ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/01/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-01-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/01/13_Ordinaria

  • Data(s) 2006-01-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 6 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día trece de xaneiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13647.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de xaneiro de 2006. ------ Folla: 6 2.13648.- RENUNCIA DE DONA LAURA GARRIDO GARCÍA, VECIÑA DA LAMA, Á AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CONCEDIDA EN SESIÓN DE DATA 07/10/05 DA XUNTA DE GOBERNO Concedéndose por Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 07/10/05, unha subvención a favor de Laura garrido García, veciña da Lama, para adquisición de Libros de Texto por importe de 115,38 euros, curso 2005/2006 e remitíndose polo Sr. Secretario do concello da Lama, certificación relativa á renuncia á citada subvención, toda vez que a beneficiaria da mesma, repetiu 6º curso de primaria, estando tal curso incluído no Programa de Gratuidade de Libros de texto, ampliado pola Orde de 15/09/05 da Xunta de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade quedar enterada da renuncia de Laura Garrido García, veciña da Lama, á subvención, por importe de 115,38 euros e con cargo á partida 05/313.313.462.05, concedida ó seu favor por Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 07/10/05, para adquisición de Libros de Texto, curso 2005/2006. ------ Folla: 6 3.13649.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DA ESCOLA DE TEMPO LIBRE "PASPALLÁS" DE PONTEVEDRA, PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN OUTORGADA EN SESIÓN DE DATA 07/10/05 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobándose por Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 07/10/05 a concesión a favor da escola de Tempo Libre "Paspallás" de Pontevedra por importe de 2.100,00 euros, para curso de Monitores/as de Tempo Libre de 280 horas, e solicitándose por tal beneficiario unha prórroga para xustificación da subvención dada a imposibilidade de finalizar o referido curso antes do 13/01/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga á Escola de tempo Libre "Paspallás", ata o 31 de marzo de 2006, para xustificación da subvención que ó seu favor, concedeu a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 7 de outubro de 2005, para importe 2.100,00 euros, para un curso de Monitores/as de Tempo Libre e con cargo á partida 05/313.313.480.02. ------ Folla: 6,7 4.13650.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON LUÍS MACÍAS SOMOZA, POR DANOS EN VEHÍCULO NA RÚA EDUARDO BLANCO AMOR DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 19/10/05 (Rex. nº 031580) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita D. Luis Macías Somoza con enderezo de notificacións na rúa Cristino Álvarez, nº 1-3ª planta de Pontevedra por danos padecidos en vehículo matrícula 9822-BHX o día 01/09/05, e que individualiza economicamente en 251,64 ¤. Resultando.- Que con data 20/10/05 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 07/11/2005 co seguinte contido: "...Si bien es cierto que la calle Eduardo Blanco Amor a la altura del nº 82-84 discurre por la red de carreteras provinciales, no tenemos constancia de la existencia, en el lugar citado y en las fechas anteriores o posteriores al 1 de septiembre de 2005, de una tapa de alcantarillado rota o fuera de sitio susceptible de producir daños en un vehículo, ni tampoco que se hayan producido más accidentes como consecuencia de tal anomalía. En todo caso, el técnico que suscribe considera que el mantenimiento de los servicios de alcantarillado son competencia exclusiva del Ayuntamiento". Considerando.- Que en data 09/11/2005 solicitouse informe o Excmo. Concello de Pontevedra remitíndosenos por dito concello en 28/12/2005 o expediente administrativo obrante no mesmo. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do atestado da Policía Local, Sección de Atestados, dedúcense claramente os seguintes extremos: a) Existencia dunha reixa de sumidoiro que se atopaba rota. b) A devandita reixa atopábase fóra do carril destinado o tránsito de vehículos. c) O carril de circulación -a marxe do espacio onde se atopaba a reixa- ten un ancho total de 2,57 metros, espazo suficiente para o paso dun vehículo. d) De non terse rebasada a liña continua que delimita exteriormente o carril, o feito non se produciría. e) As condicións de visibilidade eran óptimas, engadíndose no informe da Policía Local que todo conductor debe estar en disposición de reaccionar ante calquera imprevisto, incluso de deter o vehículo se fose necesario. Todos estes datos obxectivos constantes no atestado, que remata dicindo que "...a culpabilidade do accidente éo en maior medida do conductor" O exposto exonera a esta Deputación de calquera xuízo exculpatorio que ela mesma puidera facer, pois obvio resulta que o accidente ten como concausas ou coma causas concorrentes o deficiente mantemento do servizo de rede de sumidoiros, o que remite de xeito indubitado a dous responsables pola seguinte orde: -O concesionario do Servizo en virtude do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas. -O Concello, segundo o disposto no artigo 25.2-l da Lei 7/85. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 7 5.13651.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL ESTEVEZ CONDE, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA GONDOMAR-RAMALLOSA Á ALTURA DO CRUCE DE NANDE-COSTA (GONDOMAR) Retírase da orde do día asunto relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Don Manuel Estevez Conde, por danos en vehículo na estrada Gondomar-Ramallosa á altura do cruce de Nande-Costa (Gondomar). ------ Folla: 7 6.13652.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 7,9 7.13653.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA A CONSTRUCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN BELUSO Visto que os convenios constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común entre as distintas administracións públicas, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Bueu para a construción Polideportivo en Beluso, cuxo importe ascende a 601.012,00 euros. Vistos así mesmo, os informe emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de data 12 de xaneiro do ano en curso, e de conformidade co estipulado no artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Bueu para a construción dun pavillón polideportivo en Beluso. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA A CONSTRUCCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN BELUSO. En Bueu, a xxx de xxxxxx de 2005 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local Dona Elena Estévez Freire, Alcaldesa-Presidenta do concello de Bueu, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra asinaron, o 15 de outubro de 2002, un convenio de cooperación para a construcción e reforma de instalacións deportivas no período 2002-2006. De conformidade co apartado c) da cláusula X de dito convenio, poderanse adherir ó mesmo os concellos onde se ubiquen as instalacións, debendo colaborar a administración municipal no seu financiamento. II.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Bueu ten por obxecto a realización da obra de construcción dun Pavillón Polideportivo na rúa nova de arriba, na parroquia de Beluso. Segunda.-. Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas con cargo á partida 06/123.452.662.00. O concello de Bueu poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O concello de Bueu, obrígase a: 1. A contratación da redacción do proxecto de obra do pavillón por unha cantidade máxima de 22.300,00 euros. 2. A poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.-O importe a que se refire o presente convenio ascende a 601.012,00 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, así como os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Quinta.-Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello de Bueu, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: -Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida 06/123.452.662.00 orzamentaria do Orzamento provincial: Anualidade 2006 Cantidade 511.012,00 ¤ -O concello de Bueu con cargo á partida orzamentaria do Orzamento municipal: Anualidade 2006 2007 Cantidade 30.000,00 ¤ 60.000,00 ¤ Investimento total 90.000,00 ¤ A achega do concello de Bueu xerará crédito na partida 123.452.662.00 do orzamento ordinario da Deputación Provincial de Pontevedra. Sexta.- O concello de Bueu comprométese á xestión, mantemento e conservación do pavillón unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade desde o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Bueu Rafael Louzán Abal Elena Estévez Freire" ------ Folla: 9 8.13654.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS EN EP 9303 MEAÑO-DENA (MEAÑO)" Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión o día 30/11/2005, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello de Meaño para a execución da obra "Dotación de beirarrúas e servizos en EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", cun orzamento de 1.077.275,03 euros, dos que a Deputación achegaría a suma de 700.230,03 euros, e o concello 377.045,00 euros, distribuídos nas anualidades de 2005, 2006 e 2007; visto o proxecto relativo á referida obra e emitidos por Intervención documentos RC relativos á existencia de crédito na partida 511.511.612.02 nas referidas anualidades, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de "Dotación de beirarrúas e servizos en EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", por importe de 1.077.275,03 euros, IVE incluído, con cargo á partida 511.511.612.02 con arranxo á seguinte distribución por anualidades: ANUALIDADE 2005 2006 2007 TOTAL Deputación 30.000,00 400.000,00 270.230,03 700.230,03 Concello 18.850,00 207.375,00 150.820,00 377.045,00 TOTAL 48.850,00 607.375,00 421.050,03 1.077.275,03 ------ Folla: 9 9.13655.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición