Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-01-14_Ordinaria. Acta de sesión 2009/01/14_Ordinaria
Acta de sesión 2009/01/14_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-01-14_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/01/14_Ordinaria
Data(s) 2009-01-14 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día catorce de xaneiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16827.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 23 e 30 de decembro de 2008. 2.16828.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN MEDIANTE O PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA A FAVOR DE Dª. EMILIA CASAL JIMÉNEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE PORTAS Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/07 unha subvención para arranxo de vivenda a favor de Dna. Emilia Casal Jiménez, veciña do Concello de Portas, polo importe de 3.115,94 €, concedida prórroga para tal subvención pola Xunta de Goberno do 21/11/07, presentada a xustificación da mesma e a vista do informe de fiscalización emitido o 23/12/08 polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo a partida 08/313.313.780.01-2007, da xustificación da subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 3.115,94 €, aprobara no seu día a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dna. Emilia Casal Jiménez, veciña do Concello de Portas. 3.16829.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN MEDIANTE O PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA A FAVOR DE Dª. FRANCISCA GARCÍA GAGO, VECIÑA DO CONCELLO DE PORTAS Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/07 unha subvención para arranxo de vivenda a favor de Dna. Francisca García Gago, veciña do Concello de Portas, polo importe de 2.416,67 €, concedida prórroga para tal subvención pola Xunta de Goberno do 21/11/07, presentada a xustificación da mesma e a vista do informe de fiscalización emitido o 23/12/08 polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo a partida 08/313.313.780.01-2007, da xustificación da subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 2.416,67 €, aprobara no seu día a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dna. Francisca García Gago, veciña do Concello de Portas. 4.16830.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO-2009 Retírase da orde do día, pendente de mellor estudo o expte. relativo á “Aprobación das bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos ano-2009”. 5.16831.- APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN CULTURAL-2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar as Bases do Plan Cultural – 2009. As bases son as que seguen. “PLAN CULTURAL 2009 B A S E S 1.- OBXECTO.- A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coas contías que se establecen para este fin por un importe total de 400.000,00 €, con cargo á partida 09/451.451.226.11 do orzamento provincial do ano 2009, ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do presente exercicio. 2.- DESTINATARIOS.- Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- PRAZO.- Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no Rexistro Xeral deste organismo dende o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 7 de febreiro de 2009, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8. As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN.- A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN.- Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: Grupo Importe/Euros Bandas de música: Grupo A 600 Grupo B 500 Grupo C 450 Masas corais: Grupo A 270 Grupo B 240 Grupos folclóricos: Grupo A 270 Grupo B 210 Grupo C 170 Música tradicional: Bandas de gaitas 240 Grupos de gaitas 170 Roldas 240 Folk 270 Música clásica: Grupo A 240 Grupo B 210 Orquestras 340 Teatro: Grupo A 500 Grupo B 375 Maxia 300 Grupos varios: Ballet e danza 240 Humoristas 210 Outros.... 210 6.- PAGAMENTO.- O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo departamento de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria xunto coa copia da autorización da actuación. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGA.- As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN.- Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou en anos anteriores, e non houbo variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN.- As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- Bandas de Música: as que teñan: a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- un mínimo de 50 membros. c.- un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- Masas Corais: as que teñan: a.- un mínimo de 50 membros. b.- un mínimo de 30 membros. 3.- Grupos Folclóricos: os que teñan: a.- 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b.- 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c.- 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - Relación de alumnos da escola de baile. 4.- Teatro: Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Programación para desenvolver e custo de montaxe 5.- Música Clásica, Música Tradicional e Varios: Música clásica: a.- Grupo A: grupos de cámara. b.- Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. d.- Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). 10.- SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS.- As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. 11.- SOLICITUDES DE ACTUACIÓN As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 12.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 13.- VIXENCIA O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2009, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.” 6.16832.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2009 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expte. relativo á “Aprobación das bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para 2009”. 7.16833.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E INFRAESTRUTURAS ANO 2009 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expte. relativo á “A probación das bases de subvencións dirixidas a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas e infraestruturas ano 2009”. 8.16834.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16835.- APROBACIÓN DAS BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2008 Vista a proposta do Servizo de Deportes e Xuventude relativo ás Bases de concesión de premios a deportistas ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as citadas bases, e que son do seguinte teor: “BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2008 A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-femenino) polos méritos deportivos acadados no ano 2008. PRIMEIRA: Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma. SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais ou con cinco anos de residencia na provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs. TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 19 de xaneiro do 2009, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta. CUARTA: Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue. Vogais: • Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva. • Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. • Un/unha representante das Federacións Deportivas. • Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as. Ós citados membros aboaráselle a cantidade de 45,00 € por cada reunión celebrada ata a resolución final dos premios. QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións. SEXTA: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2008, nomeando/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”. SÉTIMA: O Xurado designará “un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. OITAVA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.” 10.16836.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. SAN XEROME EMILIANI DE A GUARDA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “CAMPAMENTO DE DANZA E EXPRESIÓN CORPORAL”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 17/09/08 unha subvención a favor da Asoc. San Xerome Emiliani con CIF: G-36.018.802, do concello de A Guarda, por un importe de 702,00 €, para o “Campamento de danza e expresión corporal” con cargo á partida 08/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/12/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día por non conseguir financiamento suficiente para a realización da citada actividade, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.16837.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO DEZA PARA O ACONDICIONAMNETO DO SEU NOVO LOCAL A Deputación e a Asociación de empresarios do Deza asinaron un convenio de colaboración para o acondicionamento do seu novo local, cun custo de 226.964,91€, o cal foi aprobado pola Xunta de Goberno, en sesión 25 de maio de 2007. Esta administración obrigábase a cofinanciar as obras cunha achega de 60.000,00 €, mentres que a asociación debía contratar as obras, pór os terreos necesarios, obter as correspondentes licenzas municipais, ademais de achegar a cantidade de 166.964,91 €. A Asociación de empresarios do Deza remite un escrito sinalando que se xustificou os gastos realizados ata o momento pola cantidade 192.204,61 €, quedando por xustificar a contía de 34.760,30 €, polo que solicita prorroga do mencionado convenio ata o 30 de xuño de 2009, para poder acabar as obras e xustificar a cantidade pendente. Considerando que a cláusula quinta do convenio sinala que no caso de que as obras teñan unha duración superior deberá prorrogarse o convenio, a Xunta de goberno acorda por unanimidade: -Prorrogar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Empresarios do Deza para o acondicionamento do seu novo local, ata o 30 de xuño de 2009. 12.16838.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E PRESTACIÓN DUNHA VIAXE Á ESTACIÓN DE SKÍ DE SAN ISIDRO PARA OS ESTUDANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO PROGRAMA DE SEMANA BRANCA DA DEPUTACIÓN. ANO 2009 A Xunta de Goberno, en sesión 26 de novembro de 2008, acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de Semana Branca da Deputación, cuxo anuncio do procedemento foi publicado no BOP (nº 238, 11 de decembro de 2008). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 22 de decembro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da Xefa do Servizo de Acción social, de data 7 de xaneiro de 2008, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento para a contratación da xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de “Semana Branca da Deputación. Ano 2009”, á empresa Viajes Marsans, S.A., (Cif A-08.018.921), polo prezo de douscentos cincuenta euros/persoa, (250,00 €), máis a cantidade de corenta euros correspondente ó IVE, (40,00 €). A adxudicación motívase por ser a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións, e reunir todos os requisitos esixidos no Concurso. O prezo da viaxe financiarase do seguinte xeito: -A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 95,00 € por persoa participante. - Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 35,00 euros/persoa. - As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 160,00 euros. Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do orzamento máximo, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír, cada unha, a garantía definitiva, por importe de 4.094,82 € na caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, de 30 de outubro. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 115,07 polo gasto do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia. O pago da parte correspondente á Deputación irá con cargo á partida 08/313.313.227.09 do vixente Orzamento Provincial. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. 13.16839.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO) (REMANENTES PPC 2007) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 28 de novembro de 2007, polo que se adxudicou a NAROM, S.L. a obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val - Barciademera (Mondariz -Covelo) (Remanentes PPC 2007)”, na suma de 202.711,52 €, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 19/11/2008, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 238.068,11 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 35.356,59 €, que foi redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que iniciada a obra constatouse a necesidade de construír novos accesos a camiños municipais, escavación e desmonte de roca mediante voadura non proxectada inicialmente, incrementos na lonxitude de muros, reposición de servizos afectados e ampliación do enlace coa estrada Mondariz - Moscoso da Xunta de Galicia. Visto o escrito de NAROM, S.L., adxudicataria da obra inicial, no que manifesta a súa conformidade ás unidades de obra e orzamento do proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral en canto ó procedemento proposto para a adxudicación da obra. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto por importe de 35.356,59 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.3 do TRLCAP, a NAROM, S.L., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val -Barciademera (Mondariz-Covelo) (Remanentes PPC 2007)”, na suma de 35.356,59 €, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. 14.16840.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. 5106 COVELO-BARCIADEMERA (COVELO) (REMANENTES PPC 2007) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 28 de novembro de 2007, polo que se adxudicou a NAROM, S.L. a obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo) (PPC 2007)”, na suma de 171.478,00 €, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 05/11/2008, polo que se prestou aprobación ó referido proxecto modificado por importe de 205.528,99 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 34.050,99 €, que foi redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que iniciada a obra durante a execución do ensanche da explanación, con derrubamento de muros e peches e construción en novo aliñamento, nunha lonxitude de 360 m., prevista no proxecto inicial, quedaba un tramo sen ensanchar entre o PK 0+360 e 0+620, solicitándose á Deputación polos veciños a continuación do encanche para o que cederon os terreos necesarios para a súa execución. Visto o escrito de NAROM, S.L., adxudicataria da obra inicial, no que manifesta a súa conformidade ás unidades de obra e orzamento do proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral en canto ó procedemento proposto para a adxudicación da obra. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto por importe de 34.050,99 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.3 do TRLCAP, a NAROM, S.L., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora de trazado e pavimento E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo) (PPC 2007)”, na suma de 34.050,99 €, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. 15.16841.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE MUROS E PAVIMENTACIÓN EN TRAVESÍA DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)” Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto da obra “Construción de muros e pavimentación en Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)”, por importe de cento noventa e nove mil novecentos corenta e un euros con trece céntimos (199.941,13 €) sendo a cantidade correspondente ó IVE trinta e un mil novecentos noventa euros con cincuenta e oito céntimos (31.923,38 €). 16.16842.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “ACTUACIÓNS VARIAS E.P.9305 E FIRME EN MIRAFLORES (SANXENXO)” Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto da obra “Actuacións varias E.P. 9305 e firme en Miraflores (Sanxenxo)”, por importe de cento noventa e nove mil cento corenta e oito euros con noventa e nove céntimos (199.148,99 €) sendo a cantidade correspondente ó IVE trinta e un mil oitocentos sesenta e tres euros con oitenta e catro céntimos (31.863,84€). 17.16843- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2009” Visto o escrito da Xefe do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, dentro das súas actividades sociais, esta levando a cabo un programa denominado “Ti Tamén Contas”, que ten a finalidade de promover, fomentar e mellorar a situación das persoas maiores da provincia de Pontevedra, mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo se estima na cantidade máxima de 102.000,00 euros. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “Ti Tamén Contas”, en función dun tipo de licitación de mil douscentos sesenta euros por curso (1.260,00 €), a razón de 42 euros por hora, ata unha cantidade máxima de 102.000,00 euros, e en función da seguinte división por lotes: • Zona 1, correspondente ás Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. • Zona 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto por importe de 102.000,00 euros con cargo á partida 09/313.313.227.09 correspondente ó Orzamento Provincial do ano 2009. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2009”. 1.-OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades de formación dirixidas a asociacións de persoas maiores dentro do programa social “Ti Tamén Contas”, que ten como finalidade potenciar a autonomía das persoas maiores, mellorando a súa capacidade física e psíquica, así como previr situacións de illamento, soidade ou escasa socialización deste colectivo. O contrato comprende a impartición dos cursos desagregados no prego de prescricións técnicas e que se engloban nas seguintes áreas: • Desenvolvemento persoal e saúde. • Arte e manualidades. • Cultura e cultura tradicional. • Informática. • Informativa. • Discapacidade. A cada Asociación concederáselle un só curso, cunha duración máxima de 30 horas sendo impartidos un día á semana durante 2 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa do curso e o material didáctico (fotocopias), así como ordenadores nos cursos de informática, cociña nos cursos de elaboración de licores e conservas e padiolas para os cursos de masaxes. Estes materiais deberán ser levados pola empresa adxudicataria ó local onde se van impartir os cursos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada unha das alumnas o material que estas necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en dúas grandes zonas de actuación: • Zona 1, correspondente ás Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. • Zona 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que efectúen as asociacións, e sempre que non se supere a cantidade máxima sinalada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas nas que estean interesadas en participar. A cada asociación concederáselle un só curso, estimándose en 80 o número máximo de asociacións participantes. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante o ano 2009 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil douscentos sesenta euros por curso, en función dun prezo máximo por hora de 42 euros. Todas estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade máxima de 102.000,00 euros. 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (LCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación.- 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMEN CONTAS 2009” DA ZONA_________________ Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Este sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1) Modelo de proposición económica, seguindo estritamente o establecido na cláusula final. 2) Proposta técnica. Deberá incluír os seguintes datos: -Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. -Profesorado, e titulación. -Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. -Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. -Proposta de seguros. -Proposta de cronograma de execución. -Posibles melloras. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMEN CONTAS 2009” 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4.- Para as empresas extranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. No caso de presentarse a máis dun lote, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada lote ó que se licite. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefe do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. 2. Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 2,5 puntos. 3. Recursos destinados á impartición de actividades, ata 1,5 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. 4. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 1 punto. Valoraranse as seguintes melloras: - Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. - Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtidos incluída memoria gráfica. - Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. - Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto Ti tamén contas e da Deputación de Pontevedra. - Outras melloras. O apartado 1 será valorado aplicando a seguinte fórmula: 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, aviso previo ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e perdas sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don........................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ..................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ................con domicilio en ......................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMEN CONTAS 2009” ZONA _____ comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de ______________euros por curso. (Data e sinatura do propoñente).” 18.16844.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2009” Visto o escrito da Xefe do Servizo de Acción Social participando que a Deputación dentro das súas actividades sociais esta levando a cabo un programa denominado “Pensa en ti”, que ten a finalidade de concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento e promocionar o traballo creativo, mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo se estima na cantidade máxima de douscentos catro mil euros, 204.000,00 euros. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti 2009”, en función dun tipo de licitación de mil douscentos euros por curso (1.200,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, a razón de 40 euros por hora, ata unha cantidade máxima de 204.000,00 euros, e en función da seguinte división por lotes: • Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Zona 3, correspondente a Tabeirós e Deza. • Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. • Zona 5, correspondente á zona do Salnés. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto por importe de 204.000,00 euros con cargo á partida 09/313.313.227.09 correspondente ó Orzamento Provincial do ano 2009. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2009”. 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a Asociacións de mulleres da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti”. Este Programa de carácter social ten como finalidade concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento, así como promocionar o traballo creativo e novos campos de interese. O contrato comprende a impartición de cursos englobados nas seguintes áreas: • Arte, manualidades e bricolaxe. • Cultura tradicional. • Desenvolvemento persoal e saúde. • Igualdade de oportunidades. • Área de xestión. • Música e baile. • Educativa e de idiomas. A cada asociación concederáselle un só curso, cunha duración de 30 horas sendo impartidos un ou dous días á semana. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa de cada curso, o material didáctico (fotocopias) e os aparellos necesarios para a realización dos cursos (como ordenadores nos cursos de informática, padiolas nos cursos de masaxe, esteiras no caso de cursos de ximnasia, aerobic, taichi, etc ). Este material deberá ser levado pola empresa adxudicataria ó local onde a asociación vaia realizar o curso. Así mesmo deberá elaborar as carpetas e diplomas a entregar ós alumnos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada unha das alumnas o material que estas necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco zonas de actuación: • Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Zona 3, correspondente a Tabeirós e Deza. • Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. • Zona 5, correspondente á zona do Salnés. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que se reciban das Asociacións, sempre que non se supere a cantidade máxima fixada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas en que estean interesados en participar. A cada asociación concédeselle un só curso, estimándose que o número de asociacións participantes se eleve a 170 asociacións. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante o ano 2009 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil douscentos euros por curso, en función dun prezo máximo por hora de 40,00 euros. Todas estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade máxima de douscentos catro mil euros (204.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (LCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2009” DA ZONA_________________ Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Este sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1) Modelo de proposición económica, seguindo estritamente o establecido na cláusula final. 2) Proposta técnica: Deberá incluír os seguintes datos: - Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. - Profesorado, e titulación. - Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. - Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. - Proposta de seguros. - Proposta de cronograma de execución. - Posibles melloras. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2009” 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o for, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. No caso de presentarse a máis dun lote, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada lote ó que se licite. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefe do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. 2. Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 2,5 puntos. 3. Recursos destinados á impartición de actividades, ata 1,5 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. 4. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 1 punto. Valoraranse as seguintes melloras: -Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. -Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtidos incluída memoria gráfica. -Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. -Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto “Pensa en ti” e da Deputación de Pontevedra. -Outras melloras. O apartado 1 será valorado aplicando a seguinte fórmula: 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, aviso previo ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e perdas sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don..................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ..................... con domicilio en ..........................., teléfono................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio , para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” ZONA ___________ comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo prezo de _____________euros por curso. (Data e sinatura do propoñente).” 19.16845.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRA Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de diversas obras, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno a aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125) e, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Facturas nº 31/08, por un importe de 6.276,49 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.- 35.973.146-L), que xustifica os traballos de dirección da obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, correspondente a certificación número 20. - Facturas nº 2008/151, por un importe de 6.276,49 €, do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF.- 36.042.815 - K), que xustifica os traballos de dirección da obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, correspondente a certificación número 20. - Facturas nº 32/08, por un importe de 932,45 € e nº 33/08 por un importe de 914,78 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.- 35.973.146-L), que xustifican os traballos de Dirección da obra “Reforma e ampliación da Cofradía de Pescadores de Cambados”, correspondentes ás certificacións número 7 e 8. 20.16846.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota