Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-02-20_Ordinaria. Acta de sesión 2008/02/20_Ordinaria
Acta de sesión 2008/02/20_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-02-20_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/02/20_Ordinaria
Data(s) 2008-02-20 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte de febreiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15882.- ACTA ANTERIOR Queda pendente de aprobación o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de febreiro de 2008. ------ Folla: 2.15883.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 18/07/07, A FAVOR DE VECIÑA DO CONCELLO DE CUNTIS Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial do 18/07/07, unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 6.071,43 euros, a favor de Dona Emilia Olga Quiben Portela, veciña do Concello de Cuntis, e comunicada o 13/02/08 pola Sra. Teniente-Alcaldesa do devandito concello a solicitude de prórroga formulada pola beneficiaria de tal subvención toda vez que non puido rematar a obra no tempo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de abril de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, que por importe de 6.071,43 euros, aprobou a Xunta de Goberno de 18/07/07 a favor de Dona Emilia Olga Quiben Portela, veciña do Concello de Cuntis. ------ Folla: 3.15884.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA CORPORATIVA PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión de 9 de xaneiro de 2008, acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso por procedemento aberto, trámite de urxencia, o subministro, instalación e posta en marcha dunha infraestrutura informática, corporativa para a Deputación de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 10, de 15/1/2008) e no DOGA (nº 12, de 17/1/2008). Vista a acta da cualificación da documentación xeral e da apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 25 de xaneiro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe: Visto o informe do responsable do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), e á proposta da Mesa de Contratación, de data 18 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para o subministro, instalación e posta en marcha dunha infraestrutura informática corporativa para a Deputación de Pontevedra, á empresa Ednon, S.L. (CIF B-36.938.009) polo prezo ofertado de cento corenta mil douscentos euros (140.200,00 €), IVE incluído. A adxudicación motívase por ser a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración establecidos no pregos de condicións, e reunir todos os requisitos esixidos no concurso. O pago da parte correspondente á Deputación irá con cargo ás seguintes partidas e en relación cos seguintes importes: PARTIDA IMPORTE 08/132.121.626.01.2006 5.087,22 € 08/132.121.640.00.2006 9.760,02 € 08/132.121.626.01.2007 94.850,60 € 08/132.121.640.00.2007 30.502,16 € O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva por importe de 5.608,00 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 374,75 euros por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 4.15885.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L (NIF. B.36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de sete mil cincocentos sete euros con corenta con oito céntimos (7.507,48 €), para responder de “obras de mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2005 segundo núm.200500083281 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CASAS NOVAS, S.L. • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de seis mil cento vinte e un euros con dezasete céntimos (6.121,17 €), para responder de “Reparacións en distintas zonas da Cidade de Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2005 segundo núm.2005000076936 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. NAROM, S.L • A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil cento oitenta e seis euros con trinta e sete céntimos (3.186,37 €), para responder de “Obra civil para instalación de plantas depuradoras no Concello de Mondariz”, pertencentes a (Proxecto Deputráns – 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2005 segundo núm.200500093140 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores,mediante aval de La Caixa, por importe de mil douscentos sesenta e nove euros con oitenta céntimos (1.269,80 €), para responder de “Obra civil para instalación dunha planta depuradora de augas residuais no Concello de Oia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2006 segundo núm. 200600009112 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES SECUNDINO FÓNTAN, S.L. (NIF. B.36.167.757) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil sesenta e sete euros con dezanove céntimos (2.067,19 €), para responder de “Obra civil para instalación de depuradoras compactas no Concello de Pazos de Borben”, proxecto deputrans, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/02/2006 segundo núm.200600011929 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (NIF.A.36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos setenta e catro euros (2.374,00 €), para responder da “Obra de Muro de contención en el campo de fútbol de o Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/05/2004 segundo núm.200600037405 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil cento oitenta euros con oitenta céntimos (2.180,80 €), para responder de “Ampliación do Campo de fútbol de O Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/05/2004 segundo núm.200400037403 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos setenta e seis euros con noventa e catro céntimos (2.376,94 €), para responder de “Ampliación do muro de contención en instalacións deportivas en O Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2004 segundo núm.20040008464 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil trescentos vinte e oito euros con quince céntimos (1.328,15 €), para responder de “Modificado de piscina Municipal de Cabanelas en Ribadumia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/07/2004 segundo núm. 200400048109 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de sete mil oitocentos sete euros con vinte céntimos (7.807,20 €), para responder de “Piscina Municipal de Cabanelas en Ribadumia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/07/2003 segundo núm.200300055972 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. U.T.E. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO,S.A.– CALDEVERGAZO (NIF. G.36.428.084) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seis mil cincocentos dezasete euros con cincuenta e seis céntimos (6.517,56 €), para responder de “Obras complementarias campo de fútbol e gradas de O Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/06/2003 segundo núm.200300046320 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil novecentos oitenta e oito euros con setenta e un céntimos (2.988,71 €), para responder de “Campo de fútbol e gradas de O Grove (REINVERSION DA BAIXA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/07/2003 segundo núm.200300049152 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trinta e dous mil cincocentos noventa e un euros con vinte céntimos (32.591,20 €), para responder de “Campo de fútbol e graderío en O Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/01/2003 segundo núm.200300004264 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA). (NIF. A.36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catorce mil oitocentos oitenta e oito euros (14.888,00 €), para responder de “Obras de Humanización rúa Alfonxo XIII (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/09/2005 segundo núm. 200500084031 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de nove mil seiscentos corenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos (9.649,58 €), para responder de “Obras de EP 4403 Carballedo – Rebordelo (Cotobade)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/11/2004 segundo núm. 200400081586 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval del Banco Espiritu Santo, por importe de sete mil novecentos doce euros con sesenta e nove céntimos (7.912,69 €), para responder de “EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/09/2004 segundo núm.200400065277 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de mil cincocentos vinte euros con trinta e catro céntimos (1.520,34 €), para responder de “Retranqueo de peche e casa en EP 0401 Carballedo-Caroi (Cotobade)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2005 segundo núm.2005000076936 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil trescentos sesenta e catro euros (2.364,00 €), para responder de “Obras de conexión entre Estradas Provinciais (Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004 segundo núm.200400038455 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil cento corenta e catro euros (2.144,00 €), para responder de “Obras de ampliación urbanización EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004 segundo núm.200400038459 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de nove mil cincocentos sesenta e sete euros con setenta e cinco céntimos (9.567,75 €), para responder de “Obras de EP 8503 Cordeiro – Senin (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/01/2003 segundo núm.200300001397 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de dous mil trescentos setenta e nove euros (2.379,00 €), para responder de obra de Travesia EP 9704 Iglesia de Caleiro (Vilanova), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004 segundo núm. 200400038458 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores,mediante aval de Mapfre, por importe de sete mil trescentos trinta e tres uros con noventa e sete céntimos (7.333,97 €), para responder de obra de Terminación proteccion vial (tramo Cabanelas-Freixo) EP Coirón-Ribadumia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/12/2003 segundo núm. 200300093121 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval del Banco Atlántico, por importe de oito mil trescentos sesenta e oito euros con dezaseis céntimos (8.368,16 €), para responder de obras de EP 8505 Ferreiros – Vilar (Valga), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/09/2004 segundo núm.200400063341 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval del Banco Atlántico, por importe de nove mil trescentos oitenta e seis euros con setenta e dous céntimos (9.386,72€), para responder de obras de EP 9504 Lois-Besomaño (Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2004 segundo núm.200400063342 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval del Banco Atlántico, por importe de trece mil cincocentos catro euros (13.504,00€), para responder de obras de EP 8101 Portas-Romai, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2004 segundo núm. 200400063343 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval del Banco Santander Central Hispano, por importe de mil cincocentos sesenta e oito euros (1.568,00 €), para responder de obras de EP 9003 Variante de Cambados (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/10/2004 segundo núm.200400071761 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituida en valores, mediante aval del Banco Santander Central Hispano, por importe de cinco mil seiscentos oitenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (5.683,88 €), para responder de obras de EP 0403 Carballedo – Rebordelo (Cotobade)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/10/2004 segundo núm.200400071763 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.15886.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.15887.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2008 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2008, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2008 PRIMEIRA.- OBXECTO. A finalidade desta convocatoria e apoiar ás Agrupacións Veciñais na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2008. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: 1º.- As obras incluídas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, coa excepción da compra de terreos. 2º.- Adquisicións que teñan relación coas materias antes ditas. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de un millón douscentos mil (1.200.000,00) euros, financiarase con cargo ó Presuposto de 2008, partida 911.514.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS. As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS. Poderán solicitar estas axudas todas as Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos: 1.- Carecer de fins de lucro 2.- Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio o que pertence. 3.- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4.- Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACION. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Proxecto ou memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinado polo representante. b) Presuposto do investimento a realizar, ben sexa obra ou adquisicións de subministros ou equipamentos. c) Declaración responsable na que conste o conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras ou adquisicións, en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. d) Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan nun futuro. e) Acta de constitución da Agrupación Veciñal, e fotocopia cotexada do CIF. do representante da mesma, no caso de contar con el. f) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigacións tributarias (Estado e Deputación) e coa Seguridade Social. g) Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. h) Certificación da sucursal correspondente da conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación ou como mínimo de tres titulares que figuren na Acta de constitución da mesma. As Agrupacións só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licencias necesarias para acometelas obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes, unha vez concedida a subvención pola Deputación. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 45 días naturais. SÉTIMA.- DESTINO. O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria utilizarase exclusivamente: - Tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e - Tratándose de subministros, na adquisición dos mesmos. OITAVA.- COMPATIBILIDADE Estas axudas serán compatibiles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma obra ou adquisición, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase a Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a propia Deputación, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. NOVENA- SELECCION E CONCESION. A asignación de axudas ou subvencións das distintas obras ou adquisicións farase en función dos seguintes criterios: 1º.- Número de veciños beneficiarios afectados da obra ou adquisición para a que se solicita a subvención. 2º.- Incidencia e interese municipal ou provincial. 3º.- A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 4º.- A necesidade das obras ou adquisicións apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 5º.- Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe de Servizo de Cooperación Municipal, que realizará de oficio cantas actuación estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue Vogais: O Presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e un Técnico do Servizo de Cooperación. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá: 1.- Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2.- Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Cooperación Municipal. Sendo procedemento ordinario de concesión das axudas o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade ou da adquisición ou da mellora a desenvolver polo beneficiario. DÉCIMA.- REFORMULACION DE SUBVENCIONS. Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas poderán solicitar a reformulación da subvención concedida, antes de que o órgano competente acorde a concesión da mesma. Neste momento e cando os beneficiarios poderán axustar o presuposto da solicitude á subvención outorgada. A nova subvención terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respectar o obxecto e demais requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA.- MODIFICACIONS DE SUBVENCIONS. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. A modificación deberá ser solicitada antes de que conclúa o praza para a xustificación da actividade subvencionada. DÉCIMO SEGUNDA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS. 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizado o investimento, ben sexan obras ou adquisicións, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 31 de outubro do 2009. Se non puidesen executalas no prazo establecido, poderase solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo. 2.- Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 3.- Para recibilas subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.- Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. b.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación o presuposto que serviu de base á concesión). Así mesmo, presentarase unha declaración da Agrupación de Veciños de darlle difusión a actividade ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación. c.- Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose mais que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.- Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobar a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto ou, no seu caso, memoria valorada. e.- Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. f.- Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. g.- A Xustificación deberá acompañarse dunha memoria da actividade ou do investimento realizado e dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante da Agrupación. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. DÉCIMO TERCEIRA.- CAMBIO DE APLICACION Non se admitirá o cambio de aplicación da subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2009, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCION E REINTEGRO. As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprilo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO QUINTA.- APROBACION DAS BASES. De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do presuposto para o 2008, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DÉCIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO. Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. DÉCIMO SÉTIMA.- RECLAMACIÓNS. Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.” Os anexos son como seguen: SOLICITUDE DE SUBVENCION CON CARGO O PROGRAMA DE ACCION COMUNITARIA 2008 1.- DATOS DO SOLICITANTE: Nome da Agrupación ……………………………………………………………………. Concello …………………………………………………………………………………. Nome do representante ………………………………………………………………...... D.N.I. ……………………. C.I.F. ………………………..Teléfono …………………… Fax ……………………...... E-mail ………………………. Domicilio ………………………………………………...... Concello ………………….. Código Postal……………….. 2.- SOLICITUDE: Obxecto da subvención …………………………………………………………………… Presuposto………………………………….. Euros Subvención solicitada ……………………… Euros Subvención concedida Euros (A cumprimentar por el servizo) 3.- DOCUMENTACION: Proxecto ou memoria explicativa do investimento. Presuposto do investimento a realizar, asinado polo solicitante. Fotocopia cotexada do D.N.I. do representante legal da agrupación, e do C.I.F., no caso de contar co mesmo. Declaración responsable na que conste: Conxunto de acordos adoptados polos veciños, na forma establecida no anexo III Declaración responsable na que conste: se solicitaron outras axudas ou subvencións, de no estar incurso en causas de incompatibilidades ou incapacidade para percibir subvencións, da Administración publica, de estar o corrente coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social e autorización á Deputación para obter estas certificacións. Certificación da conta bancaria o nome da agrupación. Acta de constitución da agrupación veciñal. ……………………., ……. de …………….. de 2008 O SOLICITANTE (Sinatura e selo) ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANEXO I “DECLARACIÓN D. …............................................................................................................................... con D.N.I. núm.……………………., como representante da Agrupación ………………….……………………………………………... CIF ………… e domicilio social ………………………………, Concello de …………………………… DECLARO: a.- Esta Agrupación Veciñal carece de fins de lucro b.- A esta Agrupación (si/non) concedéronselle outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Relación de axudas solicitadas: Organismos públicos e entidades privadas Importe Relación de axudas concedidas Organismos públicos e entidades privadas Importe c.- Esta Agrupación Veciñal comprométese a completar o financiamento da obra mediante achega persoal, transporte ou metálico, así como de asumilos riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación devandita. d.- Esta Agrupación Veciñal non está incursa en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir axudas ou subvencións públicas e coñezo e acepto as bases da convocatoria. e.- Esta entidade está o corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Ó mesmo tempo autorizo á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade que represento está ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2008 SINATURA” ANEXO II “ACTA DE CONSTITUCION DA AGRUPACION VECIÑAL ………………………………………………………………………………....... ………………………………………………………………………………… Concello de …………………………………………………………………….... En ………………………………………………………, sendo as ……………………. do día ……………………………………......................., reúnense, os veciños abaixo asonantes, con expresión de: nome completo, domicilio, sinatura e D.N.I. dos mesmos, que acordan constituír a Agrupación Veciñal …………............................................................................, …............................................, con domicilio en …………………………………………………………………….., ós sos efectos, de solicitar da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, subvencións a través do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2008, para a obra …………………… ………………………………………………………………., facéndose responsable de cumprir estritamente toda a lexislación aplicable e ademais, tódalas responsabilidades derivadas da súa execución. En caso de concesión dunha axuda, esta farase mediante transferencia na Entidade Bancaria ……………………………………………………………….., Localidade de ………………… Titulares (mínimo tres) ……………………………………………. Número de conta …………………………… ......................., ......de.................de 2008 SINATURA” ANEXO III “ACORDO ADOPTADO POLOS VECIÑOS Dª/D................................................................. en calidade de................................. ......................................................................................... da Agrupación Veciñal ........................................................................................................................................................ con N.I.F ............................................................................................... e enderezo en ................................................... do Concello de................................................ DECLARO: Que os membros desta Comunidade Veciñal solicitamos á Deputación de Pontevedra, unha subvención para a obra “………………………………………………………...” en réxime de acción comunitaria, nomeando a D. ……………………………………. representante único á tódolos efectos. Así mesmo, comprometémonos a completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir no seu desenvolvemento. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2008 SINATURA” ANEXO IV CONTA XUSTIFICATIVA Dª/D................................................................. en calidade de..................................................da Agrupación Veciñal .......................... ......................................con N.I.F......................................... e enderezo en ................................................... do Concello de.............. DECLARA: a) Que para o investimento de..............................................................que recibiu unha subvención de...............euros, realizáronse os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa: Nº Provedor/Empresa C.I.F. Nº. FACTURA CONCEPTO IMPORTE TOTAL …….. b) Que os gastos que arriba se detallan, son reais e aplicándose á finalidade subvencionada. c) Que a Agrupación fixo a debida divulgación do financiamento concedido pola Deputación, do investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación. d) Que todos os documentos recollidos na presente conta atópanse a disposición da Deputación, no local social da Agrupación, ós, efectos da súa posible comprobación. e) A esta Agrupación Veciñal (se/non) se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Relación de axudas concedidas: Organismos públicos e entidades privadas (indicación da procedencia) Importe f) Respecto ó investimento realizado, o importe das subvencións concedidas das diversas institucións no superaron o importe total dos gastos devengados, sendo destinadas todas as achegas á actividade subvencionada. g) Que o investimento foi realizada de acordo coa finalidade para que se concedeu a subvención. h) Que, achega unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do investimento realizado e os resultados obtidos. i) Que, se acompaña a relación de facturas esixidas na Base 10ª, apartado 4.a), conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con nome completo, sinatura e D.N.I. Así mesmo detállanse as facturas por unidades de obra, prezos unitarios, total e I.V.E., sen incluír nas mesmas a man de obra. f) Que, se acredita estar ó corrente das obrigacións coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da de xustificación da subvención concedida por esa Institución, suscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2008 O DECLARANTE, Asdo.- ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15888.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2008 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de promover, fomentar e impulsar actividades para concellos e outras entidades locais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Municipal, Sección Actividades para o exercicio 2008, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2008 PRIMEIRA.- OBXECTO. A finalidade desta convocatoria é subvencionar aquelas actividades culturais e deportivas, xestionadas libremente polas entidades locais, coa finalidade de apoiar e contribuír ó desenvolvemento sociocultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia na realización de actividades, durante o ano 2008. O obxectivo das actividades que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal, Sección Actividades, será asegurar a prestación integral e adecuada ós Servizos de competencia municipal, dirixido a todos os concellos e outras entidades locais da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. Poderán ser obxecto da subvención as actividades organizadas polas entidades locais seguintes: 1º.- As actividades culturais, que contribúan o desenvolvemento, cultural, educativo e social das persoas do municipio ou da entidade local beneficiaria ou que teñan relación co/a mesmo/a, e que o seu Plan de Execución teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2008. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido relacionamos: 1.- Actividades de difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura, como son as proxeccións de cine, vídeo, representacións teatrais, música, folcklore e tradición, viaxes estritamente culturais dun día de duración ou máis e outros eventos semellantes. 2.- Actividades artísticas, favorecedoras da creatividade e a iniciativa cultural, como son o fomento dos grupos de teatro, grupos musicais, creacións literarias tales como revistas culturais, científicas, recitais, concursos literarios, etc. 3.- Actividades lúdicas, favorecedoras do esparcimento e ocio, como son festexos tradicionais folclóricos, semanas culturais, etc. 4.- Actividades formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipios como son cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudo, etc. 5.- Calquera outra actividade cultural semellante as anteriores. 2º.- As actividades deportivas, que contribúan ó desenvolvemento deportivo e de esparcimento, con repercusión que incida na promoción deportiva dentro da provincia de Pontevedra, con Plan de Execución que teña lugar entre el 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2008, e que se detallan a continuación: 1.- Actividades organizativas de eventos deportivos puntuais, tales como organización de campionatos, ligas, etc. 2.- Actividades participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario. 3.- Actividades de fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico. 4.- Calquera outra actividade deportiva semellante as anteriores. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de oitocentos mil (800.000,00) euros, financiarase con cargo ó Presuposto de 2008, partida 911.911.462.00, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS. As actividades culturais e deportivas municipais serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos concellos na elección das actividades que desexan realizar. b) Voluntariedade na participación e liberdade dos concellos de organización. CUARTA.- BENEFICIARIOS. Poderán solicitar estas axudas todos os concellos e demais entidades locais da provincia menores de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a esta convocatoria e que teñan previsto realizar actividades deportivas e culturais no período comprendido dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2008. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte: a) As axudas serán compatibles con outras subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo proxecto, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a Deputación Provincial de Pontevedra, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. b) Difundir convenientemente e facer constar en toda información que a actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra. c) Comunicar ó Servizo de Cooperación calquera eventualidade na actividade ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza. d) Proporcionar toda a información que lle sexa requirida polo Servizo de Cooperación encargado do seguimento e evolución das subvencións. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACION. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa da actividade concreta, debidamente asignada. b) Presuposto da actividade a realizar, detallado e debidamente asinado. c) Declaración responsable na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar, e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan nun futuro. d) Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da Entidade Local na que se determine a actividade e se solicite a subvención para a súa realización. e) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigacións tributarias (Estado e Deputación) e coa Seguridade Social. f) Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. As Entidades Locais deberán presentar as solicitudes especificando as actividades concretas, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar a Deputación de Pontevedra. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE As axudas serán compatibiles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma actividade, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o 100% do custo real da mesma. A tal efecto comunicarase a Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a propia Deputación, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. OITAVA.- SELECCION E CONCESION A asignación de subvencións ás distintas actividades, sexan culturais ou deportivas, farase en función dos seguintes criterios: a) Número de poboación beneficiada na entidade local obxecto da subvención. b) Presuposto destinado á realización da actividade. c) Interese xeral da actividades na entidade local afectada. d) Existencia de planificación establece de actividades na entidade local. d) Repercusión e incidencia da actividade na Provincia de Pontevedra. e) Custo da actividade en relación coa capacidade económica da entidade local. f) Fomento dos valores que se patrocinen, especialmente en relación coa Comunidade Autónoma. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe de Servizo de Cooperación Municipal, que realizará de oficio cantas actuación estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue Vogais: O Presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e un Técnico do Servizo de Cooperación. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá: 1.- Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2.- Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. Non poderá concederse para unha actividade unha subvención inferior a mil (1.000,00) Euros. Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha reformulación da subvención concedida, podendo axustar o presuposto da solicitude á subvención outorgable. Esta reformulación ha de ter lugar antes de que o órgano competente acorde a concesión da mesma. As propostas de concesión de subvencións someteranse a ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal. Sendo procedemento ordinario de concesión das axudas o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. A acreditación das causas imprevisibles e excepcionais deberase facer mediante informe dos servizos técnicos da entidade beneficiaria. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. NOVENA.- MODIFICACION DA SOLICITUDE. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. O beneficiario da actuación subvencionada unha vez concedida a subvención poderá, por razóns xustificadas, modificar a súa solicitude, axustando o programa e presuposto as súas posibilidades de financiamento, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. A modificación deberá ser solicitada antes de que conclúa o praza para a xustificación da actividade subvencionada. DÉCIMA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS. 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 28 de febreiro do 2009. 2.- No caso de non poder presentar a xustificación na data establecida na Base 10.1, as entidades beneficiarias poderán solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación sempre que non exceda da metade do mesmo. 3.- A solicitude de prórroga deberá obrar nesta Deputación antes de que finalice o prazo de execución da actividade subvencionada. Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 4.- Para recibilas subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.- Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, debendo corresponder o gasto á actividade subvencionada, e con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2008 ambos inclusive. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. b.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación o presuposto que serviu de base á concesión). (Anexo III). c.- Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.- Declaración de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas para a finalidade subvencionada, ou de recibilas detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. e.- Declaración responsable de terse realizado a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. f.- Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. O aboamento da subvención practicarase directamente á Entidade Local beneficiaria da subvención. DÉCIMO PRIMEIRA.- CAMBIO DE APLICACION Non se admitirá o cambio de aplicación da subvención se non se solicita antes do 31 de outubro do 2008, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova actividade no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMO SEGUNDA.- DEVOLUCION E REINTEGRO. As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprilo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO TERCEIRA.- APROBACION DAS BASES. De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do presuposto para o 2008, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DÉCIMO CUARTA.- DEREITO SUPLETORIO. Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOGA nº. 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable. DÉCIMO QUINTA.- RECLAMACIÓNS. Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.” Os anexos son como seguen: SOLICITUDE DE SUBVENCION CON CARGO O PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2008 1.- DATOS DO SOLICITANTE: Nome do Concello /E.Local ……………………………………………………………………. Domicilio …………………………………………………………………………………. Código Postal ……………………. C.I.F. ………………………..Teléfono …………………… Fax ……………………...... E-mail ………………………. Persoa responsable ………………………………………………...... 2.- SOLICITUDE: Obxecto da subvención …………………………………………………………………… Presuposto………………………………….. Euros Subvención solicitada ……………………… Euros Subvención concedida Euros (A cumprimentar polo servizo) 3.- DOCUMENTACION: Proxecto ou memoria explicativa da actividade. Presuposto do investimento a realizar, asinado polo solicitante. Declaración responsable na que conste: se solicitaron outras axudas ou subvencións, de no estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, e de estar o corrente coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social e autorización a Deputación para obter estas certificacións (Anexo 1) Resolución ou certificación do acordo do Órgano competente, no que se determine a actividade, e a solicitude de subvención para a súa realización. ……………………., ……. de …………….. de 2008 O SOLICITANTE (Sinatura e selo) ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANEXO I “DECLARACIÓN D. …............................................................................................................................................................. como representante do Concello/Entidade Local de .................................................................................... .................................................................................................................................................................. NIF ............................ .e domicilio social............................................................................................. ....................., Concello de .......................................................................................................................... DECLARO: a.- A este Concello/Entidade Local (si/non) se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Relación de axudas solicitadas: Organismos públicos e entidades privadas Importe Relación de axudas concedidas Organismos públicos e entidades privadas Importe b.- Esta entidade está o corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Ó mesmo tempo autorizo á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade que represento está ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. c.- Esta entidade local non está incursa en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir axudas ou subvencións públicas e coñezo e acepto as bases da convocatoria. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, suscribo a presente, en ....................., ......de.................... de ………… SINATURA” ANEXO II “NORMAS XERAIS DE PRESENTACION DE FACTURAS 1.- Todas as facturas que se presenten deberán conter os datos que esixe o Real Decreto 1496/2003, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturas que son os seguintes: a. Número de factura e indicación expresa de que se trata duna factura. b. Sinatura e apelidos ou denominación social, número de identificación fiscal, e domicilio de quen a expide e o destinatario. c. Descrición e data de realización da operación e a súa contraprestación total. Desagregación do IVE con indicación do tipo aplicable (no se admitirán facturas co IVE incluído). d. Lugar e data de emisión. 2.- Nos pagos realizados a profesionales por servicios prestados (charlas, conferencias, colaboraciones, etc…) deberá constar ademáis na factura emitida ó efecto, a retención realizada en concepto de IRPF que deberá ser ingres
Ãrea de notas
Nota