ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/05/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-05-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/05/27_Ordinaria

  • Data(s) 2009-05-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e sete de maio do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela e D. José Carlos Silva Mariño. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16931.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de maio de 2009. 2.16932.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil setecentos oitenta e catro euros (1.784,00 €), para responder da obra “Peche de campo de fútbol de Sárdoma (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/01/2008 con número de operación 200800006385, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder da obra “Construción de bancada no campo de fútbol de Candeán (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/01/2008 con número de operación 200800006386, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil catrocentos oito euros (1.408,00 €), para responder da obra “Peche de campo de fútbol de Valladares (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/01/2008 con número de operación 200800006384, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de mil trescentos oitenta e catro euros con oitenta céntimos (1.384,80 €), para responder da obra “E.P. 6411 estrada antiga de Oiros (Vila de Cruces)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/01/2007 con número de operación 200700004624, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de tres mil cincocentos cincuenta euros con trinta e sete céntimos (3.550,37 €), para responder da obra “E.P. Portela- Antas de Ulla (Rodeiro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/07/2003 con número de operación 200300049988, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de catro mil trescentos setenta e oito euros con corenta céntimos (4.378,40 €), para responder da obra “Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña E.P. 9002 Fefiñanes- Oubiña (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/09/2007 con número de operación 200700074094, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES SISÁN, S.L. (CIF B- 36.360.501) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de seis mil trescentos sesenta euros con cincuenta e catro céntimos (6.360,54 €), para responder da obra “Modificado da obra terminación do pavillón municipal de Beiro (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/11/2005 con número de operación 200500101571, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de catrocentos corenta e cinco euros con trinta céntimos (445,30 €), para responder da “Aluguer dunha retro-pa de rodas 4x4 de 70 CV. durante 365 horas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/03/2008 con número de operación 200800024277, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EQUIPAMIENTOS Y SERVICIOS DEPORTIVOS NAUTICALIA, S.L. (CIF B- 36.862.258) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oito mil oitocentos sesenta e nove euros con setenta e seis céntimos (8.869,76€), para responder do “Subministro de material deportivo para el Centro Interfederado de Remo de Tui”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/07/2007 con número de operación 200700057031, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.16933.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA–ANO 2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE MAIO VILAGARCÍA DE AROUSA 10/05/09 FESTA DA BICICLETA TOMIÑO 24/05/09 FESTA DA BICICLETA XUÑO PORTAS 14/06/09 FESTA DA BICICLETA TUI 20/06/09 FESTA DA BICICLETA VILABOA 21/06/09 FESTA DA BICICLETA MOS 28/06/09 FESTA DA BICICLETA 4.16934.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.16935.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILAGARACÍA DE AROUSA, DENTRO DO PROGRAMA DE “AXUDAS A DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS-2007” Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 23/03/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas para a dotación de servizos básicos a praias - 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Concello de Vilagarcía de Arousa (P3606000B) Praza Ravella, 1 36600 Vilagarcía de Arousa 38.208,00 € 12.000,00 € 54.588,44 € 12.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario e da técnica de Medio Ambiente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, correspondente ó programa “Axudas para a dotación de servizos básicos a praias - 2007”, con cargo á partida 09/711.442.762.82.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) Finalidade Importe a pagar Observacións Concello de Vilagarcía de Arousa (P3606000B) Instalación de parques biosaudables en praias 12.000,00 € 6.16936.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de maio de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008 prorrogado para 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000588 e que contén quince facturas, sendo a primeira de Cableuropa S.A.U., por importe de 1.606,02€ e a derradeira de Viajes Marsans, S.A., por importe 2.055,54 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 68.417,21 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 68.417,21 € 7.16937.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “E.P. 1104 MOAÑA-COIRO (CANGAS-MOAÑA)” EXPTE. D09/0040 A Xunta de Goberno, en sesión de 06/05/2009, adxudicou provisionalmente a obra de “E.P. 1104 Moaña-Coiro (Cangas-Moaña)” á empresa Construcciones Crespo, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “E.P. 1104 Moaña-Coiro (Cangas-Moaña)”, efectuada, en sesión de 6 de maio do ano en curso, a favor de Construcciones Crespo, S.A. na suma de 185.009,96 €, máis 29.601,59 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de cinco meses, melloras valoradas en 3.000,00 € e o 1,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. 8.16938.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1009 ACCESO PRAIA DE MENDUIÑA (CANGAS) EXPTE. D09/0042 A Xunta de Goberno, en sesión de 06/05/2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Ensanche e mellora E.P. 1009 Acceso praia de Menduíña (Cangas)” á empresa Construcciones Crespo, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Ensanche e mellora E.P. 1009 Acceso praia de Menduíña (Cangas)”, efectuada, en sesión de 6 de maio do ano en curso, a favor de Construcciones Crespo, S.A. na suma de 172.190,36 €, máis 27.550,46 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 3.000,00 € e o 1,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. 9.16939.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “TRABALLOS PENDENTES DE ENSANCHE E DOTACIÓN DE SERVIZOS EN VIRXE DAS MAREAS (O GROVE) EXPTE. D09/0018 A Xunta de Goberno, en sesión de 06/05/2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)”, á empresa Elsamex, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)”, efectuada, en sesión de 6 de maio do ano en curso, a favor de Elsamex, S.A. na suma de 172.179,98 €, máis 27.548,80 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de tres semanas, melloras valoradas en 345,24 € e o 0,50 % do orzamento de execución material para control de calidade. 10.16940.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CRECENTE” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18/02/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Crecente para a execución da obra de “Rehabilitación e ampliación do pavillón polideportivo de Crecente, con orzamento de 610.443,55 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 04/02/2009, prestou aprobación ó proxecto de dita obra, por un importe de 610.443,55 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18/02/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación da obra, mediante procedemento aberto. Resultando que con data 06/04/2009, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas, que foron as seguintes: ROYMER OBRA CIVIL, S.L., ORECO, S.A., MOVEX VIAL, S.L., TAELPO, S. COOP., UTE INSTALACIONES ELECTRICAS SANXENXO, S.L.U.-CONSTRUCCIONES GONZALEZ OTERO, S.L., TERRAUGA PROYECTOS Y OBRAS, S.L., UTE CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A.-OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L., CRC OBRAS Y SERVICIOS, S.L., NOVOLAR DE AROUSA, S.L., DENGON CONSTRUCCIONES Y SERVICIOS, S.L., EXCONSA, S.L., ANTONIO FRAMIÑAN, S.L., CONSTRUCCIONES ANGEL JOVE, S.A., AGECO CONSTRUCIONES Y REFORMAS, S.L. e ANTALSIS, S.L. Resultando que polo Servizo de Arquitectura se emite informe sobre as ofertas admitidas, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra, considerando a oferta máis vantaxosa a formulada por Antalsis, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 27/05/2009, á vista do informe emitido polo Servizo de Arquitectura formula proposta de adxudicación da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Antalsis, S.L. a obra de “Rehabilitación e ampliación do Pavillón Polideportivo de Crecente”, na suma de 432.520,30 €, máis 69.203,25 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de oito meses, melloras valoradas en 10.102,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 21.626,01 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 115,07 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 11.16941.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “NAVE DE SERVIZOS PARA INSTALACIÓN DE KARTING EN FORCAREI” EXPTE. D08/0070 Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10/12/2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Nave de servizos para instalación de karting en Forcarei”, con orzamento de 150.463,60 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Construcciones Abal, S.A., Construpama, S.L. e Ediserpo, S.L., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución da devandita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación, renunciando a presentar oferta Construpama, S.L. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emitiuse informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Construcciones Abal, S.A. como a máis económicas, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 26/05/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Construcciones Abal, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construcciones Abal, S.A. a obra de “Nave de servizos para instalación de karting en Forcarei” (Expte. D08/0070) na suma de 129.620,69 €, máis 20.739,31 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 500,00 €, e o 0,50 % do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 6.481,03 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. 12.16942.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO LOTE NÚMERO 66 DO PROCEDEMENTO ABERTO CORRESPONDENTE A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS DO ANO 2009, CON MOTIVO DA RENUNCIA EFECTUADA POLA EMPRESA ADXUDICATARIA Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 11 de febreiro de 2009 adxudicáronse definitivamente os lotes do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e a subministración de materiais do ano 2009, entre os que figuraba o seguinte: Lote Adxudicatario Tm Prezo Unitario Ive Total Prezo Unitario Total 66 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784). Por subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 7500 Tm 25,00 4,00 29,00 217.500,00 Resultando que a empresa Cotrarga, S.L., adxudicataria deste contrato, mediante escrito de data 18 de maio de 2009, informa sobre unha avaría xurdida na planta que subministra a mestura bituminosa, cuxa reparación se pode demorar no tempo, motivo polo cal solicita que lle sexa admitida a renuncia ó mencionado contrato. Resultando que o Parque de Maquinaria emite informe no que figura que a cantidade subministrada pola empresa Construccións-Transportes y Aglomerados de Galicia (Cotrarga, S.L.), na actualidade, ascende a 1.141,24 Tm, quedando pendente de subministrar a cantidade de 6.358,76 Tm. Resultando que para optar á adxudicación do lote número 66 da subministración de materiais do ano 2009 presentaran proposicións económicas as empresas, Cotrarga, S.L.; Pavimentos de Meaño, S.L.; Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. Covsa, S.A. e Construcións, Obras e Viais, S.A. Resultando que as empresas, Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. e Pavimentos de Meaño, S.L., manifestan en sendos escritos de data 25 e 26 de maio de 2009, que non están interesadas na adxudicación do lote n.º 66 polos prezos ofertados no seu día e que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A, (COVSA, S.A.) presta a súa conformidade para efectuar a subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D), ó prezo ofertado de 26,72 euros/Tm, sen IVE. Resultando que ó prezo ofertado pola empresa Construcións, Obras e Viais, S.A, (COVSA, S.A.), se poida efectuar a subministración de 5.948 Tm., sen que supoña un custo superior ao adxudicado inicialmente pola Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 11 de febreiro de 2009. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a renuncia efectuada pola empresa Construcciones-Transportes y Aglomerados de Galicia (COTRARGA, S.L.), C.I.F.- B-36.571.784), pola imposibilidade sobrevida de continuar subministrando os materiais do lote n.º 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009, tras subministrar 1.141,24 Tm. de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico AC 16 SURF 5070 D. 2.- Que se inicien os trámites para proceder á devolución da fianza constituída pola empresa Cotrarga, S.L., por importe de 9.375,00 euros ó obxecto de responder do lote n.º 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009. 3.- Adxudicar provisionalmente á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (COVSA). (A-36008886), a parte restante do lote n.º 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009, e que se concreta na cantidade máxima de 5.948 Tm. de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico AC 16 SURF 5070 D., por importe total de cento oitenta e catro mil trescentos oitenta e oito euros (184.388,00€), IVE incluído, a razón de 31,00 euros/tonelada e de acordo co seguinte detalle: Lote Adxudicatario Tm Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario Total 66 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886), Por subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 5.948 Tm 26,72 4,28 31,00 184.388,00 4.- Conceder ó adxudicatario provisional, Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA) un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 7.946,53 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 5.- O pagamento da subministración de materiais obxecto desta contratación efectuarase ás empresas adxudicatarias detalladas nos apartados anteriores, na parte que subministrasen cada unha delas, con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02, do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 13.16943.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº27 DA OBRA “CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm. 27 relativa á obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día a Empresa Oreco, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 21 de maio de 2009, e así mesmo de acordo coa Base 17ª de execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (CIF. A-36.614.691) 09/451.452.662.02.2008 (Deputación) 205.214,90 € SUBTOTAL ………. 205.214.90 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 5.946,54 € Control de calidade (2% PEM) 2.973,27 € Seguridade e saúde (O,72% PEM) 1.070,38 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ….. 195.224,71 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 14.16944.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRA Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas ós traballos de dirección de obra, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.08 (099.125) e 419.09 (099.129) e, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: - Factura nº 2009/020 por un importe de 1.858,29 €, de D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 - k), que xustifica os traballos de dirección de obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” certificación nº 27. - Factura nº 07/09 por un importe de 1.858,29 €, de D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146 - L), que xustifica os traballos de dirección de obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” certificación nº 27. - Factura nº 2009/A 1327, por un importe de 2.241,70 €, de Enmacosa, S.A., (NIF A – 36.039.956), que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento”. 15.16945.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición