ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/09/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/2.2007-09-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/09/12_Ordinaria

  • Data(s) 2007-09-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día doce de setembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15385.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de setembro de 2007. ------ Folla: 2.15386.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN EN RELACIÓN ÁS “AXUDAS ÓS PARQUISTAS DE CARRIL – 2006” Dada conta do informe de Intervención, do 30 de maio de 2007, en relación á fiscalización dos expedientes de solicitude de axudas para paliar os efectos dos temporais do mes de abril do ano 2006 dos parquistas de Carril, Resultando que, na sesión extraordinaria da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños do día 03/09/2007, dáse conta do referido informe. Á vista do mesmo, a Xunta de Goberno queda enterada do citado informe. ------ Folla: 3.15387.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA “TI TAMÉN CONTAS” ANO 2007, PARA A SÚA APLICACIÓN Á MESMA PARTIDA ORZAMENTARIA E A SÚA VINCULADA Adxudicado o concurso por procedemento aberto da Asistencia Técnica para a Organización e Impartición das Actividades do Programa “Ti tamén contas, ano 2007”, ás Empresas “Fundación de Estudios e Análises” e “Ideas Posibles SL”, polo prezo de 35.100,00 € e 37.620,00 € respectivamente, en virtude do acordo da Xunta de Goberno de 9 de marzo do presente ano, contando dito programa cunha dotación orzamentaria de 90.000,00 € con cargo á partida 07/313.313.227.09 e como queira que rematado o mesmo, cun gasto total de 73.890,00 € produciuse un sobrante económico de 16.110,00 €; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberación da contía de 16.110,00 € sobrante do programa “Ti tamén contas, ano 2007”, respecto de tal programa, para a súa aplicación na mesma partida orzamentaria (07/313.313.227.09) e na súa vinculada (07/313.313.227.20) a efecto de afrontar os gastos derivados da “Viaxe da Terceira Idade, 2007” do Programa “O meu primeiro voo, ano 2007”. ------ Folla: 4.15388.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TELECIDADE, S.A. (NIF A- 36.792.133) • A constituída en metálico, por importe de mil oitocentos euros (1.800,00 €), para responder da prestación de servizos de publicidade en Televigo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/03/2007 con número de operación 200700020938, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PUBLITIA, S.L. (NIF B- 36.903.037) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos oitenta e seis euros (2.386,00 €), para responder da consultoría e asistencia técnica para realizar unha campaña de publicidade de proxectos Cidade +, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/09/2005 con número de operación 200500086259, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. HIDRIA, CIENCIA, AMBIENTE Y DESARROLLO, S.L. (NIF B- 36.974.988) • A constituída en metálico, por importe de dous mil setecentos vinte euros (2.720,00 €), para responder da consultoría e asistencia técnica para o deseño, planificación, execución e avaliación dun programa de actividades de educación ambiental durante o curso 2006-2007, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/11/2006 con número de operación 200600104506, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CEPSA COMERCIAL GALICIA, S.A. (NIF A- 36.154.789) • A constituída en valores mediante aval de BANESTO, por importe de nove mil dezaseis euros (9.016,00 €), para responder do subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/05/2006 con número de operación 200600041942, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSULTORES INFORMÁTICOS DE PONTEVEDRA, S.L. (NIF B- 36.100.337) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos cincuenta e oito euros con dezaseis céntimos (858,16 €), para responder do subministro de servidores con destino a proceso de datos, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/02/2005 con número de operación 200500007632, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GEOCISA, GEOTECNIA Y CIMIENTOS, S.A. (NIF A- 28.208.874) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de catro mil douscentos vinte euros con cincuenta e catro céntimos (4.220,54 €), para responder do inventario de características físicas, xeométricas e de equipamento da rede de estradas de Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/10/2004 con número de operación 200400073072, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INTERNATIONAL BUSINESS MACHINES, S.A.E. (NIF A- 28.010.791) • A constituída en valores mediante aval de BANESTO, por importe de seiscentos sete euros con corenta e nove céntimos (607,49 €), para responder do servizo de mantemento durante o ano 2006 do ordenador AS/400 da Deputación Provincial de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/05/2006 con número de operación 200600047082, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BIOMERIEUX ESPAÑA, S.A. (NIF A- 28.664.589) • A constituída en valores mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de novecentos noventa e oito euros con vinte e catro céntimos (998,24 €), para responder do subministro de reactivos para laboratorio da Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/09/2004 con número de operación 200400065390, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO DE PINTURAS INDUSTRIALES, S.A. (NIF A- 28.423.853) • A constituída en valores mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil catrocentos corenta euros (2.440,00 €), para responder do subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/05/2002 con número de operación 200200041387, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (NIF A- 28.664.589) • A constituída en valores mediante aval de LA CAIXA, por importe de dez mil oitocentos oitenta euros (10.880,00 €), para responder do subministro e instalación de sinais e paneis de localización e fitos quilométricos, miriamétricos, de localización e indicadores de estrada, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/07/2005 con número de operación 200500069897, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ZAPATA CRIADO, XIANA (NIF 44.812.625- T) • A constituída en valores mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de dous mil setecentos sesenta euros (2.760,00 €), para responder do programa de promoción e difusión de actividades náuticas dentro do “Proxecto Nea Interreg III- B”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/02/2007 con número de operación 200700006752, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. (NIF B- 36.011.419) • A constituída en valores mediante aval de BCH, por importe de mil cento cincuenta e seis euros con corenta e oito céntimos (1.156,48 €), para responder do subministro de 2780 TM de árido 40/70, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/07/2002 con número de operación 200200057147, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.15389.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de realización de Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE MOAÑA 2/09/07 FESTA DA BICICLETA MEAÑO 2/09/07 FESTA DA BICICLETA PONTECESURES 8/09/07 FESTA DA BICICLETA MARÍN 16/09/07 FESTA DA BICICLETA O PORRIÑO 30/09/07 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 6.15390.- CONCESIÓN DE AXUDAS POR DANOS CAUSADOS POLAS RIADAS Resultando: Que mediante escrito de data 30 de novembro de 2006, o Presidente da Deputación Provincial, sensible ós danos e prexuízos que causaron as inundacións na provincia durante o pasado mes de outubro, propuxo un plan de axudas e cooperación cos Concellos para intentar recuperar a normalidade dos servizos o máis urxentemente posible. Resultando: Que dito plan aprobouse por acordo adoptado na Xunta de Goberno en sesión celebrada o 1 de decembro de 2006, e no mesmo acórdase que os propios concellos afectados procedan á contratación laboral de persoal, polo procedemento que estimen oportuno, financiando a Deputación o custe salarial total, incluída a cota empresarial á seguridade social, conforme ó Convenio Colectivo da Construción e a través do Plan de Emprego Provincial. Resultando: Que en devandito acordo determinouse, en función da dimensión do Concello e dos danos sufridos, o número de traballadores a contratar e o importe da axuda, calculada a razón de 1.600,00 € por cada traballador. Resultando: Que por acordo adoptado na Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2006, estableceuse como criterio xeral que os Concellos puidesen modificar o número de traballadores asignados, a categoría profesional e o tempo de duración dos contratos, sempre e cando non superasen a contía total outorgada. Resultando: Que tal e como se recolleu en devandito acordo, para que a Deputación faga efectiva esta axuda, os Concellos deberán remitir certificación do Secretario, na que conste o número de traballadores contratados para tal fin, o tempo de duración dos contratos e o importe do custe salarial total con indicación do convenio colectivo aplicable. Resultando: Que mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 21 de maio de 2007, o Concello de Baiona xustificou a contratación deste persoal a través dun contrato administrativo de servizos para a reposición de infraestruturas municipais polas inundacións de Sabarís e Baredo, amparándose para ese efecto no disposto no referido acordo da Xunta de Goberno celebrada o 1 de decembro de 2006, conforme ó cal “coa finalidade de ser máis operativo serán os propios Concellos afectados os que procedan á contratación deste persoal, polo procedemento que estimen oportuno”. Considerando: Que dado o espírito e finalidade deste acordo de colaboración, debería admitirse a documentación presentada polo Concello de Baiona para xustificar a axuda concedida polos danos ocasionados polas riadas, dadas as razóns esgrimidas polo Alcalde no seu escrito de data 31 de maio de 2007 e ó acreditar no expediente a realización do gasto polo importe da adxudicación do contrato de servizos e os custes salariais e de seguridade social do persoal da empresa contratista que interveu nestes traballos, cuxas fotocopias achega. Considerando: Que como este Concello incumpriu os requisitos establecidos nos acordos de concesión de axudas, á vista do disposto no informe de Intervención de data 20 de xuño de 2007, procede o recoñecemento extraxudicial do crédito previsto para este Concello ó amparo do establecido no artigo 60 do Real Decreto 500/1990 de 20 de abril polo que se desenvolve o capítulo 1 da Lei Reguladora de Facendas Locais e Base 17 de execución de orzamento provincial, pois aínda que o procedemento de contratación de persoal non se axusta ó establecido nos citados acordos, o fin último da axuda (a recuperación dos danos ocasionados) foi realizado satisfactoriamente. En virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de abono a favor do Concello de Baiona a cantidade de 38.400,00 € para facer fronte ós danos e prexuízos causados polas inundacións do mes de outubro, con cargo á partida 911.911.462.11 do orzamento provincial. ------ Folla: 7.15391.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO INFORMATIVO “AUTOVÍA LUGO-SANTIAGO (A-54), TRAMO: ARZÚA-PALAS DE REI, PROVINCIA DE A CORUÑA E LUGO”, REMITIDO POLA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA DO MINISTERIO DE FOMENTO Retírase da orde do día. ------ Folla: 8.15392.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN DE SECTORIZACIÓN DE O VIEIRO, DO CONCELLO DE A CAÑIZA Dada conta da comunicación do Tenente Alcalde do Concello de A Cañiza, de data 31 de xullo de 2007 (rexistro de entrada núm. 27452, de data 02/08/07), pola que se remite copia do expediente sobre Plan de Sectorización de O Vieiro, do Concello de A Cañiza, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 3 de setembro de 2007, no que manifesta, entre outros: “...si bien el desarrollo de este Plan afecta a los frentes de las carreteras provinciales 5005 (Cañiza-Crecente) y 5006 (Enlace Cañiza-Arbo con la carretera Cañiza-Crecente), los puntos de conexión con el viario interior se han ceñido a dos, y estas conexiones no se hacen en puntos con una adecuada visibilidad y contemplan unos abanicos que van a facilitar las maniobras de entrada y salida de los vehículos. Por todo ello, por parte de este Servicio se emite informe favorable.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de A Cañiza. ------ Folla: 9.15393.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15394.- CONTRATACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “REMATE DO PAVILLÓN MUNICIPAL EN BEIRO (VALGA)” Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 23 de setembro de 2005, polo que se adxudicou a OBRAS E CONSTRUCIÓNS SISAN, S.L. a obra de “Remate de Pavillón Municipal de Beiro (Valga)” na suma de 159.013,38 €. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de xuño de 2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de “Remate de Pavillón e ximnasio en Beiro (Valga)” por importe de 37.299,43 € con cargo á partida 07/911.911-662.00, que foi redactado polo Director Facultativo da obra como consecuencia de que, realizados parte dos traballos do proxecto inicial, obsérvase a necesidade de realizar diversos cambios e aumentos de partidas que afectan á impermeabilización do forxado, ó capítulo de equipamento deportivo, execución de escaleiras metálicas para acceso á bancada na zona de autoridades, así como a marcaxe das distintas pistas deportivas e a realización dun acceso pola fachada sur. Visto o escrito da adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade tanto ós prezos como ás medicións do modificado. Efectuadas as correccións formuladas no informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, e á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de xuño de 2007, no sentido de que a denominación do proxecto modificado é “Modificado de remate de Pavillón Municipal de Beiro (Valga)” por importe de 37.299,43 €, con cargo á partida 07/911.911-662.00. 2.- Adxudicar a Obras y Construcciones Sisán, S.L. a obra comprendida no proxecto “Modificado de remate de Pavillón Municipal de Beiro (Valga)” na suma de 37.299,43 €, de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15395.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE “MELLORA DE RODADURA E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P. ACCESO A CEÁN (NIGRÁN)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23/09/2005, polo que se adxudicou a Construcciones, Obras y Viales, S.A. a obra de “Mellora de rodaxe e dotación de servizos en E.P. acceso a Ceán (Nigrán)” na suma de 955.432,00 €. E, visto o proxecto modificado da devandita obra, ó que prestou conformidade a empresa adxudicataria, e que foi redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que, efectuada a comprobación do replanteo, constátase a necesidade de enterrar as liñas aéreas existentes ó longo da estrada que impiden o seu ensanche para o que se colocarán, seguindo indicacións das empresas concesionarias, Unión Fenosa e Telefónica, dúas canalizacións, substituíndo ademais, a petición do Concello de Nigrán, a canalización de abastecemento existente, e, doutra banda, co obxecto de conseguir a cesión voluntaria dos terreos por parte dos propietarios, faise necesaria a reconstrución dos peches e muros existentes supoñendo unha variación nos materiais proxectados, ascendendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 955.432,00 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado de Mellora de rodaxe e dotación de servizos en E.P. acceso a Ceán (Nigrán)” cun orzamento, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 955.432,00 €, toda vez que non se varía o importe do contrato primitivo, e mantendo a adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcciones, Obras y Viales, S.A. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15396.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE A LAGOA A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia, instalando para iso campos de herba artificial en diversos concellos, o que procurará un mellor servizo ós cidadáns xa que esta superficie permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custo de mantemento. A institución provincial e o concello de Mondariz asinaron un protocolo de colaboración, con data 24 de maio de 2007, para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial, o cal se pretende formalizar a través dun convenio de colaboración que constitúe o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mondariz para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Lagoa. Así mesmo, facúltase ó Sr. Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue. “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DA LAGOA No Concello de Mondariz, a __________ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Don Julio Alén Montes, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol da Lagoa, no concello de Mondariz. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. • Bancadas (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros, incluíndo o 25% achegado polo concello, que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo á partida 07/123.452.662.08 do orzamento provincial. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.-O Concello de Mondariz comprométese as seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25% do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros, de conformidade coas cantidades e anualidades que establecen de seguido: Anualidade 2007 2008 2009 Cantidade 30.000 € 31.000 € 31.000 € Investimento total 92.000 € A cantidade do ano 2007 deberá ingresarse antes do comezo das obras, en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, formalizándose mediante unha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006 de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Mondariz, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Julio Alén Montes” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15397.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 10 de setembro de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran coa referencia 200700000870 e que contén once facturas, sendo a primeira de “T-SISTEMS ITC IBERIA S.A.U.” por importe de 3.480,00 € e a derradeira de “COVER, Concesionario Peugeot” por importe de 3.962,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 24.865,34 € Descontos IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 24.865,34 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15398.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº38.15292 DA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, SOBRE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN PARA ACONDICIONAMENTO DE VIVENDA, A FAVOR DE Dª MANUELA TORRES FONTENLA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial do 18 de xullo de 2007, unha subvención para acondicionamento de vivenda, por importe de 4.090,77 euros a favor de Dona Mª Manuela Torres Fontenla, veciña do Concello de Campo Lameiro, e padecido erro no devandito acordo da Xunta de Goberno en canto á descrición do obxecto da subvención; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a corrección do citado erro no senso de que onde dicía: “Acondicionamento exterior”, debe dicir: “Acondicionamento interior e equipamento”. ------ Folla: 15.15399.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición