ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/05/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-05-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/05/19_Ordinaria

  • Data(s) 2006-05-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 235 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dezanove de maio do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13986.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de maio de 2006. ------ Folla: 235 2.13987.- AXUDA ECONÓMICA Á FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a solicitude de axuda económica formulada por D. Manuel Pazos Vázquez, Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra. Visto os informes emitidos por Intervención e da Técnica da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á axuda económica incondicionada á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra, por importe de 24.000,00 ¤ e con cargo á partida 06/711.711.479.01. ------ Folla: 235 3.13988.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE RIBADUMIA DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006, DENOMINADA "COMEDOR ESCOLAR" POLA OBRA "SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO" A petición do Concello de Ribadumia, de 2 de maio actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006, denominada "Comedor Escolar" pola obra "Salón de Actos do Colexio, coa mesma subvención que anterior de 36.065,32 euros, ascendendo o seu presuposto a 48.087,09 euros e suxeita as condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Ribadumia con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como de seguida se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 PTO. TOTAL Subv. PTO. TOTAL Subv. PTO. TOTAL Subv. Total Subvención Salón de actos do Colexio 48.087,09 36.065,32 36.065,32 Mellora pista polideportiva de Lois 91.614,89 68.711,17 68.711,17 Abastecemento e saneamento Castaños e outros 58.404,00 58.404,00 58.404,00 48.087,09 36.065,32 91.614,89 68.711,17 58.404,00 58.404,00 163.180,49 ------ Folla: 235,236 4.13989.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, INTERESANDO A SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A OBRA DE "ADAPTACIÓN E MELLORA DA CASA CONSISTORIAL DO CONCELLO", EN VIRTUDE DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CASAS CONSISTORIAIS 2005 Vista a solicitude do Concello de Salceda de Caselas, pola que interesa se proceda ó aboamento da subvención por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00 ¤), concedida para a obra "Adaptación e Mellora da Casa Consistorial do Concello", e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Prestar aprobación á documentación xustificativa da citada obra, incluída no "Convenio de colaboración entre a Consellería de Xustiza e Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra", e declarar de aboamento a favor da devandita Entidade Local da cantidade de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00 ¤), con cargo ó Estado de Gastos do vixente Presuposto Provincial con aplicación á partida 06/911.911.762.09 ------ Folla: 236 5.13990.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA DE AUTORIZACIÓN PARA LEVAR A CABO POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA Nº62 "PAVIMENTACIÓN CALLE DEL CARMEN", INCLUÍDA NO PPC/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de A Cañiza, pola que interesa autorización para levar a cabo polo sistema de administración a obra nº 62 "Pavimentación calle del Carmen", por importe de 51.957,57 euros, incluída no PPC/06, dado que compre os requisitos establecidos no artigo 152 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de contratos das Administracións Públicas. ------ Folla: 236,238 6.13991.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PARA A REALIZACIÓN E EXECUCIÓN DA OBRA "PASARELA DE ACCESO Ó ENTORNO NATURAL DA ILLA DA FILLABOA SOBRE O RÍO MIÑO" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salvaterra do Miño para a realización e execución da obra "Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa da Fillaboa sobre o Río Miño", sendo o seu presuposto total de 869.813,47 euros. O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salvaterra de Miño, é posibilitar a realización e execución da obra "Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa da Fillaboa sobre o Río Miño. A Deputación comprométese a levar a cabo o financiamento parcial da execución das obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de catrocentos cincuenta mil setecentos cincuenta e nove euros (450.759,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 06/911.911.762.10 do vixente Presuposto Provincial, distribuído do seguinte xeito: 2006………………….. 120.202,00 euros 2007 …………………. 150.253,00 euros 2008 …………………. 180.304,00 euros Para ese fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Salvaterra de Miño. Son compromisos do Concello de Salvaterra de Miño, entre outros: a realización das obras e das pertinentes xestións (permisos, licenzas, etc.), financiar unha parte das mesmas, contratar, dirixir, controlar, formalizar os actos de recepción e asumir as obrigas económicas por un importe de 419.054,47 euros. Así mesmo, comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento da obra indicada, sen que poida ser destinada para outros fins distintos. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PARA A REALIZACIÓN E EXECUCIÓN DA OBRA "PASARELA DE ACCESO Ó ENTORNO NATURAL DA ILLA DA FILLABOA SOBRE O RIO MIÑO" En Pontevedra, a de maio de 2006 REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, en exercicio das facultades que ten atribuídas. Ilmo. Sr. D. Arturo Grandal Vaqueiro, en calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Salvaterra de Miño, en nome e representación do mesmo, en exercicio das facultades atribuídas. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3, c) do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salvaterra de Miño, é posibilitar a realización e execución da obra "Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa da Fillaboa sobre o Río Miño" Segunda.- O Presuposto da mencionada obra ascende á cantidade de 869.813,47 euros, distribuído da seguinte forma: Organismo Ano 2005 Ano 2006 Ano 2007 Ano 2008 TOTAL Achega Deputación 0,00 120.202,00 150.253,00 180.304,00 450.759,00 Achega Concello 295.473,00 30.000,00 93.581,47 0,00 419.054,47 295.473,00 150.202,00 243.834,47 180.304,00 869.813,47 A contía de 450.759,00 euros que lle corresponde a Deputación, en concepto de subvención, farase efectiva con cargo á consignación orzamentaria da partida 911.911.762.10 dos exercicios 2006, 2007 e 2008, polos importes devanditos. Para tal fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Salvaterra de Miño. O Concello de Salvaterra de Miño comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento da obra indicada, sen que poida ser destinadas para outros fins distintos. Terceira.- A devandita obra será executada polo Concello de Salvaterra de Miño, a través dos contratistas seleccionados nos correspondentes procedementos de contratación, sendo necesario solicitar como mínimo tres ofertas diferentes. Unha vez realizada a mesma, poderase proceder a súa comprobación e inspección polos Servizos técnicos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Unha vez rematada a obra realizarase o libramento da cantidade sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos: - Certificación técnica da obra realizada, debidamente dilixenciada, que exprese a execución do proxecto, presuposto ou memoria valorada e aprobación da mesma polo órgano de goberno competente do Concello, así como a acta de recepción da obra. Esta certificación conterá os requisitos que lle dan validez. Tamén se poderán facer desembolsos parciais, sempre e cando sexan xustificados debidamente de conformidade coa normativa vixente. Cuarta.- O Concello de Salvaterra de Miño, como titular da obra, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da obra, de modo que se encontre en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno Local dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sétima.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigacións contempladas nas cláusulas anteriores, as Entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e prexuízos que causaren. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas, que así o aconsellen. Novena.- Serán causas de Resolución: a) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. b) A imposibilidade de levalas a cabo. Décima.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: - Bases reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006, así como as que se aproben para os exercicios 2007 e 2008. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos se llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Salvaterra de Miño. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un so efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraAsdo.: D. Rafael Louzán Abal.- Polo Concello de Salvaterra de MiñoAsdo.: D. Arturo Grandal Vaqueiro" ------ Folla: 238 7.13992.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS A) De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se ditan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer á funcionaria Dª Inés Vereterra Gutiérrez-Maturana, Técnico de Administración Xeral, un mes de servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra como Técnico de Admón. Xeral (funcionaria de carreira) do 18 de agosto ó 17 de setembro de 1997, fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 1 de marzo de 1990. B) De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se ditan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer ó funcionario D. Fernando Vilar García, Encargado Camiñeiro, 5 meses e 1 día de servizos prestados anteriormente nas Administracións ou Organismos Públicos que a continuación se relacionan, con efectos 1 de xuño de 2006: CategoríaProfesional Adminis.Pública Vínculo (1) dende ata Total Día Mes Ano Día Mes Ano Ano Mes Día Substituto de A.C.R. Correos y Telégrafos Pontevedra L 24 08 78 21 11 78 2 28 Celador Servizo Galego de Saúde-Hospital de Vigo EI 29 10 90 31 12 90 2 3 TOTAL 5 1 A efectos de trienios a data de antigüidade retrotráese ó 15 de abril de 2004. ------ Folla: 238,239 8.13993.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) De conformidade coa proposta presentada o 9 de maio de 2006, na que o Xefe do Servizo de Cultura e Deportes solicita permiso e axuda económica para poder asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, ó III Certame Nacional de Bandas de Música que terá lugar o próximo día 10 de xuño en Almássera (Valencia), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Antonio Santos Guerra o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 647,84 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (saída o día 9 pola mañá e regreso o día 11 antes das 22 horas) DESPRAZAMENTO: (utilización coche propio) Pontevedra-Almássera-Pontevedra: (1960 Km.) 372,40 ¤ Peaxe autoestrada 30,00 ¤ Parking 20,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTO 422,40 ¤ DIETAS: Día 09: (1 manutención + aloxamento) 103,37 ¤ Día 10: (1 dieta enteira) 103,37 ¤ Día 11: (½ manutención) 18,70 ¤ TOTAL DIETAS 225,44 ¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/451.451.230.01 de dietas por importe de 225,44 ¤ e á 06/451.451.231.01 de locomoción por importe de 422,40 ¤ do vixente Presuposto provincial. B) De conformidade coa proposta de data 8 de maio, pola cal o Xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria interina Dona María Pilar Vela Fernández, adscrita á Finca Areeiro, pertencente ó Servizo Agrario, poida asistir ó "XXXIII Congreso da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos. PARJAP 2006" que terá lugar os próximos días 7 ó 10 de xuño de 2006 en Santander, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona María Pilar Vela Fernández o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 907,47 euros, desagregada da seguinte forma: DESPRAZAMENTO (Saída día 6 de pola maña e regreso día 9 despois das 22:00) (Pontevedra-Santander-Pontevedra): (1.120 Km.) 212,80 ¤ Peaxe autoestrada 20,00 ¤ Parking 60,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTO 292,80 ¤ DIETAS: Día 6 ( 1 manutención + aloxamento) 103,37 ¤ Días 7 e 8 (80% dieta) 165,40 ¤ Día 9 (1 manutención) 37,40 ¤ TOTAL DIETAS 306,17 ¤ INSCRICIÓN Ó CONGRESO 308,50 ¤ Ditas cantidade imputarase con cargo ás partidas 06/711.711.230.01 de dietas por importe de 306,17 ¤, á 06/711.711.231.01 de desprazamentos por importe de 292,80 ¤ e á 06/122.314.162.00 de Inscrición ó Congreso por importe de 308,50 ¤. ------ Folla: 239,240 9.13994.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MAXIMILIANO ÁNGEL CHIARRONI PAIS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO CAMIÑO DE BARXA S/N, CORUXO (VIGO) Dada conta que con data de Rexistro de 2 de maio de 2006 (nº 016206) tivo entrada nesta Deputación instancia de D. Maximiliano Ángel Chiarroni Pais, na que sinala como enderezo a efectos das notificacións que se lle deban efectuar como consecuencia do expediente de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico no Camiño de Barxa s/n, Coruxo (Vigo), o Apartado de Correos 401-O.P.-Vigo. Resultando que con data 20 de outubro de 2005 e mediante Resolución da Presidencia decretouse a perención do procedemento con arquivo das actuacións no expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial polo citado accidente, formulada pola aseguradora A.M.A. AGRUPACIÓN MUTUAL ASEGURADORA, con enderezo en Vigo, rúa Ecuador nº 84, ó terse cumprido sobradamente o prazo de 10 días concedido en escrito de data 19 de setembro de 2005 a dita aseguradora para a subsanación ó escrito de reclamación, de conformidade co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Resultando contra dita Resolución Presidencial cabía recurso de reposición no prazo dun mes dende a súa notificación ós interesados, notificación que foi efectuada o día 21 de outubro de 2005. Resultando que con data 17 de novembro de 2005 o Sr. Chiarroni Pais presentou instancia plantexando a mesma reclamación, sen terse presentado o pertinente recurso de reposición contra a Resolución de arquivo do expediente. Considerando que cando acaeceron os feitos atopábase en vigor a póliza entre D. Maximiliano Ángel Chiarroni Pais e a "Agrupación Mutual Aseguradora (A.M.A)", na que claramente na súa Quinta Garantía incluíase a "RECLAMACIÓN DE DANOS", o que supón que o asesoramento neste eido detentábao a aseguradora a través dos seus servizos xurídicos, polo que, recibido o requirimento para ser subsanados os tres defectos debeuse cumprimentar, o que non se fixo (alomenos na súa totalidade) polo que, consonte con tal incumprimento esta Deputación aplicou a única consecuencia legal posible procedente, é dicir, a declaración de perención do procedemento con arquivo do mesmo, quedando a salvo as posibles accións civís (artigo 1902 do Cc.) que ó Sr. Chiarroni puideran competer contra a compañía aseguradora, única responsable da non cumprimentación e da non formalización do recurso de reposición contra a resolución presidencial de arquivo do expediente. Considerando que o xa citado artigo 71.1 establece como consecuencia terminante da non cumprimentación no prazo requirido para subsanación e mellora da solicitude a consideración de ter por desistido ó solicitante. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación. ------ Folla: 240 10.13995.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dada conta de que con data 24 de abril de 2006 notifícase sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 4751/2002, promovido por D. Raimundo Fandiño Pereira contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 25 de setembro de 2001 na Avenida Alcalde Lavadores de Vigo, e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización ó Sr. Fandiño Pereira de 4.277,32 ¤ mais os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, é dicir, dende o día 22 de novembro de 2001. Visto o informe da Intervención, de data 3 de maio de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a favor de Don Raimundo Fandiño Pereira, por importe do principal, 4.277,32 ¤, máis 777,38 ¤ en concepto de xuros legais, conforme ó ordenado na referida sentenza, polo que a indemnización total ascende a 5.054,70 ¤, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado o presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. CUARTO.- Notificar igualmente o presente acordo á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 4.453,69 ¤ (catro mil catrocentos cincuenta e tres euros con sesenta e nove céntimos) mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Dita sentenza deriva duns autos seguidos polos Servizos Xurídicos da aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., conforme á póliza antes referida. ------ Folla: 240 11.13996.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 240 12.13997.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición