenta mil euros (240.000,00 ¤), segundo as seguintes anualidades: ANO CANTIDADE 2005 60.000,00 ¤ 2006 60.000,00 ¤ 2007 120.000,00 ¤ 2. Obras de construción do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª Idade do concello de Ribadumia, polo importe de trescentos sesenta mil euros (360.000,00 ¤), segundo as seguintes anualidades ANO CANTIDADE 2005 60.000,00 ¤ 2006 120.000,00 ¤ 2007 180.000,00 ¤ En vista do anteriormente exposto, acórdase por unanimidade: - Ratificar o Convenio de colaboración asinado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra, para as obras de ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do concello do Rosal e as de construción do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª idade do concello de Ribadumia. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CENTRO MULTIUSOS-AUDITORIO DO CONCELLO DO ROSAL E AS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL, XUVENIL E DA 3ª IDADE DO CONCELLO DE RIBADUMIA En Santiago de Compostela, na sede dos Servizos Centrais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o día 5 de xullo de 2005 REÚNENSE Dunha parte, o Excmo. Sr. Don Jesús Pérez Varela, actuando en representación da Xunta de Galicia, en virtude do seu cargo de conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para o que foi nomeado polo Decreto 308/2001, do 15 de decembro, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e o artigo 2 da Resolución do 8 de abril de 1991, pola que se publica o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991. E doutra Don Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente da citada Deputación, segundo o disposto no artigo 61 da le 5/1997, da Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e, MANIFESTAN Que ámbalas dúas entidades son conscientes da necesidade de instalación de carácter sociocultural na provincia de Pontevedra, que permitan unha adecuada oferta co obxecto de satisfacer as necesidades que na materia teñen os habitantes e cidadáns, con dificultades de programar actividades culturais ó longo de períodos amplos, pola imposibilidade de situalas nun espacio que actúe como centro radial delas. Esta carencia repercute, obviamente, na calidade desta oferta cultural, xa que moitas actividades culturais, teatrais, xuvenís, cinematográficas e bibliotecarias precisan para o seu desenvolvemento dunha infraestructura axeitada ás súas necesidades técnicas. Que coinciden co desexo de que esta oferta cultural poida estabilizarse para ampliar o seu efecto beneficio sobre aquelas xentes, menores, mozos, adultos, anciáns, interesándoas no coñecemento e consumo de bens socioculturais, o que equiparará ó público urbano, integrándoas nun mesmo feito cultural. Que consideran a promoción de centros culturais nos concellos, a solución idónea para resolver os atrancos anteditos relativos á oferta cultural. Que a Deputación Provincial de Pontevedra pretende acometer as obras de ampliación do Centro Multiusos-auditorio do concello do Rosal e as de construción do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da 3ª Idade do concello de Ribadumia. Que a Consellería de cultura, Comunicación Social e Turismo considera oportuno participar no financiamento da devandita obra, polo interese que representa para o desenvolvemento cultural. Por isto, para acadar unha maior eficacia na execución de actuacións, dado o interese común das partes asinantes nas que as dúas partes teñen intereses coincidentes, é polo que asinan o presente convenio de cooperación de acordo coas seguintes, CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio é a contribución para as obras de ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do concello do Rosal e as de construción do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da 3ª Idade do concello de Ribadumia. Segunda.- A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo comprométese a participar no financiamento coa entrega á Deputación de Pontevedra da cantidade de seiscentos mil euros (600.000,00 ¤), como contribución para realizar as obras consistentes na ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do concello do Rosal e as de construción do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da 3ª Idade do concello de Ribadumia, conforme á seguinte distribución: 1) Para as obras de ampliación do Centro Multiusos - Auditorio do concello do Rosal o importe de douscentos corenta mil euros (240.000,00 ¤), nas seguintes anualidades: - ano 2005: sesenta mil euros (60.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005. - ano 2006: sesenta mil euros (60.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006. - ano 2007: cento vinte mil euros (120.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007 2) Para as obras de construción do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade do concello de Ribadumia polo importe de trescentos sesenta mil euros (360.000,00 ¤), nas seguintes anualidades: - - ano 2005: sesenta mil euros (60.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005. - ano 2006: cento vinte mil euros (120.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006. - ano 2007: cento oitenta mil euros (180.000,00 ¤), con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007. A suma de tódalas contribucións que puidese obter a Deputación asinante para o mesmo concepto e finalidade establecidos no presente convenio, non poderá superar o 100 % do custo total do investimento. No dito suposto, a achega outorgada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo verase minorada na cantidade que exceda da dita porcentaxe. Terceira.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese á elaboración, supervisión e aprobación do proxecto técnico, a contratar, dirixir e executar as obras de ampliación do Centro Multiusos-Auditorio do concello do Rosal e as de construción do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da 3ª Idade do concello de Ribadumia, e a asumir o pagamento dos honorarios de facultativos pola redacción de proxectos e dirección das obras. Cuarta.- Os pagamentos efectuaranse contra certificación de obra expedida polo facultativo director das obras, xuntándose certificación do secretario da corporación que transcriba o acordo ou resolución do órgano da corporación con competencia para a súa aprobación segundo o previsto na vixente Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005. Toda a documentación será remitida á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. O prazo para xustificar os investimentos remata o 1 de novembro da anualidade correspondente. Quinta.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo resérvase a facultade de nomear un facultativo que na súa representación poderá realizar as inspeccións e comprobacións que considera necesarias co fin de asegurar o cumprimento das normas e requisitos cos que se concede a contribución. Sexta.- Para o seguimento da execución do presente convenio, así como para a interpretación de cantas dúbidas e controversias xurdan na súa aplicación, créase unha comisión mixta, que estará integrada pola directora xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Presidente da Deputación. As dúbidas que se presenten na súa interpretación, no caso de discrepancias, serán resoltas polo Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co que se porá fin á vía administrativa. Sétima.- O presente convenio estará suxeito ás obrigas xerais derivadas da aplicación da normativa de axudas e subvencións establecidas no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Oitava.- O incumprimento de calquera das Cláusulas deste convenio constituirá causa suficiente de rescisión deste. Novena.- O presente convenio ten natureza administrativa. A Xurisdición Contencioso-Administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. Décima.- O presente convenio producirá efectos desde o día da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o 1 de decembro de 2007 Este convenio obriga as partes que o asina ó seu cumprimento, someténdose ámbalas dúas partes ó acordado en tódalas estipulacións. E en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano por duplicado exemplar no lugar e data arriba indicados O CONSELLEIRO DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO, Asdo. Jesús Pérez Varela O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: D. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 17.13342.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinto minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición