ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/01/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-01-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/01/09_Ordinaria

  • Data(s) 2008-01-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día nove de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15768.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de xaneiro de 2008. ------ Folla: 2.15769.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR, POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07, PARA CURSO DE REPOSTERÍA Aprobada pola Xunta de Goberno do 20/04/07 unha subvención por importe de 800,00 €, a favor da Asociación de Mulleres de Moaña para Curso de Repostería de 85 horas de duración, e comunicada o 21/12/07 pola citada Asociación a súa vontade de renunciar á subvención concedida, ante a imposibilidade de facer o curso por causas alleas a Asociación, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de Mulleres de Moaña, a subvención, que polo importe de 800,00 € aprobou no seu favor a Xunta de Goberno do 20/04/07, para Curso de Repostería. ------ Folla: 3.15770.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “AS ACEÑAS” DE BAIÓN DE VILANOVA DE AROUSA, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR, POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07, PARA CURSO DE COCIÑA Aprobada pola Xunta de Goberno do 20/04/07 unha subvención de 1.400,00 €, a favor da Asociación de Mulleres Rurais “As Aceñas” de Baión (Vilanova de Arousa) para Curso de Cociña de 123 horas de duración e comunicada o 21/12/07 pola citada Asociación a súa renuncia a tal subvención, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de Mulleres Rurais “As Aceñas” de Baión (Vilanova de Arousa) a subvención de 1.400,00 € aprobada no seu favor, pola Xunta de Goberno do 20/04/07, para “Curso de Cociña”. ------ Folla: 4.15771.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSOS LOTES DECLARADOS DESERTOS NO CONCURSO CORRESPONDENTE Ó “ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE” E “SUBMINISTRO DE MATERIAIS”, DO ANO 2008 Por acordo da Xunta de Goberno do día 14 de novembro de 2007, aprobouse o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, con destino a traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2008, cuxo anuncio do concurso foi publicado no B.O.P. número, 227, de data 23 de novembro de 2007 e no Diario Oficial de Galicia número 229 de data 27 de novembro de 2007 Resultando que ó efectuarse unha tramitación anticipada do expediente de contratación, no citado acordo da Xunta de Goberno especificábase que a adxudicación dos diversos lotes que formaban parte do concurso quedaba condicionada á existencia de crédito e á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2008, para os efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69 apartados 3 e 4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Resultando que o Presuposto Provincial para o exercicio de 2008 quedou definitivamente aprobado por acordo adoptado polo Pleno na sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2007 e tal como consta nun informe de Intervención de data 2 de xaneiro de 2008 existe crédito suficiente nas partidas 08/511.511.210.00; 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.02, que se atopan vinculadas entre si, para facer fronte ás obrigas derivadas dos contratos de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais obxecto do concurso. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de xaneiro de 2008 acordou a adxudicación dos diversos lotes do concurso declarando desertos os seguintes lotes: O lote número 37correspondente ó aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm., debido a que as empresas que presentaron proposicións económicas ó mesmo, José Rubén Rozados e Hijos, S.L., Áridos de Curro, S.L. (ARICUR) e Transportes Ramón Abal Abal, xa resultaron adxudicatarias doutros lotes e non dispoñen de máis vehículos destas características. - O lote número 48 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, por non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 49 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, por non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 50 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 51 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 52 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 53 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. - O lote número 54 correspondente ó subministro de 100 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. Resultando que as cotizacións dos crudos, que é a materia curmá básica para a fabricación de emulsiones asfálticas, incrementáronse considerablemente a finais do ano 2007, e que o Sr. Xefe do Parque de Maquinaria mediante escrito de data 3 de xaneiro de 2008 solicita que se proceda efectuar os trámites necesarios para contratar, coa maior urxencia posible, os lotes declarados desertos pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 2 de xaneiro de 2008. Resultando que para poder licitar de novo os lotes desertos correspondentes ás emulsiones asfálticas axeitouse, por parte do Sr. Xefe do Parque de Maquinaria, os prezos unitarios ós prezos actuais do mercado rebaixando as cantidades a subministrar, o que motiva que o importe global dos lotes non sufra incremento sobre o importe que figura nos do concurso. Vistos os informes do Sr. Secretario e de fiscalización, que figura no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente para contratación dos lotes declarados desertos pola Xunta de Goberno na sesión do 2 de xaneiro de 2008 correspondentes ó concurso de “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais” do exercicio de 2008, por un tipo máximo de licitación de 401.149,96 euros, de acordo ó seguinte detalle: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº 37 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 33,00 €/h 23.100,00 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE Nº 48 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 49 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 50 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 51 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 52 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 53 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 54 79 Tm. de emulsión ECM-1 a 348,10 €/Tm 27.499,90 € (especial) 2. Os pregos de cláusulas económicas e técnicas que rexerán a contratación dos lotes desertos serán os aprobados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 14 de novembro de 2007, coas modificacións nas cláusulas I e V do mesmo referidas ó obxecto do contrato e prezos que figuran no apartado anterior. 3. Autorizar o gasto por un importe máximo de licitación de 401.149,96 euros, con cargo á vinculación xurídica das partidas 08/511.511.210.00; 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.00. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos citados lotes desertos do concurso correspondente ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais durante o exercicio de 2008, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Para esta contratación utilizaranse os pregos que rexeron no concurso correspondente ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, con destino a traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2008, aprobados pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 14 de novembro de 2007, coas seguintes modificacións nas cláusulas I e V do mesmo. I.-OBXECTO DO CONTRATO. É obxecto do contrato a contratación dos lotes que quedaron desertos no concurso correspondente ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, para traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras, durante o ano de 2008, de conformidade coas prescricións técnicas contidas no Anexo I. O obxecto deste contrato estrutúrase nos seguintes lotes: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº37 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE Nº 48 156 Tm. de emulsión ECM-1 LOTE Nº 49 156 Tm. de emulsión ECM-1 LOTE Nº 50 156 Tm. de emulsión ECM-1 LOTE Nº 51 202 Tm. de emulsión ECR-2 LOTE Nº 52 202 Tm. de emulsión ECR-2 LOTE Nº 53 202 Tm. de emulsión ECR-2 LOTE Nº 54 79 Tm. de emulsión ECM-1 (Especial) Os lotes poderán ser ampliados sempre que exista consignación no Presuposto do exercicio de 2008 e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación por concurso. Así mesmo poderase traspasar dun lote a outro, ou no mesmo lote, subministros de material ou do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte das mesmas características, sempre que non supoña incremento algún do custo total e coa previa autorización do Órgano de Contratación. V.- BASE OU TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato que servirá de base de licitación dos lotes declarados desertos no concurso convocado para o ano 2008 ascende á cantidade máxima global de 401.149,96 euros, de acordo co detalle e presuposto máximo para cada un dos lotes que a continuación se especifican: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº37 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 33,00 €/h 23.100,00 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE Nº 48 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 49 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 50 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº 51 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 52 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 53 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº 54 79 Tm. de emulsión ECM-1 a 348,10 €/Tm 27.499,90 € (Especial) ------ Folla: 5.15772.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TELEVISIÓN DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS, S.L. (NIF B- 36.223.600) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil seiscentos dezanove euros con vinte céntimos (3.619,20 €), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/01/2007 con número de operación 200700002897, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TELEVISIÓN DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS, S.L. (NIF B- 36.223.600) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil setecentos oitenta e catro euros (2.784,00 €), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/08/2005 con número de operación 200500076636, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. (NIF B- 15.614.696) • A constituída en metálico, por importe de mil cincocentos dezanove euros con oitenta céntimos (1.519,80 €), para responder do contrato dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación da segunda parte do plan agrupado 2007, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/10/2007 con número de operación 200700080538, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (NIF B- 36.477.677) • A constituída en metálico, por importe de cincocentos oitenta euros (580,00 €), para responder do contrato da asistencia técnica para a organización, xestión e execución do plan agrupado de formación 2007 correspondente os cursos de Deputación, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700047328, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (NIF B- 36.477.677) • A constituída en metálico, por importe de catro mil trescentos trinta e sete euros con sesenta céntimos (4.337,60 €), para responder do contrato da asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en Tí”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/04/2007 con número de operación 200700030405, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (NIF B- 36.137.099) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de catro mil oitocentos noventa e nove euros con oitenta e catro céntimos (4.899,84 €), para responder do contrato de subministro de dúas cargadoras- retroescavadoras 4x4, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/10/2005 con número de operación 200500094533, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (NIF B- 36.137.099) • A constituída en metálico, por importe de catro mil oitocentos sete euros con catro céntimos (4.807,04 €), para responder do contrato de subministro de dous rolos compactadores- vibradores, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/10/2005 con número de operación 200500094522, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.15773.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15774.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOS PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN “PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MOS”, INCLUÍDA NO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2006 Vista a solicitude de prórroga do Concello de Mos, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da actuación incluída no Programa Planeamento Urbanístico Xeral 2006, subvencionada con 30.000,00 €, denominada “Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mos”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 20 de xuño de 2008. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15775.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” Visto o escrito da Xefe do Servizo de Acción Social participando que a Deputación dentro das súas actividades sociais esta levando a cabo un programa denominado “Pensa en Ti”que ten a finalidade de concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento e promocionar o traballo creativo, mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo se estima en 270.000,00 euros, IVE incluído Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en Ti”, en función dun tipo de licitación de corenta euros (40,00 €) por hora de curso, IVE incluído, contando cun presuposto máximo de douscentos setenta mil euros (270.000,00 €), e en función da seguinte división por lotes: • Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro. • Zona 3, correspondente a Tabeirós e Deza. • Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. • Zona 5, correspondente á zona do Salnés. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto con cargo á partida 08/313.313.227.09 correspondente ó Presuposto Provincial do ano 2008. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a Asociacións de mulleres da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti”. Este Programa de carácter social ten como finalidade concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento, así como promocionar o traballo creativo e novos campos de interese. O contrato comprende a impartición de cursos englobados nas seguintes áreas: • Arte, manualidades e bricolaxe. • Cultura tradicional. • Desenvolvemento persoal e saúde. • Igualdade de oportunidades. • Área de xestión A cada asociación concederáselle un só curso, cunha duración de 30 horas sendo impartidos un ou dous días á semana. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa de cada curso e o material didáctico (fotocopias). Así mesmo deberá achegar os aparellos necesarios para a realización dos cursos (como ordenadores nos cursos de informática, padiolas nos cursos de masaxe, etc), así como esteiras no caso de cursos de ximnasia, aerobic, taichi, etc . Este material deberá ser levado pola empresa ó local onde a asociación vaia realizar o curso. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco zonas de actuación: • Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Zona 3, correspondente a Tabeirós e Deza. • Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. • Zona 5, correspondente á zona do Salnés. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que se reciban das Asociacións, sempre que non se supere a cantidade máxima fixada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas en que este interesado en participar. A cada asociación concédeselle un só curso, estimándose que o número de asociacións participantes se eleve a 225 asociacións. 2.- FINANCIAMENTO.- Financiarase con cargo á partida 08/313.313.227.09 do presuposto provincial para o ano 2008, quedando condicionado á aprobación do mesmo. 3.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.-O programa de actividades “Pensa en ti” levarase a cabo durante o ano 2008 en diferentes puntos da provincia de Pontevedra. 4.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes ás actividades da zona adxudicada, unha vez finalizadas as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo por curso é de 1.200,00 €, en función dun prezo máximo por hora de 40,00 €, IVE incluído. 6.-ORZAMENTO.-O presuposto deste programa fíxase na cantidade máxima de 270.000,00 euros. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante o prazo de 15 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia . Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que deberá axustarse ó modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2.- Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.- Descrición da capacidade dos monitores encargados da impartición das actividades. Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. No caso de presentarse a máis dunha zona, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada zona á que se licite. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal diante da Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada diante da Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o promedio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación.. - A Xefe do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2. Monitores destinados á impartición das actividades (Currículo que máis se adecúe ás actividades, número. ect.) , ata 3 puntos. 3. Outras melloras, ata 2 puntos. 4. Menor prezo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 €. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.-XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................, maior de idade, veciño de................, con domicilio en ......................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ........................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo máximo: • Prezo por hora de acción formativa ________(prezo de licitación 40 €/hora), sendo o prezo total por curso de__________(prezo de licitación 1.200 € por curso.) • As melloras que se ofertan son as seguintes: (enumerar e valorar) (Data e sinatura do propoñente” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15776.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACION MEDIANTE CONCURSO PROCEDEMENTO ABERTO DA CONTRATACIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2008” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, dentro das súas actividades sociais, está levando a cabo un programa denominado “TI TAMÉN CONTAS”, que ten a finalidade de promover, fomentar e mellorar a situación das persoas maiores da provincia de Pontevedra, mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo se estima en 100.000,00 €. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: APROBAR O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, A ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS”, en función dun tipo de licitación de CORENTA E DOUS EUROS (42,00 €) por hora de curso, IVE incluído, contando cun presuposto máximo de CEN MIL EUROS (100.000,00 €), e en función da seguinte división por lotes: • Zona 1, correspondente ás comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. • Zona 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto con cargo á partida 08/313.313.227.09 correspondente o Presuposto Provincial do ano 2008. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou non Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁN O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” 1. - OBXECTO. - A organización e impartición de diversas actividades de formación dirixidos a asociacións de persoas maiores dentro do programa social “Ti Tamén contas”, que ten como finalidade promover, fomentar e mellorar a situación das persoas maiores da provincia de Pontevedra. Estas actividades teñen como obxectivos específicos potenciar a autonomía das persoas maiores, mellorando a capacidade física e psíquica, previr situacións de illamento, soidade ou escasa socialización deste colectivo. O contrato comprende a impartición dos cursos desagregados no prego de prescricións técnicas e que se engloban nas seguintes áreas: • Desenvolvemento persoal e saúde. • Arte e manualidades. • Cultura e cultura tradicional. • Informática. • Informativa. • Discapacidade. A cada Asociación concederáselle un só curso, cunha duración máxima de 30 horas sendo impartidos un día á semana durante 2 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa do curso e o material didáctico (fotocopias), así como ordenadores nos cursos de informática, cociña nos cursos de elaboración de licores e conservas e padiolas para os cursos de masaxes. Estes materiais deberán ser levados pola empresa adxudicataria ó local onde se vaian a impartir os cursos. Debido á grande cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en dúas grandes zonas de actuación: • Zona 1, correspondente ás Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. • Zona 2, correspondente ás Comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que efectúen as asociacións, e sempre que non se supere a cantidade máxima sinalada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas nas que estean interesadas en participar. A cada asociación concederáselle un só curso, estimándose en 79 o número máximo de asociacións participantes. 2. -FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 08/313.313.227.09 do Presuposto Provincial do ano 2008, quedando condicionado á súa aprobación. 3.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- O programa de actividades “Ti tamén contas” levarase a cabo durante o ano 2008 en diferentes puntos da provincia de Pontevedra. 4.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes ás actividades da zona adxudicada, unha vez finalizada as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN. - O prezo unitario por curso fíxase na cantidade máxima de MIL DOUSCENTOS SESENTA EUROS (1.260,00 €), en función dun prezo máximo por hora de 42,00 €, IVE incluído. 6.- ORZAMENTO.- O presuposto deste programa fíxase na cantidade máxima de 100.000,00 euros, IVE incluído. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que considera o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización de elas en escrituras públicas, ata que se teña formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas non art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.– 9. 1 º. -Lugar e Prazo de Presentación. - As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante 15 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38. 4 º da Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar o órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (ó número 986 80 41 26) ou telegrama non mesmo día. 9. 2 º. -Formalidades. - As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dous cales farase constar o contido, na forma que se indicase, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL“TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que deberá axustarse o modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.-Descrición da capacidade dos monitores encargados da Impartición das actividades. Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. No caso de presentarse a máis dunha zona, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada zona á que se licite. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha de elas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha de elas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada diante da Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en algunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79. 2 º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique a media anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.– Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación.. -O Xefe do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado destas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12. - CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. – Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2. Monitores destinados á impartición das actividades, ata 3 puntos. 3. Outras melloras, ata 2 puntos. 4. Menor prezo, ata 1 punto. 13. - ADXUDICACIÓN. – O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos dános que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 18. -RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19. -XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don....................., maior de idade, veciño de................, con domicilio en .................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ......................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: • Prezo por hora de acción formativa______(prezo de licitación 42 €/hora). • As melloras que se ofertan son as seguintes: (enumerar) (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15777.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DO SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA CORPORATIVA PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Visto o escrito do responsable de Tecnoloxías da información e das Comunicacións participando a necesidade de cambiar a infraestrutura, hardware e software da Deputación por atoparse obsoleto ante as necesidades actuais. Así mesmo, sinala que urxe a contratación da devandita infraestrutura, xa que o servidor dippo001, que soporta a carga de practicamente de todas as aplicacións básicas de funcionamento da Deputación, esta comezando a dar problemas de funcionamento, con apagados inesperados e reinicios constantes. Polo Sr. Secretario Accidental emítese informe favorable sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e por Intervención emítense documentos RC e o informe de fiscalización do expediente. Considerando as bases para execución do presuposto do ano 2008, e o artigo 71 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto do subministro, instalación e posta en marcha dunha infraestrutura informática corporativa para a Deputación de Pontevedra cun presuposto de cento corenta mil cincocentos euros (140.500,00 €), IVE incluído. Declárase o trámite de urxencia do expediente por existir unha necesidade inaprazable como é o de substituír o servidor dippo001, que soporta a carga de practicamente de todas as aplicacións básicas de funcionamento da Deputación, e que ten problemas no seu funcionamento. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto da cantidade de 140.500,00 euros que ira con cargo ás partidas que se indican a seguir en relación coas seguintes cantidades: PARTIDA IMPORTE 08/132.121.626.01.2006 5.387,22 € (3,83 %) 08/132.121.640.00.2006 9.760,02 € (6,95 %) 08/132.121.626.01.2007 94.850,60 € (67,51%) 08/132.121.640.00.2007 30.502,16 € (21,71%) -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE TRÁMITE DE URXENCIA POR PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA CORPORATIVA PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- O subministro do equipamento, tanto hardware como software, necesario para mellorar a plataforma de servizos existente actualmente e crear varios entornos informáticos de traballo virtualizados: desenvolvemento, probas, produción, etc. na Deputación de Pontevedra. O contrato tamén comprende a instalación e posta en marcha dos elementos solicitados, así como os servizos complementarios necesarios que permitan obter unha solución tecnolóxica satisfactoria. A ampliación e as definicións das características obxecto deste contrato desenvólvense no prego de prescricións técnicas que se une como anexo a este prego. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo ás seguintes partidas do vixente presuposto provincial e en relación coas seguintes cantidades: PARTIDA IMPORTE 08/132.121.626.01.2006 5.387,22 € (3,83 %) 08/132.121.640.00.2006 9.760,02 € (6,95 %) 08/132.121.626.01.2007 94.850,60 € (67,51%) 08/132.121.640.00.2007 30.502,16 € (21,71%) 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e instalado e prestada a conformidade polo responsable do Servizo de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións desta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA E INSTALACIÓN.- O prazo será de TRINTA E CINCO DÍAS contados a partir do día seguinte á data de formalización do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cento corenta mil cincocentos euros (140.500,00 €), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación de Pontevedra. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 8 días naturais seguintes á última publicación do anuncio no boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA CORPORATIVA PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1.-Proposición Económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2.Descrición da solución proposta. 2.1 Planteamento xeral: Realizarase unha descrición detallada da solución técnica proposta, presentando a arquitectura Hardware e Software que permita acadar os obxectivos do proxecto. Utilizaranse, na medida do posible, deseños gráficos para presentar este apartado. 2.2 Cumprimento dos requisitos técnicos e funcionais: Procederase a detallar o cumprimento dos requirimentos para cada un dos servizos solicitados. 2.3. Servizos profesionais: Procederase a detallar o cumprimento dos requirimentos para cada un dos servizos solicitados. 2.4. Formación: Axeitarase o contido de acordo ós requirimentos indicados no capítulo correspondente do prego de prescricións técnicas. 2.5. Documentación: Axeitarase ó contido de acordo ós requirimentos indicados no capítulo correspondente do prego de prescricións técnicas. 2.6. Garantía: Axeitarase ó contido de acordo ós requirimentos indicados no capítulo correspondente do prego de prescricións técnicas. 2.7. Soporte e Mantemento: Axeitarase ó contido de acordo ós requirimentos indicados no capítulo correspondente do prego de prescricións técnicas. 2.8. Prazo de entrega e instalación: Axeitarase ó contido de acordo ós requirimentos indicados no capítulo correspondente do prego de prescricións técnicas. 2.9. Melloras técnicas propostas: Procederase a detallar as melloras propostas xunto coa súa valoración (tendo en conta os requirimentos indicados no Capítulo correspondente deste prego). Ademais farase unha descrición detallada de cada unha delas na que se indique que vantaxes achega á proposta básica. 3.Planificación do proxecto: 3.1Cronograma de tarefas: Indicaranse as fases do proxecto, as súas actividades e o cronograma de traballos. O licitador presentará un plano de traballo detallado no que incluirá o calendario de realización do proxecto, traballos a efectuar e a súa planificación. 3.2 Perfís propostos para os equipos de traballo: Indicaranse os medios técnicos postos a disposición do proxecto. 3.3. Procedementos de control e seguimento: 1. Descrición dos procedementos a seguir para o control do proxecto, a fin de detectar posibles desviacións e tomar accións correctivas axeitadas. 2. Memoria de calidades sobre os produtos a subministrar. 3. Proposta de distribución dos produtos (formas e centros de distribución). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se fíxose de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA CORPORATIVA PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario ou persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal diante da Administración. 2.- Declaración responsable do licitador pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Responsable do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Valoración técnica da oferta presentada, ata un máximo de 70 puntos, en función dos seguintes conceptos: a. Deseño proposto, ata 5 puntos. b. Capacidade de re

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición