ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/03/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-03-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/03/31_Ordinaria

  • Data(s) 2010-03-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 31 de mazo de 2010 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día trinta e un de marzo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Juan Durán Hermida e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18028.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de marzo de 2010. 2.18029.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR” (3º GRUPO) A Deputación de Pontevedra puxo en marcha o programa “Saúde e Benestar”, consistindo en pasar 6 días, con 5 noites nun hotel con Spa ou Talaso da nosa provincia en réxime de pensión completa; para persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación inicial de 90.000,00€ e unha oferta inicial de 1.730 prazas; pero como queira que as expectativas de participación superaron con creces as previsións iniciais, ante a existencia dun sobrante económico no Programa “Camiña con Nós”, e á vista do informe emitido pola Intervención o 29 de marzo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das subvencións do 3º e último grupo do Programa Saúde e Benestar para un total de 890 persoas, cun gasto total de 46.280,00 €. O listado de ditas subvencións comeza co nome D. Enrique Velasco Vieitez do Concello de Pontevedra (nº1749) e remata co nome D. Manuel Lage Vázquez do Concello de Ponteareas (nº2654). 3.18030.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BUEU PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002650, “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002650, denominado “Reurbanización Ramón Bares”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Bueu a cantidade de 160.030,74 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002650, denominado “Reurbanización Ramón Bares”, cun orzamento de 320.061,49 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria, e de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros 2009 159.727,79 159.727,80 2010 302,95 302,95 2011 TOTAL 160.030,74 160.030,75 A achega provincial, nos exercicios 2009 e 2010, realizarase, respectivamente con cargo ás aplicacións orzamentarias 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Esta concesión suxeitarase ás condicións establecidas nas bases reguladoras o Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011, as bases de execución do orzamento, Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento de desenvolvemento, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais lexislación aplicable. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.18031.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002310, “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002310, denominado “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Catoira a cantidade de 112.713,44 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002310, denominado “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas”, cun orzamento de 280.333,44 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria, e de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros 2009 2010 2011 112.713,44 167.620,00 TOTAL 112.713,44 167.620,00 A presente subvención, que corresponde ó exercicio 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45. Non obstante ó tratarse dunha subvención tramitada anticipadamente, a mesma queda condicionada á existencia de crédito no futuro orzamento de 2011. Esta concesión suxeitarase ás condicións establecidas nas bases reguladoras o Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011, as bases de execución do orzamento, Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento de desenvolvemento, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais lexislación aplicable. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.18032.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002608, “CAMIÑOS EN FORNELOS E SAN MAURO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002608, denominado “Camiños en Fornelos e San Mauro”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Fornelos de Montes a cantidade de 100.734,19 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002608, denominado “Camiños en Fornelos e San Mauro”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 99.705,85 euros Exercicio 2010: 1.028,34 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias, respectivamente, 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.18033.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002847, “PAVIMENTACIÓN DE VARIOS VIALES EN NIGRÁN 2010”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002847, denominado “Pavimentación de varios viales en Nigrán 2010”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Nigrán a cantidade de 294.557,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002847, denominado “Pavimentación de varios viales en Nigrán 2010”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 294.557,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18034.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE MOAÑA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 23/1124 DENOMINADA “SANEAMENTO DO BROULLÓN” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº un/ final do Concello de Moaña, correspondente ó investimento nº 23/1124 denominado “Saneamento do Broullón” incluído no PSA/06-08, anualidade 2007, á vista do informe de Intervención de data 24 de marzo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trinta e seis mil setecentos oito euros con catro céntimos (36.708,04 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de trinta e seis mil setecentos oito euros con catro céntimos (36.708,04 €), con cargo a partida 10/942.161.762.45.2007, como pago da subvención concedida ó Concello de Moaña para a realización da obra denominada “Saneamento do Broullón”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2007. 8.18035.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á COMUNIDADE DE USUARIOS DE PARADELA (CALDAS DE REIS), PARA REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CASETA PARA DEPÓSITO DE AUGA”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, CO ORDINAL 53 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Construción de caseta para depósito de auga”, incluída no PAC/2008 co ordinal 53 e declarar de aboamento a cantidade de trescentos trinta e cinco euros con sesenta e nove céntimos (335,69 €), a favor da Comunidade Usuarios de Paradela (CIF: 36.579.936 G-36.579.936) do Concello de Caldas de Reis. 9.18036.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DARAVELO (CANGAS), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “REHABILITACIÓN DA FONTE DO CARBALLIDO”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, CO ORDINAL 128 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Rehabilitación da Fonte do Carballido”, incluída no PAC/2008 co ordinal 128 e declarar de aboamento a cantidade de seis mil euros (6.000,00 €), a favor da Asociación de Veciños Daravelo (CIF: G-36.262.731) do Concello de Cangas. 10.18037.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á AGRUPACIÓN PARA AMPLIACIÓN CAMPO SANTO DE TENORIO (APACASAT) (COTOBADE), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “AMPLIACIÓN CAMPO SANTO DE TENORIO” INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, CO ORDINAL 55 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Ampliación de Campo Santo de Tenorio”, incluída no PAC/2008 co ordinal 55 e declarar de aboo a cantidade de oito mil euros (8.000,00€), a favor da Agrupación para ampliación Campo Santo de Tenorio (APACASAT) (CIF: G-36.593.838) do Concello de Cotobade. 11.18038.- SOLICITUDE QUE FORMULA O CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS CORRESPONDE A ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2010 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: P-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 155.420,96€ para gastos de funcionamento do primeiro trimestre do ano 2010, e visto o informe da intervención de data 25 de marzo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 155.420,96 € como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, para o primeiro trimestre do ano 2010. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 155.420,96 € con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000026202. 12.18039.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.18040.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002558, DENOMINADA “OBRAS EN REDONDE E CASTRO DE ORTO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002558, denominado “Obras en Redonde e Castro de Orto”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Campo Lameiro a cantidade de 161.538,97 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002558, denominado “Obras en Redonde e Castro de Orto”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 161.538,97 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 14.18041.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002560, DENOMINADA “ENSANCHE EN COUSO E MULLERBOA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002560, denominado “Ensanches en Couso e Mullerboa”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Campo Lameiro a cantidade de 94.955,26 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002560, denominado “Ensanches en Couso e Mullerboa”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 40.344,51 euros Exercicio 2011: 54.610,75 euros A presente subvención contabilizarase, respectivamente, con cargo as aplicacións orzamentarias 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45, nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 15.18042.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002760, DENOMINADA “SANEAMENTO EN CERNADA, TUMBIO, BRANDUFE E RESTEVA. VINCIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002760, denominado “Saneamento en Cernada, Tumbio, Brandufe e Resteva. Vincios”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de 101.558,08 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002760, denominado “Saneamento en Cernada, Tumbio, Brandufe e Resteva. Vincios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 101.558,08 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 16.18043.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002761, DENOMINADA “SANEAMENTO EN BARREIRO-PEROLEIRA-PILEIRO EN PEITIEIROS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002761, denominado “Saneamento en Barreiro-Peroleira-Piñeiro en Peitieiros”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de 117.982,05 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002761, denominado “Saneamento en Barreiro-Peroleira-Piñeiro en Peitieiros”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 117.982,05 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 17.18044.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002765, DENOMINADA “SANEAMENTO EN FONTÁN E TEXOSA (MAÑUFE)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002765, denominado “Saneamento en Fontán e Texosa, (Mañufe)”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de 128.219,70 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002765, denominado “Saneamento en Fontán e Texosa (Mañufe)”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 128.219,70 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 18.18045.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002625, DENOMINADA “ÁREA RECREATIVA E CONSTRUCIÓN DE PISCINA EN PARCELA EQUIPAMENTO DEPORTIVO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002625, denominado “Area recreativa e construción de piscina en parcela equipamento deportivo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Pazos de Borbén a cantidade de 149.298,26 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002625, denominado “Area recreativa e construción de piscina en parcela equipamento deportivo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 26.908,00 euros Exercicio 2010: 122.390,26 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias, respectivamente, 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 19.18046.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002631, DENOMINADA “URBANIZACIÓN DA PRAZA DO CONCELLO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002631, denominado “Urbanización da praza do Concello”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Pazos de Borbén a cantidade de 222.253,78 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002631, denominado “Urbanización da praza do Concello”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 61.016,81 euros Exercicio 2011: 161.236,97 euros A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 20.18047.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE POIO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002364, DENOMINADA “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE ZONA DEPORTIVA PISTA DE TENIS EN RAXO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002364, denominado “Reparación e acondicionamento de zona deportiva pistas de tenis en Raxó”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Poio a cantidade de 84.801,92 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002364, denominado “Reparación e acondicionamento de zona deportiva pistas de tenis en Raxó”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 84.801,92 euros A presente subvención, que corresponde ó exercicio 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será, no seu caso, 11/942.942.652.45. Non obstante, como se trata dunha subvención tramitada anticipadamente a mesma queda condicionada a existencia de crédito no futuro orzamento de 2011. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 21.18048.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002413, DENOMINADA “REFORMA APEADEIRO CEIP-SILLEDA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002413, denominado “Reforma apeadeiro CEIP- Silleda”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Silleda a cantidade de 62.846,55 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002413, denominado “Reforma apeadeiro CEIP- Silleda”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 62.846,55 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 22.18049.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002396, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN EN RÚA TOLLO EN GOIÁN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002396, denominado “Pavimentación rúa Tollo en Goián”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tomiño a cantidade de 85.050,12 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002396, denominado “Pavimentación rúa Tollo en Goián”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 85.050,12 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 23.18050.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002398, DENOMINADA “MELLORADE VIAL EN FORCADELA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002398, denominado “Mellora de vial en Forcadela”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tomiño a cantidade de 214.090,34 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002398, denominado “Mellora de vial en Forcadela”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 214.090,34 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 24.18051.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE RECUPERACIÓN DE DOUS BENS ARQUEOLÓXICOS NA LANZADA (SANXENXO) E O CASTRO (RIBADUMIA) Primeiro.- Que o proxecto “POUSADAS”, se presentou dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 07/05/2007), Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). Segundo. - Que o obxectivo primordial do proxecto é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor dos recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos... entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Terceiro.- Que este proxecto foi aprobado en Pleno da Corporación Provincial do 12 de febreiro de 2008, e que con data 13 de xuño de 2008 se recibe aprobación deste por parte o Ministerio de Administracións Públicas ó que se lle asigna a seguinte referencia REF. 3. Cuarto. - Que no ámbito de actuación, “Protección e preservación do patrimonio cultural” se desenvolve o programa de “Ruta accesible das Pousadas” mediante a actuación de posta en valor de rutas e bens de valor cultural; e no ámbito de Promoción da vida familiar e laboral desenvólvese o Programa de Inserción laboral, mediante unha actuación de contratación laboral temporal dun ano de duración para o traballo en determinadas áreas de posta en valor do proxecto Pousadas. Quinto.- Para o desenvolvemento destes dous ámbitos de actuación un dos proxectos que se redactou polos servizos técnicos da Deputación é o de Recuperación de dous bens arqueolóxicos na Lanzada, (Concello de Sanxenxo), e O Castro (Concello de Ribadumia) por un importe global de 588.168,62 €, imputables entre outras ás aplicacións orzamentarias 10/942.430.131.00 10/942.430.160.01, e 10/942.430.681.00. Polo exposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. A aprobación do presente proxecto (que se achega) con cargo ás aplicacións orzamentarias do proxecto Pousadas, tendo en conta que este investimento se considera gasto elixible dentro deste. 2. Solicitar as preceptivas autorizacións de Patrimonio para continuar coa tramitación do Proxecto de Escavacións dentro do ámbito do Proxecto Pousadas. 25.18052.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, OS CONCELLOS DE RIBADUMIA E SANXENXO E A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE NOALLA, PARA A RECUPERACIÓN PATRIMONIAL DOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DO CASTRO E A LANZADA Tendo en conta que o proxecto “POUSADAS”, se presentou dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER. Que o obxectivo primordial do proxecto é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor os recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos... entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Que este proxecto foi aprobado en Pleno da Corporación Provincial do 12 de febreiro de 2008, e que con data 13 de xuño de 2008 se recibe aprobación deste por parte o Ministerio de Administracións Públicas ó que se lle asigna a seguinte referencia REF. 3. Que se iniciaron todos os trámites par a execución deste, e que no ámbito de actuación, Protección e preservación do patrimonio cultural se desenvolve o programa de “Ruta accesible das Pousadas” mediante a actuación de posta en valor de rutas e bens de valor cultural; e no ámbito de Promoción da vida familiar e laboral desenvólvese o Programa de Inserción laboral, mediante unha actuación de contratación laboral temporal dun ano de duración para o traballo en determinadas áreas de posta en valor do proxecto Pousadas. Visto o convenio adxunto que se remite para a súa aprobación polos órganos competentes dos que forman parte o Concello de Sanxenxo, o Concello de Ribadumia, a Comunidade de Montes en man común de Noalla e a Deputación de Pontevedra, así como o Certificado da Comunidade de Montes Veciñais de Noalla sobre a aprobación por parte da Xunta Reitora da devandita entidade do convenio de colaboración. Visto o informe da Intervención xeral desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do Convenio que segue a continuación: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, OS CONCELLOS DE RIBADUMIA E SANXENXO E A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE NOALLA PARA A RECUPERACIÓN PATRIMONIAL DOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE O CASTRO E A LANZADA. En Pontevedra, a xxx de febreiro de 2010, REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Ilma. Sra. D.ª Salomé Peña Múñiz, Alcaldesa do Concello de Ribadumia actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Ilma. Sra. D.ª Catalina González Bea, Alcaldesa do Concello de Sanxenxo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Roberto Garrido Pérez, actuando na súa calidade de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións entre as Administracións Públicas e EXPOÑEN I. O Ministerio de Administracións Públicas aprobou o 13 de xuño de 2008 o PROXECTO POUSADAS presentado pola Deputación Provincial de Pontevedra á convocatoria de axudas FEDER dentro do EIXO 5, Desenvolvemento Local e Urbano. No ámbito de aplicación do citado proxecto o programa Protección e preservación do patrimonio cultural inclúe diferentes actuacións, entre as cales atópanse as escavacións arqueolóxicas de A Lanzada en Sanxenxo, e o Castro en Ribadumia. O obxectivo primordial do proxecto é a recuperación destes dous espazos históricos conformados, no caso de A Lanzada, por un xacemento arqueolóxico do bronce final, un castro con tres niveis diferentes de ocupación e un poboado e unha necrópole dos séculos III e V d.C, mentres que no caso de O Castro, trátase dun castro da idade do ferro datable, a priori, entre os séculos IV e I a.C, sendo un xacemento que ten o potencial de protagonizar o patrimonio arqueolóxico do concello de Ribadumia como así advirten os restos visibles na actualidade, tales como o importante parapeto de terra que se conserva. Coa posta en valor destes xacementos rexenerarase un espazo libre nos respectivos termos municipais e coa súa adecuación á realización de visitas xerarase un novo recurso do turismo cultural que funcione como un factor de atracción do mesmo a Sanxenxo, Ribadumia e a toda a comarca de O Salnés, e que saque vantaxe doutras iniciativas semellantes existentes en Galicia. Trala súa recuperación A Lanzada e O Castro deberán ser novos espazos de valor patrimonial, espazos culturais e espazos tradicionais, mais tamén novos espazos para a acción social e a formación laboral. II. Que segundo dispón o artigo 4 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, en relación co disposto no artigo 25.2 e) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local , os Concellos teñen a obriga de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal, tal e como debe acontecer respecto ós xacementos arqueolóxicos de A Lanzada e O Castro; en relación con este último o Concello de Ribadumia ostenta a titularidade dominical e o aproveitamento da seguintes parcelas do polígono 22, Bouza do Rei, onde se ubica O Castro, coas seguintes referencias catastrais: • 3604A022004420000YB • 3604A022004430000YY • 3604A022004440000YG • 3604A022004460000YP • 3604A022004470000YL • 3604A022004480000YT III. Que o artigo 36.1.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, segundo redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local, atribúe as Deputacións competencias no fomento do desenvolvemento económico e social e na defensa dos intereses peculiares da provincia, representados no presente suposto pola posta en valor dos xacemento arqueolóxicos de A Lanzada e O Castro. IV. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla ostenta a titularidade dominical e o aproveitamento da seguinte parcela na que se atopa o xacemento arqueólóxico de A Lanzada: Rústica, finca “Monte de A Lanzada” no termo municipal de Sanxenxo, cunha superficie aproximada de 65.000,00 m2, con referencia catastral 36051A019005640000FU, Polígono 19, Parcela 564. No marco dos principios de cooperación e colaboración que caracterizan o actuar da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla, esta pretende contribuír á dinamización da vida social da zona e recuperar un novo espazo de valor patrimonial, cultural e tradicional, mais tamén un novo espazo para a acción social e a formación laboral, como e o xacemento arqueolóxico de A Lanzada. V. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- OBXECTO.- O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, os Concellos de Ribadumia e Sanxenxo e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla para a recuperación patrimonial dos xacementos arqueolóxicos de o Castro e A Lanzada respectivamente. Segunda.- FINANCIAMENTO.- O proxecto de recuperación patrimonial dos xacementos arqueolóxicos de A Lanzada e O Castro está financiado por fondos comunitarios do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do programa EIXO 5, Desenvolvemento Local e Urbano, Protección e preservación do patrimonio cultural no ámbito do PROXECTO POUSADAS. O orzamento previsto para a actividade obxecto do presente convenio é de 588.168,62 euros e para o seu financiamento existe consignación dispoñible nas aplicacións correspondentes ó código de proxecto 0810015. ANUALIDADE CÓDIGO PROXECTO IMPORTE 2010 0810015 343.098,36 euros 2011 0810015 245.070,26 euros. Terceira.- OBRIGAS DAS PARTES.- a) Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra: Á Deputación Provincial de Pontevedra corresponderalle, como promotor da actuación, a financiación, execución, dirección e coordinación de todos os traballos derivados dos citados proxectos, así como a musealización dos xacementos obxecto de recuperación; así mesmo solicitará os permisos que sexan necesarios de acordo coa lexislación sectorial vixente, dando efectivo cumprimento ás condicións que se impoñan nos mesmos. b) Obrigas do Concello de Ribadumia: 1. O Concello de Ribadumia porá a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra a superficie de 2,92 hectáreas ó obxecto de executar todas as actuacións que sexan precisas para levar a cabo o proxecto de recuperación patrimonial do xacemento arqueolóxico de O Castro, superficie pertencente as parcelas ubicadas no polígono 22, Bouza do Rei, Ribadumia, coas seguintes referencias catastrais: • 3604A022004420000YB • 3604A022004430000YY • 3604A022004440000YG • 3604A022004460000YP • 3604A022004470000YL • 3604A022004480000YT Así mesmo o Concello de Ribadumia procederá á tala das árbores existentes nas citadas parcelas, debendo solicitar os permisos que sexan necesarios a tal fin. 2. O Concello de Ribadumia concederá á Deputación Provincial de Pontevedra á oportuna licenza municipal para poder levar a cabo os traballos derivados da recuperación patrimonial do xacemento arqueolóxico de O Castro. c) Obrigas do Concello de Sanxenxo: 1. O Concello de Sanxenxo concederá á Deputación Provincial de Pontevedra á oportuna licenza municipal para poder levar a cabo os traballos derivados da recuperación patrimonial do xacemento arqueolóxico de A Lanzada. 2. Así mesmo facilitará, a través dos servizos municipais correspondentes, o aloxamento e manutención dos estudantes universitarios (nun número aproximado de dez) que durante os meses de xullo e agosto participarán nos traballos de recuperación arqueolóxica. d) Obrigas da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla: A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla cederá á Deputación Provincial de Pontevedra por tempo indefinido a superficie de 9.900,00 m2 da finca “Monte de A Lanzada” ó obxecto de executar todas as actuacións que sexan precisas para levar a cabo o proxecto de recuperación patrimonial do xacemento arqueolóxico de A Lanzada, ó tratarse dun equipamento que repercutirá no beneficio da mesma, revertindo novamente na Comunidade de Montes de Noalla se a Deputación Provincial de Pontevedra non mantivese en condicións de funcionalidade devandito xacemento arqueolóxico. A devandita superficie cedida está definida polos seguintes puntos UTM: X: 510.516,13 / E: 4.697.669,98 X: 510.330,60 / E: 4.697.686,03 X: 510.329,75 / E: 4.697.662,21 X: 510.509,77 / E: 4.697.618,07 Cuarta.- CONTROL E SEGUIMENTO.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte as persoas en quen deleguen as entidades asinantes, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes na sede do Organismo requirido. En canto ós aspectos relativos ó mantemento posterior dos xacementos arqueolóxicos de A Lanzada e o Castro, a tales efectos constituirase unha comisión formada polas partes intervenientes no presente Convenio a través da cal regularanse os compromisos e achegas de cada unha delas. Quinta.- RÉXIME XURÍDICO.- O Convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas. En todo o non previsto nas normas anteriores acudirase as normas de dereito privado. O presente convenio é de natureza administrativa e consecuentemente as cuestións litixiosas que poidan xurdir durante a súa aplicación, interpretación ou cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. Sexta.- VIXENCIA DO CONVENIO.- A vixencia deste convenio manterase ata o remate das obras de recuperación patrimonial dos xacementos arqueolóxicos de A Lanzada e O Castro e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2011. Non obstante seguirá xurdindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. E en proba de conformidade asinan o presente convenio no lugar e data indicados. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra A Alcaldesa do Concello de Ribadumia A Alcaldesa do Concello de Sanxenxo O Presidente da Comunidade de Montes de Noalla. Rafael Louzán Abal Salomé Peña Múñiz Catalina González Bea Roberto Garrido Pérez” 26.18053.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FUTBOL DE “PENEDO REDONDO” A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia, instalando campos de herba artificial en diversos concellos, o que procurará un mellor servizo ós cidadáns xa que esta superficie permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custo no mantemento. Visto o escrito do Concello de Salceda de Caselas solicitando a instalación de herba artificial no campo de fútbol de “Penedo Redondo” e o certificado do Secretario acreditando a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte á achega da anualidade correspondente ó ano 2010. Considerando que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de “Penedo Redondo”. O Sr. Secretario da Corporación informa, con data 30 de marzo do ano en curso, o mencionado convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe do expediente, participando que “o obxecto do convenio financiase con cargo ás aplicacións 10/922.342.652.09.2008 e 10/922.342.652.09.2009 do vixente orzamento provincial, estando en fase de gasto comprometido a adxudicación do contrato. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións do informe de intervención, de data 31 de marzo de 2010, e en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de “Penedo Redondo”. Dita aprobación queda condicionada á remisión da documentación correspondente por parte do concello. Facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE “PENEDO REDONDO”. En Salceda de Caselas, a de 2010 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Marcos David Besada Pérez, Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de “Penedo Redondo”, no concello de Salceda de Caselas. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. Segunda.- O importe do proxecto ascende a contía de 498.678,48 euros que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo ás aplicacións 10/922.342.652.09.2008 e 10/922.342.652.09.2009 do vixente orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Salceda de Caselas comprométese ás seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras comprendidas neste proxecto a cantidade de 124.000,00 €, financiándose dita cantidade en dúas anualidades. O concello obrígase a ingresar na Deputación, unha vez formalizado o correspondente convenio e antes do comezo das obras a anualidade de 2010, por un importe de 37.200,00 €, e a restante cantidade por importe de 86.800,00 €, dentro do primeiro trimestre do ano 2011, nos prazos de pago que se sinalan na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días ó ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcase, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente protocolo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, Rd. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Salceda de Caselas Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Marcos David Besada Pérez” 27.18054.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Devolución de garantías definitivas á empresa Claro Sol, S.A. A empresa Claro Sol, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Servizo Estación Fitopatolóxica de Areeiro e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil seiscentos vinte e tres euros con oitenta e catro céntimos (1.623,84 €), para responder do contrato relativo ó “Servizo de limpeza das instalacións da Estación Fitopatolóxica de Areeiro”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700023350, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de setenta e tres euros con sete céntimos (73,07 €), para responder do contrato relativo á “Revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza das instalacións da Estación Fitopatolóxica de Areeiro”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800078706, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 28.18055.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN, SEGUIMENTO E CONTROL DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA” E A CREACIÓN DUN SISTEMA WEB DE INFORMACIÓN DO PROXECTO A Xunta de Goberno, en sesión do 24 de febreiro de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión, seguimento e control do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, e a creación dun sistema web de información do proxecto, cun importe estimado de 166.903,82€, máis a cantidade correspondente ó IVE de 26.704,61 euros. A Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Plicas tivo lugar o día 26 de marzo de 2010 para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente ós técnicos a única oferta presentada pola empresa Enxeñeiros, Arquitectos Consultores Idom, S.A. para a súa avaliación. O Responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación informa que a documentación presentada polo licitador cumpre con todos os requisitos esixidos no prego de condicións, polo que se pode outorgar a máxima puntuación para aqueles criterios non avaliables mediante fórmulas, estimada en 45 puntos. Vista a proposta económica e o prazo ofertado pola empresa, calcúlase a ponderación dos criterios avaliables mediante fórmulas, resultando a puntuación de 50. Considerando que a empresa Enxeñeiros, Arquitectos Consultores Idom, S.A. é a única que se presentou ó procedemento e que obtivo unha puntuación de 95, proponse como adxudicataria do contrato do servizo de xestión, seguimento e control do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación do servizo de xestión, seguimento e control do proxecto “Wimax Rural Pontevedra” á empresa Enxeñeiros, Arquitectos Consultores Idom, S.A (CIF A-15.545.437) polo importe de cento cincuenta mil douscentos trece euros con corenta e catro céntimos (150.213,44 €), sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE de vinte e catro mil trinta e catro euros con quince céntimos (24.034,15 €). Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar o adscribir á execución do contrato. As empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de sete mil cincocentos dez euros con sesenta e sete céntimos (7.510,67 €) na forma que determina o art.º 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de 91,45 €, en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á partida 10/942.491.627.01.2009 do vixente presuposto provincial. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 29.18056.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA A FAVOR DE DONA ROSA FRAIZ RIVAS PARA ARRANXO DE VIVENDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/08 Aprobada en Xunta de Goberno do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.251,18 €, a favor de Dª Rosa Fraiz Rivas, veciña do Concello da Estrada, non podendo practicarse a correspondente xustificación no prazo prescrito, por incumprimento das obrigas tributarias por parte da beneficiaria e, acreditada a subsanación de dito incumprimento, en virtude da certificación da Axencia Tributaria do 15/03/10 e, á vista do informe emitido por intervención o 26 do presente mes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación polo procedemento extraxudicial de crédito, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.231.789.00, da xustificación da subvención para arranxo de vivenda que, polo importe de 2.251,18 € aprobou a Xunta de Goberno de 23/07/08 a favor de Dª Rosa Fraiz Rivas, veciña do Concello da Estrada. 30.18057.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DOS 3OS CONCURSOS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” QUE TIVERON LUGAR NA ZONA 2: SALNÉS, ULLA, UMIA, O DÍA 28 DE MARZO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VALGA De conformidade co disposto na base 7ª das que rexen os 3os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, realizado o día 28 de marzo de 2010 o da zona 2: Salnés, Ulla, Umia no Auditorio Municipal de Valga e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas dos mesmos, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á aplicación 10/330.334.481.06: ZONA 2 SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 226 2º Premio Banda de Música Municipal de Caldas 1º Premio, dotado con 2.000,00 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Valga, con 260 puntos. 31.18058.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición