Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-07-07_Ordinaria. Acta de sesión 2006/07/07_Ordinaria
Acta de sesión 2006/07/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-07-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/07/07_Ordinaria
Data(s) 2006-07-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día sete de xullo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14115.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xuño de 2006. ------ Folla: 2.14116.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DE TRABALLOS COMPLEMENTARIOS E DOTACIÓN DE NOVOS CONTIDOS Ó CONTRATO DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE + Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 20 de novembro de 2005, adxudicando o concurso para a contratación da asistencia técnica para o deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para inmigrantes retornados no marco do Proxecto Cidade +, á empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (CIF G-15.597.669) polo prezo de trinta e sete mil catrocentos cincuenta euros (37.450 ¤), IVE incluído. Visto o escrito da Directora Xerente do Proxecto Cidade+ participando que xurdiron situacións imprevistas na elaboración das guías como consecuencia da variación da normativa nacional e autonómica de aplicación, e que se pretende realizar cambios na proposta inicial que supoñen unha mellora para o manexo e utilización das guías, e que resulta necesario para levar a cabo estas dúas actuacións modificar o contrato inicial que se orzamenta en 3.800 euros. Visto o documento Rc e o informe de fiscalización emitido por Intervención, e de conformidade co artigo 101 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a realización de traballos complementarios e dotación de novos contidos ó contrato do deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para emigrantes retornados no marco do Proxecto Cidade+. Os traballos realizaranse pola empresa adxudicataria do contrato inicial, a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (CIF G- 15.597.669), polo prezo de tres mil oitocentos euros (3.800 ¤), IVE incluído. O pago desta modificación do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 06/422.323.227.02 do vixente Presuposto Provincial. ------ Folla: 3.14117.- APROBACIÓN DA AMPLIACIÓN DO CONTRATO DA ZONA 1 DO PROGRAMA "TI TAMÉN CONTAS" Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 24 de marzo de 2006, adxudicando a zona 1 do concurso para a contratación da asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social "Ti tamén contas" á empresa Xestión Cultural Aurea, SL (CIF B-36.394.203) pola cantidade máxima de vinte e un mil douscentos catro euros (21.204 ¤), en función dun prezo por hora de trinta e cinco euros con trinta e catro céntimos (35,34 ¤). Visto o escrito da xefa de Acción Social participando a necesidade de ampliar o contrato inicial da zona 1 debido á grande cantidade de cidadáns interesados en participar en determinados cursos, e a necesidade de alugar uns equipos para a impartición dos cursos de informática. Visto o documento A e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención e de conformidade co artigo 101 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o contrato da zona 1 do programa "Ti tamén contas" coa empresa Xestión Cultural Aurea, SL (CIF B-36.394.203) por un importe de tres mil trescentos oitenta e un euros con corenta céntimos (3.381,40 ¤). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda autorizar dito gasto con cargo á partida 06/313.313.227.05 do presuposto provincial. ------ Folla: 4.14118.- APROBACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 "TERMINACIÓN EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES (MEIS)" Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 10/12/2004, polo que se adxudicou a Construcións Taboada e Ramos, SL, a obra de "Terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)", na suma de 394.270,00 ¤, IVE incluído, visto o proxecto modificado, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de diversas modificacións que se estiman convenientes introducir para adecuar discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, pretendéndose con isto que as obras poidan chegar a bo termo, ascendendo o seu presuposto á cantidade de 472.530,85 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación inicial de 78.260,85 ¤; e visto o documento Rc, emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto na partida 06/511.511-612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis), polo importe de 472.530,85 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 78.260,85 ¤. ------ Folla: 5.14119.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 9 de xuño de 2006, acórdase por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1. Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelos-Cambados) por importe de 101.591,90 ¤, IVE incluído. 2. Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces) por importe de 111.232,46 ¤, IVE incluído. 3. Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados) por importe 130.000 ¤, IVE incluído Vistas as actas de replanteo, con data do día 26 de xuño do presente ano, comprobando a realidade xeométrica dos lugares onde se van a realizar as obras, asinadas polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, Xefe da zona Norte. Vistos os documentos Rcs e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente nº 191/06 para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da realización de diversas obras en estradas provinciais, en función dos seguintes lotes e tipos de licitación: 1. Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelos-Cambados) por importe de 101.591,90 ¤, IVE incluído. 2. Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces) por importe de 111.232,46 ¤, IVE incluído. 3. Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados) por importe 130.000 ¤, IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS (EXPEDIENTE Nº 191/06 ) 1ª.- Obxecto.- A realización das seguintes obras: · Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelo-Cambados). · Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces). · Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados). As obras realizaranse con suxeición ás prescripcións técnicas e demáis documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: A obra financiarase con cargo á partida 06/911.911.612.02 do vixente presuposto. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que se detallan de seguido: Nº OBRA PREZO 1 Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelo-Cambados) 101.591,90 ¤ 2 Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces) 111.232,46 ¤ 3 Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados) 130.000 ¤ Enténdense comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, en sesión de 27 de febreiro de 1998, que se considera incluída dentro dos gastos xerais e sendo á conta dos adxudicatarios ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos comezará a contar a partir da comprobación do replanteo e serán os seguintes: Nº OBRA PRAZO 1 Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelo-Cambados) 6 MESES 2 Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces) 6 MESES 3 Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados) 6 MESES 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director das mesmas e á certificación-liquidación deberase acompañar a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección de obra serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-2-98, e que se consideran incluídos dentro dos gastos xerais, sendo á conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinteseis días, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no DOG, de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: SOBRE A, denominado "PROPOSTA ECONÓMICA", que se presentará nun sobre pechado, que poderá lacrarse e precintarse a petición do interesado e deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS. OBRA Nº _________________________________________ Nota importante: Especificar o número e denominación da obra. Contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. SOBRE B, denominado "DOCUMENTOS", deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS. OBRA Nº _________________________________________ Nota importante: Especificar o número e denominación da obra. O sobre conterá os seguintes documentos: 1.- DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos arts. 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, unha vez notificada a adxudicación das obras, certificacións acreditativas de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte a súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademáis responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será a seguinte: OBRA CLASIFICACIÓN Ensanche e mellora EP 9006 Bouza-O Facho (Castrelo-Cambados) GRUPO A SUBGRUPO 2 CATEGORÍA CGRUPO G SUBGRUPO 4 CATEGORÍA C Terminación e mellora EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces) GRUPO G SUBGRUPO 4 CATEGORÍA C Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña EP 9002 Fefiñáns-Oubiña (Cambados) GRUPO A SUBGRUPO 2 CATEGORÍA CGRUPO C SUBGRUPO 1 CATEGORÍA CGRUPO C SUBGRUPO 2 CATEGORÍA C Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a teñan presentado nos últimos doce meses, achegando únicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso téndose constituído en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó corrente no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O Secretario. O Interventor. O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Secretario: O Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, a continuación procederase á apertura das proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquél que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para sí a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 puntos. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que tendo obtido unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requeriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 Euros, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. 15ª.- Ademáis os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garantice a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademáis será responsable da súa seguridade, sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 18ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. 19ª.- Modelo de proposición: Don/Dona___________________________________, maior de idade, veciño/ña de____________________, con domicilio en _________________________________titular do DNI________________, actuando en nome propio/ou en representación de _____________________________con domicilio en ________________________________________, e teléfono núm. ___________________, expón que: Coñece e acepta o prego de condicións económico-administrativas particulares e o proxecto da obra, e comprometese a executar a obra________________ _______________________________________________(especificar número e denominación da obra enumerada na cláusula un deste prego), polo prezo total de __________________________________________________________________________________(en número e letra). - O prazo de execución será de :_____________________________________ - As melloras ofertadas cífranse en:______________________________ - O período de mantemento será de:______________________________ (Data e sinatura do propoñente) ------ Folla: 6.14120.- COMPRAVENDA DE PARCELAS SITAS EN AGRO COLINDANTE COA FINCA DO CASTELO DE SOUTOMAIOR. Vistas as propostas subscritas polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de datas 7 e 13 de marzo de 2006 para a adquisición de varias parcelas lindantes coa finca do Castelo de Soutomaior, coa finalidade de solucionar o problema de aparcamento existente no Complexo mediante a obtención dunha superficie apta para tal fin, así como a valoración do custo da compra pretendida. Vistos os informes de Asesoría Xurídica de datas 9 e 13 de marzo de 2006 polos que se establece o réxime xurídico aplicable así como a competencia da Xunta de Goberno. Vistos os Certificados de Bens Inmobles sobre as parcelas a que se refire o expediente, emitidos pola Xerencia Territorial do Catastro, así como o levantamento topográfico das parcelas efectuado polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, así como o seu informe de data 16 de xuño de 2006, polo que se pon de manifesto a superficie real das fincas e se valora a adquisición na cantidade total de cento catorce mil cento sesenta e tres euros con corenta e oito céntimos (114.163,48 ¤) Vistos os compromisos de compravenda subscritos entre esta Excma. Deputación Provincial e os propietarios das parcelas a que se refire o expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, a) Aprobar o expediente para a adquisición das nove parcelas lindantes coa finca do Castelo de Soutomaior, a que se refiren os compromisos de compravenda subscritos por esta Excma. Deputación Provincial e os propietarios daquelas, obrantes no expediente, para ser destinadas a aparcamento do servizo do Complexo de Soutomaior cuxo detalle é o seguinte: PARCELAS Nº SUPERFICIE 18¤/M2 TOTAL Parcela 1 427,50 427,50x18 7.695,00 Parcela 2 531,68 531,68x18 9.570,24 Parcela 3 235,15 235,15x18 4.232,70 Parcela 4 436,20 436,20x18 7.851,60 Parcela 5 840,20 840,20x18 15.123,60 Parcela 6 861,96 861,96x18 15.515,28 Parcela 7 1.085,02 1.085,02x18 19.530,36 Parcela 8 777,30 777,30x18+3000 ¤ por indemnización de obras 13.991,40 +3.000,00 16.991,40 Parcela 9 980,85 980,85x18 17.655,30 TOTAL 114.163,48 b) Aprobar o gasto por importe total de cento catorce mil cento sesenta e tres euros con corenta e oito céntimos (114.163,48) que se imputará á partida 06/711.711.620.00. c) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a sinatura de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a efecto a permuta. ------ Folla: 7.14121.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CERDEDO PARA A URBANIZACIÓN NOS CASTROS, FONDÓS E BUGARÍN Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cerdedo coa finalidade de urbanizar os lugares de Os Castros, Fondós e Bugarín sitos nas marxes da estrada provincial 7102 na parroquia de Quireza E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de data 6 de xullo de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cerdedo para a urbanización dos Castros, Fondós e Bugarín. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CERDEDO PARA A URBANIZACIÓN NOS CASTROS, FONDÓS E BUGARÍN. No Concello de Cerdedo, a __________ de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Alcalde-Presidente do Concello de Cerdedo, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cerdedo é a urbanización dos lugares de Os Castros, Fondós e Bugarín, sitos nas marxes da estrada provincial 7102 na parroquia de Quireza. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas con cargo a partida 511.511.612.02. O Concello de Cerdedo ingresará na Deputación a cantidade de 90.913,68 euros que xerará crédito na partida anteriormente sinalada. Asemade, poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.-O Concello obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a SEISCENTOS SEIS MIL NOVENTA E UN EUROS CON VINTECINCO CÉNTIMOS (606.091,25 ¤) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Cerdedo, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 103.035,51 ¤ 257.588,78 ¤ 154.553,28 ¤ Concello de Cerdedo 18.182,74 ¤ 45.456,84 ¤ 27.274,10 ¤ Investimento total 606.091,25 ¤ Sexta.- O Concello de Cerdedo comprométese ó mantemento da urbanización obxecto deste convenio nos lugares de Os Castros, Fondós e Bugarín, sitos nas marxes da estrada provincial 7102 na parroquia de Quireza. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraRafael Louzán Abal Polo Concello de CerdedoSilvestre Jose Balseiros Guinarte ------ Folla: 8.14122.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NA SAGRADA (EP ESTRADA-FORCAREI) Visto que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestión de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Estrada coa finalidade de dotar de beirarrúas na Sagrada (EP A Estrada-Forcarei), e cuxo custo se estima en douscentos noventa mil euros (290.000 ¤). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de data 6 de xullo do ano en curso a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello da Estrada para a dotación de beirarrúas na Sagrada (EP A Estrada-Forcarei). Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE A ESTRADA PARA A DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NA SAGRADA (EP ESTRADA-FORCAREI) No Concello de A Estrada, a __________ de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Ramón Campos Durán, Alcalde-Presidente do Concello de A Estrada, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de A Estrada é a dotación de beirarrúas na Sagrada (EP Estrada-Forcarei). Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo á partida 06/511.511.612.02. A parte correspondente do concello financiarase con cargo ó PAM 2006, nas anualidades 2006, 2007 e 2008 e xerando crédito na partida anteriormente sinalada. O Concello de A Estrada poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.-O Concello de A Estrada, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 290.000 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Estrada, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 10.583,41 ¤ 72.657,90 ¤ 61.758,69 ¤ Concello de A Estrada 10.583,41 ¤ 72.657,90 ¤ 61.758,69 ¤ Investimento total 290.000 ¤ Sexta.- O Concello de A Estrada comprométese ó mantemento das beirarrúas obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraRafael Louzán Abal Polo Concello de A EstradaRamón Campos Durán ------ Folla: 9.14123.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS Unha vez tramitado o correspondente expediente, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: GRUPOGAL DEL NOROESTE, SL (CIF B- 83.475.889) - A constituída en valores mediante aval bancario de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova) por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 ¤), para responder do contrato relativo ó de concerto ó aire libre en Vilagarcía de Arousa, verán 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2005 con número de operación 200500080106, sendo indispensable, para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e selo da empresa. ------ Folla: 10.14124.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: MELLORA DE INFRAESTRUTURAS RURAIS NO ENTORNO DE IGREXA DO CONCELLO DE CERDEDO, CON CARGO Ó PAM/2006 En aplicación da Base 160 de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Cerdedo unha subvención por importe de sesenta e seis mil euros (66.000,00), con cargo ó programa de acción municipal 2006, partida 06/911.911.762.45 para financiar a obra: mellora de infraestruturas rurais no entorno de igrexa (libre disposición), co núm. 235/146 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2007, de facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento das subvencións, só se efectuará unha vez estea comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 11.14125.- APROBACIÓN DA ACTA DO CERTAME DE NOVOS VALORES 2006 De conformidade co disposto na base 10ª da convocatoria do certame Novos Valores 2006, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno do día 24 de febreiro de 2006, que se achegarán con cargo á partida 06/451.451.481.01, e despois da reunión mantida polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 27 de xuño, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aceptar no seus propios termos a acta do Xurado, que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO DA EXPOSICIÓN NOVOS VALORES - 2006 No Edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra, sendo as 11:30 horas do día 27 de xuño de 2006, reúnese o Xurado Cualificador da "EXPOSICIÓN NOVOS VALORES-2006", composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura. Vogais: D. Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, D. Xesús Hernández Sánchez, Decano da Facultade de Belas Artes; D. Iñaki Martínez Antelo, Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), D. Manuel Quintana Martelo, pintor, Dona Raquel Durán Illanes, artista-bolseira da edición Novos Valores 2005, Secretario: D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión emitir o fallo para adxudicar as cinco axudas económicas por importe de seis mil euros (6.000,00 ¤) cada unha, previstas na base oitava da convocatoria, de entre as obras seleccionadas os días: 30 de maio e 5 de xuño pasados. Despois dun detallado estudo e deliberación das obras seleccionadas, o Xurado acordou conceder e premiar as seguintes obras: Autor Título da obra Audiovisuais González Torterolo, ErnestoMartínez Huergo, JorgeRodríguez García, Rita Asimetrías rururbanas (Periferias)I Like Roch´RollEl Grito Escultura Añón Lema, Oliver s/t Fotografía García Ulla, Víctor 1 para 8.000.000 / 8.000.000 para 1 E non habendo máis asuntos que tratar e sendo as trece horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe." ------ Folla: 12.14126.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 3 de xullo de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200600000613 e que contén tres facturas, sendo a primeira do concello de O Grove por importe de 1.617,71 ¤ e a derradeira de Repsol Comercial de produtos petrolíferos SA por importe de 3.467,06 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 9.527,14 ¤ Descontos do IRPF 0 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 9.527,14 ¤ ------ Folla: 13.14127- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta de que con data 12 de xuño de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 59/ 2006 promovidos por D. JOSÉ CARLOS PENEDO HERMIDA contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Fontes a Baiona o día 1 de setembro de 2005, debido ó mal estado da calzada, e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 438,88 ¤, cantidade que deberá ser actualizada conforme ó índice de prezos ó consumo desde a data do accidente ata a data de resolución da reclamación, máis os xuros legais ata a data da sentenza. Resultando que con data 23 de xuño de 2006 notifícase Auto do referido Xulgado do Contencioso nº 3 polo que se acorda corrixir a sentenza ó terse producido un erro tipográfico no punto relativo á contía da condena, que non acada 438,88 ¤, senón a de 538,88 ¤. Visto o documento de RC de Intervención, de data 21 de xuño de 2006 e documento RC complementario, de data 28 de xuño seguinte, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a D. JOSÉ CARLOS PENEDO HERMIDA, por importe de 552,51 ¤, unha vez actualizado o principal conforme ó IPC e xuros legais de acordo co ordenado na sentenza, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que será notificado do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. b) Dada conta de que con data 19 de maio de 2006 notifícase sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 4402/ 2003, promovido por D. Antonio Amoedo Santiago contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 9 de marzo de 2001 na rúa Alcalde José del Río de Marín, e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización ó Sr. Amoedo Santiago de 549,56 ¤ máis os xuros legais desde o 20 de febreiro de 2003. Visto o informe da Intervención, de data 21 de xuño de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a favor de Don Antonio Amoedo Santiago, por importe do principal, 549,56 ¤ máis os xuros legais, conforme ó ordenado na referida sentenza, polo que a indemnización total ascende a 618,49 ¤, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado o presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. c) Dada conta de que con data 5 de xuño de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 40/ 2006 promovidos por CODES E HIJOS, S.L. e WINTERTHUR contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Porto, Beade (Vigo), o día 4 de xaneiro de 2005, debido á existencia dunha focha sen sinalizar na calzada, e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 235,73 ¤ a CODES E HIJOS, S.L. e de 277,45 ¤ a WINTERTHUR, S.A, cantidades que deberán ser actualizadas conforme ó índice de prezos ó consumo dende a data do accidente ata a data de resolución da reclamación, máis os xuros legais ata a data da sentenza. Visto o informe da Intervención, de data 21 de xuño de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto das indemnizacións recoñecidas a CODES E HIJOS, S.L. e WINTERTHUR, S.A., por importes, respectivamente, de 246,10 ¤ e 295,68 ¤, unha vez actualizados os principais conforme ó IPC e xuros legais de acordo co ordenado na sentenza, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo das cantidades sinaladas queda sometido á condición suspensiva da achega polos recorrentes de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copias dos CIF, para o que serán notificados do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica d) Dada conta de que con data 22 de maio de 2006 notifícase sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Abreviado 60/ 2006 promovido por D. Manuel Álvarez Araujo contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Porto, o día 7 de decembro de 2004 como consecuencia da existencia dunha focha sen sinalizar na calzada, e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 412,31 ¤, cantidade que será incrementada conforme ó índice de prezos ó consumo dende o día do accidente ata a data de desestimación da reclamación administrativa, máis os xuros legais resultantes ata a data da sentenza. Visto o informe da Intervención, de data 20 de xuño de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a favor de Don Manuel Álvarez Araujo por importe do principal, 412,31 ¤, máis 19,80 ¤ en concepto de actualización conforme ó IPC e xuros legais de acordo co ordenado na referida sentenza, polo que a indemnización total ascende a 432,11 ¤, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado o presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. Dita sentenza deriva dun procedemento administrativo seguido, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación. e) A Xunta de Goberno toma coñecemento da transformación do Procedemento ordinario que se seguía no Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, decretada polo Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra, no recurso promovido por D. Alberto Méndez Abal contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en finca da súa propiedade, atendendo así as alegacións formuladas pola Asesoría Xurídica desta Deputación. f) Dada conta que con data 23 de xuño de 2006 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, de data 15 de xuño de 2006, confirmando o ditado con data 24 de maio de 2006, favorable a esta Deputación. Resultando que con data 24 de maio de 2006 o Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra ditou Auto polo que se acordaba ter por desistido a D. Alberto Amoedo López no recurso interposto contra esta Deputación, impoñéndolle as costas procesuais. Resultando que presentado recurso de súplica contra dito Auto por D. Alberto Amoedo López a Asesoría Xurídica desta Deputación dirixiu escrito ó Xulgado no que manifestaba que as custas do procedemento veñen impostas neste caso por imperativo legal ó non terse presentado o recorrente co seu representante legal á vista sinalada para o día 18 de maio de 2006, acollendo o devandito Xulgado as alegacións formuladas polos Servizos Xurídicos e confirmando a imposición das custas. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do devandito Auto. g) A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, notificada con data 16 de xuño de 2006 e recaída en autos de Procedemento Abreviado 60/ 2006 promovidos por Dª CONCEPCIÓN CUÍÑA GONZÁLEZ contra desestimación por silencio a solicitude de certificación de servizos prestados, na que se desestima dito recurso con resultado favorable para os intereses desta Deputación e con imposición de custas á recorrente. Os autos foron seguidos polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. ------ Folla: 14.14128.- COMUNICACIÓNS Queda enterada a Xunta de Goberno das seguintes: a) Escrito do Ministerio da Presidencia (nº de rexistro de entrada 023707 de data 04/07/06) no que acusa o recibo de certificación de acordo do Pleno desta Deputación en relación coas retransmisións deportivas do mundial de fútbol. b) Escrito do Grupo Parlamentario Popular no Congreso (nº de rexistro de entrada 023322 de data 30/06/06) no que acusa recibo de certificación de acordo do Pleno desta Deputación en relación coa retransmisión da XVIII Copa do Mundo de Fútbol. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14129.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 23/06/06 SOBRE APROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO ANO 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, as subvencións a favor de 113 Asociacións de Mulleres, polo importe total de 177.000 euros con cargo á partida 06/313.313.480.02, e detectándose un erro material no cadro das subvencións aprobadas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a corrección do devandito erro, no senso de que onde di que a data de rexistro de entrada das solicitudes da Asociación de MM.RR. "Avelina Valladares" A Estrada, Asociación de "Mulleres e Familias Ámbito Rural Gallego" de Lalín, Asociación de Veciños "Doutor Fleming" e Asociación de Veciños "Nosa Terra de Alcabre" ambas as dúas de Vigo, é a de 6 de abril de 2006, debe dicir a de 5 de abril do presente ano, tal e como constatan os expedientes administrativos das solicitudes presentadas polas devanditas Asociacións. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14130.- RECTIFICACIÓN DUN ERRO NO TEXTO DO ACORDO Nº 12.14009 Visto o erro no acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 26 de maio referente á adxudicación do concurso, por procedemento aberto, para a contratación de subministro de materias de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2006 ó non especificar as cantidades e partidas nas que se cargarán o gasto correspondente. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes no seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o erro no texto do acordo nº 12.14009 no senso que se establece de seguido: - Onde di: "O pagamento do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo ás partidas 06/511.511.210.00 e 06/511.511.210.01 do vixente presuposto provincial." - Debe dicir: "O pagamento do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario na cantidade máxima de 45.000 euros con cargo á partida 06/511.511.210.00, e na cantidade máxima de 15.000 euros con cargo á partida 06/511.511.210.01 do vixente presuposto provincial." ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14131.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade á proposta presentada o 3 de xullo de 2006, pola cal a xefa adxunta do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria interina Dona Cristina Peleteiro Gallego, responsable da páxina web desta Excma. Deputación Provincial, poida asistir, en comisión de servizos e representando a este Organismo Provincial, ás xornadas "Goberno electrónico; as novas relacións da Administración coa cidadanía" que se celebrará do día 10 ó 12 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Cristina Peleteiro Gallego o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 148,50 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: Desprazamento: Pontevedra-Santiago-Pontevedra: (coche propio) x 3 despraz. 68,40 ¤ Peaxe autoestrada: x 3 días 24,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTOS 92,40 ¤ Dietas: Días 10-11 e 12: (1/2 manutención) x 3 56,10 ¤ TOTAL DIETAS 56,10 ¤ Ditas cantidades imputaranse á partida 06/132.121.231.01 de locomoción por importe de 92,40 ¤ e á 06/132.121.230.01 de dietas por importe de 56,10 ¤, do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 18.14132.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota