ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/09/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-09-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/09/29_Ordinaria

  • Data(s) 2006-09-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e nove de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste.o señor deputado D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14319.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de setembro de 2006. ------ Folla: 2.14320.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA "ASOCIACIÓN UNIVERSIA", Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA "ACTIVIDADE DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA E SOCIAL NA DIVERSIDADE" Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 7 de outubro de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 2.100 euros, para a "actividade de intervención educativa e social na diversidade" a favor da "Asociación Universia" de Pontevedra, e como fora que tras a aprobación da prórroga para a xustificación da citada subvención pola Xunta de Goberno de 03/02/06, pola devandita Asociación se presenta escrito coa renuncia expresa a tal subvención, a Xunta de Goberno queda enterada da mencionada renuncia. ------ Folla: 3.14321.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS SEN FINS DE LUCRO, ANO 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 17 de febreiro de 2006, as Bases Reguladoras das subvencións dirixidas ás Asociacións de Servizos especializados, publicándose as mesmas no B.O.P. nº 42 do 1 de marzo de 2006, concluíndo o prazo de presentación de solicitudes o 31 do mesmo mes e a vista dos informes da Traballadora Social e do Sr. Interventor de 21/09/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as subvencións de Asociacións de Servizos Especializados, ano 2006, 2º grupo, a favor de 14 Asociacións, por importe de 38.469,00 euros, con cargo á partida 06/313.313.480.02, segundo o cadro seguinte: "ASOCIACIÓNS SIN FIN DE LUCRO ENMARCADAS NO ÁMBITO DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS 2006 (2ª Proposta) Concello Nº Asociación Actividades Contía Moaña 1 Asoc. de familiares de enfermos de alzheimer da comarca do Morrazo "AFAMO" Curso de atención e coidados na enfermidade de Alzheimer 3.600,00 ¤ Nigrán 1 Asoc. de pais do Centro "CASTRO NAVAS" Educación vial e socialización 844,00 ¤ Sanxenxo 1 Asoc. para a prevención e loita contra a droga e de axuda ós drogodependentes "AVANTE" Curso de formación: "Xardinería" 4.425,00 ¤ Tomiño 1 Asoc. de discapacitados do Baixo Miño "VONTADE" Obradoiro de actividades ocupacionais - Taller de coiro 4.425,00 ¤ Vigo 9 Asoc. "FUNDAI ESPAÑA" (Fomento e unificación de axudas á infancia) Mesas de sensibilización 870,00 ¤ Asoc. de bulimia e anorexia de Pontevedra "A.B.A.P." Proxecto piloto: hábitos alimentarios, relación socio - comunitaria, familiar e persoal nos alumnos de primaria e secundaria da provincia de Pontevedra (Estudo) 3.600,00 ¤ Asoc. de pais de minusválidos de Pontevedra "A.PA.M.P.". Deseño gráfico 4.425,00 ¤ Asoc. de pais do Centro de educación especial Menela de Vigo "A.P.A. MENELA" Curso de iniciación á xardinería 2006 1.688,00 ¤ Asoc. de parapléxicos e grandes minusválidos de Galicia "ASPAYM GALICIA" Programa "Tutor" para a integración socio - familiar do lesionado medular 3.600,00 ¤ Asoc. galega contra as enfermidades neuromusculares "ASEM GALICIA" VAVI - Vida autónoma, vida independente 1.720,00 ¤ Confederación Galega de minusválidos COGAMI." Curso de ofimática básica (Axuda Complementaria) 532,00 ¤ Fundación Igual Arte Actividades de prevención, sensibilización e divulgación 2.100,00 ¤ Sociedade para o desenvolvemento de ideas e técnicas para minusválidos físicos "SODIM" Tureiva - Turismo para todos 2.100,00 ¤ Vilanova de Arousa 2 Asoc. de pais do Centro "OS MECOS" Programa de ocio e tempo libre: Campamento 940,00 ¤ Baión Asoc. Tratamento do autismo "BATA" Unidade de apoio ambulatorio 3.600,00 ¤ TOTAL ......................... 38.469,00¤" ------ Folla: 4.14322.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE ARBO PARA "ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS", CON CARGO Ó PAM/2006 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello e Arbo unha subvención por importe de sesenta e nove mil setecentos catorce euros (69.714,00 ¤) - Libre disposición-, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006, Partida 06/911.911.762.45 para financiar a "Adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos", co núm. 239/159 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na compra do camión, mediante convenio, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación da adquisición, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e o convenio aprobado para a súa adquisición. c) O pagamento da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para afrontar a compra realizada, segundo as facturas presentadas, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 5.14323.- APROBACIÓN DE BASES DE AXUDA ECONÓMICA ÓS "PARQUISTAS DE CARRIL" PARA PALIAR OS EFECTOS DOS TEMPORAIS DO MES DE ABRIL DE 2006 Dada conta das Bases Reguladoras de axudas económicas ós Parquistas de Carril. Visto o RC 200600055816 emitido por Intervención no que certifica a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, e o Ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ás Bases Reguladoras de axudas económica ós Parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais do mes de abril de 2006, por importe de 100.000,00 ¤ con cargo á partida 06/711.711.479.01 Ditas bases son como seguen: "BASES DE AXUDA. ANO 2006. PESCA E CULTIVOS MARIÑOS AXUDA ÓS PARQUISTAS DE CARRIL PARA PALIAR OS EFCTOS DOS TEMPORAIS DO MES DE ABRIL DE 2006 A Deputación Provincial de Pontevedra establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó ano 2006. 1.- Obxecto.- Neste programa concederanse axudas económicas ós titulares de parques de cultivo de Carril co obxecto de minorar os danos ocasionados polo aporte de auga doce nos cultivos de moluscos dos seus parques, como consecuencia das choivas rexistradas no mes de abril do presente ano, cun crédito inicial de cen mil euros (100.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 06/711.711.479.01. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas ós parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais 06/711.711.479.01 100.000,00¤ 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: As presentes axudas estarán destinadas, exclusivamente, a adquisición de semente con destino a repoboación dos parques de cultivo afectados. 3.- Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas persoas físicas ou xurídicas que poidan acreditar a súa condición de titular dun parque de cultivo de moluscos, situado na desembocadura do río Ulla, no ámbito territorial do municipio de Vilagarcía de Arousa. A condición de titular de un parque de cultivo poderá acreditarse mediante unha das seguintes opcións: q Copia compulsada da escritura pública de titularidade. q Copia compulsada do título provisional onde consten os datos identificativos do parque. q Mediante certificación oficial, na que se faga constar a situación do parque, superfie e especies cultivadas. As axudas concederanse por parque de cultivo, independentemente do número de titulares legais ou número de persoas adicadas a súa explotación, e unha única axuda por parque proporcional a súa extensión. 4.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a) Facturas proforma de adquisición de semente con data posterior ó un de maio do 2006. b) Copia compulsada da Licenza Fiscal acreditativa da condición de parquista. c) Fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de identificación fiscal da entidade e do DNI do representante legal no seu caso. d) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. e) Declaración de compromiso de non transferir a propiedade do parque, no caso de resultar beneficiario destas axudas antes do 31 de decembro do ano 2007, data na que se pode considerar pechado o ciclo dos moluscos sementados. f) Declaración asinada polo interesado, ou no caso de persoas xurídicas polo presidente da asociación, conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir axudas da Administración, conforme ó disposto no art. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria. g) Xustificación suficiente de ser titular do parque de cultivo, así como dos datos identificativos do mesmo. h) Certificado de estar ó corrente de pagamentos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. i) Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. 5.- Valoración e concesión.- As solicitudes serán valorados polo órgano competente da Deputación, que elaborará unha proposta de concesión, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación, Xunta de goberno, de acordo coas Bases de Execución do Presuposto, para a súa concesión, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. Os criterios de baremación, realizaranse repartindo a consignación orzamentaria adicada a estas axudas, entre o número total de metros cadrados dos parques solicitantes, resultando unha cantidade por metro cadrado, que se multiplicará polos metros do parque de cada titular solicitante, acreditados oficialmente. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os Técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Para cobrar a subvención os beneficiarios deberán presentar a seguinte documentación: 1. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. 3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. 4. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. 5. O prazo máximo de xustificación das actividades subvencionadas será de seis meses a partir da concesión da axuda, dentro do cal deberán estar realizados os investimentos subvencionados. Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte: a. No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 8.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 9.- Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 10.- Prazo.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda." ------ Folla: 6.14324.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO MODIFICADO DE "FASE 1 DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA REITORAL DE ALCABRE (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/12/2005, polo que se adxudicou a DICSA (Decoración, Instalaciones y Construcciones S.A.U) a obra de "Fase 1 de Rehabilitación da Antiga Reitoral de Alcabre (Vigo)" na suma de 140.000,00 ¤; visto o presuposto modificado de dita obra, redactado polo Arquitecto Director como consecuencia de que iniciada a obra se viu a necesidade de variar algunhas unidades de obra que afectan ós capítulos de demolicións, movemento de terras, cimentacións, estruturas, albanelería e cantería, que non varía o presuposto inicial da mesma, e ó que prestou conformidade a empresa adxudicataria, a Xunta Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó presuposto modificado de "Fase 1 de Rehabilitación da antiga Reitoral de Alcabre (Vigo)" por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación, de 140.000,00 ¤, que non varía o presuposto inicial da obra. ------ Folla: 7.14325.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE "EP 7019 SAN ANDRÉS -SAN XULIAN DE VEA (A ESTRADA)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 19/06/2003, polo que se adxudicou a Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra de "E.P. 7019 San Andrés-San Xulián de Vea ( A Estrada)" na suma de 349.920,00¤; visto o proxecto modificado núm.1 de dita obra redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que iniciada a obra se viu a necesidade de variar algunhas unidades de obra ó facerse necesaria retranquear os muros afectados e a reposición de outros servizos, así como obras de fábrica para o drenaxe transversal, o que deu conformidade a empresa adxudicataria, e que non varía o presuposto inicial da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº1 de "E.P. 7019 San Andrés-San Xulián de Vea (A Estrada)" cun presuposto, unha vez aplicada a baixa de adxudicación, de 349.920.00 ¤, que non varía o presuposto inicial da obra. ------ Folla: 8.14326.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: COMERCIAL VAZPE. S.L. - A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de mil cento noventa e cinto euros (1.195,00 ¤), para responder de "Subministro dun tractor" para a finca Castelo de Soutomaior, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/08/2005 segundo núm. 200500081903, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. XESTIÓN CULTURAL AURESA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos corenta e oito euros con dezaseis euros (848,16 ¤), para responder do contrato da asistencia técnica para a organización do programa "Ti Tamén Contas", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/05/2006 segundo núm.200600042614, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CEPSA, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de cincocentos cincuenta e nove euros con setenta e seis céntimos (559,76 ¤) para responder do contrato de Servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva de papel, vidro e bolsa amarela de instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/03/2005 segundo núm. 200500023505, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. - A constituída en metálico, por importe de mil setecentos setenta e un euros con vinte céntimos (1.771,20 ¤), para responder da asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social "Pensando en ti", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/05/2006 segundo núm. 200600041673, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES E.C.CASAS,S.L. (C.I.F. B.36.147.429) - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de sete mil seiscentos noventa euros con dous céntimos (7.690,02 ¤), para responder de "Urbanización zona de Pedra e Lameiro na .. Calvario- Garrida (Vigo)", (Convenio entre a Deputación Provincial e a E.L.Menor de Bembrive-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2004 segundo núm.200400089002 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. EDUARDO BOÁN ALVAREZ (NIF. 34.975.864-V) - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil douscentos oitenta e tres euros con dezaoito céntimos (2.283,18 ¤), para responder de "Urbanización do acceso a Calvos (Fornelos de Montes), (Convenio entre a Deputación Provincial e o Concello de Fornelos de Montes-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/06/2004 segundo núm.200400038420 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. POLAR CLIMA, S.L. (NIF. B.36.140.333) - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de mil novecentos tres euros con vinte e dous céntimos (1.903,22¤), para responder de "Instalación de aire acondicionado no Auditórium da Cidade Infantil Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2005 segundo núm. 200500029284 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. VETERIX, S.L. (NIF. B.36.358.125) - A constituída en metálico, por importe de dous mil trescentos cincuenta e oito euros con setenta e sete céntimos (2.358,77 ¤), para responder de "Acondicionamento de locais para Centro de apoio á formación, asesoramento e emprego da Cidade Infantil Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/01/2005 segundo núm.200500003495 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. DRAGADOS, S.A. (NIF. A.15.139.314) - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086043 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086044 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086045 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086046 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086047 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086048 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Entrega a conta de materiais acopiados para a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004 segundo núm.200400086049 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS,S.L. (NIF. B.36.052.876) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil trescentos noventa euros con sesenta céntimos (4.390,60 ¤), para responder de "Renovación rodadura P.K. 0+4240 Pazos-Ponteareas (Pazos de Borbén)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/06/2003 segundo núm.200300039598 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. NAROM, S.L. (NIF. B.36.163.418) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil cen euros (9.100,00 ¤), para responder de "Obras de Setados-Ribarteme-Vide (As Neves)", (Fondos Propios-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/08/2003 segundo núm.200300057290 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil trescentos vinte e oito euros con sesenta e catro céntimos (2.328,64 ¤), para responder de "Obras de Retranqueo, Peches, Muros e reposición de servizos E.P. Redondela-Cepeda (Redondela)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2005 segundo núm.200500028966 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES RAFER,S.L. (NIF. B.36.052.702). - A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de mil cincocentos trinta e catro euros con vinte e seis céntimos (1.534,26 ¤), para responder de "Obras de recollida de pluviais e renovación rodadura E.P. Arcade-Estación e EP Arcade - Amoedo", (Fondos Propios 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/06/2003 segundo núm.200300039593 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de mil cincocentos cincuenta e oito euros con un céntimo (1.558,01 ¤), para responder de "Obras de adaptación muros de peche e sostenemento E.P. 2908 Arcade-Amoedo", (Fondos Propios-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/05/2004 segundo núm.200400034966 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUGANON, S.L. (NIF. B.36.352.896). - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos oitenta euros con trinta e tres céntimos (2.380,33 ¤), para responder de "Obras de reforma interior na cociña e comedor do Centro de vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2004 segundo núm.200400065515 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (NIF. A.36.018.786). - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos dezasete euros con noventa e sete céntimos (2.317,97 ¤), para responder de "Obras de acondicionamento de locais na Cidade Infantil Príncipe Felipe, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/01/2005 segundo núm.200500002810 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil cento oitenta e sete euros con corenta e un céntimos (2.187,41 ¤), para responder de "Obras de reubicación do Centro de educación Infantil no C.E.P. da Cidade Infantil Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/04/2005 segundo núm.200500039865 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEBAGASA, S.A. (NIF. A. 36.617.942). - A constituída en valores, mediante aval de Crédito e Caución, por importe de dous mil trescentos oitenta e tres euros con sesenta céntimos (2.383,60¤), para responder de "Obras de sinalización horizontal en varias estradas provinciais da zona Sur", (Fondos Propios-2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/07/2005 segundo núm.200500068048 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Crédito e Caución, por importe de mil seiscentos corenta e sete euros con cincuenta e catro céntimos (1.647,54 ¤), para responder de "Obras de acondicionamento zonas confinantes intersección N-120 (MOS)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/01/2005 segundo núm.200300039593 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO,S.L. (NIF. B.36.290.963) - A constituída en valores, mediante aval de La Caixa., por importe de dous mil trescentos noventa e dous euros (2.392,00 ¤), para responder de "Obras de ampliación explanada zona igrexa de Vilar e obras accesorias (Mondariz)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/03/2005 segundo núm.200500032020 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. NOSA, NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. (NIF. A.15.146.608) - A constituída en valores, mediante aval de Bco.de Galicia, por importe de tres mil cento sesenta e un euros con setenta e seis céntimos (3.161,76 ¤), para responder de "Obras de EP Piñeiro-Arcos (Cuntis)", (Fondos Propios-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/08/2003 segundo núm.200300059527 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTARC, (ANTONIO RIVERO CARPINTERO), (NIF. 76913486Z) - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil trescentos cincuenta e seis con vinte e cinco céntimos (2.356,25 ¤), para responder de "Obras de mellora de visibilidade en varias estradas provinciais zona Sur", (Fondos Propios-2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/04/2005 segundo núm.200500037147 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO,S.L. (NIF. B.36.133.916) - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento sesenta euros con sesenta e oito céntimos (1.160,68 ¤), para responder de "Obras de urbanización de la EP Salceda-Picoña (Salceda de Caselas)", (Convenio co Concello de Salceda - 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/12/2004 segundo núm.200400090753 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil setecentos oitenta euros (1.780,00 ¤), para responder de "Obras complementarias en EP 2107 Parada-Vilariño (Nigrán)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/04/2005 segundo núm.200500034280 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. INDEZA, S.L. (NIF. B.36.009.785). - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil seiscentos setenta e sete euros con setenta e cinco céntimos (1.677,75 ¤), para responder de "Obras complementarias de mellora e pavimentación EP Ermitas-Xende (A Lama)", (Fondos Propios 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/01/2005 segundo núm.200500001798 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil oitocentos noventa e cinco euros con trinta e seis céntimos (1.895,36 ¤), para responder de "Obras complementarias da ponte sobre o río verdugo e accesos (A Lama)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/01/2005 segundo núm.200500001799 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA)(NIF. A.36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil oitocentos oitenta euros (1.880,00 ¤), para responder de "Obras de pavimentado capa de rodaxe da r/ Ecuador de Vigo", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/07/2004 segundo núm.200400050807 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dos mil doce euros (2.012,00 ¤), para responder de "Obras de mellora seguridade vial EP Gondomar-Vilaza (Gondomar)", (Fondos Propios 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2005 segundo núm.200500049655 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova., por importe de dous mil cento noventa e seis euros (2.196,00 ¤), para responder de "Obras de conexión EP en Peinador-Puxeiros (Mos)", (Fondos Propios-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/06/2005 segundo núm.200500062276 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de ST. PAUL INSURANCE ESPAÑA, por importe de catro mil cincocentos oitenta e sete euros con vinte e seis céntimos (4.587,26), para responder de "Obras de dotación de servizos e mellora de pavimento en EP 2604 Puxeiros a EP Meixoeiro-Cuvi (Mos)", (Convenio co Concello de Mos - 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/08/2001 segundo núm.200100038753 de operación (SIC 2001042115), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal o selo da Empresa. ------ Folla: 9.14327.- MODIFICACIÓN DOS ACORDOS REGULADORES DE DIVERSOS PREZOS PÚBLICOS PROVINCIAIS Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para modificar os acordos reguladores dos prezos públicos pola prestación de servizos de análises na Finca Mouriscade e pola prestación de servizos no Centro de Vacacións A Lanzada, coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de cambiar a estrutura da tarifa para adaptarse ás demandas dos usuarios no caso da prestación de servizos de análises na Finca Mouriscade e de actualizar as tarifas para o exercicio 2007 no caso da prestación de servizos no centro de vacacións A Lanzada, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio, con redondeo á alza nalgúns deles para facilitar a xestión de cobro. Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes a Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: - Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análises na Finca Mouriscade, co obxecto de cambiar a estrutura da tarifa para adaptarse ás demandas dos usuarios. Unha vez introducidas estas modificacións que afectan ó "Anexo I", este queda da seguinte forma: "ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISES NA FINCA DE MOURISCADE ANEXO I CONCEPTOS TARIFA LIÑA DE ALIMENTACIÓN ANIMAL 1º Análises químicas Humidade 1,00 ¤ Proteína bruta 4,00 ¤ Cinzas 1,00 ¤ Fibra bruta 3,00 ¤ Fibra ácido deterxente 2,00 ¤ Fibra neutro deterxente 3,00 ¤ Materia graxa 3,00 ¤ Materia graxa con hidrólise 4,00 ¤ Almidón 3,00 ¤ Lactosa 5,00 ¤ Cloruros 3,00 ¤ Índice de acidez 3,00 ¤ Índice de peróxidos 3,00 ¤ Impurezas 3,00 ¤ Azucres totais 5,00 ¤ Cinzas insolubles en CIH 5,00 ¤ 2º Análises microbiolóxicas E. coli 3,00 ¤ Salmonella spp 12,00 ¤ Estafilococcus 3,00 ¤ Clostridium prefringens 5,00 ¤ Mofos e levaduras 5,00 ¤ Enterobacterias 6,00 ¤ 3º Análises minerais Calcio 6,50 ¤ Fósforo 6,50 ¤ Sodio 6,50 ¤ Potasio 6,50 ¤ Magnesio 6,50 ¤ Ferro 6,50 ¤ Zinc 6,50 ¤ Cobre 6,50 ¤ Manganeso 6,50 ¤ Cloro 6,50 ¤ Cofre 6,50 ¤ Grupos de 5 minerais ou máis, cada un 5,00 ¤ 4º Análises de ensilados nir De 1 a 200 mostras, cada mostra 8,00 ¤ De 201 a 400 mostras, cada mostra 7,00 ¤ De 401 a 600 mostras, cada mostra 6,00 ¤ A partir de 601 mostras, cada mostra 5,00 ¤ LIÑA DE ANÁLISES DE AUGAS 5º Análises de augas Opción 1: Ph, condutividade, turbidez, amonio, nitratos, nitritos e coli, coliformes totais, aerobios, enterococcus, pseudomonas, clostridium perfringens, cada mostra 28,00 ¤ Opción 2: E. Coli, coliformes totais e enterococcus, cada mostra 15,00 ¤ LIÑA DE IDENTIFICACIÓN DE XERMES EN MAMITE 6º Análises minerais Identificación de xerme 5,00 ¤ Identificación con antibiograma 7,00 ¤ Reconto de células somáticas 0,60 ¤ OUTROS SERVIZOS DE ANÁLISES 7º Análises de mesturas Homoxeneidade de mesturas 60,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente." -Aprobar así mesmo a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos no Centro de Vacacións A Lanzada, para incluír os seguintes cambios na estrutura da tarifa: Ø Actualizar as tarifas cun incremento do 2% e con redondeo á alza para facilitar a xestión de cobro. Ø Suprimir o apartado 1.4. "Por utilización do espazo do contorno da residencia, sen pernocta e para calquera actividade, por persoa e día". Ø Os apartados 1.5. e 1.6. pasan a ser os apartados 1.4. e 1.5. da nova tarifa. Unha vez introducidas as citadas modificacións que afectan ó "Anexo I" deste acordo regulador, este queda da seguinte forma: "ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA 1. Residencia: 1.1. Sen prestación de servizos, por persoa e día 4,00 ¤ 1.2. Con prestación de servizos, por persoa e día 12,00 ¤ 1.3. Por utilización da residencia, sen pernocta, por persoa e día 2,50 ¤ 1.4. Por utilización da cociña e comedores por grupos, por cada día 45,00 ¤ 1.5. Por utilización da lavandería, por cada grupo e día 60,00 ¤ 2. Campamento (só en temporada de verán): 2.1. Organizados pola Deputación, en períodos de 10 días, con prestación de servizos, por persoa 96,00 ¤ 2.2. Non organizados pola Deputación, sen prestación de servizos, con supervisión da montaxe e desmontaxe das tendas: 2.2.1. Por cada tenda e día 5,00 ¤ 2.2.2. Por persoa e día 2,25 ¤ 3. Utilización de bungalow: 3.1. Por cada persoa e día 10,00 ¤ 3.2. Por cada bungalow e día 50,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente." Os anexos dos acordos reguladores dos prezos públicos pola prestación de servizos de análises na Finca Mouriscade e pola prestación de servizos no Centro de Vacacións A Lanzada, nos que figuran as novas tarifas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 10.14328.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 24/06 Vista a proposta da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 20 de setembro de 2006, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente Presuposto provincial, por un importe global de 25.000,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da execución do Plan Agrupado de Formación do año 2006 e do pagamento de gratificacións pendentes ó persoal das Brigadas de Vías e Obras. Visto o informe de Intervención, de data 21 de setembro de 2006, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora se expediron os RCs, polos importes no que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2006, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 24/06 por importe total de 25.000,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos, Vías e Obras e Cidade Infantil "Príncipe Felipe", minorando crédito nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 511.511.151.00 Gratificacións (Vías e Obras) 10.000,00 ¤ 122.314.165.00 Cursos formación persoal de Entidades de Prov. Cursos de Formación (Recursos Humanos) 15.000,00 ¤ TOTAL 25.000,00 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 422.422.120.01 Retribucións básicas. Soldo (Cidade Infantil "Príncipe Felipe") 10.000,00 ¤ 422.422.121.02 Retribucións complementarias. Complemento específico (Cidade Infantil "Príncipe Felipe") 15.000,00 ¤ TOTAL 25.000,00 ¤ ------ Folla: 11.14329.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON CÉSAR A. OUTERELO GONZÁLEZ EN NOME DE DON JAIME ALONSO PREGAL POR DANOS SUFRIDOS EN ACCIDENTE, NA ESTRADA PO-402 VILLASOBROSO-BATALLÁNS (PONTEAREAS) Dada conta que con data de rexistro de 15 de setembro de 2006 (Rex. nº030269) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Cesar A. Outerelo González en nome de D. JAIME ALONSO PREGAL, e con enderezo a efectos de notificacións en r/ República Argentina nº 20-5º piso oficina 28 de Vigo por danos padecidos en vehículo matrícula PO-0890-BL na estrada PO-402 Villasobroso-Batallans o día 24/03/2006 e que cuantifica economicamente en 607,91¤ Resultando.- Que con data 20/09/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 21/09/2006 co seguinte contido: "... pongo en su conocimiento que la PO-402 Villasobroso-Batallans (Ponteareas) no pertenece a la red de carreteras provinciales, correspondiendo la titularidad del citado vial a la Xunta de Galicia ". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 12.14330.- COMUNICACIÓNS Non houbo ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14331.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o "Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Pontevedra sobre cooperación económica, para o financiamento de diversas obras", sendo o seu presuposto total de 601.012,10 ¤. O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Pontevedra, é a realización das seguintes actuacións: Urbanización da praza de Valentín García Escudero .......... 361.012,10 Diversa dotación para o Parque de Bombeiros .......... 240.000,00 A Deputación asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas anteriormente, con cargo á partida orzamentaria 06/911.911.762.46.2005 do vixente Presuposto provincial. Podéndose realizar cambios de aplicación respectando a cantidade existente para este fin, previo acordo entre ámbalas dúas partes. Para ese fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencia de capital ó concello de Pontevedra. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS En Pontevedra, a 21 de abril de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. E doutra, o Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Pontevedra, Don Miguel Anxo Fernández Lores, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das bases de réxime local. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3,c) do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Pontevedra, é a realización das seguintes actuacións: Urbanización da praza de Valentín García Escudero .......... 361.012,10 Diversa dotación para o Parque de Bombeiros .......... 240.000,00 SEGUNDA.- A Excma. Deputación de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a seiscentos un mil doce euros con dez céntimos (601.012,10 ¤), con cargo á partida 05/911.911.662.00. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes, poderán realizarse cambios de aplicación, respectando a cantidade existente para este fin. As achegas ó concello de Pontevedra realizaranse contra certificacións de obra ou da adquisición da dotación para o Parque de Bombeiros expedidas polos técnicos correspondentes. TERCEIRA.- As devanditas obras serán executadas polo concello de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Calquera reformado, modificado ou adicionado que implique aumentos sobre o presuposto inicial previsto asumirase polo concello de Pontevedra. CUARTA.- Unha vez recibida a obra e a dotación do Parque de Bombeiros polo concello de Pontevedra, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso. QUINTA.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándolle traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SEXTA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días dende a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puidesen suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada Comisión, dado o carácter administrativo do Convenio, pola xurisdición contencioso administrativa. SÉTIMA.- O presente convenio terá vixencia, a todos os efectos legais, dende a data da súa subscrición ata o remate das obras, que deberán estar executadas antes do 30 de xuño de 2006, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. OITAVA.- Serán causa de resolución as seguintes: a) O remate do prazo, con denuncia das partes, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. NOVENA.- Ámbalas dúas partes, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Pontevedra. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Excma. Deputación de PontevedraD. Rafael Louzán Abal Polo Concello de PontevedraDon Miguel Anxo Fernández Lores" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14332.- APROBACIÓN DA NOVA DISTRIBUCIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA OBRAS CONCEDIDAS Ó CONCELLO DE COTOBADE NO PSA/2006, ANUALIDADES 2006-2008 A petición do concello de Cotobade, de 21 de setembro actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar unha nova distribución das subvencións para obras concedidas a dito concello no PSA/2006, anualidades 2006-2008, a través de Acordo da Xunta de Goberno de 21 de abril pasado, sen varias a tipoloxía das actuacións. A relación de obras subvencionadas ó concello de "Cotobade" con cargo ó PSA/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Saneamento en San Xurxo de Sacos e Tenorio. 170.035,78 28.199,37 53.688,80 45.638,67 127.526,84 170.035,78 28.199,37 53.688,80 45.638,67 127.526,84 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14333.- CORRECCIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ORZAMENTO DA OBRA Nº 154, DENOMINADA "ACONDICIONAMENTO PONTE EN SOLVADO-BARRANTES" DO CONCELLO DE TOMIÑO, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2007 Detectado un erro no cadro de distribución de subvencións, concedidas ó concello de Tomiño con cargo ó PAM/06-08, anualidade 2007, da Xunta de Goberno do 7 de abril actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a súa rectificación debendo figurar o importe de 75.541,52 ¤ de presuposto total na obra 154 denominada "Acondicionamento ponte en Solvado-Barrantes", en vez de 75.514,52 ¤ que figuraba anteriormente. A relación de obras subvencionadas ó concello de "Tomiño" con cargo ó PAM/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Pavimentación subida Carballal -Sta. María de Tebra 7.549,00 7.549,00 7.549,00 Pavimentación estrada Vilameán -Sta. María de Tebra 26.141,01 26.141,01 26.141,01 Praia fluvial no río Briña, en Tebra 60.000,00 44.999,83 44.999,83 Pavimentación rúa Torreiro-Vilachán 37.562,00 37.562,00 37.562,00 Ensanche de camiños en Estás 20.000,00 20.000,00 20.000,00 Pavimentación camiños en Sobrada 29.364,75 29.364,75 29.364,75 Pavimentación camiños en Barrantes 40.549,27 40.549,27 40.549,27 Pavimentación camiños en Forcadela 21.469,94 21.469,94 21.469,94 Pavimentación camiño Cardoso, Ctra. Gándara-Goián e Torreiro de Cristelos 35.201,75 35.201,75 35.201,75 Pavimentación camiño Vilameán -Sta María de Tebra 36.215,20 36.215,20 36.215,20 Acondicionamento Ponte en Solvado-Barrantes 75.541,52 75.514,52 75.514,52 Pavimentación camiño en Sta. María de Tebra-Vilameán 21.270,04 21.270,04 21.270,04 Reforma antigua Casa Sindical 107.276,35 71.024,86 71.024,86 Pavimentación en Barrantes, Goiáns, Sta. María e San Salvador de Tebra 54.852,08 54.852,08 54.852,08 Urbanización acceso Campo de Alivio 51.302,39 51.302,39 51.302,39 Pavimentación pista Carregal de Arriba e Muro en Seixo 43.466,48 43.466,48 43.466,48 151.252,01 136.251,84 259.612,47 259.585,47 256.897,30 220.645,81 616.483,12 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14334.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS" OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE PONTEAREAS Visto o acordo do Pleno da Corporación Provincial, adoptado en sesión celebrada o día 15 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para a realización de diversas obras. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 22 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos das obras incluídas no referido convenio, que son obxecto do presente expediente e que máis adiante se detallan. Visto o escrito do enxeñeiro redactor dos proxectos no que se propón tramitar a contratación das obras por procedemento de urxencia, dado que a obra de "Colectores de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas", está incluída no POL 2006, polo que debe estar contratada antes do próximo 31 de Outubro, dadas as características da obra con obxecto de non ter problemas sanitarios no próximo inverno, xa que se trata de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano. En canto ás outras obras, solicita a urxencia en base ó mal estado de ambas estradas, existindo un grave problema de seguridade vial, xa que pola súa proximidade ó casco urbano, teñen un gran tránsito peonil e non dispoñen de ningún tipo de protección para os transeúntes. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de acordo co solicitado polo enxeñeiro redactor dos proxectos obxecto do expediente, e iniciar o procedemento de adxudicación das seguintes obras: 1.- Execución de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas .......... 626.541,61 ¤ 2.- Mellora da seguridade vial en E.P. 4006 Ponteareas-As Neves .......... 239.325,91 ¤ 3.- Mellora da seguridade vial en E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (PK 0 a cruce cemiterio) .......... 382.945,53 ¤ 1.- A obra nº 1 "Execución de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas" por importe de 626.541,61 ¤,IVE incluído, finánciase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 100.000,00 200.000,00 201.233,29 501.233,29 Concello 95.125,16 30.183,16 0,00 125.308,32 Total 195.125,16 230.183,16 201.233,29 626.541,61 A achega do Concello para 2006 finánciase con cargo ó POL 2006. A achega da Deputación para 2006 finánciase con cargo á partida 06/911.911.662.09. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, 07/911.911.662.09 e 08/911.911.662.09. 2.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4006 Ponteareas-As Neves", por importe de 239.325,91 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 Total Deputación 60.000,00 131.460,73 191.460,73 Concello 12.000,00 35.865,18 47.865,18 Total 72.000,00 167.325,91 239.325,91 3.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (PK 0 a cruce cemiterio)", importe de 382.945,53 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 50.000,00 125.000,00 131.356,43 306.356,43 Concello 10.000,00 30.000,00 36.589,10 76.589,10q Total 60.000,00 155.000,00 167.945,53 382.945,53 As obras nº 2 e 3 fináncianse con cargo á partida 06/511.511.612.02, na que existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2006. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, a 07/511.511.612.02 e 08/511.511.612.02. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE PONTAREAS" 1ª.- OBXECTO: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª do presente prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- FINANCIAMENTO DAS OBRAS: 1.- "Execución de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas" por importe de 626.541,61 ¤,IVE incluído, finánciase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 100.000,00 200.000,00 201.233,29 501.233,29 Concello 95.125,16 30.183,16 0,00 125.308,32 Total 195.125,16 230.183,16 201.233,29 626.541,61 A achega do Concello para 2006 finánciase con cargo ó POL 2006. A achega da Deputación para 2006 finánciase con cargo á partida 06/911.911.662.09. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, 07/911.911.662.09 e 08/911.911.662.09. 2.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4006 Ponteareas-As Neves", por importe de 239.325,91 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 Total Deputación 60.000,00 131.460,73 191.460,73 Concello 12.000,00 35.865,18 47.865,18 Total 72.000,00 167.325,91 239.325,91 3.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (PK 0 a cruce cemiterio)", importe de 382.945,53 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 50.000,00 125.000,00 131.356,43 306.356,43 Concello 10.000,00 30.000,00 36.589,10 76.589,10q Total 60.000,00 155.000,00 167.945,53 382.945,53 As obras nº 2 e 3 fináncianse con cargo á partida 06/511.511.612.02, na que existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2006. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, a 07/511.511.612.02 e 08/511.511.612.02. 3ª.- ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN: O presuposto tipo de licitación é o que máis adiante se detalla, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Execución de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas .......... 626.541,61 ¤ 2.- Mellora da seguridade vial en E.P. 4006 Ponteareas-As Neves .......... 239.325,91 ¤ 3.- Mellora da seguridade vial en E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (PK 0 a cruce cemiterio) .......... 382.945,53 ¤ 4ª.- PRAZO DE EXECUCIÓN: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será seis meses, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- PRAZO DE GARANTÍA: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- FIANZAS: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- FORMA DE PAGAMENTO: O pagamento efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición