ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/06/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-06-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/06/03_Ordinaria

  • Data(s) 2009-06-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día tres de xuño do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Julio Souto Diz. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16946.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de maio de 2009. 2.16947.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN DE ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008 A FAVOR DE DNA. ROSA FRAIZ RIVAS, VECIÑA DO CONCELLO DA ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno do 23/07/2008 unha subvención de 2.251,17 €, para arranxo de vivenda, a favor de Dona Rosa Fraiz Rivas, veciña do Concello de Estrada, requiríndose o 05/05/2009 á devandita beneficiaria da subvención a documentación acreditativa da execución das obras, e solicitada pola mesma unha prórroga para rematar a xustificación da axuda, mediante informe do 21/05/2009 da Traballadora Social do citado concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2009, para a xustificación da subvención de arranxo de vivenda, que aprobou a Xunta de Goberno do 23/07/2008, a favor de Dona Rosa Fraiz Rivas, veciña do concello da Estrada, polo importe de 2.251,17 €. 3.16948.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE OIA DA OBRA INCLUÍDA NO PSA/2006-2008, ANUALIDADE 2007-08 Nº 87-81/1211 “CONSTRUCIÓN DEPÓSITO DE AUGA EN MOUGÁS”, PARA A OBRA NÚM. 137-121/1239 “REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA PARROQUIA DE MOUGÁS” Vista a petición do Concello de Oia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 87-81/1211: “Construción depósito de auga en Mougás”, incluída no PSA/2006-08, para a obra nº 137-121/1239: Rede de abastecemento municipal de auga potable na parroquia de Mougás”, coa mesma subvención que a anterior de 1.635,57 euros na anualidade 2007 e 28.308,76 euros na anualidade 2008, con cargo ás partidas 09/911.441.762.45.2007 e 09/911.441.762.45.2008, quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 12.13922, de 21 de abril de 2006. 4.16949.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATACIÓN DUN SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 1 de abril de 2009 acordou declarar deserto o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para os funcionarios de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra, así como iniciar un novo procedemento de adxudicación, conservando o expediente de contratación aprobado pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 21 de xaneiro de 2009, coas modificacións nos pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas seguintes: -O prezo asegurado/mes fíxase en 44,50 euros, impostos incluídos. -A cantidade anual estimada do contrato cífrase en 320.400,00 euros, de acordo ó seguinte detalle por anualidades: IMPORTE MES MESES IMPORTE TOTAL Ano 2009 (xullo- decembro ) 26.700,00 6 160.200,00 Ano 2010 (xaneiro-decembro) 26.700,00 12 320.400,00 Ano 2011 (xaneiro-xuño) 26.700,00 6 160.200,00 640.800,00 Resultando que o anuncio do novo procedemento aberto convocado para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 3 de abril de 2009, aparecendo publicado no devandito suplemento o día 8 de abril de 2009 (Anuncio de licitación 2009/S 68-098566), así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 72 de data 17 de abril de 2009 e no Boletín Oficial do Estado número 99 do 23 de abril de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 28 de maio de 2009, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura da única proposición económica presentada pola empresa, Compañía de Seguros Adeslas, S.A., a cal foi admitida a este procedemento aberto, pasando a seguir o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación e Inspección Médica. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2009 e de acordo cos informes emitidos pola Inspectora Médica e pola Xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación, ambos de data 28 de maio de 2009, formula proposta para adxudicar este contrato á Compañía de Seguros Adeslas, S.A., motivado a adxudicación polo feito de ser a única empresa presentada e admitida a este procedemento aberto e por cumprir os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas económicas administrativas e técnicas. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato privado, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para efectuar contratos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da mesa de contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, Compañía de Seguros Adeslas, S.A., (C.I.F.- A-40001430) , o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, polo prezo de corenta e catro euros con cincuenta céntimos (44,50 euros) por cada beneficiario ó mes, impostos incluídos. A vixencia do seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra establécese en dous anos contado dende as cero horas do día primeiro do mes seguinte ó da adxudicación definitiva deste procedemento aberto, previa formalización do correspondente contrato, sendo susceptible de prórroga por idéntico período, sen que a duración total do contrato de seguro, incluídas as prórrogas acordadas de forma expresa, poida exceder de catro anos. 2. Conceder á empresa, Compañía de Seguros Adeslas, S.A., (C.I.F.- A-40001430), en calidade de adxudicatario provisional deste procedemento aberto, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 32.040,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 5.16950.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 22 de abril de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, pola cantidade máxima de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 12.500,00 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 19 de maio de 2009, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Transgalaica, S.L.; Atlas Servicios Empresariales, S.A.; Altega, S.L. e Esproade, S.L. , as cales foron admitidas a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” desta Deputación Provincial. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2009 e en base ó informe emitido pola Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, con data 27 de maio de 2009, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Transgalaica, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a seguinte puntuación: Transgalaica, S.L. 4,83 puntos Altega, S.L. 4,23 puntos Esproade, S.L. 3,26 puntos Atlas Servizos Empresariais, S.A. 2,97 puntos Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da mesa de contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente, á empresa, Transgalaica, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), o procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, polo prezo reflectido na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo do contrato 114.900,00 € B) IVE (7%) 8.043,00 € C) Total (A +B) 122.943,00 € A razón do seguinte prezo unitario por cada quenda de campamento: D) Prezo 11.490,00 € E) IVE (7%) 804,30 € F) Total (A +B) 12.294,30 € Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a seguir. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-09 ó 30-06-09 200 7 200 2º Campamento 01-07-09 ó 07-07-09 200 7 200 3º Campamento 08-07-09 ó 14-07-09 200 7 200 4º Campamento 16-07-09 ó 22-07-09 200 7 200 5º Campamento 23-07-09 ó 29-07-09 200 7 200 6º Campamento 01-08-09 ó 07-08-09 200 7 200 7º Campamento 08-08-09 ó 14-08-09 200 7 200 8º Campamento 16-08-09 ó 22-08-09 200 7 200 9º Campamento 23-08-09 ó 29-08-09 200 7 200 10º Campamento 30-08-09 ó 05-09-09 200 7 200 TOTAL........... 2.000 2. Conceder á empresa, Transgalaica, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), en calidade de adxudicatario provisional deste procedemento aberto, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 5.745,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 6.16951.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA E A CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILANOVA PARA A REALIZACIÓN DA REFORMA DA “CASA DO PESCADOR” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra e a Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa pretenden asinar un convenio de colaboración para a realización da reforma da “Casa do pescador”, un custo total estimado na cantidade de douscentos corenta e un mil trescentos tres euros con cincuenta e cinco céntimos (241.303,55 €). O Sr. Secretario informa favorablemente o proxecto do convenio de colaboración. Por intervención se emite informe no que se participa que o obxecto do convenio financiarase pola parte que corresponde á Deputación con cargo á partida 09/711.711.668.07 por importe de 124.296,21 €, os cales están previstos no orzamento de 2009 que foi aprobado inicialmente polo Pleno na súa sesión do 30 de abril. En canto á anualidade de 2010, por importe de 87.077,34 € financiarase con cargo á partida correspondente partida quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vilanova de Arousa e a Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, para a realización da reforma da “Casa do Pescador”. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA E A CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILANOVA, PARA A REALIZACIÓN DA REFORMA DA “CASA DO PESCADOR” En Vilanova de Arousa a, de de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Gonzalo Durán Hermida, Alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, actuando en nome e representación de dita Entidade. Dª Evangelina Lago Valla, con DNI 24.130.355, Patrona Maior da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, con sede social na Pza do Parque s/n, actuando en nome e representación de dita Entidade. As partes intervenientes recoñécense con capacidade para formalizar o presente Convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas e MANIFESTAN O Concello de Vilanova de Arousa ten unha forte tradición mariñeira que o longo dos anos marcou a existencia e vida profesional de sectores primordiais da súa poboación. Co obxecto de atender dunha forma mais eficaz os servizos que presta a Confraría ós seus integrantes, en actividades como a formación, a atención ós problemas dos pescadores tanto da flota de baixura como dos mariscadores de a pé, etc. é de todo imprescindible e urxente adecuar o edificio da Confraría a estas novas necesidades. Para alcanzar estes obxectivos debe levarse a cabo unha restauración do edificio existente, de acordou co proxecto de execución de obra que se redacte e que se estima nun custo de 241.303,55 euros sen que a Confraría poida abordar por sí sola, e mais nestes momentos de crise económica, a realización deste proxecto, sendo de todo necesaria a colaboración doutras Administracións. Por todo o exposto, as partes acordan subscribir o presente Convenio de colaboración con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto do Convenio. O presente convenio ten por obxecto definir os termos e condicións de colaboración entre as partes intervenientes para levar a cabo a realización do proxecto de reforma do edificio da Casa do Pescador, situado na praza do Parque s/n de Vilanova de Arousa, por un importe de 241.303,55 euros. SEGUNDA.