ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/09/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-09-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/09/16_Ordinaria

  • Data(s) 2009-09-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaseis de setembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Salvador González Solla e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17231.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de setembro de 2009. 2.17232.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A.- Devolución de garantía definitiva á empresa López Mera y Fuentes Auditores,S.L. A empresa López Mera y Fuentes Auditores, S.L., mediante escrito de data 22 de xullo de 2009 solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Consultaría e asistencia técnica para realización dunha auditoría dos proxectos pertencentes á iniciativa comunitaria Interreg III-A. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa López Mera y Fuentes Auditores, S.L. (C.I.F. B- 36.745.347), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento trece euros con sesenta céntimos (1.113,60 €), para responder do contrato “Consultoría e asistencia técnica para realización dunha auditoría dos proxectos pertencentes á iniciativa comunitaria INTERREG III-A” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/01/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600002785, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. B.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A., mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder das seguintes obras: Drenaxe superficial e mellora seguridade vial na E.P. 2908, no lugar do Cabalo- Arcade- Amoedo (Pazos de Borbén). Recollida de augas fluviais e execución de muros e peches na estrada PO- 303 Samieira- Castrelo, tramo de Simes- Alto de Dorrón (Meaño). Modificado de ensanche e mellora de trazado E.P. 2908 Arcade- Amoedo, 2ª fase (Pazos de Borbén). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos citados contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguintes garantías definitivas: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos oitenta e tres euros con sesenta e sete céntimos (2.383,67 €), para responder da obra “Drenaxe superficial e mellora seguridade viaria na E.P. 2908, no lugar do Cabalo- Arcade- Amoedo (Pazos de Borbén)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/05/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2008000041493, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos noventa e nove euros (2.399,00 €), para responder da obra “Recollida de augas fluviais e execución de muros e peches na estrada PO- 303 Samieira- Castrelo, tramo Simes- Alto de Dorrón (Meaño)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/05/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2008000041494, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de sete mil corenta e nove euros con corenta e tres céntimos (7.049,43 €), para responder da obra “Modificado de ensanche e mellora de trazado E.P. 2908 Arcade- Amoedo, 2ª fase (Pazos de Borbén)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/06/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800050995, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. C.- Devolución de garantía definitiva á empresa Dago, S.L. A empresa Dago, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Muro en E.P. 6410 Bodaño- Merza (Vila de Cruces). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa Dago, S.L. (C.I.F. A- 36.007.847), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de dous mil cento trinta e dous euros (2.132,00 €), para responder da obra “Muro en E.P. 6410 Bodaño- Merza (Vila de Cruces)” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 09/09/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500085598, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D.- Devolución de garantía definitiva á UTE Vilanoviña (Sercoysa, proyectos y obras, S.A. – Hordescon, S.L.) A UTE Vilanoviña (Sercoysa, proyectos y obras, S.A- Hordescon, S.L.), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Mellora de E.P. 8004 Vilanoviña- Caldas- Lantañón (Meis). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á UTE (Sercoysa, proyectos y obras, S.A.- Hordescon, S.L) (C.I.F. G- 36.527.026), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de cinco mil trescentos cincuenta e nove euros con trinta e dous céntimos (5.359,32 €), para responder da obra “Mellora de E.P. 8004 Vilanoviña- Caldas- Lantañón (Meis)” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 11/05/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600044718, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. E.- Devolución de garantía definitiva á empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA). A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A (C.O.V.S.A.), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Protección de petróglifos E.P. 5204 Hermida- Cequeliños (Arbo). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- C.O.V.S.A. (C.I.F. A- 36.008.886), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de mil cincocentos vinte e seis euros con corenta céntimos (1.526,40 €), para responder da obra “Protección de petróglifos E.P. 5204 Hermida- Cequeliños (Arbo)” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 13/02/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600009864, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.17233.- FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: SETEMBRO PONTECESURES 05/09/09 FESTA DA BICICLETA MOAÑA 06/09/09 FESTA DA BICICLETA REDONDELA 19/09/09 FESTA DA BICICLETA MARÍN 20/09/09 FESTA DA BICICLETA SILLEDA 27/09/09 FESTA DA BICICLETA 4.17234.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN MARCO Vista a proposta do Servizo de Cultura e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Marco de Vigo, para financiar as actividades realizadas polo Fundación ó longo do ano 2009, mediante a achega de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), e con cargo á partida 09/451.451.489.15 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN MARCO Vigo, 1 de xullo de 2009 REÚNENSE D. Rafael Louzán Abal, actuando en nome e representación da Deputación de Pontevedra en virtude do seu cargo de Presidente de conformidade co establecido no art. 34.1 b) da Lei 7/85, de 2 de abril e, D. Manuel Ignacio Martínez Antelo, Director da Fundación Marco, con enderezo en r/Príncipe, 54, Vigo (36202), con CIF G-36909885, actuando en nome e representación desta entidade, Ambas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e MANIFESTAN Que as fundacións e demais entidades culturais sen ánimo de lucro levan a cabo unha importante actividade cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da vida cultural tanto na propia provincia como noutros ámbitos territoriais. Que a Fundación Marco vén desenvolvendo con continuidade un importante labor de promoción cultural, tanto no ámbito provincial como no galego, en correspondencia cos seus fins estatutarios, contribuíndo a establecer pontes entre a cultura galega e a cultura universal. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu ámbito competencial, desenvolve actuacións encamiñadas á promoción, divulgación e difusión da cultura, coa finalidade de achegar esta ó conxunto da sociedade. Ambas as partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio, e ACORDAN PRIMEIRA.- O presente convenio ten por obxecto financiar as actividades realizadas pola Fundación Marco ó longo do ano 2009. SEGUNDA.- A Deputación de Pontevedra achegará á Fundación Marco a cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) con cargo á partida 09/451.451.489.15 do vixente orzamento. TERCEIRA.- A Fundación Marco comprométese a que figure a colaboración e o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade xerada polas súas actividades, tanto impresa, audiovisual ou electrónica. CUARTA.- A Deputación de Pontevedra comprométese a librar a favor da Fundación Marco, a cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), unha vez realizadas as actividades programadas para o ano 2009 e unha vez que a Fundación presente a seguinte documentación: • Xustificación da publicidade dada da axuda concedida e dos demais compromisos asumidos no convenio. • Declaración responsable de que os gastos e ingresos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó desenvolvemento da actividade obxecto deste convenio. • Xustificación dos ingresos: con declaración responsable dos ingresos obtidos e de que as subvencións ou axudas obtidas non superan o custo da actividade. • Certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da Fundación. QUINTA.- A Fundación Marco comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto para os que foron concedidos. A Deputación Provincial de Pontevedra poderá comprobar, cando o estime pertinente, a adecuación dos gastos ós fins estipulados neste convenio. SEXTA.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será motivo suficiente para a rescisión deste. SÉTIMA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. OITAVA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse. NOVENA.- Para o non disposto no presente convenio contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento. DÉCIMA.- Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ambas partes ó acordado en todas as estipulacións. O Presidente da Deputación de Pontevedra Asdo: Rafael Louzán Abal O Director da Fundación Marco Asdo: Manuel Ignacio Martínez Antelo” 5.17235.- APROBACIÓN DAS BASES DO PREMIO CARMEN FERRO 2009 Os avances producidos no campo da discapacidade e o novo concepto desta, baseado na igualdade de oportunidades, levan á Deputación de Pontevedra a dedicar esta anualidade 2009, o “Premio Carmen Ferro”, á temática da integración sociolaboral e social deste colectivo de persoas; en aras a que poidan acadar unha vida normalizada e integradora, dirixindo a convocatoria ás Entidades de Iniciativa Social cun mínimo de dous anos de antigüidade que traballen neste eixo, estando dotado o premio cunha suma total de 18.000,00 €, polo que á vista dos informes de 07/09/2009 e 10/09/2009 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do “Premio Carmen Ferro 2009”, dirixido ás Entidades de Iniciativa Social, que traballen no ámbito da integración sociolaboral e social, das persoas con discapacidade, cunha dotación orzamentaria de 18.000,00 €, con cargo á partida 09/313.313.481.07 do vixente orzamento provincial. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DO PREMIO “CARMEN FERRO” – 2009 A Constitución Española de 27 de decembro de 1978, no seu artigo 35 manifesta que todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo e o artigo 49 recolle que “os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos ós que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o disfrute dos dereitos que este Título I outorga a todos os cidadáns”. A Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración Social dos Minusválidos (LISMI) e o Programa de Integración Escolar son considerados por diferentes expertos como o punto de arranque para o desenvolvemento en España do emprego con apoio, a primeira, no seu artigo nº 37, recolle que “será finalidade primordial da política de emprego de traballadores minusválidos a súa integración no sistema ordinario de traballo” . Tanto o Plan Nacional de Educación Especial (1982) como o Plan Nacional de Emprego (1983) foron piares importantes na loita para á integración social e sociolaboral das persoas con discapacidade. Ambos están baseados nos principios de normalización, integración, sectorización e individualización, principio fundamentais en todo proceso de integración. A Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de oportunidades que fai referencia á non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, ten como obxectivo establecer as medidas para garantir e facer efectivo o dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade conforme ós artigos 9.2, 10, 14 e 49 (sinalado no primeiro paragrafo) da Constitución Española. A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galiza, no seu artigo 4 que fai referencia os principios xerais dos servizos sociais: universalidade, prevención, responsabilidade pública, igualdade, atención integral e personalizada, autonomía persoal e vida independente, participación, integración e normalización etc. O desexo de render homenaxe á exdeputada provincial Carmen Ferro Carballo, falecida no ano 2003, pola súa loita en favor dos Servizos Sociais da Deputación e por crer que moitas persoas cunha formación ou capacitación adecuada poderían chegar a ter unha vida autónoma e independente; O desexo tamén de ofrecer ás persoas que presentan algún tipo de discapacidade as mesmas oportunidades e posibilidades que se ofrecen á poboación en xeral, partindo das capacidades que presentan para acadar a súa integración sociolaboral ou social e non das dificultades que llo impiden. En definitiva, os avances producidos nos derradeiros anos no campo da discapacidade e en consecuencia a súa repercusión positiva nas persoas que a padecen, unidos ó novo concepto desta baseado nos dereitos humanos onde a igualdade de oportunidades xoga un papel fundamental para que as persoas afectadas poidan acadar unha vida tanto a nivel social como sociolaboral, integradora, normalizada, e autónoma, levan á Deputación Provincial de Pontevedra a dedicar no ano 2009, por segundo ano consecutivo, o Premio “CARMEN FERRO” ó tema da integración de persoas con discapacidade de acordo ós seguintes puntos: 1. Obxecto e destinatarios: O obxecto do Premio Carmen Ferro é subvencionar tres proxectos de carácter global e integral, nas condicións que se especifican nos apartados seguintes, que favorezan a inserción sociolaboral ou social das persoas que presentan algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial. Poderán optar ó mesmo aquelas entidades de iniciativa social (privadas e sen ánimo de lucro) con actividade na provincia de Pontevedra, que traballen de forma continuada con persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial e cuxos fins, obxectivos e actividades sexan os dos colectivos que representan e así se recolla nos seus estatutos. 2. Modalidades dos Proxectos e Premios: Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderá ser financiada a dotación consignada para este fin na partida 09/313.313.481.07 do orzamento ordinario da Deputación Provincial elévase a dezaoito mil euros (18.000,00 €) que se distribuirá en tres premios nas seguintes condicións e modalidades: - Dous premios para Proxectos de inserción sociolaboral de 6.000,00 € cada un deles. - Un premio para Proxectos de inserción social de 6.000,00 €. 3. Proxectos: Os proxectos deberán facer referencia, polo menos, ós seguintes aspectos: - Descrición: Síntese do proxecto. Antecedentes. Xustificación. - Obxectivos: xerais (obxectivo final) e específicos (obxectivo concretos para acadar o obxectivo final). Resultados previstos. Descrición da intervención. - Difusión do Proxecto. - Proceso de execución: Actuación. Cronograma. - Recursos e Orzamento (gastos e ingresos). - Avaliación (indicadores). Os proxectos poderán estar redactados en calquera das linguas oficias da Comunidade Autónoma Galega. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto. As Entidades favorecidas con algún premio deberán estar levando a cabo o proxecto presentado e premiado ou comprometerse a desenvolvelo durante o ano 2010, no caso de non levalo a cabo a Entidade terá que reintegrar o importe do premio á Deputación. No caso de que o orzamento para a realización do proxecto sexa superior á contía que lle corresponda á entidade participante, segundo a modalidade á que opte, e esta se vexa obrigada a solicitar outras subvencións, deberá facerse constar no proxecto a parte ou fase á que se aplicaría o Premio Carmen Ferro en caso de conseguilo. 4. Valoración dos Proxectos: 1º Experiencia e especialización da entidade que presenta o proxecto na modalidade na que opta ó Premio Carmen Ferro. 2º Capacidade para levalo a cabo no caso de que saíra premiado. 3º Obxectivos. 5. Lugar de presentación de proxectos e prazo: Os proxectos deberán ser presentados coa documentación sinalada na cláusula sétima no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra de luns a venres en horario de 8,30 a 14,30 h. e de 17,00 a 19,00 h. e sábados en horario de 9,00 a 13,00 h; no rexistro da sede de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,00 h., ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de proxectos será de un mes a partir do día seguinte á publicación das Bases reguladoras do Premio “Carmen Ferro” no Boletín Oficial da Provincia. Para calquera información o teléfono de contacto será o 986.804.100 extensións 40126 e 40121. 6. Documentación: As Asociacións que opten a algún premio deberán presentar no prazo previsto na cláusula quinta a seguinte documentación: - Proxecto co que opta ó premio “Carmen Ferro” asinado e selado. - Fotocopia compulsada do D.N.I. do representante legal da Asociación que presente o proxecto e Acreditación do cargo. - C.I.F. compulsado. Declaracións segundo anexo que constará na páxina web da Deputación no momento da publicación desta convocatoria, de que: a. A entidade é privada e carece de fins de lucro. b. Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. c. Si solicitou ou concedéronselle, procedentes de Organismos Públicos e entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións para o mesmo proxecto: Axudas ou subvencións solicitadas Axudas ou subvencións concedidas Contía Así mesmo, esta Entidade asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro. d. Nin a Asociación nin o seu representante legal atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións (premios) previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e. A Asociación encóntrase ó corrente de pago das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Tesourería da Seguridade Social e non ten débedas de ningún tipo coa Deputación, autorizando a esta para que solicite as correspondentes certificacións. 7. Resolución da Convocatoria: Os proxectos recibidos dentro do prazo establecido e que cumpran os criterios recollidos nas presentes Bases serán avaliados tecnicamente, elevándose ó Xurado nomeado ó efecto, unha proposta con aqueles que se consideren de maior interese. O Xurado estará formado por: - Presidente: - O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación ou Deputado en que delegue. - Vogais: - Un representante de cada un dos grupos políticos que forman parte da Corporación Provincial. - Un/unha técnic@ especialista en temas de integración de persoas con discapacidade, nomeada polo Xurado para asesorar sobre cuestións técnicas. No Xurado actuará como Secretario o titular da Deputación ou funcionari@ do Servizo de Acción Social en quen delegue. Para constituírse o Xurado deberá contar coa asistencia de mais da metade dos membros que o constitúen sempre que entre eles se atopen o Presidente e o Secretario do mesmo, resolverá todas as incidencias que podan presentarse e determinará sobre a proposta técnica recibida os proxectos premiados. O seu fallo, tomado por maioría simple, será inapelable. 8. Entrega de Premios: No momento que o Xurado de Avaliación decida a adxudicación dos Premios “Carmen Ferro” e se levante a acta correspondente, que será asinada por cada un dos seus membros, o resultado porase en coñecemento das Entidades premiadas e a entrega dos mesmos, con independencia da data do seu fallo, farase coincidir co “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” que se celebra o 3 de decembro. 9. Proxectos non premiados: Os proxectos que non resulten premiados poderán ser retirados do Servizo de Acción Social da Deputación no prazo de dos meses contados dende a data da resolución do concurso. 10. Publicidade: A Deputación Provincial conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar o nome das entidades premiadas. As asociacións premiadas comprométense a facer constar o premio da Deputación, área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre o mesmo. 11. Dereito Supletorio: Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 de 25/06.200) e demais lexislación aplicable.” 6.17236.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, CAMPAÑA DE OUTONO (2º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.A.; en virtude do acordo de Xunta de Goberno do 18/03/2009; aprobada pola Xunta de Goberno do 26/08/2009 a ampliación do contrato a favor da mencionada empresa na contía de 34.572,00 €, e remitido o 2º Grupo de solicitudes da Campaña de Outono a Intervención para a súa fiscalización á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 10/09/2009 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 2º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña Outono, polo importe de 59.332,00 €, para un total de 1.141 persoas, con cargo a partida 09/313.313.227.02, e segundo os cadros que se xuntan: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA OUTONO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto BAIONA SI 12 624,00 € CAMBADOS SI 24 1.248,00 € CERDEDO SI 19 988,00 € FORCAREI SI 10 520,00 € O GROVE SI 10 520,00 € A GUARDA SI 55 2.860,00 € ILLA DE AROUSA SI 17 884,00 € LALÍN SI 8 416,00 € NIGRÁN SI 30 1.560,00 € POIO SI 44 2.288,00 € PONTE CALDELAS SI 44 2.288,00 € O ROSAL SI 25 1.300,00 € SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00 € SALVATERRA SI 17 884,00 € SANXENXO SI 28 1.456,00 € SILLEDA SI 29 1.508,00 € SOUTOMAIOR SI 15 780,00 € TOMIÑO SI 30 1.560,00 € TUI SI 72 3.744,00 € VALGA SI 42 2.184,00 € VIGO SI 200 10.400,00 € VILABOA SI 19 988,00 € VILANOVA SI 24 1.248,00 € AS NEVES SI 10 520,00 € TOTAL 814 42.328,00 € PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA OUTONO – PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto PONTEVEDRA NO 123 6.396,00 € OIA NO 3 156,00 € VILAGARCÍA NO 41 2.132,00 € POIO NO 21 1.092,00 € BUEU NO 1 52,00 € SOUTOMAIOR NO 4 208,00 € A LAMA NO 16 832,00 € GONDOMAR NO 15 780,00 € MARÍN NO 25 1.300,00 € CALDAS DE REIS NO 2 104,00 € REDODELA NO 4 208,00 € VIGO NO 72 3.744,00 € TOTAL 327 17.004,00 € 7.17237.- APROBACIÓN DO ADIANTO DO 50% DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 29/07/2009, A FAVOR DA ASOCIACIÓN “CLUB DE OCIO E TEMPO LIBRE NOVAS RUTAS” Aprobada pola Xunta de Goberno do 29/07/2009 unha subvención de 3.600,00 € a favor da Asociación “Club de Ocio e Tempo Libre Novas Rutas”, para desenvolvemento do proxecto socio-educativo “ALEDAR” dirixido a persoas con discapacidade psíquica; solicitado por dita Asociación o adianto do 50% da subvención en virtude do oficio de 13/08/2009, e á vista do informe de Intervención do 07/09/2009 constatando a viabilidade do anticipo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o adianto do 50 % (1.800,00 €) da subvención que aprobara a Xunta de Goberno do 29/07/2009, a favor da Asociación “Club Ocio e Tempo Libre Novas Rutas”, para desenvolvemento do proxecto socio-educativo “ALEDAR”, dirixido a persoas con discapacidade psíquica. 8.17238.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 29/07/2009 RESPECTO Á SUBVENCIÓN A FAVOR DA ASOCIACIÓN “REXURDIR PROVINCIAL” E APROBACIÓN DO ADIANTO DO 50% DA CITADA SUBVENCIÓN Aprobada pola Xunta de Goberno do 29/07/2009, unha subvención de 4.000,00 €, a favor da asociación Rexurdir Provincial, para un proxecto de inserción laboral de internos drogodependentes do Centro Penitenciario de A Lama, solicitada por dita asociación o 01/09/2009 autorización para cambiar o lugar de celebración do curso, así coma o adianto do 50 % da citada subvención e á vista do informe do 11/09/2009 emitido pola Intervención; en relación coa subvención polo importe de 4.000,00 €, concedida pola Xunta de Goberno do 29/07/2009 á Asociación Rexurdir Provincial, para o proxecto de inserción laboral de internos drogodependentes do Centro Penitenciario de A Lama, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: a) Autorizar para levar a cabo o curso, dita Asociación nas instalacións do Centro de Menores Avelino Montero, sito na Av. de Vigo (Pontevedra). b) O adianto do 50% da subvención (2.000,00 €) concedida no seu día a favor da referida Asociación. 9.17239.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DA ACTIVIDADE “ FOMENTO DEPORTIVO” DO CONCELLO DE OIA, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2009-ACTIVIDADES Vista a petición do Concello de Oia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a modificación do orzamento da actividade incluída no PAM 2009-Actividades, denominada “Fomento deportivo”, de 1.500,00 €, pola cantidade de 1.000,00 €, quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 4.17042, de 1 de xullo de 2009. 10.17240.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO A FAVOR DE AEGÓN SALUD DE FACTURAS PENDENTES De acordo co exposto, en virtude das competencias que outorga o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e ó abeiro do que se establece no artigo 37.2 do Concerto de Asistencia Sanitaria para funcionarios integrados, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade iniciar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito e estimar parcialmente a solicitude presentada pola compañía Aegon Salud, S.A., relativa ó aboamento das diferenzas de prezo da prima por asegurado/mes correspondente ó período comprendido entre o 1 de xaneiro ó 30 de xuño de 2009, por un importe de 7,50 €/beneficiario (diferenza entre o novo prezo de contrato, 44,50 € e o anterior 37,00 €), segundo detalle: MES ASEGURADOS IMPORTE DIFERENCIA Xaneiro 175 1.312,50 € Febreiro 169 1.267,50 € Marzo 170 1.275,00 € Abril 170 1.275,00 € Maio 162 1.215,00 € Xuño 162 1.215,00 € TOTAL 7.560,00 € O importe total a aboar, que ascende á cantidade de 7.560,00€, imputarase á partida orzamentaria 09/122.314.160.06 do vixente orzamento provincial. Así mesmo, non procede o aboamento das cantidades reclamadas correspondentes ó período 1 de xullo á 11 de agosto de 2009, tendo en conta que con data 1 de xullo adxudicouse o concerto á compañía aseguradora Adeslas, S.A., e en consecuencia todos os asegurados desta Institución foron alta coa dita compañía con esa mesma data. 11.17241.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.17242.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN PARROQUIAL OLIVEIRA DE LEIRO (RIBADUMIA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “CONSTRUCIÓN BAÑOS EN IGREXARIOS”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 23 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación Parroquial Oliveira de Leiro (Ribadumia), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 23, denominada “Construción baños en Iglesario”, subvencionada con 6.000,00 € Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 13.17243.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE AUGAS O CASTRO (PONTEVEDRA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “REPOSICIÓN DA TRAÍDA DE AUGAS”, INCLUÍDO NO PAC/2008 CO NÚMERO 133 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Comunidad de Aguas O Castro (Pontevedra), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 133, denominada “Reposición da traída de augas”, subvencionada con 4.000,00 €. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 14.17244.-.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A “UNIVERSIDAD INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO” Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo, para a realización dun programa de cursos en Pontevedra, mediante a achega de sesenta e dous mil euros (62.000,00 €), e con cargo á partida 09/451.422.454.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDAD INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO Pontevedra, de agosto de 2009 R E U N I D O S Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. E da outra o Excmo. Sr. D. Salvador Ordóñez Delgado, reitor magnífico da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (no sucesivo U.I.M.P.), CIF: Q-2818022-B, que actúa facultado polo seu nomeamento realizado por R.d. 1342/2006, de 21 de novembro (B.O.E. de 22 de novembro) e facendo uso das atribucións que ten conferidas no art. 12 dos Estatutos da Universidade, aprobados por R.d. 331/2002, de 5 de abril (B.O.E. de 12 de abril) Ambas as partes, na representación que ostentan, recoñécense capacidade legal para subscribiren o presente documento, e para o efecto, E X P O Ñ E N A U.I.M.P. realiza no ano 2009, no seu Centro de Pontevedra, un programa de cursos, relacionados no Anexo I. Por considerar que estes cursos revisten un alto interese científico e académico, a Deputación Provincial de Pontevedra desexa colaborar na súa realización. En consecuencia, A C O R D A N Primeiro.- O presente convenio ten por obxecto financiar a realización dos cursos de verán organizados pola U.I.M.P., en Pontevedra, por consideralos de alto interese científico e académico. Segundo.- A Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de sesenta e dous mil (62.000,00) euros, con cargo á partida 09/451.422.454.02, en concepto de colaboración económica para a realización dos devanditos cursos. Terceiro.- A U.I.M.P. pon a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra no conxunto dos cursos un total de 175 prazas con matrícula de balde para as persoas que ela designe. A Deputación de Pontevedra deberá comunicar, formalmente e coa suficiente antelación, os nomes das persoas que vaian ocupar as devanditas prazas. A gratuidade inclúe soamente a inscrición académica; a U.I.M.P. non se fará cargo da viaxe, aloxamento nin manutención das persoas que ocupen estas prazas. O resto das prazas serán cubertas polos procedementos habituais da U.I.M.P. Cuarto.- A U.I.M.P. comprométese a facer constar nos programas dos cursos e seminarios, e na difusión que destes se faga nos medios de comunicación social, a colaboración da Deputación de Pontevedra. Quinto.- A Deputación de Pontevedra poderá incluír na documentación dos cursos ou seminarios preparada pola Universidade de Vigo e a U.I.M.P. para entregarlles ós alumnos aqueloutros documentos que considere de interese para eles. Sexto.- Unha vez rematado o programa de actividades en Pontevedra, farase constar a colaboración da Deputación de Pontevedra na memoria anual de actividades da universidade, e entregaráselle a xustificación dos gastos ós que foi aplicada a achega da Deputación, mediante a presentación dunha conta xustificativa que deberá conter a totalidade dos gastos da actividade e achegando unicamente as facturas polo importe subvencionado, ben orixinais, ben fotocopias cotexadas. Dita xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2010. Sétimo.- Correspóndelle exclusivamente á U.I.M.P. aprobar os programas das súas actividades e as normas consonte ás que se deben desenvolver, vixiando en todo intre o máis escrupuloso respecto á independencia da propia institución e das persoas que participan nas súas actividades. Oitavo.- A difusión que se faga dos cursos e seminarios nos medios de comunicación social, como se indica na cláusula cuarta do presente convenio, terase que emitir ou redactar en lingua galega no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Noveno.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. Décimo.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. Undécimo.- Para o non disposto no presente convenio contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación aplicable. E, en proba de conformidade, asinan o presente documento por duplicado, no lugar e data indicados. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Asdo. D. Rafael Louzán Abal O Reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo Asdo. D. Salvador Ordóñez Delgado” Dito anexo é como segue: Anexo I: PROGRAMACIÓN Encontro: “El patrimonio arqueológico en el Val Miñor y Baixo Miño: modelos de aprovechamiento sostenible y didáctica ambiental” Dirección: Carlos Méixome Quinteiro Director del Instituto de Estudios Miñoranos Data e lugar de celebración: 7, 8 e 9 de maio de 2009, en Gondomar Encontro: “Territorio: ordenar para competir” Dirección: Román Rodríguez González Profesor Titular de Xeografía e Historia U. Santiago de Compostela Secretaría: José Antonio Aldrey Vázquez Data e lugar de celebración: Do 22 ó 24 de xuño, en Lalín Encontro: “La gestión del protocolo en tiempos de crisis: Protocolo gubernamental, local y empresarial” Dirección: María Esther Regueiro Fernández Secretaría: María Pilar Egea Torrón Directora Gabinete Asesores del Grupo Municipal Partido Popular de Vigo Data e lugar de celebración: Do 24 ó 26 de xuño de 2009, en Vigo Seminario: “La crisis económica internacional. Claves y retos para la economía gallega” Dirección: Gonzalo Caballero Míguez Profesor de Estructura Económica Internacional. U. de Vigo María Dolores Garza Gil Departamento de Economía Aplicada. U. de Vigo Secretaría: María Carmen Padín Fabeiro Departamento de Economía Aplicada. U. de Vigo Data e lugar de celebración: Do 29 de xuño ó 3 de xullo, en Vigo. Seminario: “Gestión de residuos sólidos urbanos” Dirección: Carlos Franjo Franjo Profesor Titular Departamento de Física. U. de A Coruña José Luis Legido Soto Jesús Manuel Torres Palenzuela Profesor Titular Departamento de Física Aplicada. U. de Vigo. Responsable Laboratorio de Teledetección y GIS U. de Vigo Secretaría: Mercedes Palanca González Departamento Física Aplicada. Facultad Ciencias del Mar Data e lugar de celebración: Do 14 ó 17 de xullo, en Vigo Encontro: “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” Dirección: Xosé López García Catedrático de Periodismo. U. Santiago de Compostela José Pereira Fariña Profesor de Comunicación Audiovisual en Universidade de Santiago Xosé Rúas Araujo Profesor de Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo Data e lugar de celebración: Do 21 ó 22 de setembro de 2009, en Forcarei (Pontevedra) Encontro: “La guerra de la Independencia en Galicia: Derrota y victoria, 1808-1809. Ponte Sampaio, 200 años después” Dirección: Manuel María Artaza Montero Profesor Titular de Ciencia Política y de la Administración. U. de Santiago de Compostela Secretaría: Vitor Manuel Migues Rodríguez Profesor del departamento de Historia Medieval y Moderna. U. de Santiago de Compostela Data e lugar de celebración: Do 21 ó 23 de setembro de 2009, en Pontevedra 15.17245.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado e suficiente para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos pretende asinar un convenio de colaboración para a execución da obra dun pavillón deportivo, cun custe total estimado na cantidade de oitocentos mil seiscentos trinta e dous euros (800.632,00 €). O Sr. Secretario informa favorablemente o proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe, con data de 11 de agosto de 2009, no cal se considera que deberían emendarse e aclararse unha serie de deficiencias observadas antes de aprobar o expediente de contratación, entre elas, a consideración da necesidade de sometemento do expediente ó ditame da Comisión Informativa correspondente. Emendadas as deficiencias, informouse favorablemente o convenio pola maioría dos membros da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, en sesión do 9 de setembro de 2009. Así mesmo se informa que existe crédito suficiente para financiar a parte correspondente á anualidade de 2009 na partida 09/123.452.662.00, respecto ás anualidades de 2010 e 2011 contabilizarase con cargo ás partidas correspondentes dos seus respectivos exercicios orzamentarios. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mos para a execución da obra “Pavillón deportivo no lugar de Castro”, contando co seguinte financiamento: Anualidades 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 261.075,65 € 182.752,96 € 156.645,39 € 600.474,00 € Concello de Mos 6.000,00 € 77.663,20 € 116.494,80 € 200.158,00 € TOTAL 267.075,65 € 260.416,16 € 273.140,19 € 800.632,00 € Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura: Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVILLÓN DEPORTIVO EN MOS”. No Pazo Provincial, a de de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Sra. Dª Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Mos, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mos é a execución da obra “Pavillón Deportivo en Mos”. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de oitocentos mil seiscentos trinta e dous euros (800.632,00 €) Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Anualidades 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 261.075,65 € 182.752,96 € 156.645,39 € 600.474,00 € Concello de Mos 6.000,00 € 77.663,20 € 116.494,80 € 200.158,00€ Total 267.075,65 € 260.416,16 € 273.140,19 € 800.632,00 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 123.452.662.00 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As anualidades de 2010 e 2011 deberán ingresarse na Tesourería da Deputación no primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 09/123.452.662.00 do vixente orzamento provincial. As anualidades de 2010 e 2011 financiaranse con cargo ás partidas correspondentes dos exercicios futuros, quedando condicionadas á aprobación dos seus orzamentos. Sexta.- O Concello de Mos obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. O Concello de Mos deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras, e cesión da mesma ó Concello. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación Provincial e a Alcaldesa-Presidenta do Concello de Mos, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste Convenio. Undécima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 e novembro, Xeral de Subvencións, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial Polo Concello de Mos de Pontevedra Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. Dna. Nidia Arévalo Gómez” 16.17246.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE CULTURA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O PROXECTO DE ACCESIBILIDADE, ALUMEADO E SEGURIDADE DAS SALAS DE EXPOSICIÓNS DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA Nos orzamentos xerais do Estado correspondentes ó exercicio do 2009 inclúese unha subvención por un importe de 500.000,00 € destinada financiar o equipamento e musealización do Museo de Pontevedra, pero figurando como destinatario da mesma o Concello e non a Deputación Provincial. A Deputación Provincial solicitou, mediante escrito de data 26 de febreiro de 2009, a correspondente rectificación do destinatario da subvención. A subvención estaba incluída no programa orzamentario 333.A do capítulo sétimo correspondente á Subdirección General de Museos Estatales, organismo, que se dirixe a esta Deputación Provincial comunicando que se procedeu á rectificación do destinatario final da subvención, mediante Real decreto 1225/2009, publicado no Boletín Oficial de 1 de agosto. Así mesmo informa que dita subvención debe tramitarse a través da Gerencia de Infraestructuras de Cultura, Organismo co que esta Deputación subscribiu un convenio de colaboración con data 30 do pasado mes de xuño, por un importe de 300.000,00 € destinados a financiar o “Proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo de Pontevedra”. A Xerencia de Infraestruturas propón que se subscriba unha addenda a este convenio, coa mesma finalidade co importe de 500.000,00 €, remitindo o borrador correspondente. Pola Asesoría Xurídica se informa que a proposta é xuridicamente correcta para estes fins e en consecuencia pódese prestar conformidade á mesma. Visto os informes de Secretaría e de Contratación e en virtude das competencias establecidas a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Prestar aprobación á addenda ó convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Deputación Provincial de Pontevedra para o proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo de Pontevedra. 2.- Así mesmo facúltase ó Presidente para a formalización da addenda, que cuxo texto é o seguinte: “ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE CULTURA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O PROXECTO DE ACCESIBILIDADE, ALUMEADO E SEGURIDADE DO SALAS DE EXPOSICIÓNS DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA. En a de de 2009 REUNIDOS Dunha parte, Dª Mercedes E. del Palacio Tascón, Subsecretaria do Ministerio de Cultura, na súa condición de Presidenta da Gerencia de Infraestructuras y Equipamientos de Cultura, competente en virtude do art. 4.2.d) do Real decreto 1379/1999, de 27 de agosto, de Regulación do Organismo Autónomo, e o art. 2.6 do Real decreto 1132/2008, de 4 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Cultura. Doutra parte, D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o que se dispón no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificado pola Lei 11/1999, de 21 de abril, e no artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. MANIFESTAN I.- O 2 de decembro de 2003 formalizouse un Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. O devandito Convenio estivo vixente dende 2003 ata 2006. II.- Finalizadas a obras de ampliación e rehabilitación do Museo, debía procederse ó seu equipamento e á instalación da colección permanente do Museo. Para iso, a Deputación de Pontevedra e a Dirección do Museo solicitaron á Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais a súa colaboración. III.- O Ministerio de Cultura, dentro dos obxectivos da súa política cultural, contemplados nos artigos 44.1 e 46 da Constitución Española, considera necesaria a súa colaboración no equipamento e instalación da colección permanente do Museo de Pontevedra. IV.- A Gerencia de Infraestructuras y Equipamentos de Cultura, Organismo Autónomo do Ministerio de Cultura, é o responsable da execución de infraestruturas e equipamentos culturais. Para realizar tal fin, e entre outras funcións, este Organismo ten asignada a xestión e formalización de convenios con entidades públicas e privadas, sempre que se refiran a materias obxecto da súa competencia. V.- Coa finalidade de proceder ó inicio do equipamento e instalación da colección permanente do Museo formalizouse, o 14 de novembro de 2008, un Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Deputación Provincial de Pontevedra, con vixencia durante todo o ano 2008. Na mesma liña de colaboración entre ambas as dúas Administracións, o 30 de xuño de 2009 se deu de alta un novo Convenio de Colaboración para o proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo de Pontevedra, con vixencia durante toda a anualidade. VI.- O Real decreto 1225/2009, de 17 de xullo, que regula a concesión de subvencións directas do Ministerio de Cultura e os seus Organismos Autónomos, outorgou no artigo 1, letra m, unha subvención directa de carácter excepcional “Á Deputación de Pontevedra para o Museo de Pontevedra”. No artigo 3.1.m do devandito Real decreto lle especifica que a cantidade concedida é 500.000,00€. VII.- Realizada a oportuna modificación orzamentaria, corresponde a esta Gerencia de Infraestructuras y Equipamientos de Cultura a tramitación da subvención e o seu aboamento á Deputación de Pontevedra. En virtude do exposto, o Ministerio de Cultura, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura acordan subscribir a presente Addenda ó Convenio conforme ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto.- O obxecto do presente Addenda ó Convenio é dar cumprimento ó que se dispón no Real decreto 1225/2009, de 17 de xullo, polo que se rexía a concesión de subvencións directas do Ministerio de Cultura e os seus organismos autónomos a diversas entidades e institucións culturais, en cuxo artigo 3.1.m. concédese unha subvención de 500.000,00 € “Á Deputación de Pontevedra, para o Museo de Pontevedra”. Dita contía destinarase e executar o proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposición da colección permanente do Museo de Pontevedra. SEGUNDA.- Compromisos da Deputación de Pontevedra.- Corresponde á Deputación de Pontevedra a contratación e execución de todas as actuacións necesarias para a realización do proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposición da colección permanente do Museo, que se efectuarán, en todo caso, antes do 31 de xullo de 2010, segundo o art. 4.a) do Real decreto 1225/2009, de 17 de xullo. A Deputación asume os dereitos e obrigas que a vixente Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, atribúe ós Órganos de Contratación, tanto na fase de contratación como na recepción e liquidación das subministracións necesarias. A Deputación ten a consideración de beneficiaria respecto á subvención da Administración Xeral do Estado e en consecuencia queda sometida ás obrigas inherentes á súa condición e ós restantes prescricións establecidas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no Real decreto 1225/2009, de 17 de xullo. TERCEIRA.- Compromisos do Ministerio de Cultura.- O Ministerio de Cultura, a través do Organismo Autónomo Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, transferirá á Deputación de Pontevedra, para o Museo de Pontevedra, o importe obxecto da subvención con cargo ó Programa 333A, Concepto 7?? do Orzamento de Gastos de dito Organismo Autónomo. A subvención será aboada unha vez asinada a Addenda. CUARTA.- Normativa.- A presente Addenda rexerase polas condicións estipuladas no Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Deputación de Pontevedra para o proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo de Pontevedra, de 30 de xuño de 2009 e polo Real decreto 1225/2009, de 17 de xullo, do Ministerio de Cultura, E en proba de conformidade, asinan as partes a presente Addenda ó Convenio en exemplar duplicado, no lugar e data sinalada no encabezamento. Polo Ministerio de Cultura A Presidenta da Gerencia de Infraestructuras y Equipamientos de Cultura, Asdo: Mercedes E. del Palacio Tascón Pola Deputación de Pontevedra O Presidente, Asdo.: Rafael Louzán Abal” 17.17247.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “SEGURIDADE VIAL NA E.P. 2602 PEINADOR-LOUREDO (MOS) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20/05/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Mos para levar a cabo a execución da obra de “Mellora da seguridade vial na E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)”, con orzamento de 1.207.481,64 €. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da referida obra, cun orzamento de 1.040.932,45 €, máis 166.549,19 €, correspondentes ó IVE. Resultando que, con data 20 de agosto de 2009, se constitúe a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que, con data 24 de agosto de 2009, se reúne a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións se emite informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 07/09/2009, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos, detectándose, unha vez valoradas ditas ofertas económicas, que a presentada por Construccions, Obras e Viais, S.A. contén valores anormais ou desproporcionados incorrendo en baixa temeraria polo que se require a dita empresa para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustifique as condicións da mesma, en particular o que se refire ó aforro, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a obra. Resultando que pola referida empresa se remite a documentación requirida, emitíndose polo Director de Infraestruturas en funcións informes considerando viable a oferta propoñendo a adxudicación da obra a Construccións, Obras e Viais, S.A. que alcanza a máxima puntuación unha vez avaliados os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económicas que rexeu no procedemento para a súa contratación. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Construccions, Obras e Viais, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra, e que a continuación se detalla: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 42,82 36,086 78,906 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) 33,12 46,978 80,098 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 32,77 26,632 59,402 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 32,62 26,928 59,548 HIDROSCIVIL, S.L. 32,61 24,611 57,221 MOVEX VIAL, S.L. 31,22 34,198 65,418 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,02 26,054 56,074 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra “Seguridade vial na E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)”, na suma de 790.275,91€ máis 126.444,15 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de 10 meses, melloras valoradas en 46.360,85 € e o 3% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade, xa que obtivo a máxima puntuación unha vez ponderados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento de contratación da obra. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007, e que lle concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 53.095,37 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 96,10 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 18.17248.- ADXUDICACION PROVISIONAL DAS OBRAS DE “REFORMA DA CONFRARIA DE PESCADORES SAN XULIAN DA ILLA DE AROUSA, 1ª FASE” E “REFORMA DA CASA DO PESCADOR (VILANOVA DE AROUSA)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/07/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, das obras de “Reforma da Confraría de Pescadores San Xulian da Illa de Arousa, 1ª fase” e “Reforma da Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)”, a executar mediante convenios subscritos coa Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, a primeira, e co Concello e Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, a segunda. O día 10 de Agosto de 2009, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O día 14 de agosto de 2009, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Arquitecto Provincial emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 7 dos correntes, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida ó efecto e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: OBRA: “REFORMA DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN XULIAN DA ILLA DE AROUSA, 1ª FASE”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 30,88 26,542 57,422 HIDROMIÑO, S.L. 42,25 31,046 73,296 HERMANOS VIGO OTERO, S.L. 31,17 36,119 67,289 ESBEAL DE AROSA, S.L. 32,63 24,179 56,809 CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. 34,08 36,805 70,885 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 36,41 15,356 51,766 DECORACION, INSTALACIONES Y CONSTRUCCIONES, S.AU. (DICSA) 32,07 36,082 68,152 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 33,23 33,256 66,486 BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 32,50 44,315 76,815 ELSAMEX, S.A. 31,27 38,116 69,386 GEOPROMOCIONES GALICIA, S.L. 30,20 49,202 79,402 TERRAUGA PROYECTOS Y OBRAS, S.L. 33,16 31,916 65,076 OBRA: “REFORMA DA CASA DO PESCADOR (VILANOVA DE AROUSA)”: LICITADOR Puntuación SOBRE “B” Puntuación SOBRE “C” Puntuación TOTAL XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 32,52 27,384 59,904 HIDROMIÑO, S.L. 42,25 30,388 72,588 MOVEX VIAL, S.L. 41,50 28,213 69,713 HERMANOS VIGO OTERO, S.L. 32,27 35,120 67,390 ESBEAL DE AROSA, S.L. 33,29 19,707 52,997 CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. 30,03 33,802 63,832 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 35,93 20,427 56,357 DECORACION, INSTALACIONES Y CONSTRUCCIONES, S.AU. (DICSA) 31,32 40,407 71,727 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 32,54 37,491 70,031 BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 31,04 41,123 72,163 TERRAUGA PROYECTOS Y OBRAS, S.L. 33,77 30,647 64,417 ELSAMEX, S.A. 32,14 41,848 73,988 GEOPROMOCIONES GALICIA, S.L. 30,80 49,202 80,002 DENGON CONSTRUCCIONES Y SERVICIOS, S.L. 30,01 14,282 44,292 Observándose que, de conformidade co que se establece na base 12 do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obras, considérase que o prazo de execución ofertado por Geopromociones Galicia, S.L. é, a xuízo dos técnicos, de difícil cumprimento polo que se require a dita empresa para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustifique as condicións da mesma, en particular cando no que se refire á redución do prazo de execución, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a obra. Remitida pola empresa a documentación requirida, polo Arquitecto Provincial emítese informe no que manifesta o seguinte: 1.- Que á vista das alegacións presentadas e tendo en conta que os prazos de execución da obra dependen, fundamentalmente, da organización empresarial da obra, considérase que non é factible executar a obra de “Reforma da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, 1ª fase”, no prazo proposto (tres meses) que, neste caso, depende de subministracións que requiren un prazo de subministración mínimo que se corresponde co prazo ofertado, quedando pendente o tempo de instalación (subministración e instalación). 2.- En canto ó prazo ofertado para a execución da obra de “Reforma da Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)”, tres meses, á vista das alegacións presentadas e tendo en conta que os prazos de execución dependen fundamentalmente da organización empresarial da obra, pódese entender que, aínda de forma axustada, pode ser executada no tempo ofertado. Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Belypa Construcciones, S.L. a obra de “Reforma da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, 1ª fase”, na suma de 168.107,59 €, máis 26.897,21€ correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de 10 meses, melloras valoradas en 7.335,00 € e o 3,50% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade, xa que obtivo a segunda puntuación unha vez ponderados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento de contratación da obra, ó considerar os servizos técnicos que o prazo ofertado por Geopromociones Galicia, S.L., que alcanza a máxima puntuación, non é factible. 2.- Adxudicar provisionalmente a Geopromociones Galicia, S.L. a obra de “Reforma da Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)”, na suma de 164.336,04 €, máis 26.293,77 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 17.480,69 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade, xa que, ponderados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento de contratación da obra, alcanzou a máxima puntuación. 3.- Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 55,80 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P., que ascendeu a un total de 111,60 €. 19.17249.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1-FINAL DA OBRA “BANCADA, PECHE DE REDE E ALUMEADO EN CAMPOS DE FÚTBOL DE ANGOARES, RIBADELOURO E PORTAS (EXPTE. D09/38)” Vista a certificación nº 1-final relativa as obras do proxecto “Bancada, peche de rede e alumeado en campo de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas (expte. D09/38)”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 7 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 09/123.452-662.00 (Deputación) 203.928,00 € SUBTOTAL ………. 203.928.00 € Dirección de obra (4%) 5.909,24 € Control de calidade (1.5%) 2.215,97 € Seguridade e saúde (0.72%) 1.063,66 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 194.739,13 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 20.17250.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº2 DA OBRA “BEIRARRÚAS EN TOMIÑO, 2ª FASE (EXPTE. D07/158)” Vista a certificación núm. 2 relativa as obras da “Beirarrúas en Tomiño, 2ª fase, (expte. D07/158)”, adxudicada no seu día á Empresa Construcciones Narom, S.L., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 27 do mes de agosto e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: NAROM, S.L. (CIF. B-36.163.418) 09/911.911-662.09.2007 (Deputación) 201.884,85 € SUBTOTAL ………. 201.884.85 € Taxa técnicos directores (4%) 5.850,04 € Control de calidade (3%) 4.387,53 € Seguridade e Saúde (0.72%) 1.053,01 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR …….. 190.594,27 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 21.17251.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVA A DIRECCIÓN DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas, require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº 06/2009, nº 20/2009, nº 30/2009 e nº 33/2009, por un importe de 2.260,34 €, 954,47 €, 752,99 € e 924,66 €, respectivamente, da empresa E.F. Ingenieros, S.L. (NIF B - 36.195.790) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados enlace E.P. 9402 Mosteiro–Barrantes (Meis)”, correspondentes ás certificacións número 12, 13, 14 e 15, respectivamente. 22.17252.- PETICIÓNS DE CAMBIO DO TIPO DE VEHÍCULO OUTORGADO POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CLUB BALONMAN CANGAS E Ó CLUB DE MAR RIA DE ALDAN 1.- A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 14 do pasado mes de xaneiro, acordou conceder, ó Club Balonmán Cangas unha axuda para a adquisición do vehículo marca Citröen modelo Jumper HDI 160 Minibús 17 pl. con aire acondicionado, por importe de 43.880,00 euros, dentro da convocatoria efectuada de acordo ó Convenio subscrito con Caixanova e Citröen España, S.A. Así mesmo, en sesión celebrada o día 24 do pasado mes de febreiro, acordou conceder, ó Club de Mar Ría de Aldán unha axuda para a adquisición do vehículo Citröen modelo Boxer Minibús 9 pl. 333 L2H2 HDI 160, por importe de 34.035,00 euros. Ambas Entidades deportivas solicitan, por circunstancias diversas, que se autorice o cambio de vehículo, en concreto o Club Balonmán Cangas por un Jumper HDI 160 Combi Mixto 33L2H2, con aire acondicionado e 3ª fila de asentos, por importe de 33.956,00 euros. En consecuencia a cantidade a aboar pola Entidade Beneficiaria unha vez efectuado o desconto de Citröen será de 7.843,84 euros, en vez de 10.136,28 euros. O Club de Mar Ría de Aldán solicita que se lle conceda un modelo Jumper Combi Club 30 L1H1 120 CV, con aire acondicionado, por importe de 31.785,00 euros. En consecuencia a cantidade a aboar pola Entidade Beneficiaria unha vez efectuado o desconto de Citröen será de 7.342,33 euros, en vez de 7.862,09 euros. 2.- Visto o informe do Servizo de Contratación, e tendo en conta que as peticións formuladas non supoñen un incremento do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder a petición formulada polo Club Balonmán Cangas e O Club de Mar Ría de Aldán no sentido de que as axudas que se conceden son para os seguintes vehículos: - CLUB BALONMÁN CANGAS: Jumper HDI 160 Combi 33L2H2, por importe de 33.956,00 euros. A cantidade a achegar unha vez efectuado o desconto do 30,7 % será de 7.843,84 euros. - CLUB DE MAR RÍA DE ALDÁN: Jumper Combi Club 30 L1H1 120 CV, con aire acondicionado por importe de 31.785,00 euros. A cantidade a achegar unha vez efectuado o desconto do 30,7 % será de 7.342,33 euros. 23.17253.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DE TRES BOLSAS CON DESTINO Ó SERVIZO DE MEDIO NATURAL Vista a proposta de data 30 de xuño de 2009 presentada polo Xefe de Servizo de Medio Natural, solicitando a convocatoria tres bolsas para mellorar o asesoramento técnico en materia de viticultura, enoloxía e horta dos propietarios de plantacións de viñedo, propietarios de adegas e de cooperativas de horta, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de tres bolsas dirixidas a: - Dúas das Bolsas irán dirixidas a Titulados/as Universitarios/as coa titulación de Enxeñeiro/a Agrónomo, Enxeñeiro/a Técnico Agrícola. - A terceira destínase a FP-II: Técnico/a Superior en Industrias Alimentarias, Especialidade Enoloxía. Estas Bolsas, dotadas cunha consignación mensual de 1.100,00 € mensuais para os titulados/as universitarios e 900,00 € mensuais para o Técnico Superior en Enoloxía, que se imputarán á partida orzamentaria 09/711.711.481.01, e se outorgarán con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/10/09) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses. A cantidade total estimada para dito período ascende a 9.300,00 €. Ditas bases son como seguen: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento para a concesión, por concurso de méritos, de tres bolsas, que ten por obxecto a realización de Tarefas de Investigación e Colaboración en materia de Viticultura, Enoloxía e Horta, con destino ó Servizo de Medio Natural. Titulación: Poderán ser solicitadas por: - Dúas bolsas para Titulados Universitarios: Enxeñeiros/as Agrónomos, Enxeñeiros/as Técnicos Agrícolas. - Unha bolsa para FP-II: Técnico Superior en Industrias Alimentarias, Especialidade Enoloxía. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión da titulación esixida, ou estar en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsa figuran cunha dotación económica de 1.100,00 €/mes, para os Titulados Universitarios, e 900,00 €, para o Técnico/a Superior en Industrias Alimentarias, que se imputarán á partida 09/711.711.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas ós beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que se inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- 4.1.- As instancias solicitando formar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, currículo vitae e documentación acreditativa deste. d) Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. 4.2.- En canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula, os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, puntos 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: -Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. -Vogais: - Un Deputado provincial. - Xefe do Servizo De Medio Natural. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. -Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. Ós mesmos aboaráselle as contías establecidas a estes efectos no R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razóns do Servizo. SEXTA.- SELECCIÓN DOS BOLSEIROS/AS.- A selección dos bolseiros/as efectuarase mediante o sistema de entrevista persoal. A entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño das bolsas, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os/as adxudicatarios/as comezarán o seu desempeño no Servizo de Medio Natural e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Medio Natural có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) Os beneficiarios/as das bolsas deberán subscribir unha póliza de seguro de asistencia médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro seguro privado. f) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículos. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso, así coma o non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- RÉXIME XURÍDICO.- A convocatoria das bolsas e a selección dos bolseiros/as así como a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxeitarase ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003, de 17 de novembro) e na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).” 24.17254.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS EN HISTORIA CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de dúas bolsas de licenciados/as universitarios en historia, con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra, para a realización de traballos de investigación, aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 8.17160 adoptado o día 5 de agosto de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas Bolsas ós aspirantes que se relacionan a continuación, de acordo cos criterios establecidos na Base Sexta: 1.- Gómez Martín, Alfonso 2.- Lede Pérez, María Así mesmo, propóñense suplentes, para o caso de renuncia ou incompatibilidade, pola seguinte orde: Primeiro Suplente: Pereira Ramiro, Laura Segundo Suplente: Vilar Misa, María Cristina A dotación económica para cada una das Bolsas propostas é de 1.100,00€/mes, con efectos 01 de outubro de 2008 e por un período de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. A cantidade total ascende a 6.600,00 € para o exercicio económico 2009, que se imputarán á partida orzamentaria 09/454.451.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e goce de estas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos bolseiros ó citado organismo. 25.17255.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición