Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-10-27_Ordinaria. Acta de sesión 2006/10/27_Ordinaria
Acta de sesión 2006/10/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-10-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/10/27_Ordinaria
Data(s) 2006-10-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día vinte e sete de outubro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Ramón Campos Durán e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14400.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de outubro de 2006. ------ Folla: 2.14401.- AXUDAS ECONÓMICAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL Dada conta das Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal, aprobadas por Xunta de Goberno do día 28 de abril de 2006 e publicadas no BOP nº 102 de 30 de maio de 2006 e modificadas por Xunta de Goberno de 12 de maio de 2006. Visto os informes emitidos pola técnica da Sección de Pesca e Cultivos Mariños, do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 18 de outubro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as axudas económicas que se relacionan no listado adxunto, por importe de 100.000,00 ¤ e con cargo á partida 06/711.711.779.02. Confraría REMITENTE Obxecto Axuda Barco A Guarda JOSÉ MARÍA LOMBA BAZ - PESQ. LOMBA ADROVER C.B VHF,GPS-PLOTTER,CHALECOS 1.076,00 Daniel y María FRANCISCO PÉREZ RODRÍGUEZ GPS-PLOTTER 500,00 Fátima ENRIQUE CAMPOS CIVIDANES SONDA 436,00 Raposo CÁNDIDO VICENTE SILVA GPS-PLOTTER, BALSA SALVAVIDAS 700,00 Ana del Mar JESÚS NARDO PENIZA BAZ - PESQ SAN CAYETANO C.B. RADAR 700,00 Jorse JESÚS CIVIDANES GONZÁLEZ MOTOR HALADOR, GPS-PLOTTER 488,00 Tiburón LUIS CASTRO ALONSO-GENEROSO ALONSO LOMBA...C.B. SONDA 600,00 Punta Barbela SUMA CONFRARÍA 4.500,00 Arcade SANTOS EMILIO LAGO DIZ GPS-PLOTTER-SONDA 920,00 Carolina FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ BRIÓN HALADOR 960,00 Brion SUMA CONFRARÍA 1.880,00 Baiona JESÚS PÉREZ PÉREZ MOTOR HALADOR 129,76 Mary Luz ROBERTO GALLEGO DURÁN VHF, GPS-PLOTTER, SONDA 982,80 Nuevo Vanessa FERNANDO LEYENDA ESTÉVEZ GPS-PLOTTER 500,00 Estelas MANUEL CONDE TOUS VHF, GPS-PLOTTER 476,07 Altair Dos GONZALO DURÁN CABRAL RADAR 700,00 Mar Novo SUMA CONFRARÍA 2.788,63 Bueu JOSÉ MANUEL AGULLA PIÑEIRO MAT.SALV. 476,40 Playa de Covelo PENICHE MAR, S.L. RADAR, SONDA, PLOTTER, MAT.SALV. 2.079,12 Nuevo Celita EUSEBIO Y MANUEL A. PÉREZ OTERO-MAR DE ESPAÑA,C.B MAT.SALV. 1.162,40 Mar de España ESTRELLA PORTO OTERO RADAR,VHF,SONDA,GPS, MAT.SALV. 1.503,20 Nuevo Maraxe MARCELINO PIÑEIRO PATIÑO EQUIPOS AUX., MAT.SALV. 663,60 Nuevo Robin JOSÉ MANUEL ROSAS OTERO GPS-PLOTTER, SONDA, MAT.SALV. 1.089,16 Reina del Mar AGULLA Y AGULLA, C.B. GPS Y MAT.SALV. 649,20 Raya JOSÉ MANUEL ROSAS OTERO GPS-PLOTTER, RADAR, MAT.SALV. 708,61 Casildo JULIO GIL CASTRO MAT.SALV. 326,25 Dos Hermanos JULIA SANTOMÉ GRAÑA VHF, RADIOBALIZA 648,00 As de Guia JOSÉ LUIS PIÑEIRO PATIÑO EQUIPOS AUX., MAT.SALV. 1.491,20 Semar Tres SUMA CONFRARÍA 10.797,14 Cambados OSCAR OTERO PADÍN GPS-PLOTTER, SONDA 855,20 Carlota JOSÉ MANUEL VILAS CHARLÍN GPS-PLOTTER, SONDA 896,00 Brisa del Mar JUAN CARLOS SOMOZA ROMA GPS-PLOTTER, SONDA, HALADOR 1.896,00 Simar SUMA CONFRARÍA 3.647,20 Cangas J.J.GUIMERANS HERMELO Y J.J. CASTRO, C.B. MAT.SALV. 278,00 Nuevo Adelita JESÚS MOLANES MOLANES VHF, GPS 280,00 Maria Jesus y Marcos JUAN CARLOS Y HUGO VIÉITEZ MOARES, C.B. PLOTTER 524,80 Juan Antonio N.C.P.E.A., C.B. PLOTTER-GPS-SONDA 996,00 Begoña LUIS LORENZO SOLIÑO GPS, VHF, TIMON HIDRAÚLICO 1.632,80 Romo Dos MANUEL COYA PAZ SONDA-GPS-PLOTTER, MAT.SALV. 776,00 Cho Direi Uno JOSÉ CARLOS GARCÍA LEMOS, O VILELA, C.B. TIMÓN HIDRAÚLICO 940,00 O Vilela ANTONIO GRAÑA ACUÑA VHF 250,40 Isabel y Juan CARLOS S. CHAPELA GONZÁLEZ SONDA 320,00 Caina Tres BERNARDO REFOJOS PAREDES PLOTTER 500,00 Raquel David Dos ÁNGEL HERVELLO HERVELLO MAT.SALV. 29,20 Lemos Sotelo ALBERTO MENDUÍÑA VIDAL PILOTO, MAT.SALV. 1.031,20 María del Pilar JUANA GARCÍA PIÑEIRO MAT.SALV. 970,40 Zani CARLOS LAGOA BERNÁRDEZ PLOTTER 500,00 Tranquilo Dos JORGE DASILVA FERNÁNDEZ MAT.SALV. 82,40 Novo Mirame Ben MANUEL EUGENIO BOUBETA BERMÚDEZ VHF-MAT.SALV. 755,66 Virxen dos Milagros CARMEN CASTRO SANTOS MAT.SALV. 1.158,00 Ñuco SUMA CONFRARÍA 11.024,86 Cies Artesanais JOSÉ MANUEL SOTELO DURÁN VHF, SONDA, RADAR, PILOTO 2.206,00 Saladino Primero PABLO FIGUEROA DOMÍNGUEZ HALADOR 1.000,00 Mas Calma SUMA CONFRARÍA 3.206,00 Illa Arousa JUAN RAMÓN OTERO OUBIÑA GPS-PLOTTER, SONDA,VHF 1.400,00 Mar de Fondo VENTURA OTERO OUBIÑA GPS-PLOTTER, VHF 800,00 Azor EUGENIO SUÁREZ SUÁREZ GPS-PLOTTER 500,00 Chilena CARLOS PÉREZ MARIÑO GPS-PLOTTER, SONDA 839,60 Dos Nenas MARCOS OTERO OTERO GPS-PLOTTER, SONDA,VHF 1.121,60 Maria Segunda SUMA CONFRARÍA 4.661,20 Marín ANTONIO BUCETA DE LA TORRE GPS-PLOTTER 470,00 Antonio y Maria RAMÓN GIL LAGOS GPS-PLOTTER 500,00 Nuevo Norte Sur SUMA CONFRARÍA 970,00 Moaña MªCOVADONGA ESTRELLA DURÁN CALVO SONDA-GPS-PLOTTER 516,00 Pleamar DAVID RIAL BARBOSA VHF 198,95 Lupita ANTONIO RODRÍGUEZ MATEO HALADOR, SONDA-GPS-PLOTTER 1.424,80 Santa Barbara VICENTE CESPÓN NOVO HALADOR 880,00 Rosabel JOSÉ COSTA RODRÍGUEZ VHF, HALADOR 1.215,41 Lola JOSÉ CASÁS CORDEIRO SONDA-GPS-PLOTTER 516,00 Maria Olivita SUMA CONFRARÍA 4.751,16 O Grove JOSÉ DOMÍNGUEZ CANEDA MAT.SALV. 580,00 Ariño DOMINGO ANTONIO PROL DOMÍNGUEZ HALADOR 1.000,00 Ana JAVIER ALFONSO OTERO, HNOS ALFONSO,C.B. SONDA, VHF, MONITOR TFT 1.019,60 Nuevo Tide FRANCISCO JACOBO OTERO PROL MAT.SALV. 580,00 Atlantico SUMA CONFRARÍA 3.179,60 Pontevedra ALI, C.B.-FRANCISCO PAZOS LUBIÁN GPS-PLOTTER, HALADOR 1.412,06 Nuevo Ali ROMÁN RAMÍREZ ALBAR HALADOR 1.000,00 Canducha MODESTO MARTÍNEZ CASÁS MAT.SALV. 21.152,00 Modesto Uno ISA CUATRO, C.B. MAT.SALV. 1.458,24 Isa Cuatro JOSÉ GARCÍA TORRES GPS-PLOTTER, GRÚA HIDRAUL. 2.387,32 San Benito ALBERTO MARTÍNEZ CASÁS GPS-PLOTTER 500,00 Carlos Alberto JOSÉ ALBAR GIL GPS-PLOTTER, VHF, SONDA 1.152,40 Maili FRANCISCO JAVIER OGANDO MOREIRA GPS-PLOTTER 388,80 Chispa RAMON PAZOS LUBIÁN SONDA, VHF 735,20 Nova Andrea ADOLFO PAZOS LUBIÁN SONDA, HALADOR 1.486,00 Ariete II SUMA CONFRARÍA 31.672,02 Portonovo JUAN JOSÉ AGUÍN CHOUZA VHF 300,00 Alexandra del Mar JOAQUÍN BESADA FERNÁNDEZ SONDA 510,40 Nuevo Dora SUMA CONFRARÍA 810,40 Raxó JUAN MANUEL ALBAR GIL-ALBAR FONTENLA,C.B. GPS-PLOTTER 750,80 Chafalleiro SUMA CONFRARÍA 750,80 Vigo FRANCISCO BORJA ALONSO SANTOS GPS-PLOTTER, SONDA, RADAR, VHF, HALADOR 2.738,40 Nesy SUMA CONFRARÍA 2.738,40 Vilaxoán JOSÉ LUIS COUSO SILVA HALADOR 1.000,00 Mosca SUMA CONFRARÍA 1.000,00 SUMA TOTAL 88.377,41 ------ Folla: 3.14402.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión de data 3 de xullo de 2003, polo que se adxudicou o contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", á empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A. (CIF.-A-27032671), polo prezo anual máximo ofertado de 42.116,08 ¤, IVE incluído, para a prestación de servizos ata un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón de 15,02 euros/hora, IVE incluído. Resultando que o contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" entrou en vigor o día 1 de xullo de 2003, e que no mesmo establecíase unha duración de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso das partes, incluíndo na cláusula terceira a posibilidade de incrementar o prezo do mesmo, en función do Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente. Resultando que la Xunta de Goberno acordou na sesión do día 8 de outubro de 2004 acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., co incremento do 3,4 % sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005, ambos incluídos, á cantidade de máxima de 43.548,02 ¤, IVE incluído, a razón do novo prezo revisado de 15,53 euros/hora, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 15 de xullo de 2005 acordou prorrogar por dous anos a duración do contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A. para prestación do servizo de seguridade e vixilancia na Cidade Infantil Príncipe Felipe, con efectos dende o día 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2007, ambos incluídos. Resultando que a Xunta de Goberno acordou na sesión do día 9 de setembro de 2005 acceder a unha nova revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., co incremento do 3,1 % sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2006, ambos incluídos, á cantidade de máxima de 44.898,01 ¤, IVE incluído, a razón do novo prezo revisado de 16,01 euros/hora, IVE incluído. Resultando que a empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., mediante escrito de data 25 de agosto de 2006, solicita a revisión do prezo do citado contrato aplicando sobre o mesmo unha actualización do prezo en base ó IPC interanual nacional (xullo 2005-xullo 2006), fixado nun 4,00 %, en base á cláusula terceira do contrato formalizado entre a empresa e esta Deputación Provincial o 28 de xullo de 2003. Resultando que o Técnico Adxunto do Servizo de Contratación en escrito de data 25 de setembro manifesta que a revisión de prezos a aplicar sería a correspondente ó período de xuño de 2005 a xuño de 2006, o que supón a actualización do prezo do contrato nun 3,9% de acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC) para o citado período, cuantificando o incremento do mesmo da seguinte forma: Prezo actual hora Incremento 3,9% Prezo revisado 16,01 ¤ 0,62¤ 16,63 ¤ -Prezo actual do contrato.................................................................. 44.898,01 ¤ -Importe anual do incremento do contrato no 3,9%................... 1.751,02 ¤ -Prezo anual revisado........................................................................ 46.649,03 ¤ Considerando o establecido no artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas no relativo á revisión de prezos dos contratos e visto o informe de Intervención de data 19 de outubro de 2006, no que se deixa constancia de que en función do previsto na cláusula terceira do contrato procede o incremento do prezo nun 3,9 %, existindo crédito suficiente na vinculación xurídica da partida 06/422.422.227.01 para afrontar o gasto imputable ó exercicio 2006, segundo consta en documento RC número de operación 200600088758 por importe de 875,51 ¤, financiándose con cargo a exercicios futuros a parte do incremento correspondente a 2007, por importe de 875,51 ¤. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDADE, S.A. (CIF.-A-27032671) para prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", co incremento do 3,9 % sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2006 ó 30 de xuño de 2007, ambos incluídos, á cantidade máxima de corenta e seis mil seiscentos corenta e nove euros con tres céntimos (46.649,03 ¤), IVE incluído, pola prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón do novo prezo revisado de 16,63 euros/hora, IVE incluído. O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 1.751,02 euros, correspondendo 875,51 euros ó período do 1 de xullo a 31 de decembro de 2006, que serán libradas no seu día con cargo á vinculación xurídica da partida 06/422.422.227.01, do vixente Presuposto Provincial e a cantidade de 875,51 euros ó período de 1 de xaneiro a 30 de xuño de 2007, ambos incluídos, con cargo ó Presuposto Provincial do ano 2007. A empresa GRUPO CETSSA SEGURIDADE, S.A. deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 70,04 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: 4.14403.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E APROBACIÓN DE PAGO A FAVOR DA EMPRESA SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., EN RELACIÓN Ó SUBMINISTRO DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO "PROXECTO DEPUTRÁNS 2004-2005" Visto o acordo adoptado por la Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AUGAS, S.A. (SMA) (C.I.F.- A-3688931), o concurso para a contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005", por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar o día 30 de marzo de 2005, entre outras, a recepción das plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9316-241416; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e o día 10 de novembro de 2005, entre outras, as plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9539-250335; 9540-250335 e 9543-250336. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra naquel momento tiña pendente de realizar as obras de acondicionamento dos lugares onde había que instalar e poñer en funcionamento as citadas plantas depuradoras e ante este feito quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figuraba a seguinte cláusula en relación á forma de pago: "Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pago das provisións, este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, abonándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta". Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., presentou no seu momento a factura número 1580505 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros e a factura número 1701105 de data 11/11/2005, por importe de 2.008.876,46 euros, que correspondían ó 85% do total do prezo pola entrega das 30 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 5 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, acompañando os correspondentes avales bancarios, tal como indicábase no prego de condicións. Resultando que por Resolución Presidencial número 7.317 de data 25 de maio de 2005, aprobouse o gasto, o recoñecemento da obriga e declarouse de abono, a cantidade de 1.440.102,35 euros, en favor da empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (SMA), correspondente ó 75% do importe da factura número 1580505 de data 11/05/05, pola entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 número de serie: 9313-241416; 9314-241416; 9315-241416; 9316-241416; 9317-241417; 9318-241417; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418; 9323-241418; 9324-241418; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 números de serie: 9311-241415 e 9312-241415. Resultando que por Resolución Presidencial número 16.530 de data 23 de novembro de 2005, aprobouse o gasto, o recoñecemento da obriga e declarouse de abono, a cantidade de 1.506.657,35 ¤, en favor da empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (SMA), correspondente ó 75% do importe da factura número 1701105 de data 11/11/05, pola entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 número de serie: 9539-250335; 9540-250335; 9541-250335; 9542-250335; 9543-250336; 9544-250336; 9545-250336; 9546-250336; 9547-250337; 9548-250337; 9549-250337; 9550-250337; 9551-250338; 9552-250338; 9553-250338 e 3 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 números de serie: 9535-250334; 9536-250334 e 9537-250334, así como a entregada a maiores, modelo FACET tipo STP-25 número de serie, 9538-250334. Resultando que unha vez que se vai realizando a obra civil para instalar as depuradoras, a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (SMA), procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: · A planta 9316-241416 no municipio de Crecente, núcleo de Filgueira. · A planta 9325-241419 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Mougás. · A planta 9326-241419 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9560-250308 no municipio de Crecente, núcleo de Freixo. · A planta 9539-250335 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9540-250335 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9543-250336 no municipio de Cambados, núcleo de Castrelo. Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AUGAS, S.A. (SMA), presentou no Rexistro Xeneral diversos escritos solicitando o pago do 25 % do importe restante ata completar o 85% que figura nos pregos que hai que aboar polas depuradoras instaladas. Considerando o establecido nas Bases de Execución do Presuposto para 2006, concretamente na Base 17ª, onde se establece que a Presidencia delega na Xunta de Goberno o recoñecemento da obriga daqueles gastos que individualmente considerados excedan dos cento cincuenta mil douscentos cincuenta e tres euros. Vistos os informes do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras de datas 8 de xuño e 21 de agosto de 2006 onde queda reflectido que as citadas plantas están instaladas nas condicións establecidas nos pregos de condicións, así como o informe de Intervención de data 19 de outubro de 2006 no que consta que pode procederse ó recoñecemento da obriga e á aprobación do pago de 203.309,89 ¤, cargo á partida 06/911.411.662.02.2005, a favor de SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AUGAS, S.A. (SMA), empresa adxudicataria do concurso correspondente ó subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o recoñecemento da obriga e declarar de aboo con cargo á partida 06/911.411.662.02.2005 do vixente presuposto provincial, a cantidade de douscentos tres mil trescentos nove euros con oitenta e nove céntimos (203.309,89¤) a favor da empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AUGAS, S.A. (SMA) (C.I.F.- A-3688931), en concepto de pago de parte do 25% do importe restante da factura número 1580505 de data 11/05/2005 e da factura número 1701105 de data 11/11/05, ata completar o 85% do importe que figura nos pregos de condicións que hai que aboar polas plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005" que foron instaladas nos lugares habilitados ó efecto e que a continuación se relacionan: PLANTA DEPURADORA IMPORTE 25% 9316-241416 instalada en Crecente, núcleo de Filgueira. 29.044,27 ¤ 9325-241419 instalada en Santa María de Oia, núcleo de Mougás. 29.044,27 ¤ 9326-241419 instalada en Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. 29.044,27 ¤ 9560-250308 instalada en Crecente, núcleo de Freixo. 29.044,27 ¤ 9539-250335 instalada en Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. 29.044,27 ¤ 9540-250335 instalada en Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. 29.044,27 ¤ 9543-250336 instalada en Cambados, núcleo de Castrelo. 29.044,27 ¤ Total............ 203.309,89 ¤ ------ Folla: 5.14404.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e ter cumprido as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución e garantías definitivas das seguintes empresas: MINAS DEL CONDADO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincocentos setenta e tres euros con catro céntimos (573,04) para responder do subministro de 900 m3 de gravilla 6/12 e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/02/2003, co número de operación 200300009219, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) - A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dous mil novecentos corenta euros (2.940,00 ¤) para responder do subministro de materiais lote 45, árido 0/6 en betún quente e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/02/2003, co número de operación 200500061561, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e selo da empresa. ------ Folla: 6.14405.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA DE ACONDICIONAMENTO EP 9113 RAMPA MELOXO (O GROVE) Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras relativo á obra "Acondicionamento EP 9113 Rampa Meloxo (O Grove)", correspondente a Fondos Propios 2006. E visto o informe emitido pola Intervención da Deputación Provincial, con data 17 de outubro do presente ano, sobre a existencia de consignación orzamentaria suficiente para financiar a citada obra na partida 06/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o proxecto da obra "Acondicionamento EP 9113 Rampa Meloxo (O Grove)", por importe de cento cinco mil oitenta euros con vinte e un céntimos (105.080,21 ¤), IVE incluído, correspondente a Fondos Propios 2006. ------ Folla: 7.14406.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE "REHABILITACIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA EN MONDARIZ" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 12/05/2006, polo que se adxudicou a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de "Rehabilitación Praza de España en Mondariz" por importe de 231.370,21 ¤, IVE incluído; e, visto o proxecto modificado nº1 de dita obra, con presuposto líquido de adxudicación de 231.370,21, redactado como consecuencia de que, aínda que inicialmente se contempla a reutilización do 80% do beirado existente, ó proceder á retirada do mesmo observouse que era inviable debido a que as pezas presentaban unha gran heteroxeneidade de formas propoñéndose o emprego de novas pezas de granito, así como a substitución de solado de mármore por granito, cambios de unidades no capítulo de iluminación e inclusión dunha partida para control e mantemento das árbores durante a execución da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado nº1 de "Rehabilitación Praza de España en Mondariz" con presuposto líquido de adxudicación de 231.370,21 ¤, toda vez que non se varía o importe da adxudicación da obra inicial. ------ Folla: 8.14407.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE AGUAS SANTA MARÍA DE XEVE-IGLESIA (PONTEVEDRA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "NAVE PARA DEPÓSITOS DE AUGA EN FORMIGÓN E FERRO", INCLUÍDA NO PAC/2005 CO NÚMERO 68/384 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude da Comunidad de Aguas Santa María de Xeve-Iglesia (Pontevedra), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2005, co núm. 68/384, denominada "Nave para depósitos de auga en formigón e ferro", subvencionada con 4.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de data 16 de xuño de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de marzo de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 9.14408.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN DO CENTRO MULTIUSOS, 1ª FASE", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Soutomaior, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 283/666, denominada "Urbanización do Centro Multiusos, 1ª fase", subvencionada con 70.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 21 de decembro de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 10.14409.- MODIFICACIÓN DO IMPORTE DA SUBVENCIÓN, PARA A OBRA "LOCAL SOCIAL SISTO" DO CONCELLO DE DOZÓN, CON CARGO Ó PAM/2006 A petición do concello de Dozón, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación do importe da subvención de 3.843,71 ¤ por 2.925,00 ¤ no PAM/2006, da obra "Local Social de Sisto", dado que é unha obra contemplada no at. 25 da Lei 7/85, de 2 de abril, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Dozón con cargo ó PAM/06-08 distribuída por anualidades , queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto.TOTAL Subv. Total Subv. Abastecemento augas Sestos 37.000,00 37.000,00 37.000,00 Local social Sixto 3.900,00 2.925,00 2.925,00 Pavimentación camiño Amear 35.000,00 35.000,00 35.000,00 Pavimentación Camiños Amedo: Eirexe (Castro Dozón), Carballo e Nogueiras 35.363,00 35.099,00 35.099,00 Pav. camiños Costa de Navello (Sixto) Embeande; Castro-Dozón e Pidre 38.901,00 38.901,00 38.901,00 Pavimentación rúas Abeledo e Reparación Depósito de Augas 9.600,00 9.600,00 9.600,00 Pavimentación camiños Reboredo-Castro; Muro de contención e camiño Pereirón e Pav. Camiño Requeixo e Barandillas de Portorequeixo 37.739,00 37.739,00 37.739,00 Pavimentación camiño Dioz e San Maritiño 27.294,00 27.294,00 27.294,00 Pavimentación camiño Vilarello 35.776,00 35.776,00 35.776,00 40.900,00 39.925,00 118.864,00 118.600,00 100.809,00 100.809,00 259.334,00 ------ Folla: 11.14410.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE PONTEAREAS, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006, ANUALIDADES 2007-08, DENOMINADA "CENTRO DE ESTANCIA DIÚRNA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE" POLA OBRA "SANEAMENTO EN SAN ROQUE", COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR A petición do concello de Ponteareas, de 28 de setembro pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM/2006, Anualidades 2007-08, denominada "Centro de Estancia Diurna para persoas con discapacidade", pola obra "Saneamento en San Roque", coa mesma subvención que a anterior de 27.961,30 ¤, na anualidade 2007 e 62.038,70 ¤ na Anualidade 2008, ascendendo o presuposto a 90.000,00, e suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de "Ponteareas" con cargo ó PAM/06-08, distribuídas por anualidades, queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Instalación eléctrica en baixa tensión para ilumminación pública en Padróns 26.121,04 26.121,04 26.121,04 1ª. Fase reforma Rúa Darío Bugallal 54.707,41 54.707,41 54.707,41 Obras complementarias e de acondicionamento exterior de anexo á Residencia da 3ª. Idade para Centro de Día, 3ª. Fase 33.628,82 33.628,82 33.628,82 4ª. Fase de adecuación do Conservatorio 59.926,76 59.926,76 59.926,76 Reformas varias no Pavillón e Piscina municipal 24.047,15 24.047,15 24.047,15 Reparación de edificio existente de gardería e obras accesorias 89.954,73 89.954,73 89.954,73 Instalación de ascensor e salvaescaleiras na Casa cultural de Xinzo 29.568,40 29.568,40 29.568,40 Subministro para ilumminación pública 29.956,15 29.956,15 29.956,15 Instalación eléctrica en baixa tensión para ilumminación pública, parroquia de Guláns, Barrio Casal 12.646,40 12.646,40 12.646,40 4ª. Fase da Casa cultural de Ribadetea 95.922,60 47.961,30 47.961,30 95.922,60 Centro cultural de Guláns, 1ª. Fase 120.000,10 60.000,10 60.000,00 120.000,10 Pavimentación da pista de Picouto a Ramallal en Paredes 39.065,78 15.000,00 24.065,78 39.065,78 Pavimentación da pista de Outeiro de Castro a Outeiro Fernando, Fozara 115.841,18 40.000,00 62.498,82 102.498,82 Reformas varias en Planta baixo Cuberta Casa Cultural de Areas 89.773,84 25.000,00 64.773,84 89.773,84 Saneamento en San Roque 90.000,00 27.961,30 62.038,70 90.000,00 198.431,18 198.431,18 712.729,18 378.048,38 0,00 321.338,44 897.818,00 ------ Folla: 12.14411.- ACTA DO PREMIO VALLE-INCLÁN 2006 De conformidade co disposto na base 6ª da convocatoria do Premio Valle-Inclán, aprobadas en sesión da Xunta de Goberno de 27 de xaneiro de 2006, e a reunión mantida polo Xurado Cualificador do mesmo o pasado 20 de outubro de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o premio, ex equo, cunha dotación de 12.000,00 ¤ a cada un dos autores: Anxo Abuín González polo traballo "La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: Una aproximación a la dramaturgia de Valle-Inclán desde la estética del silencio" e a Eliane Lavaud-Fage polo traballo "Valle-Inclán ¿un sistema literario?". Os citados premios achegaranse con cargo á partida 06/451.451.481.01, a Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado Cualificador do Premio Valle-Inclán e que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO VALLE-INCLAN 2006 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, ás 13:00 horas do 20 de outubro de 2006, reuniuse o xurado cualificador do Premio Valle-Inclán 2006 presidido por D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, presidente da Deputación de Pontevedra, e os vogais: JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura, RAMÓN VILLARES PAZ, presidente do Consello da Cultura Galega, XOAN GUITIÁN RIVERA, membro do Padroado Fundación Valle-Inclán, ALFONSO ZULUETA DE HAZ, vicepresidente da Fundación Penzol, CARLOS ARIAS IGLESIAS, representante da Consellería de Cultura e Deporte, XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, director do Museo de Pontevedra, RAMÓN TORRADO LÓPEZ, profesor de Comunicación en representación da Asoc. Amigos de Valle-Inclán, actuando como secretario ANTONIO SANTOS GUERRA, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Tendo por obxecto a reunión do Xurado resolver o Premio Valle-Inclán, e tras un exhaustivo análise do contido dos traballos presentados, e deliberación e informe dos mesmos por parte dos membros do Xurado, acordouse por unanimidade, tal como se establece na súa base segunda, a concesión do Premio "Valle-Inclán", ex equo, cunha dotación de 12.000,00 ¤ a cada un dos traballos seguintes: Apelidos e nome Dirección e teléfono DNI Título Anxo Abuín González Facultade de Filoloxía. Universidade de Santiago.Avda. de Castelao, s/n15762 - Santiago de CompostelaTfno: 981-891960 / 626-774193 33262168-M La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: Una aproximación a la dramaturgia de Valle-Inclán desde la estética del silencio. Eliane Lavaud-Fage Rue du Mont-Fleury 521121 Fontaine-lès-DijonTlf: 0033380562018 02ZT84228 Valle-Inclán ¿un sistema literario? Por último e atendendo ó establecido na base oitava, o xurado considera de máximo interese a publicación e divulgación dos traballos premiados. E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 14,30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe." Os citados premios achegaranse con cargo á partida 06/451.451.481.01. ------ Folla: 13.14412.- INFORME SOBRE ESTUDO INFORMATIVO E DE IMPACTO MEDIO AMBIENTAL DO ACCESO DA PLATAFORMA LOXÍSTICA INDUSTRIAL DE SALVATERRA/AS NEVES Á AUTOVÍA A-52 Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, de data 15 de setembro de 2006, recibida nesta Deputación o día 26 de setembro de 2006 (nº rexistro entrada 31257), remitindo estudo informativo e de impacto ambiental do acceso da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra/As Neves á autovía A-52, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 6 de outubro de 2006, no que textualmente di: "....Unha vez analizado o Estudio Informativo e de impacto ambiental do acceso da plataforma loxística industrial de Salvaterra/As Neves á autovía A-52 (tomos 1 e 2), e atendendo á normativa vixente en materia de Avaliación de Impacto Ambiental (R.D. 1131/88, Rd 1302/86, Decreto 442/1990 e Lei 6/2001) informamos que o documento analizado: o Presenta de xeito sintético un exame das diferentes variables a recoller e desenrolar nun futuro Estudio de Impacto Ambiental, adaptándose correctamente ó requirido no art. 13 do Real Decreto 1131/88, de 30 de setembro. o Xustifica de xeito adecuado a alternativa elixida, baseándose no menor índice de afeccións que esta conleva respecto das outras alternativas posibles. Nembargantes, consideramos que presenta pequenas diferencias que poderían ser paliables. o No referente ó Patrimonio Cultural, ó tratarse dun estudo informativo considéranse suficientes os traballos levados a cabo, nembargantes as medidas correctoras propostas poderían cualificarse de limitadas e aínda que o seu desenvolvemento deberá recollerse no Estudio de Impacto Ambiental xa poderían presentar diferentes alternativas." Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 23 de outubro de 2006, no que textualmente di: "...Por parte deste Servizo Agrario non existen observacións para realizar relativas ás circunstancias que xustifican a declaración de interese xeral da estrada obxecto do estudo e da concepción global do seu trazado " A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. ------ Folla: 14.14413.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta que con data 16 de outubro de 2006 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, polo que se desestima recurso de súplica presentado pola representación legal de D. Ernesto Manuel Roa Corral en autos de Procedemento Ordinario núm. 20/ 2006 contra a denegación de práctica de proba consistente no interrogatorio do Presidente, atendendo así os razoamentos contidos nas alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica desta Deputación con data 19 de setembro de 2006. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do devandito Auto. b) Dada conta de que con data 22 de setembro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral comunicación do despacho QUESADA ABOGADOS, que levou a defensa desta Deputación no recurso núm. 4449/ 2003 seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en virtude da póliza subscrita no seu día coa Aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., e que foi interposto por D. FRANCISCO JAVIER NOGUEIRA NINE, por danos en accidente de tráfico na estrada Caleiro-Tremoedo (Vilanova de Arousa), condenando a esta Deputación ó pago dunha indemnización ó recorrente de 7.212,14 ¤, respectivamente, máis os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa ata a data da sentenza. Resultando que con data 4 de outubro de 2006 a Aseguradora confirma que xa procedeu á efectuar a consignación xudicial no Tribunal, cumprindo así o ordenado na sentenza. Resultando que executada a sentenza pola propia Aseguradora, procede que por parte desta Deputación se lle aboe a cantidade correspondente á franquía establecida na póliza subscrita no seu día, que é de 601,01 ¤. Visto o documento RC de Intervención, de data 9 de outubro de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Quedar enterada da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso núm. 4449/2003, promovido por D. Francisco Javier Nogueira Nine, por danos en accidente de tráfico na estrada Caleiro-Tremoedo (Vilanova de Arousa), ordenando o cumprimento nos seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor de AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con C.I.F. nº A07002967 a cantidade de 601,01 ¤ (seiscentos un euros con un céntimo), en concepto de franquía estipulada na póliza subscrita con esta Deputación para a cobertura de danos patrimoniais en estradas provinciais, e concretamente en relación á sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso número 4449/2003 promovido por Don FRANCISCO JAVIER NOGUEIRA NINE, que estima o recurso presentado condenando ó pago dunha indemnización de 7.212,14 ¤. Terceiro.- Dito pago efectuarase con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00 e mediante ingreso na conta nº 0182.5636.91.0011503190 do BBVA, indicando a referencia 4362301267 de sinistro. Cuarto.- Dar traslado do presente acordo ós efectos oportunos á Intervención, á Tesourería e a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con enderezo na Praza de América 1-21. CP 36211 de Vigo. c) Dada conta que con data 6 de outubro de 2006 notifícase a esta Deputación sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado número 170/ 2006, promovidos por D. Manuel Estévez Conde, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2305 Gondomar-Ramallosa, debido á caída dunha árbore na estrada. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade de 2.931,25 ¤, actualizada conforme ó índice de prezos ó consumo dende o día 2 de novembro de 2005 ata o día en que se puxo fin ó procedemento, e á que se engadirá o xuro legal ata a data da sentenza, acadando así un importe total de 3.009,79 ¤, segundo informe da Intervención de data 20 de outubro de 2006. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Quedar enterada da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado número 170/ 2006, promovidos por D. Manuel Estévez Conde, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2305 Gondomar-Ramallosa, debido á caída dunha árbore na estrada, ordenando o cumprimento no seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra a cantidade de 3.009,79¤ (tres mil nove euros con setenta e nove céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada en autos de Procedemento Abreviado núm. 170/06, promovidos por D. Manuel Estévez Conde contra esta Deputación. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Presuposto e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 0030.6085.3598.0000.85.017006. Cuarto.- Dar traslado desta Resolución ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 54/06), con enderezo en Lariño, Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 2.409,79 ¤ (dous mil catrocentos nove euros con setenta e nove céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 ¤), e mediante ingreso na conta que esta Deputación ten na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. ------ Folla: 15.14414.- COMUNICACIÓNS Non houbo ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14415.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA CURSO DE RESTAURACIÓN, CONCEDIDA Á ASOC. DE MULLERES VECIÑAIS DE MARÍN "VIRXE DO PORTO" EN XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Concedéndose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, do 23 de xuño de 2006, unha subvención para curso de restauración de mobles, por importe de 1.500 euros, a favor da Asociación de Mulleres Veciñais "Virxe do Porto" de Martín, e presentándose o 18 de outubro do presente ano , no Rexistro Xeral desta Deputación, escrito da Secretaria de dita Asociación, instando a concesión dunha prórroga para dito curso por non poder rematalo no prazo previsto, por mor de problemas alleos á Asociación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 28 de febreiro de 2007, respecto á subvencións para curso de restauración de mobles (120 horas), e por importe de 1.500 euros, que lle foi concedida á Asociación de Mulleres Veciñais "Virxe do Porto" de Marín, en virtude de acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23 de xuño de 2006. ------ Folla: 17.14416.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA, E O CONCELLO DE CANGAS PARA FINANCIAR AS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PROXECTO DE EXCAVACIÓNS NO ENTORNO DO MONTE DO FACHO (DONON) A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o "Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra e o Concello de Cangas para financiar as "actuacións incluídas no Proxecto de Escavacións no entorno do Monte do Facho (Donón", sendo o seu presuposto total de seiscentos sesenta e tres mil catrocentos dezasete euros con oitenta céntimos (663.417,80 ¤). O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Deputación Provincial de Pontevedra, Caixanova e o Concello de Cangas, é financiar as actuacións incluídas no Proxecto de "Escavacións no entorno do Monte do Facho (Donón)". A Deputación achegará ó Excmo. Concello de Cangas, en concepto de subvención a fondo perdido, a contía de dous centos mil (200.000,00) Euros, que se farán efectivas con cargo á consignación orzamentaria 06/911.911.762.45 do vixente Presuposto Provincial. Para ese fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Cangas Caixanova achegará con cargo ós seus presupostos dos exercicios 2006, 2007 e 2008 a cantidade total de douscentos mil euros (200.000,00 ¤). Os desembolsos faranse efectivos por Caixanova, de acordo coa cláusula terceira, por orde do órgano competente da Deputación Provincial en escrito dirixido á mesma. Son compromisos do Concello de Cangas, entre outros: a realización das obras e das pertinentes xestións, financiar unha parte das mesmas, contratar, dirixir, controlar, formalizalos actos administrativos necesarios e asumir as obrigas económicas por douscentos sesenta e tres mil catrocentos dezasete euros con oitenta céntimos (263.417,80 ¤). Así mesmo, comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento da obra indicada, sen que poida ser destinada para outros fins distintos. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE CANGAS PARA FINANCIALAS ACTUACIONS INCLUIDAS NO PROXECTO DE EXCAVACIONS NO ENTORNO DO MONTE DO FACHO (DONON)" En Pontevedra, a ...................... REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, en exercicio das facultades que ten atribuídas. Sr. D. José Luis Pego Alonso, en calidade de Director Xeral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, en nome e representación da mesma, en exercicio das facultades que ten atribuídas. Sr. D. José Enrique Sotelo Villar, en calidade de Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Cangas, en nome e representación do mesmo, en exercicio das facultades atribuídas. Os comparecentes interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, así como da Lei 1/2004 de 21 de abril, de modificación das Leis 7/1985 de Caixas de Aforros Galegas, e 4/1996 de 31 de maio, de Caixas de Aforros de Galicia para adaptalas á Lei 44/2002, de 22 de novembro, de medidas de reforma do Sistema Financeiro e polos Estatutos de Caixanova aprobados na data 17 de xullo de 2000, modificados el día 1 de xullo de 2005. EXPOÑEN I.- Que é competencia propia de toda Deputación, de conformidade co artigo 36.1, d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que entre as tarefas e responsabilidades recoñecidas como propias pola actual lexislación en vigor sobre Caixas de Aforro, a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, en adiante Caixanova, ten a de contribuír á promoción socioeconómica das áreas territoriais onde operan, e en xeral á defensa dos intereses benéfico-sociais. IV.- Que a lexislación en materia de Réxime Local, artigos 25 a 28, da Lei 7/85, de 2 de abril, atribúe competencias ó Concello en materia de Patrimonio histórico artístico e cultura V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Caixanova e o Excmo. Concello de Cangas, é financialas as actuacións incluídas no proxecto de "Escavacións no entorno do Monte do Facho (Donón)". Segunda.- O Presuposto do mencionado Proxecto e obra ascende a cantidade de seiscentos sesenta e tres mil catrocentos dezasete euros con oitenta céntimos (663.417,80), distribuíndose o seu financiamento da forma e entes seguintes: a) A Deputación Provincial de Pontevedra achegará ó Excmo. Concello de Cangas, en concepto de subvención a fondo perdido, a contía de dous centos mil (200.000,00) Euros, que se farán efectivas con cargo á consignación orzamentaria da partida 911.911.762.45, distribuída por anualidades da seguinte forma: . 2006 ..................... 10.000,00 Euros. . 2007 ..................... 95.000,00 Euros. . 2008 ...................... 95.000,00 Euros. b) Caixanova achegará con cargo ós seus presupostos dos exercicios 2006, 2007 e 2008 a cantidade total de douscentos mil (200.000,00) Euros, distribuída da seguinte forma: . 2006 ............................. 20.000,00 Euros. . 2007: . Primeiro Semestre 45.000,00 Euros. . Segundo Semestre 45.000,00 Euros. . 2008: . Primeiro Semestre 45.000,00 Euros. . Segundo Semestre 45.000,00 Euros. Os desembolsos faranse efectivos por Caixanova, de acordo coa cláusula terceira, por orde do Órgano competente da Deputación Provincial en escrito dirixido á mesma. c) O Concello de Cangas con cargos ós seus presupostos farase cargo de financiar a achega restante, que ascende a douscentos sesenta e tres mil catrocentos dezasete euros con oitenta céntimos (263.417,80), correspondéndolle as seguintes cantidades individualizadas por exercicios seguintes: . 2006 ................ 10.000,00 euros. . 2007 ................ 100.000,00 euros. . 2008 ................ 153.417,80 euros. O Excmo. Concello de Cangas comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento das actuacións indicadas, sen que poidan ser destinadas para outros fins distintos. Terceira.- No devandito proxecto defínense as actuacións, xustificándose así como se desagregan as partidas de gastos que se farán, correspondéndolle realizalas ó Concello de Cangas, debendo seguila lexislación de contratos das administracións públicas, así como a de contratación de persoal. Unha vez realizadas as mesmas, poderase proceder a súa comprobación e inspección polos Servizos técnicos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Unha vez rematadas as actuacións realizarase o libramento da cantidade previa xustificación dos gastos mediante facturas e documentos xustificativos correspondentes, que deberán ser informada polos técnicos provinciais, e aprobada polo órgano competente, debendo acompañarse tamén da acta de recepción. Cuarta.- O Concello de Cangas, como titular das actuacións previstas no Proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno Local dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial, e outra a Caixanova, no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sétima.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigas contempladas nas cláusulas anteriores, as Entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e prexuízos que causaren. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009, podendo prorrogarse, expresamente, por un prazo máximo de dous anos, sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas, que así o aconsellen. Novena.- Serán causas de Resolución: O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio, podendo o órgano concedente esixir ó beneficiario da subvención, o Concello de Cangas, o reintegro da mesma. Décima.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa reguladora: - Bases do Programa de Acción Municipal ano 2006. - Bases reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 7/1985 de Caixas de Aforros Galegas. - Lei 4/1996, de 31 de maio, de Caixas de Aforros de Galicia. - Lei 44/2002, de 22 de novembro, de medidas de reforma do Sistema Financeiro. - Decreto 261/1999, de 17 de setembro, polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico-social das caixas de aforros galegas. - Estatutos Caixanova de 17 de xullo de 2000, modificados en data de 1 de xullo de 2005. Undécima.- Difusión da subvención: O Concello de Cangas deberá dar difusión do financiamento obtido, mediante a axeitada, publicidade de carácter público. A Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos se llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas no Concello de Cangas. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un so efecto no lugar e data sinalado no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraAsdo.: D. Rafael Louzán Abal Pola Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e PontevedraAsdo.: D. José Luis Pego Alonso Polo Concello de Cangas,Asdo.: D. José Enrique Sotelo Villar" ------ Folla: 18.14417.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE CAMBADOS DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, DENOMINADA "PASEO DE A CALZADA", POLAS OBRAS "ADECUACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS Á NORMATIVA SANITARIA" E "ALUMEADO EN O BREIXO" A petición do concello de Cambados, de 3 de outubro actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, denominada "Paseo de A Calzada" polas obras "Adecuación da praza de Abastos á normativa sanitaria", cunha subvención de 17.637,24 ¤ na anualidade 2006 e 13.227,93 ¤ no 2007, e alumeado en o Breixo, cunha subvención de 4.010,51 ¤ na anualidade 2006, 28.087,52 ¤ na anualidade 2007, e 35.090,30 ¤ no 2008, sumando ambas obras a mesma subvención que a anterior de 21.647,75 euros na anualidade 2006, 41.315,45 euros na anualidade 2007, e 135.090,30 ¤ na anualidade 2008 quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Cambados con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Total Subv. Mellora da capa de rodadura 200.000,00 44.203,00 84.207,31 71.589,69 200.000,00 Alumeado E.P. Fefiñans-Oubiña 100.000,00 22.102,00 42.099,91 35.798,09 100.000,00 Alumeado en O Brexo 67.183,33 4.010,51 28.087,52 35.090,30º 67.188,33 Adecuación da praza de abastos á normativa sanitaria 102.883,89 17.637,24 13.227,93 30.865,17 470.067,22 87.952,75 0,00 167.622,67 0,00 142.478,08 398.053,50 ------ Folla: 19.14418.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/04, PARA A OBRA Nº. 205/752, DENOMINADA "CONSTRUCIÓN DE COLECTOR DE SANEAMENTO A FREIXA", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica nº. 2, do Concello de Ponteareas a Xunta de Goberno á vista do informe de Intervención de data 24 de outubro que andamos, acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 88.500,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911-762.45.2004, como pago da subvención concedida ó mesmo, para a obra nº. 205/752, denominada "Construción de colector de saneamento A Freixa", incluída no PAM/04. ------ Folla: 20.14419.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE"DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" ("E.P. 9701 BAION-ANDRAS" E OUTRAS) Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras do POL e PPC 2006"("E.P. 9701 Baión-András" e outras); visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, SA a obra "EP 9701 Baión-András (Vilanova de Arousa)(POL 2006)" na suma de 312.400,00. ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 11.979,03 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 2.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, SL a obra "EP 9402 Mosteiro-Barrantes (San Martín de Meis) (Meis) (POL 2006)" na suma de 499.800,00 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 22.089,16 € e un período de mantemento de trinta e oito meses. 3.- Adxudicar a OBRAS E EDIFICACIONES SEIXO, S.L. a obra "EP 2203 Baredo a E.P. Baiona-Loureza (Baiona) (POL 2006)" na suma de 264.789,36 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 15.044,85 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 4.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, SA a obra "E.P. 2001 Calvario-Garrida, tramo Autovía (Vigo) (PPC 2006)" na suma de 157.329,98 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 7.246,74 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. Así mesmo, acórdase que, segundo o establecido no art. 36.4 do Texto Refundido da LCAP, que o adxudicatario da obra nº 4 deposite unha fianza definitiva por importe do 20 % do prezo de adxudicación tendo en conta que, de acordo co informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, aínda que a oferta da adxudicataria alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. Os demais adxudicatarios, constituirán unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondentes á publicación do anuncio do concurso no BOP e DOG, que ascendeu a un total de 435,68 €: CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a suma de 217,84 €; os demais adxudicatarios a cantidade de 108,92 €. ------ Folla: 21.14420.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE"DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" ("E.P. 2402 PORRIÑO-TORNEIROS" E OUTRAS) Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras do POL e PPC 2006" ("E.P. 2402 Porriño-Torneiros" e outras); visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "E.P. 2402 Porriño-Torneiros (Porriño)(PPC 2006)" na suma de 107.976,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 10.201,71 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 2.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra "E.P. 0102 Acuña-Pedra dás Navallas (Vilaboa)(PPC 2006)" na suma de 80.750,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 4.750,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 3.- Adxudicar a CONSTRUCIÓNS TABOADA E RAMOS, S.L. a obra "E.P. 6510 Lamela-Moalde-Senra, 2ª fase (Silleda)(PPC 2006)" na suma de 284.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 15.469,32 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 4.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra "E.P. 0503 Mane-Rebón (Moraña)(PPC 2006)" na suma de 255.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses e medio, melloras valoradas en 9.000,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 5.- Adxudicar a HERMANOS. PICO YAÑEZ, S.L. a obra "E.P. 0505 N-550-Igrexa de Perdecanai, 1ª fase (Barro)(POL 2006)" na suma de 159.523,15 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 6.856,41 ¤ e un período de mantemento de vinte e catro meses. 6.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama)(POL 2006)" na suma de 199.680,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 24.074,45 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 7.- Adxudicar a NAROM, S.L. a obra "E.P. 3303 Eiras-Tabagón-Goián (Tomiño)(POL 2006)" na suma de 86.155,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de trinta e cinco días, melloras valoradas en 7.455,00 ¤ e un período de mantemento de catro anos. Así mesmo, acórdase que, segundo o establecido no art. 36.4 do Texto Refundido da LCAP, o adxudicatario da obra nº 5 deposite unha fianza definitiva por importe do 20 % do prezo de adxudicación tendo en conta que, de acordo co informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, aínda que as ofertas da adxudicataria alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. Os demais adxudicatarios, constituirán unha gar
Ãrea de notas
Nota