- Obrigas da Deputación de Pontevedra. 1.- A Deputación de Pontevedra cofinanciará as obras do proxecto de adecuación da Casa do Pescador, de acordo coas seguintes anualidades: Ano 2009 124.296,21 euros Ano 2010 87.007,34 euros A achega de 124.296,21 euros, correspondente o ano 2009, imputarase a partida orzamentaria 711.711.668.07 e a cantidade restante de 87.007,34 euros a correspondente do orzamento do ano 2010. 2.- Así mesmo a Deputación procederá a contratación da redacción do proxecto, cun custo estimado de 15.000,00 euros que serán imputables a partida 711.711.668.07. 3.- A Deputación a través do Servizo de Contratación levará a cabo a tramitación do expediente para levar a cabo a contratación das obras comprendidas no proxecto. TERCEIRA.- Obrigas da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa. 1.-A Confraría de Pescadores cofinanciará dito proxecto na contía de 30.000,00 euros achegando 20.000,00 no ano 2009 e 10.000,00 euros no ano 2010. A cantidade correspondente o exercicio 2009 deberán ingresala nas arcas provinciais unha vez formalizado o convenio e antes de aprobar o expediente de contratación, e a cantidade correspondente a anualidade do 2010, deberá ser ingresada antes do 31 de xaneiro dese ano. Dita achega supón un ingreso de dereito público e xerará crédito nas partidas sinaladas con anterioridade na cláusula segunda. 2.- Calquera incidencia que poida xurdir na execución das obras e que obriguen a unha modificación do proxecto e ampliación do contrato, será financiada por conta da Confraría de Pescadores. 3.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 4.- Debera dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. CUARTA.- Obrigas do Concello de Vilanova de Arousa. Co obxecto de poder efectuar ditas obras, o Concello de Vilanova de Arousa eximirá do pagamento da licenza correspondente a Confraría, e acelerará na medida do posible o seu outorgamento para a realización das mesmas. QUINTA.- Entrada en vigor e duración O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura e manterá a súa vixencia durante o tempo que dure a obra, en todo caso nun máximo de tres anos. En caso de que as obras teñan unha duración superior, deberá prorrogarse expresamente o convenio. SEXTA.- Denuncia e cesación da vixencia. Calquera outorgante pode resolver anticipadamente o Convenio no que el respecta, en tanto que comunique ás outras partes a súa intención de facelo cunha antelación mínima de seis meses. A cesación da vixencia do Convenio non afectará as medidas de cooperación adoptadas e executadas ou que estean en execución, debendo constituírse, neste último caso, un Comité Paritario coa finalidade de asegurar as conclusións da execución de tales medidas. SÉTIMA.- Resolución de conflitos O convenio terá un carácter administrativo e corresponde a Deputación de Pontevedra a prerrogativa de interpretalo e a resolución das dúbidas que xurdan no seu cumprimento e, con carácter supletorio, ó establecido na Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, sendo competente en caso de litixio, os Xulgados e Tribunais da Xurisdición Contencioso-Administrativa da cidade de Pontevedra. En proba de conformidade, asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto. Pola Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello de Vilanova de Arousa Gonzalo Durán Hermida Pola Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa Evangelina Lago Valla” 7.16952.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN XULIÁN” DA ILLA DE AROUSA, PARA ADECUACIÓN E REFORMA DO LOCAL SOCIAL Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Confraría de Pescadores “San Xulian” da Illa de Arousa, para a adecuación e reforma do local social, cun custo total estimado na cantidade de douscentos corenta e catro mil euros (244.000,00 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a confraría de pescadores “San Xulian” da Illa de Arousa, para a adecuación e reforma do local social. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN XULIAN” DA ILLA DE AROUSA, PARA A ADECUACIÓN E REFORMA DO LOCAL SOCIAL Na Illa de Arousa a, de de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Benigno Chaves Boullosa, con DNI 35.435.528-A, Patrón Maior da Confraría de Pescadores “San Xulian” da Illa de Arousa, con sede social na Avda. de Castelao nº32, actuando en nome e representación de dita Entidade. As partes intervenientes recoñécense con capacidade para formalizar o presente Convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas e MANIFESTAN A ría de Arousa, representa na economía provincial un dos expoñentes máis cualificados da riqueza pesqueira nos seus distintos ámbitos. E nesta ría é de destacar a importancia das actividades que ven realizando a Confraría de Pescadores. Pois ben, co obxecto de poder atender dunha forma máis eficaz os servizos que ven prestando ós seus integrantes, faise de todo indispensable adecuar as instalacións do edificio da Confraría. Para alcanzar este obxectivo debe levarse a cabo unha restauración do edificio existente, de acordo co proxecto de execución de obra que se redacte e que se estima nun custo de 244.000,00 euros, sen que a Confraría poida abordar por si soa, e mais nestes momentos de crise económica, a realización deste proxecto, sendo de todo necesaria a colaboración doutras Administracións. Por todo o exposto, as partes acordan subscribir o presente Convenio de colaboración con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA- Obxecto do Convenio. O presente convenio ten por obxecto definir os termos e condicións de colaboración entre as partes intervenientes para levar a cabo as obras de reforma do edificio da Confraría de Pescadores “San Xulian “ de A Illa de Arousa, por un importe de 244.000,00 euros. SEGUNDA.- Obrigas da Deputación de Pontevedra. 1.- A Deputación de Pontevedra cofinanciará as obras do proxecto de adecuación do edificio da Confraría de Pescadores “San Xulian”, de acordo coas seguintes anualidades: Ano 2009 71.304,35 euros Ano 2010 49.913,05 euros Ano 2011 42.782,60 euros A achega de 71.304,35 euros, correspondente o ano 2009, imputarase á partida orzamentaria 711.711.668.07 e as cantidades restantes de 49.913,05 e 42.782,60 euros as correspondentes dos orzamentos dos anos 2010 e 2011, respectivamente. 2.- Así mesmo, a Deputación procederá a redacción do proxecto, cun custo estimado de 18.000,00 euros que serán imputables á partida 711.711.668.07. 3.- A Deputación a través do Servizo de Contratación levará a cabo a tramitación do expediente para levar a cabo a contratación das obras comprendidas no proxecto. TERCEIRA.- Obrigas da Confraría de Pescadores “San Xulián” de A Illa de Arousa. 1.- A Confraría de Pescadores cofinanciará dito proxecto na contía de 80.000,00 euros achegando 40.000,00 no ano 2009 e 40.000,00 euros no ano 2010. A cantidade correspondente ó exercicio 2009 deberán ingresala nas arcas provinciais unha vez formalizado o Convenio e antes de proceder a licitación das obras. Dita achega supón un ingreso de dereito público e xerará crédito nas partidas sinaladas con anterioridade na cláusula segunda. 2.- Calquera incidencia que poida xurdir na execución das obras e que obriguen a unha modificación do proxecto e ampliación do contrato, será financiada por conta da Confraría de Pescadores. 3.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. CUARTA.- Entrada en vigor e duración. O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura e manterá a súa vixencia durante o tempo que dure a obra, en todo caso nun máximo de tres anos. En caso de que as obras teñan unha duración superior, deberá prorrogarse expresamente o convenio. QUINTA.- Denuncia e cesación da vixencia. Calquera outorgante pode resolver anticipadamente o Convenio no que el respecta, en tanto que comunique á outra parte a súa intención de facelo cunha antelación mínima de seis meses. A cesación da vixencia do Convenio non afectará as medidas de cooperación adoptadas e executadas ou que estean en execución, debendo constituírse, neste último caso, un Comité Paritario coa finalidade de asegurar as conclusións da execución de tales medidas. SEXTA.- Resolución de conflitos. O convenio terá un carácter administrativo e corresponde á Deputación de Pontevedra a prerrogativa de interpretalo e a resolución das dúbidas que xurdan no seu cumprimento e, con carácter supletorio, ó establecido na Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, sendo competente en caso de litixio, os Xulgados e Tribunais da Xurisdición Contencioso-Administrativa da cidade de Pontevedra. En proba de conformidade, asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto. Pola Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal Pola Confraría de Pescadores “San Xulián” de A Illa de Arousa Benigno Chaves Boullosa” 8.16953.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dos mil trescentos sesenta euros (2.360,00 €), para responder da obra “Modificación en trazado E.P. Oia- Torroña PK. 7+920- PK. 8+240 (Oia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045773, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de vinte e tres mil cento dezaoito euros (23.118,00 €), para responder da obra “Renovación de rodamento e dotación de servizos E.P. Gondomar- Peiteiros (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/10/2005 con número de operación 200500094380, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de catorce mil seiscentos vinte e cinco euros con sesenta e cinco céntimos (14.625,65 €), para responder da obra “Ramal dende a estrada provincial a Cañiza-Crecente”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/07/2003 con número de operación 200300055586, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de dous mil trescentos nove euros con trinta e oito céntimos (2.309,38 €), para responder da obra “Remate obras na E.P. de acceso á A Franqueira (A Cañiza)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/08/2006 con número de operación 200600067028, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de mil catrocentos trinta e nove euros con vinte céntimos (1.439,20 €), para responder da obra “Rede de abastecemento de auga no Calvario- A Garrida, lugar de Sobreira (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/08/2006 con número de operación 200600067624, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil douscentos setenta e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (2.275,85 €), para responder da obra “Mellora de drenaxes, regadíos e varios na E.P. 2908 Arcade- Amoedo (Soutomaior)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/08/2006 con número de operación 200600067030, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de mil cincocentos oitenta euros con sesenta céntimos (1.580,60 €), para responder da obra “Demolición e reconstrución en nova aliñación do muro do Castelo de Soutomaior”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/01/2007 con número de operación 200700001165, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEXVIAL, S.L. (CIF B- 36.684.157) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de dezaseis mil corenta e sete euros con trinta e seis céntimos (16.047,36 €), para responder da obra “Urbanización Rúa Concepción Arenal (A Guarda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/08/2005 con número de operación 200500077838, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEXVIAL, S.L. (CIF B- 36.684.157) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de tres mil dezaseis euros con noventa céntimos (3.016,90 €), para responder da obra “Proxecto modificado urbanización Rúa Concepción Arenal (A Guarda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/01/2008 con número de operación 200800003852, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil trescentos noventa e dous euros con vinte e sete céntimos (2.392,27 €), para responder da obra “Entronque da estrada a Nogueira coa E.P. 5005 Arbo- Crecente, PK. 0+330 (Arbo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/11/2007 con número de operación 200700089997, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de vinte e oito mil trescentos quince euros con sesenta e sete céntimos (28.315,67 €), para responder da obra “Modificado de estrada enlace E.P. Arbo con E.P. Crecente (A Cañiza)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/02/2008 con número de operación 200800008864, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAM, por importe de once mil trinta e un euros con trinta e oito céntimos (11.031,38 €), para responder da obra “Humanización da Rúa Rogelio Abalde (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/11/2006 con número de operación 200600097169, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil cento setenta e tres euros con noventa e cinco céntimos (2.173,95 €), para responder da obra “Proxecto modificado de humanización da Rúa Rogelio Abalde (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/01/2008 con número de operación 200800001805, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA DE AHORROS DEL MEDITERRANEO, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros con setenta e un céntimos (2.396,71 €), para responder da obra “Ordenación da intersección de acceso a Crecente- A Cañiza- Pousa, PO- 400 (Crecente)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047885, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELSAMEX, S.A.- MODECAR, S.A. “UTE CHENLO” (CIF G- 84.120.450) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA DE MAPFRE CAUCIÓN Y CRÉDITO, por importe de nove mil cincocentos corenta e dous euros con vinte e cinco céntimos (9.542,25 €), para responder da obra “Mellora e pavimentación acceso a Chenlo, E.P. 2404 (O Porriño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/10/2004 con número de operación 200400073624, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (CIF B- 36.005.411) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de dezasete mil douscentos trinta e nove euros con dez céntimos (17.239,10 €), para responder da obra “Beirarrúas e dotación de servizos na Rúa Padres Franciscanos (Nigrán) (Convenio co Concello de Nigrán)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/11/2005 con número de operación 200500104191, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMATO VERDE, S.L. (CIF B- 32.280.760) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil cento setenta e nove euros con setenta e dous céntimos (1.179,72 €), para responder do “Subministro de colectores de recollida de residuos sólidos urbanos”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/09/2005 con número de operación 200500089792, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil oitocentos vinte e cinco euros (2.825,00 €), para responder do “Subministro e instalación de 365 butacas para o Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/11/2008 con número de operación 200800100235, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil setecentos doce euros con oitenta céntimos (2.712,80 €), para responder do “Subministro e instalación de 265 butacas para o Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/02/2009 con número de operación 200900007284, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CAMPELOS DO COTO, S.L. (CIF B- 36.438.083) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de oitocentos noventa e catro euros con oitenta e seis céntimos (894,86 €), para responder do “Subministro de produtos de panadería e pastelería para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, ano 2007”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/04/2007 con número de operación 200700028631, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CAMPELOS DO COTO, S.L. (CIF B- 36.438.083) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de novecentos noventa e seis euros con setenta e oito céntimos (996,78 €), para responder do “Subministro de produtos de panadería e pastelería para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, ano 2008”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/05/2008 con número de operación 200800039986, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.16954.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA RITA RODRÍGUEZ CHAMOCHÍN POR DANOS PERSOAIS PADECIDOS NA RÚA CHURRUCA DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 17/04/2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Rita Rodríguez Chamochín con enderezo de notificacións na rúa Manuel Núñez nº 3-2º oficina 1 de Vigo, por danos persoais padecidos o día 22/02/2007, na rúa Churruca de Vigo a consecuencia da caída sufrida polo mal estado da mesma e que individualiza economicamente en 2.570,01 €. Resultando.- Que con data 19/05/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 30/07/2008 co seguinte contido: “…1. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa –existencia de una plancha metálica en mal estado- en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 2. El convenio de colaboración firmado el 4 de agosto del 2006 entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y el Excmo. Ayuntamiento de Vigo tenía por objeto la realización y ejecución de una serie de obras entre las cuales se encontraban las derivadas del proyecto “Repavimentación das Rúas Churruca e Gravina”, obras que se estaban llevando a cabo en la fecha del accidente -22 de febrero de 2007. 3. Dicho proyecto fue adjudicado por la Junta de Gobierno de la Diputación Provincial de Pontevedra, el 3 de noviembre de 2006, a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. en la suma de 435.898,86 euros, siendo la citada empresa la responsable de adoptar todas las medidas necesarias para garantizar la seguridad en las obras tal y como se establecía en el pliego de condiciones económicas administrativas al señalar el punto nº 15 que “Además los adjudicatarios estarán obligados a colocar toda la señalización necesaria que garantice la plena seguridad de la obra y designar un jefe de obra con la cualificación técnica, capacidad y experiencia suficientes para representar al contratista durante toda la ejecución de la obra objeto del contrato y que, además, será responsable de su seguridad, sin cuyos requisitos no se confeccionará el acta de comprobación del replanteo.” 4. En consecuencia la participación de la Diputación Provincial de Pontevedra en las obras de la Calle Churruca de Vigo se limitó a la adjudicación del proyecto a la empresa Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A. ya que para la dirección de obra se designó por Resolución Presidencial nº 017386, de fecha 1 de diciembre de 2006, al Ingeniero de Caminos D. José Plácido Gonsende Tuñas, técnico ajeno a esta Administración. Resultando.- Que con data 01/08/2008 solicitouse informe á empresa adxudicataria “Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.” ó obxecto de facer as alegacións pertinentes en relación os feitos ocorridos na rúa Churruca. En 30/09/08 recibíronse nesta Asesoría Xurídica as alegación feitas polo representante da mercantil adxudicataria co seguinte contido literal: “1º.- Esta empresa no tiene conocimiento de que por razón de las que se refieren en su solicitud de información Dña. Mª Rita Rodríguez Chamochín hubiere sufrido accidente de ningún tipo. En cualquier caso se pone de manifiesto que la reclamación que efectúa dicha Señora se deduce una vez vencido el plazo de un año que establece el art. 1.968 del Código civil. 2º.- En cualquier caso anticipamos que las obras acometidas por mi representada se encontraban perfectamente balizadas y acotadas, habiéndose dispuesto pasos alternativos para peatones y acceso a viviendas, por lo que difícilmente pudo producirse siniestro a consecuencia de las mismas. En cualquier caso cumple señalar que no se ha desarrollado en el seno del presente expediente, por el conocimiento que se tiene del mismo, actividad probatoria que corrobore ni tan siquiera parcialmente los hechos que se relatan en la reclamación deducida por la citada Señora. En cualquier caso se significa que por las dimensiones y peso de las planchas de acero dispuestas en el lugar es prácticamente imposible que el siniestro se hubiere producido de la manera que se indica en la reclamación que se responde y tuviere causa en acción u omisión imputable a mi representada. 3º.-En todo caso conviene precisar que signos arquitectónicos dispuestos por los operarios de la empresa, siguiendo las instrucciones que los técnicos Directores de las obras les impartieron durante su ejecución (señalización vertical, acotado y balizado) “hablan” en clave apta para ser entendida en el correspondiente medio cultural; y el mensaje que estos envían al conductor es –y no solo en el mundo cultural nuestro- claramente prohibitivo del paso y también orientador de la correcta dirección a seguir. La desatención de dicho mensaje rompe toda relación de causalidad y nos lleva rechazar toda responsabilidad en el siniestro que motiva la reclamación. 4º.- Finalmente se precisa que los escasos datos que se nos participan en la reclamación que contestamos nos permiten sostener que la caída de la reclamante se habría producido, en todo caso, fuera de la zona de obras y del perímetro en el que se ejecutaron las obras de acondicionamiento que le fueron contratadas a mi representada. Resultando.- Que dos datos obrantes no expediente fíxose preciso solicitar un novo informe á empresa contratista “Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.”, máis preciso e concreto, o cal foi recibido nesta Asesoría Xurídica o 06/05/2009, e que literalmente di: “1º.- Que por esta empresa en fecha 22/02/2007 se acometían obras en la c/ Churruca de Vigo sin que se tenga conocimiento de que en el curso de la ejecución de dichos trabajos se hubiere producido siniestro alguno en el que se viera implicada Dña. María Rita Rodríguez Chamochín. Nada se me indicó por el personal que de mi dependía en este sentido. 2º.-Que se nos informa por los Servicios Técnicos y de Prevención de esta empresa que las obras acometidas en dicho punto fueron perfectamente balizadas y acotadas en todo momento, habiéndose dispuesto pasos alternativos para peatones y acceso a viviendas. Dichas medidas de seguridad y balizamiento se dispusieron siguiendo las instrucciones que impartía la Dirección de Obra. 3º.- Así mismo se nos indica por los Servicios de Prevención de esta empresa que las planchas metálicas que se disponen habitualmente en obra para cubrir excavaciones o calicatas por sus dimensiones y peso en modo alguno pueden ceder al paso de un viandante. 4º.- Finalmente se nos indica por el trabajador de esta empresa, D. José Antonio Rivero, que por las razones antes expuestas de haberse producido la caída de un peatón esta no puede tener otra causa que la desatención de las señales que prohíben el acceso a la zona de obras acotadas y obligan a extremar las precauciones al paso por una zona de obras. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois como se desprende do informe emitido polo Servizo de Vías e Obras a Deputación Provincial firmou un Convenio de Colaboración co Concello de Vigo co obxecto da execución dalgunhas obras en diferentes rúas de Vigo, entre as que estaba a rúa Churruca. Dita obra foi levada a cabo pola empresa Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A. sendo esta a única responsable da sinalización e adopción das medidas de seguridade pertinentes tal e como viña establecido no prego de condicións económico administrativas no seu punto 15º e como ven recollido no artigo 97 da Lei 2/2000 de Contratos de las Administracións Públicas. Así mesmo dos informes emitidos pola mercantil Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A., concretamente do Servizo de Prevencións, despréndese que as obras estaban perfectamente balizadas e acotadas en todo momento dispoñéndose pasos alternativos para peóns e acceso a vivendas, manifestándose igualmente polo traballador da empresa que estaba na zona do accidente o día do mesmo, que este produciuse en todo caso pola desatención e a incorrecta deambulación da reclamante. Tal feito quebra o nexo causal e impide apreciar o vínculo directo, inmediato e exclusivo que caracteriza o instituto da responsabilidade patrimonial da Administración. Por todo o anteriormente exposto procede a desestimación da reclamación na súa totalidade por quedar claro que a caída se produciu a consecuencia dun acto propio da reclamante de non atención ás prevencións existentes. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 10.16955.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16956.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, CAMPAÑA DE PRIMAVERA (7º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia, S.A.; en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/03/2009; e remitido o 7º Grupo de solicitudes a Intervención para a súa fiscalización, á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 27/05/2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 7º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña de Primavera, polo importe de 52,00 €, para un total de 1 persoa, con cargo á partida 09/313.313-227.02, e segundo o cadro adxunto: 7º GRUPO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO Vilanova de Arousa SI 1 52,00 € TOTAL 1 52,00 € 12.16957.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA PROXECTOS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Coa finalidade de apoiar as Entidades de Iniciativa Social, sen ánimo de lucro, esta Deputación de Pontevedra promove a convocatoria de Subvencións para Entidades de Servizos Sociais Especializados, cunha dotación orzamentaria de 272.000,00 €, dirixidas a actividades formativas de integración socio-familiar, laboral, así como preventivas para colectivos con problemática de marxinación social, polo que á vista dos informes de 26/03/2009 e 31/03/2009 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e Sr. Interventor, respectivamente, e do R.C. nº 200900047065 sinalando a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte a dito gasto; a Xunta de Goberno de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras das subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social para proxectos de Servizos Sociais Especializados ano 2009, así como a aprobación dos anexos 1, 2, 3, 4 e 5 das citadas bases; cunha dotación orzamentaria de 272.000,00 €, con cargo á partida 09/313.313.480.02 do vixente Orzamento provincial. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL CON SEDE SOCIAL OU DELEGACIÓN PERMANENTE E CONTÍNUA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2009 Tendo en conta os artigos 14, 35 e 49 da Constitución Española que fan referencia a que todos os españois son iguais ante a Lei sen discriminación por razóns de raza, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social; que todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo e que os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e tratamento coas persoas con discapacidade, que lles prestarán a atención especializada que precisen e que os ampararán de forma especial para que disfruten dos dereitos que se outorgan a todos os cidadáns, a Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades de numerosos colectivos para acadar a súa inserción social ou sociolaboral, convoca subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para a realización de programas formativos de Servizos Sociais Especializados encamiñados fundamentalmente á formación de colectivos específicos que lles permita incrementar as súas posibilidades e, en consecuencia, maiores oportunidades para súa integración social ou sociolaboral de acordo coas seguintes. C L Á U S U L A S PRIMEIRA. Obxecto e destinatarios. Apoiar a entidades de iniciativa social (privadas e sen ánimo de lucro) que traballen a nivel grupal na formación dos colectivos ou sectores de poboación que a continuación se especifican e que dispoñan dunha sede social ou delegación permanente e continua na Provincia de Pontevedra. As áreas de intervención, definidas en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se aborden en cada unha delas son: - Familia, infancia e mocidade - Discapacidade - Drogodependencias (incluídas as legais) - Minorías étnicas, inmigrantes e emigrantes retornados. - Reinserción de ex-internos ou internos de terceiro grado, - Outras problemáticas de marxinación social. As entidades que soliciten unha subvención deben ter como finalidade institucional, recollida no seus estatutos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o apoio ou defensa dos colectivos para os que solicitan a subvención. Considéranse Servizos Socias Especializados segundo a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, aqueles que “están referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal”. SEGUNDA. Accións a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas aquelas accións que se desenvolvan durante o ano 2009. Excepcionalmente, previa solicitude e tras xustificación das causas, a Xunta de Goberno poderá conceder unha prórroga para o remate da actividade subvencionada, que en ningún caso poderá superar 1/3 das horas recollidas no programa aprobado pola Xunta de Goberno correspondente, como máximo ata o 30 de xaneiro de 2010 (para o remate do programa e xustificación do mesmo). As accións formativas obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados: 1. Accións formativas para a integración laboral de alumnos. Todos os programas: obradoiros, cursos, accións formativas de capacitación etc. de servizos sociais especializados, estarán orientadas a potenciar os coñecementos dos alumnos para facilitar á súa integración laboral. Segundo se recolle no “ANEXO 3”, primaranse aquelas accións que inclúan no programa módulos de prácticas en empresas, conten en estas con acompañamento técnico e/ou asinen compromiso de contratación de alumnos por un período mínimo de seis meses. Tamén se apoiarán as accións de carácter prelaboral e a posta en marcha de fórmulas de emprego, como as cooperativas... e o autoemprego. 2. Accións Formativas dos afectados para a súa integración socio-familiar. Inclúense neste apartado todas aquelas accións de carácter socioeducativo, sociosanitario ou formativo que teñan como obxectivo que os alumnos acaden unha participación social que lles proporcione ou facilite unha maior autonomía e en consecuencia unha mellor calidade de vida tanto para eles como as súas familias 3. Accións formativas orientadas as familias, coidadores e outros axentes sociais. Neste apartado inclúense por unha banda, os cursos formativos orientados á integración laboral de familiares, coidadores ou outros profesionais e por outra, aquelas accións de información-formación e de apoio dirixidas ós mesmos colectivos, nos que se fomente a capacitación laboral e o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da problemática específica ós que van dirixidos etc., buscando un triple obxectivo: a. Cubrir as necesidades dos colectivos afectados, b. Dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos e c. Desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados naquelas asociacións onde se organicen os cursos ou actividades. 4. Prevención, sensibilización e divulgación. Dirixida a todos os ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares etc. nas áreas correspondentes. 5. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Este apartado recolle a realización de proxectos de integración laboral nos que deberán participar alumnos das diferentes asociacións ou federacións que integren as Federacións ou Confederacións solicitantes de subvencións. As accións a desenvolver estarán referidas a unha formación específica, non básica (esta será competencia de cada Asociación e destinada ós seus alumnos), que lles permita acadar á súa integración laboral, formación que deberá complementarse con prácticas laborais en empresas públicas ou privadas e, en su caso, con un axente de apoio durante a práctica laboral. No caso de que o proxecto presente un apartado de “busca de emprego” este non poderá superar, en número de horas, o 10% do cómputo total das mesmas recollido no proxecto. Non serán obxecto de subvención con cargo a esta convocatoria: - As solicitudes presentadas por Asociacións de carácter profesional. - As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. - As actividades socioeducativas, informativas ou formativas anuais que forman parte da actividade xeral da Asociación durante todo o ano. - As actividades dirixidas á Persoas Maiores o Mulleres por contar con axudas específicas a través do Servizo de Acción Social da Deputación. TERCEIRA. Consideracións a ter en conta: - Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizará o número de horas que a Asociación fai constar no seu proxecto. - No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de alumnos. - Só se subvencionarán cursos a partir de 80 horas de duración. - Na realización das accións recollidas nos apartados 1, 2 e 3 do “ANEXO 3” só se contabilizarán as horas reais da impartición da acción programada. - A subvención das actividades non se verá incrementada a partir de 300 horas de duración. - O Profesorado que imparta os cursos ou as actividades formativas programadas, deberá ter a formación específica corresponde ós mesmos e facela constar no proxecto (Anexo 2) ou comunicala no momento de concretala. - O proxecto,tanto para a concesión da subvención como no momento da xustificación, ha de presentar coherencia interna (obxectivos, contidos en relación co nº de horas solicitadas, accións desenvolvidas, resultados e relación entre todo isto e a xustificación presentada …). CUARTA. Financiamento. A contía, que se consignará para este fin na Partida 09/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial, ascenderá a 272.000,00 €, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. A achega da Deputación estará condicionada á aprobación e dotación de crédito na citada partida. No caso de que unha vez valoradas as solicitudes o importe das subvencións supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas que, reunindo todos os requisitos, se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula primeira. En caso de igualdade, terase en conta a data e o número do Rexistro de entrada da Deputación. QUINTA. Requisitos. 1. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar legalmente constituídas e constar recollidas nos correspondentes rexistros da Vicepresidencia da Xunta e, se é o caso, como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro no que está inscrita. 2. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto debidamente cumprimentado e que recolla cada un dos apartados que se sinalan nos “ANEXOS 2 e 2.1”. O orzamento deberá ser detallado. 3. No caso de que unha Asociación presente varios proxectos, só será seleccionado un deles. 4. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 2ª. 5. En toda a publicidade que as Asociacións fagan sobre a actividade subvencionada, terase que facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SEXTA. Concesións. 1. Só terán dereito a recibir unha subvención aquelas asociacións que no momento da concesión das axudas do 2009 tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo ditame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a resolución que se dite na vía administrativa. Transcorrido o mesmo prazo sen que se comunique a concesión da subvención, entenderase esta desestimada por silencio administrativo, tal como se recolle no punto 5 do artigo 25 da Lei Xeral de Subvencións. SÉTIMA. Documentación. Presentarase no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas. 1. Solicitude, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1”. 2. Proxecto “ANEXO 2”: debidamente cumprimentado, asinado e selado e o apartado destinado ó Presuposto desagregado e detallado.“ANEXO 2.1”: debe recoller o esquema conciso e concreto do programa que se levará a cabo, obxectivos, expectativas, datas e lugar previsto para realizalo, titulación do profesorado que o desenvolverá. 3. Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da Asociación, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade. 4. CIF da entidade compulsado. 5. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar legalmente constituídas e constar rexistradas nos correspondentes rexistros da Vicepresidencia da Xunta e, si é o caso, como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro no que está inscrita. 6. Declaración, no “ANEXO 4”, do/a presidente/a da Asociación no que constan: - A relación de Axudas solicitadas pola Asociación e/ou xa concedidas para a mesma finalidade. - Que a Asociación e o declarante non se atopan incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Que autoriza á Deputación para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesourería X. da Seguridade Social e coa Facenda do Estado. - Autorización do/a presidente/a da Asociación á Deputación para obter documento de rexistro na Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta, e no seu caso, que consta no mesmo como entidade prestadora de servizos sociais. 7. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial. De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser corrixidas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a teor do indicado precepto legal, prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que se así non o fixera, entenderase que rexeita á petición. NOTA: Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación. OITAVA. Prazos de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. NOVENA. Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento, seguindo os criterios expostos no “ANEXO 3” e tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes: 1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral do alumnado: 5.920,00 € (baremo 1). 2. Para proxectos de formación prelaboral do alumnado: 4.000,00 € (baremo2). 3. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo de 7.200,00 € que estará en función da contía do proxecto. Esta subvención terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal. 4. Para proxectos de formación para integración socio-familiar do alumnado: 4.000,00 € (baremo 2). 5. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais: - Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 5.920,00 € (baremo 1). - Para accións de información-formación e de apoio etc.: 2.000,00 € (baremo3). 6. Para actividades de Prevención: 2.200,00 € En ningún caso a contía de axudas recibidas por todos os conceptos poderá superar o custo total da actividade. DÉCIMA. Modificación das subvencións. As subvencións concedidas entenderanse no prazo de 10 días hábiles dende a súa notificación. Unha vez recaída a resolución da concesión, excepcionalmente e por causas xustificadas, poderase solicitar o cambio da subvención polo que respecta á nomenclatura da actividade ou reformulación de horas lectivas. A nova subvención deberá ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, deberá respectar os requisitos da presente convocatoria. En caso excepcional, tras a xustificación correspondente e antes de que remate o prazo establecido para elo e que non se prexudiquen dereitos de terceiro (Art. 70 RLXS), a Xunta de Goberno poderá conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2010 segundo o establecido no artigo 30.2 da LXS. DÉCIMO PRIMERA. Xustificación e Pagamento. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade subvencionada de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, salvo situacións excepcionais de prórroga nas condicións recollidas no primeiro parágrafo da cláusula Segunda. En aplicación do artigo 31 do Regulamento da LXS, débense xustificar as medidas de difusión do financiamento pública da actividade, establecéndose. Para proceder ó pago, o preceptor de calquera subvención terá que acreditar non ser debedor da facenda provincial (art.18-f) RLXS) ademais de estar ó corrente das súas obrigas tributarias co Estado e Seguridade Social. En relación á solicitude de ampliación do prazo xustificativo, terá que ser efectuada antes de que remate o mesmo e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros (art. 70 RLXS). Xustificación da subvención. Para xustificar o cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar: 1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando ademais do seu nome, a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais do nome do proxecto a descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e expectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor e titulación específica. Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación se así o requirise. 2. Xustificación das obrigas impostas (difusión publicitaria da axuda etc.) Xustificación de gastos: 1. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 5”, polo importe do orzamento total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude. 2. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.D. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto. Xustificación dos ingresos: 1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.). 2. Recursos propios utilizados. 3. Declaración responsable de que os ingresos e o recursos alleos non superan o custo ou gasto do proxecto subvencionado. Certificación de datos bancarios: Na realización de cursos ou actividades terá que respectarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A redución das mesmas no momento da xustificación, levará consigo a redución proporcional da subvención. DÉCIMO SEGUNDA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. DÉCIMO TERCEIRA. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMO CUARTA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO QUINTA. Dereito Supletorio. En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación.” Os anexos son os que seguen: ANEXO 1: SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL CON SEDE SOCIAL OU DELEGACIÓN PERMANENTE E CONTINUA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2009. ANEXO 2: PROXECTO PRESENTADO POLA ENTIDADE PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2009 ANEXO 2.1 : CONTIDO DO PROXECTO ANEXO 3: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DA CONTÍA ECONÓMICA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2009 ANEXO 4: DECLARACIÓN ANEXO 5: CONTA XUSTIFICATIVA DE GASTOS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ANEXO 1 SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL CON SEDE SOCIAL OU DELEGACIÓN PERMANENTE E CONTINUA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2009. 1. DATOS DO SOLICITANTE E DA ENTIDADE Á QUE REPRESENTA: ENTIDADE: C.I.F.:ÑÑÑ CIF: DIRECCIÓN (INCLUIR CÓDIGO POSTAL E CONCELLO): TELÉFONOS: FAX DE REFERENCIA: CORREO ELECTRÓNICO DE REFERENCIA: ÁMBITO:  Municipal  Provincial  Outros Nº DE SOCIOS: REPRESENTANTE LEGAL: D.N.I. 2. PROXECTO: SÓ SE SUBVENCIONARÁ UN PROXECTO E PARA UN SÓ GRUPO DE PERSOAS. DENOMINACIÓN DO PROXECTO: ORZAMENTO TOTAL DO MESMO: CONTÍA SOLICITADA Á DEPUTACIÓN: DURACIÓN DO PROXECTO EN HORAS, excepto os proxectos de sensibilización: Nº de horas 3.DOCUMENTACIÓN A XUNTAR Ó PRESENTE MODELO DE SOLICITUDE: 1. Solicitude, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1” 2. Proxecto. ANEXO 2: O Orzamento, asinado e selado suficientemente desagregado e detallado. ANEXO 2.1: recollerá o programa conciso e concreto, obxectivos, expectativas, datas e lugar previsto para realizalo etc. 3. Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da asociación, así como a acreditación do seu cargo: certificación do/a secretario/a da entidade. 4. CIF da Asociación compulsado. 5. Certificación de estar rexistrada no rexistro correspondente da Vicepresidencia da Xunta e, si é o caso, como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro que lle pertenza. 6. Declaración en ANEXO 4: De axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade. De a Asoc. e o declarante non se atopan incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións Autorización para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda do Estado e a Tesourería da Seguridade Social e autorización para obter documento de rexistro na Vicepresidencia de I. e Benestar Social. 7. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego, deberán engadir á documentación, memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial. ........................................................................ a .................... de ............................................ de 2009 Sinatura e selo DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ANEXO 2 PROXECTO PRESENTADO POLA ENTIDADE PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2009. NOME DA ENTIDADE QUE FIGURA NO CIF: Nº CIF: NOME DO PROXECTO. IMPORTANTE: Só se subvencionará un proxecto e para un só grupo de persoas: PROXECTO: Recoller en ANEXO 2.1: esquema conciso e concreto do proxecto a desenvolver, obxectivos, expectativas, titulación do profesorado que o vai impartilo, lugar de celebración etc. mostrando coherencia interna (obxectivos, contidos en relación co nº de horas solicitado, accións a desenvolver etc.) Nº DE PERSOAS QUE VAN A PARTICIPAR NO PROXECTO: MESES NOS QUE SE DESENVOLVERÁ O PROXECTO: (marcar cunha X) Mar. Abr. Maio Xuñ Xul. Agos Set. Out. Nov. DÍAS DA SEMANA (marcar cunha X): Luns Martes Mérco. Xoves Venres Sábado Domin ESPECIFICAR HORARIO: De a Nº DE HORAS: ORZAMENTO DESAGREGADO E DETALLADO DO PROGRAMA A REALIZAR: ……………………………. a……….. de ……………………………… de 2009 Data, sinatura e selo DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ANEXO 2.1 PROXECTO debe conter todos e cada un dos seguintes epígrafes: 1. Esquema conciso e concreto do contido do mesmo: 2. Obxectivos: 3. Cronograma 4. Expectativas tendo en conta os fins que pretende e o apartado ó que se acollen: 5. Lugar onde se vai celebrar: 6. Titulación do profesionais que van impartilo: Nota: O Proxecto ha de presentar coherencia interna (obxectivos, contidos en relación con nº de horas solicitadas, accións a desenvolver, expectativas en base ó apartado 1,2, 3 ou 4 do Anexo 3 ó que se acollen etc.). En …………………………. a ……….. de ………………………… 2009, (sinatura e selo) DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ANEXO 3 CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DA CONTÍA ECONÓMICA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2009 Para a valoración económica das subvencións dos proxectos presentados polas distintas entidades e tendo en conta que ningunha axuda poderá superar a contía máxima establecida na cláusula oitava da convocatoria, aplicarase a seguinte clasificación a fin de determinar: - o apartado ó que se acollen (1,2,3 ou 4) e - a contía que lles corresponde en función do baremo a aplicar. CLASIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES CONTÍA 1.Formación prelaboral ou para a integración laboral do alumnado 1.1. Cursos e talleres de formación para integración laboral (de 80 a 300 h.) ................ 1.2. Cursos nos que se realicen prácticas en empresas engadiranse por cada hora de prácticas ………………………………………………………………………….. 1.3 Cursos con prácticas e apoio técnico en empresa engadirase por cada hora (no Compatible con apartado 1.2) ............................................................................ . 1.4. No caso de contratación de alumnos en Empresa unha vez rematado o curso, por un período mínimo de 6 meses ................................................................................. 1.5. Accións de formación prelaboral (de 80 a 300 h.)…………………….………….. 1.6. Para posta en marcha dalgunha fórmula de emprego...................................... Baremo nº 1 2 euros 4 euros 300 €/alumno Baremo nº 2 7.200 euros 2. Formación para a integración socio-familiar do alumnado 2.1. Cursos ou actividades de formación e integración social (de 80 a 300 h.) ............ Baremo nº 2 3. Familia, coidadores e outros axentes sociais 3.1. Cursos formativos para familiares, coidadores e outros profesionais dirixidos á integración laboral (de 80 a 300 h.) ....................................................................... 3.2. Actividades de formación de apoio a familiares, coidadores e outros profesonais (de 80 a 155 horas) …………………………………………………………………….. Baremo nº 1 Baremo nº 3 4. Prevención 4. Actividades de prevención ............................................................................... 2.200 euros NOTA: O número de horas dos cursos ou actividades correspondentes os apartados 1, 2 e 3 se contabilizará a partir das horas reais de impartición de cursos ou realización das actividades. Baremo 1 De A EUROS De A EUROS 80 85 1.600,00 191 195 3.820,00 86 90 1.720,00 196 200 3.920,00 91 95 1.820,00 201 205 4.020,00 96 100 1.920,00 206 210 4.120,00 101 105 2.020,00 211 215 4.220,00 106 110 2.120,00 216 220 4.320,00 111 115 2.220,00 221 225 4.420,00 116 120 2.320,00 226 230 4.520,00 121 125 2.420,00 231 235 4.620,00 126 130 2.520,00 236 240 4.720,00 131 135 2.620,00 241 245 4.820,00 136 140 2.720,00 246 250 4.920,00 141 145 2.820,00 251 255 5.020,00 146 150 2.920,00 256 260 5.120,00 151 155 3.020,00 261 265 5.220,00 156 160 3.120,00 266 270 5.320,00 161 165 3.220,00 271 275 5.420,00 166 170 3.320,00 276 280 5.520,00 171 175 3.420,00 281 285 5.620,00 176 180 3.520,00 286 290 5.720,00 181 185 3.620,00 291 295 5.820,00 186 190 3.720,00 296 300 e mais 5.920,00 Baremo 2: Baremo 3 Nº HORAS EUROS 80 95 1.200,00 96 110 1.400,00 111 125 1.600,00 126 140 1.800,00 141 155 2.000,00 Nº HORAS EUROS 80 95 1.200,00 96 110 1.400,00 111 125 1.600,00 126 140 1.800,00 141 155 2.000,00 156 170 2.200,00 171 185 2.400,00 186 200 2.600,00 201 215 2.800,00 216 230 3.000,00 231 245 3.200,00 246 260 3.400,00 261 275 3.600,00 276 290 3.800,00 + de 290 4.000,00 NOTA: O número de horas das accións correspondentes os apartados 1, 2 e 3 da folla anterior, contabilizarase a partir das horas reais de desenvolvemento dos proxectos para os que se solicita a subvención. ANEXO 4 DECLARACIÓN D./Dª.................................................................................................................... , con DNI Núm. ................................................., como representante legal da Asociación ................ .............................................................................................................................................. CIF núm. ........................................... e domicilio social en ............................................... Concello de ......................................................................................................................... DECLARO: a.- Que esta Asociación (Si/Non) solicitou axudas e/ou se lle concederon outras subvencións coa mesma finalidade que a solicitada á Deputación: Relación de axudas solicitadas: Importe Relación de axudas concedidas: Importe b.- Que nin a citada Asociación nin o declarante se atopan incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. c.- Autorizo á Deputación para obter as certificacións da Facenda do Estado e da Tesorería Xeral da Seguridade Social de que a entidade que represento está ó corrente nas súas obrigas tributarias. d.- Autorizo á Deputación para que solicite á Vicepresidencia da Xunta certificación de estar rexistrada no rexistro correspondente e si é o caso de estar rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais. .............................................., ......... de .................................................... de 200... Sinatura e selo CONTA XUSTIFICATIVA DE GASTOS ANEXO 5 D/Dª. __________________________________________________________________ en calidade de _______________________ da entidade ___________________________________________________________________________________ con C.I.F. ___________________________ e enderezo en _____________________________________________ do Concello de _________________________________ DECLARA: a) Que para a actividade ___________________________________________________________________________, recibiu unha subvención de _______________€ (Euros), e realizáronse os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa: Nº Provedor / Empresa C.I.F. Nº Factura Concepto Importe 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 TOTAL…………………. € b) Que os gastos que arriba se detallan, se aplicaron á finalidade subvencionada. c) Que acreditou a difusión do financiamento da actividade por parte da Deputación. d) Que todos os documentos recollidos no presente anexo atópanse no local social da Asociación ós efectos da súa posible comprobación. En _________________________________________, a _____ de ____________________ de 2.009 O DECLARANTE, (sinatura e selo da entidade) 13.16958.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CON CAIXANOVA (PLAN CULTURAL 2009 E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS) Á vista da proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Caixanova, en materia de obra benéfico social, en base ó cal se efectuará unha achega económica, por parte de Caixanova, de 300.000,00 €, distribuíndo 150.000,00 € para o Plan Cultural 2009 e os restantes 150.000,00 € para o desenvolvemento doutras actividades socioculturais, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A “CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA –CAIXANOVA-”, EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (PLAN CULTURAL 2009 E ACTIVIDADES SOCIO CULTURAIS) Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000-H e sede social en Pontevedra, r/Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Presidente da “Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova”, con C.I.F. G-36600369, domiciliada en Vigo, r/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. E X P O Ñ E N 1.- Que a Deputación de Pontevedra, en adiante, tamén, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, de acordo coa normativa vixente, o goberno e a administración, con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servizo de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisfacer os intereses xerais e para dinamizar e modernizar a sociedade e as administracións locais que dela depende. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, atópase o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da administración Pública adscritos a esta Deputación e ós Concellos integrados na mesma. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexan organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un dos seus primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de accións de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potenciar a expansión e a salvagardar a viabilidade das empresas, a promover o desenvolvemento de infraestruturas urbanísticas e sociais, a fomentar o turismo e o comercio, a facilitar a aplicación das novas tecnoloxías, a potenciar a formación do capital humano nos seus diferentes graos, a difundir e alentar a cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsar a puxanza da provincia de Pontevedra e mellorar o nivel de vida dos seus cidadáns. 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio ó desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestruturas sociais, etc., ademais de ter participado de forma destacada nos procesos de compra-venda ou privatización de empresas da provincia, e de ter constituído unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sede en Galicia ou que teñen na nosa Comunidade unha presenza relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha salientada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora de calidade de vida de todos os galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Deputación de Pontevedra - en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio ós sectores produtivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova manter o elevado grao de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención para todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida expoñer a Deputación, contemplándose non só a axuda financeira e social, senón tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canalizar a involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de todos os axentes económicos e sociais cuxos intereses conflúan na mesma finalidade de contribución ó desenvolvemento socio-económico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en canto a potencial elemento clave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo deste acordo. 8.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cuxo desenvolvemento pode seguir realizándose de maneira conxunta, e, en base ó labor que as dúas institucións teñen encomendada, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto A C O R D A N Primeiro.- No marco desta longa e frutífera colaboración histórica entre ambas entidades, e co obxecto de dar continuidade á mesma, a Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos para os efectos de contemplar a súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente, a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regular as colaboracións de Caixanova e a Deputación de Pontevedra en materia de achegas de Caixanova con cargo á súa Obra Social para o presente exercicio 2009. Segundo.- Con cargo ó orzamento da obra social de Caixanova, esta realiza unha dotación orzamentaria global por un importe máximo de ata 300.000,00 euros (trescentos mil euros), cuxa disposición se regulará polo expresado no presente convenio, incluíndose aspectos de carácter asistencial, formativo, cultural, social, apoio ó deporte base e protección do medio-ambiente. Terceiro.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter xeral: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida orzamentaria total de 300.000,00 € (trescentos mil euros), que fará efectiva mediante consumos de carácter trimestral e contra solicitude expresa da Deputación, ó vencemento de cada período. En concreto, é interese de ambas partes que o destino dos fondos mencionados neste capítulo teñan como destino preferente: • O copatrocinio da programación cultural realizada baixo a denominación “Plan Cultural 2009”, promovido polo Servizo de Cultura e Deportes da Deputación, que contempla o desenvolvemento de actividades culturais nos diferentes municipios da provincia, por parte de bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, rondallas, grupos de ballet, de danza, de teatro, de música clásica ou tradicional, etc. Para este capítulo resérvase unha dotación orzamentaria de 150.000,00 € (cento cincuenta mil euros). Neste capítulo, Caixanova resérvase a posibilidade de propoñer, cun mes de anticipación, a realización de actos en colaboración coa Deputación, con cargo a este orzamento, a desenvolver nos diferentes municipios da provincia e que poderá integrar na súa programación cultural. • O desenvolvemento doutras actividades socio culturais, como as enumeradas a seguir, para o cal Caixanova destina unha partida global conxunta de 150.000,00 € (cento cincuenta mil euros):  Colaboración en actividades culturais e exposicións do Museo Provincial de Pontevedra.  O desenvolvemento de actividades de carácter cultural e científico.  O desenvolvemento de actividades que teñan como obxectivo fundamental a promoción do deporte, e, en especial, o deporte destinado ós máis mozos.  Colaboración coa “Escola de Canteiros”, para a promoción e formación dos mozos no oficio de “canteiro”.  A dotación de infraestruturas para as instalacións deportivas, co obxectivo de apoio específico ó deporte base.  Colaboracións de carácter Editorial.  Promoción turística da provincia.  Proxectos de formación laboral, administración pública e promoción de emprego.  E en xeral, todas aqueloutras actividades que, de mutuo acordo, se consideren de interese desenvolver. A execución desta partida farase mediante acordos ou convenios que se refiran ás diversas actividades aquí indicadas e que especificarán o importe outorgado e o perceptor ou perceptores do seu aboo, e nos que intervirán, polo menos, a Deputación de Pontevedra e Caixanova. • A Deputación comprométese a que nos programas ou catálogos comunicativos que se elaboren para a súa difusión e distribución, xa sexa en actividades propias ou realizadas en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, se faga constar o mecenado de Caixanova. Por outra parte, Caixanova poderá facer a publicidade que considere conveniente sobre os eventos a desenvolver, pero facendo constar que éo en colaboración coa Deputación. Cuarto.- Caixanova atenderá, de forma prioritaria e personalizada, as solicitudes de asesoramento e apoio que se realicen dende a Deputación de Pontevedra, en apoio ós proxectos e formulacións que se realicen a través da mesma. Pola súa banda, a Deputación dirixirase preferentemente ante Caixanova para a formulación de colaboración e apoio naqueles proxectos que considere relevante levar a cabo, co obxecto de acadar sinerxías no seu desenvolvemento e posta en marcha. Quinto.- A Deputación e Caixanova con este convenio dan continuidade ó marco de colaboración mutua iniciado coa sinatura do convenio anterior, mediante o cal poidan propoñerse e establecerse outro tipo de medidas e instrumentos de apoio ós fins pretendidos nos apartados anteriores e que, en definitiva, melloren a situación económica dos sectores produtivos que representa. De maneira prioritaria, será apoio de especial dedicación a colaboración que poida realizarse a través da Escola de Negocios Caixanova e a través da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, co fin común de colaborar no desenvolvemento de programas de formación directiva empresarial e de responsables da función pública. Sexto.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, se é o caso, regularanse por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós concidadáns desta provincia das accións da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxías coas que satisfacer as posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. Sétimo.- A Deputación de Pontevedra, dará preferencia ás solicitudes que, fronte a outros, Caixanova lle expoña para o posible uso de instalacións propiedade ou xestionadas pola Deputación, co obxecto de celebración de actividades diversas en beneficio dos concidadáns da provincia e o público en xeral. Así mesmo, a Deputación dará especial relevancia á promoción da imaxe institucional de Caixanova no seu ámbito de actuación, coidando dos soportes publicitarios que de común acordo se instalen nas súas dependencias. De igual maneira, a Deputación fará figurar expresamente o patrocinio de Caixanova en todos cantos actos culturais, formativos, sociais, educativos, empresariais, de promoción do turismo e o comercio, etc. nos que non conste o patrocinio exclusivo doutras entidades, e que puidesen resultar de interese institucional para Caixanova. Os representantes da Deputación farán mención ó patrocinio e apoio financeiro de Caixanova na realización dos diferentes eventos e nas roldas de prensa, conferencias, medios de comunicación, etc., que ó efecto se convoquen. Oitavo.- Co obxecto de instrumentar a necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilitar a canalización de propostas e o estudo dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión Consultiva de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a cal se reunirá sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo da devandita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, de acordo cos acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexa non figure o patrocinio de Caixanova. Noveno.- A Deputación de Pontevedra, como administración pública que é, en apoio á formación impartida dende a Escola para as Administracións Públicas Caixanova en materia do curso “Máster en Xestión e Dirección de Administracións Públicas”, comprométese a prestar a súa colaboración como centro de acollida dalgún alumno adscrito ó mencionado curso de formación (ou doutro que ó efecto puidese resultar de interese para ambas partes), para o desenvolvemento nas súas instalacións da fase de prácticas correspondente, valorándose e facéndose constar por parte de Caixanova, para todos os efectos e instancias, este apoio da Deputación neste ámbito formativo. Décimo.- O presente convenio, nos seus aspectos de carácter orzamentario, estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2009 E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado, en Vigo a de de 2009. Pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal, Por CAIXANOVA Asdo.- Julio Fernández Gayoso” 14.16959.- APROBACION DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A “ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA CARRETERA” PARA A ORGANIZACIÓN E CELEBRACIÓN DO XX SYMPOSIUM NACIONAL DE VÍAS E OBRAS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL (VYODEAL) A Xunta de Goberno, en sesión de 18 de xullo de 2008, aprobou un Convenio marco entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Española de la Carretera para a colaboración en materias de interese mutuo, asinándose dito Convenio por ambas partes o 23 de outubro de 2008. A Asociación Española de la Carretera celebrará en xuño de 2009, na cidade de Pontevedra, o XX Symposium Nacional de Vías e Obras da Administración Local, propoñendo a súa participación no mesmo á Deputación Provincial de Pontevedra e ó cal están convidadas todas as Deputacións e Cabidos do Estado Español, o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, entre outras Administracións. O Sr. Secretario da Corporación informa o mencionado convenio de colaboración. Visto o informe de intervención, e considerando o disposto na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Española de la Carretera para a organización e celebración do XX Symposium Nacional de vías e obras da Admón. Local (VYODEAL). Facúltase ó Presidente para que formalice o mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA CARRETERA PARA A ORGANIZACIÓN E CELEBRACIÓN DO XX SYMPOSIUM NACIONAL DE VÍAS E OBRAS DA ADMÓN. LOCAL (VYODEAL) En Pontevedra, a xxx de xuño de 2009, REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) dá Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra, D. Miguel María Muñoz Medina, Presidente da Asociación Española de la Carretera (AEC), con C.I.F. núm. B-28201929, Entidade declarada de utilidade pública e interese xeral segundo Orde Ministerial de 24 de febreiro de 1998. EXPÓN Primeiro. Que a Deputación Provincial de Pontevedra ten atribuídas, en virtude do disposto na Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, as competencias relativas á explotación e mantemento da rede de estradas de titularidade provincial, podendo para iso establecer concertos e convir con entes públicos e privados para o cumprimento dos fins que dita norma confire á Deputación de Pontevedra. Neste sentido cabe destacar que a rede de estradas da provincia de Pontevedra conta cunha lonxitude de 3.448 quilómetros dos cales o 40%, aproximadamente, son competencia da Deputación Provincial de Pontevedra, correspondendo a esta Administración a construción, xestión, conservación e explotación dos tramos da rede viaria da súa titularidade, así como as actuacións encamiñadas á defensa da vía e o seu mellor uso, incluíndo as referentes á sinalización, estudo e aplicación da normativa de tráfico e seguridade viaria. Para potenciar estes aspectos a Deputación Provincial de Pontevedra realizou nos últimos anos importantes investimentos tendentes a mellorar a seguridade viaria na rede provincial de estradas, actuacións ás que haberá de dar continuidade nos próximos anos. Segundo. Que a Asociación Española de la Carretera, constituída ó amparo do artigo 22 da Constitución Española e declarada de utilidade pública segundo Orde Ministerial de 24 de febreiro de 1998, é unha asociación sen ánimo de lucro, independente e apolítica, tendo entre os seus fins os seguintes: a) Contribuír ó progreso da estrada en España, no máis estreito contacto coas diferentes Administracións Públicas e con aquelas entidades públicas e privadas que, no noso país ou no estranxeiro, se dediquen a análogo fin nos seus ámbitos respectivos. b) Estudar, divulgar e, no seu caso, propor os medios e procedementos necesarios para a sistematización de métodos construtivos, así como asesorar na preparación e posta en marcha de normas técnicas e administrativas que polos poderes públicos se establezan, sempre en relación coa estrada ou o transporte realizado sobre a mesma. c) Deseñar, coordinar e dirixir accións formativas, ademais de cooperar á formación e capacitación en xeral, tanto para técnicos, como para persoal non técnico; así como participar activamente na inserción laboral de parados e profesionais, mediante os instrumentos legais oportunos. d) Servir de punto de encontro dos técnicos e profesionais relacionados coa estrada e o transporte, constituíndo un marco para un intercambio de ideas e inquietudes sobre a problemática da estrada nos seus distintos aspectos. e) Contribuír á formación e educación dos usuarios da estrada e do público en xeral, para que a utilización daquela se faga nas mellores condicións de eficacia e seguridade. Terceiro. Que o 18 de xullo de 2008 a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra adoptou acordo polo que se aprobaba un Convenio marco entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Española de la Carretera para a colaboración en materias de interese mutuo, asinándose dito Convenio por ambas as partes o 23 de outubro de 2008. Cuarto. Que a Asociación Española de la Carretera celebrará en xuño de 2009, na cidade de Pontevedra, o XX Symposium Nacional de Vías e Obras da Administración Local, propoñendo a súa participación no mesmo á Deputación Provincial de Pontevedra e ó cal están invitadas todas as Deputacións e Cabildos do Estado Español, o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, entre outras Administracións. Quinto. Que de acordo co disposto no artigo 6 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado, configurándose ditos convenios como o instrumento xurídico adecuado para desenvolver cuestións de interese común. Por todo canto antecede e considerando que a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Española de la Carretera pretenden contribuír na difusión e mellora dos coñecementos teóricos e prácticos da xestión total das vías provinciais, ambas as Institucións acordan subscribir o presente convenio con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS I.- O obxecto do presente convenio é regular o financiamento da XX Edición do Symposium Nacional de Vías e Obras (VYODEAL) que se celebrará en Pontevedra entre os días 15 ó 19 de xuño de 2009, ambos inclusive. Os gastos de organización do simposio ascenden á contía de 120.000,00 euros, destinados a financiar as edicións dos relatorios, publicidade, gastos dos relatores, etc. II.- A Deputación Provincial de Pontevedra, como patrocinadora oficial comprométese a: a) Financiar o Symposium cunha achega de 90.000,00 euros que serán concedidas á Asociación Española de Estrada, imputándose dita cantidade con cargo á partida 09/451.451.489.21 do vixente Orzamento Provincial. b) Ceder o uso das novas instalacións do Museo Provincial de Pontevedra como sede do desenvolvemento do Congreso. III.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará o 25% do importe da subvención á sinatura do convenio previa a presentación da programación do Symposium. O resto da achega librarase mediante a presentación de facturas orixinais ou copias compulsadas da actividade obxecto do presente convenio que non sexan previamente xustificadas. Xunto a iso deberá presentar unha memoria detallada da execución da actividade subvencionada que deixe constancia, entre outros extremos, da relación existente entre os xustificantes presentados e a referida actividade. O prazo máximo para xustificar a subvención será de tres meses. IV.- A Asociación deberá achegar certificación a través da cal deixe constancia de que, á data da sinatura do convenio, atópase ó corrente das súas obrigacións devengadas con anterioridade ao 31 de decembro do exercicio 2008 respecto da Deputación, derivadas de calquera ingreso de dereito público. V.- A Deputación Provincial de Pontevedra aparecerá como patrocinadora principal do Symposium en todas as actividades e publicacións que teñan relación ou se deriven da actividade subvencionada. VI.- A Asociación Española de la Carretera deberá entregar á Deputación Provincial de Pontevedra, trinta exemplares das publicacións que resulten da actividade subvencionada. VII.- A Asociación Española de la Carretera deberá facilitar a información que, en relación coa subvención concedida, lle sexa solicitada pola Deputación Provincial de Pontevedra. VIII.- A vixencia do presente Convenio terminará coa finalización do referido Symposium e correspondente xustificación da subvención recibida. IX.- A alteración ou incumprimento das cláusulas precedentes poderá dar lugar á modificación ou á resolución do presente Convenio. E na proba de conformidade, subscríbese o presente Convenio por duplicado exemplar a un só efecto, no lugar e data ó principio indicados. Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Presidente da Asociación Española de la Carretera, Rafael Louzán Abal Miguel María Muñoz Medina” 15.16960.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “PROTECCION VIAL PK 0+000 A 0+560 E.P. 2204 SABARIS-BELESAR (BAIONA)” (EXPTE. D09/0039) A Xunta de Goberno, en sesión de 13 de maio de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Protección vial PK 0+000 a 0+560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)” á empresa Hidromiño, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Protección vial PK 0+000 a 0+560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)”, efectuada, en sesión de 13 de maio do ano en curso, a favor de Hidromiño, S.L. na suma de 66.500,00 €, máis 10.640,00 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 6.882,39 € e o 1,64 % do orzamento de execución material para control de calidade. 16.16961.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA A UVE-5 (VEÑAN CINCO, S.L.) PARA ADQUISICIÓN DE 5.600 BOLSAS DEPORTIVAS CO LOGOTIPO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Dada conta da factura núm. 0704/09 de 24/04/09 emitida por UVE-5 (Veñán 5, S.L.) referida a “Adquisición de 5.600 bolsas deportivas co logo da Deputación Provincial” co fin de entregar a todos os clubs veteranos de fútbol da provincia por un importe de 57.749,44 € (IVE incluído), con cargo á partida 09/450.452.221.21, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de dita factura polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por non existir procedemento de contratación da subministración coa empresa UVE-5 (Veñán Cinco, S.L.), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a factura citada polo importe de 57.749,44 €, con cargo á partida 09/450.452.221.21 do vixente orzamento provincial. 17.16962.- REVOCACIÓN PARCIAL DO ACORDO NÚMERO 5.16948 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 24/02/2009 RELATIVO Á “RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DE MAPFRE AUTOMÓVILES, S.A. Visto o Acordo da Xunta de Goberno de data 24/02/2009 co número 5.16948 correspondente á reclamación de responsabilidade patrimonial de Dona Stella Rodríguez Estevez en nome e representación de Mapfre Automóbiles, S.A. por danos en vehículo na E.P-1301 Beluso (Bueu) o 11 de setembro de 2008, e presentándose pola representante da Cia. reclamante escrito manifestando que por erro consignárase no escrito de reclamación como nome da Letrada Stella Rodríguez Estevez, en vez de Stella Rodríguez Fernández que é o nome correcto, segundo poder notarial que achega, e así mesmo que a Cia. Mapfre Automóbiles, S.A. en data 31/12/2008 foi absorbida e polo tanto cambiada a súa denominación por Mapfre Familiar Cía. de Seguros y Reaseguros, segundo copia de escritura de fusión por absorción de data 31/12/2008 que achega e queda unida ó expediente, procede revocar parcialmente o devandito acordo no senso de que o nome da representante legal da Cia. reclamante é Dona Stella Rodríguez Fernández e que a Cía. Aseguradora reclamante é Mapfre Familiar Cía. de Seguros y Reaseguros con NIF Nº A-28.141.935. En consecuencia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade revocar parcialmente o Acordo nº 5.16948 de 24/02/2009 no senso seguinte: - Proceder ó aboo da cantidade de 668,51 € a Mapfre Familiar, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A con CIF. A-28.141.935 representada pola letrada Sra. Rodríguez Fernández con cargo á partida 09/511.511.210.00 do orzamento segundo RC que obra no expediente. O pago farase a conta nº 2038.4004.25.6000.156171 tal e como consta no certificado bancario achegado, así como xustificante de pago ó asegurado Sr. Andrés Fernández e Tarxeta de Identificación Fiscal e que obran no expediente. 18.16963.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición