ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/12/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/12/29_Ordinaria

  • Data(s) 2006-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e nove de decembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14674.- ACTA ANTERIOR Queda pendente para a próxima sesión a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de decembro de 2006. ------ Folla: 2.14675.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos ano 2007, que son do seguinte teor: BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO-2007 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A Deputación Provincial de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar o patrimonio provincial: tradicional, histórico, folclórico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Presuposto Cultura A/07 Actividades culturais xerais 07/451.451.489.05 300.000,00 ¤ B/07 Persoas físicas 07/451.451.489.07 18.000,00 ¤ C/07 Instrumentos e vestiario 07/451.451.789.00 60.000,00 ¤ D/07 Infraestrutura 07/451.451.789.04 600.000,00 ¤ E/07 Participación cidadá 07/451.463.489.10 70.000,00 ¤ F/07 Universidades 07/451.422.454.02 18.000,00 ¤ O programa A/07 "actividades culturais xerais" vai dirixido ó financiamento de: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc. O programa B/07 "persoas físicas" vai dirixido ó financiamento de estudos artísticos e musicais fóra da Comunidade Autónoma. O programa C/07 "instrumentos e vestiario" vai dirixido a financiar a adquisición de instrumentos musicais e vestiario. O programa D/07 "infraestrutura" vai dirixido ó financiamento de: construción ou rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc. O programa E/07 "participación cidadá" vai dirixido ó financiamento de: congresos, feiras, xornadas de formación, etc. O programa F/07 "universidades" vai dirixido ó financiamento de: congresos, seminarios, etc. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas, con domicilio social na provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. - Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento, asinada polo representante. - Presuposto detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento, asinado polo representante. A entidade deberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 ¤, para realizar obras ou superior a 12.000,00 ¤ para adquirir equipamento. - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. - Declaración do número de socios da entidade. - Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2007. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4. Presuposto total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión informativa de Cultura. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que vaia desenvolver o beneficiario. 6. Xustificación e pagamento.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificar as mesmas no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a.- Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade. b.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente presuposto provincial. c.- Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis có importe xustificado co límite da subvención concedida. d.- No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 ¤ poderase esixir un informe previo do técnico provincial. e.- No caso da realización do investimento por parte da Administración será necesario xuntarlle á certificación a xustificación de todos os gastos relacionados nela informando o técnico provincial que estes se axustan ó presuposto ou proxecto previo. f.- Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g.- Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. h.- A xustificación deberá acompañarse dunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. i.- Acreditar a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de terse feito a mesma. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos de manutención non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente. 7. Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.- Por obtelas falseando as condicións requiridas b.- Por non aplicala ós fins para os que foi concedida c.- Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 8. De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para o ano 2007 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03). ------ Folla: 3.14676.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases de apoio ó deporte dirixidas a entidades e clubs deportivos para apoio ó deporte de competición federado ano 2007, que son do seguinte teor: BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2007 Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: 1. FINALIDADE E OBXECTO Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación. Estas axudas financiaranse con cargo á partida 07/451.452.489.20 do presuposto da Deputación para 2007, cunha dotación dun millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 ¤ ). 2. BENEFICIARIOS Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1.- Carecer de fins de lucro. (Acreditándose declaración responsable do solicitante). 2.2.- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 2.3.- A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4.- Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 2.5.- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 3. DOCUMENTACIÓN Deberá formularse unha solicitude por cada modalidade deportiva nos modelos normalizados, que facilitarán no Rexistro Xeral, na Sección de Deportes ou na páxina Web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase ademais a seguinte documentación: 3.1.- Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF. 3.2.- Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante. 3.3.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada. 3.4.- Presuposto asinado estimativo de gastos. 3.5.- Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social 3.6.- Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3.7.- Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 3.8.- Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega correspondente na que se especifique: 3.8.1.- Participación do equipo en competición na temporada 2006-2007. 3.8.2. Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.8.3.- Número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na temporada 2006/2007. As entidades poderán autorizar á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a certificación de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2007. 5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club, ata 15 puntos. b. Número de licenzas federativas, ata 15 puntos. c. Número de equipos participantes na actual tempada, ata 15 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional, 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes e mais á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan. 6. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO Unha vez notificadas as axudas concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificar as mesmas no prazo de trinta días e en todo caso antes do 31 de xaneiro de 2008. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25.8ª-2ºf) de execución do presuposto 2007, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club. Conxuntamente deberá presentar declaración de se se recibiron ou non outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade e acreditación da debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada, sendo suficiente a declaración responsable do representante de haberse feito a mesma. 7. ÓRGANO COMPETENTE De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para 2007 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 8. DEREITO SUPLETORIO Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións." ------ Folla: 4.14677.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS ANO 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases de apoio ó deporte dirixidas a agrupacións e clubs deportivos para actividades e investimentos ano 2007, que son do seguinte teor: BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS ANO 2007 A Deputación Provincial, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias tanto en material coma en instalacións que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promocionar, fomentar e impulsar as actividades e investimentos deportivos, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A finalidade desta convocatoria é apoiar ás entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro na realización de actividades deportivas, de adquisición de material deportivo inventariable e mellora de instalacións deportivas, durante o ano 2007. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Presuposto DEPORTES A/07 Actividades Deportivas 07/451.452.489.04 150.000,00 ¤ B/07 Persoas físicas 07/451.452.489.07 15.000,00 ¤ C/07 Equipamento 07/451.452.789.00 200.000,00 ¤ D/07 Infraestruturas 07/451.452.789.04 150.000,00 ¤ O programa A/07 "actividades deportivas" vai dirixido ó financiamento de campionatos e eventos deportivos que desenvolvan os clubs ou entidades deportivas ó longo do ano 2007. O programa B/07 "persoas físicas" vai dirixido ó financiamento de campionatos ou eventos deportivos de relevancia nacional nos que participen os deportistas da provincia. O programa C/07 "equipamento" vai dirixido a financiar a adquisición de material deportivo inventariable e mellora de instalacións deportivas que realicen as agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro no seu ámbito territorial. O programa D/07 "Infraestruturas "vai dirixido ó financiamento do arranxo de campos deportivos non municipais. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas todas as agrupacións e clubs deportivos legalmente constituídos e persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. (Acreditándose en declaración responsable do solicitante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. b. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. c. Memoria explicativa da actividade concreta ou do investimento asinada polo representante. d. Presuposto detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento asinado polo representante. A entidade terá que solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000 ¤, para a realización de obras ou superior a 12.000 ¤ para a adquisición de equipamento. e. Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar. f. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. g. Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social h. Declaración do número de licenzas federativas. i. Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2007. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Categoría da agrupación ou club, ata 15 puntos. 2. Número de licenzas federativas, ata 15 puntos. 3. Antigüidade da agrupación ou club deportivo, ata 10 puntos. 4. Presuposto total do investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade ou da adquisición ou da mellora a desenvolver polo beneficiario. 6. Xustificación e pagamento.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificar as mesmas no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008. Para o cobro da subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. b) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa aplicáronse á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8º.2c das de execución do vixente presuposto provincial. c) Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d) No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000 euros poderase esixir informe previo do técnico provincial. e) No caso da realización da inversión por administración será necesario axuntar á certificación a xustificación de todos os gastos relacionados na mesma informando o técnico provincial que estes se axustan ó presuposto ou proxecto previo. f) Declaración de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou Entidades Privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g) Para o cobro da axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do servizo provincial de Intervención. h) A xustificación deberá acompañarse dunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. i) Acreditar a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de terse feito a mesma. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, gastronómicos e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos gastronómicos non superarán o 50 % da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente. 7. Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 8. De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para o 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003). ------ Folla: 5.14678.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MEIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "REHABILITACIÓN DO ENTORNO E MUÍÑOS DE CAMPO DO RÍO NO LUGAR DE CAXÍN, PARROQUIA DE SAN MARTIÑO", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Meis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 297/566, denominada "Rehabilitación do entorno e muíños de Campo do Río no lugar de Caxín, parroquia de San Martiño", subvencionada con 44.250,00 ¤, por Resolución Presidencial de data 16/09/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31/10/07, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.14679.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MEIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "INSTALACIÓN DE CALEFACCIÓN, EQUIPO DE PROTECCIÓN DE INCENDIOS E EQUIPAMENTO DE PATIOS E iluminación NA GARDERÍA INFANTIL DO MOSTEIRO", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Meis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 236/704, denominada "Instalación de calefacción, equipo protección de incendios e equipamento de patios e iluminación na Gardería Infantil do Mosteiro", subvencionada con 30.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de data 31/12/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31/10/07, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.14680.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra e recaída en autos de recurso Procedimento Abreviado nº 158/ 2006, promovidos polo funcionario provincial D. Constantino Campos Troitiño sobre reclamación de cantidade, e na que se desestima dito recurso con resultado favorable para os intereses desta Deputación. A defensa en xuízo foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos desta Deputación. ------ Folla: 8.14681.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14682.- BAIXA DE DÚAS ALUMNAS POR TRAMITACIÓN DE URXENCIA DEBIDO A INCIDENTES NAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROXECTO AQUELANDO O pasado 1 de abril iniciáronse as actuacións do Proxecto Aquelando, promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra, que ten como obxectivo facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector de servizos de atención a persoas. Con data 22 de agosto de 2006 emitiuse informe favorable da Xefa do Servizo de Acción Social para a contratación das actividades de formación do Proxecto Aquelando. Con data 28 de xullo de 2006, a Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial adoptou, fóra da orde do día, o acordo de aprobación das "Bases de captación e selección e das instrucións reguladoras da concesión de bolsas individuais para as persoas beneficiarias nas accións do proxecto Aquelando". Os itinerarios de inserción laboral contemplan a realización de cursos de formación, prácticas e inserción laboral en entidades e a súa duración aproximada será de 5 meses, debendo estas actuacións finalizar en todo caso antes do 31 de xullo de 2007. Toda vez que con data 24 de novembro de 2006, a Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial adoptou o acordo de "Aprobación de admitidos para a realización das accións formativas do proxecto Aquelando", sendo publicada a lista de persoas admitidas para a realización de ditos cursos de formación o día 1 de decembro de 2006 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Considerando que un dos cursos de formación de Auxiliar de axuda a domicilio con persoas maiores está actualmente celebrándose no concello de Sanxenxo e que durante o desenvolvemento das clases do mencionado curso producíronse incidentes e situacións de indisciplina graves, en concreto, faltas de respecto á persoa docente e disputas entre dúas alumnas: Sonia González Pérez e Haydeé Clementoni. Tendo en conta que estas alumnas vulneraron as normas establecidas para o normal desenvolvemento dos cursos posto que previamente ó inicio das clases asinaron unha folla de dereitos e deberes que se adxunta no expediente. Considerando que este feito estaba afectando directamente ó normal desenvolvemento das clases. A este respecto, achégase informe de data 14 de decembro de 2006 da persoa asignada á supervisión contratada pola empresa adxudicataria deste curso de formación relatando todos os feitos ocorridos presenciados por ela mesma así como pola docente. De conformidade co escrito de dereitos e deberes que asinaron estas alumnas, e considerando que non cumpriron as súas obrigas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade e con carácter urxente o seguinte: A baixa nas actividades de formación do Proxecto Aquelando das alumnas: D.ª Sonia González Pérez, con DNI 76934308-K, domicilio no lugar de Mourelos - Noalla N.º 2, Sanxenxo, CP 36690, alumna do curso de axuda a domicilio para persoas maiores de Sanxenxo. D.ª Haydeé Clementoni, con NIE X-1309315-V, rúa Pablo Iglesias N.º 6, O Grove, CP 36980, alumna do curso de axuda a domicilio para persoas maiores de Sanxenxo. ------ Folla: 10.14683.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE BAIONA E CAIXANOVA PARA A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO CASA CARVAJAL COMO CASA DA NAVEGACIÓN A Deputación de Pontevedra, o concello de Baiona e Caixanova pretenden, mediante a sinatura dun acordo, rehabilitar o edificio da casa de Carvajal para situar nel un Museo da Navegación, onde se recollerá aspectos tan recoñecidos como o descubrimento de América, a arribada da Carabela La Pinta, e en xeral todo o relativo ó ámbito da navegación. Resultando necesario formalizar o devandito acordo mediante un convenio de colaboración que constitúe o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, acreditando a legalidade e certificando a existencia de crédito, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o concello de Baiona e Caixanova para a Rehabilitación do Edificio de Carvajal como Casa de Navegación. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE BAIONA E CAIXANOVA PARA A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO CASA DE CARVAJAL COMO CASA DA NAVEGACIÓN. Na Casa Consistorial do concello de Baiona, a .........de outubro de dous mil seis REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 105.1 a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia. Doutra D. Jesús Vázquez Almuiña, en calidade de Alcalde-Presidente do concello de Baiona, e facultado para este acto en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 61.1ª) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia. E doutra D. José Luis Pego, en nome e representación da entidade Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra - Caixanova. As partes asinantes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio, e, para estes efectos, EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, 3,c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das administracións públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. II.- Que, por unha banda, segundo dispoñen os artigos 25-26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- A normativa de réxime local encoméndalle ás deputacións a función de permitir a prestación integral e axeitada de servizos públicos en todo o territorio da provincia, fomentando, en todo caso, os intereses peculiares do seu territorio. IV.- A prestación homoxénea dos servizos mínimos constitúe un obxectivo e a súa consecución diríxese, preferentemente, ás funcións asistenciais e de cooperación municipal das Deputacións Provinciais. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o concello de Baiona e Caixanova, ten por obxecto a realización da obra de "Rehabilitación da Casa de Carvajal como Casa da Navegación", cun custe total que ascende á cantidade de 550.000,00 euros. SEGUNDA.- O proxecto de "Rehabilitación da Casa de Carvajal como Casa de Navegación" será financiado polas tres entidades asinantes do convenio nas seguintes contías e anualidades: 2006 2007 2008 TOTAL Deputación Provincial 104.347,82 ¤ 73.043,48 ¤ 62.608,70 ¤ 240.000,00 ¤ Concello de Baiona 100.000,00 ¤ 100.000,00 ¤ 38.000,00 ¤ 238.000,00 ¤ Caixanova 24.000,00 ¤ 24.000,00 ¤ 24.000,00 ¤ 72.000,00 ¤ TOTAL 550.000,00 ¤ A achega da Deputación na anualidade 2006 realizarase con cargo á partida 06/911.911.762.45 e nas anualidades 2007 e 2008 con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros. As cantidades do concello de Baiona serán con cargo á partida 451-62200, proxecto nº 67 do Plan de Inversións do 2006, e as anualidades de 2007 e 2008 con cargo a exercicios futuros. TERCEIRA.- A tramitación e adxudicación das obras será realizada polo concello de Baiona, dándolle conta deste acto á Deputación Provincial de Pontevedra e a Caixanova, mediante certificación expedida polo Secretario da corporación. Así mesmo, deberá obter as correspondentes licenzas municipais e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. CUARTA.- O libramento da achega realizarase contra a presentación, polo concello de Baiona, das correspondentes certificacións de obra ou facturas, por triplicado, acompañadas de certificación expedida polo Secretario relativa ó acordo de aprobación das mesmas. Así mesmo, presentará unha declaración do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. QUINTA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que formen parte un representante de cada unha das entidades asinantes SEXTA.- O concello de Baiona comprométese ó cumprimento de todas as condicións e obrigas e ó sometemento ás actuacións de supervisión e control previstas no presente convenio, así como as xerais derivadas da aplicación da normativa de axudas e convenios. SÉTIMA.- A vixencia do presente convenio estenderase dende a sinatura ata o cumprimento, polas partes, das obrigas asumidas, ata o 31 de decembro de 2008, podendo prorrogarse de forma expresa por causas xustificadas. OITAVA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalados no seu encabezamento. Pola Excma. Deputación de Pontevedra Polo Concello de Baiona D. Rafael Louzán Abal D. Jesús Vázquez Almuiña Polo Presidente do Consello de Caixanova D. José Luis Pego ------ Folla: 11.14684.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CONCELLO DE VIGO PARA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN VARIOS CAMPOS DE FÚTBOL A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da provincia. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo para a instalación de herba artificial nos campos de Cabral, Candeán, Comesaña, Sárdoma e Valadares. Vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo para a instalación de céspede artificial en varios campos de fútbol. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN EN VARIOS CAMPOS DE FÚTBOL. No Concello de Vigo, a _______ REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local Dona Corina Porro Martínez, Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo no concello de Vigo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración nos campos de fútbol de Cabral, Candeán, Comesaña, Sárdoma e Valadares. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). · Bancos de suplentes (2 unidades). · Un marcador. · Bancadas (200 unidades). Así mesmo, levaranse a cabo as obras complementarias que se enumeran de seguido: · Campo de Candeán: Unha bancada cuberta de 50 metros. · Campo de Sárdoma: un peche perimetral e pavimentación da explanada exterior. · Campo de Valadares: un peche perimetral con pintado das dependencias da instalación. Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe de instalación de herba artificial nun campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Dita contía será financiada nun 75% pola Deputación e o 25% restante polo concello. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o concello un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Así mesmo, a Deputación adxudicará as obras complementarias especificadas na cláusula primeira, que ascenden a un importe total de 140.000 euros e que serán financiadas pola entidade municipal. Cuarta.- O concello de Vigo comprométese as seguintes obrigas: 1.-Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo, que se estima nuns 92.000,00 euros por campo, ascendendo a cantidade total polos cinco campos de fútbol a 460.000,00 euros. Tamén deberá ingresar as seguintes cantidades para que a institución provincial adxudique as obras complementarias dos campos que se relacionan de seguido: Campo de fútbol Importe Candean 60.083,48 euros Sárdoma 44.669,81 euros Valadares 35.246,71 euros TOTAL 140.000,00 euros O pagamento destas dúas cantidades, que ascende ó total de seiscentos mil euros (600.000,00 ¤), realizarase trala sinatura do convenio, con cargo á partida 4525.761.00.06 da entidade municipal, e a través dunha transferencia a favor da Deputación. En caso de non ingresar nos prazos establecidos a porcentaxe que lle corresponde autorízase á Deputación a descontar a cantidade da participación que de fondos provinciais lle poida corresponder ó concello. 2.-Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.-Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento dos campos de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio e non comprendidas na cláusula primeira. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.-Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraRafael Louzán Abal Polo Concello de VigoCorina Porro Martínez ------ Folla: 12.14685.- MODIFICACIÓN DO ACORDO Nº 34.14560 DA XUNTA DE GOBERNO DE 01-12-06, RELATIVO Á ADQUISICIÓN DE PENDELLOS DO VELLO RECINTO FEIRAL DO CONCELLO DE AGOLADA A Xunta de Goberno, en sesión do día 1 do actual mes de decembro, aprobou o expediente relativo á adquisición de "Pendellos" no recinto feiral de Agolada, declarando de aboo a cada un dos titulares o importe correspondente. Na relación de "Pendellos" a adquirir, o relativo ó número 20 figura a nome de D. Adolfo García Vázquez por un importe de 2.570,41 euros, librándose o cheque oportuno para facer fronte ó seu pagamento, así como a redacción da escritura correspondente. No momento de proceder á sinatura do correspondente documento, ponse de manifesto por Dona María García Vázquez o falecemento do seu pai, solicitando se modifique o acordo de compravenda. Á vista destas circunstancias a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o texto do acordo, adoptado en sesión do día 1 do actual mes de decembro, relativo á adquisición dos pendellos no recinto feiral de Agolada, no senso de figurar como titular do "Pendello" nº 20 Dona María García Vázquez, en vez de D. Adolfo García Vázquez, permanecendo inalterable o resto do texto do mesmo. ------ Folla: 13.14686.- RATIFICACIÓN DA RP Nº 18637, DE DATA 28-12-06, POLA QUE SE LLE RECOÑECE A OBRIBA E APROBA O PAGO DA CERTIFICACIÓN Nº 8- LIQUIDACIÓN DA OBRA DE "PARQUE COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, O CONDADO E LOURIÑA (PORRIÑO)" Ditándose RP nº 18637, de data 28/12/06, pola que se recoñecía a obriga e aprobaba o pago da certificación nº8 - liquidación da obra de "Parque Comarcal contra incendios e salvamento das Comarcas de Baixo Miño, O Condado e Louriña (Porriño)", por importe de 168.039,34 ¤ e, dado que de acordo coas bases de execución do presuposto provincial é a Xunta de Goberno a que debería aprobar dita certificación por razón do seu importe, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a referida Resolución cuxo contido é o seguinte: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Visto o informe de Intervención, de data 28 dos correntes, recoñécese a obriga e aproba o pago da certificación nº8-liquidación da obra de "Parque Comarcal contra incendios e salvamento das Comarcas do Baixo Miño, O Condado e Louriña (O Porriño)", debendo librarse o seu importe con cargo ás partidas 06/911.223-662.03.2005 (por importe de 18.119,04 ¤) e 06/911.223-662.03 (por importe de 149.920,30 ¤) con arranxo ó seguinte detalle: EUROS DICSA (Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U. (CIF A-36011047) 168.039,34 Descontos sobre o importe bruto da certificación: Taxa Dirección de Obra 4.869,29 Control de calidade Seguridade e saúde Total desconto 4.869,29 Importe neto para a Empresa 163.170,05 Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria." ------ Folla: 14.14687.- PRÓRROGA DO CONTRATO DA PÓLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A ANUALIDADE 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno, en sesión de 5 de xaneiro de 2005, adxudicando á empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A. (CIF. A-28013050) o contrato dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra por un importe anual de 67.606,80 ¤, IVE incluído. Vista a oferta da empresa para prorrogar o contrato, así como o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, e de conformidade co estipulado no artigo 198.1 do R.d.l. 2/2000, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar o contrato da póliza de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación de Pontevedra durante o ano 2007 coa empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A.(CIF A-28.013.050) pola cantidade de setenta e oito mil douscentos vinte oito euros (78.228 ¤), IVE incluído. O contrato terá efectos dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2007, ambos incluídos. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto con cargo á partida 07/511.511.224.08. ------ Folla: 15.14688.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A OBRA DE ACONDICIONAMENTO CASA CARBAJAL PARA MUSEO DA NAVEGACIÓN, OBXECTO DO CONVENIO A FORMALIZAR ENTRE A DEPUTACIÓN, CAIXANOVA E A DEVANDITA ENTIDADE LOCAL, CON CARGO Ó PAM/06, (ANUALIDADES 2007-2008) Dado que existe un Convenio a formalizar entre Caixanova, Deputación e o concello de Baiona, para a execución da obra "Acondicionamento Casa Carvajal para Museo da Navegación", vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Baiona as cantidades de: 104.347,82 euros do PAM/06, 73.043,48 euros do PAM/07 e 62.608,70 euros do PAM/08, para afrontar os investimentos necesarios para a realización da mencionada obra, e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da devandita obra, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que deberá axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas: a parte realizada con cargo ó PAM/06, antes do 31 de outubro de 2007, a do PAM/07, antes do 31 de outubro de 2008, e a do PAM/08, antes do 31 de outubro de 2008, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida . ------ Folla: 16.14689.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIRO AGRÓNOMO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E DEPENDENTE DO SERVIZO AGRARIO De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo Agrario, así como do artigo 35.2b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha bolsa de Enxeñeiro agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura e dependente do Servizo Agrario desta Excma. Deputación Provincial. O custo desta bolsa ascende a un total mensual de 841,41 € cada unha e imputarase á partida 711.711.480.02 do próximo presuposto provincial. Ditas bases son como segue: CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIRO AGRÓNOMO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E DEPENDENTES DO SERVIZO AGRARIO DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura (Abonados, plantacións, sistemas de cultivos, podas, pragas e enfermidades, etc.) dependente do Servizo agrario. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de licenciado en Enxeñeiro Agrónomo ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Esta bolsa figura cunha dotación económica de 841,41 ¤/mes por beneficiario, que se imputará á partida 711.711.481.02 do presuposto provincial. O pagamento da bolsa ó/á beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o/a bolseiro/a inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, onde deberá constar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no RD 1497/87, modificado polo RD 1267/94. d) Currículo vítae e documentación acreditativa deste. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a r

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición