ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/02/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-02-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/02/13_Ordinaria

  • Data(s) 2008-02-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día trece de febreiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15860.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de febreiro de 2008. ------ Folla: 2.15861.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 18/07/2007, EN FAVOR DE DONA SONIA GONZÁLEZ PÉREZ, VECIÑA DO CONCELLO DE SANXENXO Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión do 18/07/2007, unha subvención para arranxo de vivenda; polo importe de 2.553,07 €, en favor de Dona Sonia González Pérez, veciña do concello de Sanxenxo; e solicitada o 5/02/2008 pola devandita beneficiaria da subvención, unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no tempo previsto, debido á envergadura das mesmas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, que polo importe de 2.553,07 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/2007, en favor de Dona Sonia González Pérez, veciña do concello de Sanxenxo. ------ Folla: 3.15862.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CLUB DE REMO VILA DE CANGAS DO CONCELLO DE CANGAS, RESPECTO ÁS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS PARA A “COMPRA DE TRAIÑEIRAS E REMOS” APROBADAS O SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 01/06/07 Aprobada pola Xunta de Goberno de 01/06/2007 as subvencións a favor do Club de Remo Vila de Cangas do concello de Cangas para a “Compra de traineras e remos” por un importe de 922,00 € e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/01/08 do citado club, renunciando á subvención concedida dado que non poden acreditar o gasto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: 4.15863.- APROBACIÓN DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO “AQUELANDO 2” DENTRO DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA OPERATIVO “ADAPTABILIDADE E EMPREGO” DO FONDO SOCIAL EUROPEO PARA O PERÍODO 2007-2013 Dada conta da Resolución de 7 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Estado de Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2007 para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013. Visto o informe-proposta de 29 de xaneiro de 2008 do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007-2013, a través do Ministerio de Administracións Públicas. Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 36 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre maio de 2008 e maio de 2011. Visto que os cofinanciamentos correspondentes ó dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO SOCIAL FONDOS PROPIOS EUROPEO (80%) DEPUTACIÓN (20%) DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2.637.167,70 € 2.109.734,16 € 527.433,54 € Visto o informe xurídico favorable da Secretaría Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: A aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007-2013, a través do Ministerio de Administracións Públicas. A aprobación do Proxecto Aquelando 2 para a súa presentación dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007 – 2013, a través do Ministerio de Administracións Públicas. No caso da concesión do dito proxecto, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a consignar no seu presuposto: 527.433,54 €, creando as partidas necesarias para a súa execución de acordo coas contías e a programación reflectidas no mesmo, así como cumprir con todos os procedementos legais en materia de competencia, axudas públicas, protección do medio ambiente, igualdade de oportunidades e os relativos á información e publicidade das axudas financeiras da Unión Europea. ------ Folla: 5.15864.- APROBACIÓN DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO “ARELAR EMPLEO” DENTRO DA CONVOCATORIA DA SECRETARÍA DE ESTADO DE COOPERACIÓN TERRITORIAL PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DO FONDO SOCIAL EUROPEO Á vista da resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2007 para a concesión de axudas do Fondo Social Europeo(FSE) durante o período de intervención 2007-2013, do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” 2007, cabe realizar as seguintes consideracións previas: • O Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión regula as distintas formas de intervención dos mencionados Fondos, recollendo a figura do Organismo Intermedio como todo organismo de carácter público ou privado que actúe baixo a responsabilidade dunha autoridade de xestión ou de certificación ou que desempeñe competencias en nome de tal autoridade en relación cos beneficiarios que executen as operacións. • O Ministerio das Administracións Públicas é quen xestiona en España o Programa de Cooperación económica coas Administracións locais co obxectivo de contribuír á creación de emprego, ó desenvolvemento económico e á cohesión económica e social do ámbito local. Esta intervención articúlase a través desta convocatoria de axudas. • As axudas do FSE xestionadas polo MAP teñen como finalidade principal, o fomento de iniciativas que desenvolvan actividades que garantan un mellor equilibrio territorial, a cohesión e o diálogo social. As accións cofinanciadas dirixiranse: a) A ofrecer ós demandantes de emprego, a través de itinerarios de inserción, unha oportunidade de práctica laboral acompañada de formación axeitada para a prestación de servizos de atención a persoas con especiais necesidades. En canto ó financiamento, o FSE participará co 80% do custo total dos proxectos nas rexións do Obxectivo Converxencia, do que neste período 2006-13, Galicia forma parte. CONCLUSIÓNS Dentro deste escenario preséntase o proxecto “Arelar Emprego” que está enmarcado dentro dunha atención globalizada fomentando a formación, capacitación e desenvolvemento persoal-profesional de persoas con especiais dificultades no acceso ó emprego. A formación que se vai a ofertar dentro do programa de capacitación profesional para a inserción laboral das persoas desempregadas beneficiarias do programa, ten un carácter integral. Esta formulación baséase na atención personalizada de acordo ás necesidades do perfil profesional-persoal de cada participante, tendo presente o obxectivo da súa inserción laboral. Os itinerarios personalizados deseñados a continuación van responder ós distintos perfís ocupacionais que se atenderán. As accións a desenvolver consideran a posta en marcha de diferentes ámbitos de intervención sociolaboral que terán que estar perfectamente coordinados: 1. Recepción dos/as beneficiarios/as e acompañamento no itinerario. Que terá como obxectivo determinar as necesidades socio-profesionais para a elaboración do itinerario personalizado e a orientación laboral. 2. Formación ocupacional para favorecer a capacitación profesional nas distintas ramas formativas que inclúe o programa. a) Preformación e competencias persoais b) Formación ocupacional - Carpintaría de madeira - Enerxías renovables. Enerxía solar térmica - Electricidade de edificios - Taller de reciclaxe c) Formación complementaria - Formación en análise de mercado - Formación en busca de emprego d) Formación transversal - Fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres - Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social - Fomento das novas tecnoloxías da información e comunicación - Fomento do coidado e respecto ó medioambiente 3. Prácticas profesionais en entidades. Dotar de experiencia práctica a aqueles beneficiarios/ás que se estime. As prácticas a realizar conveniaranse con diferentes entidades da provincia coas que a Deputación asinou convenios nesta liña. 4. Intermediación e inserción laboral por conta allea. Fomentar a contratación laboral a través de contactos empresariais entre as persoas capacitadas do programa e as entidades do entorno. 5. Fomento de iniciativas empresariais. Potenciar a creación de emprego a través das iniciativas empresariais. 6. Clubs de emprego. Complementando as titorías individualizadas organizaranse sesións con intereses e problemas comúns, co fin de compartir experiencias e coñecementos relacionados coa busca de emprego, xerando sinerxías no grupo e facilitando que se manteña a súa motivación e esforzo durante un período de tempo máis prolongado. 7. Campaña de sensibilización. Crear unha ferramenta de difusión do proxecto entre a poboación demandante de emprego e un sistema de captación de usuarios e usuarias interesados en participar nas accións do servizo. Outro dos nosos obxectivos será tamén establecer contactos en empresas para a inserción de persoas capacitadas no proxecto. Xestión do proxecto: O proxecto executarase a través de dúas liñas de xestión. Por un lado a través da contratación dun equipo técnico e por outro, as accións de formación e de divulgación serán contratadas a empresas especializadas. O equipo técnico será o encargado do desenvolvemento do proxecto e supervisión e control das accións que sexan subcontratadas esas empresas. O equipo técnico básico responsable da implementación do proxecto “Arelar Emprego” é de 4 persoas, sen incluír as persoas monitoras-titoras, sobre as que se establece unha porcentaxe de representación de mulleres de polo menos un 75%. A estrutura de xestión establecerase sobre un sistema de traballo en equipo coordinado para realizar as accións no territorio provincial e baseándose nos obxectivos establecidos no deseño do programa. Para implementar o Programa a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretende a contratación dun equipo de traballo durante 36 meses formado por: 1. 1 Coordinador/a. 2. 1 Técnico/a de orientación laboral. 3. 1 Técnico/a insertor/a laboral. 4. 1 Auxiliar administrativo. Prazos e Presupostos Tempo de execución: 36 meses (2007-2010) Presuposto Global: 1.998.731,08 € Cofinanciamento Fondo Social Europeo(80%): 1.598.984,86 € Cofinanciamento Deputación (20%): 399.746,22 € Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Proxecto “Arelar Emprego”, para a súa presentación á Convocatoria 2007 para a concesión de axudas do Fondo Social Europeo(FSE) durante o período de intervención 2007-2013. ------ Folla: 6.15865.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO DO CONTECIOSO-ADMINISTRATIVO Nº2 DE PONTEVEDRA, POLO QUE SE TEN POR DESISTIDO A DON ALBERTO CHORÉN FALCÓN NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO 354/07, ORDENANDO O ARQUIVO DAS ACTUACIÓNS Dada conta que con data 2 de febreiro de 2008 tivo entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditado no procedemento ordinario 354/2007, promovido por D. Alberto Chorén Falcón contra expediente sancionador incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, polo que se ten por desistido ó recorrente, ordenando en consecuencia o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. ------ Folla: 7.15866.- DAR CONTA DE SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TSX DE GALICIA (SEC. 3ª), RECAÍDA EN RECURSO CONTENCIOSO Nº8684/2000, PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE POIO CONTRA LIQUIDACIÓN DE TAXAS POR INSERCIÓN DE ANUNCIOS NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA Dada conta que con data 21 de xaneiro de 2008 tivo entrada nesta Deputación Sentenza de data 20 de novembro de 2007, da Sección 3ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso núm. 8684/2000, promovido polo Concello de Poio, sobre liquidación de taxas por inserción de anuncios no Boletín Oficial da Provincia, pola que se desestima dito recurso, a Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 8.15867.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15868.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COVELO NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº143/190 DENOMINADA “CENTRO SOCIAL E DE ANIMACIÓN SOCIO COMUNITARIA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO (CERTIFICACIÓN Nº1/FINAL) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número un/final, do Concello de Covelo, á vista do informe de Intervención de data 7 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de seis mil novecentos corenta e un euros con sesenta céntimos (6.941,60 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45.2005, para a obra nº 143/190 denominada “Centro social e de animación sociocomunitaria”, incluída PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15869.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE GONDOMAR NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº229/297 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO CENTRO CULTURAL CHAIN”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO (CERTIFICACIÓN Nº1/FINAL) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número un/final, do Concello de Gondomar, á vista do informe de Intervención de data 7 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de oito mil novecentos euros con cincuenta e catro céntimos (8.900,54 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45.2005, para a obra nº 229/297 denominada “Acondicionamento planta baixa centro cultural Chaín”, incluída PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15870.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº56/580 DENOMINADA “REMATE DO ALBERGUE DE MOURISCADE”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO (CERTIFICACIÓN Nº1) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número un, do Concello de Lalín, á vista do informe de Intervención de data 7 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de vinte catro mil trescentos corenta e un euros con setenta e cinco céntimos (24.341,75 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911-762.45.2006, para a obra nº 56/580 denominada “Remate do Albergue de Mouriscade”, incluída PAM/06. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15871.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº56/580 DENOMINADA “REMATE DO ALBERGUE DE MOURISCADE”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO (CERTIFICACIÓN Nº2/FINAL) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número dous/final, do Concello de Lalín, á vista do informe de Intervención de data 7 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de quince mil catrocentos vinte e dous euros con trinta e cinco céntimos (15.422,35 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo de dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45.2006, para a obra nº 56/580 denominada “Remate do Albergue de Mouriscade”, incluída PAM/06. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15872.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS-2007 Dada conta do escrito formulado por D. José Manuel Cores Tourís, Alcalde do concello de Cambados, polo que solicita unha prórroga para a xustificación da axuda concedida para Dotación de Servizos Básicos a Praias no ano 2007. Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2007 acorda entre outros a concesión dunha axuda ó concello de Cambados por importe de 2.500,00 € para “Rexeneración do illote de San Sadurniño 6ª fase”. Visto o informe emitido pola Técnica da Sección de Medio Ambiente do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á concesión dunha prórroga para a xustificación de dita axuda ata o 30 de setembro de 2008. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15873.- CAMBIO DE APLICACIÓN DAS AXUDAS CONCEDIDAS Ó CONCELLO DE CANGAS POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23/03/2007 PARA “DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS: CANGAS I E CANGAS III” Dada conta do escrito formulado por Dona Clara Millán González, Alcaldesa do concello de Cangas, polo que solicita cambio de aplicación das axudas concedidas para dotación de servizos básicos a praias-2007, Cangas I (15.500,00 €) e Cangas III (20.000,00 €). Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2007 acorda entre outros a concesión de dúas axudas ó concello de Cangas: Cangas I por importe de 15.500,00 €, para “Sistema de enerxía solar para a praia de Rodeira” e Cangas III por importe de 20.000,00 € para “Acondicionamento de accesos ás praias de Armeles e Areabrava. Vistos os informes emitidos pola Intervención e pola Técnica da Sección de Medio Ambiente do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó cambio de aplicación das axudas económicas para: Cangas I “Balizamento das parias de Francon, Barra, San Xian-Pipim-Castiñeiras, Armeles e Areacova” por importe de 15.500,00 € e Cangas III “Balizamento das praias de Areabrava, Menduíña, Areamilla, ¨Rodeira, Nerga e Vilariño” por importe de 18.373,27 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15874.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade co escrito presentado con data 30 de xaneiro de 2008, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios solicita permiso e axuda económica para que o contratado laboral D. Joaquín Lede Martínez, Técnico do Proxecto “Aquelando”, poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, a unhas reunións técnicas dos proxectos NEA 2 a celebrar en Rennes (Francia) durante os días 7 e 8 de febreiro e “Animación turística en áreas naturais” a celebrar en París (Francia) durante os días 11 e 12 de febreiro, nas que se abordará a concreción dos repartos orzamentarios e de actividades dos devanditos proxectos para o período 2007-2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder a D. Joaquín Lede Martínez o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 2.793,38 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Saída día 06 antes 14:00 e regreso o día 12 antes das 22:00) Avión: 1.500,00 € Taxi: (Pontevedra-Aeroporto Vigo-Pontevedra) 120,00 € Taxi: (Aeroporto Rennes-Hotel-Aeroporto Rennes) 100,00 € Taxi: (Aeroporto París-Hotel-Aeroporto París) 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: ............ 1.820,00 € Dietas: (Saída día 06 antes 14:00 e regreso o día 12 antes das 22:00) (Coa consideración de Residencia Eventual) Día 06: (aloxamento+manutención) Francia (Grupo II) 188,12 € Día 07: 80% de dieta enteira Francia (Grupo II) 150,50 € Día 08: 80% de dieta enteira Francia (Grupo II) 150,50 € Día 09: 80% de dieta enteira Francia (Grupo II) 150,50 € Día 10: 80% de dieta enteira Francia (Grupo II 150,50 € Día 11: 80% de dieta enteira Francia (Grupo II) 150,50 € Día 12: (1/2 manutención) Francia (Grupo II) 32,76 € TOTAL DIETAS: ........... 973,38 € Ditas cantidades imputaránselle ás partidas 08/470.470.230.01 de dietas por importe de 973,38 € e á 08/470.470.231.01 de locomoción por importe de 1.820,00 € do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 16.15875.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TRANSGALAICA, S.L. (CIF B-15.312.838) • A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder da contratación para os servizos de asistencia técnico-educativa nos campamentos no Centro de Vacación da Lanzada (verán 2007), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/06/2007 con número de operación 200700053018, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal ou selo da empresa. D. JUAN A. PARDO OTERO (CIF 35.298.836-T) • A constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos tres euros con trinta e seis céntimos (1.503,36 €), para responder da organización da “Festa da Bicicleta e marchas populares ano 2007”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/03/2007 con número de operación 200700020926, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal ou selo da empresa. RENAULT TRACKS ESPAÑA, S.L. (CIF B-82.892.563) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil cincocentos cincuenta euros con corenta e nove céntimos (4.550,49 €), para responder da contratación do subministro dun vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 16 m3 para o concello de Cuntis, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/11/2004 con número de operación 200400084288, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal ou selo da empresa. ------ Folla: 17.15876.- ADXUDICACIÓN DE DIVERSOS LOTES DECLARADOS DESERTOS NO CONCURSO CORRESPONDENTE Ó ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE E SUBMINISTRO DE MATERIAIS ANO 2008 A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 9 de xaneiro de 2008, aprobou o expediente para a contratación dos lotes que quedaron desertos no concurso correspondente ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2008, e que son os seguintes: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº37 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 33,00 €/h 23.100,00 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE Nº48 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº49 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº50 156 Tm. de emulsión ECM-1 a 340,39 €/Tm 53.100,84 € LOTE Nº51 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº52 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº53 202 Tm. de emulsión ECR-2 a 315,59 €/Tm 63.749,18 € LOTE Nº54 79 Tm. de emulsión ECM-1 a 348,10 €/Tm 27.499,90 € (Especial) Resultando que na citada sesión a “Xunta de Goberno”, acordou iniciar o procedemento para a adxudicación dos lotes desertos, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións e que se publicou o correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, ambos no número 12 e de data 17 de xaneiro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións económicas tivo lugar o día 5 de febreiro de 2008, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das proposicións presentadas polas empresas PAFOTRANS, S.L.; PRODUTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA); CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA); REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A.; PROBISA, TECNOLOXÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. PRODUTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. e CORVISA, PRODUTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria. Resultando que o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria con data 12 de febreiro de 2008, emite informe sobre as distintas ofertas presentadas ós diversos lotes que quedaron desertos no concurso correspondente ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2008. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2008, para que se lle adxudique a diversas empresas os diferentes lotes que quedaron desertos no concurso correspondente ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2008. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar os diversos lotes que quedaron desertos no concurso correspondente ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2008, ós licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE. ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE ADXUDICATARIO NÚMERO HORAS PREZO HORA TOTAL EUROS 37 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por alquiler de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,79 €/h 22.953,00 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE ADXUDICATARIO CANTIDADE PREZO TOTAL EUROS 48 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (A-28072809) Subministro de emulsión ECM-1 156 301,64 €/Tm 47.055,84 € 49 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (A-28072809) Subministro de emulsión ECM-1 156 301,64 €/Tm 47.055,84 € 50 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Subministro de emulsión ECM-1 156 321,32 €/Tm 50.125,92 € 51 REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (A-28201523) Subministro de emulsión ECR-2 202 288,00 €/Tm 58.176,00 € 52 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (A-28.105.120) Subministro de emulsión ECR-2 202 286,00 €/Tm 57.772,00 € 53 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. (A-32226037) Subministro de emulsión ECR-2 202 267,30 €/Tm 53.994,60 € 54 REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (A-28201523) Subministro de emulsión ECM-1 especial 79 345,00 €/Tm 27.255,00 € O gasto para facer fronte a devanditas adxudicacións ascende á suma de 22.953,00 euros para o lote que quedase deserto no concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e 341.435,20 euros para os lotes de subministro de materiais, o que supón un importe global de 364.388,20 euros, e se imputará á vinculación xurídica das partidas 08/511.511.210.00, 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.02 do Presuposto Provincial correspondente ó exercicio de 2008. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ós adxudicatarios, dará lugar á resolución dos contratos. Os adxudicatarios deberán ingresar na Caixa desta Deputación, por cada un dos lotes, as cantidades de 21,58 euros e 59,68 euros, (total 81,26 euros) en concepto de gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 18.15877.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE BARREIRA DE SEGURIDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 8001 CARRACEDO-CATOIRA O Sr. Director de Infraestruturas mediante escritos de datas 4 e 12 de febreiro de 2008 solicita que contrate, mediante trámite de urxencia, o subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, cuxo custo cifra en 100.144,19 euros, IVE incluído. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 11/02/08, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 100.144,19 euros, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 12 de febreiro do ano actual. Resultando que o día 13 de febreiro de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o proxecto de prego de condicións administrativas, e que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, de acordo coas indicacións que figuran no citado informe do Sr. Secretario. Resultando que con data 13 de febreiro do ano actual, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade:: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, do subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, por importe total de cen mil cento corenta e catro euros con dezanove céntimos (100.144,19 €), IVE incluído. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 100.144,19 euros, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE BARREIRAS DE SEGURIDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 8001 CARRACEDO-CATOIRA. 1.- OBXECTO.- O subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, todo iso de conformidade co presuposto elaborado polos técnicos do Servizo de Vías e Obras de data 4 de febreiro de 2008 e que se une como anexo a este prego. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez recepcionadas e instaladas as barreiras. 4.-PRAZO PARA EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada 8001 Carracedo-Catoira, efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da sinatura do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de CEN MIL CENTO CORENTA E CATRO EUROS CON DEZANOVE CÉNTIMOS (100.144,19 €), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Terá que constituírse por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada no Caixa da Deputación Provincial de Pontevedra. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contado a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO CONCURSO, POR TRÁMITE DE URXENCIA, RELATIVO Ó SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE BARREIRAS DE SEGURIDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 8001 CARRACEDO-CATOIRA . Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se fíxose de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar. 3. Prazo de entrega. 4. Melloras ofertadas. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTACIÓN XERAL PARA PARTICIPAR NO CONCURSO, POR TRÁMITE DE URXENCIA, RELATIVO Ó SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE BARREIRAS DE SEGURIDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 8001 CARRACEDO-CATOIRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante da Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante da Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Calidade dos bens a subministrar, ata 4 puntos. 2) Melloras ofertadas, ata 3 puntos. 3) Prazo de entrega, ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro do mes seguinte ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Se orzan os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 17.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega do subministro. 18.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTO E INSTALACIÓN DE BARREIRAS DE SEGURIDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 8001 CARRACEDO-CATOIRA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle:  Polo prezo de ......................................euros (En letra e número).  Calidade dos bens a subministrar (Achegar documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar).  Melloras ofertadas (Relacionar as mesmas).  Prazo de entrega (Indicar o mesmo). (Data e sinatura do propoñente).” ------ Folla: 19.15878.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABETO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA “REPARACIÓNS NO EDIFICIO DA SEDE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL EN VIGO” Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 5 das correntes, o proxecto, redactado polo Servizo de Arquitectura, de “Reparacións no Edificio da Sede da Deputación en Vigo” por importe de 124.576,93 €, IVE incluído. Emitíndose polo Sr. Secretario Xeral informe relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da obra “Reparacións no edificio da sede da Deputación en Vigo”, cun presuposto de licitación de 124.576,93 €, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 08/432.432.622.03.2007, quedando condicionada a execución da mesma á incorporación de remanentes do exercicio 2007. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA “REPARACIÓNS NO EDIFICIO DA SEDE DA DEPUTACION PROVINCIAL EN VIGO” 1.- OBXECTO. A execución da obra “Reparacións no Edificio da Sede da Deputación Provincial en Vigo”, cuxo proxecto, e demais documentos que integran, foi aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 05/02/2008. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación e integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do TRLCAP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO . A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de 124.576,93 €, IVE incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa 3.- FINANCIAMENTO. O prezo das obras financiarase con cargo á partida 08/432.432-622.03.2007. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para a execución e terminación da obra será de dous meses. O prazo contarase a partir do día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. O contratista este obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta polo dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que con leva a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO. Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa imposición de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR E CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA. Poderán concorrer á licitación as persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: Grupo C, Subgrupo 4, Categoria c. 7.- UNIÓNS TEMPORAIS DE EMPRESAS. A administración poderá contratar con unións temporais de empresarios que se constitúan temporalmente ó efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación ó seu favor. Ditos empresarios deberán de nomear un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir coas obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo. Para os casos en que sexa esixible a clasificación e concorran en unión de empresarios nacionais, estranxeiros non comunitarios ou estranxeiros comunitarios, os dous primeiros deberán acreditar a súa clasificación e os últimos, en defecto de estas, a súa solvencia económica, financeira, técnica ou profesional. 8.- PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN. O contrato adxudicarase mediante concurso, por procedemento aberto, ó licitador que, no seu conxunto, faga a proposición máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de adxudicación que se establecen na cláusula décimo terceira deste prego. 9.- PROPOSICIÓNS. O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial dá Provincia ou Diario Oficial de Galicia, de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 10.- DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: a) Documentos acreditativos da capacidade de obrar das empresas: 1. Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa. 2. Persoas xurídicas: Escritura de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, nas que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscrito se é o caso no correspondente rexistro oficial. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada. b) Poderes: Cando a licitador non actúe en nome propio ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a administración contratante. Deberase verificar as facultades da persoa que concorre en nome da empresa polo secretario da corporación, notario ou calquera outra persoa lexitimada para certificar a suficiencia do poder, sendo igualmente válido o bastanteo co que se concorrese a calquera licitación na administración publica nos últimos doce meses. Esta verificación será recabada a instancias do licitador que incluirá, posteriormente, o poder bastanteado no sobre A. Declaración expresa de que a empresa non esta incursa en algunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 do TRLCAP. c) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista esta ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que faga constar que a empresa esta ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social, sen prexuízo de que previamente á formalización do contrato, achegue as mencionadas certificacións, así como a certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. d) Documento acreditativo da clasificación empresarial que será Grupo C, subgrupo 4, categoría c. Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra). Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 28 deste prego. 3. Programa de traballo e de actuación medioambiental, as empresas deberán presentar un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. Así mesmo e no caso de que a empresa aplique medidas especificas de protección medioambiental, deberán indicar as medidas que se pensan aplicar. (reciclaxe, reutilización e recuperación de materiais, etc.). 4. Proposta de redución de prazos, en caso de que a empresa oferte unha redución de prazos presentará unha memoria sobre a organización do proceso construtivo xustificando a redución de prazos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 5. Plan de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicado sobre o presuposto de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. Importante: As retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o presuposto global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o presuposto de execución material. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesma licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e fágase referencia a que se une a outra proposición. Así mesmo, o adxudicatario deberá de achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. As empresas que participen en licitacións nos últimos doce meses coa Deputación non teñen por que presentar a documentación referente á personalidade xurídica da empresa, unicamente débese facer unha referencia ó concurso en que se licitou, e posteriormente achegar as certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da seguridade Social. Transcorrido os doce meses deberán renovar os documentos referentes á solvencia económica e o poder bastanteado. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará integrada da seguinte maneira: • Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. • Vogais: -O Secretario. - O Interventor. - O Arquitecto Provincial. • Secretario: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. A cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 13.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 3 puntos. 4. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 2 puntos. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos e previa audiencia ás licitadores, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. 14.- BAIXAS TEMERARIAS. Consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas desproporcionadas ou temerarias notificarase esta circunstancia ós licitadores supostamente comprendidos nela, para que dentro do prazo de cinco días xustifiquen ditas baixas. Dita xustificación remitirase para informe técnico co fin de que emitan o pertinente informe. Se a adxudicación se realiza finalmente a favor do empresario cuxa proposición estivese incursa en temeridade, esixirase ó mesmo unha garantía definitiva do 20 por 100 do importe de adxudicación. 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificaci

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición