ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/09/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-09-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/09/03_Ordinaria

  • Data(s) 2008-09-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día 3 de setembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16353.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de agosto de 2008. ------ Folla: 2.16354.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NAS SINAS (VILANOVA DE AROUSA) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 23/03/2007, polo que se adxudicou a MOVEX VIAL, S.L. á obra de “Dotación de beirarrúas en As Sinas (Vilanova de Arousa)”, na cantidade de 274.946,00, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun presuposto de 328.175,67 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 53.229,67 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 02/07/2008, polo que se aprobou, con cargo á partida 08/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 53.229,67 euros. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado. E vistos os informes favorables emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor informando favorablemente o procedemento de adxudicación e o expediente de contratación da referida obra, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a MOVEX VIAL, S.L. a obra comprendida no proxecto modificado da obra “Dotación de beirarrúas nas Sinas (Vilanova de Arousa)”, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 53.229,67 euros. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe de 2.129,19 euros, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 3.16355.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “SANEO EXPLANADA C.F. VILAXOAN E PECHAMENTO DE CAMPOS DA BOUZA E COMESAÑA EN VIGO” Como complemento ás obras que a Deputación de Pontevedra esta levando a cabo no proxecto de “Infraestrutura básica para a construción de Campos de Fútbol de herba sintética”, redáctase o presente proxecto cuxo presuposto ascende á cantidade de 220.307,17 euros. Visto o informe favorable do proxecto emitido por intervención que acredita a existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto. Considerando o disposto na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto da obra “Saneo explanada en C.F. Vilaxoán e pechamento de campos da Bouza e Comesaña en Vigo” por importe de cento oitenta e nove mil novecentos dezanove euros con noventa e sete céntimos (189.919,97 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de trinta mil trescentos oitenta e sete euros con vinte céntimos (30.387,20 €). Así mesmo, tamén se acorda iniciar o pertinente expediente para proceder á súa contratación. ------ Folla: 4.16356.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS E.P. TABAGÓN – O ROSAL” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 12/05/2006, polo que se adxudicou a NAROM, S.L. á obra de “Mellora de pavimento e dotación de servizos E.P. Tabagón – Rosal (Rosal)” na cantidade de 314.629,15, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun presuposto de 377.537,50 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 62.908,35 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 18/06/2008, polo que se aprobou, con cargo á partida 08/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 62.908,35 euros. Visto o escrito de NAROM, S.L., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e presuposto do proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral en cuanto ó procedemento de adxudicación proposto polo Servizo de Contratación. E visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, segundo o establecido no artigo 146.3 do TRLCAP, a NAROM, S.L., a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora de pavimento e dotación de servizos E.P. Tabagón – O Rosal (O Rosal)” por un importe de 62.908,35 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 (Documento RC 200800051967). O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramitarase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, dado que la disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos no Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. ------ Folla: 5.16357.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA O Sr. Director de Infraestruturas, a través de escrito de data 4 de xullo de 2008, solicita que se contrate a subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria, co obxecto de renovar as debrozadoras existentes no Centro que acusan un importante desgaste e non resultan operativas na actualidade debido á súa antigüidade. Resultando que para efectuar a contratación da subministración das catro desbrozadoras, o Xefe do Parque de Maquinaria elaborou un prego de prescricións técnicas en onde fixa en 85.000,00 euros, IVE incluído, o presuposto máximo de licitación e propón que se financie o contrato da seguinte forma: • Mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 84.145,00 euros con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Presuposto Provincial. • Mediante un pagamento en especie consistente na entrega de cinco desbrozadoras usadas, valoradas no seu conxunto en 855,00 euros e que se concretan en 1 unidade, marca BOMFORD, nº de serie 3093 do ano 1981 e 4 unidades, marca BERGNANI, serie 550-44496 do ano 1996. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 29 de xullo de 2008, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 84.145,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas do pagamento en efectivo da subministración das catro desbrozadoras, con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 28 de agosto de 2008. Resultando que con data 28 de agosto de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria. Resultando que con data, 29 de agosto de 2008, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria, por importe máximo de 85.000,00 euros, IVE incluído, analizado nas seguintes cantidades: Prezo do contrato………… 73.275,86 € IVE (16%) ………………… 11.724,14 € IMPORTE TOTAL………… 85.000,00 € O financiamento deste contrato realizarase da seguinte forma: • Cun pagamento en efectivo ata un importe máximo de 84.145,00 euros. • Mediante un pagamento en especie que se concreta na entrega de cinco desbrozadoras usadas (1 unidade, marca BOMFORD, nº de serie 3093 do ano 1981 e 4 unidades, marca BERGNANI, serie 550-44496 do ano 1996), valoradas no seu conxunto en 855,00 euros. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo a aboar con diñeiro en efectivo, cifrado en 84.145,00 euros, con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA. 1.- OBXECTO.- A subministración de catro desbrozadoras para axustar en tractores agrícolas de brazo hidráulico, que cumpran, como mínimo, coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe do Parque de Maquinaria e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O financiamento do contrato efectuarase da seguinte forma: - Mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 84.145,00 euros con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Presuposto Provincial. - Mediante un pagamento en especie que se concreta na entrega de cinco desbrozadoras usadas, valoradas no seu conxunto en 855,00 euros e que se concretan en 1 unidade, marca BOMFORD, nº de serie 3093 do ano 1981 e 4 unidades, marca BERGNANI, serie 550-44496 do ano 1996. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo da subministración efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibido o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Na factura farase mención ás desbrozadoras que forman parte do pagamento en especie e á cantidade a aboar en efectivo. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- As catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral entregaranse nas instalacións do Parque Central de Maquinaria desta Deputación, sito no Paseo Domingo Fontán número 28 da cidade de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de cento vinte días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto máximo de licitación é o seguinte: * Prezo do contrato sen IVE: setenta e tres mil douscentos setenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (73.275,86 €). * Imposto sobre o valor engadido (IVE): once mil setecentos vinte e catro euros con catorce céntimos (11.724,14 €). * Valoración mínima das desbrozadoras usadas: oitocentos cincuenta e cinco euros (855,00 €). 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra ou Vigo), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar. 3. Prazo de entrega. 4. Proposta mantemento e asistencia post venda. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal diante da Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Os que acrediten a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. 3.1. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 3.2. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. 3.3. Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizados nos tres últimos exercicios. 3.4. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 4. Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Director Xeral de Infraestruturas da Deputación. • SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de catro puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*4/(L-B) Onde: • P: Puntuación. • L: Presuposto de Licitación. • O: Oferta do licitador. • B: Oferta máis baixa das consideradas. 2. Calidade dos bens a subministrar, ata un máximo de tres puntos. 3. Menor prazo de entrega, ata un máximo de dous puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*2/(L-B) Onde: • P: Puntuación. • L: Prazo máximo establecido. • O: Prazo ofertado pola licitador. • B: Menor prazo ofertado. 4. Mantemento ou asistencia de Post venda, ata un máximo dun punto. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar as desbrozadoras rotuladas co logotipo da Deputación de Pontevedra incluíndo a montaxe das mesmas nos tractores agrícolas propiedade da Deputación de Pontevedra, todo iso no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega á Administración, salvo que esta incorrera en mora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción dos bens, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Administración será responsable da custodia dos mesmos durante o tempo que medie entre unha e outra. Unha vez recibidos de conformidade pola Administración os bens, será esta responsable da súa xestión, uso ou caducidade, sen prexuízo da responsabilidade do subministrador polos vicios ou defectos ocultos dos mesmos. 19.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega da subministración. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ............................................, maior de idade, veciño de ....................., con domicilio en ............................ titular do DNI .................., expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación da empresa .......................................... con C.I.F.- número ........................ e domicilio en ..............................., teléfono .................... fax ............................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: A) Prezo sen IVE euros. B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) euros. C) Valoración desbrozadoras usadas euros. D) TOTAL OFERTADO (A+B-C) euros. • Prazo de entrega (indicar o mesmo). • Proposta mantemento e asistencia post venda. (indicar a mesma). • Calidade das desbrozadoras (achegar documentación para valorar a mesma). (Data e sinatura do propoñente).” ------ Folla: 6.16358.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: E.F. INGENIEROS, S.L. (CIF B- 36.195.790) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de seiscentos oitenta e sete euros con oitenta céntimos (687,80€), para responder da “Asistencia técnica para a redacción do proxecto de ampliación da ponte sobre o río Umia (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/05/2003 con número de operación 200300037399, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (CIF B- 36.010.205) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento cincuenta e dous euros (1.152,00 €), para responder do “Subministro de 4.000 m3 de material escollido de préstamo cargado en camión para traballos imprevistos a facer polo Parque de Maquinaria”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/10/2007 con número de operación 200700079197, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PUBLICIDADE TERCEIRO MILENIO, S.L. (CIF B- 36.344.430) • A constituída en metálico, por importe de setecentos noventa e nove euros con noventa céntimos (799,90 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico Página XXI”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/12/2007 con número de operación 200700101284. EDITORIAL COMPOSTELA, S.A. (CIF A- 15.000.391) • A constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico El Correo Gallego, ano 2006”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/12/2006 con número de operación 200600109044. IMPRENTA LIBRERÍA ALVARELLOS, S.L. (CIF B- 36.031.490) • A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 €), para responder do “Subministro de 1.000 exemplares do libro A Feira do Cocido. 40 Anos de Historia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/04/2008 con número de operación 200800033059. ------ Folla: 7.16359.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á COMUNIDADE DE USUARIOS DE A REGA (MEIS), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM.178/766 (PAC/06) “CAPTACIÓN DE AUGA DO MANANCIAL A REGA PARA ABASTECEMENTO DOMICILIARIO EN QUINTÁNS, LUCIO E OUTEIRO” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación da obra “Captación de auga do manancial A Rega para abastecemento domiciliario en Quintáns, Lucio e Outeiro”, incluída no PAC/06, á vista do informe de Intervención de data 26 de agosto actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de tres mil euros (3.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da Comunidade de Usuarios de A Rega (Meis) e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á Partida 08/911.514.789.07.2006, como pago da subvención concedida á mesma para a obra núm. 178/766, denominada “Captación de auga do manancial A Rega para abastecemento domiciliario en Quintáns, Lucio e Outeiro”, incluída no PAC/06. ------ Folla: 8.16360.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE MOS NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 68/385 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE VIARIO E BEIRARRÚAS EN HERVILLE-CELA” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous/final do Concello de Mos, correspondente ó investimento nº 68/385 denominado “Pavimentación de viario e beirarrúas en Herville-Cela”, á vista do informe de Intervención de data 25 de agosto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trinta mil cento dezaoito euros con vinte e un céntimos (30.118,21€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de trinta mil cento dezaoito euros con vinte e un céntimos (30.118,21€), con cargo a partida 08/911.911.762.45.2006, como pago da subvención concedida ó Concello de Mos para a realización da obra denominada “Pavimentación de viario e beirarrúas en Herville-Cela”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006 (PAM/06). ------ Folla: 9.16361.- COMUNICACIÓNS A) Queda enterada da comunicación de D. José Manuel Mariño Mendoza, Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, de data 14 de agosto de 2008 (rexistro de entrada nº 30254 de 25/08/08) pola que se da conta da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. B) Queda enterada do escrito de Don Rubén López López, Director Xerente da Fundación Provigo y su área (rexistro de entrada nº 29653, de data 18/08/08), xuntando certificación de data 7 de agosto de 2008, relativa a transferencia realizada pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, por importe de 30.051,00 €, correspondente á doazón á mencionada Fundación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16362.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E SERVIZOS AFECTADOS E.P. 2605 REBULLÓN-CUVI, E.P. 2402 PORRIÑO-TORNEIROS, E.P. 2405 CERQUIDO BUDIÑO, E.P. 2602 PEINADOR-OS VALOS (CAPELA DE SANTIAGUIÑO DE GUIZÁN)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 9 de Xullo de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Mellora da seguridade vial e servizos afectados E.P. 2605 Rebullon-CUVI, E.P. 2402 Porriño-Torneiros, E.P. 2405 Cerquido-Budiño, E.P. 2602 Peinador-Os Valos (Capela de Santiaguiño de Guizán)”, por un importe total de 231.907,58 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas CONSTRUCIONES LA ROSALEDA, S.L., CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. e CONSTRUCIONES E.C. CASAS, S.L., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución de dita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 02/09/2008, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Mellora da seguridade vial e servizos afectados E.P. 2605 Rebullón-CUVI, E.P. 2402 Porriño-Torneiros, E.P. 2405 Cerquido-Budiño, E.P. 2602 Peinador-Os Valos (Capela de Santiaguiño de Guizán)” na suma de 199.137,93 €, máis 31.862,07 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 391,50 € e o 1,5 % do presuposto de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 9.956,90 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16363.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL, REPOSICIÓNS E.P.2907 REDONDELA-CEPEDA (PK 0+700 A 2+500) (REDONDELA)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 25 de xuño de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Mellora da seguridade vial, reposicións E.P. 2907 Redondela-Cepeda (PK 0+700 a 2+500) (Redondela)”, por un importe total de 196.320,51 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L., CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. e CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución de dita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 02/09/2008, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de CONSTRUCCIONES RAFER. S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B-36052702) a obra “Mellora da seguridade vial, reposicións E.P. 2907 Redondela-Cepeda (PK 0+700 a 2+500) (Redondela)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, na cantidade de 196.200,00 €, IVE incluído (169.137,93 €, máis 27.062,07 € correspondentes ó IVE). 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 8.456,90 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16364.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “MELLORA CAPA DE RODAMENTO E.P. 2102 NIGRÁN-VINCIOS (NIGRÁN)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 6 de agosto de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Mellora capa de rodaxe E.P. 2102 Nigrán-Vincios (Nigrán)”, por un importe total de 231.914,94 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. e CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución de dita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 02/09/2008, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A-36001063) a obra “Mellora capa de rodaxe E.P. 2102 Nigrán-Vincios (Nigrán)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, na cantidade de 199.826,71 €, máis 31.972,27 € correspondentes ó IVE, e que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 420,00 € e o 1% do presuposto de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 9.991,34 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16365.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO NA E.P. 8503 CORDEIRO-SENÍN (VALGA), FASE II” Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/04/2008, o convenio de colaboración co Concello de Valga para a execución da obra “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga) Fase II”, cun presuposto de 550.833,66 €, IVE incluído. E, visto o informe emitido por Intervención relativo ó proxecto correspondente a dita obra, así como ó seu financiamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 191.594,33 134.116,01 114.956,58 440.666,92 Concello 47.898,60 33.529,00 28.739,14 110.166,74 Total.... 239.492,93 167.645,01 143.695,72 550.833,66 En canto ás achegas da Deputación na partida 08/511.511.612.02 existe crédito para facer fronte á anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse con cargo ás correspondentes partidas dos seus respectivos presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Valga xerarán crédito na partida 08/511.511.612.02 unha vez se dea o acto formal do compromiso firme da súa achega ou de recoñecemento do dereito. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16367.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS REINVERSIÓN Á BAIXA E FINAL DA OBRAS “REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DE A LOMBA” E “PROXECTO CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL DE FONTECARMOA” Vistos os informes de Intervención, de data 27/08/2008, relativos ás certificacións de reinversión da baixa e finais das obras correspondentes á “Remodelación total do terreo de xogo do campo municipal de A Lomba” por uns importes de 106.712,31 € e 42.452,15 €, respectivamente, e o “Proxecto campo de fútbol de herba artificial de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)” por uns importes de 28.172,16 € e 25.093,98 €, respectivamente, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na partida 08/123.452.662.00 para facer fronte ó gasto, e dado que non se levou a cabo o procedemento de contratación legalmente establecido, procede ó recoñecemento extraxudicial da obriga, e de acordo coa base 17-1 de execución do Presuposto Provincial de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas a favor da empresa MOVEX VIAL, S.L. (CIF B-36.684.157), co seguinte detalle: “Remodelación total do terreo de xogo do Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa)”. Reinversión da Baixa por importe de 28.172,16 €: Euros MOVEX VIAL, S.L. (CIF B-36.684.157) 28.172,16 Subtotal 28.172,16 Taxa dirección de obra (4 %) 816,35 Control de Calidade (0.5 %) 102,04 Seguridade e Saúde (0.5%) 102,04 Total descontos 1.020,43 Importe líquido a percibir pola empresa 27.151,73 Certificación final por importe de 25.093,98 €: Euros MOVEX VIAL, S.L. (CIF B-36.684.157) 25.093,98 Subtotal 25.093,98 Taxa dirección de obra (4 %) 727,15 Control de Calidade (0.5 %) 90,89 Seguridade e Saúde (0.5%) 90,89 Total descontos 908,93 Importe líquido a percibir pola empresa 24.185,05 “Proxecto Campo de Fútbol de herba artificial de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)”. A reinversión da baixa e certificación final por importe de 106.712,31 €: Euros MOVEX VIAL, S.L. (CIF B-36.684.157) 106.712,31 Subtotal 106.712,31 Taxa dirección de obra (4 %) 3.092,91 Control de Calidade (0.5 %) 386,53 Seguridade e Saúde (0.5%) 386,53 Total descontos 3.865,27 Importe líquido a percibir pola empresa 102.847,04 Certificación final por importe de 42.452,15 €: Euros MOVEX VIAL, S.L. (CIF B-36.684.157) 42.452,15 Subtotal 42.452,15 Taxa dirección de obra (4 %) 1.230,14 Control de Calidade (0.5 %) 153,77 Seguridade e Saúde (0.5%) 153,77 Total descontos 1.537,68 Importe líquido a percibir pola empresa 40.914,47 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16368.- CORRECCIÓN DE ERRO NOS ACORDOS Nº10.16038 E 1.16214 DAS XUNTA DE GOBERNO DE DATAS 9 DE ABRIL E 2 DE XUÑO DE 2008 Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno referentes as devolucións de garantías definitivas ás empresas CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. e SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. para responder das obras de “E.P. 7019 San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada)” e da obra “Humanización do entorno da área panorámica de Tui”, respectivamente, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 9 de abril de 2008 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L.: Onde di: “A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de trece mil oitocentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (13.896,80 €), para responder da obra de “E.P. San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada)”...” Debe dicir: “A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de trece mil novecentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (13.996,80 €), para responder da obra de “E.P. San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada)”...” Segundo.- Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 2 de xullo de 2008 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A.: Onde di: “A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dezaoito mil catrocentos euros con catro céntimos (18.400,04 €), para responder das obras “Humanización do entorno da área panorámica de Tui”...” Debe dicir: “A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de dezaoito mil oitocentos trinta e oito euros con catro céntimos (18.838,04 €), para responder das obras “Humanización do entorno da área panorámica de Tui”...” ------ Folla: 17.16369.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición